INFORMACIÓN AOS MEDIOS

A AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE CHAMA A DOAR Á CIDADANÍA, ESPECIALMENTE AOS GRUPOS A POSITIVO E A NEGATIVO

• Diariamente, os hospitais galegos precisan 500 doazóns diarias para levar a cabo axeitadamente o seu labor asistencial

Santiago de Compostela, martes 17 de xullo de 2018.- A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), fai un chamamento á doazón da cidadanía e, moi especialmente, aos grupos sanguíneos A Positivo e A Negativo. As reservas destes dous grupos presentan niveis baixos, polo que resulta preciso reforzar o permanente chamamento á participación nas campañas de doazón que fai a Consellería de Sanidade por medio de ADOS. Cómpre lembrar que os hospitais galegos precisan 500 doazóns diarias para levar a cabo axeitadamente o seu labor asistencial.

A dirección da Axencia convida ás galegas e galegos a continuar amosando neste período vacacional o seu carácter solidario para incrementar o numero de doazóns de sangue durante este mes de xullo, así como no resto do período estival.

Facilitar a participación ADOS agarda, novamente, contar coa participación dos cidadáns e, para iso, ofrecerá as máximas facilidades para doar, mediante o desprazamento de dez unidades móbiles que efectuarán as seguintes visitas:

DATA CONCELLOS Martes 17 de Praza España (Ferrol), O Burgo (Culleredo), Zona Monelos Castrillón (A xullo Coruña), Praza Roja (Santiago), Freixo e Cruceiro de Roo (Outes), Monforte, Esgos, , Beade, , Conservas Pescamar (), Agolada, Tui e Zona As Travesas () Mércores 18 de Miño, Carral, Fonteculler (Culleredo), Arzúa, Area Central-Fontiñas xullo (Santiago), Padrón, Sarria, , Tui e Barrio de Teis (Vigo) Xoves 19 de Paderne, Zara-Loxística (Arteixo), (Culleredo), Arzúa, Area xullo Central-Fontiñas (Santiago), Padrón, Chantada, San Xoan de Rio, Parada do Sil, , e Alcampo-Coia e Zona Travesía de Vigo (Vigo) Venres 20 de Ortigueira, Zara-Loxística (Arteixo), Zona Gaiteira-Os Castro (A xullo Coruña), Rianxo, Sigüeiro (Oroso), Praza Maior (Lugo), Vilariño de Conso, Melón, Gondomar, e Rúa Príncipe (Vigo) Sábado 21 de Ortigueira, Zona Gaiteira-Os Castros (A Coruña), Rianxo, Arnoia e xullo Gondomar

Ademais, tamén existe a posibilidade de doar sangue nos locais de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas.

Gabinete de Comunicación da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue Avda. Monte da Condesa s/n - 15706 Santiago de Compostela Teléfono: 881546900 - Fax: 981593151 Correo-e: [email protected]

LUGAR HORARIO COMPLEXO HOSPITALARIO Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas UNIVERSITARIO DE SANTIAGO Sábados das 8.00 ás 15.00 horas (Santiago) COMPLEXO HOSPITALARIO Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas UNIVERSITARIO DA CORUÑA (A Sábados das 8.00 ás 15.00 horas Coruña) HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE Luns e venres das 8.00 ás 22.00 horas (Ferrol) Martes, mércores e xoves das 15.00 ás 22.00 horas HOSPITAL LUCUS AUGUSTI (Lugo) Luns e venres das 8.00 ás 22.00 horas Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas COMPLEXO HOSPITALARIO DE Luns a venres das 8.00 ás 15.00 horas (Ourense) HOSPITAL PROVINCIAL () Luns e venres das 08.00 ás 15.00 horas

HOSPITAL NICOLÁS PEÑA (Vigo) Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas Sábados das 8.00 ás 15.00 horas

Doar: moi sinxelo Pode doar sangue calquera persoa de máis de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue (VIH, hepatite B ou C,...). A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e, mesmo, salvar a súa vida.

Para máis información, a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue dispón da páxina web: ados.sergas.es, ás páxinas de ADOS en redes sociais e tamén é posible chamar ao teléfono gratuíto para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles: 900 100 828

SAÚDOS, GABINETE DE COMUNICACIÓN DA AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE

Gabinete de Comunicación da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue Avda. Monte da Condesa s/n - 15706 Santiago de Compostela Teléfono: 881546900 - Fax: 981593151 Correo-e: [email protected]