Durante os próximos días, debido á situación sanitaria que estamos vivindo, os alumnos/as de 2º Bacharelato B e D deberán facer as seguintes tarefas en casa: 1. Ler os temas 9 a 12 do apartado de Literatura, correspondente ás probas da selectividade do ano 2020. 2. Subliñar cada tema e facer un esquema ou resumo de cada tema. 3. Estudar os dous primeiros temas.

TEMA 9: A LITERATURA DO EXILIO ENTRE 1936 E 1976. POESÍA, PROSA E TEATRO A ditadura franquista impuxo unha política uniformadora destinada a suprimir todo elemento de identidade nas nacionalidades históricas. O idioma galego foi obxecto dunha implacable persecución. Durante anos, a súa utilización escrita considerouse como un delito e como síntoma de “mal gusto” a utilización na fala. Na administración, na igrexa, na escola, na prensa, na radio ou na televisión, empregábase exclusivamente o castelán. Con esta marxinación. o franquismo procuraba que os habitantes de perdesen a súa identidade. Durante moitos anos a cultura galega mantívose unicamente no exilio. A cidade arxentina de Bos Aires converteuse na capital da cultura galega a raíz de que moitos exiliados desta terra atoparan alí refuxio: Castelao, Blanco Amor, ou . O seu labor no eido da cultura foi notable: crearon editoriais nas que se publicaban libros en galego ou con temática galega, así coma xomais, revistas literarias ou programas de radio de contido cultural galego. A POESÍA NO EXILIO LUÍS SEOANE (Bos Aires 1910-A Coruña 1979) Este creador polifacético (pintor, poeta, ensaísta, dramaturgo, etc.) naceu na Arxentina, aínda que aos dez anos volveu coa súa familia para Galicia. Estudou Dereito en Santiago e, nesta cidade, foi formándose xa a súa vocación artística e a súa ideoloxía galeguista e de esquerdas. Coa guerra civil exiliouse a Bos Aires e ali desenvolveu unha intensísima actividade cultural. Dentro da súa produción poética, habería que destacar: Fardel de eisilado (1952), Na brétema, Sant-Iago (1955) e As cicatrices (1959). Esta poesía está dominada polo forte compromiso ético coa realidade social e humana de Galicia, abordando así temas como o exilio, a emigración ou o sometemento dos humildes en calquera época da historia. (A Habana, 1916-Madrid, 1978). Como Seoane, este autor é tamén fillo de emigrantes. Sendo moi novo regresou desde Cuba a Galicia coa súa nai. Estudou en Lugo e Madrid e participou na fundación das Mocidades Galeguistas. Ao rematar a guerra civil, emprendeu o camiño do exilio: Francia, México e Arxentina. En Bos Aires comezou unha estreita colaboración con Seoane. Regresou en 1976 e faleceu ao pouco tempo en Madrid. En canto á súa obra poética, é preciso destarcamos Catro poemas para catro gravados (1944) e Lonxe (1954). Estas obras están condicionadas pola experiencia persoal e pola vivencia de Galicia. Combínanse distintos motivos: desde a poesía socialrealista de denuncia da opresión até composicións de plenitude sensorial centradas na saudade da terra. Están presentes tamén os ritmos populares e a reivindación do pasado histórico con poemas adicados a figuras simbólicas como o coñecido guerrilleiro Manuel Ponte que loitou contra as forzas fascistas. EMILIO PITA. (A Coruña, 1909-Bos Aires, 1981). Foi un emigrante que ao longo da súa vida mantivo un activismo político-cultural intenso no mundo da emigración. Entre o conxunto da produción deste autor, debemos mencionar a obra Jacobusland (1942), libro con ilustracións de Castelao, que mostra a traxedia da guerra civil. A PROSA NO EXILIO a) A narrativa BLANCO AMOR. (, 1897-, 1979). Naceu en Ourense en 1897. Xa na mocidade manifestou interese pola literatura e coñeceu as vangardas europeas a través de . En 1919 emigrou a Arxentina. De 1929 a 1931 e de 1933 a 1936 viaxou a España como correspondente do xornal La Nación. Foi entón cando entra en contacto cos membros da Xeración do 27, moi especialmente con Federico García Lorca con quen mantivo amizade. Despois da guerra considerouse un exiliado galego máis en Arxentina. Alí pasaría a maior parte da súa vida, escribindo libros e desenvolvendo unha intensa actividade cultural no ámbito do teatro (participou na creación das compañías Teatro de Cámara, El Tinglado e Teatro Popular Galego), da radio e da prensa (foi director das revistas Céltiga e Terra). En 1962 regresou a Galicia e morreu en Vigo en 1979. A esmorga (1959) adoita considerarse, por moitas razóns, unha das obras mestras da literatura europea do século XX. A novela recolle o relato tráxico que un personaxe, Cibrán, pertencente ao mundo suburbano, lle fai a un xuíz anónimo e calado dos violentos e fatais acontecementos protagonizados por el e outros dous compañeros (o Bocas e o Milhomes) nun día de esmorga. No relato só aparece o texto de Cibrán; as supostas intervencións do xuíz doadamente deducibles a partir das respostas do narrador-protagonista, aparecen substituídas por un guión. O autor inclúe unha nota inicial e un epílogo, para nos informar dos preliminares e do desenlace dos feitos. A lectura da obra lévanos até as miserias da realidade e natureza humana. En primeiro lugar, porque a través do diálogo xordo entre o acusado, protagonista principal, e o xuíz sen voz e sen rostro sobreentendemos a existencia dunha Xustiza prepotente que condena de antemán; e, en segundo lugar, porque somos testemuñas da autodestrución dos tres personaxes principais; coma se os tres estivesen predestinados, guiados por un mal fado, e avanzasen irremediablemente cara ao seu triste final; é dicir, a súa propia destrución. Na novela tamén destaca o tratamento do tempo. Todo o narrado sucede en apenas vintecatro horas; é dicir, aplícase a técnica da redución temporal. Outros destacados narradores do exilio foron Silvio Santiago (Vilardevós, 1961) ou Ramón de Valenzuela (Non agardei por ninguén, 1957). b) O ensaio CASTELAO (Rianxo, 1886-Bos Aires, 1950) Alfonso R. Castelao, ademais de editar o estudo As cruces de pedra na Galiza (1950), contribuiu decisivamente á consolidación do xénero ensaístico galego cunha obra monumental considerada por moitos como a biblia laica do nacionalismo galego: Sempre en Galiza. A primeira edición apareceu en Bos Aires en 1944. Sempre en Galiza é un ensaio composto por materiais moi heteroxéneos, escrito en épocas diversas e em diferentes circunstancias, marcadas sempre pola condición de desterrado ou exiliado. Con esta obra manifesta o seu compromiso político co nacionalismo e o seu anti-imperialismo, mostrando a marxinación de Galicia, as inxustizas sufridas polas clases populares e propoñendo accións concretas para construír unha Galicia máis xusta, integrada dentro dunha federación de pobos e guiada por unha política progresista. Outros destacados ensaístas da diáspora foron Antón Alonso Ríos, Xosé Nuñez Búa ou Xerardo Álvarez Gallego, quen escribiu a biografía Vida, paixón e morte de Alexandre Bóveda. O TEATRO NO EXILIO CASTELAO O autor de Rianxo deixa tamén unha fonda pegada no panorama dramatúrxico do exilio ao escribir unha das pezas teatrais de maior trascendencia na nosa literatura: Os vellos no deben de namorarse. A obra estréase en Bos Aires en 1941. Trátase dunha farsa dividida en tres lances de estrutura paralela aos que se lles unen o prólogo e o epílogo. Como o seu propio autor sinala, non se trata dunha obra de tese que pretenda demostrar o que di o título, senón que o escritor se vale de personaxes vellos que se namoran de mozas novas, polas que son enganados, para facer unha crítica da hipocrisía social e da súa ríxida moral. Ademais do seu atractivo como comedia, a obra é todo un logro estético grazas á aplicación naquel tempo de enxeñosos e orixinais recursos moi innovadores na escenografia, iluminación e movemento de personaxes no escenario. LUÍS SEOANE A obra teatral de Luís Seoane, escrita orixinariamente en galego, aparece publicada en Arxentina en español, traducida por el mesmo, e está composta polas obras A soldadeira (1957), Esquema de farsa (1957) e O irlandês astrólogo (1959). Seoane apostou por un teatro que conxuga tradición e modernidade, un teatro vivo que se poida representar en cada sitio. É así mesmo, un teatro estilizado, xenuíno e non elitista, aínda que afastado do costumismo de miras estreitas. EDUARDO BLANCO AMOR O conxunto de obras teatrais escritas por Eduardo Blanco Amor no exilio arxentino está reunido no volume Farsas para títeres (1953), primeiramente editados en español e finalmente en edición bilingüe. Entre as obras incluídas no volume destacan Romance de Micomicón e Adhelala ou Anxélica no ombral do ceio. Son obras non realistas, moi imaxinativas, de ritmo rápido e grande forza expresiva, cheas de elementos fantásticos e satíricos, próximas ao esperpento valleinclaniano e ao teatro do absurdo europeo. ***

TEMA 10. A POESÍA A FINS DO SÉCULO XX E COMEZOS DO XXI. Os cambios que afectan á sociedade galega a partir de mediados dos 70 (morte de Franco, promulgación da Constitución e do Estatuto de Autonomía, a Lei de Normalización Lingüística…) tamén se deixaron sentir na Literatura, en xeral, e na Poesía, en particular. Deste xeito as últimas décadas do século XX trouxeron consigo profundas transformacións no panorama poético galego. A pluralidade e heteroxeneidade de estilos, propostas e tendencias, dentro duns parámetros de calidade satisfactorios, marcan este período que coñeceu catro momentos importantes: 1º) A consolidación da estética do socialrealismo da man dos chamados “Novísimos”. Autores que viven e escriben nun momento intenso de loita antifranquista e participan activamente no proceso de popularización e implantación do nacionalismo de esquerdas. A súa escrita está fortemente ideoloxizada e aborda cuestións como: 1. A loita pola lingua. 2. A opresión nacional. 3. O desexo de liberdade individual e colectiva. O labor literario é pois un compoñente máis do seu compromiso político e a influencia de ou Manuel María é evidente. Destacan: Lois Diéguez, dirixente nacionalista durante a transición política, activista cultural e narrador, destaca tamén como poeta con Albre de espranza e Canciós para agromar branco i azul. Darío Xohán Cabana, tamén novelista e tradutor, como poeta ten unha unha ampla obra: Verbas a un irmao, Home e Terra, Romanceiro da Terra Chá, A fraga amurallada, etc. Fiz Vergara Vilariño, poeta de profunda reflexión existencial que mestura coa opresión social e política e coa vivencia da soidade, que reflicte na súa obra, Nos eidos da bremanza. 2º) A reacción contra as formas ( desgastadas e nalgúns casos panfletarias) do socialrealismo precedente, representada por poemarios como Con pólvora e magnolias, de X.L. Méndez Ferrín. Esta obra supuxo un auténtico revulsivo na poesía de finais dos 70, xa que sen abandonar a reivindicación político-social, Ferrín introduce unha serie de elementos estéticos novidosos, novo enfoque (menos tópico e panfletario) no tratamento dos temas, entrada de abondosas referencias culturais (culturalismo), peculiares disposicións dos versos, etc. 3º) A consolidación por parte dos autores da chamada “Xeración dos 80” dunha nova estética, relacionada agora coas mudanzas sociopolíticas, institucionais e culturais que viñeron coa Autonomía, e que estaba asentada sobre bases como: a) Admiración por determinados poetas do pasado como Manuel Antonio e Cunqueiro. b) Rexeitamento dos xeitos , discursos e temas da poesía comprometida. c) Gusto pola experimentación e pola interdisciplinariedade (encontro da poesía con outras manifestacións artísticas, como a música, a fotografía, a plástica), así como a integración de elementos da contracultura urbana e marxinal. d) Maior atención formal e estilística. A poesía é basicamente unha arte da linguaxe. e) Orientación culturalista (formalismo) e decadentismo estético que provoca certo hermetismo e un distanciamento entre o poeta e a sociedade. f) Aparición de colectivos poéticos como Alén, Cravo fondo ou Rompente. Este último vinculado ao rupturismo vangardista e contracultural (Antón Reixa). Entre os principais poetas desta xeración destacan: Xosé Mª Álvarez Cáccamo, A praia das furnas. , Denuncia de equilibrio. Miguel-Anxo Fernán Vello, O libro das paisaxes vivas. Pilar Pallarés, Sétima Soidade. , Poesía de amor e enfermidade (Autor homenaxeado este ano 2011) Manuel Forcadela, O varredor en outono.

4º) A reacción contra o predominio da estética dos 80, protagonizada pola chamada “Xeración dos 90”, que combinaron unha serie de fenómenos entre os que destacamos: a) Eclosión dunha multitude de poetas novos, os chamados “poetas dos 90” que sen formaren propiamente unha escola, amosan nesta década unha actitude activa e dinamizadora desde a pluralidade estética máis absoluta. Comparten recitais e presentacións, gañan diversos premios, publican libros individuais ou colectivos. Son, entre outros, Anxo Angueira, Fran Alonso, Kilo Neves, Estevo Creus, Miro e Rafa Villar, etc.

b) Proliferación de grupos poéticos como o “Batallón Literario da Costa da Morte”, “Sete Naos”, “Redes Escarlata”, etc. que promoven unha aproximación da poesía ao público a través de Internet (blogs), festas ao aire libre, tabernas, pubs e locais xuvenís, concertos, etc. Estes colectivos constitúen aínda na actualidadeverdadeiras plataformas de divulgación poética e de compromiso cívico.

c) Proliferación de concursos e premios poéticos, o “Premio da Crítica”, o “Martín Codax”, o “Esquío”, o “Johán Carballeira”, o “Espiral Maior”, o “Bouza- Brey”, etc.

d) A preocupación pola linguaxe manifestase, fronte aos rexistros herméticos da poesía dos 80, por un estilo máis próximo ao lector caracterizado por unha maior narratividade da poesía.

e) Os eixos temáticos tradicionais (amor/desamor/existencialismo) adoptan novos matices como o ecoloxismo, a vida urbana e cosmopolita, o mundo opresivo e angustioso, o compromiso lingüístico….

f) A presencia do papel da muller na poesía de fin de milenio, que se enceta nos 90 coa publicación da revista “Festa da palabra silenciada”, convertida en punto de encontro e bandeira da presenza feminina, plurixeracional e cualitativamente decisiva. Todas estas autoras, Marta Dacosta, Iolanda Castaño, Lupe Gómez, María do Cebreiro, Olga Novo, Antía Otero, etc. trasladan aos seus poemas un imaxinario do feminino no que reivindican, ademais das figuras marxinalizadas na sociedade como as prostitutas, as bruxas, as lesbianas, etc. , unha sensibilidade e visión do mundo novas (solidariedade, comuñón coa natureza, tenrura, afán de liberdade, erotismo) .

11- A prosa de fins do XX e comezos do XXI. Temas e autores dos 80 e dos 90. Prosistas e tendencias actuais máis relevantes. A narrativa dos 80 supón toda unha serie de cambios importantes provocados polos cambios políticos, a proliferación de editoriais (Xerais e Sotelo Blanco) e a aparición de premios (Premio Blanco Amor e Premio Xerais). Esta situación xera un mercado estable e a aparición de novas voces literarias. Os autores máis destacados deste período obteñen certa relevancia dentro da nosa literatura por gañar algún dos dous premios anteriores. É o caso de autores como: Freixanes, Alfredo Conde, Martínez Oca ou Xavier Alcalá. Estes autores abarcan diferentes xéneros e temáticas, a novela histórica (O triángulo inscrito na circunferencia), a novela xeracional (A nosa cinza), a experimental (Un ano e un día) ou a realista (Fumes de papel). Unha das novidades deste período é a aparición de toda unha serie de voces femininas que lle dan unha nova reinterpretación ao feito literario. É o caso de voces como as de María Xosé Queizán (Amantia ou Amor de tango) e Margarida Ledo (Mamá-Fe, obra baseada no mundo do audiovisual). Espazo á parte merece a literatura experimental ea ruptura cos xéneros literarios tradicionais de Suso de Toro con obras como Caixón desastre, Polaroid ou Land Rover. A década dos 90 vaise caracterizar pola proliferación de novas liñas temáticas: a ficción científica (Ramón Caride), a erótica (Bieito Iglesias), a sentimental (Ramiro Fonte) e o western (Reigosa). O xénero de maior difusión vai a ser a novela policial pensada para o público xuvenil e pola súa difusión a través do ensino (Crime en Compostela). Dentro deste xénero a novela negra introduce o costumismo urbano, a crítica social e certo experimentalismo expresivo (Roque Morteiro, pseudónimo de Xelis de Toro). A presenza do humor mesturado cunha fina crítica social e costumes ten cabida na narrativa humorística (Gonzalo Navaza, Xavier Alcalá). A novela histórica continúa con Darío Xohán Cabana e María Gándara. O xénero fantástico e marabilloso é cultivado por Darío Xohán Cabana e Xosé Miranda. Outros autores apostan polo tratamento poético da linguaxe, é o caso de Anxo Angueira ou Ramiro Fonte. A derradeira das liñas temáticas é a narrativa urbana e experimental, centrada na exploración da marxinalidade urbana nas novelas de Suso de Toro ou Cid Cabido. Un fenómeno exclusivo é a literatura bravú, transgresora e irreverente cos canons literarios tradicionais (Jaureguizar, Fran Alonso...). Son os autores máis significativos deste período autores como Manuel Rivas (Ela, Maldita alma, Que me queres amor?, O lapis do carpinteiro) ou Xosé Carlos Caneiro (Un xogo de apócrifos, O infortunio da soidade, A rosa de Borges, Ébora, Tres tristes tigres). Teñen o seu recoñecemento literario en Galicia e fóra, coa traducción e os premios acadados. Os comezos do novo século vanse caracterizar pola continuidade na diversidade de xéneros e pola ampliación de liñas temáticas. A continuidade da novela negra vén da man de autores como Diego Ameixeiras ou Marcos Calveiro (Festina lente), a novela histórica con Teresa Moure (Herba moura). A literatura feminina cobra un pulo significativo coa aparición de autoras como Anxos Sumai (Así nacen as baleas) ou Teresa Moure (Benquerida catástrofe). Non se pode obviar as propostas dos autores máis novos que se adican á exploración de novas realidades como é o caso de Yolanda Zúñiga (Vidas Pos-it) ou Sechu Sende (Made in Galiza).

12- O teatro de fins do XX e comezos do XXI. Temas e autores dos 80 e dos 90. Dramaturgos, tendencias e compañías actuais máis desenvolvidas ou máis esquemáticas.

Un dos momentos máis importantes do teatro galego de finais do século XX vén da man da posta en marcha da Mostra de Teatro de Ribadavia (1973), un festival que serve de referente e un premio que servirá de plataforma aos autores.

A finais da década Manuel Lourenzo e Francisco Pillado fundan a Escola Dramática Galega co obxectivo de formar autores e facilitar a representación, para a publicación dos textos dos autores novos crean os Cadernos da Escola Dramática Galega. O remate desta década vén marcado polo esmorecemento do teatro profesional.

A década dos 80 caracterízase pola aparición de novos proxectos teatrais como a creación da Compañía Luís Seoane e dúas salas de representación, a Luís Seoane na Coruña e a Caritel en Ourense. O ano de referencia desta década vai ser o 1984, data de creación do Centro Dramático Galego, que nace co obxectivo de favorecer o desenvolvemento do teatro profesional, a normalización do teatro a partir da representación de autores galegos e estranxeiros e a publicación de textos teatrais. Malia a proliferación de coleccións teatrais como Os libros do CDG, a Biblioteca do Arlequín e os Cadernos da Escola Dramática Galega, segue existindo un tecido editorial estble para a publicación. Non se pode esquecer a creación de premios como o Álvaro Cunqueiro ou o Rafael Dieste, que posibilitan a publicación e facilitan a representación. Os autores máis vellos da década dos 80 están moi vencellado ás Mostras de Teatro de Riabadavia e terán un papel moi destacando dentro do panorama teatral galego. É o caso de Manuel Lourenzo (Traxicomedia do vento de Tebas namorado dunha forca), Euloxio Ruibal (Zardigot) ou Vidal Bolaño (Laudamuco, señor de ningures).

Os autores máis novos formarán o que se coñece como promoción dos 80 que se caracteriza pola dimensión simbólica das obras, o culturalismo, o afastamento da realidade inmediata, as reflexións metateatrais, a crítica, o humor e a ironía. A década vaise caracterizar pola aparición de compañías teatrais profesionais como: Sarabela Teatro, Teatro do Morcego ou Teatro do Atlántico. As voces máis destacadas deste grupo son: Miguel Anxo Fernán-Vello (A casa dos afogados), Xesús Pisón (Ei, Feldmühle!) ou Manuel Guede (O nome dos disfraces).

A década dos 90 caracterízase pola maior implicación dos autores teatrais co xénero. As súas obras caracterízanse pola intertextualidade, a revisión da tradición autóctona e a revisión dos modelos xenéricos.Destacan dentro da promoción dos 90 dramaturgos como: Miguel Anxo Murado (A grande noite de Fiz), Cándido Pazó (Raíñas de pedra), Raúl Dans (Lugar), Manuel Núñez Singala (Comedia bífida) ou Teresa Moure (Unha primavera para Aldara).