2020 Decembro 2021 Xaneiro
Total Page:16
File Type:pdf, Size:1020Kb
Decembro 2020 Xaneiro 2021 CINE DE ADULTOS Basic / [director, John McTiernan ; guion, James Vanderbilt]. Ong-Bak / un film de Prachya Pinkaew ; [guion, Suphachai Sithiamphan] Realizadas en : Estados Unidos e Tailandia, 2003 Basic: A un ex-ranger convertido en axente da DEA asígnanlle unha misión: investigar o misterio que rodea a desaparición do temido sarxento Nathan West e varios dos seus homes durante un adestramento militar rutinario na xungla de Panamá. Ong Bak: Ong Bak é unha estatua lendaria de Buda que se atopa no templo de Nong Para-du. Os aldeáns creen que os poderes máxicos de Ong Bak protéxenos de todo mal. Un despiadado gángster rouba a cabeza do buda deixando ao pobo totalmente desprotexido. CINE 791-A BAS Intriga ; Thriller ; Acción ; Exército Acción ; Ciencia ficción ; Artes marciais Cartas a Roxane : las palabras de amor crean grandes obras / dirigida por Alexis Michalik ; idea original, guión y diálogos de Alexis Michalik ; música original, Romain Trouillet Realizada en : Francia, 2018 París, 1897. Edmond Rostand é un dramaturgo prometedor. Pero todo o que escribiu foi un fracaso e agora sofre unha parálise creativa. Grazas á súa admiradora, a actriz Sarah Bernhardt, coñece ao mellor actor do momento, Constant Coquelin, que insiste en interpretar a súa próxima obra. E, ademais, quere estreala dentro de tres semanas. O gran problema para Edmond é que aínda non a ten escrita. Só ten o título: "Cyrano de Bergerac". CINE 791-C CAR Drama ; Comedia ; Biográfico ; Literatura Jojo rabbit / directed by Taika Waititi ; screenplay by Taika Waititi ; music composed by Michael Giacchino Realizada en : Nova Zelanda, 2019 Jojo Betzler é un solitario neno alemán que pertence ás xuventudes Hitlerianas. A súa visión do mundo se da a volta cando descubre que a súa nai está agochando a unha nena xudía no seu ático. Axudado polo seu amigo imaxinario, Adolf Hitler, Jojo debe enfrontar o seu nacionalismo cego. No proceso aprende que o amor pode vencer ao odio. CINE 791-C JOJ Comedia ; Drama ; Nazismo El amor está en el agua = Ride your wave / una película de Maasaki Yuasa ; guion, Reiko Yoshida ; música, Michiru Oshima Realizada en : Xapón, 2019 Tras entrar na universidade, Hinako se muda a unha cidade costeira. Encántalle surfear e cando cabalga as ondas non ten medo de nada. Un día a nova surfeira coñece a un bombeiro chamado Minato. Conforme surfean e pasan tempo xuntos, Hinako sente atraída polo mozo. Por desgraza, unha inesperada traxedia arrebata a vida a Minato deixando á rapariga devastada. Incapaz mesmo de mirar ao seu querido mar, un día, canta a canción de ambos e Minato aparéceselle en forma de auga. Poderán CINE 791-DA AMO permanecer así xuntos para sempre? Animación ; Romance ; Fantasía La bahía de los ángeles / una película de Jacques Demy ; guion, Jacques Demy ; música, Michel Legrand Realizada en : Francia, 1963 Jean Fournier, un mozo empregado de banca, é introducido no mundo do xogo por un colega. Favorecido pola sorte decide irse a Niza en contra do consello do seu pai, que o bota da casa. Nun casino coñece a Jackie, unha atractiva muller da que se namora inmediatamente. A misteriosa Jackie non é insensible ao encanto de Jean, pero a paixón que ambos senten polo xogo e o seu amor parecen ser incompatibles. Drama ; Romance CINE 791-DM BAH Cuento de primavera / dirigida por Eric Rohmer ; guion, Eric Rohmer Realizada en : Francia, 1990 Unha encantadora comedia de costumes na que unha amizade recentemente formada entre dúas mozas ponse a proba cando unha sospeita que a outra tenta emparellala co seu pai Romance ; Drama ; Amizade ; Familia CINE 791-DM CUE (1) Cuento de invierno / dirigida por Eric Rohmer ; guion, Eric Rohmer Realizada en : Francia, 1992 O romance estival dunha moza parisiense culmina co nacemento dunha nena. Pero, por mor dunha confusión sobre o seu lugar de residencia, perde o contacto co pai do bebé. Catro anos despois soña con reencontrarse algún día co seu amor perdido. Romance ; Drama CINE 791-DM CUE (2) Cuento de verano / dirigida por Eric Rohmer ; guion, Eric Rohmer Realizada en : Francia, 1996 Nunha fermosa aldeíña de Bretaña, un mozo se debate entre tres fermosas mulleres. A medida que a súa paciencia con el esgótase, deberá afrontar unha determinación. Romance ; Drama ; Amizade CINE 791-DM CUE (3) Cuento de otoño / dirigida por Eric Rohmer ; guion, Eric Rohmer Realizada en : Francia, 1998 Unha comedia romántica e alegre ambientada nos viñedos do val do Ródano. Cando Isabelle tenta xogar á casamenteira para a súa amiga de toda a vida, Magali, descobre que as cousas non saen segundo o plan previsto. Romance ; Drama ; Amizade CINE 791-DM CUE (4) Ema / una película de Pablo Larraín ; música compuesta por Nicolas Jaar ; escrita por Guillermo Calderón, Pablo Larraín, Alejandro Moreno Realizada en : Chile, 2019 Ema, unha moza bailarina, decide separarse de Gastón logo de entregar a Polo en adopción, o fillo que ambos adoptaran e que foron incapaces de criar. Desesperada polas rúas do porto de Valparaíso, Ema busca novos amores para aplacar a culpa. Con todo, ese non é o seu único obxectivo, tamén ten un plan secreto para recuperalo todo. Drama ; Adopción ; Baile CINE 791-DM EMA Especiales / una película de Éric Toledano y Olivier Nakache ; guion y diálogos, Éric Toledano y Olivier Nakache ; música original, Grandbrothers Realizada en : Francia, 2019 Bruno e Malik son dous amigos que durante vinte anos viviron nun mundo diferente: o dos nenos e adolescentes autistas. A cargo de dúas organizacións sen ánimo de lucro, forman a mozos para que sexan coidadores de casos de autismo severo. Deste xeito crian unha asociación excepcional, fora dos entornos tradicionais, para unhas persoas extraordinarias. CINE 791-DM ESP Drama ; Baseada en feitos reais ; Autismo Una gran mujer / una película de Kantemir Balagov; música, Evguen Galperine ; guion, Kantemir Balagov, Alexander Terekhov Realizada en : Rusia, 2019 1945, Leningrado. A Segunda Guerra Mundial devastou a zona, derrubando os seus edificios e as vidas dos seus habitantes. Dúas mulleres mozas, Iya y Masha, loitarán por reconstruir as súas vidas nunha cidade en ruinas. Drama social ; II Guerra Mundial CINE 791-DM GRA Invisibles / dirigida por Gracia Querejeta ; guion, Antonio Mercero, Gracia Querejeta ; música, Federico Jusid Realizada en : España, 2020 Invisibles trata de achegarse á vida de Julia, Elsa e Amelia, tres amigas que un día decidiron comezar a camiñar xuntas unha vez por semana. O que empezou sendo unha mera distracción e un xeito de facer exercicio terminouse por converter nunha necesidade. neses paseos comparten o que sucede nas súas vidas, expresan a súas emocións libremente, desquítanse, se sinceran, se quitan ás caretas ... ou non ... CINE 791-DM INV Drama ; Amizade Richard Jewell : el mundo conocerá su nombre y la verdad / produced and directed by Clint Eastwood ; written by Billy Ray ; music by Arturo Sandoval Realizada en : Estados Unidos, 2019 Richard Jewell conta a historia dun garda de seguridade que descubre unha bomba nos Xogos Olímpicos de Atlanta de 1996 e, tras unha actuación rápida e heroica, toma medidas e salva moitísimas vidas. Pero, nun xiro dos acontecementos, remata converténdose no primeiro sospeitoso do FBI e sofre o vilipendio tanto da prensa como da opinión pública. Drama ; Baseada en feitos reais ; Periodismo CINE 791-DM RIC Las uvas de la ira = (Grapes of wrath) / dirigida por John Ford ; producción ejecutiva y guión de Nunnally Johnson Realizada en : Estados Unidos, 1940 Este clásico americano baseado na de John Steinbeck novela gañadora do Premio Pulitzer, segue a Tom Joad e a súa familia mentres escapan da deprimida Oklahoma cara á terra prometida de California. Pero a ardua viaxe e as duras condicións nas que viven non lles dan moitas esperanzas, e manter a unidade da familia convértese nun dos retos máis difíciles aos que se poden enfrontar. CINE 791-DM UVA Drama social ; Pobreza ; Gran Depresión Vivir su vida / guion y dirección, Jean-Luc Godard ; música, Michel Legrand Realizada en : Francia, 1962 Nana soña con que chegará a ser unha gran actriz como a Maria Falconetti de "A paixón de Juana de Arco", pero as ofertas escasean e subsiste co soldo que lle pagan nunha tenda de discos. Aproveita as ocasións que se lle presentan e non dubida en deitarse cun fotógrafo se así pode obter un dossier gratis. A través de Yvette, unha vella amiga, coñece a Raoul, un chulo que lle dá valiosos consellos e disipa todas as súas dúbidas sobre a prostitución. Nana coñece a tipos moi diferentes, en especial un filósofo que lle fai reformularse a súa vida e un mozo con quen quere irse a vivir despois de abandonar a Raoul. CINE 791-DM VIV Drama ; Prostitución Gretel & Hansel : un oscuro cuento de hadas / dirigida por Oz Perkins ; escrita por Rob Hayes ; música, Rob Realizada en : Canadá, 2020 A principios do século XIV, Gretel e Hansel, de 13 e 9 anos respectivamente, viven na miseria absoluta. Por medo ao seu padrastro e pola escaseza de recursos deciden fuxir da vila na procura dun futuro mellor. No bosque encóntranse con varias persoas que intentan aproveitarse deles. No seu camiño, coñecen a un amigable cazador que lles indica o camiño seguro a seguir. Así, os dous irmáns chegan á cabana de Holda, unha amable muller maior que decide acollelos. O que os nenos non poden imaxinar é que nesa cabana terán que afrontarse aos seus peores medos se queren sobrevivir. CINE 791-FT GRE Terror ; Fantasía ; Contos ; Bruxería La verdadera historia de la banda de Kelly / una película de Justin Kurzel ; guion, Shaun Grant ; compositor, Jed Kurzel Realizada en : Australia, 2019 Narra a vida do bandido australiano Ned Kelly. Tras a morte do seu pai, Ned tivo que tratar de facer o posible para asegurarse de que a súa nai sobrevivise.