ÍNDICE

• O relevo de

• As costas de Galicia

• Os ríos de Galicia

• O clima de Galicia

• Fauna e flora de Galicia

• Espazos naturais protexidos de Galicia

O RELEVO DE

GALICIA

ÍNDICE

• Introdución. Galicia : situación xeográfica • Formas do relevo: conceptos • O relevo de Galicia : características xerais. • Serras , chairas e depresións

INTRODUCCIÓN . Galicia: situación xeográfica

Galicia é unha rexión que se sitúa no extremo noroeste da península Ibérica. O territorio galego ten os seus límites no norte co mar Cantábrico, no oeste co océano Atlántico, no leste co Principado de e a comunidade autónoma de Castela e León e no sur con Portugal. A extensión de Galicia é de 29.424 km2 A altitude varía entre o nivel do mar, e os fondos mariños, ata a súa cota máxima de 2.124 metros en Pena Trevinca, aínda que máis da metade do territorio sitúase entre os 200 e os 600 metros. O seu punto máis setentrional, a Estaca de Bares, sitúase a 43º 48´ de latitude norte e é tamén o máis norteño da península.

FORMAS DO RELEVO Conceptos

Aba: a ladeira dunha montaña Chaira : unha terra chá onde normalmente están situados os cultivos. Na parte central da provincia de Lugo esténdese unha importante chaira , a Terra Chá . Cordal : conxunto de serras aliñadas . Cume: a parte máis elevada dunha montaña. Depresión: zona afundida por debaixo do nivel das chairas . Son representativas de Galicia as de Monforte , Sarria , A Limia , Maceda e a de Tui- Padrón.

Macizo: conxunto de serras non aliñadas. O Macizo Galaico constituido pola agrupación das diferentes formacións montañosas do Noroeste peninsular é un bo exemplo delo. Meseta : unha chaira elevada . Montaña: elevación grande do terreo. Serra: formación constituida por varias montañas aliñadas En Galicia podemos distinguir as Serras Orientais e Surorientais cas alturas máis elevadas de Galicia : Pena Trevinca ( 2124 mts.) e Penarrubia ( 1826 mts ) , e as Serras Centrais e Setentrionais con elevacións menos altas . Val: terreo chan situado entre montañas .

O relevo de Galicia Características xerais:

O relevo galego é variado , con fortes contrastes. Por eso na nosa comunidade existen duas zonas de relevo. * A zona costeira que abrangue as terras do litoral bañadas polo océano Atlántico e o mar Cantábrico . Nela atópanse fértiles vales , pequenas chairas e unha costa moi irregular onde abundan os cabos , as rías , as praias e os cantís.

* A zona interior , está separada da influencia mariña por dous sistemas : as Serras Setentrionais e as Serras Centrais . Nesta zona alternan as chairas , con vales encaixados , depresións e vellas montañas .

De oeste a leste o bloque de relevo de Galicia se vai inclinando cuns niveis que oscilan desde os 1500 mts. das Serras Surorientais ata o nivel do mar das chairas litorais . En moitos casos, as formacións montañosas serven de límites provinciais.

As diferentes zonas de relevo , levarán como consecuencia diferentes matices no clima que se proxectarán a súa vez en zonas específicas de vexetación.

SERRAS , CHAIRAS

E DEPRESIÓNS

As serras setentrionais

As serras setentrionais esténdense entre as zonas da costa cantábrica e a chaira lucense e non superan os 1.000 m. Constitúen a divisoria de augas entre a conca do río Miño e os ríos que desembocan no Cantábrico. Destaca a serra do Xistral.

As serras orientais

As serras orientais esténdense polo leste e son as máis elevadas de Galicia, con cumes superiores aos 1.500 m de altura. De norte a sur atópanse a , a do Courel, a do Eixe (onde está Pena Trevinca, o pico máis alto de Galicia, que ten 2.124 m) e o macizo de Manzaneda.

As Serras Centrais

• A Dorsal galega , Serras Centrais ou Serras Centro-occidentais son conxuntos montañosos con cumes entre os 800 e os 1.000 m, que se estenden de norte a sur, desde a serra da Faladoira ata a serra do Faro de Avión. As máis destacadas son a serra da Loba, lo, o Faro, os montes do Testeíro e a serra do Suido.

As montañas de Galicia

Como se pode observar no gráfico as alturas máis importantes están nas Serras Orientais e Surorientais .

As depresións

As depresións son terreos afundidos. En Galicia destaca a fosa meridiana ( Depresión de Tui-Padrón) que é a máis extensa de todas. Outras depresións son a de Monforte , a de Maceda, a de Sarria , e a da Limia.

As chairas

As chairas son extensións grandes de terreo chan ou con poucas elevacións. No interior destaca a Meseta de Lugo , na cal se atopa ,na súa parte norte a Terra Chá . Na zona costeira están as chairas litorais , como a de Bergantiños na Coruña e A Mariña Lucense en Lugo.

AS COSTAS DE

GALICIA

ÍNDICE

• As costas : conceptos • As costas de Galicia e a actividade pesqueira • As Rías Altas e as Rías Baixas

AS COSTAS

Conceptos

Arquipélago : Conxunto de illas Cabo: Punta de terra que penetra no mar Cantís: Costa alta e rochosa Dunas : Formacións de area nas praias

Golfo: Ampla entrada do mar na terra Litoral: Liña de separación entre a terra e o mar Península : Extensión de terra rodeada de auga por todas partes menos por unha Praia: Costa baixa constituida por area Ría : Entrada prolongada do mar na terra asolagando a parte final dun río.

As costas de Galicia e a actividade pesqueira.

Galicia ten 1200 kilometros de costa . A costa galega é recortada , con continuos entrantes e saintes , que se manifestan en rías , esteiros , golfos e cabos. O cabo Fisterra e o límite entre as Rías Altas e as Rías Baixas. O cabo Estaca de Bares é o que separa a vertente Atlántica da Cantábrica . O esteiro do Miño é o límite costeiro entre Galicia e Portugal e a Ría de Ribadeo entre Galicia e Asturias. Este tipo de costa foi propicia para unha intensa actividade humana ao longo do tempo . Desenvolvéronse portos pesqueiros importantes . Hoxe , a pesca e o marisqueo teñen nome propio na economía galega. A actividade pesqueira ten as seguintes clases: * Pesca de altura, practicada en lugares afastados de Galicia e que captura maiormente bacallau e atún . * Pesca de baixura , que se fai preto da costa , da que obtemos , entre outros , sardiña e xurelo. Pola súa banda, o marisqueo , sobre todo nas Rías Baixas , proporcionanos mexillóns, nécoras , ameixas, percebes....etc.

A COSTA NORTE : RÍAS ALTAS E CABOS

O cabo Estaca de Bares , situado ao límite norte da Península Ibérica , é a referencia xeográfica que separa as vertentes atlántica e cantábrica

A COSTA OCCIDENTAL RÍAS BAIXAS E CABOS

AS ILLAS

Diferentes arquipélagos salpican a xeografía costeira galega destacando o das Sisargas nas Rías Altas e os de Cortegada, Sálvora , Ons e Cíes nas Rías Baixas.

OOOS RÍOS DE

GALICIA

ÍNDICE

• Os ríos : conceptos • Os ríos de Galicia : * Características xerais. * A vertente atlántica * A vertente cantábrica * O aproveitamento dos ríos. * Mapas * O Miño cara ao atlántico.

OS RÍOS Conceptos

Afluente: Corrente de auga que desemboca nun río Caudal: Cantidade de auga que leva un río . Cunca: Zona que verte as augas a un río Curso alto: Tramo do río no que hai unha forte actividade de arrastre de materiais Curso baixo: Tramo do río no que se van depositando os materiais transportados Curso medio: Tramo do río no que que domina actividade de transporte de materiais Delta: Illa ou conxunto de illas que conforman un triángulo na desembocadura dun río entre os brazos deste. Esteiro: Lugar onde desemboca unha corrente de auga no mar de modo que forma un golfo Ría: Entrada prolongada do mar na terra asolagando a parte final dun río Río: Corrente de auga que desemboca no mar ou noutro río . Vertente: Conxunto de terras con augas que van parar ó mesmo mar.

Os ríos de Galicia

Características xerais.

Os ríos de Galicia son cortos e caudalosos , xa que o clima oceánico propicia un réxime de chuvias , en xeral constante , ao longo do ano . Os ríos que discurren en dirección leste-oeste , son os da vertente atlántica . Entre eles están os seguintes : Miño, Tambre, Ulla , Anllóns, Oitavén , Xallas , Eume Mandeo e Lérez Os ríos que discurren en dirección sur-norte son os da vertente cantábrica . Entre eles están os seguintes : Sor , Eo e Landro .

O aproveitamento dos ríos.

Os principais aproveitamentos dos ríos en Galicia son a produción de enerxía hidroeléctrica , a pesca fluvial e o rego. Galicia é unha das maiores produtoras de enerxía eléctrica de España . Sendo os encoros as construcións que permiten este aproveitamento. Outros usos que teñen certa tradición secular é a dos muiños , para poder moer o gran. E nalgunhas zonas como vía de comunicación.

Ríos de Galicia

Observa neste mapa as diferentes formacións montañosas que sirven de base para o nacemento dos ríos. Nalgúns casos ,como os do norte , son ríos de poucos Kilómetros de lonxitude , pero de caudal constante todo o ano.

RÍOS DE GALICIA

Nacemento Desembocadura Lonxitude / Kmts Río Anllóns Monte Xalo.Serra de Océano Atlántico .Ría de 54 Montemaior Corme e Laxe

Río Tambre Montes de Océano Atlántico Ría de 134 Bocelo Muros e Noia Océano Atlántico .Ría de Río Eume Serra do Xistral 80 Ares Mar Cantábrico. Praia de Río Landro Serra do Xistral 42 Covas Río Lérez Monte de San Bieito Océano Atlántico.Ría de 62 (Serra do Candán) Pontevedra Río Miño Serra de Meira Océano Atlántico .A 310 Guarda Río Ulla Fonte de Ulla . Antas Océano Atlántico .Ría de 132 de Ulla Arosa Océano Atlántico.Ría de Río Xallas Coristanco 65 Ézaro

Encoros de Galicia De norte a sur e de leste a oeste os encoros esténdense pola superficie galega , xerando unha importante cantidade de enerxía eléctrica.

As cuncas dos ríos galegos

A cunca do complexo fluvial Miño-Sil ocupa unha gran parte da superficie do territorio galego . A menor escala están as cuncas do Ulla e do Tambre

O río Miño cara ao Atlántico .

Observa este debuxo que amosa , a groso modo, a inclinación do bloque de relevo de Galicia e que te pode explicar un feito como que a maioría dos ríos galegos , ao igual que o río Miño , van na dirección este - oeste .

Os ríos buscan o seu percorrido sorteando montañas e buscando as zonas baixas e , simultaneamente , erosionando o terreno , nunha actividade feita ao longo de miles de anos.

O CLIMA DE

GALICIA

O CLIMA .

Conceptos.

Alustrar: Caér lostregos , lostregar . Arroiar : Chover con moita forza sen parar . Clima: é o tempo que fai nun lugar determinado ao longo dun período Elementos do clima: son a temperatura e as precipitacións . Invernía: Tempo frío e chuvioso , propio do inverno. Precipitacións : A neve , a sarabia e a chuvia o son Precipitacións anuais : son a suma das precipitacións mensuais. Sarabia: Auga conxelada en forma de grans. Temperatura máxima : é a temperatura máis alta dun lugar . Temperatura media anual: é a suma das temperaturas medias dos doce meses e dividida entre doce. Temporal : Chuvia forte con moito vento

O clima de Galicia

O clima de Galicia é temperado – nin moi frío nin moi cálido - e moi húmido , pola proximidade do mar. O tipo climático predominante e o oceánico .

Factores do clima : A proximidade do mar e as montañas A cercanía do océano condiciona a presencia de abundantes masas nubosas que proceden de alí , e que xeran abundantes precipitacións. Por outra parte tamén inflúe a altitude , xa que canto máis alto e o relevo máis fría e a temperatura . Pola diferente influencia do océano e pola presencia ou non de altas montañas distinguinos catro variedades do clima en Galicia

Clima oceánico típico. Dáse na costa .As temperaturas son suaves e as chuvias abundantes . Clima oceánico interior. Dase no interior das provincias de Lugo e Ourense. Menos chuvias ca na costa e temperatuas cálidas en verán e frías no inverno. Clima oceánico de matiz mediterraneo. Nos vales do Miño e o Sil . Precipitacións baixas e temperaturas altas no verán. Clima de montaña: Nas Serras Orientais . Temperaturas moi frías no inverno e suaves no verán.

Variedades climáticas de Galicia

Precipitacións anuais

A influencia do océano no clima de Galicia

Como pódes ver no mapa de arriba as borrascas , sinaladas cunha B , se orixinan de xeito frecuente nesta parte do océano e se desplazan cara as costas de Europa . Son masas de aire moi húmidas e que por tanto traen moitas precipitacións . Sendo a costa galega pola sua situación na península ibérica o primeiro lugar da penúnsula e en moitas ocasións o primeiro de Europa.

Instrumentos de medición do clima

Termómetro: serve para medila temperatura

Barómetro: serve para medila presión do aire

Catavento: serve para medila dirección do vento

Pluviómetro: Serve para medila cantidade de precipitacións

Anemómetro: serve para medila forza do vento

Higrómetro: serve para medila humidade dun sitio.

CLIMOGRAMAS

CLIMOGRAMAS

Un climograma é un gráfico que representa os datos de temperaturas medias e de precipitacións totais que se rexistraron nun lugar concreto durante un período de tempo, normalmente un ano.

Elaboramos un climograma

Un climograma está composto por tres eixes, un horizontal e dous verticais: • No eixe horizontal sitúanse os doce meses do ano. • Nun eixe vertical sitúanse as temperaturas, en graos centígrados (°C). As temperaturas represéntanse cunha liña. • Noutro eixe vertical colocanse as precipitacións, en milímetros (mm). As precipitacións represéntanse en forma de barras e a temperatura nunha liña continua. Comparando climogramas de diversas cidades podes deducir que cidade e máis chuviosa que outra e onde teñen unha temperatura media máis alta ou baixa que outra.

Exemplo de climograma da Coruña . A taboa ao lado do gráfico indica os valores numéricos das temperaturas e precipitacións que despois aparecen reflectidas nese gráfico .

A FAUNA E A VEXETACIÓN DE GALICIA

A fauna de Galicia

En Galicia existe unha importante diversidade de fauna salvaxe .

A fauna das serras

Nos bosques das montañas hai mamíferos grandes como o gamo, o corzo e o lobo, e outros máis pequenos como son o leirón, a marta e a garduña.

Aves representativas desta zona son as de rapina, como a aguia real e a aguia cobreira, e paxaros como os petos reais, etc.

A fauna da costa A costa galega ten unha fauna diversa en función dos diferentes ecosistemas: * Nas lagoas costeiras podemos ver aves como as garzas reais, as garzas cinsentas, os cullereiros, os parrulos e as galiñolas. * Nos cantís viven aves mariñas como as gaivotas, os corvos marinos, as pardelas, os mascatos e os paíños. * Nas praias habitan aves como a gabita e a píllara. A fauna piscícola con peixes como a anguía, o salmón e a saboga é importante nos esteiros

A fauna do interior O resto do territorio galego manten unha fauna aínda abundante. Algunhas das especies animais que salientan son o coello, a lebre, o raposo, o ourizo cacho , a perdiz, a troita e o barbo.

Animais en perigo de extinción

A caza ilegal, a destrución de hábitats ou a introdución de especies doutros lugares son factores que poñen en perigo de extinción a especies animais que habitan na nosa Comunidade . Son mamíferos como o oso, de presenza escasa, con algún exemplar na Serra dos Ancares , aves como a pita do monte, case extinguida por mor da caza furtiva, ou de invertebrados como o cangrexo de río autóctono , tamén en situación de desaparición .

Fauna galega

Mamíferos

lobo castelán inglés francés lobo wolf loup

Clasificación científica Reino: Animalia Filo: Chordata Clase: Mammalia Orde: Carnivora Familia: Canidae Xénero: Canis Nome científico Canis lupus

castelán inglés francés corzo corzo roe-deer chevreuil

Clasificación científica

Reino: Animalia Filo: Chordata Clase: Mammalia Orde: Artiodactyla Familia: Cervidae Xénero: Capreolus Especie: C. capreolus

Nome científico

Capreolus capreolus

garduña castelán inglés francés garduña beech fouine marten

Clasificación científica Reino: Animalia Filo: Chordata Subfilo: Vertebrata Clase: Mammalia Orde: Carnivora Suborde: Caniformia Familia: Mustelidae Xénero: Martes

Nome científico

castelán inglés francés gamo gamo fallow deer daim

Clasificación científica

Reino: Animalia Filo: Chordata Clase: Mammalia Orde: Artiodactyla Familia: Cervidae Xénero: Dama Especie: D. dama

Nome científico

Dama dama

leirón castelán inglés francés

lirón dormouse loir

Clasificación científica Reino: Animalia Filo: Chordata Clase: Mammalia Orde: Rodentia Familia: Gliridae Xénero: Eliomys Nome científico Elyomis quercinus

ourizo cacho castelán inglés francés erizo hedgehog hérisson

Clasificación científica

Reino: Animalia Filo: Chordata Clase: Mammalia Orde: Erinaceomorpha Familia: Erinaceidae Subfamilia: Erinaceinae Xénero: Erinaceus

Nome científico

Erinaceus europaeus

castelán inglés francés raposo zorro fox renard

Clasificación científica

Reino: Animalia Filo: Chordata Clase: Mammalia Orde: Carnivora Suborde: Caniformia Familia: Canidae Xénero: Vulpes Especie: V. vulpes

Nome científico

Vulpes vulpes

teixugo castelán inglés francés tejón badger blaireau

Clasificación científica

Reino: Animalia Filo: Chordata Subfilo: Vertebrata Clase: Mammalia Orde: Carnivora Familia: Mustelidae Xénero: Meles Especie: M. meles

Nome científico

Meles meles

Aves

garza cincenta castelán inglés francés garza great blue grand azulada heron héron

Clasificación científica Reino: Animalia Filo: Chordata Clase: Aves Orde: Pelecaniformes Familia Ardeidae Xénero Ardea

Nome científico Ardea herodias

aguia real castelán inglés francés águila golden aigle real eagle royal

Clasificación científica Reino: Animalia Filo: Chordata Clase: Aves Orde: Falconiformes Familia: Accipitridae Xénero: Aquila Nome científico Aquila chrysaetos

corvo mariño castelán inglés francés cormorán cormorant cormoran

Clasificación científica

Reino: Animalia Filo: Chordata Clase: Aves Orde: Pelecaniformes Familia: Phalacrocoracidae Xénero: Phalacrocorax Nome científico Phalacrocórax carbo

cullereiro castelán inglés francés espátula eurasian spatule spoonbill blanche

Clasificación científica Reino: Animalia Filo: Chordata Clase: Aves Orde: Pelecaniformes Familia: Threskiornithidae Xénero: Platalea Nome científico Platalea leucorodia

gaivota clara castelán inglés francés gaviota herring goéland argéntea gull argenté

Clasificación científica Reino: Animalia Filo: Chordata Clase: Aves Orde: caradriformes Familia: Laridae Xénero: Larus Nome científico Larus argentatus

garza real castelán inglés francés garza grey héron real heron cendré

Clasificación científica Reino: Animalia Filo: Chordata Clase: Aves Orde: Ciconiiformes Familia: Ardeidae Xénero: Ardea Nome científico Ardea cinerea

mascato castelán inglés francés alcatraz gannet fou de bassan

Clasificación científica

Reino: Animalia Filo: Chordata Clase: Aves Orde: Pelecaniformes Familia: Sulidae Xénero: Morus

Especie: M. bassanus Nome científico

Morus bassanus

paiño europeo castelán inglés francés paíño european océanite europeo storm- tempête petrel

Clasificación científica Reino: Animalia Filo: Chordata Clase: Aves Orde: Procellariiformes Familia: Hydrobatidae Xénero: Hydrobates Nome científico Hydrobates pelagicus

pardela cincenta castelán inglés francés pardela Cory's puffin grande Shearwate cendré

Clasificación científica

Reino: Animalia Filo: Chordata Clase: Aves Orde: Procellariiformes Familia: Procellariidae Xénero: Calonectris Especie: C. diomedea Nome científico

Calonectris diomedea

pita do monte castelán inglés francés urogallo heath-cock coq de bruyère

Clasificación científica Reino: Animalia Filo: Chordata Clase: Aves Orde: Galliformes Familia: Tetraonide Xénero: Tetrao Nome científico Tetrao urogallus

A vexetación de Galicia

A vexetación característica de Galicia é o bosque atlántico. Nel atopamos castiñeiros, bidueiros e ameneiros ainda que a árbore máis representativa do bosque atlántico é o carballo. As matogueiras deste bosque están formadas por fieitos, breixos, toxos e xestas. O carballo podemos atopalo en bosques case exclusivos del ( carballeiras) ou mesturado con outras árbores, dando lugar a unha fraga.

En termos xerais podemos distinguir dous grandes zonas de vexetación en Galicia * Zona de vexetación de serras .Nas serras máis altas a vexetación natural está mellor conservada . Aquí podemos ver bosques de piñeiro silvestre, castiñeiro e rebolo. Os soutos , que son bosques de castiñeiros . podemos atopalos nos vales do Sil e do Miño . A devesa é tamén característica desta zona , esencialmente é un bosque mixto composto de faias e doutras árbores . No monte baixo destas zonas atópanse breixos, xestas loucas e piornos.

* Zona de vexetación transformada. A acción do home modificou intensamente a vexetación natural de moitas zonas e de diferentes maneiras . Bosques transformados en prados e leiras . Bosques autóctonos foron substituidos por especies máis rendibles económicamente como o é o piñeiro e o eucalipto. Ainda así nesta zona este tipo de vexetación altérnase con pequenas formacións de bosques autóctonos como as carballeiras

A vexetación de montaña É caracteristico das zonas de montaña a ubicación da vexetación en diferentes niveis de altura . Así por exemplo , nas Serras Centrais , no nivel dos metros están as arandeiras , pasados os 500 metros vemos os carballos , a partir dos 1000 metros é o cerqueiro , e o bidueiro aparece xa no nivel dos 1500 metros

Zonas de vexetación de Galicia

A vexetación de Galicia

Árbores e follas

bidueiro castelán inglés francés abedul birch bouleau

Clasificación científica

Reino: Plantae División: Magnoliophyta Clase: Magnoliopsida Orde: Fagales Familia: Betulaceae Xénero: Betula Especie: B. pubescens

Nome binomial

Betula pubescens castiñeiro castelán inglés francés castaño tree châtaignier

Clasificación científica

Reino: Plantae División: Magnoliophyta Clase: Magnoliopsida Orde: Fagales Familia: Fagaceae Xénero: Castanea Especie: C. sativa

Nome binomial Castanea sativa ameneiro castelán inglés francés aliso alder-tree aune

Clasificación científica Reino: Plantae Filo: Magnoliophyta Clase: Magnoliopsida Orde: Fagales Familia: Betulaceae Xénero: Alnus Nome científico Alnus glutinosa

faia castelán inglés francés haya beech-tree hétre

Clasificación científica

Reino: Plantae División: Magnoliophyta Clase: Magnoliopsida Orde: Fagales Familia: Fagaceae Xénero: Fagus

Nome científico

Fagus sylvatica

carballo castelán inglés francés roble oak tree rouvre

Clasificación científica

Reino: Plantae Filo: Magnoliophyta Clase: Magnoliopsida Orde: Fagales Familia: Fagaceae Xénero: Quercus Nome científico Quercus robur

Arbustos e outras plantas

toxo castelán inglés francés tojo gorse ajonc

Clasificación científica Reino: Plantae División: Magnoliophyta Clase: Magnoliopsida Orde: Fabales Familia: Fabaceae Xénero: Ulex Nome científico Ulex europaeus

fieito castelán inglés francés helecho fern fougères

Clasificación científica Reino: Plantae División: Pteridophyta Nome científico

Pteridophyta

xesta castelán inglés francés retama broom genêt

Clasificación científica Reino: Plantae División: Magnoliophyta Clase: Magnoliopsida Orde: Fabales Familia: Fabaceae Xénero: Cytisus Nome científico Citysus scoparius

piorno castelán inglés francés piorno Spanish genêt broom purgatif

Clasificación científica

Reino: Plantae

División: Magnoliophyta

Clase: Magnoliopsida

Familia: Fabaceae

Xénero:: Cytisus

Nome científico

Cytisus purgans breixo castelán inglés francés brezo heather bruyère

Clasificación científica

Reino: Plantae

División: Magnoliophyta

Clase: Magnoliopsida

Orde: Ericales

Xénero: Calluna

Nome científico

Calluna vulgaris

ESPAZOSESPAZOS NATURAIS PROTEXIDOS DEDEDE GALICIA

A protección do noso medio natural

No territorio de Galicia teñen cabida unha grande diversidade de ecosistemas grazas á súa posición xeográfica o seu relevo e clima Para a protección deses ecosistemmas fundouse a Rede Galega de Espazos Naturais Protexidos , que representa máis do 12% da superficie total galega. Nela recóllense aqueles espazos naturais de gran valor paisaxístico e ecolóxico, nos que se debe protexer a fauna e a vexetación propias da Comunidade.

Os espazos naturais protexidos están repartidos en diferentes categorías e así temos :

• Os Parques Nacionais son áreas naturais cuns valores ecolóxicos, estéticos e científicos que merecen unha atención preferente e son de interese xeral. Destaca o Parque Nacional Marítimo e Terrestre das Illas Atlánticas.

• Os Parques Naturais son áreas con paisaxes de gran beleza que posúen uns ecosistemas, unha fauna e unha flora singulares que requiren protección. Son os seguintes :

• Baixa Limia-Serra do Xurés. • Fragas do Eume • Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carrexal e Vixán • O Invernadeiro • O Monte Aloia • A serra da Enciña da Lastra

• Os Monumentos Naturais son lugares que representan algún elemento de tipo xeolóxico, paisaxístico ou biolóxico que se debe conservar. Son os seguintes :

• A Praia das Catedrais. • O Souto da Retorta • O Souto de Rozabales • A Fraga de Catasós • A Costa de Dexo • A Pena Corneira • A Carballa da Rocha

• Os humedais son zonas da superficie terrestre que están inundadas de maneira permanente ou intermitentemente e nas que se da un ecosistema específico distinto dos puramente acuáticos ou terrestres , de aí que requiran unha especial protección . Son os seguintes :

• A Ría de Ribadeo • A Lagoa e Areal de Valdoviño • O Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carrexal e Vixán • O Complexo intermareal Umia - O Grove, A Lanzada, punta Carreirón e lagoa Bodeira • A Ría de Ortigueira e Ladrido

Parque Nacional Marítimo e Terrestre das Illas Atlánticas.

Parque que consta de 4 arquipélagos situados nas Rías Baixas : Illas Cíes, Ons , Sálvora e Cortegada . Neste parque albérganse ecosistemas singularmente importantes para a protección de moitas aves mariñas que aquí fan os seus niños e pasan parte do ano .

Parque Nacional e Parques Naturais de Galicia

Monumentos Naturais de Galicia