HUMANZIACION ÁREA SANITARIA DE E O SALNÉS

No ámbito territorial, esta área sanitaria xestiona todos os servizos sanitarios de atención primaria, especializada e sociosanitaria dos seguintes concellos: Barro, , , , , , -, , , , Illa de Arousa, , Marín, Meaño, , Moraña, , Ponte-Caldelas, Pontevedra, , , , , , Vilagarcía de Arousa e .

En total, ten unha poboación protexida de 292 865 habitantes, dos que 37 165 persoas menores de idade entre 0 e 14 anos, un 12,69 % da poboación protexida, e 65 687 teñen máis de 64 anos que representan un 22,43 % da poboación protexida.

Para o desenvolvemento da súa actividade asistencial a Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés conta co Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra-CHOP, integrado polo Hospital Montecelo e o Hospital Provincial, e co Hospital do Salnés, ademais de centros de saúde, consultorios e puntos de atención continuada.

Actualmente non hai desenvolvido un Plan de humanización propio, pero xa se están levando a cabo varios proxectos en todos os ámbitos de actuación, a continuación recóllense os máis destacados:

PERSONALIZACIÓN E ADAPTACIÓN DE ESPAZOS:

SALAS DE ESPERA EN URXENCIAS PEDIÁTRICAS. No Hospital provincial, distintas zonas están decoradas con murais con motivos infantís, dotadas de mobiliario específico, xogos, libros e un televisor con canal infantil. Trátase dunha iniciativa desenvolvida pola Fundación Andrea para humanizar diferentes espazos no Hospital Provincial. ÁREAS DE PEDIATRÍA

1 SALAS DE ESPERA EN URXENCIAS. Actuación en salas de espera de Urxencias de Pediatría de Hospital Salnés, con mobiliario infantil en cores vivas, xoguetes e libros.

SALAS DE ESPERA EN CONSULTAS EXTERNAS. Actuación en salas de espera de Consultas Externas de Pediatría, con mobiliario infantil en cores alegres, xogos, libros que fan mais amable a espera. A pintura foi realizada por voluntarios da Facultade de Belas Artes.

CREACIÓN DUN HOSPITAL DE DÍA PEDIÁTRICO. É un espazo con capacidade para oito persoas doentes, co que se pretende conseguir unha maior comodidade e benestar para as persoas doentes pediátricas da comarca, xa que a súa actividade asistencial apenas ÁREAS DE altera ou interfire coa súa vida familiar, pois o mesmo PEDIATRÍA día de efectuarlles o seu proceso médico ou cirúrxico, as ditas persoas doentes poden volver ao seu ámbito cotián e domiciliario, o que reduce o seu nivel de ansiedade e facilita así unha recuperación máis rápida.

BLOQUE CIRÚRXICO. Dotación con catro vehículos eléctricos de xoguete que estarán a disposición dos nenos e nenas para desprazarse polos corredores dos centros Hospital provincial e Hospital do Salnés cando se trasladen desde a habitación cara a área cirúrxica. Esta é unha iniciativa do Servizo de Anestesioloxía que conta coa colaboración de Vepersa

RENOVACIÓN DA ÁREA DE NEONATOLOXÍA. A reforma levada a cabo na unidade de Neonatoloxía do Hospital Provincial, facilita a implantación dun novo modelo de atención a prematuridade, no que resulta clave que os espazos se convertan en máis amables e adecuados para a prestación de coidados centrados no desenvolvemento dos bebés e as súas familias. Incorpora salas de acollida e descanso, de información para pais ou de colaboración coas Asociacións de pacientes.

2 PUNTO DE RECOLLIDA. O Hospital Provincial de Pontevedra conta cun punto de recollida do banco de leite materna que funciona para o sur da comunidade galega e que ten a sede principal en . Con este novo centro satélite, preténdese facilitar a doazón e aumentar este recurso tan importante para a área de Neonatoloxía. A nova infraestrutura do Hospital Provincial facilitará as doazóns, ó non ter que desprazarse a Vigo as doantes. O obxectivo do novo centro de recollida do Provincial e manter activas de forma sostida un grupo de entre 5 e 10 doantes.

PERSONALIZACIÓN DE ESPAZOS PARA MELLORAR A INTIMADE DOS PACIENTES. UCI Inclúense nas reformas acometidas nesta Unidade a dotación de biombos para ADULTOS preservar a intimidade dos pacientes ingresados e a dotación de mobiliario máis axeitado para o descanso na sala de espera de familiares.

UNIDADE DE TRABALLO, PREPARACIÓN E RECUPERACIÓN DO PARTO (UTPR). Actualmente dispoñen de 1 unidade deste tipo no Hospital do Salnés, no que a nai e a súa persoa acompañante permanecen durante as tres fases dun parto minimamente intervido, e ata 2 horas despois deste, evitando así traslados UNIDADE innecesarios. As UTPR son unidades íntimas e integradas, que facilitan a DE PARTOS privacidade e a participación activa da parella/ persoa acompañante en todo o proceso do parto, e dispoñen de todo o material médico necesario (cama de partos, monitoraxe materno-fetal ou berce térmico), así como de elementos de apoio no período de dilatación (bañeira de partos, pelotas, asentos específicos etc.).

REDESEÑO DA ÁREA DE URXENCIAS DO HOSPITAL MONTECELO. Recoñecida co segundo premio na V edición dos galardóns B. Salut-Chiesi en xestión sanitaria, a reforma busca crear unha área máis harmoniosa, orientada ás persoas usuarias, URXENCIAS ao seu confort e á súa accesibilidade á información, co obxectivo de contribuír á xeración de confianza nas persoas usuarias, ao diminuír a posible ansiedade, axudar a entender o proceso e mellorar a intimidade e a comodidade da espera.

3 HOSPITALIZACIÓN. Pinturas realizadas por HOSPITALIZ unha enfermeira na unidade de Medicina Interna M1 do Hospital Provincial para facer a ACIÓN estadía mais agradable.

ADECUACIÓN DE ESPAZOS PARA FAMILIARES. No Hospital do Salnés e no Provincial, a sala de espera ÁREA para familiares de pacientes paliativos dispón de neveira, microondas, lectura e vinilo, para facerlles PALIATIVOS máis confortable a longa estancia que, ás veces, pasan no hospital como espazo para compartir experiencias.

MURAIS E VINILOS EN SALAS DE ESPERA E ÁREAS COMÚNS. Realización de murais nas áreas de Psiquiatría, Coidados Paliativos ou Oncoloxía, Rehabilitación ou Radiodiagnóstico dos tres Centros Hospitalarios da Área Sanitaria, dentro dunha iniciativa liderada por alumnas da facultade de Belas Artes de Pontevedra para humanizar diferentes espazos no hospital.

ÁREAS BAÑOS PARA PERSOAS DOENTES OSTOMIZADAS. O Hospital de Montecelo foi o primeiro centro COMÚNS/ hospitalario español en instalar un aseo XERAL adaptado a persoas doentes ostomizadas e actualmente dispoñen xa de 3 unidades en toda a área sanitaria. Dado o número de persoas doentes portadoras dunha bolsa de ostomía na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, ao redor duns 2 000, detectouse desde o centro hospitalario a necesidade de dispoñer dun baño que se adaptase ás necesidades demandadas por este colectivo de persoas doentes, polo que o propio persoal de mantemento do complexo, coa colaboración de varias asociacións de persoas doentes, deseñou un prototipo de aseo con todo o necesario para facilitar o manexo da bolsa de ostomía. Ademais, conta cunha

4 ducha de auga quente sanitaria con regulación e adaptada para que as persoas doentes disparen o chorro cunha man e poidan ter a outra libre para coller a bolsa.

ÁREAS SALAS DE LACTACIÓN MATERNA. Dispoñen de tres espazos, unha sala en cada un dos tres centros hospitalarios da área sanitaria, para favorecer a alimentación COMÚNS/ natural do menor lactante, no marco da “Iniciativa para a Humanización da XERAL Asistencia ao Nacemento e Lactación” (IHAN) que promoven a OMS e UNICEF.

SINALIZACIÓN E FERRAMENTAS INFORMATIVAS:

SINALIZACIÓN DE URXENCIAS PEDIÁTRICAS. Deseño de paneis informativos tipo ÁREAS DE cómic elaboradas por “reizentolo”, coas que dar información sobre o circuíto da PEDIATRÍA persoa doente e que explican as funcións do persoal sanitario, achegando así información sobre o proceso de atención.

SINALIZACIÓN HORIZONTAL. Marcacións no chan guían ás persoas usuarias que acceden desde a entrada do servizo URXENCIAS ata a área de Admisión, a sala de espera de familias, as zonas de triaxe ou a sala de espera de persoas doentes.

PROXECTO “LEMBRA”. Implantación na área cirúrxica dun sistema de avisos, vía SMS, ás familias de persoas doentes do fin da cirurxía, co fin de evitar ÁREA aglomeracións nas salas de espera e reducir así o nivel de ansiedade das persoas CIRÚRXICA acompañantes da persoa doente. No caso de que a intervención sexa longa, o equipo cirúrxico pode enviar tamén outra mensaxe para lles advertir ás persoas acompañantes de que a cirurxía segue o seu curso para tranquilizalos.

SINALIZACIÓN ESPECÍFICA PARA PERSOAS DOENTES CON TEA. Sinalización de diversos servizos, como Urxencias, Rehabilitación, Radioloxía, Hospitalización, consultas e zonas de uso xeral, por medio de pictogramas de ARASAAC co obxectivo de facilitar o acceso á información das persoas doentes con Trastorno ÁREAS do Espectro Autista (TEA) a través de pictogramas, pero tamén de persoas con COMÚNS/ algunha discapacidade intelectual ou visual, ou sen alfabetizar. XERAL

5 IMPLANTACIÓN DO SISTEMA “QUENDA” EN ATENCIÓN PRIMARIA. Trátase da plataforma Quenda Medic, que apoia o ÁREAS persoal de servizos de obtención de cita, recepción, asignación de turnos de COMÚNS/ atención e acceso dos usuarios aos servizos de saúde que necesiten, permitindo XERAL obviar trámites administrativos á vez que reduce o tempo de espera nas salas. As pantallas da plataforma difunden contidos dixitais que, ademais de facilitar a circulación de pacientes de consultas externas, promoven hábitos de vida saudable, ou calquera tipo de información sobre saúde.

ACTIVIDADES DE MOTIVACIÓN E DE ATENCIÓN EMOCIONAL:

PROGRAMA RESPIRO FAMILIAS. Proxecto liderado por persoas voluntarias de Cruz Vermella que quedan acompañando as persoas menores de idade cando os seus pais necesitan dun tempo fóra do hospital.

PROGRAMA DE ACTIVIDADES LÚDICAS E DE ANIMACIÓN. Coa colaboración de varias asociacións, sobre todo a Cruz Vermella e a Fundación Theodora. Son espectáculos e actividades moi variadas como xogos, traballos manuais, animación á lectura, pallasos, contacontos, pintura, concertos, festas en datas sinaladas, visita dos Reis Magos etc. ÁREAS DE PEDIATRÍA

6

VOLUNTARIADO. Convenio de colaboración entre SEK-Atlántico e o CHOP (Complexo Hospitalario de Pontevedra). Alumnos voluntarios do programa do Diploma do Bacharelato Internacional acudirán á planta de hospitalización pediátrica para acompañar aos nenos ingresados e colaborar coa Escola hospitalaria do Hospital Provincial.

AMPLIACIÓN HORARIOS VISITA FAMILIARES. O horario xeral de entrada á Unidade UCI se amplía de 13:00 a 14:30h, e de 17:00 a 20:30h. ADULTOS

APOIO PSICOSOCIAL. Convenio coa Asociación Española Contra el Cáncer (AECC): dos convenios de colaboración que potencian o voluntariado e a atención ONCOLOXÍA psicosocial nas áreas de Oncoloxía, Hospitalización a Domicilio (HADO) e COidados Paliativos do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHOP) e o Hospital do Salnés.

PROGRAMA “PONTE GUAPA, TE SENTIRÁS MEJOR”. Programa da Fundación STANPA, destinado a axudar a persoas doentes con cancro a recuperar a súa imaxe posiblemente alterada polos efectos secundarios do tratamento, mediante talleres de beleza impartidos por profesionais de estética persoas voluntarias e persoal sanitario en colaboración coa AECC. Preténdese que as persoas doentes reforcen a súa confianza e autoestima. ONCOLOXÍA AMPLIACIÓN DE HORARIO NO HOSPITAL DE DÍA ONCOLÓXICO. Habilítase unha quenda de tarde co fin de favorecer a oferta de horario asistencial que mellor se adapte ás necesidades individuais da persoa doente, minimizando a presión asistencial da quenda de mañá. Ademais, conséguese axilizar a citación de persoas doentes, co que se melloran os posibles tempos de espera para recibir o tratamento.

PROXECTO ARTISTICOS DENTRO DO HOSPITAL. Son intervencións conxuntas de pacientes en distintos espazos físicos a través dunha actividade enmarcada en terapia polo ambiente. Así, cabe destacar o proxecto “LAS MIL Y UNA GRULLAS”, unha intervención artística desenvolvida no Hospital de Día Psiquiátrico por un grupo de persoas doentes do Servizo de Psiquiatría e os alumnos de fin de grao da Facultade de Belas Artes PSIQUIATRÍA da Universidade de Vigo, co obxectivo de mellorar a estancia no hospital, a imaxe social, a escoita á persoa doente e transmitir valores compartidos.

SESIÓNS DINÁMICAS HOSPITAL DE DÍA PSIQUIATRÍA. Que estimulan unha comunicación verbal e plástica, motivan e inspiran, dan a coñecer linguaxes artísticas, conseguen un dialogo e convivencia entre os compoñentes do grupo,

7 permiten materializar sentimentos, e logran a gratificación grupal e individual. En colaboración coa Facultade de Belas Artes.

ACTIVIDADES DE PACIENTES. Abanicos creados por pacientes do hospital de día da área de Psiquiatría do Hospital Provincial forman parte da campaña 'Dáche un aire solidario'. preténdese dar visibilidade ao feito de que a recuperación dos pacientes de Psiquiatría non só debe facerse a través dos coñecementos e a práctica dos facultativos e do persoal de enfermería, senón que a dedicación e a entrega tamén xogan un papel fundamental.

DIPLOMA DE NACEMENTO. Agasállanse aos pais do menor lactante que acaba de nacer cun diploma personalizado. É un documento que recolle a hora exacta do nacemento, o talle, peso, nome e apelidos do seu fillo. Esta iniciativa pretende poñer de relevancia o papel da muller UNIDADE durante o proceso do embarazo e celebrar o DE PARTOS comezo da súa maternidade. PLAN DE PARTO. Na semana 30 de embarazo o centro convoca as parellas a unha reunión grupal, na que adquiren conciencia das decisións que poderán tomar sobre o seu parto. Un cuestionario facilita o deseño do plan de nacemento, un documento de preferencias que o equipo sanitario seguirá sempre que non xurdan complicacións. Vestir roupa propia, parir sentada ou en crequenas ou poñerlle a pinza persoalmente ao cordón umbilical son só algunhas das opcións.

GUÍA DE ACOLLIDA DA PERSOA DOENTE. Guía elaborada coa colaboración dos profesionais con indicacións do funcionamento en distintas áreas do Hospital, como por exemplo, Guía de acollida da persdoa doente ingresada, Guía de acollida do Hospital de Día de Hematoloxía, Guía de acollida Psiquiatría-Saúde Mental, Guía de acollida 6ª Medicina interna, Guía de acollida Hospital de Día de Pediatría, Guía de acollida Endoscopias, Guía de acollida no Hospital de Día Pediátrico ou a Guía de acollida na UCI de adultos.

INCORPORACIÓN AO PROXECTO SUEÑÓN. Este proxecto xorde da necesidade de ÁREAS abordar, desde os profesionais da saúde co liderado de enfermería, o problema da interrupción do soño nos pacientes hospitalizados e a súa consecuente falta de COMÚNS/ descanso. Abordar unha situación coa que se atopa calquera persoa que, por XERAL unha ou outra razón, ten que pasar algunha noite nalgún dos hospitais do noso Sistema Nacional de Saúde, poñendo en marcha algunhas solucións que poden axudar a mellorar este problema e que son de fácil implantación.

8 ACCESIBILIDADE Á LECTURA. Mediante proxectos como “Biblioterapia”, no que a través da Biblioteca do Hospital Provincial e a Rede galega de Bibliotecas os pacientes e familiares teñen acceso a unha relación de libros recomendados que poden axudar a entender mellor e afrontar os problemas de saúde, así como a mellorar o benestar. Ou o de “Lecturas compartidas”, no que nas tres salas de espera das Unidades de hospitalización e na consulta de Pediatría do Hospital de Salnés, se da acceso a libros que poden ser utilizados durante a espera. Os pacientes ou familiares poden coller un libro, lelo e despois deixalo no andel para que o poidan utilizar outras persoas.

PROXECTOS MUSICALES. “Doce meses, doce sons” e “Música en píldoras”, postos en marcha pola Xerencia do Hospital de ÁREAS Pontevedra en colaboración co COMÚNS/ Conservatorio Profesional de Música XERAL Manuel Quiroga. Un solista, un dúo…, actúan en unidades e espazos claves dos centros sanitarios pertencentes á Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés. Ou tamén a xornada de micro-concertos no Hospital do Salnés, no marco do Festival Internacional de Música Clásica de Vilagarcía de Arousa.

ÁREA DE PERSOAL SANITARIO:

LINGUAXE PERSOAS XORDAS. Charlas de capacitación de profesionais en colaboración coa Federación de Persoas Xordas de en centros de saúde.

ESTRATEXIAS PARA MELLORAR A COMUNICACIÓN. Sesións Informativas nos Centros de Saúde Virxe Peregrina, A Parda dirixidas a profesionais co fin de que coñezan diferentes estratexias para mellorar a comunicación, o benestar e a autonomía de persoas con discapacidade intelectual co apoio da Asociación Juan XXIII.

CORO DE PERSOAL SANITARIO. A Coral Polifónica O CHOPO foi ÁREAS fundada en 2005, e está integrada por persoal sanitario do COMÚNS/ complexo hospitalario. O persoal sanitario comparte así XERAL momentos fóra do entorno laboral e dáse continuidade dentro da organización sanitaria ao persoal xubilado.

ATENCIÓN AO PERSOAL XUBILADO. Acto de homenaxe e despedida ao persoal xubilado da área sanitaria. Ao persoal sanitario xubilado

9 entrégaselle unha figura conmemorativa e un diploma, ademais de asinar no libro de honra.

ACTOS DE ACOLLIDA E DESPEDIDA DE RESIDENTES E ESTUDANTES DE MEDICINA. Acto de homenaxe de acollida e despedida aos estudantes de 6º de Medicina da USC e acto de homenaxe e despedida aos residentes.

RECOÑECEMENTO AOS PROFESIONAIS. II Concurso de tarxetas de nadal e de decoración das unidades de atención primaria e hospitais.

RESPONSABILIDADE SOCIAL CORPORATIVA:

SISTEMAS DE XESTIÓN AMBIENTAL. Dado que os hospitais son grandes produtores de residuos e consumidores de recursos enerxéticos e naturais, formúlase desde a actividade hospitalaria a necesidade de lle ofrecer á cidadanía o equilibrio entre a atención sanitaria e o respecto ao medio ambiente, polo que se implantou un dos sistemas de xestión ambiental certificados (SGMA) máis recoñecidos, ISO 14001.

CICLOS DE CHARLAS SAUDABLES. Organizados coa colaboración de La Voz de Galicia, e abertos a toda a cidadanía, configúranse como unha actividade fundamental para a protección da saúde, co que se lle facilita á poboación unha información básica e de calidade para a prevención de enfermidades a través dos relatorios de persoal sanitario de recoñecido prestixio. Os temas para tratar elíxense en función do interese público, da prevalencia de determinadas patoloxías e a importancia que ten na súa evolución que as persoas doentes sigan ÁREAS unhas pautas de actuación definidas. COMÚNS/ CHARLAS E OBRADOIROS CON ESCOLARES. Segunda charla dos profesionais da XERAL Unidade de Desviacións do Raque do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra ao alumnado de cuarto de Primaria do CEP Campolongo. Campaña de prevención de dor nas costas entre a poboación infantil. Obradoiro para escolares impartido polos fisioterapeutas do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra. Segundo taller de prevención de dor nas costas no CEIP Álvarez Limeses de Pontevedra.

CAMPAÑAS DE CONCIENCIACIÓN. Realización de actividades coincidindo con días de significación en patoloxías ou determinadas campañas de saúde, como o Día

10 Mundial do Parkinson, o Día Nacional da Atención Primaria, o Día Internacional dos Dereitos do Paciente, Día Mundial da Hixiene de Mans, Día Mundial da Enfermería, Día Nacional do Neno Hospitalizado, Día Mundial da Enfermidade Inflamatoria Intestinal, Día Nacional da Nutrición, Día Mundial sen Tabaco, Día Nacional dos Doantes, Día Mundial do Doante de Sangue, Lipid Day, Conferencias pola semana mundial da lactancia materna, Día Mundial Paciente Ostomizado, Semana Europea de Lactancia, Día Europeo RCP, Día Mundial da Dor, Día Mundial da Diabetes, Día Mundial da EPOC, Día Mundial do Neno Prematuro, Día Europeo para uso prudente dos antibioticos, Día Internacional contra a violencia de xénero, Día Mundial do Voluntariado ou o Día Mundial do Medio Ambiente.

TALLERES DE PERSOAS DOENTES. Búscase coñecer de primeira man a opinión das persoas doentes dunha determinada afección e mellorar así o tratamento que se lles proporciona no hospital, en aspectos como a accesibilidade, os tempos de espera, a coordinación con outros especialistas, o circuíto asistencial etc.

ORGANIZACIÓN E PARTICIPACIÓN DO PERSOAL EN CONGRESOS, XORNADAS, TALLERES E EVENTOS. Como as XIV xornadas de outubro mes da artrite E, o XLVIII Congreso da Sociedade Galega de Reumatoloxía-SOGARE, as XXXVI Xornadas de la SOGARMEF, Xornadas monográficas de actualización en Enfermidade Inflamatoria Intestinal, a IV Xornada provincial benestar social das persoas ostomizadas, organizada por profesionais do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra en colaboración con ASSEIIPO, ou a XIV Xornada Nacional de Artritis en Pontevedra. Tamén se poden incluir neste apartado talleres como o de “Escuela de padres de niños con AIJ” ou o de “Alimentación y ejercicio en la Artritis”.

ESPAZO PARA AS ASOCIACIÓNS DE PERSOAS DOENTES. As asociacións de persoas doentes da área de Pontevedra contan desde xullo de 2018, cun espazo en cada un dos Centros hospitalarios da área sanitaria para o seu uso compartido. Aténdese así a unha demanda destes colectivos, ofrecéndolles un espazo propio ÁREAS para realizar funcións informativas, de divulgación e apoio a aquelas persoas COMÚNS/ doentes e familias que o requiran. Resaltar que Durante 2018 realizáronse XERAL contactos con 29 asociacións de pacientes da área sanitaria, co fin de establecer una canle de comunicación clara e continua entre elas e a organización sanitaria.

11 PARTICIPACIÓN DAS ASOCIACIÓNS EN SESIÓNS CLINICAS: Co fin de impulsar a comunicación entre os profesionais e as asociacións presentes nos espazos asociativos dos hospitais, a xerencia facilitou a intervención das asociacións dentro das sesións clínicas de diferentes servizos. Con estas intervencións preténdese favorecer a participación dos profesionais sanitarios nas actividades que organizan as asociacións. e mellorar o coñecemento que teñen os profesionais acerca das súas funcións complementarias á atención sanitaria.

CONSELLO ASESOR DE PACIENTES. Desde 2018 a área sanitaria de Pontevedra conta con este órgano colexiado de carácter consultivo, que ten por finalidade a mellora da calidade da asistencia sanitaria a través da percepción dos servizos sanitarios por parte dos e das pacientes, así como informar e asesorar aos órganos responsables, en cada momento, da dirección e xestión das áreas sanitarias.

NOVO ENFOQUE NA UNIDADE DE ATENCIÓN AO PACIENTE. Con unha atención e acollida personalizada a pacientes e familiares, e o apoio na realización de xestións concretas para axilizar os trámites que faciliten a atención aos pacientes, tanto nos diferentes servizos do hospital, como nos demais centros da xerencia.

ESPAZO SOLIDARIO. As ONGs e entidades colaboradoras (Ex. Cruz Vermella, Fundación Carreras, Médicos sen fronteiras,…) de carácter social e sanitaria contan cun espazo na área de consultas do Hospital Provincial para realizar ÁREAS funcións de sensibilización á poboación.

COMÚNS/ COLABORACIÓN CON ONGS. Máis de 3.000 quilómetros percorreron dúas XERAL médicas do Complexo Hospitalario de Pontevedra, CHOP, para axudar cos seus coñecementos sanitarios á poboación de Senegal. Laura Barcia, especialista en Medicina Interna, e Alicia Ferrero, en Medicina Dixestiva, viaxaron hai uns días ao país africano coa ONG Ecodesarrollo Gaia. Fixérono como experiencia vital, pero, sobre todo, porque cren que coa súa formación poderán achegar o seu granito de area a unha sociedade castigada na que a sanidade é, na súa gran maioría, de pago

12