RICARDO CARBALLO [CARVALHO] CALERO 1910-1990

LETRAS GALEGAS 2020 #EUQUEDONACASA Nacín o 30 de outubro de 1910, na casa número 51º da Rúa de San Francisco, no barrio de Ferrol Vello

Fun o maior de cinco irmáns nados do matrimonio entre Gabriel Naya e Mª Dolores Calero Beltrán Preparei por libre o bacharelato, e examineime na Coruña no Eusebio da Guarda En 1926 marchei a Compostela para estudar Dereito (licenciado en 1931) e Filosofía e Letras por libre (licenciado en 1935). En Compostela entrei en contacto co galeguismo e cos movementos culturais da época, especialmente co Seminario de Estudos Galegos Foi este un momento de intensa militancia política. En 1931 participei na creación do Partido Galeguista e contribuín á redacción dun dos anteproxectos non considerados para o Estatuto da Galicia. En 1933 volvín a Ferrol, onde saquei a praza de auxiliar administrativo no Concello da cidade e casei con María Ignacia Ramos, licenciada en Historia e compañeira de estudos universitarios Foron anos de colaboracións coas máis destacadas revistas literarias (A Nosa Terra, Nós, Guión, Galiza, Resol, Universitarios, Papel de Color). Tamén empecei a publicar libros poéticos, primeiro en español e despois en galego. O golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 sorprendeume en Madrid no momento en que concorría ás probas para profesor de instituto en Lingua e Literatura Española. Loitei no bando republicano, entrando en combate como miliciano. Prendéronme no fin da guerra, na fronte de Andalucía, e fun condenado en consello de guerra a 12 anos por separatista e recluído no cárcere de Xaén, tempo que aproveitei para estudar alemán. A novela Scórpio (1987) recolle a experiencia vital deses anos, tal como, en certa medida, a comedia A sombra de Orfeo, a peza teatral Os xefes, de 1982 e algúns poemas, como Fugíamos da nossa vila, incluído na colectánea Cantigas de amigo e outros poemas (1980-1985). Despois de saír do cárcere e imposibilitado para exercer a función pública, refuxeime no ensino privado entre 1950 e 1965 no Colexio Fingoi de Lugo, no que exercín como "conselleiro delegado", pois non estaba autorizado para ser director. Restablecín os contactos cos galeguistas que ficaran no país, moi especialmente con Francisco Fernández del Riego, con quen seguín mantendo correspondencia desde o cárcere. Paralelamente á miña labor docente, desenvolvín nestes anos un importante traballo investigador —iniciado coa miña tese de doutoramento, "Aportaciones a la literatura gallega contemporánea" (1955, premio extraordinario) — que tivo como froito máis valioso a publicación en 1963 da Historia da literatura galega contemporánea. Ingresei como membro numerario na Real Academia Galega o 17 de maio de 1958 a proposta de Ramón Otero Pedrayo, Florentino López Cuevillas e Xesús Ferro Couselo, pronunciando o discurso Contribución ao estudo das fontes literarias de Rosalía, respondido por Otero Pedrayo En 1965 autorizóuseme a exercer o ensino público como agregado de instituto no Liceo Rosalía de Castro, de , ao tempo que comecei a impartir aulas de galego na universidade. En 1968 fun galardoado co Pedrón de Ouro. Por fin, en 1972 convertinme por oposición no primeiro catedrático compostelá de Lingua e Literatura Galega. Preocupado pola coherencia histórico- lingüística do galego a pesar da férrea oposición que encontrei no meu camiño, mostreime defensor das teses etimoloxistas que terían continuidade no movemento reintegracionista, feito que me levou a asinar, a partir de 1981, como Carvalho Calero pero tamén me custou ser marxinado nos últimos anos da miña vida. Tamén en 1981 fun nomeado membro da Academia das Ciências de Lisboa. RICARDO CARBALLO [CARVALHO] CALERO

Esta edición de 1982, conta con catro capítulos máis que na edición orixinal de Bibliófilos Gallegos (1951). Ningún deles é inédito, pois xa foran publicados en diferentes revistas.

É unha novela moderna cunha alta dose de ironía

literaria.Tamén é unha novela histórica que describe N A

a xeración de mozos galeguistas republicanos, unha R R

xeración truncada pola Guerra Civil. Premio da A T I

Crítica de narrativa galega 1987 V A RICARDO CARBALLO [CARVALHO] CALERO

1931 1952

1928 1934 EN CASTELAN O trebo das catro follas (1944) MAIS POESÍA Anjo de terra (1950).

Poemas pendurados dun cabelo (1952) P O

Salterio de Fingoy (1961). E S

Pretérito imperfeito (1927-1961) (1980). Í A Futuro condicional (1961-1980) (1982). Cantigas de amigo e outros poemas: 1980-1985 (1986) Reticências... (1986-1989) Fillo de Eva (88 poemas de Ricardo Carvalho Calero) (1992) RICARDO CARBALLO [CARVALHO] CALERO

Peza teatral de Ricardo Carballo Calero publicada no nº 1 da revista Grial en 1963 e escrita no ano 1948 en Esteiro (Ferrol) E TAMÉN: O fillo (1982). Escrita en 1935. Isabel (1982). Escrita en 1945. A sombra de Orfeo (1971). Escrita en 1948. T

A arbre (1965). Escrita en 1948 E A

O redondel (1979). Escrita en 1951. T R

Auto do prisioneiro (1970). Escrita en O 1969. Os xefes (1982). Escrita en 1980. RICARDO CARBALLO [CARVALHO] CALERO Sete poetas galegos (1955). Contribución ao estudo das fontes literarias de Rosalía (1959). (Discurso de ingreso na RAG e resposta de Ramón Otero Pedrayo) Versos iñorados e ou esquecidos de (1961). Historia da literatura galega contemporánea (1963 completada en 1975). Eduardo Pondal (1965). Sobre lingua e literatura galega (1971). Rosalía de Castro (1976)

Estudos rosalianos: aspectos da vida e da obra de Rosalía de E N

Castro (1979) S A I O RICARDO CARBALLO [CARVALHO] CALERO Libros e autores galegos (1979-1982). Problemas da língua galega (1981) Da fala e da escrita (1983). Letras galegas (1984). Escritos sobre Castelao (1989). Estudos e ensaios sobre literatura galega (1989). Do Galego e da Galiza (1990). (Póstumo). Umha voz na Galiza. Artigos de jornal (1933-1989) (1992) (Póstumo).

Escritos sobre teatro (2000) (Póstumo). E N

Ricardo Carvalho Calero: a ciencia ao servizo da nación (2010). S A

(Póstumo) I O

RICARDO CARBALLO [CARVALHO] CALERO "Cartas de Cabanillas", en Homenaxe a Cabanillas no centena rio do seu nacemento (1997). Cartas de Ramón Piñeiro a Ricardo Carballo Calero (2004).

Epistolario a Fernández del Riego (2006). (Póstumo). O U

Cadernos Ramón Piñeiro XXIII: Epistolario Ricardo Carballo T R

Calero Ramón Piñeiro (Historial dun libro) (2015) A S

O señor de Vilancosta. Loubanza de don Marcial Valladares P

Núñez no Día das Letras Galegas (1970). U B

Lembranza de don Gonzalo López Abente no Día das Letras L I C

Galegas (1971). A Lembranza de don Valentín Lamas Carvajal no Día das Letras C I Ó

Galegas (1972). N S RICARDO CARBALLO [CARVALHO] CALERO Algunhas características do galego de Lago González (1973) . Escolma de prosa e verso (1974). Limiar de Ricardo Carballo Calero Xoán Manuel Pintos. Día das Letras Galegas. 17 de maio de O

1975 (1975). U T

Na noite estrelecida. Sagas, de Ramón Cabanillas (1976). Prólogo R de Ricardo Carballo Calero. A S

Antón Villar Ponte. Escolma (1976). P U

Homenaxe a Cabanillas no centenario do seu nacemento (1977). B L

Antonio López Ferreiro. O niño de pombas (1978) I C

Homenaxe a Manuel Antonio (1979) A C

Afonso X o Sábio. Pequena antologia (1980). I Ó

... N S A história do idioma galego é a história mesma de Galiza (La Voz de Galicia (A Coruña), 26 de Agosto de 1977

RICARDO CARBALLO [CARVALHO] CALERO 1910-1990

LETRAS GALEGAS 2020 #EUQUEDONACASA Todos os homes da miña idade fomos marcados con maior ou menor profundidade polos acontecimentos da Guerra Civil Conversas en Compostela con Carballo Calero / M. A. Fernán Vello, F. Pillado Mayor. Barcelona; Sotelo Blanco Edicións, 1986

RICARDO CARBALLO [CARVALHO] CALERO 1910-1990 LETRAS GALEGAS 2020 #EUQUEDONACASA Eu, neno, matéi a miña infanza co coitelo da miña gravedade Vieros A Cruña : Editorial Nós, 1931

RICARDO CARBALLO [CARVALHO] CALERO 1910-1990

LETRAS GALEGAS 2020 #EUQUEDONACASA Ollamos antre ruinas, un cadavre que poido ser noso Salterio de Fingoy Vigo : Salnés, 1961

RICARDO CARBALLO [CARVALHO] CALERO 1910-1990

LETRAS GALEGAS 2020 #EUQUEDONACASA RICARDO CARBALLO [CARVALHO] CALERO 1910-1990 LETRAS GALEGAS 2020

#EUQUEDONACASA