SOGAMA SOCIEDADE GALEGA DO MEDIO AMBIENTE VISITAS GUIADAS AO COMPLEXO MEDIOAMBIENTAL DE

ABRIL 2010

TERRANOVA Interpretación y Gestión Ambiental, S.L. Tfno: 981 173691 Fax: 981 177527 [email protected] www.terranova-sl.es SOGAMA SOCIEDADE GALEGA DO MEDIO AMBIENTE TERRANOVA Interpretación y Gestión Ambiental, S.L. 1. PRESENTACIÓN

Abril foi o mes no que máis visitantes pasaron polo Complexo Medioambiental de Cerceda (CMC). Visitáronnos máis de 600 persoas co fi n de coñecer de preto a Sociedade Galega do Medio Ambiente e afondar na xestión dos residuos urbanos en .

Contamos con vinte entidades cun perfi l moi variado, alumnos de Educación Primaria, Secundaria, universitarios e profesionais do sector.

2 SOGAMA SOCIEDADE GALEGA DO MEDIO AMBIENTE TERRANOVA Interpretación y Gestión Ambiental, S.L. 2. OBXECTIVOS

o Contribuír a un mellor coñecemento por parte da cidadanía da Sociedade Galega de Medio Ambiente e a súa labor no ámbito da xestión ambiental e máis concretamente na xestión e tratamento dos residuos urbanos.

o Fomentar o coñecemento e comprensión por parte da poboación do Sistema de Tratamento de Residuos Urbanos que leva a cabo Sogama.

o Orientar as actitudes personais na procura dunha mellora dos comportamentos ante os residuos.

o Motivar á poboación para que participe activamente na xestión dos residuos urbanos desde o consumo responsable, a prevención, a reutilización e a separación en orixe das distintas tipoloxías de materiais, incluíndo o seu correcto depósito nos distintos contenedores ubicados na vía pública.

3. VISITAS

Diferenciamos entre dous tipos de visitas: educativa e técnica. A primeira, para grupos escolares de Educación Primaria (a partir de 9 anos) e Secundaria. A segunda, para alumnado de Bacharelato, universitarios e, en xeral, maiores de idade con distintos perfís educativos e profesionais.

3 SOGAMA SOCIEDADE GALEGA DO MEDIO AMBIENTE TERRANOVA Interpretación y Gestión Ambiental, S.L. 4. VISITAS EDUCATIVAS

Estas visitas estiveron destinadas sobre todo a escolares de Educación Primaria ( a partir de 9 anos) e Secundaria. Realízáronse enn grupos dun máximo de 50 participantes. A súa duración foi de aproximadamente 1 hora e 30 minutos distribuídos do seguinte xeito:

DESCRICIÓN DA VISITA EDUCATIVA DURACIÓN

Recepción dos visitantes. 5 minutos

Breve presentación inicial no salón de actos con apoio dun power 20 minutos point.

Visualización da maqueta do Complexo Medioambiental. 5 minutos

Recordatorio das normas de seguridade e entrega dos equipos de seguridade e dos planos do Complexo Medioambiental para facilitar 5 minutos a orientación na instalación.

Visita combinada a pé e en autocar polas instalacións do CMC con paradas nos seguintes puntos:

1. Planta Automatizada de Clasificación de Envases Lixeiros 45 minutos (bolsa amarela).

2. Planta de Recepción de RU-PRTE (bolsa negra).

Regreso ó edificio de oficinas onde os visitantes cubren as enquisas 15 minutos e se lles entrega diverso material divulgativo e de merchandising.

4 SOGAMA SOCIEDADE GALEGA DO MEDIO AMBIENTE TERRANOVA Interpretación y Gestión Ambiental, S.L. 5. VISITAS TÉCNICAS

Nos mes de abril realizáronse cinco visitas de longo percorrido ou visitas técnicas. As explicacións e contidos tratados durante estas visitas foron adaptados ás características e coñecementos previos dos diferentes visitantes.

A secuencia a seguir foi a seguinte:

DESCRICIÓN VISITA TÉCNICA DURACIÓN

Recepción dos visitantes. 5 minutos

Breve presentación inicial no salón de actos con apoio dun power 20 minutos point.

Visualización da maqueta do Complexo Medioambiental. 5 minutos

Recordatorio das normas de seguridade e entrega dos equipos de seguridade e dos planos do Complexo Medioambiental para 5 minutos facilitar a orientación dos asistentes.

Visita combinada a pé e en autocar polas instalacións do CMC con paradas nos seguintes puntos:

1. Planta Automatizada de Clasificación de Envases Lixeiros 60 minutos (bolsa amarela).

2. Planta de Recepción de RU- PRTE (bolsa negra).

3. Planta de Elaboración de CDR (secadoiros)

4. Planta de Coxeneración

5. Almacén de CDR

6. Planta Termoeléctrica

Regreso ó edificio de oficinas onde os visitantes cubren as 15 minutos enquisas e se lles entrega diverso material divulgativo e de merchandising.

5 SOGAMA SOCIEDADE GALEGA DO MEDIO AMBIENTE TERRANOVA Interpretación y Gestión Ambiental, S.L. 6. ENTIDADES PARTICIPANTES

Visitas educativas:

Entidade Nº participantes Colexio Ayala‐ Narón 28 Colexio SEK Atlántico ‐ Poio 50 IES Isidro Parga Pondal ‐ 29 IES Isidro Parga Pondal ‐ Carballo 32 IES Terra de Soneira ‐ 39 CEIP Tarrio ‐ 34 CEIP Bergantiños ‐ Carballo 60 CPR Sagrado Corazón ‐ Ferrol 32 CEIP Veleiro Docampo ‐ Castro de Rei 26 4º Ciclo da USC ‐ Santiago 16 CEIP Emilio Navasqués – Serra de Outes 19 IES Illa de Arousa – Illa de Arousa 20 CEIP Ramón Falcón – Castro de Rei 19 CIP Rodeiro ‐ Rodeiro 42 IES Conde de Fenosa ‐ Ares 34 TOTAL 480

Visitas técnicas:

Entidade Nº participantes IES Espiñeira‐ 34 Consultoría Integra‐ A Coruña e Italia 4 Master en Ciencia e Tecnoloxía UDC ‐ A Coruña 12 Facultade de Bioloxia USC ‐ Santiago 32 Escola Técnica Superior de Enxeñería ‐ Vigo 28 TOTAL 110

Visitas ás Plantas de Transferencia:

Entidade Nº participantes Enxeñería Técnica Industrial ‐ Vigo 20 TOTAL 20

Durante este mes pasaron pola instalación 610 visitantes de diferentes idades e procedencia. A diversidade de grupos que visitaron as instalacións do CMC deixan constancia unha vez máis de que se trata dunha visita atractiva para todos os públicos.

6 SOGAMA SOCIEDADE GALEGA DO MEDIO AMBIENTE TERRANOVA Interpretación y Gestión Ambiental, S.L. 7. ORGANIZACIÓN DOS GRUPOS.

O número máximo de participantes de cada visita seguíu a ser de 50 para as visitas educativas e 20 para as visitas técnicas.

Ademáis, para unha visita máis personalizada, nas vistas educativas cada 25 participantes foron acompañados por un educador-guía.

8. VALORACIÓN DAS VISITAS.

Igual que en meses anteriores entregáronselle ós visitantes os cuestionarios para valorar a actividade. Algúns dos visitantes levaron os cuestionarios para cubrir e remitíronos por correo. 9. VALORACIÓN DOS VISITANTES.

Seguindo ca dinámica de meses anteriores, entregouse un cuestionario ós visitantes do Complexo Medioambiental de Cerceda, para que avaliasen e opinasen sobre a visita realizada.

Para un mellor tratamento dos datos entregáronse diferentes modelos de cuestionarios segundo os destinatarios:

1. Cuestionarios para visitantes de Educación Primaria. De 9 a 12 anos.

2. Cuestionarios para visitantes de Educación Secundaria. De 13 a 16 anos.

3. Cuestionarios para alumnos de bacharelato, universitarios e adultos en xeral. De 16 anos en diante.

4. Cuestionario para os responsables da entidade visitante. Profesores, coordinadores, presidentes de asociacións...

5. Cuestionario para as guías da visita.

Nas seguintes páxinas expóñense con detalle todos os datos obtidos dos cuestionarios cubertos por todos os visitantes deste mes. Aparecen refl exados os datos recollidos das avaliacións dos estudantes de Educación Secundaria e visitantes adultos.

7 SOGAMA SOCIEDADE GALEGA DO MEDIO AMBIENTE TERRANOVA Interpretación y Gestión Ambiental, S.L.

9.1. PERFIL DOS VISITAN- TES.

Os visitantes do mes de abril eran na súa maior parte adolescentes e mozos. A maioría dos participantes nas visitas tiñan entre 12 e 15 anos.

O Complexo Medioambiental de Cerceda segue a ser visitado tanto por homes como por mulleres, aínda que durante este mes foi algo máis numeroso o sexo feminino.

8 SOGAMA SOCIEDADE GALEGA DO MEDIO AMBIENTE TERRANOVA Interpretación y Gestión Ambiental, S.L.

Os estudantes de Educación Secundaria foron o colectivo máis numeroso durante este período, aínda que tamén contamos con alumnos/as de educación primaria e universitarios.

A maior parte dos visitantes que pasaron nestas datas polas instalacións da Sociedade Galega do Medio Ambiente eran estudantes.

9 SOGAMA SOCIEDADE GALEGA DO MEDIO AMBIENTE TERRANOVA Interpretación y Gestión Ambiental, S.L.

O 81% dos visitantes coñecían a Sociedade Galega do Medio Ambiente con anterioridade á visita realizada ó Complexo Medioambiental de Cerceda.

As fontes de coñecemento desta entidade foron diversas pero o 55% dos visitantes coñeceron SOGAMA a través do seu centro educativo e de traballo.

10 SOGAMA SOCIEDADE GALEGA DO MEDIO AMBIENTE TERRANOVA Interpretación y Gestión Ambiental, S.L.

9.2. VALORACIÓN DOS VISITANTES DE EDUCA- CIÓN SECUNDARIA.

Os visitantes de Educación Secundaria de abril foron adolescentes que na súa maior parte tiñan de 14 anos.

Neste mes, a maior parte dos alumnos/as de Educación Secundaria que visitaron as instalacións estaban a cursar o 3º curso.

11 SOGAMA SOCIEDADE GALEGA DO MEDIO AMBIENTE TERRANOVA Interpretación y Gestión Ambiental, S.L.

Os rapaces e rapazas valoraron va- rios aspectos como a duración da visita. Para o 73% dos alumnos/as de secundaria a actividade durou o preciso, mentres que para un 17% resultou curta.

En canto ó que máis lles gustou da visita a estes estudantes as res- postas foron moi variadas, pero en xeral, o mellor valorado foi a planta de elaboración de CDR.

12 SOGAMA SOCIEDADE GALEGA DO MEDIO AMBIENTE TERRANOVA Interpretación y Gestión Ambiental, S.L.

Pola contra, o máis desagradable para os mozos/as visitantes segue sendo o cheiro presente nalgunhas zonas da instalación.

O trato recibido por parte do persoal foi un dos aspectos mellor valorados polos alumnos/as de instituto, un 62% valorouno como moi bo.

13 SOGAMA SOCIEDADE GALEGA DO MEDIO AMBIENTE TERRANOVA Interpretación y Gestión Ambiental, S.L.

Os visitantes manifestaron a súa satisfacción coas explicacións reci- bidas, para o 94% estas foron claras ou moi claras, o que pon de mani- festo a adaptación das visitas ás características do grupo.

Algúns dos visitantes deixaron cer- tas suxestións de mellora para as visitas. As máis numerosas son as que fan referencia ó control ou mi- nimización do mal olor nalgunha das naves da instalación e tamén solicitan poder acceder a todas as naves da instalación.

14 SOGAMA SOCIEDADE GALEGA DO MEDIO AMBIENTE TERRANOVA Interpretación y Gestión Ambiental, S.L.

9.3. VALORACIÓN DOS VISITANTES ADULTOS

Os visitantes adultos deste mes foron maioritariamente universitarios, polo que a maioría tiñan entre 16 e 25 anos.

Ó igual que en meses anteriores, os participantes valoraron varios aspectos da visita concedendo puntuacións do 1 ó 5 segundo fosen menos ou máis positivos.

A valoración educativa da visita foi bastante boa, xa que o 49% valorárona coa máxima puntuación, un 5 e o 37% restante cun 4.

15 SOGAMA SOCIEDADE GALEGA DO MEDIO AMBIENTE TERRANOVA Interpretación y Gestión Ambiental, S.L.

En canto ó grado de adaptación da visita ó grupo os resultados son moi positivos, o 86% dos visitantes con- cedeulle a este aspecto as máximas puntuacións.

A claridade das explicacións foi un dos aspectos mellor puntuados polos adultos que pasaron polo Complexo Medioambiental durante o mes de abril. O 68% dos asistentes puntuaron este aspecto da visita co valor máis alto, un 5 e o 27% cun 4.

16 SOGAMA SOCIEDADE GALEGA DO MEDIO AMBIENTE TERRANOVA Interpretación y Gestión Ambiental, S.L.

O fomento da participación foi ta- mén puntuado cun 5 polo 48% dos visitantes e cun 4 polo 42% .

A meirande parte dos participantes nas visitas quedaron satisfeitos coa duración do percorrido polas instalacións.

17 SOGAMA SOCIEDADE GALEGA DO MEDIO AMBIENTE TERRANOVA Interpretación y Gestión Ambiental, S.L.

Os visitantes adultos tamén deixaron constancia da súa satisfacción xeral coa visita. As puntuacións obtidas son moi satisfactorias, pois o 95% dos enquisados manifesta estar satisfeito ou moi satisfeito coa actividade.

Ademais, os visitantes poideron deixar constancia das súas suxestións de mellora para as visitas. Pero só fi xeron propostas o 33% dos visitantes. As que máis se repiten son aquelas que fan referencia a ver con máis detalle a intalación e outras totalmente diversas como por exemplo: dar pinchos ós visitantes, entregar tamén un calzado de protección, que haxa unha cafetería...

18 SOGAMA SOCIEDADE GALEGA DO MEDIO AMBIENTE TERRANOVA Interpretación y Gestión Ambiental, S.L.

Os datos obtidos tamén poñen de manifesto que os adultos que nos visitaron están bastante satisfeitos coa Sociedade Galega do Medio Ambiente. O 71% dos enquisados valorou esta entidade moi posivi- vamente.

Finalmente os visitantes deixaron certas suxestión de mellora de cara á xestión de SOGAMA. A maior parte fan referencia á posta en marcha de máis campañas de concienciación e á ampliación das instalacións.

19 SOGAMA SOCIEDADE GALEGA DO MEDIO AMBIENTE TERRANOVA Interpretación y Gestión Ambiental, S.L.

9.4. VALORACIÓN DOS RESPONSABLES DOS GRUPOS.

Durante o mes de abril tamén se recopilaron as impresións dos responsables de cada grupo de visitantes. Os profesores ou representantes de cada unha das entidades cubriron un cuestionario avaliativo.

Os responsables e acompañantes do grupo de visitantes cubriron un cuestionario para valorar de 1 a 5 a visita realizada. Sendo 5 a puntuación máis positiva e 1 a negativa.

As medias obtidas destes cuestionarios son as seguintes:

Responsables dos grupos de Educación Primaria:

- Valoración educativa da visita: 4,5 - Grao de adaptación da visita aos participantes: 4,5 - Grao de satisfacción coa visita: 4,25 - Grao de satisfacción con SOGAMA: 4,25

Responsables dos grupos de Educación Secundaria Obrigatoria:

- Valoración educativa da visita: 4,2 - Grao de adaptación da visita aos participantes: 4,2 - Grao de satisfacción coa visita: 4,4 - Grao de satisfacción con SOGAMA: 4,2

Responsables dos grupos de adultos:

- Valoración educativa da visita: 5 - Grao de adaptación da visita aos participantes: 4,6 - Grao de satisfacción coa visita: 5 - Grao de satisfacción con SOGAMA: 4,6

Estes datos poden ser consultados no anexo 1 e 2 deste informe.

20 SOGAMA SOCIEDADE GALEGA DO MEDIO AMBIENTE TERRANOVA Interpretación y Gestión Ambiental, S.L.

ANEXO 1.

AVALIACIÓN RESPONSABLES DOS GRUPOS DE ED. PRIMARIA Visita ao Complexo Medioambiental de Cerceda Valoración educativa da visita 4,00 5,00 5,00 4,00 4,50 Grao de dinamismo da visita 4,00 5,00 5,00 4,00 4,50 Claridade da exposición do/da guía 4,00 5,00 5,00 4,00 4,50 Grao de adaptación da visita aos visitantes 4,00 5,00 5,00 4,00 4,50 Grao de impliacación do/da guía 4,00 5,00 5,00 5,00 4,75 Fomento da participanción e debate 4,00 5,00 4,00 4,00 4,25 Adecuación da duración da visita 4,00 5,00 5,00 4,00 4,50 Adecuación das paradas e da duración das mesmas 4,00 5,00 5,00 4,00 4,50 Grao de satisfacción coa visita 3,00 5,00 5,00 4,00 4,25 Cumplimento dos obxectivos da visita 3,00 5,00 5,00 4,00 4,25 Grao de satisfacción con SOGAMA 3,00 5,00 5,00 4,00 4,25 Valoración media da visita 3,73 5,00 4,91 4,09 4,43 MEDIA CEIP Tarrio - Culleredo CEIP Bergantiños - Carballo CEIP Veleiro Docampo - Castro de Rei de Outes - Serra de Navasqués Emilio CEIP

AVALIACIÓN RESPONSABLES DOS GRUPOS DE ESO Visita ao Complexo Medioambiental de Cerceda Valoración educativa da visita 5,00 4,00 4,00 4,00 4,00 4,20 Grao de dinamismo da visita 5,00 5,00 3,00 3,00 4,00 4,00 Claridade da exposición do/da guía 5,00 5,00 5,00 5,00 5,00 5,00 Grao de adaptación da visita aos visitantes 5,00 4,00 5,00 3,00 4,00 4,20 Grao de impliacación do/da guía 5,00 4,00 5,00 5,00 5,00 4,80 Fomento da participanción e debate 5,00 4,00 5,00 4,00 4,00 4,40 Adecuación da duración da visita 5,00 3,00 4,00 4,00 4,00 4,00 Adecuación das paradas e da duración das mesmas 5,00 2,00 4,00 4,00 4,00 3,80 Grao de satisfacción coa visita 5,00 5,00 4,00 4,00 4,00 4,40 Cumplimento dos obxectivos da visita 5,00 4,00 5,00 4,00 3,00 4,20 Grao de satisfacción con SOGAMA 5,00 4,00 4,00 5,00 3,00 4,20 Valoración media da visita 5,00 4,00 4,36 4,09 4,00 4,29 MEDIA Colexio Ayala - Narón IES Parga Pondal - Carballo IES Terra de Soneira - Vimianzo - Rodeiro CIP Rodeiro - Ares CPI Conde de Fenosa 21 SOGAMA SOCIEDADE GALEGA DO MEDIO AMBIENTE TERRANOVA Interpretación y Gestión Ambiental, S.L.

ANEXO 2.

AVALIACIÓN RESPONSABLES DOS GRUPOS DE ADULTOS Visita ao Complexo Medioambiental de Cerceda Valoración educativa da visita 5,00 5,00 5,00 5,00 5,00 5,00 Grao de dinamismo da visita 4,00 5,00 5,00 5,00 5,00 4,80 Claridade da exposición do/da guía 4,00 5,00 5,00 5,00 5,00 4,80 Grao de adaptación da visita aos visitantes 4,00 5,00 5,00 5,00 4,00 4,60 Grao de impliacación do/da guía 5,00 5,00 5,00 5,00 5,00 5,00 Fomento da participanción e debate 5,00 5,00 5,00 5,00 5,00 5,00 Adecuación da duración da visita 4,00 5,00 5,00 5,00 5,00 4,80 Adecuación das paradas e da duración das mesmas 4,00 5,00 5,00 5,00 5,00 4,80 Grao de satisfacción coa visita 5,00 5,00 5,00 5,00 5,00 5,00 Cumplimento dos obxectivos da visita 4,00 5,00 5,00 5,00 5,00 4,80 Grao de satisfacción con SOGAMA 5,00 5,00 5,00 3,00 5,00 4,60 Valoración media da visita 4,45 5,00 5,00 4,82 4,91 4,84 MEDIA Master en Ciencia e Tecnoloxía - A Coruña e Tecnoloxía en Ciencia Master Facultade de Bioloxía USC- Santiago USC - Santiago IV Ciclo Facultade de Bioloxía - Santiago Escola Técnica Superior de Enxeñería - Santiago

22