NORMAS ARTICULADORAS DO CONGRESO DE CC .OO . DE INDUSTRIA – (ANEXO ORGANIZATIVO )

NOTA PREVIA

O II Congreso de CC.OO. de Industria - Galicia realízase no marco do XI Congreso da Confederación Sindical de CC.OO. e no do II Congreso de CC.OO. de Industria, artellado e regulado por iso dentro das normas xerais aprobadas polo Consejo Confederal do 11 de xullo pasado e tamén polas aprobadas polo Consejo Federal de CC.OO. de Industria do 29 de setembro. Respectando as liñas básicas destes documentos xerais, cómpre tamén incorporar aspectos específicos para regular o noso proceso congresual que, loxicamente, non se inclúen nas normativas nin confederais nin federais.

II CONGRESO DE CC.OO. DE INDUSTRIA - GALICIA

1.- II Congreso de CC.OO. de Industria - Galicia

1.1. Sobre o calendario temporal e o lugar

Celebrarase o día 29 de marzo de 2017 en .

1.2. Sobre o contido básico

Balances da actividade realizada polas distintas secretarías e propostas e perspectivas de traballo no ámbito de CC.OO. de Industria - Galicia.

Debate sobre os relatorios emitidos por CC.OO. de Industria, polo Sindicato Nacional de CC.OO. de Galicia e máis pola Confederación Sindical de CC.OO.

1.3. Sobre o contido electoral (elección de órganos de dirección e das delegacións que asistan ao II Congreso de CC.OO. de Industria e ao XI Congreso do Sindicato Nacional de CC.OO. de Galicia)

O Congreso estará composto por 130 membros. Dado que este total supera nun 4 % o umbral máximo recollido no Anexo I das Normas da Confederación (125), o Consello Nacional de CC.OO. de Industria – Galicia fará unha solicitude de ampliación á Secretaría de Organización da Federación Estatal, co argumento de que a integración realizada entre dúas organizacións en 2016 imposibilita reducir máis os membros das delegacións.

Asistirá ademais unha delegación de invitados e invitadas.

Para reclamacións e impugnacións estarase ao que recolle o Capítulo VI das Normas Reguladoras do II Congreso de CC.OO. de Industria, en concreto, ao recollido nos artigos 1 e 2 – NIVEL I / NIVEL II / NIVEL III.

A efectos de atender en primeira instancia posibles impugnacións relacionadas co proceso congresual, establécese unha Comisión de Interpretación de Normas de Nivel IV . A devandita Comisión está formada polos seguintes membros da Comisión Ejecutiva Federal, por designación expresa do Consejo Federal de CC.OO. de Industria. Son os compañeiros / as:

• • •

2 NORMAS ARTICULADORAS DO CONGRESO DE CC .OO . DE INDUSTRIA – GALICIA (ANEXO ORGANIZATIVO )

Contra as decisións desta Comisión, os afiliados e afiliadas poderán interpor Recurso en segunda instancia perante a Comisión Confederal de Interpretación de Normas , en prazo de dous días unha vez recibida constancia por parte do afiliado ou afiliada da decisión.

As delegacións comarcais asistentes ao Congreso serán as seguintes: , , A Coruña, Arousa – , Ourense – , , – A Barbanza e A Mariña.

A distribución de delegados e delegadas por comarcas respectará os seguintes criterios:

• Serán membros natos e natas da Comisión Executiva saínte 13 delegados e delegadas ao Congreso. A Comisión Executiva actual de Industria ten 14 membros.

• O reparto dos delegados e delegadas restantes farase por aplicación da media aritmética das cotas ingresadas por cada unha das organizacións nos 48 meses que compoñen o período congresual (entre xaneiro de 2012 e decembro de 2015).

Tendo en conta estes criterios previos, o reparto das distintas delegacións será o que a seguir se indica:

DELEGACIÓN MEDIA COTAS DELEGADAS / OS RANGO MEMBROS CONGRESO S.C. VIGO 4.036 34 88 - 110 FERROL 3.171 27 66 - 88 A CORUÑA 2.346 20 44 - 66 AROUSA - PONTEVEDRA 979 8 17 - 22 OURENSE - VALDEORRAS 949 8 17 - 22 LUGO 915 8 17 - 22 SANTIAGO - A BARBANZA 888 8 17 - 22 A MARIÑA 531 4 11 - 17 COMISIÓN EXECUTIVA 13

TOTAL FEDERAL 13.815 130

As organizacións terán un prazo de 15 días para reclamacións sobre as cotizacións que aquí figuran.

As persoas elixidas para asistiren ao Congreso acreditarán, ben individualmente, ben pola organización de orixe, estar ao corrente do pagamento das cotas o 30 de xuño de 2016. De xeito excepcional, contemplaranse situacións peculiares relacionadas con ERE’s ou empresas en concurso de acredores.

3 NORMAS ARTICULADORAS DO CONGRESO DE CC .OO . DE INDUSTRIA – GALICIA (ANEXO ORGANIZATIVO )

1.4. Sobre a Presidencia do Congreso

Na sesión de apertura, un voceiro da Comisión Executiva dará lectura ao Regulamento do Congreso para a súa aprobación e da composición da Mesa de Presidencia designada segundo o criterio que a seguir se indica: o Unha persoa de cada unha das catro organizacións de maior media de cotizantes. o Tres persoas da Comisión Executiva.

A Presidencia terá a función de moderar os debates, ler as propostas de resolución, establecer os tempos para as distintas intervencións e someter a votación as distintas alternativas.

A Mesa de Presidencia elixirá entre os seus compoñentes un Presidente ou Presidenta que se encargará de dirixir os debates e dous Secretarios ou Secretarias que levantarán Acta das sesións. De ser necesario, a Mesa de Presidencia asumirá tamén as funcións de Comisión de Resolucións.

Para apoiar o desenvolvemento do seu traballo, existirá tamén unha Comisión Técnica formada polas persoas necesarias.

1.5. Sobre a Comisión de Credenciais

Estará composta pola Comisión Técnica do Congreso. Levantará acta dos seus traballos e informará sobre o número de asistentes e a súa composición por organizacións, por sexos e por idades, así como sobre aquelas incidencias dignas de ser consideradas, das que informará pormenorizadamente á Presidencia do Congreso.

A Mesa Presidencial, en pleno uso das súas funcións, dirimirá os posibles conflitos ao respecto.

1.6. Sobre a Comisión Electoral

Estará formada por un representante de cada un dos Sindicatos Comarcais constituídos e dous membros da Comisión Executiva saínte.

Elixirá entre os seus membros un Presidente ou Presidenta, quen dirixirá e ordenará os debates e actuará de voceiro ante o Plenario. Tamén elixirá un Secretario ou Secretaria que levantará Acta e entregará as propostas de candidatura á Comisión Electoral dentro dos prazos que marque o plan de traballo.

A Comisión Electoral recibirá propostas da Comisión Executiva, dos Sindicatos Comarcais constituídos e de calquera colectivo de delegados ou delegadas, sempre e cando sume o 10% das persoas asistentes ao Congreso. Ningún delegado nin delegada poderá avalar coa súa sinatura máis ca unha candidatura.

Será condición inescusable para integrar unha candidatura aportar por escrito a conformidade a formar parte da mesma, así coma o número do documento de identidade e o Sindicato Comarcal de procedencia. Ademais, de non seren membros do Congreso os candidatos ou candidatas, tamén se lles esixirá fotocopia do DNI ou documento análogo que acredite a súa identidade.

4 NORMAS ARTICULADORAS DO CONGRESO DE CC .OO . DE INDUSTRIA – GALICIA (ANEXO ORGANIZATIVO )

O traballo da Comisión Electoral estará presidido pola vontade de presentar ao Plenario unha candidatura unitaria. Se isto non fose posible, presentará ao Plenario a candidatura proposta pola maioría da Comisión, así como as que estean avaladas cando menos polo 10% dos delegados e delegadas asistentes ao Congreso. As candidaturas serán votadas en listas pechadas.

O traballo da Comisión Electoral será presentado ante o plenario, garantindo sempre a presenza de todos os sectores que compoñen a organización, así como da mocidade e das mulleres consonte as normas de CC.OO. de Industria.

1.7. Sobre o desenvolvemento do Congreso

O Congreso discorrerá de acordo co plan de traballo, o regulamento aprobado e as modificacións que poida introducir a Mesa da Presidencia.

As modificacións ou achegas dos debates dos distintos relatorios serán votadas globalmente por capítulos concretos. Cada delegación establecida por estas normas dispoñerá dun tempo para a exposición das propostas acordadas aos distintos relatorios, en cada un dos capítulos nos que dividirán os relatorios, e o tempo das intervencións repartirase proporcionalmente entre maioría e minorías das houber. Nos debates poderán intervir máis dun integrante das maiorías ou minorías, sempre que non excedan o tempo establecido.

O debate dos estatutos realizarase artigo por artigo: corresponderá a defensa das achegas ou emendas a quen as presente e a defensa dos Estatutos a quen designe a Comisión Executiva Federal.

Os distintos debates realizaranse en plenario. O Presidente ou Presidenta exporá claramente as opcións sobre as que haberán de se pronunciar os delegados e delegadas, pedindo sucesivamente votos a favor, en contra e abstencións.

Posteriormente, e sen paralizar a marcha do Congreso, iranse expoñendo os resultados das distintas votacións.

Do Congreso levantarase acta que conterá: os textos dos temas debatidos, as propostas de modificacións dos textos mencionados, as eventuais resolucións e os resultados das votacións. A devandita Acta enviarase no prazo máximo de tres días ás Secretarías de Organización de CC.OO. de Industria e do Sindicato Nacional de CC.OO. de Galicia.

O desenvolvemento do Congreso axustarase ás normas que a Confederación Sindical de CC.OO. e máis CC.OO. de Industria teñen establecidas. En ningún caso poderán contraporse ás mesmas .

5 NORMAS ARTICULADORAS DO CONGRESO DE CC .OO . DE INDUSTRIA – GALICIA (ANEXO ORGANIZATIVO )

2.- II Congreso dos Sindicatos Comarcais de Industria

Terán o mesmo contido básico e electoral que o Congreso de CC.OO. de Industria - Galicia, co matiz de que serán previos a este e elixirán equipos de dirección e delegacións asistentes ao Congreso da Federación en Galicia e aos das súas Unións Comarcais respectivas.

2.1. Sobre o calendario temporal

Celebraranse inescusablemente entre o 13 e o 25 de Febreiro de 2017, ambos inclusive.

2.2. Sobre o contido básico

Balance de xestión e plan de actividade do sindicato.

Debate sobre os relatorios emitidos por CC.OO. de Industria, polo Sindicato Nacional de CC.OO. de Galicia e máis pola Confederación Sindical de CC.OO.

2.3. Sobre o contido electoral

Decidirán no ámbito respectivo o número de membros asistentes ao Congreso e as delegacións que o compoñen, tendo en conta as marxes expresadas nas normas de CC.OO. de Industria.

Garantirase en todo caso a presenza de delegacións das Seccións Sindicais constituídas. Unicamente a estes efectos, e sempre antes do 1 de decembro de 2016, terán delegación propia ao Congreso do Sindicato Comarcal correspondente todo grupo de afiliados e afiliadas que cumpra algunha das dúas condicións que a seguir se indican:

• Ter axeitadamente rexistrada en S.I.C. a constitución ou renovación dunha Sección Sindical no centro de traballo ao que pertenzan. • Formar parte dalgunha Sección Sindical Intercentros ou Interempresas axeitadamente rexistrada en S.I.C. e contar cun censo igual ou superior a 25 afiliados e afiliadas.

Ao respecto das delegacións, contemplarase ademais de xeito autónomo a existencia de colectivos específicos coma o de (pre)xubilados e (pre)xubiladas.

Para o resto da afiliación, inscrita en centros de traballo sen delegación propia, están previstas Asembleas Agrupadas nas distintas comarcas, sen superar nunca o censo de 600 afiliados e afiliadas (disposición vixésima do Capítulo I das Normas Generales do II Congreso de CC.OO. de Industria).

6 NORMAS ARTICULADORAS DO CONGRESO DE CC .OO . DE INDUSTRIA – GALICIA (ANEXO ORGANIZATIVO )

Os Congresos dos Sindicatos Comarcais elixirán os seus órganos de dirección (Secretaría Xeral e Comisión Executiva). Nestes Congresos elixiranse tamén as delegacións asistentes ao II Congreso de CC.OO. de Industria - Galicia e ao Congreso da Unión Comarcal correspondente.

3.- Asembleas ou Conferencias Congresuais das Seccións Sindicais

Durante o proceso congresual da Federación, as Seccións Sindicais nas que caducara o mandato da súa Comisión Executiva o 30 de Abril de 2016 ou a posteriori, deberán acometer unha Conferencia Congresual de conformidade co marco normativo e coas normas de actuación vixentes en CC.OO. de Industria. De estaren en vixencia os mandatos, será potestativo celebrar Conferencia ou limitarse a elixir a delegación que asista ao Congreso do Sindicato Comarcal correspondente nunha Asemblea Congresual.

O prazo de celebración das distintas Asembleas ou Conferencias Congresuais está situado entre os días 12 de decembro de 2016 e 31 de xaneiro de 2017, ambos inclusive.

Os Sindicatos Comarcais deberán informar á Secretaría de Organización de CC.OO. de Industria – Galicia do calendario de realización dos procesos congresuais das Seccións Sindicais constituídas e de calquera outra asemblea de elección de delegacións inscritas no seu ámbito de responsabilidade.

MATERIAIS: ELABORACIÓN, DIFUSIÓN E DISCUSIÓN

Relatorios e Estatutos de CC.OO. de Industria.

Relatorios e Estatutos do Sindicato Nacional de CC.OO. de Galicia.

Relatorios e Estatutos da Confederación Sindical de CC.OO.

Balance, propostas e perspectivas de traballo de CC.OO. de Industria - Galicia.

Os Relatorios e máis os Estatutos das tres organizacións de ámbito superior deberán estar a disposición de todas as persoas afiliadas a CC.OO. de Industria - Galicia. Para cumprir este propósito arbitraranse fórmulas mixtas que mesturen soporte papel e publicidade dos documentos nas distintas páxinas web do sindicato.

A proposta de perspectivas de traballo e o balance da Comisión Executiva saínte terá que se distribuír a todos os delegados e delegadas asistentes ao Congreso da Federación.

7 NORMAS ARTICULADORAS DO CONGRESO DE CC .OO . DE INDUSTRIA – GALICIA (ANEXO ORGANIZATIVO )

PARTICIPACIÓN DAS MULLERES

En aras ao desenvolvemento de CC.OO. coma sindicato de homes e mulleres, e coa fin de lograr a plena participación, compromiso e responsabilidade nas delegacións que corresponde elixir nas asembleas congresuais, as candidaturas nas organizacións nas que a afiliación de homes ou mulleres sexa inferior ao 30 % incorporarán como mínimo un número de homes ou mulleres proporcional ao mesmo número de afiliados e afiliadas na devandita organización incrementado nun 10 % …

As mencionadas proporcións deberán ser respectadas nas listas nos dous niveis: titulares e suplentes.

Nas Asembleas Congresuais de primeiro nivel, o número de homes e mulleres que integrarán as candidaturas para as delegacións a elixir para os outros niveis congresuais, será proporcional á afiliación de cada xénero na circunscrición congresual correspondente.

A posición nas listas dos candidatos e candidatas farase garantindo a alternancia entre homes e mulleres que nas mesmas correspondan tendo en conta as porcentaxes de afiliación da cada sexo …

A tal efecto, as estruturas sindicais, incluídas as de centro de traballo, deberán dispor, durante o proceso electoral, dos datos de afiliación (número e porcentaxe que representan sobre o total da afiliación) desagregados por xénero e idade, publicándoos xunto co censo electoral ( apartado 4 da disposición undécima das Normas Generales do II Congreso de CC.OO. de Industria).

PARTICIPACIÓN DA MOCIDADE

… Coa fin de potenciar a participación da afiliación máis nova, todas as asembleas congresuais e congresos procurarán que as candidaturas presentadas para elixir as delegacións conteñan unha representación axeitada deste colectivo ( apartado 5 da disposición trixésimocuarta. Capítulo II das Normas Generales do II Congreso de CC.OO. de Industria).

8