Número BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA 370

Ramón Piñeiro ALEGA G CADEMIA A EAL R OLETÍN DA B

A Coruña HÉRCULES DE EDICIONES FUNDACIÓN PEDRO BARRIÉ DE LA MAZA FUNDACIÓN RODRÍGUEZ IGLESIAS 2009 NÚMERO 370 A CORUÑA ANO 2009 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

ADEMIA G AC AL L E A G

E A

R

• •

• •

ADEMIA G AC AL L E A G

E A

R

• •

NÚMERO 370 A CORUÑA ANO 2009 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

Coordinadores XOSÉ LUÍS AXEITOS AGRELO XOSÉ R. BARREIRO FERNÁNDEZ

Coeditan REAL ACADEMIA GALEGA FUNDACIÓN RODRÍGUEZ IGLESIAS HÉRCULES DE EDICIONES

Deseño XOSÉ DÍAZ/IMAGO MUNDI

Maquetación e Impresión HÉRCULES DE EDICIONES RÚA CORDELERÍA, 32 EDIFICIO HÉRCULES TELF. 981 22 05 85 FAX. 981 22 07 17 WWW.herculesediciones.es 15003 A CORUÑA

ISSN: 1576-8767

Depósito Legal: C-743/2000

© REAL ACADEMIA GALEGA Rúa Tabernas, 11 Apartado 557 Telf. 981 20 73 08 Fax. 981 21 64 67 www.realacademiagalega.org 15001 A CORUÑA

Esta publicación é posible grazas á colaboración económica da Fundación Rodríguez Iglesias, Hércules de Ediciones e Fundación Pedro Barrié de la Maza oma en anos anteriores, a figura de Ramón Piñeiro, homenaxeado no Día das Letras CGalegas correspondente ao ano 2009, é tema esencial e dominante no Boletín 370, que estará na rúa a finais do presente ano.

Seguindo unha inveterada tradición, a RAG organizou en Santiago, os días 18, 19 e 20 de novembro de 2009, un Congreso promovido pola Consellería de Cultura da Xunta de , coa colaboración do Consello da Cultura Galega. Para abordar as distintas facetas da personalidade intelectual do homenaxeado presentáronse no Congreso cuali- ficadas intervencións, en parte recollidas neste número da publicación institucional. Son concretamente os relatorios de Antón Santamarina, Benxamín Casal, José Luís Meilán, Camilo Nogueira e Xosé Manuel da Silva. A estes estudos temos que engadir as alocucións académicas pronunciadas o día 17 de maio por Ramón Villares, Víctor F. Freixanes e Andrés Torres Queiruga. Desta maneira o Boletín pretende dar tratamento a todas as facetas, pensamento, cultura e política, nas que se desenvolveu a traxectoria intelectual de Ramón Piñeiro. En próximas entregas do Boletín recolleremos os restan- tes traballos presentados no Congreso dedicado a Ramón Piñeiro se antes non temos a oportunidade de consagrarlle un volume monográfico.

No apartado III non se descoida a faceta conmemorativa, tan ligada aos fins da ins- titución, de facer visible a tradición da nosa cultura. Así, neste eido, figuran dúas cola- boracións, unha relativa a Emilio Pita no ano do seu centenario e outra a Juan Manuel Pintos cando se van cumprir 200 anos do seu nacemento. Son estes traballos obra de Xosé Anxo García López e de Xosé Xove Ferreiro, respectivamente. Complétase esta sección cos traballos de Ana Isabel Boullón, Mercedes Fernández Couto, Henrique Monteagudo, Silvia Viso e Xulio Prada Rodríguez.

No apartado IV, dedicado á vida oficial da RAG, destacamos as necrolóxicas dos aca- démicos Camilo Gonsar Suárez-Llanos, por Franco Grande, e a de Constatino García, por Manuel González González. Ambos os traballos conxugan perfectamente o discurso que impón o xénero coa emotividade humana e sentimental pola perda do compañeiro.

Temos, finalmente, a satisfacción de saudar a incorporación da vicepresidencia pri- meira da Excma. Deputación Provincial de Lugo entre os colaboradores deste número do Boletín da RAG.

I Estudos e investigacións sobre Ramón Piñeiro

INFORME DE RAMÓN PIÑEIRO Á REAL ACADEMIA GALEGA Antón Santamarina Fernández

INTERVENCIÓN NO CONGRESO “RAMÓN PIÑEIRO E GALEGUISMO” Benxamín Casal

INTERVENCIÓN NO CONGRESO “RAMÓN PIÑEIRO E GALEGUISMO” José Luis Meilán Gil

INTERVENCIÓN NO CONGRESO “RAMÓN PIÑEIRO E GALEGUISMO”: PAIRAN AÍNDA SOBRE A NACIÓN Camilo Nogueira

INTERVENCIÓN NO CONGRESO “RAMÓN PIÑEIRO E GALEGUISMO”: PROCESO E CADEA DE RAMÓN PIÑEIRO. TESTEMUÑOS COÑECIDOS E DOCUMENTOS INÉDITOS Xosé Manuel Dasilva

INFORME DE RAMÓN PIÑEIRO Á REAL ACADEMIA GALEGA

Edición e comentarios de Antón Santamarina Fernández

En febreiro de 1962 envía Ramón Piñeiro á Real Academia Galega o texto que a seguir editamos e comentamos en notas a pé de páxina1

1 Había 3 meses que fora elixido membro dunha Comisión que a Academia nomeara para redactar unha Gramática xunto con M. Rabanal e A. Moralejo; Piñeiro substituía nesta Comisión ó falecido A. Iglesia Alvariño; hai unha carta do 1 de Nadal de 1961 agradecendo o nome- amento. Pero o desencadeante do documento xa é anterior ó nomeamento de Piñeiro como membro desta Comisión. Nunha carta a Car- ballo (19-IV-61 en Cadernos Ramón Piñeiro, 5, 2008), sobre non sabemos qué asunto, pero probablemente lingüístico, dille: “Non sei si irás o domingo á Cruña. Si non foras conviña que non te esquenceses de enviar a tua delegación, pois compre asegurar que haxa o número nece- sario de votos. Niste caso poden darse bastantes abstencións. Si vas, os outros dous académicos de Lugo [seguramente Vázquez Seijas e Váz- quez Saco] ben podían delegar en ti”. En calquera caso o asunto do “corpus planning” que se debatía naqueles momentos na Academia pre- ocupábao, como se ve nestoutra carta a Carballo (12-VI-61): “O da Academia semella que evoluciona bastante ben, porque, según me dixe- ron, o Carré desistirá si nono respaldan os académicos da Cruña, e istes, polo visto, xa lle fixeron saber que nono respaldan, coa única escei- ción de Banet”. Noutra carta a Carballo (14-XII-61) dá datos máis precisos sobre a motivación do documento, pois considera que a Carré e seguramente a outros Académicos non se lle pode facer desistir da súa pretensión con votos senón con argumentos; e a pretensión deles era facer unha prematura Gramática Académica: “Hai aínda poucos días que recibín o oficio da Academia comunicándome a desiñación. Nin tempo tiven de falar cos outros membros da Comisión [da Gramática, supoñemos que a “máis amplia”: Filgueira, Bouza, Taibo e Carballo Calero]. Como eu non son un gramático, máis ben asumirei o papel de estimular ós que o son e facerlles algunhas suxerencias nadas do meu conocemento da língoa. Outra cousa non podo facer”. Na carta 14 a Pensado (4-II-62 en Cadernos Ramón Piñeiro 12, 2009) hai xa un esbo- zo do documento: “¶Cavilei bastante no problema que a Academia nos plantexou. Reconozo a necesidade da Gramática. Reconozo tamén a sua urxencia. Trátase dun problema que compre acometer. Mais será ben acometelo co máis grande realismo. Por eso me parece que antes de elaborar a súa Gramática a Academia debería dar un paso previo: promover o estudo de algúns problemas fundamentás da nosa realidade idiomática viva. Podía por exemplo convocar un concurso con premios importantes sobre istes dous temas: determinación das zonas carai- terísticas dialectás do galego; estudo e ordenación do noso verbo. [...] Ises traballos serían unha base ouxetiva prá determinación da Gramá- tica, coidando, iso sí, de manexar os datos con moito tino no intre de preferir as formas que se han de consagrar “oficialmente”. Nise orde de cousas son moi asisadas as catro recomendaciós que ti fas e haberá que as ter ben en conta. Un excesivo esquematismo sistemático alon- xaríanos demasiado da realidade viva, da que en definitiva, tremos que partir. ¶Pensei que a Academia debería patrocinar istes estudos como base da súa elaboración gramatical porque eso daríalle máis fundamento e máis garantía. De non ser así forzosamente tería que se apoiar nos conocementos empíricos que da nosa realidade idiomática temos os pouquiños que nos preocupamos do problema. Quizais poida perecer que abondaría co estudo dialeitolóxico sin necesidade de facer un estudo especial do verbo galego. Con todo eu coido que iste estudo é necesa- rio, que é estraordinariamente entrambilicado. Continuamente te atopas cunha pluralidade de formas que non hai máis remedio que consi- derar. Por exemplo eu teño rexistradas estas cinco do verbo facer: facer faguer faser faer fer. Todas cinco están vivas e teñen plena vixencia. O mesmiño che podería decir de formas tales como sea seia sexa seña; ou salgo salio sallo; sepa sepia seipa saiba; fostes fóstedes fóchedes fúchedes; déunolos díunolos dóunolos; cheguei cheguein cheguín etc. Unha investigación e ordenación de toda esta riqueza de formas verbás sería moi comenente como documento básico na escolla das formas que deberían convertirse en académicas. ¿Non che parez?”. Na Carta 15 a Pensa- do (26-II-62) anúncialle que xa lle mandou á Academia o “informe aconsellándolles que procedan con orde e sistema”, e envíalle copia del; dille: “As primeiras novas que me chegaron da Academia indican que o informe fíxolles certa impresión”. O documento (que é o que trans- cribimos) ten opinións moi asisadas sobre o problema, pero con todo trata de asegurarse o beneplácito de persoas con autoridade; na carta seguinte a Pensado (23-V-62) escribe: “Recibín a túa carta e moito me alegrou que o informe enviado por min á Academia merecese a túa aprobación. Esto dame unha gran tranquilidade”. E no mesmo sentido vai outra carta, neste caso a Carballo (1-VI-62), onde acusa recibo dos comentarios que Carballo verte sobre o documento de Piñeiro: “Recibín a tua carta e maila copia do teu dictame sobor do informe que eu lles enviara. A min xa me dixera o presidente, dias despois de telo recibido, que iban facer copias i enviárvolas a todolos membros da comisión [Filgueira, Bouza, Taibo e Carballo Calero]. Por esa razón desistín de cha enviar eu mesmo, como pensaba facer, inda que xa tiña trocado impresións contigo sobre o problema. A copia que fixera para che mandar a ti decidín enviarlla ó Pensado, porque xa tiñamos fala- do tamén do problema, e ademáis porque, sendo il a meirande autoridade romanística con que contamos hoxe os galegos (a menos que quei- ramos facer moito fincapé na galeguidade de Menéndez Pidal, que non é prudente), prá miña tranquilidade íntima era moi importante saber a sua opinión, que resultou ser confirmativa. Entre outras cousas, di: “Estoy enteramente de acuerdo con tu visión certera y exacta”. Iste res- paldo dame bastante tranquilidade. E polo que leo no teu dictame vexo que no tocante ó labor inmediato tamén coincides. Polo menos ser- virá pra que a Academia tome plena concencia do problema e das suas dificultás. Refírome, naturalmente, á Academia como conxunto e non a uns cantos académicos, entre iles ti, Filgueira, etc., que tedes máis crara concencia que eu e que xa vos ocupástedes do problema nos tempos do Seminario de Estudos Galegos”. (Deducimos que Carballo apoia a estratexia de Piñeiro no procedemento pero que puxo algún reparo ós principios).

7 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Estudos e investigacións sobre Ramón Piñeiro

A NOSA SITUACIÓN LINGÜÍSTICA Dende o punto de vista idiomático, Galicia non acadou aínda a sua unidade. Non eisis- te o “galego común”. Certamente que en toda Galicia se falou e se fala galego, pro ise galego varía notoriamente dunhas zonas a outras. Problema que todalas língoas tiveron, mais que o puideron superar gracias ó influxo de dúas poderosas forzas de unificación que o galego non chegou a ter: a consagración oficial da modalidade falada na zona da capi- tal política i a fixación literaria da língoa culta. Galicia non tivo unha capital política que convertise en língoa oficial o seu galego, nin tivo un desenrolo literario que acada- se a unificación i a fixación do galego como língoa de cultura. Carente de oficialidade política e carente de cultivo literario, o galego quedou abandoado, ó longo dun milenio, á libre aición de todalas forzas diferenciadoras. Forzas que tamén aitúan nas demáis lín- goas vivas –pois de seu sempre tenden á evolución dialeital–, mais que están enérxica- mente contrarrestadas pola aición unificadora da fixación oficial e da fixación literaria. A vida das língoas é un contínuo equilibrio entre esas duas forzas: diversificación e uni- ficación. No galego nunca chegamos a tal equilibrio. Aituou sempre unicamente a forza espontánea da diversificación. E aituou dende o nacemento do galego deica os nosos días, sin atrancos de ningunha cras. O resultado é ise complexo mosaico lingüístico, tan entrambilicado de diferencias fonéticas, morfolóxicas e léxicas, que nos caraiteriza. Non eisiste o galego; eisisten varios galegos. A evolución de cada un diles produciuse de manei- ra ceibe e autónoma, sin ningunha presión interna nin esterna cara formas de vixencia común. Quedou preso na sua primaria estruturación dialeital que se foi acentuando ó longo do tempo2. Temos, por unha banda, diferencias de léxico, multiplicidade de nomes para unha cousa. Esto, de primeiras, pode semellar riqueza, mais pra que a for verdadeiramente nece- sitábase que tal abundancia pertenecese ó uso común. E non hai tal cousa. Cada unha das formas ten un dominio xeográfico propio. Tomemos, por exempro, o verbo castelán “jadear”3 e axiña nos asombraremos de que en galego haxa nada menos que dez verbos pra espresar o seu siñificado (en Láncara alasar, no Caurel alcadar, en Lugo arquexar, en Silleda afolsear, en Muros escorexar, en Tebra estafar, en Quiroga folguexar, en Cambados inar, en Pontedeume iñar, noutras partes –abonado por Carré– tresfolgar). Son si, dez ver- bos distintos co mesmo siñificado, pro cada un diles vive nun couto espacial privativo4.

2 Habería que matizar estas palabras de Piñeiro, pois o galego, de Ribadeo a Tui, ten infinidade de innovacións compartidas; o que demostra que ademais da forza disgregadora a que se refire hai unha forza integradora que está garantida porque hai unhas redes sociais que xenerali- zan os cambios. Hai, certamente, variedades dialectais pero só hai un galego. Proba ben sinxela: cando Aníbal Otero polos anos 30 fixo para o ALPI a pregunta “Qué falan aquí?” a resposta foi sempre “galego” e non “lalinés”, “naviego”, “mindoniense”, etc. Nin sequera “chapurrao” como contestaron os informantes asturianos na súa maioría. Que haxa esta unanimidade nas contestacións quere dicir que dentro das fron- teiras do galego houbo unha grande capilaridade que permitiu a socialización das innovacións importantes (que afectaban o sistema) aínda que quedasen algúns fenómenos illados e de escaso rendemento (como os nomes da planta ‘dixital’, a “llovizna” ou a ‘corda de atar o carro cargado’) sen xeneralizar á totalidade do grupo. É curiosa esta exaxeración de Piñeiro porque noutros escritos defende unha postura máis matizada (senón contraria) pois ó falar de “prexuízos lingüísticos” que tollen o desenvolvemento dunha lingua culta galega supradialectal considera vítimas dun prexuízo, ou sexa dunha visión errada, ós que non lle ven viabilidade a un “galego común” polo feito de estar frag- mentado en dialectos. 3 Sobre este asunto fixera 3 anos antes (1958) Isidoro Millán un traballo onomasiolóxico inserido na Homaxe a Ramón Otero Pedrayo: “Lexi- cografía y etimología gallega. inar ‘jadear”.

Nº 370 8 Estudos e investigacións sobre Ramón Piñeiro BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

Non conviven, non circulan nun caudal léxico de uso común a toda Galicia. O mesmo ocurre con centos e centos de exemplos que se poderían poñer: o “orzuelo” ten, que eu seipa, nove nomes en galego (orizó, tiricó, tirizol, tirizollo, torizó, tormelo, toromelo, turu- melo5); a ‘corda para atar o carro cargado’ seis (adibal, liame, sedeño, tereixa, trelo, treixa); o ‘talo da col’ nove (cóbado6, coeiro, coio, colas7, couceiro, cobelleiro, chanteiro, toco, troxo); a “salamandra” oito (píntiga, sabandixa, sacabeira, sacarrancha, salamanca, saramaganta, pintárraga, pinchorra); a “llovizna” dezaseis (barruzada, borraxeira, chuvieira, froallo, lapi- ñeira, marmalla, marmaña, mocalleira, mocallo, patañeira, pulpizo8, poalleira, poallo, zarza- lleira, zarzañeira, zarzo); o ‘copo de neve’ trece (falopa, farrapo, falampo, felepa, felerpo, ferrepa, foleca, folepa, folerpa, follaca, pifarro, zalopa, zarrapico); o verbo ‘podar’ seis (cepar, cernar, chapodar, demoucar, fradar, repolar); etc., etc. Poderíase seguir cos exemplos inde- finidamente9. Non é preciso. En cambio compre insistir en que, hoxe por hoxe, tal supe- rabundancia non equivale a riqueza. Somentes denuncia a fragmentación xeográfica do galego. Fragmentación que se debe a dúas causas: a polixénesis da nosa língoa i a falta de homoxeneidade na evolución fonética de cada unha das suas modalidás. Houbo, de certo, diversos focos de formación do galego que lle impuñeron diferencias orixinarias (si o “panal” do mel se chama nunhas partes de Galicia entena, noutras trebo e noutras favo; ou si o “divieso” se chama nunhas partes carbunca, noutras bieita, noutras leixenzo, noutras

4 Probablemente habería que retirar o verbo alcadar que é o mesmo que acadar ‘alcanzar’ e pode convivir con outras formas; na fala de quen isto escribe dise alasar pero tamén acadar alento (unicamente en frases negativas); e tamén (en frases idénticas) avangar alento: alasaba = non acadaba alento = non avangaba alento. Con todo non descartamos que alcadar alento (“jadear”) puidese desembocar por elipse en alcadar (“jade- ar”). 5 Tiricó supoñemos que está por un erro de información porque non o rexistramos en ningún repertorio léxico; toromelo e variantes son, ade- mais de ‘tirizó, ‘vulto, inflamación’; en realidade poderiamos dicir que un tirizó é un hipónimo de toromelo (co cal, polo menos en certas zonas, non hai sinonimia). 6 Nos repertorios léxicos cobado. 7 A forma está recollida por Pereda, de onde pasou ó Apéndice do DEGC; pero supomos que é unha mala lectura por coias. 8 Nos repertorios léxicos o pulpizo figura principalmente como ‘varreduras’. 9 “Indefinidamente” e “centos e centos de exemplos” é unha hipérbole. En realidade a maioría dos campos semánticos nos que se dá esta rique- za onomasiolóxica pertence a nomenclaturas (nomes de plantas, nomes de peixes; nomes de trebellos e utensilios de labranza, por exemplo); se os medimos por un criterio de frecuencias moi poucos pertencen ó vocabulario fundamental da lingua (para entendérmonos, ás 3000 pala- bras básicas, que son compartidas na inmensa maioría por tódolos galegos). Por outra parte, non tódolos exemplos que dá Piñeiro son igual- mente válidos porque non son sinónimos xeográficos, de feito, poden convivir varias daquelas palabras nun mesmo punto; por ex. na última serie (podar) case cada unha das palabras corresponde a un concepto diferente (aínda que en todas elas está a idea de ‘cortar unha parte dunha árbore’), porque (polo menos na Fonsagrada) non é o mesmo cernar (na Fonsagrada acernar) que fradar ou espolar (na Fonsagrada tamén espo- dar) e así case tódalas outras pois cernar é ‘cortar polo pé, sen raer de todo, para que morra a árbore’, fradar é ‘cortar o toro dunha árbore total- mente a certa altura para que bote gallos novos’, espolar pode dicirse dun carballo pero non dunha pereira (esta pódase). E para máis abunda- mento, cando nos referimos a un segmento da realidade que é un contínuum (como é o da “llovizna”, é dicir, cando non son realidades discre- tas como pode ser un adival ou un trebo) as cousas resultan máis complicadas aínda porque a ‘choiva miúda’ pode ser ‘densa’ ou ‘fina’, ‘fría’ ou ‘quente’, vir ‘con aire’ ou ‘caer mansa’, ser ‘cega’ ou ‘transparente’ e aínda máis. (Na fala local de quen isto escribe úsanse polo menos as seguin- tes formas que, se nalgúns casos son sinónimas, sempre serían merecedoras dunha etiqueta con indicacións pragmáticas de rexistro ou estilo: babuxa, babuxada, barrallo, barrallada, barruzo, barruzada, orballo, orballada, orballeira. Dise nos libros de semántica que os esquimós teñen moi- tas palabras para a ‘neve’ (é unha historia que se repite nos libros desde Boas; chegouse a esaxerar de que tiñan ata cen distincións conceptuais e lingüísticas; hoxe reduciuse ese número a unha ducia de palabras pero non son poucas; as diversas maneiras de como se presenta a neve son moi importantes para os esquimós); tamén se menciona nos tratados de semántica que os criadores da puszta húngara teñen moitas palabras para as cores da pelaxe dos cabalos. O medio obrigou ós esquimós e ós húngaros a facer precisións que noutras culturas son innecesarias. En varias ocasións referiuse Piñeiro ó feito de que a lingua é coma unha especie de trama que lle permite ó falante organizar a realidade (“con- verter o medio en mundo”) e darlle orde ó caos (converter o continuo en discreto); e hai tantas tramas como linguas (porque cada cultura ela- borou a súa lingua-trama); a lingua galega é unha destas tramas. Pero é unha teoría (que por outra parte é discutida) que nunca exemplificou Piñeiro con datos lingüísticos; as diferentes denominacións galegas da “llovizna” (xustamente porque en Galicia hai moitos tipos dela) podí- anlle ter valido para facer unha tentativa neste sentido (e enfocar o asunto en positivo), en vez de presentar o caso coma un problema de hiper- trofia léxica no que había que espolar a ramallada que estorbase; se facemos caso da letra o óptimo sería que quedase unha palabra única para ese concepto, e na miña opinión é unha estratexia errada; en tal caso habería que aclarar ben qué significa cada palabra pero nunca renunciar a diferenzas que os nosos antepasados sentiron necesidade de precisar. Creo, ademais, que os escritores galegos (desde Sarmiento para acó), e igual os lectores, nunca sentiron atafego ningún por teren palabras de sobra (aínda nos casos de que se tratase de sinónimos xeográficos); máis ben o contrario, por telas de falta.

9 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Estudos e investigacións sobre Ramón Piñeiro

xarigo etc.10; ou si o “columpio”11 nunhas partes se chama trondieira, noutras carriola, nou- tras acaneadoiro, noutras arroliqueiro, noutras randeeira, noutras zángole etc. eso débese a diferencias orixinarias na formación léxica do galego). Esas diferencias de orixen, por falta de presións políticas ou culturás que as arrastrasen cara un caudal común de vixen- cia pan-galega, mantivéronse pechadas no seu isolamento. Pro non se mantiveron estáti- cas senón que, á súa vez, evolucionaron12. Mais como a sua evolución fonética non foi homoxénea, dela derivouse unha nova pluralidade de formas, unhas procedentes da per- vivencia das distintas etapas do proceso diacrónico (caipo - queipo, canizo - cainzo - quen- zo, quenecho - guenecho - guecho, cavianca - caivanca - queivanca, altro13 - autro - outro, etc.) i outras procedentes da diversidade de solucións (allar - anllar - inllar - ullar - unllar, vran - vrau - vrao - verán - verao - verau, bailar - beilar - beillar, coxote - conxote - cuxote - quixi- ño, queira14 - queiroga - queiroa - queiruga - quiroga - queirota, etc. etc.)15. Por outra banda, temos o mesmo problema de proliferación de formas nos restantes elementos do idioma. Non se trata somentes de nomes. Ocurre igual cos verbos, cos pro- nomes, etc. Por exemplo, eu teño rexistradas e localizadas cinco formas vixentes do verbo ‘facer’ (facer, faxer16, faguer, faer, fer) cada unha coas suas correspondentes parti- cularidás na conxugación; reparemos, por exemplo, o verbo ‘salir’ e moi axiña nos ato- paremos con esta pluralidade de formas: salgo, salio, sallo, saio, todas elas vixentes; ou co verbo ‘ser’, e atoparémonos con estas: sea, seia, sexa, seña; ou co verbo ‘ir’ e teremos: fos- tes, fóstedes, fóchedes, fústedes, fúchedes; ou co verbo ‘chegar’ e teremos cheguei, cheguein, cheguín; ou co verbo ‘saber’ e teremos sepa, sepia, seipa, saiba. E si pasamos ós pronomes, velahí tres formas plenamente vixentes: il-ila, il-ela, ele-ela17; ou ben zonas en que se

10 Tamén neste caso é dubidoso que se trate sempre de sinónimos, pois non tódalas palabras desta serie se refriren propiamente a “diviesos”. 11 Sobre este asunto publicara Fraguas un artigo en 1947 na RPF (I/2, 1947:463-474) pero a ristra de sinónimos parece vir do Apéndice do DEGC. Polas datas en que redacta este documento (14-XII-61) confésalle a Carballo: “Estouche completamente afogado polo Apéndice de D. Eladio, que é cousa endiañadamente enredosa. Arrecadamos máis de tres milleiros de voces que non figuran na obra” [noutra carta fala de arredor de 5.000, e en realidade as entradas son 4638 contadas, pero non son poucas porque antes houbo que documentalas en fontes moi variadas e despois organizalas, definilas en moitos casos, e na maioría delas, controlar os sinónimos que tiña cada unha, se os tiña]. Coromi- nas, que ten moi pouca estima (infundadamente ás máis das veces) polos lexicógrafos galegos, declara que no Apéndice do Eladio “[los] datos en la zona lucense suelen proceder de R. Piñeiro, sabio observador” (ver Cor. DCECH sv cierne). Pero vindo ó caso da abundancia de sinó- nimos xeográficos e a súa suposta hai que recordar que o portugués popular da época (aínda que xa tiña unha longa tradición literaria) non tiña problema ningún polo feito de que a nivel popular rexistrase para o columpio (como para moitos outros conceptos) ducias de denomi- nacións, como se ve polo artigo que inspirou o de Fraguas: Karl Jaberg, “Géographie linguistique et expressivisme phonétique: les noms de la balançoire en portugais” (avec une carte), RPF I/1, 946. Hai que advertir ademais, recuncando en argumentos esgrimidos nas dúas notas anteriores, que neste caso tamén hai varios tipos de “culumpio” (os de tipo “balanza”, os de tipo “trapecio” etc.) e probablemente segundo o tipo reciben nomes diferentes. 12 É tamén curiosa esta xustificación das diferenzas. Parece estar pensando que en Galicia hai “áreas culturais” dentro das cales se xeran e difun- den determinadas innovacións. Se houbese tales “áreas” debería de haber, xa non digo “centos e centos de palabras”, senón polo menos unhas pouquiñas que tivesen a mesma área. Creo que os nosos dialectólogos non descubriron aínda este filón de monografías. De feito aínda non hai ningún traballo, que eu controle, que trate de áreas léxicas do galego; e a razón diso é que non hai áreas léxicas, polo menos non se ten falado delas ata agora. Certamente, os galegos sen cultura lingüística non son conscientes tampouco destas áreas; o cal non está en contra- dición con que un labrador de San Martín de Suarna non perciba que un canteiro de Cuntis fala algo diferente; que os da parroquia veciña falan diferente é un tópico de conversación moi socorrido, e non só entre académicos. 13 Esta var. só a trae Cuveiro e dáa como ant. 14 Aínda que aparece no Apéndice do DEGC como sinónimo de queiroa etc., queira non ten entrada con este sentido en ningún repertorio léxi- co nin no ALGa. Pode ser unha mala lectura de queiró. Pero non descartamos que queira poida rexistrarse nalgún sitio como regresivo de queiroa, interpretado falsamente como aumentativo. 15 As dúas categorías que establece (por un lado convivencia na actualidade de formas arcaicas e modernas e por outro solucións diverxentes máis ou menos simultáneas) solápanse moito; porque así como caipo é “máis antigo” ca queipo tamén anllar é “máis antigo” que allar ou unllar; e igual na serie segunda onde as variantes se poderían ordenar tamén cronoloxicamante (coxote antes que cuxote e así case todas). 16 Faxer é forma de dubidosa existencia; puido ser un idiolectalismo. Nin no ALGa nin no TILG se rexistra caso ningún. 17 Esqueceulle a cuarta parella (el-ela) que é a máis común e hoxe a normativa.

Nº 370 10 Estudos e investigacións sobre Ramón Piñeiro BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

emprega únicamente a forma ti, zonas en que se emprega únicamente a forma tu e zonas en que se simultanean as dúas, inda que con certas distincións sintácticas18. O mesmo acontece cos demáis elementos (por exemplo: sequer, siquer, siquera, xiquer, xiquera). Si pasamos á formación do plural, de novo batemos coa multiplicidade: irmáns - irma- os - irmaus - irmás; mans - maos - maus - mas; corazóns - corazós - corazois; amables - amabres - amábeles - amábels (danse todas no galego escrito), animales - animás - animaes - animais19. A todo esto hai que engadir –ou ennadir ou ennader20– a contaminación que exerce o castelán, lesionando e desplazando formas e xeitos enxebres a través do seu monopo- lio cultural oficial21, i a eisistencia de fenómenos autóctonos como a geada, o seseo, o ceceo22, a pervivencia das nasales de tipo medieval en certas zonas, etc., etc.23 A resultante de todo esto é, como dixemos inantes, que Galicia está convertida nun mosaico lingüístico moi complexo i entrambilicado. Sobre un fondo xa diferenciado pola polixénesis, polos varios focos de formación, aituaron sin freio nin contrapeso as forzas espontáneas da diversificación dialeital. Faltou sempre a forza ou corrente unifi- cadora que poidese crear o “galego común”24.

18 O parágrafo é confuso: hai zonas onde non hai máis que ti (suxeito e oblicuo coma na terceira persoa) e zonas onde hai tu (suxeito) e ti (obli- cuo), dúas formas, coma na primeira persoa (eu/min). 19 Este parágrafo tamén é pouco afortunado porque exemplifica con cousas moi heteroxéneas e pouco acaídas. En varios exemplos o plural é perfectamente regular (singular + -s); a variedade de plurais está na variedade de singulares; por iso o que afirma neste parágrafo só vale para os plurais de animal e corazón. Ademais, no que toca ás diferentes solucións do sufixo -BILEM a proliferación de formas non ten raíz popular (pois apenas hai resultados populares) senón nas diferentes estratexias por parte de escritores con referencia á adaptación dun cultismo; as diferentes solucións aquí teñen raíz nun prexuízo diferencialista. 20 A “gracia” de piñeiro neste inciso é pouco lograda porque nin ennadir nin ennader existen no galego moderno popular ou culto (o galego, desde que deixou de ser latín, nunca tivo xeminadas); hai algún ennader no galego antigo pero é unha grafía que oculta a verdadeira pro- nunciación que era e˜ader ou mellor [eNa”Der], que é o que xustifica o engader e engadir moderno; ó -n- de IN-ADDERE pásalle o que ó -n- de engorde, engalar. De feito ningún escritor galego, agás unha vez Neira Vilas (ennadeu), usou nunca esas formas. 21 É curioso que despache cunha liña o problema das interferencias co castelán, coma se fose un problema menor, fronte ós outros que enume- ra, cando o problema máis grave do galego literario era daquela (e aínda en bastante medida hoxe) a dependencia consciente ou inconsciente do castelán. Mesmo o galego popular non é alleo ós castelanismos de luxo; nas listas con que ilustra a abundancia de formas dialectais que ten o galego para un único concepto entran algunhas variantes que son castelanismos: sabandixa, salgo, sepa e probablemente as formas híbri- das seipa (a usada por Piñeiro neste texto), sepia e salio. Quen lea textos dos anos 60 o que máis lle chama a atención son precisamente os “erros” que tiña esta raíz (motivados polo bilingüismo), e non os que procedían da, para Piñeiro, tan problemática escolla entre poallo/zarza- llo, irmán/irmao, fostes/fóchedes. Neste mesmo escrito volve haber outra referencia de pasada a este problema cando fala de que un dos crite- rios de escolla que se debe ter en conta é “a pureza fonética ou etimolóxica”. Se aplicase este criterio neste mesmo escrito pensaríao dúas veces antes de usar palabras coma estas, que están motivadas por unha fuxida consciente do castelán (cito só palabras do texto editado): aban- doado, concencia, entranábel; ou algunhas outras onde o castelanismo está máis disimulado: “A evolución de cada un diles [dos galegos] pro- duciuse de maneira ceibe e autónoma”; “dende o nacemento do galego deica os nosos días”; “a unificación poderíase acadar por dous camiños; “calisquera outro” [“calisquera” -plur.- exixiría “outros”]; incluída algunha incongruencia sintáctica como usar un futuro de subxuntivo coor- dinado cun pretérito imperfecto: “como galego «oficial»– soio acadaría éisito si se fixer por vía política, ou seña, si se convertise en língoa admi- nistrativa”. Non vale a pena insistir nisto. A proba práctica de que a dependencia do castelán é o problema maior é que nos “dicionarios de dúbidas” a maior parte das aclaracións teñen relación con este problema e non cos que Piñeiro menciona. 22 Ignoramos a qué se refire con ceceo; probablemente quere dicir que hai zonas onde se neutralizan [θ/s en /s/ (sesean) e zonas onde /θ/ e /s/ se manteñen sen neutralizar; en realidade non hai zonas que ceceen (ou sexa, que neutralicen as dúas consoantes en /θ/). 23 Piñeiro estaba máis familiarizado cos problemas léxicos do galego que non cos gramaticais; de feito, nel foi en quen recaeu o maior peso da redacción do Apéndice do DEGC. Ver o fragmento da carta a Carballo mencionado na nota 11. Non é de estrañar que despois de ter mani- pulado toda esta serie de palabras, moitas delas con nutridos ramallos de sinónimos xeográficos, se sentise desacougado pola “excesiva” fron- de de variantes. En cambio era menos experto e estaba menos atento ós fenómenos de tipo fonético e gramatical (como se ve pola escaseza de exemplos que dá); e estes si que son de frecuencia alta porque unha mesma variante (ch-án/ao) ou un mesmo morfema (part-iu/part-eu) afecta un número moi considerable de palabras. Aquí si que se podería exemplificar “indefinidamente” e “con centos e centos de palabras” (que non de “fenómenos”, pois son poucos). 24 Hai unha certa esaxeración nas afirmacións deste parágrafo pois aínda que non houbo un centro unificador nin un rexistro escrito que actuase no mesmo sentido a verdade é que as redes sociais, que dentro de Galicia funcionaban de maneira fluída, encargábanse de difun- dir as innovacións e de nivelar os desvíos. A fin de contas Galicia é territorialmente moi pequena e inzada de camiños. Son moito máis matizadas as palabras que sobre este asunto verte poucos anos despois n’A linguaxe e as língoas no cap. do “prexuízo lingüístico”. A pesar do que pode desprenderse das palabras de Piñeiro neste apartado, o que verdadeiramente chama a atención dun dialectólogo é o pouco frag- mentado que está o galego (en comparación, sen ir máis lonxe, co asturiano). Porque o certo é que na dinámica das linguas hai as dúas for- zas, a da diversificación e a da unificación. Supoñemos que era sabedor disto pero para persuadir mellor os académicos tiña interese en inflar interesadamente o trazo dun galego oral pulverizado en dialectos, con fenómenos, de distribución caprichosa e, en calquera caso, descoñe- cida daquela.

11 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Estudos e investigacións sobre Ramón Piñeiro

A NOSA NECESIDADE LINGÜÍSTICA A gran necesidade cultural que en orde ó idioma se nos presenta é a sua unificación. Sábese ben por todos, pois incluso hai unha profunda concencia popular do problema. Despois de séculos de abandono ó decorrer espontáneo da diversificación oral, agora que comenza a se convertir en língoa de cultura corremos o grave perigro de facer do galego literario o mesmo mosaico dialeital que ó galego falado; corremos o risco de que, en lugar de escribíremos nun galego común, cada un escriba no seu galego, en parte dialeital i en parte arbitrariamente persoal. Agora que emprende con pulo a sua vida de língoa litera- ria, a primeira, a máis radical das suas necesidás é librarse do poliformismo [sic] anár- quico que a caraiteriza en canto sermo vulgaris25. A unificación poderíase acadar por dous camiños: escollendo unha das variantes dia- leitás –a que se considere mellor de todas– e consagrándoa como galego “oficial” (oficial académicamente, claro), ou, pola contra, tomar toda a diversidade eisistente e, por un proceso de seleición normativa, chegar a un galego académico que, por vía cultural, con- vírtase no “galego común”. O primeiro camiño –impoñer o galego de Lugo, ou do Ulla, ou calisquera outro, como galego “oficial”– soio acadaría éisito si se fixer por vía políti- ca, ou seña, si se convertise en língoa administrativa, pois a non ser así provocaría a reai- ción localista dos demáis “galegos”26 . O segundo camiño, o da unificación normativa basada na total realidade lingüística de Galicia, será, estou seguro, aceptada sin dificul- tade, porque eisiste a concencia aguda da sua necesidade. Ora, calquera dos dous camiños descansa necesariamente no conocemento previo –e profundo– da nosa realidade lingüística. Tanto pra determinar cal dos dialeitos é o máis merecente de se convertir no galego canónico –determinación que soio se podería aca- dar por vía comparativa– como pra escoller entre as múltiples formas hoxe eisistentes aquelas que deberán integrarse, como máis idóneas, no sistema normativo académico, compre partir do conocemento sólido e fondo da realidade lingüística de Galicia. Sin esa base, toda tentativa que se faga carecerá de responsabilidade27. Necesitamos a unificación. A unificación necesita afincarse no conocemento fondo, íntimo, da nosa realidade lingüística. ¿Estamos en posesión dise conocemento? ¿Están estudados os complexos problemas lingüísticos que o galego plantexa? ¿Dispo- ñemos de datos ouxetivos e seguros en que basar, coa necesaria responsabilidade os cri-

25 Había 11 anos non era tan radical pois no prólogo da tradución do Cancioneiro de Pokorny di: “A fixación literaria da nosa língoa debe facer- se gradualmente, sin forzar con violencias normativas a súa marcha natural cara a maturidade cultural”. E noutros parágrafos despréndese que esta unidade se vai ir logrando por unha selección natural (e non por unha planificación in vitro). De feito, quen estude a constitución do galego literario moderno, encontra que hai unha tendencia espontánea á unificación; a Rosalía, a Pondal e a Curros podemos colocalos nas súas rexións de orixe polo seu galego; a Cabanillas ou a Castelao xa non. “Retrocesos” como o de Novoneira son anómalos nos procesos de constitución de canons literarios. 26 O certo é que este modelo de galego localista é unha proposta teórica posible pero nunca ninguén, que saibamos, a defendeu. De feito xa no galego dos primeiros escritores do Rexurdimento hai á beira de formas dialectais da comarca nativa tamén formas doutras comarcas (Leiras, de Mondoñedo, escribía fono e cantano imitando as formas rosalianas da Maía, que non tiveron éxito posterior pero serven para deixar ver que a “autoridade” dun bo escritor era recoñecida e servía de modelo). Non vale a pena insistir nisto porque desde Pintos para acó estivo claro para os escritores que o modelo literario do galego ía saír por cooperación e non por canonización dunha variedade. O cal non está en contradición con que non se perciba, xa desde antes de haber normativas, que no padrón literario predominen escollas do galego occiden- tal, porque na xeografía literaria galega os escritores pontevedreses e coruñeses son máis numerosos.

Nº 370 12 Estudos e investigacións sobre Ramón Piñeiro BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

terios de unha sistematización normativa? Evidentemente, non. Velahí, xa que logo, a nosa primeira e máis urxente necesidade: facer ise estudo, percurar ises datos, acadar ise conocemento.

O PAPEL DA ACADEMIA En todo iste problema, a nosa Academia ten un papel de gran trascendencia: o de ser a única autoridade “lexislativa” con que contamos. Por unha especie de analoxía incons- ciente ca Academia Española, o país reconócelle á nosa unha autoridade lingüística decisiva. Tal autoridade é unha forza valiosísima que debemos administrar con tino. Non pode malgastarse en tentativas prematuras nin en ensaios carentes da necesaria base ouxetiva. A misión máis alta da Academia Galega é mesmamente ésta crear a unifica- ción do galego, dar as normas que farán do galego o “galego común”. Xa temos visto que no estado aitual dos nosos conocementos lingüísticos a tentativa de Gramática académica do galego é prematura. Fáltalle base ouxetiva, fáltanlle os nece- sarios datos sistemáticos. Non interesa, en absoluto, que a Academia publique unha Gramática galega máis, un novo ensaio provisional de Gramática galega. A Academia ten que publicar a Gramática do galego, que é cousa abondo distinta. As Gramáticas pro- visionás son necesarias e compre que se publiquen, cantas máis mellor. Pro esa non debe

27 É moi notable (e empalmamos co que queda dito na nota 21) que no relatorio de Piñeiro (e noutros escritos semellantes a este) non se men- ciona para nada a outra parcela na que o galego tiña un gran polimorfismo: o vocabulario non-patrimonial. A modernización do galego pasa- ba tamén pola incorporación de vocabulario novo, en xeral internacionalismos, que cada escritor (e ás veces o mesmo escritor) adaptaba con criterios diferentes. El mesmo é exemplo desta anarquía; verbi gratia, na adaptación de grupos consonánticos heterosilábicos, aínda que ten certa tendencia (bastante discutible) a vocalizar o primeiro elemento en -i- (aición, aitividade, aituar, reaición, seleición, eisistir, eisistencia, eisis- tente, éisito, caráiter, caraiterizar, dialeital, direito [‘directo], esceicional), outras veces converte o primeiro elemento en -u- (ouxetivo), outras veces suprímeo (redución, estruturación, espresar, espresivo, esterna), non poucas consérvao (técnico, autóctono, sintáctico, léxico, absoluto, decep- ción, aceptada) e algunha vez reduce as dúas consoantes a unha soa e distinta das dúas orixinarias (siñificado); se tomamos o caso de cultismos de cons. + l os resultados tampouco son uniformes aínda que neste caso a preferencia pola conservación do grupo é predominante (simple, complexo, multiplicidade, exemplo, pluralidade, plural, plenamente, desplazando, múltiples, plantexa, aplicar; incluso, claro, clave, exclusivista) fron- te a resultados máis populares (exempro -á beira de exemplo?-, compre, emprega; cras, perigro; groria). Nesta breve mostra só cito exs. deste documento, e polo tanto van só referidos a 1962; pero é un texto bastante significativo pola doutrina que contén referida a como debe ser unha lingua académica que, segundo Piñeiro, parece que o maior problema que ten é desprenderse da “coroza labrega de xuncos” para tro- cala en “manto académico de liño”, como dirá máis tarde no seu discurso de ingreso na RAG. Como se ve, as palabras que lle dan proble- mas a Piñeiro son os cultismos pois no seu escrito é precisamente nas palabras populares onde menos vacilacións hai; poderiamos citar como vacilación curiosa, e polo tanto como galego literario inestable, o da vogal tónica dos pronomes demostrativos e persoais, onde Piñeiro adop- ta un sistema híbrido e incoherente por deixar de ser fiel ó seu sistema nativo de Láncara (que era precisamente do mellor “liño”), se cadra inducido por un certo diferencialismo (sigo citando só exs. deste documento): esta, estas, esto, neste, ese, esa, esas, eso, desa, aquelas fronte a iste, ise, ises, dise, diles. Para ter unha idea das súas preferencias, nunha expurga en Siñificado 1951, trad. Cancioneiro de Pokorny 1952, Lin- goaxe 1967, Olladas 1974, Acordanza 1991, e tomando só como mostra as vacilacións el/il (cos seus plurais, femininos e neutros), a propor- ción e/i vén sendo de 4/1 (hai que ter en conta que para un de Láncara a segunda forma é “de libro”). Esta vacilación, impropia dunha lin- gua literaria, que é desculpable en Piñeiro, que varias veces pon por diante a escusa de non ser gramático, non debeu facer provocar nin- gunha nota de Pensado, que se limita a dar a súa “aprobación”; tampouco Carballo debeu entrar en pormenores, como vimos na carta cita- da na nota 1. 28 Por aquelas datas andaba Leandro Carré Alvarellos cunha Gramática gallega entre mans, aparecida en 1967. Contra os criterios de Carré (defendidos na súa Gramática e nos prólogos dos seus dicionarios) van os argumentos desta carta do 20-XII-66 de Piñeiro á RAG (conserva- da nos seus arquivos: “[...] Como norma xeral, coido que a Academia debe evitar moi coidadosamente o comprometerse en tentativas desti- nadas a forzar a rehabilitación masiva de arcaísmos fonéticos ou a preconizar seudo-arcaísmos que nos levarían a unha língoa académica inú- tilmente artificial e alonxada da realidade idiomática viva. A rahabilitación de arcaísmos léxicos, sintácticos ou fonéticos deberase facer con moito tino, i os seudo-arcaismos débense evitar. Endaxamáis os galegos dixeron absoluzón, condenazón, relazón, conceizón, etc. ¿Por qué, entón, escribilas?”. Carré disque tiña a pretensión de que a súa gramática fose a da Academia; de feito atribúeselle a el (oculto baixo as ini- ciais R. A. que se poderían ler “Real Academia”) un opusculiño xa dos anos 20 titulado Compendio de gramática galega. En 1961 (na Carta de Piñeiro a Carballo citada na nota 1) xa vimos que Piñeiro respiraba aliviado porque Carré ía desistir, pero debeu manter a súa aspiración ata o final. Piñeiro tiña pouca estima polo Carré gramático; en carta a Basilio Losada (223: 31-X-1967 Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia 1961-1984, 2009) di que no ano 1967, ademais da reedición da Gramática de Saco, “o Carré editou a súa, ben maliña por certo”. Así é que as palabras de Piñeiro ós académicos levaban engadida a intención de acautelalos contra Carré. Noutra carta (a 315: 22- III-70) ó mesmo destinatario, Basilio Losada, recunca (a propósito dun esbozo de Normas presentado por unha comisión espontánea: Piñei- ro, Carballo, Millán e Filgueira): “Como na Xunta de Goberno da Academia hai membros -concretamente Carré- con criterios ortográficos ríxidos e hoxe pouco aceptables...”.

13 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Estudos e investigacións sobre Ramón Piñeiro

de ser responsabilidade da Academia senón persoal dos seus autores28. Poden e deben publicarse Gramáticas galegas, pro con caráiter individual, sin comprometer máis auto- ridade que a persoal do seu autor, que pode ser moita. A Academia non pode compro- meter a súa autoridade máis que na Gramática normativa do galego. O desenrolo total do problema ten estas tres etapas forzosas: a) Estudo da realidade lingüística pra acadar o conocemento ouxetivo dos seus feitos. b) Redución da multiplicidade polifórmica [sic] eisistente, despois da asisada ponde- ración e contrastación dos seus elementos, a un sistema coherente e integrado. Labor moi delicado, que requere, tanto como os conocementos técnico-lingüísti- cos o conocemento vivo e íntimo do “xenio” do noso idioma. Non se poderán aplicar criterios apriorísticos demasiado ríxidos, senón, máis ben, sopesar os feitos á lus de varios criterios: da pureza fonética ou etimolóxica, do maior prestixio lite- rario, da meirande afinidade co portugués, da maior eufonía (criterio iste impor- tantísimo, por ser a musicalidade unha das leis esenciás do galego)29, etc. etc. c) Elaboración, co resultado das dúas operacións precedentes, da Gramática nor- mativa do galego, ou seña, da Gramática académica. Pra todos será evidente o encadeamento sucesivo das etapas. Nin se pode prescindir de ningunha delas nin se pode alterar o seu orde. Con eso voltamos á afirmación ante- rior: a Academia non está en condicións, hoxe en día, de publicar a Gramática do gale- go, ou seña, a sua Gramática, a Gramática da Academia. Non se caia no erro de coidar que a Academia non pode facer, nefeito, a sua gramá- tica hoxe en día, mais pode facer, en cambio, un epítome ou resume dela. Mentres non eisista a Gramática académica non poderá facerse un resume académico desa Gramáti- ca. Os problemas e dificultás son enteiramente os mesmos. Non se pode resumir algo que aínda non eisiste. E si o que se pide é un simple ensaio abreviado de Gramática galega, xa dixemos que ise labor é ben que se faga, pro sin comprometer nin [sic] máis que a autoridade persoal do seu autor, non a da Academia.

29 É un pouco estraño que recomende botar man do criterio da “eufonía” e da “musicalidade”. Que saibamos ningún planificador de linguas lle dá consideración práctica ningunha a este criterio; ou se lla dá é moi marxinal. Sabido é que a deriva das linguas (o cambio lingüístico), en fonética, se debe á perda ou gaño de trazos distintivos no momento da aprendizaxe da lingua; e aí non intervén para nada a eufonía senón a economía. Nas outras esferas da gramática sucede o mesmo. Para máis abundamento, en fonética e gramática os cambios empezan sendo “erros”; no proceso de aprendizaxe o neno perde trazos que non percibe ou engade trazos que cre percibir e polas razóns que sexa adquiren pertinencia. No léxico, a ampliación ou restrición de significados tamén obedece a mecanismos ben coñecidos entre os que pode tamén haber erros pero son máis raros; no léxico os cambios poden ser máis creativos pois na mutación de significados intervén a metáfora, a metonimia e a sinécdoque (que son figuras ben coñecidas da poética); pero estes cambios danse en tódalas linguas. Tamén hai outros menos “poéticos” pero son tamén universais. Naturalmente no léxico son frecuentes os préstamos de “necesidade” pero tampouco ten nada que ver a estética (aínda que en moitos casos a moda poida ser un factor que induza ó préstamo, especialmente se é de “luxo”, é dicir, de palabras que non enchen oco ningún). Así é que se unha lingua nos parece máis bonita que outra (que isto si realmente é un prexuízo) non é porque os ante- pasados nosos fosen máis artistas en materia de lingua que ningún outro pobo. Tódalas linguas son obras igualmente marabillosas (incluídas as que erroneamente adoitan chamarse “primitivas” ou de “pobos primitivos”). É bastante persistente en Piñeiro esta idea da “eufonía” por- que xa en 1950, doce anos antes, a propósito da poesía de Pimentel (en Monteagudo, edición de RP, O espertar da conciencia galega. Gale- guismo, cultura e identidade (Ensaios e artigos dispersos. 1959-1990), 2009, p. 222) dicía: “Cando no mapa da Romania occidental se foi indi- vidualizando a personalidade espiritual galega, coa creación dunha lingua propia –eco e reflexo da propia alma– esta lingua xa respondía ple- namente a esta disposición pola riqueza dos sons vocálicos, pola súa eufonía musical, pola gran riqueza e matización do vocabulario afectivo e pola súa capacidade para obxectivar as expresións grazas a unha típica utilización dos pronomes [a cursiva é miña]. Tan incomparablemente idónea para cultivar o lirismo que foi adoptada por moitos estraños, segundo testemuña o Marqués de Santillana”. Non hai lingua sobre a que non se dixesen algunha vez palabras semellantes e igual de prexuizosas cás de Piñeiro.

Nº 370 14 Estudos e investigacións sobre Ramón Piñeiro BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

O QUE A ACADEMIA PODE FACER Unha vez siñaladas as etapas da unificación lingüística, compre que consideremos o que a Academia pode e debe facer neste proceso unificador. A primeira etapa –a do estudo dos feitos lingüísticos que darán a imaxe real do noso idioma vivo– teñen que a realizar os lingüistas. Poderíaa realizar a Academia si contase con lingüistas dispostos a facer tal investigación. Si nonos ten, terán que a facer os lin- güistas interesados no problema, señan ou non da Academia, por non ser ésta necesaria para tal labor, inda que debería coidarse de non quedar ó marxe dun estudo tan funda- mental como é o do idioma. Logo veremos o que pode facer. A segunda etapa –a de ponderación, contrastación e seleición dos feitos idiomáti- cos que han de se integrar no sistema normativo do galego académico– ten que se levar a cabo dentro da Academia. Pro tén que ser obra de estreita colaboracion entre o saber lingüístico e mailo fondo, entranábel, sotil conocemento do xenio espresivo do gale- go30. A terceira etapa –a de elaboración da Gramática normativa do galego académico– tamén é da responsabilidaded da Academia. Mesmamente ahí é onde ten que compro- meter toda esa autoridade científica que tan xenerosamente, por reflexo da Española, lle reconoce o país, porque esa Gramática debe ser a chave do “galego común”. Bótase de ver que, das tres etapas, soio a segunda e máis a terceira son de realización intra-académica. A primeira é independente. Mais ocurre que sin realizar a primeira non se pode camiñar nas outras. De ahí que a Academia teña –ou polo menos deba ter– un interés moi direito na realización da pri- meira etapa. Ora, no caso de non ter no seu seo lingüistas en disposición de facer tales investigacións ¿cómo pode a Academia participar na súa realización? Pois pode facer unha cousa moi importante: poñer en marcha a investigación. A Academia pode con- vocar un concurso sobre os temas fundamentás que han de servir de base ó labor da segunda e terceira etapa. Non é necesario decir que os premios deberán ter o decoro que

30 Imaxinamos que nesta expresión “fondo, entranábel, sotil conocemento do xenio espresivo do galego” e na expresión mencionada antes “o conocemento vivo e íntimo do xenio do noso idioma” vai implícita tamén unha cautela contra os que consideraban factible o encargo dunha Gramática académica a lingüistas alleos á institución. Nunha carta a Pensado datada un ano antes da redacción deste documento que trans- cribimos (na carta XIII 2-I-62) dille: “Os da Academia Gallega andan agora moi preocupados co problema da Gramática do noso idioma. Nomearon unha Comisión, hai varios meses, integrada por Moralejo, Rabanal e máis Iglesia Alvariño, encargada de redactar unha Gramá- tica que logo sería sometida a consulta dunha comisión máis amplia, formada por Filgueira, Bouza, Taibo e Carballo Calero. Como morreu Iglesia Alvariño, e como os outros dous ponentes –Moralejo e Rabanal– estaban en Santiago, desináronme a min para sustituir a Aquilino. Ora, tanto Moralejo como Rabanal, que son dous lingüistas moi ben preparados, consideran que iles teñen un fallo importante: non seren galegos nativos”. No que se refire ó “xenio do galego” e, certamente, á preparación lingüística, creo que Piñeiro tamén ten reticencias sobre algún membro da “comisión ampliada” e doutros membros da Corporación que a final tamén van opinar e votar sobre un texto; xa apunta- mos antes o que opinaba de Carré; nunha carta a B. Losada (21-XII-62), contesta sobre un debate que houbera en La Noche entre Bodaño e Taibo; escribe BL (15-IX-62): “Lin na Noite a resposta de Bodaño ao artigo de V. Taibo encol de verba e palabra. Non vexo porque [sic] esa teima [supoñemos que de Taibo] ao galego das posibilidás de desenrolo natural a base de neoloxismos, lusismos, etc. ... O intento de arri- quecer o léxico con verbas novas desperta en certa xente verdadeiros arrepíos. Aínda a verba achádego ... paréceme dentro do esprito da lín- goa”. E contesta Piñeiro: “A polémica Taibo-Bodaño vai seguir: Taibo é un vello moi teimoso, que sin duda conoce ben o galego vivo pro carece de cultura filolóxica, razón pola que debera de evitar as aititudes dogmáticas que tanto lle gustan, e para máis maniféstaas polémica- mente”. Quedamos sen saber qué opinaba (filoloxicamente) de Filgueira, Bouza e Carballo. Nótese que Piñeiro non contradí as afirmacións de Basilio Losada, pouco en consonancia co pensar piñeirán de que os arcaísmos (como o é achádego) había que administralos con pruden- cia; pero precisamente esta palabra aparece tres veces nalgúns textos mencionados na nota 27 (achádegos 1951, 1957, achádego 1970); fron- te a ningún caso de achado e só unha atestación de achar. As ocorrencias de verba son 9 (fronte a 38 de palabra)

15 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Estudos e investigacións sobre Ramón Piñeiro

lle acai á propia Academia e que a importanza dos traballos requere. Non é ningunha empresa descomunal prá Academia o recabar as axudas económicas necesarias. Pedir e xuntar o diñeiro preciso pra promover o estudo do noso idioma entra plenamente na esfera das súas posibilidás. Máis aínda: por ise camiño é por onde a aitividade pode pene- trar na realidade viva do país. Si leva a cabo a súa misión nestas tres etapas, dentro de catro ou cinco anos poderá ser un feito a unificación “gramatical” do galego, e a partir de ahí comenzará a ser un feito a sua unificación cultural. Eso abondará pra que a Academia Galega se cubra de groria pra mentres eisistan galegos no mundo. A nosa língoa leva mil anos agardando por ese esforzo unificador. A Academia leva 55 anos sin facelo, tantos como ten de eisis- tencia. A oportunidade que agora se lle presenta de prestar ise trascendente servicio á nosa cultura é, quizáis, esceicional. Un deber de lealtade obrígame a confesar que no ánimo dos máis preocupados polos problemas do noso idioma –entre os que me conto– foi madurecendo dende hai tempo a idea de percurar a solución unificadora ó marxe da Academia, ou seña, de sustituir a autoridade académica pola autoridade científica. Un equipo de lingüistas galegos que está en formación, dentro de poucos anos poderá aco- meter e resolver científicamente o problema sin necesidade de contar coa autoridade da Academia. Así se resolveu o problema da unificación do catalán: coa autoridade cientí-

31 Tanto nos tempos coma nas estratexias o problema da normativa do catalán é máis complexo. No ano 1913 apareceu, promulgada polo Ins- titut d’Estudis Catalans, a normativa ortográfica. Nestas normas prevaleceron abrumadoramente os criterios de Fabra aínda que na Sección Filolóxica había outros membros, algúns lingüistas de prestixio: P. Fabra, A. Mª Alcover (o canonge mallorquín do Bolletí del Diccionari de la Llengua Catalana (1901-1926) e do Diccionari), Ll. Segalà (helenista), Fr. Clascar (hebraísta), J. Carner (escr.), A. Guimerà (escr.) e J. Mara- gall (esc. †1911). Pero as normas, oficialmente, son do Institut, non de Fabra. No ano 1917 apareceu un Diccionari ortogràfic redactado baixo a responsabilidade de Fabra, obra tamén do IEC. Un ano máis tarde apareceu unha Gramàtica catalana da autoría de Fabra só (non como Gramàtica do IEC). E no ano 1932 apareceu o Diccionari tamén obra individual de Fabra aínda que, coma no caso da Gramàtica canonizado como normativo debido á autoridade do autor e á súa pertenza ó IEC. Se se quixese que o proceso do galego se parecese ó do catalán o prazo de “catro ou cinco anos” habería que revisalo á alza e moito; entre outras cousas porque en 1962 sabíase moito menos do galego vivo e his- tórico do que se sabía do catalán nos Països Catalans en 1911. Hai que ter en conta que moitas das escollas a que se refire Piñeiro son de dicionario (e non de fonética ou gramática) e polo tanto unha toma de decisión non arbitraria supón revisar todo o vocabulario e xustificar cada escolla, ó que cumpriría engadir o tempo que levase despois a redacción do dicionario. Iso é o que xustifica que entre a fundación do IEC e a saída do dicionario catalán pasaran 21 anos. O tempo acabou demostrando que para o caso galego os cálculos de Piñeiro eran moi optimistas. 32 Non me resisto a engadir unha nota de carácter (case) autobiográfico a este escrito. Os aspectos principais dos que trata Ramón Piñeiro no seu informe (o problema do polimorfismo verbal e as sinonimias xeográficas) tocoume abordalos a min persoalmente vinte anos máis adian- te, no proceso de codificación do galego. Aínda que a autoría das Normas é institucional, as diferentes partes tiveron redactores diferentes e o capítulo referido ó verbo é da miña autoría; non lembro se nas discusións de posta en común tiven que alterar algo; creo que non. Despois das Normas, tamén polos anos 80 (a finais) traballei con Manuel González na elaboración do Vocabulario ortográfico da lingua galega; com- partía con este coautor os criterios xerais e as nosas discrepancias nunca chegaron ó extremo de ter que botar a sortes qué escolla incluïamos (nin sequera ó extremo de aceptar máis dunha opción para quedarmos os dous á par); iso permitiu que eu só fose o redactor dos Criterios que figuran á fronte da obra. Remito ó interesado a estes textos (ó capítulo do Verbo nas Normas e ós Criterios do VOLGa) para que se vexa en qué medida o traballo da Academia (máis ben do ILG, subscrito pola Academia) se axustaron ás expectativas de Piñeiro en 1962; as Nor- mas son de 1982, o VOLGa é de 2004, aínda que circulou unha versión provisional desde 1989. Non deixa de ter tamén a súa miga de iro- nía que fosen membros do equipo que redactou Gallego 1 os que redactaron as Normas en 1982. Nunha carta a B. Losada (27-V-1971) di: “no Seminario de Filoloxía Románica hai prexuicios que se refrexan no libro [Gallego 1]. Teñen a vision de fonetistas e de dialectólogos, que xa é de seu unha limitación, –¡a eterna limitación da técnica!– e a maiores uns certos prexuicios antiacadémicos e anti-varias-cousas”. Xa nunha carta anterior (22-III-1971), sobre un encontro de membros do Departamebnto de Filoloxía Románica con escritores, lle refería ó mesmo destinatario: “Tratouse de presentar como un frente de novos lingüistas e outro de vellos académicos o primeiro basado na ciencia e o segundo na literatura (pronunciando esta palabra co desdén que un positivista pronuncia a palabra metafísica)”. O retintín desdeñoso de “novos gramáticos” é bastante claro. E agora pode preguntar o lector: ¿quen foi ó rego de quen? Eu persoalmente non teño a impresión de ter mudado de ideal lingüístico; é verdade que entre Gallego 1 e as Bases e as Normas houbo algunha mudanza, que polo que a min respecta case sempre obedeceron a transaccións de carácter “político”; as normas, para ampliar o abano de adeptos, tiveron que ir pasando por varias negociacións e compromisos nos que houbo que ir cedendo (do que ás veces resultou unha perda de coherencia); pero nesa negociación as discrepancias non foron entre os puntos de vista dos novos lingüistas e os vellos académicos, que, á parte de Piñeiro eran bastante pouco exper- tos en lingua, se descontamos a Carballo, que nisto deixou de ser mesmo “vello académico” cando optou pola fuxida para o portugués. Así é que, non habendo necesidade de ir un ó rego do outro temos que interpretar aquelas reticencias de Piñeiro sobre o primeiro ILG (do que eu era un xoven) como un prexuízo escasamente fundado.

Nº 370 16 Estudos e investigacións sobre Ramón Piñeiro BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

fica de Pompeu Fabra31. Polo íntimo vencellamento persoal que teño cos nosos lingüis- tas e pola responsabilidade moral que me cabe como membro da Academia non me semella leal silenciar esta perspeitiva. Por eso, quéroa facer constar niste informe32. RAMÓN PIÑEIRO Compostela, febreiro do 1962

17 Nº 370

INTERVENCIÓN NO CONGRESO “RAMÓN PIÑEIRO E GALEGUISMO”

Benxamín Casal

Na longa traxectoria política de Piñeiro houbo actitudes e posicións que resultaron unhas veces polémicas, outras controvertidas e ata outras severamente criticadas mesmo por grupos, en principio, próximos a el. Para comprender mellor eses momentos da vida política de Ramón Piñeiro, quizais sexa conveniente identificar algúns elementos que, na procura da eficacia política, permanecen, ao meu xuízo, constantes en todo o seu per- corrido vital e político, para a partir deles observar e analizar os acontecementos máis salientables da acción política piñeirá. Estimo que estes elementos son: unha información sempre actualizada; uns obxecti- vos sinxelos e claros que mantivo inalterables ao longo da súa vida; e un enorme res- pecto polas institucións que Galicia se ía dando. De todo isto derivaron unhas estrate- xias que foron cambiando para tratar de acadar aqueles obxectivos permanentes, en fun- ción da realidade de cada intre histórico. Piñeiro di “o que máis me interesaba do galeguismo era a defensa dos dereitos de Galicia que eu resumía na defensa da súa personalidade cultural e no exercicio do auto- goberno”1. Nas anteriores palabras mantidas durante toda a vida reside o obxectivo pri- mario da política de Piñeiro e a el diríxense todas as súas actuacións durante os anos da transición. Nos derradeiros anos da ditadura franquista comezaron a xermolar, por toda Galicia, asociacións culturais de moi diversa orixe, pero co interese común de desenvolver acti- vidades en galego. Esta etapa tivo os seus froitos fundamentais en iniciar na participa- ción social a importantes grupos de poboación cidadáns e vilegos e, ao mesmo tempo, permitirlles un achegamento á realidade cultural pasada e presente de Galicia e un coñe- cemento dos referentes do seu carácter diferencial. Tiña pois un carácter prepolítico e o seu desenvolvemento ten unha evidente relación co labor realizado por Piñeiro dende a Editorial Galaxia e a revista Grial.

PRIMEIRAS ELECCIÓNS LEXISLATIVAS No ano 1977, a Piñeiro parecíalle que as opcións galeguistas presentes, polo seu doctri- narismo e falta de realismo e prudencia, “non podían mobilizar á gran maioría da comu- nidade galega, moito máis inclinada a contemplar e xulgar a realidade con criterios

1 Ramón Piñeiro, Olladas no futuro, , Editorial Galaxia, 1974, p. 10.

19 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Estudos e investigacións sobre Ramón Piñeiro

obxectivos”2 e xa que logo, como o resultado das eleccións se prevía favorable ás forma- cións políticas de ámbito estatal, era necesario contar con todos os galeguistas de sensi- bilidade estiveran no partido que estiveran. En marzo dese mesmo ano, Piñeiro promove a publicación na prensa dun documento chamado Manifesto dos 29. Entre os 29 asinantes, ademais dos máis significados membros do grupo Galaxia, figuraban outros galeguistas vencellados ao galeguismo do exilio. Neste manifesto facíase un chamamento aos partidos políticos de Galicia para que establecesen un pacto que se cinguise á defensa dos dereitos do pobo galego en dous niveis, o primei- ro, a defensa da estrutura federal do estado e para o caso de que esta fórmula non prospe- rase, estaríase a esixir o principio de igualdade de trato coas nacionalidades históricas. A procura da unidade que latexa no documento dos 29 é unha teima antiga por parte de Piñeiro consciente de que a consecución dos dereitos de Galicia é unha loita contra o poder político do centralismo e o poder social da burguesía e da igrexa, e nesta desi- gual loita o galeguismo precisa alianzas3. A presenza de Ramón Piñeiro nunha candidatura ao Senado nas eleccións xerais de 1977, apoiada por 5 partidos4, é tamén unha consecuencia non buscada do intento piñeirán de procurar un compromiso unitario entre as forzas políticas que aceptan o autogoberno de Galicia, sexa coa fórmula federal ou coa autonómica. Nin el nin outros que o acompañaban tiñan expectativas persoais de obter poder político, como non as tivo despois cando se presentou como galeguista independente nas listas do PsdeG- PSOE ao Parlamento de Galicia.

O DIFÍCIL CAMIÑO DO ESTATUTO O 18 de abril de 1978 constitúese, no Pazo de Xelmírez, a Xunta da preautonomía de Galicia baixo a presidencia de Antonio Rosón, vello amigo de Ramón Piñeiro. Dende entón, boa parte das decisións que ha tomar Rosón son previamente consultadas con Piñeiro e isto xa se bota de ver no discurso que o presidente Rosón5 pronuncia na cons- titución da Xunta preautonómica, por atoparse nel as ideas de unidade e vencello co pasado histórico nas que tantas veces insistiu Ramón Piñeiro. Tras da unidade política está a aceptación do pluralismo democrático existente e o vencello co pasado histórico equivale a darlle prioridade política á elaboración do Estatuto de Autonomía. Hai des- pois un chamamento ás diferentes forzas políticas e entidades socioeconómicas para que

2 Ramón Piñeiro, Carta a Marino Dónega, Nadal de 1976 en: Miguel Barros: Ramón Piñeiro e a revisión do nacionalismo, Vigo, 2009, pp. 561- 563. 3 Ramón Piñeiro, “Castelao y su relación con Cataluña” en La Vanguardia, 18-12-1984. “[...] si se sabe que la lucha reivindicativa en Galicia fue protagonizada por las minorías intelectuales, no solo frente al poder político del cen- tralismo, sino simultáneamente frente al poder social de la burguesía y de la Iglesia, en Galicia tradicionales y beligerantes aliados del esta- do centralista, se comprende la necesidad de buscar alianzas”. 4 Carlos Casares, Ramón Piñeiro unha vida por Galicia , A Coruña, Fundación Caixa Galicia, 1991, pp. 123-124. “[...] candidatura conxunta ao Senado apoiada polo Partido Popular Galego, Partido Socialista Galego, Federación Socialista Galega-PSOE, Partido Comunista e Movemento Comunista de Galicia”. 5 Benxamín Casal en Ceferino Díaz, A esforzada conquista da autonomía, Vigo, 2007, pp. 61-62.

Nº 370 20 Estudos e investigacións sobre Ramón Piñeiro BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

se impliquen na transcendental tarefa de redactar un anteproxecto de Estatuto de Auto- nomía, presentando comunicacións, propostas e textos e máis tarde a elección, para o cometido de sistematizar as achegas recibidas, de dezaseis persoas en representación do mundo político, sindical e cultural, mesmo forzas extraparlamentarias, un colectivo plu- ral que se coñecerá como a Comisión dos 16, encargada da redacción do anteproxecto de Estatuto de Galicia. Cando no ano 1978 uns galeguistas o convidan ao acto refundacional do partido galeguista en Poio, Piñeiro, que xa propiciara a creación dun partido demócrata cris- tián galego e outro socialista galego, lembra que, como dixera Bóveda, “o galeguismo é máis, moito máis, que un partido político”6. Tamén podía ter na mente as palabras de Víctor Casas7 que prevían que, coa chegada da autonomía, o nacionalismo dividiríase en dereitas e esquerdas e mesmo as de Castelao, que admite a necesidade dunha esci- sión dese tipo no partido galeguista cando Galicia “conquira os seus anceios mínimos de liberdade”8. Velaí porque Piñeiro non considera acertado pechar as arelas galeguis- tas nun só partido e polo tanto non lle parece conveniente, para os intereses do parti- do galeguista agora recreado, que el fale no congreso tal como lle propoñen. Algúns dirixentes dese partido, pouco coñecedores do carácter e o pensamento de Piñeiro, insisten en forzar a súa presenza no congreso, coa infundada suposición de que, ao encontrarse sometido á presión da masa congresual, da que formarían parte algúns ami- gos seus, abandonaría os seus obxectivos e cedería aos desexos dos militantes do parti- do galeguista de que se sumase aos seus postulados e os amparase no monopolio do galeguismo. Tal como sabían os que o coñecían, non sucedeu así, Piñeiro mantívose fiel aos seus obxectivos e encheu de decepción aos que esperaban un cambio de acti- tude. As eleccións lexislativas do 1 de marzo de 1979 desembocan nunha nova Xunta pre- autonómica de moi diferente estilo á anterior. As primeiras medidas visualizan o cambio de política: a Asemblea de Parlamentarios de Galicia non ratifica o anteproxecto de Estatuto aprobado pola Comisión dos 16 e Rosón cesa como Presidente da Xunta. Estes cambios, que son o resultado do chamado proceso de reordenación autonómica no que se quere utilizar o Estatuto de Galicia para iniciar un sistema autonómico dotado de menores competencias, rematan a noite do 21 de novembro de 1979 coa aprobación, na Comisión Constitucional e só cos votos do partido do goberno, do texto do Estatuto de Galicia. Piñeiro, que ía seguindo paso a paso os avatares do Estatuto na Comisión Constitu- cional, non tivo que esperar ao día 21 de novembro para saber que triunfaría a tese do goberno impoñendo, ademais doutros recortes, a cláusula transitoria terceira. Por iso,

6 Citado en Xavier Castro, O galeguismo na encrucillada republicana, A Coruña, 1985, p. 163. 7 Víctor Casas: “Fenestra” en El Pueblo Gallego, 28-06-1931, p. 9. 8 Castelao, Sempre en Galiza, Bos Aires, Edición As Burgas, 1961, p. 26.

21 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Estudos e investigacións sobre Ramón Piñeiro

comezou a redacción dun novo documento público e contactou as asinantes, para que o día 22 de novembro a prensa publicase o Manifesto dos 25, no que se refugaba a discrimi- nación exercida sobre Galicia e se quería unir a voz dos asinantes á dos que defendían os dereitos de Galicia, na súa plenitude constitucional, esixindo un estatuto, con peculiari- dades diferentes ao vasco e ao catalán, pero con idénticos dereitos autonómicos. O descontento de Piñeiro e dos galeguistas que o secundaban, tamén o dos partidos autonomistas, concellos, sindicatos e o da propia sociedade galega callou nas manifesta- cións do 4 de Nadal de 1979, as máis numerosas que se lembran nas cidades galegas.

REALIDADE GALEGA E OS PACTOS DO HOSTAL Actuar politicamente con apriorismos afastados da realidade do momento conduce ine- xorablemente ao fracaso. Piñeiro sempre tivo moi claro que a información lle daba o coñecemento da realidade que necesitaba para actuar. Hai dúas etapas na vida de Piñeiro nas que a utilización da información, para a con- figuración da realidade que ha condicionar a toma de decisións políticas, tivo especial relevancia. Unha delas foi a dos meses nos que se estivo elaborando o Estatuto de Gali- cia de 1980. Partindo da non aceptación do Estatuto aprobado na Comisión Constitucional das Cortes só cos votos da UCD que, ao establecer a cláusula transitoria terceira, rabenaba as nosas posibilidades de autogoberno que a Constitución do 78 lexitimara, Piñeiro tenta buscar saídas ao atranco político no que Galicia nese tempo se atopaba. Co fin de avaliar as posibilidades de intervención que algúns galeguistas próximos a el demanda- ban, promove varias xuntanzas e vai perfilando un instrumento político nacido, di, “da necesidade de dar unha resposta positiva á opinión galeguista non militante en partidos, que se sentía desorientada e preocupada ante a situación autonómica”. Froito desta estratexia nace Realidade Galega que se presentou en Santiago de Com- postela o 6 de marzo de 1980 cun manifesto asinado por 67 persoas. O grupo promotor pertencía ao galeguismo galaxián e as persoas asinantes, dicía Piñeiro “procurouse que foran de abondo heteroxéneas para que non puidese, en modo algún transformarse nun partido político”. En Realidade Galega quérese artellar unha representación do país, minoritaria e plu- ral, na que os seus membros aceptan unanimente e sen reservas o autogoberno, a lingua e os dereitos de Galicia como nacionalidade histórica, pero ao mesmo tempo teñen fon- das discrepancias sobre a forma que debe tomar o autogoberno, a onde se ha dirixir o país, cómo se deben aproveitar os recursos, o peso que debe ter o goberno na dirección da economía etc. É dicir, unha organización plural de galeguismo transversal. Paradigma do que se desexa para o país. Realidade Galega tiña dúas metas, unha: axudar á procura dunha saída política ao atranco autonómico sobre a base dunha rectificación de UCD á reforma do Estatuto;

Nº 370 22 Estudos e investigacións sobre Ramón Piñeiro BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

e no caso de non se lograr a anterior meta, facer fronte á crise política derivada dese fracaso organizando unha corrente autonomista baseada no estudo dos problemas de Galicia. O logro do primeiro obxectivo, por manter a posición de Galicia ao nivel das outras nacionalidades históricas, fixo innecesaria a continuidade de Realidade Gale- ga. Ante a pasividade do partido gobernante, que deixa pasar o tempo sen facer nada para resolver o problema xurdido, Realidade Galega emite, co título “Ante o Referen- do”, o seu segundo manifesto o 10 de abril de 1980, no que insiste dun xeito máis explí- cito na necesidade de que UCD pode e debe rectificar “a actitude impositiva, arbitraria que se aplicou nas Cortes á negociación do noso estatuto”, e facelo antes do referendo mediante negociación cos partidos interesados na autonomía. A estratexia despregada por Piñeiro exerceu unha forte presión sobre a opinión pública e sobre membros moi significados da UCD galega para que se aceptase o fraca- so do que se deu en chamar o “estatuto da aldraxe” e se abrisen conversas con todas as forzas políticas parlamentarias e extraparlamentarias para reformar o texto antes de sometelo a referendo. A presión chegou a ser tan grande que a UCD central enviou a Galicia a Pío Cabanillas co cometido de entrevistarse con algúns galeguistas e desacti- var os movementos que estes facían en contra do Estatuto. Cando Pío chega a Galicia, Realidade Galega estaba en fase de preparación, o grupo promotor mantivera catro reu- nións e xa contactara con boa parte dos futuros asinantes do manifesto fundacional. A entrevista que mantén con Piñeiro e outros tres galeguistas, que despois serían membros de Realidade Galega, remata sen o resultado que el desexa, Realidade Galega continúa o seu camiño para esixir a rectificación de UCD e Pío Cabanillas deixouno ben explíci- to ao declarar á prensa: “estes señores non pensan coma min”. Parecía quedar clara a firmeza da actitude de Piñeiro e os galeguistas que o secunda- ban en Realidade Galega verbo do Estatuto, porén, aínda se había tentar de novo tor- cela. A UCD madrileña non desiste do seu intento de facer desaparecer o atranco que a actitude de Realidade Galega supón para a posta en marcha do referendo do primeiro Estatuto, que iniciaría a baixa das reivindicacións autonomistas doutras comunidades. No verán de 1980, Adolfo Suárez desprázase a Galicia e permanece nas Rías Baixas un certo tempo co fin de elevar a confianza dos ucedeos galegos e buscar apoios para o Esta- tuto que o seu goberno impuxera. Mediante o santiagués Suárez Núñez, naquela altura senador de UCD, o presidente Adolfo Suárez invita a Piñeiro a entrevistarse con el. A invitación foi declinada e a negativa de Piñeiro tiña o claro significado de evitar que esa visita fora utilizada mediaticamente para desvirtuar a posición e a unidade de Realidade Galega en beneficio dos intereses do centralismo ucedista. Dende o 22 de novembro de 1979, data na que se fai público o Manifesto dos 25, ata o 29 de setembro de 1980 día no que se dá remate aos Pactos do Hostal, Piñeiro leva a cabo unha intensa actividade que se materializa en contactos con galeguistas, persoeiros

23 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Estudos e investigacións sobre Ramón Piñeiro

da cultura e destacados militantes de todas as forzas políticas e sociais. Ao principio, nomeadamente con políticos da UCD para convencelos de que o Estatuto chamado da “aldraxe” pode e debe reformarse antes de sometelo a referendo e despois tamén cos do PSdeG-PSOE servindo de ponte cando se inician as negociacións para desbloquear o impasse estatutario. Menos de tres meses despois dos acordos que alumaron no Hostal un Estatuto digno para Galicia, os galegos fomos convocados a referendalo, sen tempo de abondo para que se lle transmitise á cidadanía as virtudes deste texto, cando, en troques, houbera dez meses de rexeitamentos ao anterior, votado só pola UCD. Isto unido a unha errada pro- paganda institucional da Xunta preautonómica e que a maioría dos partidos facían unha campaña morna ou non a facían, desembocou nun clima de grande atonía política que obrigou a Realidade Galega a emitir o seu terceiro manifesto, publicado o día antes do plebiscito, no que se animaba a votar porque con este voto, dicíase, “deféndense os dereitos de Galicia”. Pero ademais, paralelamente ao manifesto de Realidade Galega, un grupo ideoloxicamente plural de 15 persoeiros do vello galeguismo da anteguerra pro- pugnaba o si para o Estatuto no acto conmemorativo do trixésimo aniversario da funda- ción da editorial Galaxia.

CANDIDATO A DEPUTADO Aprobado o Estatuto de Autonomía de Galicia cun feble apoio no referendo, a preocu- pación de Piñeiro era buscar outros medios de fortalecer o nacemento da Autonomía e dar maior credibilidade ás institucións, que podían sufrir a deterioración consecuente ao longo proceso da reforma estatutaria. Entende que a debilidade dos partidos netamente galegos vai deixar a Cámara orfa do pensamento galeguista. Para el, o bo funcionamen- to do Parlamento de Galicia esixe que se estableza unha certa restauración do proceso iniciado nos anos trinta e que a maioría dos deputados sexa consciente da existencia dunha realidade política galega diferenciada. Para iso é necesario que haxa na Cámara un número mínimo de deputados que actúen como xermolo galeguista e defendan a con- solidación da Autonomía salvando os posibles atrancos que puidesen obstaculizala. Aínda que pensaba que “o papel político dos intelectuais na sociedade ten que ser de independencia crítica”, diante da Galicia daqueles momentos cría que “deberán partici- par no desenvolvemento autonómico”. Pola súa banda, a dirección do PSdeG-PSOE quería evitar que a Autonomía nacese feble e trata de fortalecela abrindo as súas listas “a persoas de prestixio que contribuísen a dar maior credibilidade ás institucións autonómicas que ían nacer”9. A Piñeiro, cando lle comunican esta proposta, parécelle politicamente acertada e xenerosa e ofrécese a axudar na elección desas persoas que, por indicación do propio Piñeiro e aceptación da

9 Ceferino Díaz, A esforzada conquista da autonomía, Vigo, Editorial Galaxia, 2007, p. 42.

Nº 370 24 Estudos e investigacións sobre Ramón Piñeiro BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

dirección socialista, recaería en Carlos Casares e Benxamín Casal. Sabedores os socia- listas do alto grao de compromiso manifestado en todo momento por Piñeiro a prol do desenvolvemento autonómico pídenlle que sexa el unha das persoas integrada nas listas do PSdeG-PSOE e acepta aínda sendo consciente do alto custe persoal e político que a decisión comportaba. Naquel mes de xuño de 1981, o último domingo do mes como adoito, celebrouse en Trasalba a tradicional festa que a Fundación Otero Pedrayo lle dedica ao patriarca das letras galegas. Na xuntanza alí levada a cabo, Ramón Piñeiro deu conta á plana maior do galeguismo alí presente das ofertas que se recibiran para que os galeguistas participasen nas eleccións formando parte das listas dalgúns partidos: “Todos os asis- tentes estiveron de acordo na necesidade de aceptar aqueles ofrecementos, pois era a única maneira de garantir a presenza do galeguismo no primeiro Parlamento de Gali- cia”10. Pola contra, non estiveron de acordo con esta decisión os mozos galeguistas que xira- ban arredor do proxecto galeguizador de Galaxia, case que todos eles militantes en par- tidos da esquerda nacionalista. A súa discrepancia baseábase en non admitir que os inte- lectuais perderan a independencia integrándose nas listas dun partido estatal que por riba ía enfrontarse coas alternativas xenuinamente galegas. Aínda que, en xeral, non dubidaban da recta intención de Piñeiro criticaban o que estimaban o seu desacerto político. Foi moi doloroso para Piñeiro recibir esas críticas, que nalgúns casos foron extremadamente duras. Certo que xa as esperaba. Sabía que as habería e que a decisión que ía tomar comportaba uns custes moi altos, pero sabía tamén que era iso o que tiña que facer e fíxoo. No limiar que Piñeiro escribiu para As mocedades galeguistas de Argimiro Rojo poden atoparse as claves que explicarían aquelas discrepancias de Piñeiro coa mocida- de no ano 1981. Comenta a diferente evolución da manifestación ideolóxica do parti- do galeguista e das mocidades galeguistas e sinala que “mentres o partido vai flexibili- zando a súa actuación política cara a unha adaptación pragmática ás realidades que poden facer posible a consecución do noso estatuto de autonomía, as mocedades van radicalizando o seu radicalismo nacionalista. En realidade, tanto o partido como as mocedades tiñan unha mesma fonte doutrinal que seguía a ser o núcleo fundamental do pensamento galeguista; pero Bóveda, Castelao, Gómez Román, e en xeral os diri- xentes do partido, distinguiron nidiamente entre as metas ideais da doutrina e as posi- bilidades políticas da realidade. E, ao teren como obxectivo político inmediato a con- secución do estatuto de autonomía, encontráronse coa realidade crúa e núa de que só as esquerdas, e máis singularmente Azaña, estaban dispostas a apoiar o noso estatuto. E pactaron con Azaña”.

10 Ramón Piñeiro: Da miña acordanza, Vigo, Editorial Galaxia, 2002, p. 217.

25 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Estudos e investigacións sobre Ramón Piñeiro

PRIMEIRA LEXISLATURA DO PARLAMENTO DE GALICIA Cando comezaron en Cataluña as reivindicacións do Estatuto, Ramón Piñeiro dicía “os cataláns teñen conciencia de país e esixen a autonomía, en troques a nós cómprenos a autonomía para construír o país”. Nunca abandonou a idea de que as institucións son fontes de creación de conciencia cívica. Aquí reside a causa doutra decisión controver- tida, a de votar, no Parlamento da nosa comunidade, a candidatura de Fernández Albor como Presidente da , sendo Piñeiro deputado do grupo parlamentario socialista e Albor candidato do Partido Popular. Co seu voto e os dos dous galeguistas independentes que o acompañaban no Parlamento, trataba de fortalecer unha institu- ción importantísima que daquela encetaba a súa andaina e podía levalo a cabo facendo uso dunha independencia previamente pactada cos socialistas galegos. Sen facerse notar, tal como claramente o expresou Siro no debuxo do seu pasamen- to, así foi en vida. Coa mesma discreción moveuse no Parlamento de Galicia, pero a súa presenza significou consenso, conciliación e acordo, que deron os froitos dalgunhas leis fundamentais para Galicia como a Lei de Normalización Lingüística discutida en ponen- cia conxunta e aprobada por unanimidade, despois dunha inesquecible intervención de Piñeiro, ou a lei que creou o Consello da Cultura Galega do que logo sería o seu primeiro presidente. No Parlamento, Piñeiro exerceu un calado, sutil pero eficiente maxisterio galeguiza- dor, paseniño foise aceptando por todos os deputados a obriga moral de esforzarse por utilizar cada vez máis o galego como lingua habitual do Parlamento, e foise creando tamén como un substrato común: o galeguismo transversal pregoado por Piñeiro, que nos graves momentos da discusión da lei de sedes, serviu de protección fronte ás tenta- cións localistas. Tal foi a influencia exercida, que non dubido en recoñecer como un dos froitos desta impronta galeguista na primeira lexislatura do Parlamento de Galicia, que na segunda se rexistre a presenza de máis dun 20% de deputados galeguistas e de tres par- tidos exclusivamente galegos.

Nº 370 26 INTERVENCIÓN NO CONGRESO “RAMÓN PIÑEIRO E GALEGUISMO”

José Luis Meilán Gil

I Creo que cumple en primer término felicitar a los organizadores de estas jornadas en torno a Ramón Piñeiro, nombrado para conmemorar este año de 2009 el Día das Letras Galegas, La Real Academia Galega y el Consello da Cultura Galega, así como agrade- cerles, en la persona de sus Presidentes y del coordinador del seminario la invitación a participar en esta mesa redonda con personas significativas en relación con el asunto que nos reúne. No quisiera decepcionar, pero me parece que no puedo aportar demasiado sobre la figura de Ramón Piñeiro con el que coincidí en escasos y esporádicos momentos. Que recuerde, en el Hostal de los Reyes Católicos, con otros compañeros durante la tramita- ción del Estatuto de autonomía, en una cena en la antigua sede de La Voz de Galicia con motivo del premio Fernández Latorre que me habían otorgado, en el inicio del Conse- llo da Cultura Galega en la sede provisional y modesta de una rúa compostelana. Asistí a una conferencia suya en el hotel Araguaney sobre su visión de la historia de Galicia que coincide con lo publicado por Galaxia en un librito primoroso bajo el escueto titu- lo Galicia que he leído. También tuve oportunidad de escucharlo en su defensa de la capitalidad autonómica en Santiago. Dado que Ramón Piñeiro fue fundamentalmente socrático, de lo que ha quedado como icono la celebrada camilla o sus tertulias en cafés compostelanos, a cuyas reunio- nes no tuve acceso, mi testimonio sobre Ramón Piñeiro no proviene de un conoci- miento inmediato y directo de su persona, sino de su posible significación, desde mi punto de vista, en la llamada transición política y en el inicio de la autonomía política de Galicia al amparo de la Constitución de 1978. De la etapa anterior a 1977 no puedo aportar ningún testimonio y no tengo que dudar del reconocimiento que aquí mismo se ha hecho de su peripecia vital y de su impulso y contribución a la defensa y promoción de la lengua y la cultura gallega.

II Tratándose de un testimonio personal he de manifestar con toda claridad y sin que ello suponga valoración alguna que Ramón Piñeiro y su pensamiento no me influyó en mi actividad pública que va de 1977 a 1982, cuyos hitos fundamentales fueron: la creación

27 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Estudos e investigacións sobre Ramón Piñeiro

del Partido Galego Independente, con el que participé en las primeras elecciones demo- cráticas en junio de 1977 formando parte de la Coalición Unión Centro Democrático (UCD), la elaboración de la Constitución de 1978 y el Estatuto de autonomía de 1981. La no influencia de Ramón Piñeiro, antes anunciada, queda clara en la iniciativa del PGI. Una idea central de Piñeiro, ampliamente aireada y enjuiciada de un modo con- tradictorio, era que en la nueva etapa que se abría con la democracia lo verdaderamen- te importante no era que existiese un partido galeguista –en el que había militado- sino que “teríamos unha Galicia galeguista” (tomo la cita de una carta de 1976 según Gerar- do Fernández-Albor, de cuya presidencia me congratulo). Con sus limitaciones, el Partido Galego independiente, ajeno a controversia dialéc- tica alguna, respondía a una concepción opuesta: una formación política nítidamente gallega, defensor de la autonomía y reconocedor de la identidad propia de Galicia, un hecho diferencial manifestado “na cultura, a lingoa, a tradición e as instituciones públi- cas e privadas”. No nos vestíamos de nacionalistas. Como en alguna ocasión he dicho de un modo quizá expresivo en exceso, no soy -éramos- nacionalista de placenta. Había una conciencia de que esa idea, de la que forma parte el sentimiento había sido fijada a “trasverso dos séculos”. Personalmente lo había manifestado con anterioridad en inter- venciones públicas y publicadas. Me atrevo a asegurar que tampoco Ramón Piñeiro tuvo influencia en Gómez Fran- queira que, para participar en las elecciones con UCD, creó el Partido Popular de ligado al entonces Partido Popular en el que militaba Pío Cabanillas. Desco- nozco si la tuvo en Víctor Moro que encabezó la lista de UCD en Pontevedra. Quizá la tuviese ya en Antonio Rosón, cabeza en Lugo con una lista independiente, como más tarde podría afirmarse en la etapa preautonómica.

III Ninguna influencia de Ramón Piñeiro puedo reconocer en mi aceptación del térmi- no nacionalidades introducida en la Constitución por Roca y Herrero de Miñon, como consta en un testimonio publicado de éste último. La influencia puedo reconocerla del Informe Kilbrandon on the Constitution, que manejé en trabajos académicos, fruto de una Royal Commission en el Reino Unido cuya estructura territorial –Inglaterra, Esco- cia y Gales- tiene más cercanía a España que el federalismo, término que no es de buen tono utilizar en el Parlamento británico. Por eso no me resulta difícil, al contrario, es motivo de orgullo haber presentado y defendido en el Congreso de los Diputados la disposición transitoria segunda de la Cons- titución en la que figuran, sin ser nombradas, País Vasco, Cataluña y Galicia. Por la misma razón tengo también como honor haber incorporado al Estatuto de autonomía de Galicia la expresión “nacionalidad histórica” que no consta en la Constitución, ni en los Estatutos del País Vasco y de Cataluña aprobados con anterioridad.

Nº 370 28 Estudos e investigacións sobre Ramón Piñeiro BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

No existía precedente del Consello da Cultura Galega que se incluyó en el Estatuto por mi iniciativa personal para “a defensa e promoción dos valores culturais do pobo galego”, del que Ramón Piñeiro fue su primer presidente. Confieso que tuve una prime- ra idea de proponer la inclusión de la Real Academia Galega. Me pareció que el Con- sello tenía una mayor amplitud ya que, en definitiva, en los valores culturales se encuen- tra también la lengua. No me parece que la existencia de las dos entidades haya sido una mala solución.

IV Desde algunas opiniones se ha enfatizado la influencia de Ramón Piñeiro en la apro- bación definitiva del Estatuto de autonomía, como impulsor de Realidade Galega, un grupo autodeclarado como apartidista formado por profesionales e intelectuales vincula- dos, al menos culturalmente, al galleguismo, que se presentó al público en marzo de 1980. Desde mi perspectiva testimonial de lo que viví en aquella etapa de elaboración, debate y definitiva aprobación del Estatuto en el Congreso de los Diputados y el refe- réndum posterior, la actitud pública de Ramón Piñeiro que, al parecer, lideraba el grupo, fue positiva para el éxito final del tortuoso curso que hubo de seguir el Estatuto, de lo que he dejado constancia por escrito. Podría decirse que ese final ocurrió “post hoc”, pero en modo alguno “propter hoc”, acudiendo el título de uno de los capítulos de la conocida serie televisiva El ala oeste de la Casa Blanca. Atribuirle el papel de mentor de lo que sucedió es una mitificación, si se me permite la palabra. Algo parecido es lo que se ha producido con unas manifestaciones del 4 de diciembre de 1979 o con el llamado Estatuto dos 16. Para la desmitificación que requiere la historia, como tarea científica, además de analizar con los datos disponibles la entidad de esos hechos, conviene situarlos en el marco propio de un Estado democrático de Derecho, en el que los partidos políticos son un instrumento fundamental para la participación política, expresan el pluralismo, como dice la Constitución y permiten la alternancia en el gobierno, como hemos com- probado. Ni Realidade Galega, de vida efímera, ni formaciones políticas que no han obtenido el número suficiente de votos para tener una representación parlamentaria pueden suplantar o sustituir a las que lo tienen por haber sido respaldadas democrática- mente por el pueblo. En las elecciones de 1977 UCD obtuvo una amplia mayoría en Galicia, revalidada en 1979. Tenía una legítima responsabilidad de impulsar la autonomía sin ánimo exclu- sivista ni excluyente, de lo que puede aportarse como un aval la manifestación del 4 de diciembre, con participación de todos los partidos y organizaciones que quisieron acudir y fueron muchas. En primera fila de la celebrada en A Coruña estábamos todos los dipu- tados y senadores por la provincia y Domingo García Sabell, senador real, que figuró más tarde como integrante de Realidade Galega.

29 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Estudos e investigacións sobre Ramón Piñeiro

El Estatuto no debía ser patrimonio de los partidos políticos que teníamos represen- tación en Galicia: UCD, PSOE, AP. En esa línea habrá que entender la convocatoria que Antonio Rosón, como Presidente de la Xunta preautonómica, hizo a todos los par- tidos políticos, entidades culturales, sociales y sindicales para colaborar en la redacción de un anteproyecto. Quizá en esa iniciativa hubiese podido existir alguna conexión con Ramón Piñeiro ya que de la Xunta plural que Rosón presidía formaba parte Marino Dónega, uno de los integrantes de Realidade Galega. Las propuestas recibidas fueron trasladadas a la asamblea de parlamentarios gallegos que acordó nombrar una Comisión de 16 personas en representación de UCD, PSOE, AP y también del PC, aunque no tenía parlamentario alguno en Galicia, y tres de las fuerzas políticas y sociales que habían presentado propuestas, para ver qué tratamiento habría de darse al material recibido. De ahí salió el denominado con evidente impro- piedad Estatuto dos 16. Un trabajo encomiable que no debía pasar de ser una labor de sistematizar las aportaciones como decía el reglamento del citado grupo de trabajo, que ni por su composición, ni por una inexistente e imposible delegación podía asumir lo que era competencia exclusiva de los parlamentarios, en función de la representación que habían obtenido en la correspondiente elección. La mitificación que se ha esforza- do interesadamente en construir supone una sorprendente negación de las bases del sis- tema democrático. Sobre el efecto fulminante que se pretende atribuir a las manifestaciones del 4 de diciembre de 1979 para conseguir la revisión del texto de Estatuto aprobado en la Comi- sión del Congreso me remito a experiencias próximas y menos próximas para compro- bar el efecto “manifiestamente mejorable” por decirlo en clave de humor que han teni- do en diferentes gobiernos. Digamos que esas manifestaciones, como el escrito de 25 personas que integrarán más tarde Realidade Galega, entre las que se encontraban Ramón Piñeiro, los comen- tarios y titulares de prensa, el mismo eslogan del aldraxe, ayudaron al buen fin. Hechos de política general –referéndum andaluz, moción de censura a Suárez- coadyuvaron. Pero el final consensuado de los Pactos del Hostal no hubiera sido posible si dentro de la UCD gallega no existiese una voluntad mayoritaria de conseguirlo, frente a posicio- nes divergentes en el ámbito estatal y gallego de UCD y la reticencia e incredulidad en el buen fin manifestada por quienes como AP esperaban el desgaste de UCD o como el PC que tuvo preparados carteles para certificar el fracaso de la convocatoria del Hos- tal. La Constitución del Comité gallego de UCD y su actividad en el verano de 1980 constituyen un testimonio claro de cuál era nuestra posición, plasmada en las “Bases para un acuerdo sobre el Estatuto de Galicia” que serviría para la convocatoria y traba- jo de la reunión en el Hostal de los Reyes Católicos en Santiago. La estancia del presi- dente Suárez en la Atlántida no tenía la intencionalidad determinada de enfocar el pro-

Nº 370 30 Estudos e investigacións sobre Ramón Piñeiro BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

blema del Estatuto de Galicia, pero fue aprovechada por el comité gallego de UCD para que el Presidente asumiese lo acordado por el Comité. En la reunión del Comité con Suárez no estuvieron ni Pío Cabanillas, ni el ministro Sancho Rof, que no participaron en las reuniones del Comité, ni tampoco lo harían des- pués en las que condujeron al Pacto del Hostal. Uno u otro quizá tuvieron que ver con la elección de la residencia veraniega de Adolfo Suárez, a través de algún amigo en la provincia de Pontevedra. Aunque sea anecdótico, pero ayuda a comprender como se movían los actores en aquellas circunstancias, habría que recordar que Pío Cabanillas procuró entretener a un Adolfo Suárez que había pasado por un año duro, con una importante crisis de gobierno por la dimisión de Fernando Abril, su mano derecha de muchos años. El buen olfato político de Pío Cabanillas le guiaba a esas atenciones a un Suárez cansado y cuya estrella empezaba a declinar, que fructificarían en su incorpora- ción al Gobierno. En el marco de esas atenciones habría que situar la procura de establecer contactos con Ramón Piñeiro y otros miembros de Realidade Galega. No se realiza una interpre- tación sesgada y parcial si se afirma que el contacto con los galleguistas piñeiristas se pro- curó por los menos autonomistas de los parlamentarios. Un elemento para sostener esa interpretación la proporciona la sintonía de Cabanillas con Calvo Sotelo, evidenciado cuando este llegó a Presidente del Gobierno y en cuyas Memorias reconoce con toda cla- ridad que era partidario de que sólo el País Vasco y Cataluña deberían constituir un grupo diferenciado dentro de las Comunidades autónomas. No sería honesto si no recordase que Realidade Galega en un comunicado a la pren- sa el 10 de abril de 1980, de cara al referedum del Estatuto aprobado definitivamente decía que “está na conciencia de todos que hai personalidades e grupos de UCD de Gali- cia que se esforzaron por lograr que o Estatuto acadase unha mayor efectividade auto- nómica”.

V Una relación indirecta e indiciaria con Realidade Galega y por tanto con Ramón Piñeiro tiene que ver con las primeras elecciones al Parlamento gallego, a las que Piñei- ro concurre como independiente en la lista del PSOE por Lugo. Cualquiera que sea la explicación de esta decisión y que fuese debida a instancia de los socialistas, el dato viene a corroborar la importancia, como mínimo instrumental, de los partidos políticos para la acción democrática. Las elecciones se celebrarían siendo ya Presidente del Gobierno Calvo Sotelo y Pío Cabanillas su colaborador estrecho. Se intentó por éste que Suárez Núñez, a quién por cierto había yo introducido en la candidatura al Senado en las elecciones de 1977 y que se había desligado de UCD para presentarse a Rector de la Universidad de Santiago, fuese el candidato a la Presidencia de la Xunta por la lista de A Coruña. Para ello Pío

31 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Estudos e investigacións sobre Ramón Piñeiro

como González Seara, a la sazón también Ministro del Gobierno de Calvo Sotelo, se entrevistaron con personas de Realidade Galega, presumiblemente con Piñeiro. Tam- bién con García Sabell, por lo que se dirá enseguida. El propio Suárez Núñez había manifestado públicamente que se disponía formar una Xunta con conselleiros indepen- dientes al margen de UCD. La iniciativa, venida desde fuera, tropezó con la negativa de los órganos correspondientes de la UCD gallega. Se me hizo llegar que por A Coruña irían –o deberían ir- también Fernández Albor –todavía no había sido contactado por AP- y García Agudín. El 13 de julio, en el Pazo de Mariñán, en un aparte de la sesión en la que intervinimos el doctor Caldera, ex y futuro presidente de Venezuela, y yo sobre Andrés Bello, Domingo García Sabell –a la sazón Delegado del Gobierno- me dijo, en relación con esa operación que “hiciese caso”, “que se me tendría en cuenta”; que “si no, me atuviese a las consecuencias”; que –no se sabe quiénes- “acabarían conmigo”, así en plural.

XXX Este es el testimonio que puedo prestar, avalado por lo que he dejado escrito con amplitud en libros publicados. Como coda final, no exenta de ironía, ingenuidad y uto- pía podría sugerirse que habiéndose cumplido el reiterado deseo de Ramón Piñeiro de galeguizar a todos los partidos, sino cobraría actualidad la idea que nos llevó a algunos en el albor de la democracia a la creación de un partido de centro nidiamente galego e autonómico.

Nº 370 32 INTERVENCIÓN NO CONGRESO “RAMÓN PIÑEIRO E GALEGUISMO”: PAIRAN AÍNDA SOBRE A NACIÓN

(Da intervención oral no Congreso Ramón Piñeiro e Galeguismo organizado pola Real Academia Galega e o Consello da Cultura)

Camilo Nogueira

Resulta sempre apropriado e mais nun ano como este no que a Real Academia Gale- ga lle dedica o Día das Letras a Ramón Piñeiro tratar sobre o seu papel político como galeguista durante a Segunda Guerra Mundial e da Guerra Fría até a Transición. Reorganizado o Partido Galeguista, Ramón Piñeiro e os seus compañeiros Francisco Fernández del Riego, Manuel Gómez Román, Xaime Isla Couto e Fermín Penzol aco- meteron meritoriamente a reconstrución do Partido Galeguista na clandestinidade, entre 1943 e 1944, e as negociacións de acordo cos exiliados para incorporaren o nacio- nalismo galego ás alianzas da oposición ao franquismo. Contribuiran á participación de Daniel Castelao no Governo republicano no exilio presidido por José Giral Pereira, en espera de que a vitoria dos aliados frente aos reximes nazi e fascista de Alemaña e Italia, for acompañada da queda da Ditatura. Sofreron como todos os republicanos unha dura frustración cando acabada a Segunda Guerra Mundial e comezado axiña o confronto estratéxico da Guerra Fría, os aliados ocidentais, con EEUU e o Reino Unido á cabeza, apoiaron a permanencia do xeneral Franco. A decisión dos aliados, con consecuencias que serían agravadas pola detención e a prisón de Piñeiro en Madrid entre os anos 1946 e 1949 e o falecimento de Castelao en Buenos Aires en 1950, evidenciou unha división que viña de antes, pensando os gale- guistas do exilio na instauración dunha República Federal e coidando os do interior que de producirse a caida da Ditadura habería que contemplar unha alianza das forzas da oposición que incluise aos partidarios non franquistas dos Borbon, prevendo a instaura- ción dunha monarquía parlamentar. A partir daquel momento, ignorando o Consello de Galiza que con Daniel Castelao formaran deputados como Ramón Suárez Picallo, Anto- nio Alonso Ríos e Elpidio Villaverde, os galeguistas do interior empreenderon un rotei- ro tendente a abandonar a acción política, dando por disolto o Partido Galeguista e orientando o seu traballo á acción cultural, fundando a Editorial Galaxia. Non se limitaron a hibernar o PG, dadas as difíceis circunstancias da Ditadura. Renunciaron ás aspiracións nacionalistas e a mesma idea de Galiza como nación políti-

33 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Estudos e investigacións sobre Ramón Piñeiro

ca, rompendo coa tradición galeguista e coas posicións defendidas por Castelao e os seus compañeiros no exilio. Con manifesta desmesura, se se toma como referencia un longo e significativo tra- ballo escrito por Ramón Piñeiro en 1956, os galeguistas do interior inscrebían esta deci- sión concreta nunha teoría xeral sobre o fin do nacionalismo e dos Estados-nación. Piñeiro apoiaba tal consideración nos movimentos europeus da posguerra destinados a estabelecer unha instituición supraestatal para resolver en común problemas políticos, económicos ou sociais non reducíbeis ao ámbito dos Estados nacionais soberanos. Coi- daba que ese propósito unitario supuña o fin do principio das nacionalidades que acom- pañara á criazón de novos Estados durante o século XIX e a primeira metade do XX. Non paraba aí. Para o Ramón Piñeiro dos anos cincuenta, os Estados-nación e o nacionalis- mo só eran defendidos pola URSS, nunha acción instrumentada através dos partidos comunistas da Europa ocidental. Pensaba que os Estados europeus, xogándose na deci- sión a subsistencia das formas de vida características de Ocidente, se enfrentaban ao dilema de superar os “vellos moldes do Estado nacional soberano” ou “entregarse á asi- milación política” por parte de Rusia. Non pretendo tratar aquí das posición da URSS dese tempo e menos ainda dos res- caldos que ainda poden permanecer sobre a actitude dese Estado ante a criazón da Comunidade Europea. Sí quero, en cambio, sinalar que, condicionado polas circunstan- cias da Guerra Fria, Piñeiro non puxo en primeiro plano o facto de o movimento que levou á criazón da Comunidade Europea ter como obxectivo principal a superación das guerras fratricidas depois da traxedia da Segunda Guerra Mundial, mesmo indo máis alá da Grande Guerra dos Trinta Anos (1914-1945), que causaran dúceas de millóns de mortos, avanzando nunha unión cada vez máis estreita para resolver os problemas e desafíos da época mediante o diálogo e a paz. Non integrou no seu pensamento político o facto de que a unidade materializada depois de 1945, xa fora defendida por xente de mui diferente carácter político, tanto no final do século XIX como logo da Primeira Guerra Mundial e durante a Segunda, muito antes polo tanto das circunstancias da Gue- rra Fria. Mantendo a visión dunha Unión Europea independente dos EEUU e da URSS e dentro dela Galiza como nación, Daniel Castelao saudara a celebración do Congreso unitario da Haia de 1948, no que entre outros muitos representantes participaba o seu amigo, o lehendakari vasco José Antonio Aguirre. A UE integraría Estados de condición mui diferente, desde os que se enfrentaran na guerra mundial, principalmente Alemaña e a República Francesa, aos que superaran recen- temente ditaduras como Grecia, Portugal e o Estado español, a Irlanda e ao Reino Unido que a colonizara até habia ben pouco e depois de 1989 a Estados do Leste que recuperaran a plena liberdade. O proceso europeo de unidade non negou o principio das nacionalida- des e a autodeterminación dos povos, facilitando pola contra a integración de Estados que, aplicando esas normas democráticas, acababan de recuperar ou lograr a independencia.

Nº 370 34 Estudos e investigacións sobre Ramón Piñeiro BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

Na medida que transferiron competencias ás instituicións comunitarias, coa integra- ción na UE a soberanía absoluta dos Estados membros devíu en soberanía partillada. Mais iso non significou a desaparición do seu carácter como Estados-nación (expresión en si mesma equívoca pois é utilizada para definir tanto aos Estados uninacionais como aos que, sobre a base dunha nación dominante, negan e reprimen a diversidade nacio- nal interna), nen a perda da independencia. De acordo cos tratados da UE os Estados conservan o seu carácter independente e teñen recoñecido un específico direito de auto- determinación, mantendo o direito a arredarense da Unió e mesmo o de reincorpora- rense de cumpriren as condicións democráticas obrigadas para ser un Estado membro. Neste contexto, ainda tendo que superar o obstáculo da unanimidade, como ocorre noutros asuntos cuestións especialmente relevantes, na legalidade da UE non existe nengunha norma que proiba a integración, como tais e de teren conquistado a condi- ción estatal, de nacións como Escocia, Gales, Flandres, Cataluña, Escocia ou Galiza, praticando o que na lexislatura 1999-2004 o Intergrupo de Nacións sen Estado do Par- lamento Europeu denominou como alargamento interno. Responde a esta realidade a pretensión do actual governo de Escocia do Scottish Nacional Party. Na Unión Europea non existe, por outra parte, ningún obstáculo acerca da presenza na mesma dun Estado constitucionalmente plurinacional, como o Estado español se así ocorrer. Co abandono da idea de Galiza como nación e a disolución do PG, os galeguistas do interior pretenderían, a través de dúas formacións, unha socialista e outra demócrata- cristía, a galeguización das formacións políticas estatais na perspectiva dun Estado fede- ral, coidando que estas asumirían a idea de Galiza como povo, de par das reivindicacións culturais e socio-económicas correspondentes. Porén, os galeguistas do interior non podían ignorar que ese propósito resulta incompatíbel coa conceición do Estado español e de España como nación única que fan súa e alimentan as organización políticas e as demais instituicións e poderes estatais. De facto, o camiño para recoñecimento consti- tucional da plurinacionalidade dificilmente vai descorrer por algo que non for a previa asunción do autogoverno polas nacións sen Estado mediante forzas políticas proprias ou plenamente autónomas. As organizacións do nacionalismo galego, como as catalás e vascas, emerxerían de novo no comezo dos anos sesenta, ao mesmo tempo e formando parte da nova oposición obreira, estudantil e cultural ao franquismo. Tiña lugar daquela a descolonización mun- dial, dando a Comunidade Europea os seus primeiros pasos. Pouco antes, en 1959, o Pre- sidente dos EEUU Dwight Eisenhower reunírase en Madrid co ditador Francisco Fran- co, bendecindo a permanencia da Ditadura. Configuradas pola Unión do Povo Galego, o Partido Socialista Galego e Galicia Socialista, as organización nacentes situábanse na esquerda, con visións políticas dife- renciadas. A UPG configuraba unha corrente partidaria da estruturación dun Frente Nacional Popular, de acordo coas tendencias anticolonialistas da época, situándose na

35 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Estudos e investigacións sobre Ramón Piñeiro

Guerra Fría no campo da URSS, ainda que sen estar subordinada as posicións da poten- cia do socialismo real. O PSG correspondía inicialmente á variante socialdemócrata proposta nese tempo polo galeguismo do interior, integrándose máis adiante no ámbito do nacionalismo. Galicia Socialista constituía unha corrente nacionalista de esquerdas, distanciada da división entre socialistas e comunistas, concordando con tendencias apa- recidas noutros paises europeus. As tres correntes contemplaban o direito de Galiza á autodeterminación. O impulso á idea de Galiza como nación non foi privativo das organizacións políti- cas ou das editoriais e os escritores en galego, estando protagonizado tamén polas aso- ciacións culturais -O Facho, Asociación Cultural de Vigo, O Galo, Asociación Aurien- se…-, o sindicalismo galego, orixe da actual Confederación Intersindical Galega e outras iniciativas sociais, particularmente na Universidade. Faltou a presenza do Partido Galeguista co concurso político dos que o reorganizaran nos anos cuarenta no exilio e no interior. De estar presente, o PG pudo ser quen de con- dicionar a estrutura do nacionalismo renacido, ben incorporando nunha organización plural as novas iniciativas e enerxías políticas, ben desenvolvendo a rama democrática que lle fora propria, estabelecéndose en convivencia con outra ou outras organizacións na esquerda, propiciando unha diversidade que da que ainda hoxe se carece. Faltou, especialmente, o Consello de Galiza, que cos representantes do PG e dos demais repu- blicanos coa súa lexitimidade histórica pudo achegar a representantes das novas forzas políticas e sociais. Integrada Galiza Socialista na Unión do Povo Galego a principio dos anos setenta, participando activamente nos movimentos sindicais, notabelmente nos de 1972, e nas reivindicacións sociais e medio-ambientais, como nas mobilizacións contra a pretendida central de Xove, a UPG contribuíu a criar a Asamblea Nacional Popular Galega e, de par do Partido Socialista Galego e outras organizacións, o Consello de Forzas Políticas. Co morte do ditador en 1975, o debate sobre as condicións da transición a un siste- ma estatal democrático provocarían unha división no nacionalismo. O Consello de For- zas Politicas defendeu a ruptura, presentando como alternativa as Bases Constitucionais para un Pacto Federal. Porén, cando se producíu un acordo entre oposición estatal e as forzas máis abertas do rexime franquista, na batalla polo recoñecimento na Constitui- ción do precedente do Estatuto de Autonomía de 1936, e con iso a Galiza como nacio- nalidade, se orixinou unha división na ANPG. O grupo procedente de Galiza Socialis- ta e outros militantes antifranquistas, de dentro e de fora da Asamblea, fundaron o Par- tido Obreiro Galego, participando na batalla estatutaria. Consideraban que, naquelas circunstancias, era preciso loitar por unha ampla autonomía, estabelecendo un campo democrático nacional galego. A ANPG insistíu na idea da ruptura, desatendendo a cuestión urgente do Estatuto de Autonomía de nacionalidade. Todos estaban por unha Constituición recoñecedora de Galiza como nación.

Nº 370 36 Estudos e investigacións sobre Ramón Piñeiro BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

Son coñecidos os feitos que definiron a aprobación do Estatuto de Autonomia, co Estatuto dos 16, as manifestacións masivas de 1977 e 1979 e o triste referendo de 1980 dun texto abandonado polos mesmos partidos que reduciran o seu alcance político. Nas primeiras eleicións, en 1977 concorreran con cativos resultados o PSG e tamén o BNPG, configurado pola UPG e a ANPG. Antes das eleicións municipais de 1979, contra o criterio do antigo grupo galeguista do interior e sen recoller toda a tradición do partido, fundárase un novo PG. Para acudir a esas eleicións e tendo metas mais ambi- ciosas, POG, PSG e PG reuníranse en Unidade Galega, conseguindo un resultado notá- bel, coa alcaldía da Coruña e a presenza nas principais cidades galegas. UG non resisti- ría a presión externa procedente principalmente, ainda tendo máis actores, desde posi- cións da direita sobre o PG. Nas eleicións ao Parlamento de Galiza de 1981, a coalición BNPG-PSG conseguíu tres deputados. Esquerda Galega -herdeira do POG con outras incorporacións- tivo un deputado. Ramón Piñeiro e outros tres compañeiros integráronse nas listas do PSOE. Nen este partido nen Alianza Popular ou a Unión de Centro Democrático presentes no Parlamento de Galiza cumprían a condición pretendida polos galeguistas do interior sobre a asunción da idea de Galiza como povo diferenciado. Na primeira lexislatura, formando ainda parte da Transición, os deputados do BNPG-PSG negaríanse a acatar a Constituición de 1978, sendo expulsados do Parla- mento. Só foron apoiados polo deputado de EG. Ausentes os outros deputados nacionalistas e con independencia da influencia reser- vada que puderon exercer os deputados do grupo de galeguistas sobre partidos de ámbi- to estatal para a consideración de algunha iniciativa, no Parlamento o compromiso expreso en defensa e desenvolvimento do proxecto nacional galego foi asumido por Esquerda Galega. Introducidas no Parlamento por iniciativa de EG, o Plenario da Cámara aprobou normas como a Lei de Normalización Lingüística, a Lei de Símbolos, a Lei do Valedor do Povo, a Proposición del Lei sobre as autovías na perspectiva de 1992, defendida depois ante o Congreso dos Deputados, e propostas sobre a industria, a agricultura e a pesca, as caixas de aforros, a estrutura territorial, os direitos dos traballadores e da muller, as vias de comunicación, o medio ambiente, a diversidade nacional do Estado español, a presenza na Comunidade Europea ou as relacións con Portugal. Após 28 anos dun certo autogoverno e téndose producido unha transformación radical en Galiza e no mundo, esas e outras cuestións centrais tratadas no Parlamento de Galiza pairan ainda sobre a nación galega.

37 Nº 370

INTERVENCIÓN NO CONGRESO “RAMÓN PIÑEIRO E GALEGUISMO”: PROCESO E CADEA DE RAMÓN PIÑEIRO. TESTEMUÑOS COÑECIDOS E DOCUMENTOS INÉDITOS

Xosé Manuel Dasilva Universidade de Vigo

O propósito da nosa achega ha ser, esencialmente, dar a coñecer a causa xudicial e o expediente penal de Ramón Piñeiro relacionados coa súa permanencia no cárcere entre 1946 e 1949, un dos capítulos máis transcendentais da súa biografía. Neste congreso consagrado á figura de Piñeiro, ambos os documentos han ser amosados a xeito de pri- micia, posto que os temos connosco tan só desde hai pouco máis dun mes. Esta de hoxe é, xa que logo, a súa presentación pública. Como protagonista do Día das Letras Galegas, ao longo deste ano de homenaxe a Piñeiro en varias ocasións de forma pública botouse en falta, por parte dalgúns, a posi- bilidade de consultar materiais de primeira man relativos á súa detención e ao seu paso pola cadea. En páxinas de xornal, alguén clamaba:

Sabemos que Ramón Piñeiro foi detido e que foi condenado, pero descoñecemos realmente cal foi a causa da condena, que tribunal o xulgou, quen foi o avogado defen- sor [...] Ninguén viu o sumario; todo iso constitúe un verdadeiro misterio.

Outra voz, en sintonía coa anterior, chamaba a atención desde a mesma tribuna periodística sobre esta lagoa:

Descoñecemos aínda, no momento presente, datos fundamentais: que acusacións foron as que se lanzaron contra Ramón Piñeiro, quen foi o avogado defensor; cal o contido da sentenza […] en fin, todo o sumario da detención.

As sospeitas esparexidas durante os últimos meses verbo da detención de Piñeiro realmente non son novas, todo hai que dicilo. Hai varias décadas interrogantes análo- gas enarboráronas os galeguistas de Buenos Aires, con Rodolfo Prada á cabeza, cando o conflito entre o galeguismo arxentino e o galeguismo do interior se estaba a facer máis agudo. Nun informe asinado o 8 de xuño de 1958 dirixido a estes, os dirixentes gale- guistas radicados no país americano estimaban o seguinte sobre o apresamento de Piñei- ro, invocando unha valoración anterior de Castelao sobre o mesmo suceso:

39 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Estudos e investigacións sobre Ramón Piñeiro

Claro que xa Castelao non concordaba cos que, daquela, aparecían e se dirixían a el como persoeiros do galeguismo de aí. Non entendía Castelao que o galeguismo se tivese que manexar desde Madrid; e ata lamentou que un destacado, activo e bo irmán que foi encadeado en Madrid, sufrise ese martirio “non por galeguista”, senón “por andar en malas compañías”, como el dicía.1

Castelao, ao pouco de se producir a detención de Piñeiro, escribira certamente isto nunha carta aos galeguistas do interior, datada o 7 de agosto de 1946:

Moito nos apenou a detención dos irmáns que estaban en Madrid. Xa tiñamos coñecimento d-elo, por Iruxo, pero coidábamos que non foran detidos por “galeguis- tas” e confiábamos en que se iñorase a saida de Santiago a París. A decir verdade, non comprendemos como se obrou tan alegremente, pois Santiago chegou a falar n-un mitin en Marsella, etc., etc. […] Nós dende eiquí observamos a imprudencia de que ahí se fai gala, pois non temos ideia de que os nosos nemigos sexan uns parvos.2

En definitiva, a detención de Piñeiro foi xa obxecto de controversia no seu momen- to, vinculada ademais á viaxe que realizara a Francia para conseguir o nomeamento dun ministro galego no goberno da República presidido por José Giral. O propio Castelao, diante da circia resposta dos galeguistas do interior polas insinuacións que deixara caer na súa carta3, demandaba nunha misiva do 30 de decembro de 1946:

Prégolles que non volvan a mesturar a prisión do Segredario Político do Partido co meu nomeamento de Ministro, pois nin eu nin o cárrego que ocupo temos nada que ver con esa desgracia, como non sexa o de lamentala moito e doerme que o irmán Segredario se marchase de París sen agardar por unha carta miña que lle anunciara por telégrafo.4

Chegados a este punto, é conveniente que nos deteñamos un intre, tan sequera, para facernos unha pregunta elemental á vista da polémica que ten arrodeado a detención de Piñeiro. Tal pregunta é, nin máis nin menos, esta: ¿por que non foron exhumados ata agora a súa causa xudicial e o seu expediente penal? Non é doado atopar unha resposta, pero é posible considerar que interviñeron, cando menos, dúas razóns. En primeiro termo, houbo por unha parte os que creron na hones- tidade dos protagonistas implicados neste episodio cando fixeron o relato dos feitos. Mais, en segundo lugar, houbo por outra parte os que dubidaron desa mesma honestida- de, aínda que en lugar de encheren o baleiro que representaba a ausencia de documen- tos, decidiron mellor vivir instalados nunha especie de néboa que amparase as súas elu- cubracións.

1 Documento depositado na Fundación Penzol pertencente ao Arquivo Ramón Piñeiro. 2 Xavier Castro, ed., Castelao e os galeguistas do interior. Cartas e documentos (1943-1954), Vigo, Editorial Galaxia, 2000, pp. 341-342. 3 Dicíase no informe que os galeguistas do interior lle mandaban en novembro de 1946 a Castelao: “Ministro de Galiza. O Partido tivo o mei- rande intrés no que fora nomeado un galeguista pol-as dúas razóns principaes do valor do percedente e do que nos tería de favorecer; e de que fora vostede e non un irmán do interior pol-o cousir o galeguista mais merecente para desensolarse no devandito cárrego. Para o conquerir non reparou o Partido en sagrifizos, foi pol-o que enviou a Franza ao Segredario Político, xeira que se ben motivou o seu nomeamento rematou na pra nos ben dorosa detenzón de il e outros dous irmans” (Castro, ed., Castelao e os galeguistas…, p. 354). 4 Castro, ed., Castelao e os galeguistas…, p. 359.

Nº 370 40 Estudos e investigacións sobre Ramón Piñeiro BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

ALGÚNS TESTEMUÑOS COÑECIDOS Esta pregunta que acabamos de expor é tanto máis relevante desde o momento en que recuperar os principais documentos non era, se temos que dicir a verdade, unha tarefa complicada. No subtítulo deste relatorio establécese unha nidia diferenza: por unha banda están os documentos inéditos, é dicir, a causa xudicial e o expediente penal, mais por outra banda está aquilo que cabería designar como testemuños coñecidos. Tales teste- muños son, fundamentalmente, as pistas e as informacións que poderían levar á locali- zación dos documentos, porque hai que comezar por salientar que tanto a causa xudicial como o expediente penal de Piñeiro estaban nos lugares onde previsiblemente tiñan que estar, o primeiro no Archivo General Histórico de Defensa e o segundo no Archivo General del Ministerio del Interior, ambos en Madrid. Ou sexa, ningunha man negra endexamais os fixera desaparecer. ¿Cales son, en concreto, eses testemuños coñecidos? Pois, inicialmente, hai que dis- tinguir as fontes primarias, isto é, os materiais directamente vinculados a Piñeiro que proporcionan noticias diversas. Así, debemos lembrar o libro de memorias Da miña acor- danza5, mesmo sen deixar de ter en conta o peculiar proceso de elaboración desta obra. Tamén están as cartas dirixidas por Piñeiro desde a cadea a Isabel Algarra, esposa de Ben-Cho-Shey, e a correspondencia con Francisco Fernández del Riego. En calidade de fontes primarias, é imprescindible mencionar, ademais, algunhas entrevistas, como por orde cronolóxica a incluída no volume de Sergio Vilar titulado Protagonistas de la España democrática. La oposición a la dictadura 1939-1969, que viu a luz en 19686, e a que figura no libro Unha ducia de galegos, de Víctor F. Freixanes, publicado en 19767. Entre as fontes primarias, resulta obrigado inserir tamén a abundante docu- mentación concernente ao Partido Galeguista, custodiada de forma valente por Fer- nández del Riego e editada por Xavier Castro na colectánea Castelao e os galeguistas do interior. Xa no que atinxe ás fontes secundarias, cómpre referir de comezo o libro Por la libertad, editado en 1956, do anarquista Juan García Durán8, procesado na mesma causa xudicial que Piñeiro, onde hai datos valiosos referidos á súa detención e ao consello de guerra subseguinte. Nesta obra de García Durán faise alusión, por exemplo, ao xurídico militar que defendeu a maioría dos procesados, entre eles Piñeiro, de nome Valentín Nuñez Losada. Dentro das fontes secundarias, é indispensable sinalar igualmente o volume El movi- miento clandestino en España 1939-1949, que saíu do prelo en 1976 escrito por outro anarquista, Juan Manuel Molina Mateo, xulgado no mesmo procedemento. Nas páxinas

5 Ramón Piñeiro, Da miña acordanza. Memorias, Vigo, Fundación Caixa Galicia – Editorial Galaxia, 2002. 6 Sergio Vilar, Protagonistas de la España democrática. La oposición a la dictadura 1939-1969, París, Ediciones Sociales, 1968. Existe outra edi- ción con título diverxente: La oposición a la dictadura. Protagonistas de la España democrática, Barcelona, Ayma, 1976. 7 Víctor F. Freixanes, Unha ducia de galegos, Vigo, Editorial Galaxia, 1976. 8 Juan García Durán, Por la libertad. Como se lucha en España, México, Ediciones CNT, 1956. Prólogo de Pedro María de Irujo. Hai unha ver- sión en galego: Pola liberdade. A loita antifranquista de Luis Costa, Vigo, Edicións A Nosa Terra, 2001. Prólogo de María Xosé Costa Alcalde e notas de Dionisio Pereira.

41 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Estudos e investigacións sobre Ramón Piñeiro

desta obra, alén doutros contidos notables, trabscríbese un testemuño de sentenza do propio Molina Mateo, no cal se fai mención expresa a Piñeiro así como a Cesáreo e Camilo Saco e Koldo Mitxelena, identificándose a súa causa xudicial co nº 135.587. A derradeira fonte secundaria digna de atención é o catálogo elaborado con motivo dunha exposición que se dedicou a Koldo Mitxelena, organizada pola Deputación de Gipúzkoa, en 19979. Neste catálogo infórmase que a causa xudicial de Mitxelena –a mesma, non se esqueza, que a de Piñeiro– foi examinada parcialmente pola historiado- ra Ascensión Martínez de Hurtado. De feito, nun traballo do arquiveiro Juan Carlos Jiménez de Aberásturi, que forma parte do devandito catálogo, chéganse a reproducir fragmentos do atestado policial, e inclúese asemade un resumo das declaracións de Mit- xelena e Piñeiro na Dirección General de Seguridad10. En suma, non é posible considerar, a partir destas fontes primarias e secundarias enumeradas, que localizar a causa xudicial e o expediente penal de Piñeiro entrañase un labor extremadamente arduo. Así e todo, débese advertir que o expediente penal non o consultou ninguén ata hoxe. No que respecta á causa xudicial, pola contra, si se escudriñou en parte, como enriba se dixo, para preparar aquel catálogo sobre Mitxele- na. Agora ben, temos constancia de que na súa integridade nunca ata agora fora debu- llada.

A CAUSA XUDICIAL Dito todo isto, pasamos a presentar a causa xudicial de Piñeiro e, deseguido, o seu expe- diente penal. Cómpre subliñar, antes de nada, que se levará a cabo unha descrición non exhaustiva, xa que o material dispoñible é vasto e o espazo deste traballo curto. Téñase en conta que a causa xudicial se compón de catrocentos folios e que engloba máis ou menos mil folios de documentación anexa, estando esta constituída por materiais incau- tados a todos os detidos. Tramitada en forma de consello de guerra sumarísimo, a causa xudicial de Piñeiro aparece conformada polos elementos comúns nun procedemento xudicial destas carac- terísticas: o atestado policial, no que aparecen as declaracións dos detidos e as actas dos rexistros domiciliarios; a instrución da causa, onde se inclúen a acta do sumarísimo, o auto de procesamento, o auto de prisión, o período de proba e o sumario; o escrito de acusación do fiscal; as dilixencias para a asignación de defensor; o escrito de defensa; a acta de celebración do consello de guerra; e, por último, a sentenza. De tal xeito, conforme se le no atestado policial, podemos saber que Piñeiro foi deti- do, xunto con dezanove persoas máis, nunha operación practicada inicialmente contra o comité nacional da CNT, en abril de 1946. Na Brigada Político-Social de Barcelona recibírase a delación dun confidente –Eliseo Melis, outro anarquista– acerca da reorga-

9 VV.AA., Koldo Mitxelena Elissalt: 1915-1987, Donostia, Diputación Foral de Gipuzkoa, 1997. 10 Juan Carlos Jiménez de Aberásturi, “El militante”, en VV.AA., Koldo Mitxelena Elissalt:…, pp. 33-66.

Nº 370 42 Estudos e investigacións sobre Ramón Piñeiro BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

nización do cadro dirixente da CNT. Trasladados varios axentes desde a capital barce- lonesa a Madrid, dispúxose entón un operativo de seguimento durante un mes ao anar- quista Manuel Morell Milla, logo do cal se puido identificar a unha boa parte dos deti- dos posteriormente. Como se refire no devandito atestado policial, “el día nueve del corriente [mes de abril de 1946], por la tarde, y considerando suficientemente maduro el servicio, proce- diose en la Avenida de José Antonio, entre la calle de Peligros y la Red de San Luis, a la detención del Morell y de tres sujetos que le acompañaban”. Eses tres “sujetos” eran, concretamente, Piñeiro e os anarquistas galegos Manuel Fernández Fernández e Juan García Durán. Máis tarde, a policía procedería á detención dos restantes sospeitosos, ata sumaren a cifra de vinte, entre eles os irmáns Saco e Mitxelena, localizados durante a madrugada do día 10 de abril na pensión que compartían con Piñeiro, sita na rúa Manuel González Longoria, nº 10, 3º andar. Segundo a policía, ¿cal era a principal actividade clandestina que a CNT e os deti- dos non afiliados a esta organización estaban a desenvolver? Conforme se continúa a indicar no atestado, “vigorizar y dar impulso a la Alianza [Nacional de Fuerzas Demo- cráticas]”, para o cal “el Secretario de Defensa [Juan Manuel Molina Mateo] y el Secre- tario Político [Juan García Durán] están en estrecho contacto con los dirigentes repu- blicanos, socialistas, autonomistas, separatistas y comunistas que forman parte de la misma al objeto de estructurar un movimiento de resistencia en el interior para apode- rarse del poder por la lucha armada”. Dos folios que compoñen o atestado policial, é interesante que extraiamos particu- larmente aquelas pasaxes relativas a Piñeiro, os irmáns Saco e Mitxelena. Isto é o que se di, por exemplo, sobre Piñeiro:

Se trata de un sujeto dirigente del llamado Partido Separatista-Republicano Galle- go, que como delegado del mismo, estaba en contacto con el Comité Nacional de la CNT y otras organizaciones, que habían acordado admitir una representación del cita- do partido en el Consejo Nacional de la Alianza de Fuerzas Democráticas, siendo pre- cisamente el designado para este cometido el Piñeiro. También formaba parte como delegado o representante del Bloque de Partidos Separatistas conocido por el Pacto de “Galeuzca” (digo), “Gaeuzca”, es decir, Galicia, Euzcadi y Cataluña, y en su represen- tación hizo el Piñeiro un viaje clandestino a Francia en unión de los representantes de los otros dos partidos de Euzcadi y Cataluña, para poder ponerse en contacto con el “Gobierno Giral” y con los representantes de otras organizaciones en aquel país, para informarles de la política interior de España; de este viaje regresó a Madrid unos días antes de su detención. En su domicilio se le ocupó: un sello metálico con la inscripción “Consello Gale- go de Gaeuzca, y tres estrellas de cinco puntas en el centro”, gran número del mani- fiesto a los españoles del “Gobierno Giral”; varios informes escritos a máquina rela- cionados con Alianza Nacional, uno de ellos suscrito por la Delegación Monárquica; extractos de prensa extranjera que hacen alusión al Gobierno Español; varios ejem- plares escritos a máquina del periódico Roteiro, órgano de la resistencia gallega que personalmente redactaba y confeccionaba el Piñeiro; propaganda para Francia; gran

43 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Estudos e investigacións sobre Ramón Piñeiro

número de otros escritos, bien a mano o a máquina de carácter ilegal, y por último una máquina de escribir y una multicopista. El tan repetido Piñeiro era el Secretario Político del “Consello Galego”, y usaba el nombre conspirativo de “Santiago”, nombre que aparece en varios de los documentos recogidos.

Con respecto aos irmáns Saco e Mitxelena, velaquí o que se apunta no atestado poli- cial:

Estos tres sujetos pertenecían al Partido Galleguista como dirigentes, igual que el Piñeiro, viviendo en el mismo domicilio en donde tenían la oficina del Partido, sien- do colaboradores directos de aquel en la redacción y confección de los documentos y propaganda subversiva reseñada anteriormente.

Tamén é importante que reproduzamos a extensa declaración prestada por Piñeiro na Dirección General de Seguridad:

Que el Movimiento Nacional le sorprendió en Lugo haciendo sus estudios de bachillerato, siendo movilizado en el ejército nacional algunos meses después, como soldado de infantería en un Regimiento de Zaragoza, con cuya unidad estuvo en dife- rentes frentes hasta que terminó la guerra. Se reintegró a su domicilio y en el año mil novecientos cuarenta y uno se trasladó a Santiago para efectuar sus estudios universi- tarios, hasta el año mil novecientos cuarenta y tres en que se vino a Madrid para con- tinuar sus estudios de Filosofía y Letras en la Facultad de la Universidad Central. Que al final del año mil novecientos cuarenta y cuatro, conoció en esta ciudad a José Rezola, destacado nacionalista vasco, el cual le habló de cuestiones políticas en general y principalmente relacionadas con los problemas regionales. En el mismo año el Rezola le comunicó que se marchaba a Francia sin explicarle el objeto de su viaje. En el mes de enero del año actual volvió a ver el declarante en esta capital al Rezola, el que entonces le comunicó que venía del vecino país y que allí se había entrevistado con los dirigentes emigrados galleguistas, vascos y catalanes, los cuales le habían comisionado para que en su nombre entablara negociaciones con los elemen- tos directivos de la Alianza Nacional de Fuerzas Democráticas al objeto de sentar las bases de un acuerdo con dicha organización. Con este motivo invitó al dicente por sus antecedentes galleguistas –ya que antes de la Guerra había pertenecido a las “Moce- dades”– con el fin de que tuviese una impresión directa de la opinión de la Alianza sobre las cuestiones regionales. Accedió a ello y algunos días más tarde se reunieron los dos en el Café de Santa Engracia con un señor apellidado Sevilla que representa- ba a la Alianza, en cuya entrevista dicho representante no se mostró propicio a que la Alianza comprometiese su situación política con esta clase de problemas que él consi- deraba secundarios. En vista de este fracaso el repetido Rezola marchó seguidamente a Francia y convenció al que habla de que también se trasladara a este país en donde él le esperaría para ponerlo en contacto con los galleguistas exiliados y los otros parti- dos adscritos al llamado Pacto de “Galezka”. Poco días después emprendió el viaje a San Sebastián y de esta ciudad, con un guía que le facilitaron, pasó a Francia por mar dirigiéndose a Bayona, en donde le esperaba el Rezola; desde allí se trasladaron los dos juntos a Madrid (digo) París y Montauban. En estas dos ciudades francesas el depo- nente conferenció con Aguirre, Irla, Tarradellas y los dirigentes galleguistas Seoane, Valcárcel y Valera, todos los cuales le aconsejaron que cuando volviera a España les informara de la situación política del interior y confeccionara propaganda galleguista para enviársela con el fin de dar la sensación de que tenía existencia el problema galle- go. Por este motivo, a finales del mes pasado y ya en esta ciudad, empezó a hacer escri-

Nº 370 44 Estudos e investigacións sobre Ramón Piñeiro BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

tos, informes y comunicados, y el periódico Roteiro todo ello confeccionado a máqui- na, habiendo solo remitido hasta el momento de ser detenido una carta de carácter político e informativo. Que en cuanto a sus relaciones con los detenidos Victoriano Michelena y Camilo y Cesáreo Saco, debe hacer constar que el Michelena no cree que tenga relación con la organización clandestina vasca, ignorando por qué tenía en la habitación, donde dor- mían los dos, la multicopista que allí se ocupó; por lo que respecta a los hermanos Saco debe significar que sus relaciones con ellos no eran de tipo político, sino de paisanaje, habiendo sido recomendados a la pensión por el deponente, si bien conocían sus acti- vidades ilícitas, ya que les daba a guardar los escritos de informes y propaganda. Y no teniendo más que decir, una vez (digo) sino que las conversaciones que man- tenía en el Café Pidoux con los elementos de la CNT que allí se reunían y con los cua- les entró en relación por conducto de dos de ellos gallegos, llamados o conocidos por Juan y Manolo (Juan Costa y Manuel Fernández), tenían un carácter personal y polí- tico en general exentas de significación orgánica y simplemente de información, firma esta declaración, después de haberla leído, por hallarla conforme.

Cómpre resaltar que Piñeiro nada revela na súa declaración, como se pode apreciar, da organización do Partido Galeguista no interior, asumindo a título individual as acti- vidades das que a policía tiña constancia. Alén diso, compróbase que Piñeiro tampouco implica nas súas actividades os irmáns Saco e Mitxelena. O xuíz encargado de instruír a causa foi o sinistro coronel Enrique Eymar, quen no expediente xudicial se ha referir a si mesmo desde o primeiro momento nestes termos: “Coronel de Infantería, Caballero Mutilado de Guerra por la Patria y Juez Especial para los delitos de Comunismo y Espionaje”. Na acta do sumarísimo figura a declaración de Piñeiro diante do coronel Eymar. Con respecto á declaración policial, na que se ratifi- ca, vai despregar un argumento novo, emporiso, que será beneficioso para a súa defensa e, máis tarde, mesmo influirá na estratexia do avogado que defendeu a maioría dos pro- cesados. En efecto, Piñeiro aclara que existían no exilio francés dous grupos de galeguistas, un máis inclinado cara ás posicións do Partido Comunista e outro proclive aos nacionalis- tas vascos e cataláns. Deseguida, non sen perspicacia, engade que, unha vez de regreso, recibiu a consigna de lles facer ver a situación española real aos integrantes do primeiro grupo, o máis próximo ao Partido Comunista, para que se adherisen ao outro grupo, o máis favorable aos vascos e cataláns. A fin de comprender esta aclaración de Piñeiro, hai que ter en conta o nome do tribunal no que o sumario se instruía: “Juzgado Especial para los delitos de Comunismo y Espionaje”. Da declaración feita ante o coronel Eymar, tamén é interesante realzar que Piñeiro, a requirimento deste, suxire o nome de tres persoas que o puidesen avalar: Francisco Ogando Vázquez –antigo correlixionario das Mocedades Galeguistas–, Joaquín Gurru- chaga –compañeiro universitario en Madrid– e Antonio Rosón Pérez –saíu xa o nome de Rosón, do que despois falaremos un pouco máis. O coronel Eymar tamén lle pregun- ta a Piñeiro se nalgún momento se sentiu coaccionado, respondendo el que foi tratado con corrección.

45 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Estudos e investigacións sobre Ramón Piñeiro

Neste punto, é forzoso introducir unha pausa, inescusablemente, para facer referen- cia á cuestión tan propalada da ausencia de torturas. Como se sabe, Piñeiro tratou sem- pre de buscar unha explicación para o feito de que non fose vexado fisicamente, atri- buíndoo á intervención dos vascos. O certo é que esta explicación non era necesaria, posto que o trato que lle dispensaron a el non constituíu ningunha excepción. Efectiva- mente, nin un só dos encartados nesta causa xudicial foi torturado, e tanto é así que a mesma pregunta sobre a ausencia de coaccións o coronel Eymar llela fixo aos restantes procesados. Máis aínda, tanto García Durán como Molina Mateo puxeron de manifes- to, nos seus respectivos libros, que de maneira estraña a eles tampouco os torturaran. García Durán, por exemplo, testemuñou:

Pasé a disposición de la brigada que me había detenido y empezó el interrogato- rio. Por la forma correcta en que me hablaban aprecié que no habría palos. Toda su preocupación se centró en lo que había hecho en Francia. Como ya conocía las decla- raciones del resto del Comité, me ajusté a ellas.11 E Molina Mateo, pola súa parte, asegurou:

El día 19 procedieron al interrogatorio definitivo y redacción del atestado policí- aco, dirigido esta vez por el comisario Polo, jefe de la Brigadilla de Barcelona, que es la que operó nuestras detenciones. […] Me dijo que podía darme cuenta de que las campañas que se hacían en el extranjero sobre torturas a los detenidos no tenían fun- damento, pues ellos sólo castigaban duramente a los atracadores y maleantes, a lo cual contesté que si bien yo no había sido torturado me constaba que otros lo habían sido.12

Molina Mateo estaba a pensar con seguridade nos integrantes do oitavo comité nacional da CNT, encabezado por César Broto Villegas, todos eles salvaxemente mal- tratados tras seren detidos o 6 de novembro de 1945. ¿Por que non habería, nesta nova ocasión, torturas? A razón máis que probable é que a actuación das autoridades fran- quistas con relación aos presos estaba a ser especialmente vixiada desde o exterior, cando a denominada cuestión española permanecía aínda sen resolver. Os propios presos vincu- lados á Alianza Nacional de Fuerzas Democráticas, moitos deles cumprindo penas no cárcere de Alcalá de Henares, xa se mobilizaran. Ademais, a policía, no transcurso das súas pescudas, tivera oportunidade de constatar que algúns dos encartados estaban en contacto coa embaixada británica, realizando visitas frecuentes a esta. Proseguindo coa descrición da causa xudicial, no que é o auto de procesamento que decretou o coronel Eymar vemos os cargos imputados a Piñeiro, os irmáns Saco e Mit- xelena. No citado auto de procesamento conclúese:

Que en vista de los cargos existentes contra los mencionados inculpados se está en el caso de acordar su procesamiento en virtud de cuanto dispone el artículo 922, y 553 en relación con el 289 del Código de Justicia Militar y Ley de 2 de marzo de 1943.

11 García Durán, Por la libertad…, p. 163. 12 Molina Mateo, El movimiento clandestino…, pp. 181-182.

Nº 370 46 Estudos e investigacións sobre Ramón Piñeiro BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

O artigo 289 facía referencia ao delito de “rebelión militar”13, mentres que a Lei de 2 de marzo de 1943 equiparaba a este mesmo delito todas aquelas transgresións da orde xurídica que tivesen unha manifesta repercusión na vida pública. Durante o período de proba, Piñeiro aduciu ao seu favor, alén da denominada decla- ración indagatoria, os seguintes documentos: unha folla da antecedentes penais, total- mente limpa; dous informes da Garda Civil de Madrid e de Láncara; un informe do con- cello de Láncara; e, por último, un informe asinado polo tenente comandante do 4º Batallón del Regimiento de Infantería Zaragoza nº 30, Raymundo Riestra del Moral, co visto e prace de Antonio Rosón Pérez, o seu máximo responsable14. Finalizada a instru- ción por parte do coronel Eymar, a causa xudicial elevouse a plenario. O escrito de acu- sación formulado polo fiscal xurídico militar, con data do 8 de marzo de 1947, asumía no fundamental o que se contemplaba no sumario, remarcando os antecedentes penais de cada un dos encartados. De acordo con isto, o fiscal procedeu a solicitar as corres- pondentes penas: para Piñeiro, vinte anos, posto que carecía de antecedentes penais; para os irmáns Saco e Mitxelena, trinta anos, xa que eles si contaban con antecedentes, e non precisamente de escasa entidade. A causa xudicial seguiu a súa tramitación e, a continuación, correspondía designar avogado defensor. A todos os detidos asignóuselles de oficio o xurídico militar Valentín Núñez Losada, contravindo o dereito a elixiren letrado libremente. Agora ben, Piñeiro, os irmáns Saco e Mitxelena presentaron unha alegación solicitando que os defendese o tamén xurídico militar Luís Rosón Pérez, irmán de Antonio Rosón. Non obstante, esta petición foi axiña rexeitada polo coronel Eymar, en razón de que non se documentaba ningún tipo de incompatibilidade co defensor previamente asignado. No seu escrito de defensa, Valentín Núñez Losada, sen discutir os feitos probados, solicitou para a maioría dos procesados a libre absolución. Baseaba a súa argumentación, seguindo a estratexia da que Piñeiro botara man na súa declaración xudicial, na cir- cunstancia de que a Alianza Nacional de Fuerzas Democráticas, promovida pola CNT e outras organizacións políticas e sindicais, tiña como obxectivo retirarlle á Unión Nacio- nal Española, dominada polo Partido Comunista, a súa influencia no conglomerado de forzas opositoras ao réxime. Cumpridos os trámites pertinentes, o consello de guerra tivo lugar o 25 de outubro de 1947 na cidade de Alcalá de Henares, onde todos os procesados estaban recluídos. Non paga a pena pararse na composición do tribunal, integrado polo presidente e por catro vogais, actuando un deles como poñente, porque nada salientable hai con respec- to a ningún dos seus membros. Finalmente, o fiscal e o defensor elevaron a definitivas

13 Isto era o que se establecía no artigo 289 no Código de Justicia Militar daquela vixente: “Serán castigados con la pena de seis meses y un día de prisión a veinte de reclusión lo que, aun no estando unidos ni identificados con los rebeldes, realicen actos que impliquen ayuda a los mismo, cualesquiera que sean los móviles de su conducta”. 14 Piñeiro nunca escondeu a súa relación cordial con Antonio Rosón. En Da miña acordanza, xa con respecto á Guerra Civil pódese ler o seguin- te: “[…] a pesar de todos os malos agoiros, eu creo que na guerra me acompañou a boa fortuna. É certo que tiven a sorte de contar coa pro- tección de Antonio Rosón […]” (Piñeiro, Da miña acordanza..., p. 57).

47 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Estudos e investigacións sobre Ramón Piñeiro

as súas conclusións provisionais, con cambios mínimos. A sentenza fíxose pública o mesmo 25 de outubro de 1947, e as penas ditadas foron as seguintes: no caso de Piñei- ro, seis anos, sustentándose esta condena nos feitos que se lle probaran, xa que non tiña antecedentes penais; no caso dos irmáns Saco e Mitxelena, dous anos, sobre todo por mor dos seus antecedentes, posto que dos feitos que se lles probaran se responsabilizara Piñeiro. Como ao principio foi indicado, da causa xudicial forma parte tamén un feixe de documentos anexos, os cales suman aproximadamente mil folios. Dentro desta docu- mentación, relativos singularmente a Piñeiro é factible encontrar os seguintes materiais: unha carta de Xohán Xosé Plá a Piñeiro; outra carta de Piñeiro a Plá; unha nova carta de Plá que é transcrición doutra do galeguista Naveira a este; unha acta, en dobre ver- sión galega e castelá, do encontro de Piñeiro e os outros representantes de Galeuzca co presidente Giral en París; e, por último, varios resumos de prensa internacional relati- vos ao goberno republicano no exilio. Obviamente, resulta de todo punto imposible glosar aquí os contidos da totalidade destes documentos, mais faremos unha sucinta descrición do máis significativo. Así, en primeiro lugar, cómpre indicar que a carta de Plá a Piñeiro, datada o 20 de marzo de 1946, trata sobre a reunión que os dous mantiveran en Toulouse con Lister, Paz e Núñez. En segundo lugar, a carta de Piñeiro a Plá, do 9 de abril de 1946 –ou sexa, do día da súa detención–, é un informe sobre varios asuntos: a Alianza Nacional de Fuer- zas Democráticas, as relacións entre Galeuzca e a mencionada Alianza, a situación en Galicia, o ambiente xeral en España, os guerrilleiros, os envíos que Piñeiro vai remitir a Francia e, en fin, as actividades que nos últimos días estaba a levar a cabo. Neste informe, Piñeiro escribe, por exemplo, sobre a Alianza Nacional de Fuerzas Democrá- ticas:

Rompeu oficialmente as negociacións que había iniciado cos monárquicos. Mán- doche copia da Carta da Delegación Monárquica dirixida ao Comité Nacional da Alianza. Convén que sepas que inda que non estamos dentro da Alianza nós (Galeuz- ca) fomos os que mais influímos n-isa ruptura. Momentaneamente a Alianza mantén unha postura de adhesión ao Goberno Giral e así llo comunicou a il por escrito (non che mando a copia do oficio porque non a teño eiquí a mau), mais inda non adoitou unha posición definitiva. A CNT prosigue sendo gubernamental, os socialistas tamén se manifestan gubernamentales, os comunistas inda se non definiron e os republicáns siguen cultivando unha postura equívoca. O P. Socialista comeza a saír do seu prolon- gado letargo e da mostras de unha disposición aitiva; a CNT tamén desenrola bastan- te aitividade e comenza a sentir inquedanzas revolucionarias; os comunistas siguen co- a aitividade e cos métodos de sempre; os republicáns siguen divididos e intrigantes. Pol-o de agora non hai unha orientación homoxénea na Alianza e todo parece indi- car que tardará algún tempo en producirse.

E con respecto ao nomeamento de Castelao como ministro do goberno republicano, Piñeiro sostén:

Nº 370 48 Estudos e investigacións sobre Ramón Piñeiro BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

O mais importante é a desiñación do noso ministro no Goberno republicán. Eiquí divulgouse a noticia rapidamente e comentouse moito, incluso por xente completa- mente allea aos nosos medios. As impresións que imos recollendo indican que ise feito representa un gran trunfo político do galeguismo, que a partir de agora é recoñecido como forza con rango e siñificación indiscutíbel. A nosa xente decátase de que entra- mos en unha nova etapa do galeguismo.

En terceiro lugar, da carta de Naveira a Plá, transcrita para Piñeiro por este, pode- mos destacar as diferenzas existentes entre os galeguistas do interior e o Consello de Galiza:

No que se refire ás impresiós dos nosos irmáns do interior sobre o Consello de Galicia de Bos Aires e á sua panda direitiva, […] eran tan evidentes pra que con un pouco de senso común todos os que somos espectadores non coincidíramos. Eu lamén- tome ben que o irmán Castelao (a quen supoño que ti lles tes sempre un pouco de xen- reira, pois non te apeas de chamarlle “o Sr. R. Castelao”) apareza de cabezoleiro e, por tanto, responsabel de malos pasos, pois sin creer que teña medida de home de Estado, ten aquelas condicións requeridas pra facer o home-símbolo da nosa Patria, sempre que non esbardalle ou non entre no que é “executivo”, pra o que penso que Deus non lle deu condicións.

En cuarto termo, un documento valiosísimo é indubidablemente a acta da entrevis- ta dos representantes de Galeuzca, entre eles Piñeiro, co presidente Giral. Pénsese que houbo quen teimaba aínda non hai moito tempo en que Piñeiro non chegara a reunirse nunca co mandatario republicano. Emporiso, é o certo que a xuntanza se celebrou en París o 11 de febreiro de 1946, no pavillón Rockefeller da Cidade Universitaria, tendo unha duración, conforme se fai constar na referida acta, de dúas horas e trinta e sete minutos. Ao comezo do encontro, Piñeiro foi o encargado de resumir diante de Giral as actua- cións da Alianza Nacional de Fuerzas Democráticas desde mediados de 1944 ata aquel momento. Con respecto á última etapa, Piñeiro pon o acento en que, tras o achega- mento da Alianza aos monárquicos, foi Galeuzca xustamente quen manifestou algunhas reticencias:

As forzas autonomistas eispresaron ante Alianza a opinión de que a tarefa do Goberno non se debe dar por rematada; que a lonxania da sua sede e o dislocamento dos seus membros xustificaban a deficiencia inicial da sua laboura; que as conversas cos monárquicos debilitaban gravemente a posición internacional do Goberno e que a laboura inmediata era a de vigorizar e coordinar a política republicán. Ista diferen- cia de criterio foi a que decidiu aos persoeiros de Galeuzca a trasladarse a Francia pra conocer de fonte direita as posibilidades políticas do Goberno a prol do restableci- mento de República.

No tocante ao desenvolvemento da reunión, corrobórase na citada acta a veracida- de de todo o que se recolle en Da miña acordanza sobre que Giral recoñecía as dificulta- des do goberno republicano, e que contaba para derrocar a Franco coa presión econó-

49 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Estudos e investigacións sobre Ramón Piñeiro

mica do exterior e cunha folga xeral15. Compróbase tamén que Giral estaba disposto a dimitir se as forzas do interior así llo pedían. Estas son as palabras do presidente repu- blicano transcritas na acta acerca deste último extremo:

Por outra banda quero manifestar que eu non son un político profesional; son un catedrático que vivo da miña cátedra e que aicidentalmente, por impulso dos meus deberes cibdadáns, interveño na política. Non teño ambicións, e si o interior coida que a sustitución da miña persoa pode facilitar a solución do problema planteado eu estou disposto a deixar o posto que ocupo. Carezco de vocación política, pol-o que a Presidencia do Goberno foi pra min un sagrificio mais; ben sei que non son un home popular e como me considero unha figura gris penso que o meu apartamento non pro- duciría maores consecuencias.

Canto á designación dun ministro galego na próxima remodelación gobernamental, foi Giral quen anunciou que estaba tratando “de ampliar a base do seu goberno, limi- tándose polo de agora á incorporación dos comunistas”, tal como se recolle na acta. Agregaba que pensara nalgúns elementos de dereita, como Miguel Maura ou Manuel Portela Valladares. Interveu entón o representante catalán, dicindo que as persoas cita- das non suporían ningunha vantaxe importante no interior, e deseguido foi o represen- tante vasco quen expuxo que, alén dalgún representante dos intereses económicos do país, “sería máis interesante a incorporación dun galeguista”, e como elemento dereitis- ta alguén do perfil de Manuel Giménez Fernández, no pasado ministro republicano da CEDA. Daquela tomou a palabra Piñeiro para defender con vehemencia os dereitos de Gali- cia, lexitimados polo plebiscito do Estatuto no mes de xuño de 1936, “a derradeira mani- festación democrática da vontade popular de Galicia”, como el dicía, antes da subleva- ción militar. Piñeiro concluía a súa afouta intervención con esta reivindicación:

Por iso causou sorpresa e decepción o feito de que ao constituirse o Goberno da República fose omitida a representación da Galiza, pois estímase que iste país ten unha personalidade propia –que estivo representada no Goberno Provisional de 1931– e o seu dereito a estar representada en un Goberno “democrático” está hoxe fortalecido pol-a eisistencia de un Estatuto plebiscitado e pol-os sentimentos autonomistas da opi- nión liberal galega. Certo que ista omisión non se considera irremediabel, pois eisiste a espranza de que en unha futura ampliación do Goberno –que hoxe se nos anunciou para moi axiña– será subsanada ista omisión incluíndo unha representación da Gali- za.

O EXPEDIENTE PENAL Integrado no seu conxunto por oitenta follas, aparece inicialmente no expediente penal de Piñeiro un formulario onde foron rexistradas todas as súas “vicisitudes penales y peni-

15 Vid. Piñeiro, Da miña acordanza…, pp. 83-84.

Nº 370 50 Estudos e investigacións sobre Ramón Piñeiro BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

tenciarias”16. Despois dos datos persoais, neste documento consta que Piñeiro foi sen- tenciado nun consello de guerra celebrado o 26 de outubro de 1947, en Alcalá de Hena- res, á pena de seis anos por un delito de “rebelión – posterior”. A esta condena aplicáronselle de oficio, segundo se especifica, os beneficios dun indulto decretado o 17 de xullo de 1947, polo que a todos os que cumprisen unha pena inferior a doce anos se lles perdoaba unha cuarta parte da condena. Tamén se lle aboou a Piñeiro o período de prisión preventiva, concretamente un ano, oito meses e once días. Computadas as devanditas reducións, a condena que lle quedaba por extinguir sumaba dous anos, nove meses e dezanove días. Entre as incidencias recollidas no expediente de Piñeiro, o 14 de febreiro de 1948 anótase que vai ser trasladado da prisión de Ocaña para recibir asistencia no Hospital Penitenciario Eduardo Aunós, aínda que realmente ingresaría en Yeserías. Uns meses máis tarde, o 8 de xaneiro de 1949, dise que o penado aprobou un “curso de apologéti- ca” en exames celebrados o 27 de decembro de 1948. O 10 de febreiro de 1949, por outra banda, acúsase recibo dun certificado de redención no que se consigna “tener recibido el titular por esfuerzo intelectual y donación de sangre ciento noventa y cinco días”. O 26 de febreiro de 1949 concedéuselle a Piñeiro a liberdade condicionada, a pro- posta da Junta de Disciplina do centro penal. Unha das derradeiras vicisitudes do expe- diente de Piñeiro que resulta interesante mencionar data do 18 de marzo de 1950, e é precisamente a proposta de liberdade definitiva, elevada ao Capitán General de la Región Militar, por deixar extinguida a condena o 16 de abril de 1950. A aprobación de tal proposta será recibida o 28 de abril de 1950, e da mesma remitiranse certificados á Junta de Libertad Vigilada de Madrid. No expediente penal de Piñeiro, o segundo documento de relevo é a folla discipli- naria, na cal se pormenorizan as “correcciones o castigos y meritos contraídos” nos dis- tintos centros penais polos que pasou. Desta maneira, detállase en primeiro lugar que ingresou na prisión de Alcalá de Henares o 5 de maio de 1946, procedente da Dirección General de Seguridad. Tal dato confirma que permaneceu nestas dependencias vinte e seis días, tal como el, por outra parte, sempre declarou, exactamente desde o 9 de abril, data da súa detención, ata o referido día. Na folla disciplinaria, o 15 de agosto de 1946 sinálase que recibiu, no cárcere de Alcalá de Henares, unha sanción “por hacer causa común con los penados que se nega- ron a vestir el uniforme, sumándose a los actos de indisciplina promovidos por tal moti- vo”. Por outro lado, o 10 de xaneiro de 1947 faise referencia, en alusión a Piñeiro, a que “la Junta de Disciplina, en sesión celebrada el 6 del actual, acuerda considerar servicios

16 Debemos deixar constancia da noticia facilitada polo profesor Alonso Montero, que agradecemos, a propósito da existencia na Dirección General de Instituciones Penitenciarias de dous expedientes baixo o nome de Ramón Piñeiro López, un deles coa sinatura 44318 e o outro coa sinatura 44970. Unha vez consultados persoalmente ambos os expedientes no Archivo General del Ministerio del Interior, verificamos que só o primeiro deles pertencía ao noso Ramón Piñeiro López. De maneira altamente sorprendente, a outra persoa cos mesmos nome e ape- lidos era tamén natural da provincia de Lugo, alén de permanecer encarcerado en Madrid pola mesma época que o autor de Filosofía da sau- dade.

51 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Estudos e investigacións sobre Ramón Piñeiro

meritorios los realizados por este recluso durante la huelga de hambre habida en esta pri- sión del 29 de diciembre al 6 del actual”. Piñeiro estará no cárcere de Alcalá de Henares ata o 7 de novembro de 1947, pois nesta data anótase na súa folla disciplinaria que foi levado á prisión de Ocaña. Aquí con- tinuará a cumprir condena, ata que o 14 de febreiro de 1948 o trasladan á prisión de Yeserías a fin de obter tratamento para a doenza ocular que sufría. Previamente, o 29 de xaneiro de 1948 solicitárase o ingreso de Piñeiro no Hospital Penitenciario Eduardo Aunós, co obxecto de atendelo por padecer “cataratas capsulares posteriores”. Tendo en conta toda a documentación precedente, convén deixar claro de vez se Piñeiro saíu do cárcere antes de tempo ou se estivo recluído o período que lle corres- pondía. En termos obxectivos, hai que lembrar, como punto de partida, que Piñeiro foi condenado a unha pena de seis anos. A resultas da aplicación do decreto antes mencio- nado, reduciuse de tal pena unha cuarta parte, é dicir, un ano e seis meses. Por outra banda, foille descontado o tempo de prisión preventiva, isto é, un ano, oito meses e once días, polo que a condena que lle restaba por extinguir era de dous anos, nove meses e dezanove días. Mentres estivo na cadea, Piñeiro redimiu cento noventa e cinco días por actividades diversas, de modo que a pena quedou, aproximadamente, en dous anos e tres meses. O 26 de febreiro de 1949 é cando se lle concede a Piñeiro a liberdade condicionada, tendo pendente de cumprir algo máis dun ano de prisión, tras permanecer en tres cárceres dife- rentes como penado –xa non, pois, en prisión preventiva– desde o 14 de febreiro de 1948. O 16 de abril de 1950 extinguiuse definitivamente a pena. Como conclusión, cabe afirmar que Piñeiro estivo na cadea desde o 9 de abril de 1946 ata o 26 de febreiro de 1949, ou sexa, case tres anos. Deles, como preso preventi- vo, un ano, oito meses e once días, e como penado máis ou menos outro ano. Definiti- vamente queda desmentido, en consecuencia, que Piñeiro saíse en liberdade antes do debido. Antes ao contrario, pasou no cárcere o tempo preceptivo consonte a condena de seis anos que sobre el recaera.

CABO Camiño xa do remate, quixeramos insistir de novo en que isto que hoxe presentamos é un traballo en proceso, dado que como se dixo ao comezo dispomos da causa xudicial e do expediente penal de Piñeiro soamente desde hai unhas semanas. Malia iso, coidamos que se está en condicións xa de despexar bastantes incógnitas, e de deitar luz, polo tanto, acerca da lenda negra que ás veces se teceu sobre este episodio crucial da súa vida. Podemos, desde logo, contestar numerosas preguntas sobre a súa detención e a súa estancia no cárcere. Por exemplo, ¿como foi apresado Piñeiro? ¿Por que non recibiu tor- turas? ¿Por que o procesaron? ¿Cal foi o tribunal que o xulgou? ¿Quen o defendeu? ¿Que probas se presentaron a favor súa e en contra? ¿Por que o condenaron? ¿Que pena lle

Nº 370 52 Estudos e investigacións sobre Ramón Piñeiro BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

impuxeron? ¿Canto tempo estivo na cadea? Mesmo cabe dar resposta a outras interro- gantes sobre as actividades clandestinas de Piñeiro naquelas datas. Así, ¿que labores estaba a desenvolver en Madrid? ¿Cales foron os detalles da súa viaxe a París? ¿Que tiña previsto facer logo do seu regreso? Nunha apertada síntese, o que cómpre aseverar con rotundidade é que Piñeiro foi detido e condenado por levar a cabo labores subversivos co obxecto de derrubar o réxi- me franquista. Desde o punto de vista xurídico, o delito que lle imputou foi o de “rebe- lión”, o cal lle supuxo unha condena de seis anos de cárcere, permanecendo en prisión case tres anos. Que saibamos, na máis dura posguerra poucas figuras destacadas do gale- guismo pasaron tanto tempo nos cárceres franquistas como consecuencia do seu activis- mo político. Décadas despois, poderíase traer a colación o caso de Méndez Ferrín, preso en máis dunha ocasión por motivos distintos, mais por un período inferior, mesmo en total, ao que Piñeiro esgotou na cadea. Antes de terminar, hai unha cuestión que ineludiblemente non podemos deixar de formularnos, e é a seguinte: ¿entre o que sabiamos polas informacións daquelas fontes primarias e secundarias das que falabamos ao inicio e a morea de datos que ofrecen a causa xudicial e o expediente penal de Piñeiro hai coincidencia ou, polo contrario, se aprecian diverxencias? Se houbese que dar unha resposta unívoca, nós diriamos que, substancialmente, hai coincidencia.

53 Nº 370

II Alocucións académicas sobre Ramón Piñeiro no Día das Letras Galegas

OLLAR A PIÑEIRO HOXE: DE COETÁNEO A FIGURA HISTÓRICA Ramón Villares

SEMENTAR NA ESPERANZA Víctor Fernández Freixanes

A HUMANIDADE DE RAMÓN PIÑEIRO Andrés Torres Queiruga

OLLAR A PIÑEIRO HOXE: DE COETÁNEO A FIGURA HISTÓRICA

Ramón Villares

Hoxe é un día grande da cultura galega, é o Día das Letras Galegas. E por encomen- da da institución académica vou falar dun grande da cultura galega, Ramón Piñeiro, a figura a quen a Academia acordou escoller como autor co que celebrar a festa deste ano 2009. Agradezo a oportunidade que os colegas de corporación me deron para intervir neste solemne acto, pero non estou certo de que as miñas palabras reflictan coa debida xustiza os méritos e a dimensión histórica que tivo Ramón Piñeiro, non só polas miñas limitacións, senón tamén pola propia diversidade e mesmo “porosidade” da obra escrita e oral de Piñeiro. A escolla de Piñeiro resulta acaída coa efeméride que a preside, pois ocupou duran- te máis de vinte anos unha cadeira desta Real Academia Galega, sendo autor de textos (sobre a saudade, a cultura ou sobre a lingua) que contribuíron a definir unha nova idea de Galicia e unha nova praxe política na segunda metade do século pasado. Alén de aca- démico e de escritor, el foi un membro moi activo do galeguismo político da postguerra e un grande mediador cultural a partir dos anos cincuenta, como espertador de voca- cións literarias e culturais galeguistas, ao modo que se ten chamado “socrático” e que eu chamaría de mellor gana “institucionista” ou “gineriano” (polo de Giner de los Ríos). E foi tamén un referente activo e moi invocado nos tempos da transición democrática. A súa obra non foi de creación, senón de reflexión e de acción, pero iso non lle quita un adarme de valor. Alén de acaída ao sentir desta celebración, esta escolla foi tamén oportuna, porque non só axuda a que se coñeza mellor a obra de Piñeiro –edición de textos, epistolarios, biografías...– senón que tamén vai contribuír a espir a súa figura dalgunhas roupaxes que non lle aquelan moito, construídas especialmente a partir dos anos setenta e movidas polas opcións estratéxicas que na acción política tomou Piñeiro e boa parte do grupo que formaba o chamado –non sei ben porqué– “galeguismo histórico”. Non avogo por pasar por alto este treito da biografía de Piñeiro, porque forma parte esencial da Galicia auto- nómica na que vivimos. Pero si avogo por comezar a analizar a Piñeiro non como un coetáneo que interpela de modo directo e persoal e que obriga a tomar posición a favor ou contra, senón como unha figura histórica. Como coetáneo, foi espello de condutas para uns e fonte de erros para outros. Como figura histórica, esta ollada moral sobre Piñeiro ten menos importancia e, no seu canto, a súa biografía e a súa obra escrita ou “socrática” serán achegas básicas para un debate necesario, feito con rigor intelectual, sobre a historia política e cultural da Galicia da segunda metade do século XX.

57 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Alocucións académicas sobre Ramón Piñeiro no Día das Letras Galegas

Desde logo, este é un programa que non se pode colmar nunha intervención deste estilo. Falla aínda moito por coñecer sobre o propio Piñeiro e son abondosos os clixés ou estereotipos que remanecen sobre algunhas das súas ideas máis coñecidas (e, talvez, menos felices) da súa acción política, nomeadamente nos tempos da transición demo- crática. Somos tamén moitos os que o tratamos e coñecemos de forma persoal e que nos educamos sentimentalmente –a favor ou en contra– ao seu carón ou baixo unha vaga influencia do seu maxisterio e das súas opinións. Pero parece claro que son chegados os tempos de deixar á beira do camiño a “contrafigura” forxada arredor de Piñeiro e colocar a súa “figura” no marco máis amplo da historia da Galicia do século XX. De acordo con este presuposto, tratarei de evocar aquí algúns fitos da súa biografía e tentarei deitar sobre Piñeiro unha ollada –palabra da que tanto gostaba o noso home- naxeado– desde unha perspectiva de historiador, no duplo obxectivo de deixar algunha constancia de quén foi Piñeiro e, tamén, de qué foi Piñeiro.

* * *

Quen foi Piñeiro é asunto relativamente doado de saber, entre outras cousas, polo coi- dado que o propio protagonista e algúns dos seus máis fieis amigos e discípulos puxeron en construír un relato biográfico acaído. As notas autobiográficas tituladas Da miña acor- danza, as conversas mantidas na súa mítica “mesa-braseiro”, as gravacións e notas que Carlos Casares foi recollendo aos poucos, a inxente correspondencia epistolar e os teste- muños de ducias de entrevistas ou perfís biográficos enchen moitas páxinas, por máis que moitas delas sexan aínda documentación inédita ou pouco coñecida. O esencial da súa peripecia biográfica é coñecido, pero non podo evitar chamar a atención sobre algúns puntos do seu percurso vital, para dar idea cabal da súa figura e da súa relevancia. Nado nestas terras de Láncara, no seo dunha familia campesiña non especialmente abastada, foi quen de adquirir unha educación formal e regulada superior á de calquera neno de aldea. Na alborada aberta pola II República, comezou Piñeiro a súa actividade cultural e política no campo do galeguismo, padecendo notables riscos persoais a partir de xullo de 1936. A guerra civil non lle mellou miga do seu carácter, pero a “longa noite de pedra” aberta coa ditadura franquista mudou de vez a vida de Piñeiro, como a de tan- tos dos seus amigos e dos seus mestres (cando sobreviviron). Con todo, desde os anos corenta ata a súa morte, a biografía de Ramón Piñeiro estivo marcada por unha actitu- de de compromiso con Galicia e de apostolado en favor da súa cultura e da súa lingua, que fixo del un referente moral e político, máis do que propiamente intelectual, para varias xeracións de galegos. Tres momentos marcan fondamente a súa biografía: 1936, cando lisca, con fortuna que nunca negou, das gadoupas da represión ou da morte; 1946, cando desenvolveu unha das tarefas máis relevantes de toda a súa executoria política, como foi a negociación da entrada de Alfonso R. Castelao como ministro galeguista (e

Nº 370 58 Alocucións académicas sobre Ramón Piñeiro BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA no Día das Letras Galegas

non “galego”, que galegos houbera xa ben deles) no goberno republicano no exilio para, aos poucos días, ser detido; 1980, cando a través de Realidade Galega, axuda a recon- ducir o proceso de elaboración do actual Estatuto de Autonomía. Foi tamén, e sería descortés que non o dixese aquí, o primeiro presidente do Conse- llo da Cultura Galega, elixido polos seus membros no outono de 1983. Piñeiro, que non fora o promotor directo desta institución (o responsable político fora o conselleiro Fil- gueira Valverde), considerouna como propia pois, como di nunha carta coetánea dirixi- da a un mozo lugués que o felicitara polo cargo, trátase dunha institución “independen- te e sen funcións de goberno, pero que ten a responsabilidade de se ocupar da conserva- ción e promoción da nosa cultura”. Grazas á súa autoridade intelectual e moral, o Con- sello adquiriu un perfil moi preciso no entramado institucional da autonomía galega e comezou a definir o seu espazo de acción, con iniciativas como a celebración de grandes congresos internacionais dedicados a figuras como Rosalía de Castro ou Ramón Otero Pedrayo. Un bo principio para unha longa travesía. Alén destes cargos e dos lances persoais padecidos, o máis relevante de Ramón Piñei- ro foi –xa se dixo– a súa condición de guieiro político e cultural do galeguismo, desde os anos cincuenta ata os oitenta. Na súa condición de líder de toda unha xeración, foi unha persoa de ideas firmes, sostidas en ocasións a contracorrente, que non deixou indiferen- te a quen o coñeceu e o tratou. Tivo e ten moitos adeptos, mesmo incondicionais, e tamén críticos, non desprovistos de reaccións destemperadas. Se a grandeza dun indivi- duo se mide pola importancia e número dos seus seguidores (incluídos aquí os críticos), a figura de Piñeiro non foi das pequenas. A súa obsesión por marcar espazos e fixar estratexias para a acción política esten- deuse a outros campos, como os literarios e mesmo os estéticos. Rexeitou con decisión o imperante realismo social da época e polemizou, entre outros, con sobre as relacións entre a cultura e a política. Estes debates, moi propios dos tempos da “gue- rra fría” e do éxito dos intelectuais comprometidos ou engagés, seguiron vivos durante varios lustros, nunha confrontación entre o “culturalismo” ou a prioridade da política, que directamente remitían á figura de Piñeiro. Nese medio ambiente intelectual tivo lugar a educación sentimental de varias xeracións galeguistas, incluídas as chegadas á vida pública nos anos setenta e oitenta...

* * *

Alén destas notas biográficas, que dan conta sumaria de quén foi Piñeiro, cómpre dicir algo sobre qué foi Piñeiro, nunha perspectiva de longo prazo da cultura galega do século XX. Desde logo, a súa influencia foi superior non só á súa obra escrita, senón tamén á que podería derivarse da súa situación persoal. É ben sabido que el foi unha per- soa modesta, de extracción social humilde, sen apenas relevancia social e económica. A

59 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Alocucións académicas sobre Ramón Piñeiro no Día das Letras Galegas

diferenza de moitos dos dirixentes que leva tido en toda a súa historia o galeguismo cul- tural e político, Piñeiro nin foi profesor, nin naceu en pazo ou casa grande, nin tivo for- tuna de seu. Foi un talento formado en grande medida de forma autodidacta, que logrou ser o primeiro guieiro importante do galeguismo de orixes campesiñas. Un “campesino ilustrado” –e collo a expresión da recente tese de Miguel Barros- é definición ben acaí- da para Ramón Piñeiro. Desde este duplo perfil –orixes populares, liderado fundado na racionalidade ilustra- da– pódense entender algunhas ideas fortes da obra e do legado de Piñeiro. Entre estas ideas, hai unha que merece ser subliñada: trátase da súa concepción de Galicia e a sua apelación a algúns valores culturais do pobo galego, como é a súa lingua, que resulta moi oportuno traer hoxe a colación. De todo o grupo xeracional que coñecemos como “grupo Galaxia”, Piñeiro foi quen mellor elaborou unha certa idea de Galicia que, non sendo rupturista coa tradición da preguerra, supuxo uns cambios moi notables na concepción de Galicia e, naturalmente, nas súas consecuencias políticas. Neste sentido, podería dicirse que Piñeiro foi unha sorte de Xano bifronte. Tivo unha clara posición de epígono da tradición cultural e polí- tica na que se formou intelectual e sentimentalmente, que foi a da Xeración Nós, do Seminario de Estudos Galegos e a do Partido Galeguista da época republicana, na súa variante máis democrática e federalista. Pero tamén foi o pioneiro dunha nova idea de Galicia e, sobre todo, dunha nova praxe política que non só rompeu con aquela tradi- ción, senón tamén coas xentes do exilio e mesmo coas novas formas de expresión polí- tica do nacionalismo organizado a partir dos anos sesenta. A sua idea de Galicia tiña un fondo idealista e unha influencia de raíz herderiana, que podería resumirse no coñecido concepto da nación-cultura, fundado en valores orgánicos historicamente dados, como a lingua e a cultura, que son a expresión dun volksgeist ou espírito popular. O razoamento un pouco circular, segundo o cal a cultura define a existencia dun pobo e aquela só pode ser unha creación dese pobo -que xa se atopa en Johan G. Herder-, tamén aparece en moitos textos de Piñeiro. Un dos máis contundentes é o relatorio que, avalado coa sinatura dos seus membros de xeración, escribe Piñeiro para o Primeiro Congreso da Emigración Galega, celebrado en xullo de 1956 na cidade de Bos Aires, no que textualmente se di (e cito), que

...a existencia de Galicia como pobo maniféstase na existencia de Galicia como cultura peculiar. O que nos da dereito a séremos considerados como unha unidade viva e diferenciada dentro do conxunto europeo é o séremos unha unidade cultural. O ser de Galicia depende da sua pervivencia como cultura

Como fixera a xeración Nós, tamén Piñeiro acude ao concepto de cultura como idea forte para a definición da identidade de Galicia. Pero fronte á posición dos seus devan- ceiros, os elementos predominantes non son a Raza nin tampouco a Terra e menos a reli-

Nº 370 60 Alocucións académicas sobre Ramón Piñeiro BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA no Día das Letras Galegas

xiosidade. O referente clave é a Lingua, que na cosmovisión piñeiriá se converte no eixo da súa definición da “alma” ou “ser” de Galicia. Tamén neste punto se percibe clara- mente a influencia de Herder, para quen a lingua era un elemento esencial para fixar a pertenza do individuo a un grupo. Na definición antropolóxica da humanidade, Piñeiro chegou a contrapoñer ao homo sapiens, a idea do homo loquens. Somos porque falamos e, en segundo lugar, somos porque pertencemos a unha cultura e temos capacidade para recordar: lingua e memoria, que diría o filósofo actual Emilio Lledó. Hai unha pasaxe que transita desde a concepción barresiana –e oteriana– da “terra e dos mortos” cara a unha concepción menos panteísta e historicista, na que a lingua se volve pedra angular. A “lingua, sangue do esprito” é un dos seus primeiros textos sobre a materia, escrito por Piñeiro en 1952. A lingoaxe a as lingoas foi o seu discurso de ingreso na Real Acade- mia Galega, en 1967. Unha mesma idea percorre ambos os textos e non está de máis lembrala no dia de hoxe: “un pobo ten alma de seu cando posee un idioma, cando fala nunha lingua propia”, di Piñeiro en 1952. E remacha a mesma idea en 1967, asentando que “o pobo é unidade natural de convivencia; a cultura é a súa forma e a lingua é o seu vehículo”. Tradición ilustrada en estado puro, aínda que beba claramente do que Isaiah Berlin ten chamado a “contrailustración”, de procedencia basicamente tedesca. Piñeiro foi, para dicilo en poucas palabras, o paladín da filoloxización do discurso galeguista, no que a lingua substitúe á Raza murguiana e á Terra risquiana e oteriana. A lingua é o punto de encontro do individual e do colectivo que tanto obsesionaba a Piñei- ro, pois a lingua é falada polos individuos pero creada polo pobo, pola comunidade. Non hai, segundo el, mellor sinal de identidade pois ten o seu fundamento nunha concien- cia individual e nuns valores espirituais de natureza comunitaria. Dito nas súas propias palabras, o idioma é “a máis grande creación cultural colectiva” dun pobo, pero tamén é un elo de irmandade entre todos os seus membros, que posúen –e usan– a lingua de forma individual. Penso que nesta idea forte da concepción de Galicia como un pobo que ten uns atri- butos culturais específicos está o cerne do pensamento de Piñeiro e, talvez, a súa dupla condición de raíz campesiña e popular e a súa mentalidade ilustrada. Transmitir estes valores ás novas xeracións, alentar a aparición de cultivadores da lingua e estudosos da filoloxía galega, fomentar publicacións en lingua galega, todo iso forma parte dun pro- grama de regaleguización de Galicia e de fortalecemento da súa identidade cultural, que Piñeiro practicou durante toda a súa vida, alomenos desde a súa chegada a Composte- la a principio dos cincuenta. Desde este punto de vista, o seu desprezo da política par- tidaria e a súa convicción no poder case taumatúrxico do creador de arte, do autor lite- rario, do investigador da realidade económica e cultural do país, non fixo senón refor- zar esta concepción de Galicia como un pobo creador dunha cultura específica e non como nación política. A este esquema de pensamento se subordinaba a súa praxe polí- tica.

61 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Alocucións académicas sobre Ramón Piñeiro no Día das Letras Galegas

* * *

Comezo a virar cara ao final da miña intervención cunha nova ollada a súa execu- toria vital, porque pode ser un exemplo de conduta para unha sociedade coma a pre- sente, tan abaneada polo egoísmo e a procura desenfreada do éxito a calquera prezo. Piñeiro foi xustamente exemplo do contrario: unha figura que fixo da modestia persoal e do rigor moral, bandeiras da súa existencia. Non pretendeu prebendas nin bens de for- tuna. A súa fortuna estaba noutro lugar, na peculiar trabe de ouro das suas virtudes inte- lectuais e políticas, na súa conduta e na súa capacidade de sedución persoal, desde estu- dantes universitarios ata líderes sociais e empresariais, cun único obxectivo: Galicia e o seu porvir. Se hai algo que abrolla de forma sistemática nos seus textos e no seu fecun- do epistolario é a decisión de transmitir á posteridade un legado recollido en tempos adversos, que debía ser o patrimonio comunal das novas xeracións. Esta foi a idea esen- cial de Piñeiro e, como corresponde a figuras históricas relevantes, abonda con ter unha idea certa e precisa, pero unha soa (a xente común ten moitas, pero múdaas decontino) para que a obra desa figura sexa certamente fecunda. Aquí está unha das razóns da súa feliz posteridade. O seu nome e mesmo algunhas das súas mensaxes seguen estando presentes no debate cultural e político actual. E algu- nhas das súas ideas sobre a identidade de Galicia, o valor da democracia como sistema político ou a súa apelación sistemática ao europeísmo (que non á europeización), seguen a ter hoxe non só vixencia senón mesmo interese para a construción da Galicia do sécu- lo XXI. As súas ideas anticomunistas ou a súa defensa dunha identidade galeguista –e non nacionalista– de Galicia poden ser analizadas e discutidas en termos de historia política ou cultural, pero non desprezadas por razóns de natureza moral. A explicación dos acertos e dos erros de Piñeiro agora xa importa menos do que desentrañar as razóns que marcaron a súa conduta individual e avaliar as súas accións no seo do contexto no que se produciron. Piñeiro xa non pode ser ollado coma un coetáneo, coma se seguise a ser a razón dos nosos fracasos colectivos e a causa última dos nosos males políticos. Tampouco como o recurso instrumental para a xustificación das máis variadas posicións políticas ou cultu- rais. É tempo de que construamos unha nova ollada, non só sobre Piñeiro, senón sobre a evolución da resistencia cultural do galeguismo e o seu papel na transición democrá- tica e na construción da autonomía, despois de case vinte anos do pasamento de Piñei- ro e de máis de trinta da chegada do réxime autonómico nas súas primeiras xeiras. É pro- bable que aqueles nosos devanceiros collesen vieiros equivocados, pero tampouco está claro que todos os actores políticos e institucionais daquela altura atinasen en todo canto facían. Este é o debate que temos a obriga de abrir hogano, no marco desta home- naxe a Piñeiro, para que as novas xeracións, libertadas dos prexuízos e das pantasmas que nos moveron a nós, coñezan mellor a matriz moral da Galicia na que vivimos, que non

Nº 370 62 Alocucións académicas sobre Ramón Piñeiro BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA no Día das Letras Galegas

foi resultado do azar ou dunha conspiración estraña, nin tampouco un benfeito caído pola lumieira do noso fogar comunal. Foi obra humana. O paso do tempo ten algunhas vantaxes. Unha delas, que as cinzas dos mortos xa non tisnan as caras dos vivos, porque aquelas vidas xa se volveron sombras. E con esta reflexión realista propia do oficio de historiador, dou cabo á miña intervención cun comentario inspirado nunhas das formas máis vigorosas da comunicación actual, como son os blogues. Nun deles, escrito hai poucos dias por un culto analista da política e da cultura galega, chamado “De paso”, atopei unha reflexión moi acaída ao caso que nos ocupa. A propósito dun experimento realizado nos EE.UU. nos anos setenta do pasado século, no que un texto “cego”, isto é, sen mención de autoría (que, na realidade, era de George Washington) foi considerado de forma maioritaria como pertencente ao Mani- festo Comunista, cabe preguntarse a quen lle atribuiría un lector galego de hoxe un texto coma o seguinte –e nesta escolla apártome da suxerencia do propio autor do blo- gue– (e cito):

Cada pobo crea o seu idioma propio. Si os idiomas son entre si distintos é porque tamén o son os pobos que os crean. Así, cada [idioma] nútrese desde o comenzo da sus- tanza espiritoal do seu pobo a través dunha auténtica, dunha verdadeira comunión. Os que son irmáns na lingua son tamén irmans no espirito. Por eso resultará sempre que toda persecución a un idioma, veña de onde veña, será un crime espiritoal do que han de arrenegar todalas almas nobres [...]

Non me atrevo a apuntar posibles autorías –desde logo, non podería ser do Manifes- to comunista–, pero talvez non se lles ocorrese a moitos lectores que este texto saíse da pluma de Ramón Piñeiro. Pois de Piñeiro é. Escrito en 1952, logo recollido no libro Olladas no futuro. En todo discurso hai algunha perla; en todo texto, sentidos agachados que o tempo axuda a descubrir. Nos discursos e nos textos de Piñeiro podemos atopar aínda firmezas útiles e significados novos para un problema esencial, que é o de saber quen somos para sermos máis dignos...

63 Nº 370

SEMENTAR NA ESPERANZA

Víctor Fernández Freixanes

1

O pasado ano, por estas datas, honrabamos a Xosé María Álvarez Blázquez: un edi- tor. Nesta ocasión, a Real Academia Galega volve poñer nas miñas mans a encomenda de lembrar a figura de Ramón Piñeiro López, outro editor. Tanto Xosé María Álvarez Blázquez como Ramón Piñeiro eran tamén outras cousas, certamente. O primeiro: poeta, erudito, axitador cultural, arqueólogo, estudoso da artes e da memoria popular, bibliófi- lo apaixonado... O segundo: ensaísta, escritor, activista político, tamén animador cultu- ral no período difícil (atravesado) da ditadura, “anos escuros”, en acertada definición de Xosé Luís Franco Grande, sementador de consciencias, concitador de vontades... Mais editores os dous. Quero dicilo (e reivindicalo): organizadores de información e de pen- samento, produtores e distribuidores de coñecemento, animadores da creación e espa- lladores da palabra, moi especialmente da palabra galega. Giulio Einaudi, un dos grandes persoeiros da edición europea do século XX, antifas- cista, animador da cultura popular na Italia de antes e sobre todo de despois da Segun- da Guerra Mundial, con quen traballaron personalidades tan sobranceiras do pensa- mento progresista europeo como Norberto Bobbio, Cesare Pavese ou Italo Calvino, cla- sificaba a actividade da edición en dúas grandes categorías: edición de cultura e edición de mercado. A edición de mercado olla o negocio en termos exclusivos ou moi fundamentalmen- te de rendibilidade económica; preocupada por esa rendibilidade, dá ás audiencias o que as audiencias queren, sen ningún outro planteamento previo que non sexa a súa gratifi- cación e compracencia, na procura do máximo beneficio do capital investido. A edición de cultura, pola contra, parte doutros principios: o editor é consciente de que a súa acti- vidade forma parte do entramado social, da construción do imaxinario colectivo e dos valores que ese imaxinario social elabora e transmite; a cultura é un diálogo que a inteli- xencia e a razón establece co seu tempo (e en cada momento histórico), ao servizo du- nhas ideas (tamén duns ideais) e duns valores que aspiran a actuar sobre a sociedade para transformala, para mellorala, a través da información e do coñecemento. Homes e mulle- res máis informados, máis cultos, son homes e mulleres (cidadáns) máis donos do seu, máis donos do seu discurso persoal e da súa consciencia crítica, e por tanto, máis libres. A edición de mercado é inmediatista e acrítica, fundamentada no beneficio econó- mico. A edición de cultura sabe que traballa a medio e longo prazo, sementeira de futu- ro. Nin que dicir ten que a esta segunda categoría pertencen os nosos dous persoeiros:

65 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Alocucións académicas sobre Ramón Piñeiro no Día das Letras Galegas

Xosé María Álvarez Blázquez, a quen homenaxeabamos o pasado ano, e Ramón Piñei- ro, a quen honramos hogano. É un honor, dende o vello oficio da edición (e da edición de cultura), recuncar nesta cualidade.

2 Outros compañeiros de Academia incidirán noutros aspectos da personalidade de Ramón Piñeiro, personalidade rica sen dúbida, mesmo nalgúns aspectos controvertida, consonte a dimensión dun intelectual que actuou no seu tempo e nas circunstancias que nese tempo lle tocou vivir. É dende esas circunstancias e no seu contexto dende onde debemos ollar, entender, interpretar e valorar o seu pensamento e a súa actividade. Non entrarei nesas outras dimensións. Correspóndeme presentar e comentar a súa condición de editor. Mais ¿que é un editor, volvendo ás liñas anteriores e ás palabras de Einaudi? O pasado ano, cando falabamos de Xosé María Álvarez Blázquez, contemporáneo de Piñeiro, protagonistas os dous, cada quen ao seu xeito, dese período histórico (difícil) que foi a resistencia da cultura galega contra a ditadura de Franco despois da Guerra Civil, titulei a miña intervención: “arte da paquetería”, glosando a idea de empaquetar ideas, soños, palabras, para difundilas e continualas, e mais falei da arte física de facer aqueles paquetiños aparentemente humildes, mais cargados de ilusión e de enerxía, ata- dos con fío de fogueteiro, cos que os editores dos anos 50, 60 e 70 armaban os seus enví- os cara aos lectores, subscritores e librarías. Cada libro que chegaba ao seu destino (o lec- tor) era unha pomba de luz no medio da escuridade á que fai referencia nas súas memo- rias o compañeiro Franco Grande, semente de esperanza. Aínda hoxe é así. Cada vez que un libro galego (as palabras galegas) chega ao lector, afírmase dalgunha maneira a cida- danía da Galicia máis consciente de si mesma: a Galicia crítica, informada, plural, moderna. Velaquí o sentido deste oficio, concibido dende o compromiso activo coa cul- tura. Nunha das moitas cartas que nos anos 60 Ramón Piñeiro escribe a Basilio Losada, daquela un mozo que iniciaba a súa vida profesional en Barcelona, o noso homenaxea- do fala da “enerxía consagrada a estimular o esforzo creador dos demais” (25 de abril de 1962). Unha parte moi importante, diría que fundamental da obra de Ramón Piñeiro está aquí: nese esforzo constante, sistemático, organizado, de estimular a creación dos outros, dende unha perspectiva política, dende unha perspectiva cultural e dende unha perspec- tiva xeracional, a prol da construción dun novo corpus de creación e de pensamento, recuperación do prestixio do idioma, instalándoo na contemporaneidade, en pé de igual- dade coas literaturas cultas do seu tempo, recrutando sen desfalecemento novas voces, novas iniciativas, novos autores e autoras para a causa da lingua e a cultura de Galicia, dunha Galicia renovada, que Piñeiro imaxinaba coma o cerne dun novo tempo: un tempo

Nº 370 66 Alocucións académicas sobre Ramón Piñeiro BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA no Día das Letras Galegas

de esperanza. As miles de cartas que durante catro décadas escribiu e enviou dende o seu gabinete da rúa Xelmírez número 15, dirixidas a novos e menos novos, e que será cousa de ir recuperando ordenadamente, teñen todas o mesmo obxectivo estratéxico: recons- truir na desfeita o edificio da patria, da lingua e a consciencia desa Galicia nova. O edi- tor, volvendo ás palabras de Giulio Einaudi, é o animador, o motor que está detrás da obra colectiva, o estratego que olla o futuro e, na medida do posible, o imaxina e planifica.

3 Cando o 25 de xullo de 1950 se funda a Editorial Galaxia, como unha plataforma consciente de actuación política e cultural na Galicia do exilio interior, promovida basi- camente por superviventes do Partido Galeguista e das Mocidades Galeguistas, os seus primeiros responsables: Ramón Otero Pedrayo, Manuel Gómez Román, Francisco Fer- nández del Riego, Xaime Isla Couto, etc., poñen nas mans de Ramón Piñeiro o deseño estratéxico da editora. Durante décadas, ata 1983 que dá o relevo a Carlos Casares, o seu discípulo predilecto, e mesmo ata o seu falecemento en 1990, Ramón Piñeiro orienta a editorial e as páxinas da revista Grial, que pon a andar en 1963 xunto co seu compañei- ro de angueiras Paco del Riego, e convértese no seu principal animador, nun dos moto- res da edición en lingua galega, que nese momento equivale a dicir un dos primeiros ani- madores da consciencia viva de Galicia. Non foi Galaxia proxecto dunha soa persoa, nin moito menos. A fotografía na que aparece a asemblea constitutiva da editora nos baixos do Hotel Compostela, dá conta da variada representación de vontades que participaron naquela xeira, e mais doutras per- soas que alí non estiveron e delegaron a súa participación. Xa citamos algunhas. Xohán Ledo retratou pouco despois o equipo de xestión da empresa: Fernández del Riego, Rufo Pérez González, Emilio Álvarez Blázquez, Luís Viñas Cortegoso, Antón Beiras García, Xaime Isla Couto e Xosé Meixide González. Tampouco era Galaxia a única editora naqueles momentos. Un ano antes comezara a andar a colección Benito Soto, que leva- ban en Pontevedra Sabino Torres, Álvarez Negreira e Cuña Novás, coa asesoría litera- ria de . Poucos meses antes constituírase a Sociedade de Bibliófi- los Gallegos e mais a Editorial Monterrey, neste caso da man de Luís Viñas Cortegoso e Xosé María Álvarez Blázquez, quen figuran por certo na fotografía fundacional de Gala- xia en Compostela. Polas mesmas ou moi próximas datas saen os primeiros títulos de Xistral en Monforte de Lemos, da man de Manuel María; e en 1963 créase o Laborato- rio de Formas de Galicia e Ediciós do Castro, que significa o retorno dos primeiros exi- liados, Luís Seoane á cabeza de todos eles. Mais o proxecto de Galaxia axiña se configura coma unha liña decidida, planifica- da, moi consciente, inspirada basicamente por Ramón Piñeiro, aínda que coa colabora- ción moi activa de Isla Couto e de Francisco Fernández del Riego. En 1965 a oferta da editora sobordaba xa os cen títulos, algúns deles ben notables na literatura galega con-

67 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Alocucións académicas sobre Ramón Piñeiro no Día das Letras Galegas

temporánea: dende a Antífona da cantiga de Ramón Cabanillas, o primeiro deles, en 1951, á recuperación no país de Os vellos non deben de namorarse ou Cousas de Castelao, obras varias de Ramón Otero Pedrayo, Á lus do candil de Ánxel Fole, Os eidos de Uxío Novoneira, Sombra do aire na herba de Luis Pimentel, Samos de Ramón Cabanillas, Viei- ro choído de Franco Grande, Mito e realidade da terra nai de Xan Rof Carballo, Do sulco de Xohana Torres ou Percival e outras historias de Xosé Luis Méndez Ferrín (por non ir máis alá da primeira década), pasando polos manuais de Historia de Galicia e de Litera- tura Galega de e Fernández del Riego, o Dicionario de Eladio Rodríguez González, ensaios varios de arte (Colmeiro, Seoane, Eiroa, Maside), a recuperación de Álvaro Cunqueiro para a narrativa galega, ou as utilísimas escolmas de poesía galega que organizan Del Riego e Xosé María Álvarez Blázquez nesas datas. En 1970 o catálogo rebordaba xa os douscentos títulos. Non foi Galaxia empresa dunha única persoa, repito, e esta foi tamén unha das súas grandezas e un dos seus éxitos. Coleccións como Salnés, orientada cara á poesía, onde se publica a Longa noite de pedra de Celso Emilio Ferreiro (1962), que aínda que sen o carimbo da editora naceu no ámbito de Reconquista 1, o seu centro de operacións; a citada recuperación de Álvaro Cunqueiro, ou a colección Illa Nova, pensada para os novos creadores, deben moito ao labor e á teimosía de Fernández del Riego, a quen nou- tra ocasión deberemos dedicar a atención necesaria nesta actividade, igual que a Revis- ta de Economía de Galicia, que se publica entre 1958 e 1968 e que corre por conta de Xaime Isla Couto principalmente, ademais doutras colaboracións externas. Mais a orientación estratéxica, o principio aglutinador da editora discorren durante todos estes anos da man de Ramón Piñeiro, principal referencia dos novos e dos vellos, preocupado por conectar Galicia e a cultura galega co mundo e coa contemporaneidade, e a Piñei- ro se deben os obxectivos básicos que definen a empresa:

1.— Reconstrución da tradición cultural do galeguismo interrompida pola Guerra Civil: Irmandades da Fala, Xeración Nós, deitando pontes co exilio, cando menos na medida do posible, e coa lexitimidade que significaba o Estatuto de Autonomía de 1936. Este esforzo intentou formulalo tamén no plano institu- cional, deseñando estratexias que van dende a recuperación da Real Acade- mia Galega para o galeguismo na posguerra á promoción da cátedra de Lin- gua e Literatura Galega na Universidade de Santiago, que ocuparía o profe- sor Carballo Calero, ou o desenvolvemento de fundacións como a Fundación Penzol ou a Fundación Otero Pedrayo, ou a participación en iniciativas varias como Patronato Rosalía de Castro, o Museo de Arte Galega Carlos Maside, o Instituto Galego da Información, etc. 2.— Afirmación da cultura e a lingua galega como lingua culta e de prestixio, á par das linguas e as literaturas europeas. A tradución da Esencia da verdade de

Nº 370 68 Alocucións académicas sobre Ramón Piñeiro BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA no Día das Letras Galegas

Martín Heidegger, realizada por Celestino Fernández de la Vega e o propio Piñeiro, coa colaboración de Domingo Carballo González, debe ser entendi- da nesta preocupación, igual que no seu día foi un símbolo de modernidade a publicación en 1926 daqueles capítulos do Ulyses de James Joyce nas páxinas da revista Nós, traducidos por Otero Pedrayo. A preocupación pola lingua galega, polo seu uso social e polo seu futuro, é unha das constantes do ensaís- ta Ramón Piñeiro, do animador cultural e, por tanto, do editor, pois o editor non é máis cá proxección práctica da personalidade do autor de A linguaxe e as linguas, discurso co que ingresa na RAG o 25 de novembro de 1967. 3.— Prestixio intelectual da cultura galega, fuxindo dos esquemas floclorizantes en que a tiña subsumida o discurso do réxime, procurando conexións co mundo exterior, intelectuais e escritores, moi principalmente da área portuguesa (Rodrigues Lapa) e brasileira (Celso Cunha). O que o profesor Alonso Mon- tero denomina “A batalla de Montevideo”, acción de protesta diante da VIII Asemblea Xeral da UNESCO reunida na capital uruguaia no ano 1954, dese- ñada dende Compostela por Ramón Piñeiro en colaboración cos compañei- ros galeguistas da outra beira do Atlántico, hai que entendela tamén neste plano de actuacións. 4.— Conexión e activismo cara ás novas xeracións: autores e autoras novos que se incorporan ao catálogo da editora e ás páxinas da revista Grial con textos de creación, crítica, ensaio e traducións.

4 Na lembranza do editor Xosé María Álvarez Blázquez que faciamos hai agora un ano, falabamos da colección “O Moucho”, que este lanzou en 1967 dende a Editorial Castre- los: “libriños do pobo para o pobo”, como un exemplo da procura dunha dimensión de carácter masivo e popular para o libro galego. A estratexia de Galaxia naquel momento era outra: estratexia complementaria, poderiamos dicir, inspirada fundamentalmente por Ramón Piñeiro. No contexto da época (anos 60 e 70) cadaquén desenvolvía fór- mulas propias, xeitos e estilos diferentes de entender a actividade editorial. A estratexia de Piñeiro-editor, igual que en certa maneira a estratexia de Piñeiro- activista, mesmo activista político na clandestinidade á que o obrigaba o franquismo (clandestinidade certamente vixiada), a estratexia de Piñeiro, digo, era o discurso da minoría cualificada, a acción selectiva, prestixio e selección intelectual, na procura non de audiencias masivas, certamente difíciles de acadar, senón de individuos ou elites capaces de poder configurar, chegado o momento, os cadros dirixentes dun país que algún día había de estar en condicións de se gobernar a si mesmo. Hai que entendelo así, situándonos naquel tempo, e situándonos mesmo nas características persoais do seu director literario, cunha concepción que ben poderiamos cualificar de “orteguiana” da

69 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Alocucións académicas sobre Ramón Piñeiro no Día das Letras Galegas

organización e o liderado social. A estratexia de Ramón Piñeiro, na edición igual que na actuación política, actividades non doadas de diferenciar nestes momentos, é a estrate- xia das “minorías”, a selección e o prestixio das individualidades, na procura da exce- lencia intelectual e do prestixio cultural da lingua. É a mesma estratexia que o leva a promover o ensaio como xénero de referencia para configurar un novo grupo de escritores arredor da editora nos derradeiros anos 50 e nos anos 60, por exemplo, o chamado Grupo Galaxia (Domingo García-Sabell, Xan Rof Carballo, Calero, Celestino Fernández de la Vega, Francisco Fernán- dez del Riego, el mesmo); a mesma estratexia de selección que identificaba e formaba universitarios para a causa do galeguismo, non política de masas; selección cultural indi- vidualizada, desenvolvida sempre a partir dunha relación directa e moi estreita, case que íntima, cos interlocutores, localizados onde queira que estivesen: na universidade de Barcelona (Basilio Losada), nas universidades norteamericanas (Machado da Rosa, Ramón Martínez López, Emilio González López), nas universidades portuguesas ou bra- sileiras (Agostinho da Silva, Jacinto Prado Coelho, os citados Rodriguez Lapa ou Celso Cunha), nas universidades británicas (David Mackenzie), nas universidades italianas (Anna Ferrari, Giuseppe Tavani)..; a mesma estratexia que o levaba a conectar con indi- vidualidades ou pequenos grupos de estudantes universitarios en Madrid (Brais Pinto), en Barcelona (Mocedades Galegas), en Santiago de Compostela... Se o editor é un estratego, un planificador ao servizo dunha idea, esa “enerxía ani- madora do que han de facer outros”, tal que lle dicía naquela carta a Basilio Losada, resulta imposible arredar a actividade editorial da actividade cultural e política de Ramón Piñeiro, da súa actuación humana, da súa personalidade, da planificación insti- tucional a prol de recuperar ou configurar plataformas para a nosa cultura e, por exten- sión, para a nosa identidade nacional: pedagoxía paciente e socrática, teimosa, posibi- lista, que desenvolveu durante toda a súa vida e que, a maiores, coma os paquetiños enleados aqueles dos que falaba Álvarez Blázquez, está neses milleiros de cartas espalla- das pola xeografía do galeguismo, polos caixóns da memoria, tamén nos recantos do corazón, porque se é certo que somos o que soñamos, tamén somos os soños que logra- mos acender nos demais.

Nº 370 70 A HUMANIDADE DE RAMÓN PIÑEIRO

Andrés Torres Queiruga

Arma virumque cano: “Canto as armas e o varón”. Aínda que agora non estea de moda o latín, deixádeme comezar con estas palabras, que son as primeiras da Eneida, un dos grandes poemas da humanidade. Nel Virxilio cantou a longa odisea de Eneas, que, cargado cos recordos do pasado e cos deuses do futuro, percorreu o Mediterráneo coa arela de fundar una nova patria, Roma. A min tócanme a honra e o gozo de falar, hoxe e aquí, de Ramón Piñeiro. Podería, tal como Virxilio fixo con Eneas, dedicar o groso destas liñas a contar as súas armas. Fala- ría entón do seu periplo por paisaxes menos amplas e de avatares menos espectaculares, pero non menos intensos para Piñeiro nin, de certo, menos entrañables e decisivos para nós. Tería que empezar co neno solitario e reflexivo, a camiñar polos vieiros e polos cam- pos de Armea, este lugar que hoxe nos acolle con cariño xeneroso en honor do seu fillo máis ilustre, e onde el comungou coa paisaxe, soñou coas nubes e acompañou os animais familiares. Evocaría logo a súa adolescencia e primeira xuventude, que, aprendendo dos grandes pioneiros da nova etapa de Galicia e colaborando xa con eles, iniciaba a longa e persoal camiñada. Camiñada que, fonda de pensamento e famenta de acción, vai defi- nir toda a súa vida e que, dalgún xeito, acabaría marcando a de todos nós. Debería con- tinuar lembrando o escurísimo túnel da guerra e, alén dos seus horrores, as fronteiras que cruzou e as cadeas que aturou na procura dun futuro mellor para a nosa patria. E final- mente, tería que falar da entrega absoluta á reconstrución cultural e política do noso pobo, en loitas por fortuna xa non de sangue, pero por veces non menos duras e arrisca- das; en todo caso, non menos xenerosas nas necesarias renuncias nin menos conflitivas nas opcións irrenunciables. Puido, como todos os humanos, equivocarse algunha vez: para unha mellor e máis xusta claridade sobre iso deberemos seguramente agardar aínda a mediación do tempo e a maduración da historia. Do que podemos estar seguros –quen vos fala estao sen fisga nin vacilación– é da limpeza sen tacha da súa intención e, como escribiu un ilustre aca- démico aquí presente, da diamantina firmeza da súa ética. Igual que o podemos estar da profunda impronta, do selo imborrable, que a súa vida e a súa obra deixaron para sem- pre na carne de Galicia. Unha Galicia que xa nunca se poderá comprender sen as ter en conta. Pero xa insinuei que non son as armas o que hoxe vou glosar, sabendo que moito se pode, se debe e se deberá aínda dicir. Deixo esa tarefa para autores máis doutos na his- toria e máis instruídos na política do noso país. É o varón, o home Ramón Piñeiro, o

71 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Alocucións académicas sobre Ramón Piñeiro no Día das Letras Galegas

que agora me interesa. Nin sequera vou cansar a vosa atención cun retrato minucioso, cunha etopea demorada. Por fortuna, xa a fixo, magnífica, o seu grande amigo Domin- go García Sabell na resposta ao seu discurso de entrada na nosa Academia. O meu pro- pósito é máis modesto: acudindo á miña lembranza, en memoria agradecida da súa ami- zade, vou evocar, ao fío de palabras súas que tiven a sorte de lle escoitar, catro trazos que dalgún xeito axudan a definir a súa nobre, a súa fonda, a súa humanísima humani- dade. O primeiro refírese xustamente a esa humanidade. Un feito escondido, que, penso que case de xeito casual, me contou un día. Era nos comezos. No seu camiño diario cara ao traballo pasaba sempre ao lado dun deses seres marxinais –non recordo ben a descrición concreta– que todo o mundo ignoraba e acaso desprezaba. Piñeiro, en troques, coa súa típica sensibilidade cara ao humilde e marxinal, saudábao con respecto cada vez que pasaba ao seu carón. Cando todo cambiou coa chegada da guerra, aquel ser marxinal acadou certo protagonismo ou polo menos influencia nos grupos que empezaron a domi- nar o ambiente coas armas, o terror e os lúgubres “paseos”. Piñeiro, contoume, soubo despois que aquel home lle salvara a vida: “A ese non o toquedes, porque é meu amigo”. O segundo trazo apunta ao compromiso político. Ben coñecido é o triste episodio da súa prisión en Madrid á volta de París, a onde fora, arriscando a vida, co intento de negociar un posto digno para Galicia no soñado futuro democrático. Tempos perigosos, na indefensión duns cárceres políticos non precisamente respectuosos cos dereitos humanos. Prisioneiro e sometido a interrogatorio, o risco era grande, pois unha exten- sión da lista dos implicados suporía unha terrible desfeita para o minoritario traballo da clandestinidade. Piñeiro, consciente do perigo, a pesar da dura represión que podía botar enriba das súas costas, cargou sobre si toda a responsabilidade, asegurando que todo fora unha iniciativa propia, exclusivamente persoal. O comisario, experimentado no oficio, deuse perfecta conta de que lle estaba men- tindo, e, nese sutil xogo de ocultas complicidades, Piñeiro deuse conta de que o inte- rrogador se daba conta. Pero algo moi especial impresionou na actitude de Piñeiro, pois –contoume Ramón– fixo coma que o cría. En consecuencia, “freou os interrogatorios e non houbo o mínimo maltrato físico”. Estou convencido de que o milagre foi debido á íntima pero eficacísima forza dun dos riscos máis característicos da personalidade de Piñeiro: un home que, a pesar da súa gran timidez psicolóxica, grazas a unha indomable vontade ética, era dono dunha determinación política sen fenda nin creba. Desa vontade ética, fala o terceiro trazo, que remite a unha opción entre as máis dis- cutidas que Piñeiro debeu tomar ao longo da súa vida. De entrada, como a tantos gale- gos e galegas, cando el decidiu presentarse como independente no noso Parlamento, a súa decisión tamén a min me sorprendeu e non deixou de me desconcertar un pouco. Co respecto que sempre lle tiven e a confianza que nunca me pasou pola cabeza reti- rarlle, estando a falar con el, e non sen certa vacilación, pregunteille se realmente esta-

Nº 370 72 Alocucións académicas sobre Ramón Piñeiro BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA no Día das Letras Galegas

ba seguro de que esa era a mellor opción; e, sobre todo, se iso non ía escandalizar a moita xente. A contestación foi inmediata e tallante: “Mira, Andrés, cando eu vexo algo en conciencia, non dou marcha atrás, aínda que se opoña o mundo enteiro”. O meu silencio admirado e respectuoso foi a mellor resposta. E sigo a pensar que este epi- sodio constitúe a máis axeitada referencia para unha interpretación correcta desa e doutras opcións. A ninguén se lle pode negar o dereito a discrepar delas no tocante ao seu acerto ou desacerto obxectivo. Creo que sería indiscutiblemente inxusto pór en cuestión a rectitude das súas intencións e o seu estaren determinadas pola busca do ben para Galicia. O cuarto trazo non é tan espectacular, pero, no meu parecer, non resulta nin menos significativo nin, no fondo, menos admirable. Apunta a unha característica de Piñei- ro que non sempre se salienta, pero que, persoalmente, sería talvez a que nomearía se tivese que escoller o seu trazo máis ultimamente definitorio. Refírome ao seu delicado e profundo humanismo, no sentido de apertura a todas as dimensións que constitúen esa dificilísima trama que constitúe a riqueza inesgotable do mundo persoal. Do humanum. E non penso tan só no interese universal que Piñeiro, tan entregado ao labor político, mostraba por todas as dimensións da cultura: con el podías falar de todo, coa segurida- de de encontrar un oído atento, unha curiosidade insaciable e unhas observacións sem- pre atinadas. Non o exclúo, claro está. Pero neste momento refírome en primeiro lugar a algo que nunca foi doado e que talvez hoxe está especialmente ameazado: o cultivo dos valores íntimos, a educación dos sentimentos, a estima das emocións, a constru- ción equilibrada desa marabilla nunca rematable que é a realización da persoa huma- na. Era xa na etapa final da súa vida. Piñeiro sufrira un accidente por fortuna non grave, pero que lle mancara un brazo, cuxa cura precisara internamento clínico. Estando unha tarde a visitalo, a unha natural case tópica pregunta miña, acerca de se tiña dor, díxome que o brazo lle estaba a doer bastante. De xeito espontáneo, suxerinlle por qué non pedía un analxésico. A resposta foi inmediata e sorprendente: “non, esta dor tamén é miña e eu quero vivila”. A anécdota mesmo pode parecer banal e non sei calibrar cómo a per- cibirán os demais. De min sei dicir que xa entón pensei que algo así só se consegue tras un intenso cultivo da propia interioridade e unha moi delicada valoración do verdadei- ra e autenticamente humano. E o seu recordo aínda hoxe me admira e me dá que pen- sar, coma unha porta que abre un interior moi fondo, coma unha “epifanía” joyseana que de repente revela un mundo de sentido. De feito, xa tamén entón me veu á cabeza unha frase que segue a me visitar decote. Frase querida a Hölderlin, que a cita por dúas veces. Xa que empecei evocando palabras latinas, pemitídeme tamén esta cita final: “Non coerceri maximo, contineri tamen a minimo, divinum est”. “Non ser encerrado polo máis grande e, non obstante, ser conti- do polo máis pequeno, iso é algo divino”. Hölderlin pensaba que a frase estaba no epi-

73 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Alocucións académicas sobre Ramón Piñeiro no Día das Letras Galegas

tafio de Ignacio de Loyola. Descubriuse que non hai tal, pois pertence a un eloxio fúne- bre do santo, feito en Amberes no século XVII1. En calquera caso, penso que, se vale para alguén, lle acae de maneira xusta, e ben axustada, a Ramón Piñeiro. A súa exquisita modestia persoal, sempre a fuxir dos pri- meiros planos e dos grandes espazos públicos, contrasta coa grandeza real da súa figura, que, rebordando os límites dunha cultura tópica e dunha política estreita, traballou como poucos para abrir Galicia á cultura universal, tecendo unha incrible rede de rela- cións, que a fosen situando con eficacia na ancha fraternidade do mundo. Deixádeme soñar: cando, pasados os anos preceptivos, o seu corpo sexa levado ao panteón ilustre que abriu Rosalía e de momento pecha Castelao, esas palabras –grande na súa modestia, modesto na súa grandeza– ben poderían ser o epitafio que sintetice o cerne máis íntimo da súa figura.

1 Dá os datos G. Fessard, La dialectique des Exercices Spirituels de saint Ignace de Loyola. * Temps. Liberté. Grâce, Paris 1956, 164-177: “Circula- rité des Exercices et circularité du savoir absolu d’Ignace à Hegel par Hölderlin”. Foi Hugo Rahner quen fixo o descubrimento.

Nº 370 74

III Traballos de investigación e estudo

AS “COSAS PORTUGUESAS” NA BIBLIOTECA DO CONDE DE GONDOMAR: POLÍTICA E LUSOFILIA Rosario Álvarez / Xosé Luís Rodríguez Montederramo

SOBRE A ESTANDARIZACIÓN DA ANTROPONIMIA Ana Isabel Boullón Agrelo

A BIBLIOTECA E O ARQUIVO DA RAG. APUNTAMENTOS PARA UNHA HISTORIA Mercedes Fernández-Couto Tella

LEMBRANZA DO ESCRITOR EMILIO PITA ROBELO Xosé Anxo García López

ÍNDICE DAS OBRAS DE FREI MARTÍN SARMIENTO NA COLECCIÓN MEDINA SIDONIA Henrique Monteagudo / Silvia Viso

A DEPURACIÓN DAS RESPONSABILIDADES POLÍTICAS DOS GALEGUISTAS OURENSÁNS. UNHA ACHEGA Xulio Prada Rodríguez

UN TEXTO INÉDITO DE 1842 DE JUAN MANUEL PINTOS Xosé Xove Ferreiro

AS «COSAS PORTUGUESAS» NA BIBLIOTECA DO CONDE DE GONDOMAR: POLÍTICA E LUSOFILIA

Rosario Álvarez e Xosé Luís Rodríguez Montederramo

PROCEDENCIA «Cosas portuguesas» consérvase nun único testemuño encadernado no volume de poe- sías varias con sinatura II/1581 (2) da Real Biblioteca [Catálogo RB, t. XI, v. II, p.155]. É o último da serie dos mal denominados «Cartapacios salmantinos» (Menéndez Pidal 1914: XX)1, composta dun total de seis volumes compaxinados en 1906 na Real Biblio- teca a partir de retallos dunha antiga colección de catro volumes que “fueron rehechos por hallarse antes sus pliegos cosidos en gran desorden” (Menéndez Pidal 1914: 170). É coñecido como Cartapacio de Pedro Penagos, porque así se intitula a primeira parte deste códice facticio. Sen embargo, as composicións que nos ocupan nada teñen que ver coa vontade compiladora de Pedro Penagos; por contra, a súa inclusión no volume é azaro- sa, como o é a de todos os poemas que están fóra do índice e de diferente man dos desa primeira parte. Hai unha portada manuscrita, en letras capitais, que reza: «Cartapacio | Es de Pº de Pena | gos. Començose | a 9 de agosto | año de 1593». A man de Stephanus Eussem, que fora bibliotecario do conde de Gondomar a comezos do século XVII (Andrés / Rodríguez Montederramo 1998: 20ss), reduce o título a «Poesías de Pedro Pena», cor- tando o apelido por onde remata na liña. Na metade inferior da portada hai un escudo, que probablemente sexa da familia Penagos2. Ademais da man de Eussem, hai outros indicios que apuntan á procedencia gon- domarense deste cartapacio: nunha folla ao comezo do volume consígnase a signatura que de forma inequívoca recoñecemos como a que localiza o libro na biblioteca que o conde tiña na súa residencia vallisoletana, a denominada Casa do Sol de Valladolid. De man de Diego de Arraitia, precisa a sala, o estante e o caixón en que se custodiaba este volume –“Sal 1ª, Est. 17, Cax.5”–, e responde á unha ordenación de xa ben entra- do o século XVIII. A continuación da signatura, engádese “Diego Sarmiento de Acuña”.

1 En Álvarez / Rodríguez Montederramo (2003: 249-251), a propósito da «Canción galega en loor de don Diego das Mariñas Parragués», incluída no mesmo volume ca «Cosas portugueas», advertimos xa da procedencia gondomarense do cartapacio, fronte á teoría que afirmaba ser o seu primeiro paradeiro algún dos colexios maiores salmantinos (Menéndez Pidal 1914; Cortijo Ortiz 1995). Unha descrición completa do contido do cartapacio pode verse en Cat.Mss.RB, vol. II e Cortijo Ortiz (1995). 2 En García Carrafa (1919-1953, t. LXVIII, lám. 1) atopamos dous escudos de senllas pólas da familia Penagos. Só o “mueble” da “panela” ten correspondencia parcial no terceiro cuartel do que reproduce o noso manuscrito.

79 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Traballos de investigación e estudo

Por outra banda, no inventario da súa biblioteca, redactado en 1623 polo mencio- nado Eussem3, atópase o asento correspondente a este volume: “Poesías de Pedro Pena- gos, 4º” (MBN Mss 13593-13594, fol. 183r). Neste caso, a mención do compilador non deixa dúbidas acerca da identificación do cancioneiro, tarefa case sempre imposible dada a vaguidade con que o bibliotecario gondomarense adoita consignar os numerosos cartapacios que o conde posuía: “Poesías diferentes”, “Poesías varias” ou, simplemente, “Poesías”, son as etiquetas máis frecuentes para se referir a este tipo de materiais. Abundando aínda máis na presenza de don Diego Sarmiento de Acuña no manus- crito, compróbase a inclusión no folio 202r, aproveitando que estaba en branco, dunha das poucas manifestacións literarias do conde, o que pon de manifesto, ademais, o uso do libro por parte deste seu posuidor. Trátase de dúas composicións, do seu puño e letra, que son glosa, aos pés “en la cruz que si que no”, a primeira, e a “pero con más quedo io”, a segunda4. As «Cosas portuguesas», epígrafe baixo a que se engloba o monllo de poemas que nos convoca, forman unidade material, por seren da mesma letra e compartiren caderniños e tipo de papel cos textos que as preceden, que ocupan, na foliación moderna, os folios 289 a 307. A relación de contido é a seguinte:

Soneto al santo sacramento (f. 289r); Otro a lo mismo (f. 289r-v); Soneto a nues- tra señora (f. 289v); A santo Antonio (f. 290r); Letra agena «Antonio Josef y vos / casi parejas corristes», Glosa propia «En tan conforme igualdad / Antonio y Josef el cielo» (fols. 290r-v); Verso suelto al mismo (fols. 290v-292r); Romance al mesmo (f. 292v-293r); Canciones al papa (f. 293r-v); Al rey don Phelipe segº, que está en el cielo (f. 293v-294r); Al rey nuestro señor siendo príncipe (f. 294v-295r); A la sere- níssima infanta doña Clara Eugenia (fol. 295r-296r); Soneto al conde de Salinas (fol. 296r); Décimas (fol. 296v-297v); Dézimas a una señora muerta (f. 297v-299r); Dézi- mas a una soledad (fol. 299r-299v); Romance al rey Francisco (fol. 299v-300v); Romance del rey don Fernando a Granada (f. 300v-301v); Romance a lo antiguo (f. 302r-302v); Otro antiguo (fol. 302v-303v); Cosas portuguesas (fol. 303v-307r).

Algunhas destas composicións permiten aproximarmos a data de redacción. Así, o poema dedicado a Felipe II, xa morto, sitúanos en data posterior a 1598. O soneto dedi- cado á emperatriz “que está en el cielo”, e que, polos datos internos que ofrece, se trata sen dúbida de María de Habsburgo, sitúanos cinco anos despois, concretamente en 1603, cando esta morre. Así pois, os derradeiros anos do século XVI –o ano de 1593 é a data de comezo da recompilación do cartapacio que precede na encadernación ás nosas com- posicións– e os primeiros da seguinte centuria parecen ser os termos ab quo e ad quem das “Cosas portuguesas”.

3 En Andrés / Rodríguez Montederramo (1998) ofrécense datos sobre este inventario. Para a súa consulta pode utilizarse a edición de Manso Porto (1996). 4 Engadimos aínda dúas marcas máis de leitura obra de don Diego: a anotación “muy buenas”, como valoración dunhas «Octavas a las ánimas del purgatorio»; e, no fol. 7v, a nota marxinal “Difiniçión de la corte”, que se refire ao «Soneto 32 de don Luis de Góngora” (Álvarez / Rodrí- guez Montederramo 2003). Sobre o último destino da biblioteca gondomarense e, por tanto, do cancioneiro que nos ocupa, é dicir, sobre a incorporación da biblioteca do conde de Gondomar dende a Casa do Sol de Valladolid á Real Biblioteca do Palacio Real de Madrid, son cla- rificadores os traballos de Michael / Ahijado Martínez (1996) e de Fernández de Córdoba / Cortijo Medina (1999).

Nº 370 80 Traballos de investigación e estudo BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

Un dato externo corrobora e precisa esas datas: nunha carta do conde da Revilla, Alonso de Velasco, que mencionaremos máis adiante, datada en xuño de 1608 e dirixi- da ao conde de Gondomar, fai mención dunha festa de santo Antonio de Padua organi- zada polo conde de Salinas. Os poemas en louvanza deste santo, a presenza do conde de Salinas como adicatario dun soneto encomiástico, a súa abundante relación epistolar con don Diego Sarmiento de Acuña, e o seu relevante papel na política portuguesa da coroa de Castela, lévannos a pensar que a xestación destas composición puideron ter como motivo a festa mencionada en honor ao de Padua (ou de Lisboa).

A PRESENZA PORTUGUESA NA BIBLIOTECA DO CONDE DE GONDOMAR Na altura de 1604 o historiador benedictino Fr. Prudencio de Sandoval, que fora bispo de Tui, advertíalle ao conde de Gondomar, correxedor de Valladolid, cidade onde por eses anos residía a corte, que por gustar “tanto de gallegos y portugueses” esquecía “a Valladolid y sus fuentes nuevamente halladas” (Sánchez Cantón 1935: 76). Da súa devoción pola lingua portuguesa poderíanse aducir testemuños abundantes, pero é ben significativo o que nos ofrece o señor das Achas, que, a modo de agasallo ao conde, redacta dúas cartas “nesta lingoaje, pois é de vosa mercé tan estimada” (Tobío 1973; Álvarez / Rodríguez Montederramo 2004: 282). Amigo e coñecedor das cousas dese reino, a súa biblioteca, próxima aos seus intereses literarios, eruditos e politicos, é talvez o indicador máis visible da súa lusofilia. No inventario de 1623, redactado por Eussem, xa mencionado, que é o máis com- pleto e o que mellor reflicte ás afeccións librarias do conde, dada a súa data de redac- ción, no apartado “Libros de mano”, clasificado por linguas –latín, italiano, francés ou grego–, non se dedica ningunha epígrafe á lingua portuguesa. Os libros manuscritos redactados nesta lingua atópanse nos subapartados temáticos correspondentes baixo a epígrafe “Libros en castellano”. Así rexistramos no subpartado “Historias de Portugal” a “Crónica de don Juan segundo”, de Rui de Pena; no subapartado “Libros de Poesía, Comedias y historias fabulosas”, atopamos a entrada “Comedia de don Antonio de Noronha en portugués”, que, en realidade, se refire a unha copia da Auleographia de Jorge Ferreira de Vasconcelos, dedicada ao conde de Salinas por Antonio de Noronha, de ai a confusión do autor con posuidor. A dedicatoria reza: «Ao conde de Salinas, duque de Franca Villa e Ribadeu, do conselho do estado de sua magestade e presidente do conselho de Portugal». Finalmente, no subapartado “Libros tocantes a cosas divinas” tampouco faltan os de lingua portuguesa. Talvez sexan o escaso número ou a dificultade clasificatoria que presentan os manuscritos fronte aos libros impresos, as causas de que no inventariado da biblioteca Eussem prescindise do portugués como categoría clasifi- cadora para os “Libros de mano”. Para os libros impresos si existe un apartado, importante polo seu volume, reservado a esa lingua baixo a epígrafe “Libros portugueses”. É neste apartado onde se relaciona o

81 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Traballos de investigación e estudo

importante fondo lusófono da biblioteca gondomarense, que reflicte as inclinacións lusófilas do conde. Se ben é notable cuantitativamente, non é comparable ao número de libros en latín ou italiano. A presenza abrumadora de libros latinos non sorprende dada a consideración desta lingua como vehículo internacional de boa parte dos sabe- res; a presenza italiana, segunda en cantidade, pode ser explicada non só pola importa- cia dese país na industria editorial, senón tamén pola posible incorporación dalgunha biblioteca desa procedencia xeográfica na do conde. A categoría “Libros portugueses” organízase en sete apartados temáticos, os tres últi- mos dos cales inclúen o que poderiamos chamar literatura de entretemento: “Libros de poesía”, “Comedias” e “Historias fabulosas”. A que máis nos interesa é a máis ampla, e, se ben é inferior ao que esa mesma categoría abrangue no apartado de libros italianos, supera á dos franceses. Son en total 18 obras poéticas impresas en portugués, a inmensa maioría en Lisboa. Só hai un impreso de Coimbra, de 1589, O primeiro cerco que os tur- cos puserão há fortaleza de Diu..., de Francisco de Andrade, e un de Madrid, de 1592, Varias obras de Duarte Diaz em lingoa Portuguesa e Castelhana5. O autor de maior presen- za no inventario é Francisco Rodrigues Lobo, con catro títulos no apartado portugués: O desenganado, As églogas, O pastor peregrino e Primavera, ao que se debe engadir un volu- me de romances en castelán na sección correspondente de poesía castelá. Segue en importancia cuantitativa Diogo Bernardes, con dous volumes que teñen como protago- nista o río Lima, o que leva por título O Lyma, impreso en 1596 por Simão Lopes en Lis- boa, e Rimas varias, Flores do Lima (Lisboa, Manuel de Lira, 1597). Do primeiro consér- vase o exemplar de Gondomar [RB IX/8315]. Un terceiro asento para Diogo Bernardes, de temática relixiosa, contén as Varias rimas ao Bom Jesus, e a Virgem gloriosa sua may, e a santos particulares, que data en Lisboa en 1601. A obra cimeira da épica portuguesa, Os Lusiadas, de Camões, está presente en tres exemplares: dous pertencentes a unha edición de 1597, e un terceiro da edición “com algumas anotações” de 1591. Non falta tampou- co un exemplar da temperá versión castelá de Benito Caldera, publicada en Alcalá de Henares, en 1580. A seguir de Os Lusiadas, atópase unha edición de 1616 das Rimas, que probablemente se trata da impresa por Pedro Craesbeeck. Outra das figuras senlleiras da poesía portuguesa, Sá de Miranda, conta con dous asentos no inventario: “As obras collegidas por Manoel de Lira, 4º, 1595”, da que se conserva o exemplar de Gondomar [RB I/D/201], e “As obras en verso”, que se refire á impresión lisboeta de Vicente Alva- rez e Domingos Fernandez, de 1614, da que tamén se conserva exemplar gondomarense [RB I/C/204]. O Cancioneiro Geral, ordenado por Garcia de Resende, está presente na súa edición de Lisboa, por Hermã de Cãmpos, 1516. O asento que precede reza “Can- cionero geral, fº”, que podería ser outro exemplar da compilación de Garcia de Resen- de. Entre os autores e obras portuguesas que ocuparon os estantes da biblioteca da Casa do Sol e que probablemente o conde leu con gusto, abundan os de temática heroica e

5 Sobre o proceso editorial desta obra, e en particular sobre as emendas a que foi sometida polo corrector do Consejo Real, véxase Bouza 2002.

Nº 370 82 Traballos de investigación e estudo BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

histórica, de ensalzamento das fazañas do reino portugués, tales como os Poemas Lusita- nos, de Antonio Ferreira (Lisboa, 1598), o Discurso sobre a vida e morte de Santa Isabel, rainha de Portugal..., de Vasco Mousinho de Castelbranco (Lisboa: Manuel de Lira, 1597), ou o Naufragio... de Manoel de Sousa Sepúlveda, obra de Ieronimo Corte Real (Lisboa: Simaõ Lopez, 1594). En “Historias fabulosas” asenta os dous libros de cabalerías. Do Palmerín hai noticia no epistolario, onde ademais de nos explicar a posible orixe do exemplar portugués, informa de que o conde de Salinas está desfrutando da súa lectura:

Mi sr. le en un libro que se llama Palmerín de Ynglaterra. Gusta mucho dél. Si V. S. lo quiere en portugués avíseme. Ay tres cuerpos desde segunda asta sétima parte (San- tiago de Montoro ao Conde de Gondomar, Lisboa, 20-I-1619 [RB II/2134, doc. 59]).

Finalmente, como curiosidade, cómpre resaltar na súa biblioteca a presenza da Rela- ción de las exequias que hiço la Real Audiencia del Reyno de Galiçia a la magestad de la Reyna D. Margarita de Austria... por Iuan Gomez Tonel (Santiago: Juan Pacheco, 1612), que, como é ben coñecido, constitúe un dos rarísimos testemuños de composicións galegas en letra de forma nesa altura. O exemplar, que se conserva actualmente na Real Biblio- teca (VI/1067) leva a signatura da súa biblioteca, e aparece consignado de forma xené- rica no seu inventario xunto con outros libros de xénero semellante, moi ilustrativos da produción editorial da época e ben representados na biblioteca do conde: “Libros de exequias, reciuimientos y fiestas que se han hecho a Reyes y Principes” (BNM Mss. 13594, f. 88r).

AS “COSAS PORTUGUESAS” O primeiro dos poemas incluídos baixo a epígrafe “Cosas portuguesas” é o “Soneto a santo Antonio”. De corte laudatoria, no primeiro cuarteto resalta o poeta a orixe lisbo- eta do santo e o ennobrecemento da cidade que disto se deriva. As calidades do santo e os merecidos premios celestiais son materia do segundo cuarteto. Os dous tercetos finais abundan no recoñecemento terreal e espiritual, “da Casa do Rey dos ceos he terra”. O segundo dos poemas é tamén laudatorio, desta volta adicado ao conde de Gondo- mar. Todo el é unha recusatio, figura retórica de uso frecuente nos séculos de ouro (Ramajo Caño 1998: 1285-1294). O poeta considera temeraria a intención de recoller no soneto a grandeza do personaxe que o motiva. O “Soneto a una ausencia” ten de fondo o tema da milicia. O soldado abandona a patria para sufrir as penuras asociadas á guerra, enfermidades, asedios ou falta de abaste- cemento, tormentos todos eles que non igualan en sufrimento ao “mal de ausencia”. De igual teor é o seguinte, que leva por epígrafe “jugete”, no senso de divertimento poético de ton menor. A guerra é tamén o transfondo do poema, neste caso a guerra en África contra os mouros do “Rey de Fes”. En lugar da ausencia da patria coma no poema

83 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Traballos de investigación e estudo

anterior, aquí o poeta trata a dos amantes, pondo en verso o diálogo da despedida. For- malmente, o “jugete” está composto por 17 estrofas de cuatro versos hexasílabos con rima asoante dos versos dous e catro. O poema V, sen título, é glosa a unha letra allea, e versa, coma o poema anterior, sobre a dor da separación amorosa producida pola guerra. A amada lamenta a ausencia do amado nas tres primeiras estrofas de oito versos hexasílabos, que teñen como pé os versos 3-4 da letra. Pechan o poema tres cuartetas nas que o poeta toma a voz para inter- pelar os amantes e precisar que a armada, na que se embarca o amado e outros “fidalgos gaõlantes”, acompaña o rei Sebastiaõ camiño de Tremecén. O poema VI tamén glosa unha letra allea. Está posto en boca dunha muller e com- ponse de tres estrofas rematadas a modo de pé cos versos 3-4 da letra. O tema da com- posición é unha vez máis a partida do amante. O poema VII é o derradeiro da serie. Tamén glosa unha letra allea, mais difere dos anteriores no tipo estrófico. As seis estrofas que o compoñen son octosilábicas de sete ver- sos retomando a modo de pé o segundo verso da letra. É de temática amorosa ao igual que os que o preceden, se ben neste non están de fondo os temas da ausencia e da milicia. En canto ao contexto social e ás circunstancias en que se produce este monllo de poemas, hai dous indicios que apuntan a un contorno áulico, é dicir, á celebración dun certame ou xusta poética: a redacción en castelán das epígrafes de todo o grupo de poe- mas que nos ocupa parece reproducir literalmente os motivos propostos da xusta; e a rei- teración dun asunto temático podería deberse tamén a unha celebración deste tipo. Como sinalamos na relación de contido da parte facticia en que se inclúen as “Cosas portuguesas”, copiadas pola mesma man e precedéndoa, rexístranse catro composicións en castelán encomiásticas de santo Antonio, en cadansúa forma poética (un soneto, unha glosa a unha letra allea, un “Verso suelto” e un romance). Por outra banda, a rei- teración do tema da ausencia suxire que esta era a proposta da xusta. Dende o punto de vista formal, os poemas “a lo antiguo” da parte castelán e as mesmas «Cosas portugue- sas» poderían ter unha orixe e motivación semellantes. Todos eles son condicionantes que cadrarían perfectamente no contexto dun certame literario. O conde de Gondomar ou o de Salinas, destinatarios de cadanseu eloxio, poderían ser os presidentes ou anfitrións desa academia circunstancial. Parece apuntar ao segun- do unha carta de Alonso de Velasco, conde de Revilla, datada en Madrid en xuño de 1608, dirixida ao conde de Gondomar, na que se menciona unha festa en honra de Santo Antonio de Padua (ou de Lisboa)6 na casa do conde de Salinas:

Aquí se pasa gran calor y yo todos los más ratos que puedo con el señor conde de Salinas son hablar en v.m. Hizo la fiesta de San Antonio de Padua con la mayor sole- nidad que se a visto. (RB II/21333, doc. 232).

6 Santo Antonio é coñecido universalmente como Santo Antonio de Padua, pola cidade onde morreu o 13 de xuño de 1231, e que segue vene- rando as súas reliquias. A data da súa morte é a escollida pola igrexa católica para venerar o santo. Tamén se coñece como Santo Antonio de Lisboa, pola cidade en que naceu (1195). É o padroeiro da súa cidade natal.

Nº 370 84 Traballos de investigación e estudo BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

Tanto don Diego de Silva e Mendoza, marqués de Alenquer e duque de Francavilla, coma Alonso de Velasco pertencen ao círculo máis estreito de don Diego de Sarmiento e Acuña, tal e como se desprende da súa ampla presenza como correspondentes no epis- tolario gondomarense7. Co primeiro compartiu o de Gondomar afeccións literarias e algún desengano político, tal como ilustra á perfección o episodio biográfico que refire Sánchez Cantón (1935: 20): en 1605 Gondomar, pretendente en corte, coñecedor da política portuguesa e dos asuntos dese país, escribe directamente a Lerma solicitándolle que o nomee para algún cargo na Xunta de Portugal. A resolución, que como sabemos foi negativa, e a difícil situación que estaba a atravesar don Diego deron ocasión ao conde de Salinas de lle enviar ao seu amigo, a modo de orixinal consolación, unha troba copia- da dun vello cancioneiro na que ensalza a paciencia. A amizade entre ambos dura ata os últimos días do conde de Gondomar, e de feito atopamos ao de Salinas como albacea no testamento que Gondomar redacta en Bruxelas o tres de febreiro de 1626, pouco antes da súa morte. Pola súa parte, Alonso de Velasco, conde de Revilla, estivo presente en momentos cruciais da carreira política de Gondomar, coma cando ocupou interinamen- te, na altura de 1610 e ata principios de 1613, o cargo de embaixador extraordinario en Inglaterra, que xusto a seguir desempeñaría con tanto éxito o diplomático galego. O conde de Salinas, poeta de primeira orde no Século de Ouro español, afecciona- do ás “fiestas cortesanas y palaciegas, donde fue figura indispensable” (Dadson 1994-95: 183), anfitrión na celebración da festa de santo Antonio, probablemente promoveu nesa ocasión un certame poético con varios motivos, uns temáticos, coma o encomio do santo, e outros formais, coma os poemas “a lo antíguo” ou as “cosas portuguesas”. As pro- postas poéticas de louvar a Santo Antonio de Lisboa e compoñer en portugués están en relación coa necesidade de Salinas dunha vinculación afectiva con Portugal para afian- zar a súa natureza portuguesa. Fillo de pai portugués, don Diego de Salinas era moi cons- ciente da importancia de demostrar esa nacionalidade para medrar politicamente na administración do reino veciño, toda vez que Felipe II xurara nas cortes portuguesas de Tomar reservar os altos cargos aos naturais do reino. Por este motivo o de Salinas entrou en preito polos dereitos sobre os estados portugueses da Chamusca e Ulme (Santarém), que seu pai recibira do rei Sebastián (Dadson 1985: 12). En efecto, cando se compón este monllo de poemas, se damos por boa a datación por Santo Antonio de 1608, o conde de Salinas é a máxima autoridade no Consello de Portugal, con dereito de pri- macía sobre os demais, pero sempre coa oposición dos portugueses que solicitaban se lle retirase esa prerrogativa por non ser daquela nación. Anos despois, en 1616, é nomeado Visorei de Portugal e marqués de Alenquer, título este que tiña como finalidade lexiti- malo para o nomeamento (Dadson 1985: 13). En definitiva, as “Cosas portuguesas” poderían formar parte dese aparato de representación de cara á súa lexitimación para proseguir o seu cursus honorum na política portuguesa.

7 Véxanse as entradas dedicadas a ambos nos índices de Cat.Gondomar.

85 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Traballos de investigación e estudo

O INTERESE LINGÜÍSTICO DOS TEXTOS Este monlliño de textos é un testemuño da lingua dunha época e unhas circunstancias, no cerne da Idade Moderna, cando as linguas de estado occidentais se están esforzando dun lado na codificación e doutro na asunción de novos e maiores retos expresivos. Por iso chamaron a nosa atención estes poemas escritos en portugués e coleccionados en terra allea. Ora ben, ao afondarmos neles e no seu estudo percatámonos de que presen- tan características lingüísticas moi interesantes, tanto para o estudo da variación dia- crónica do portugués coma para unha aproximación ao contacto lingüístico nas socie- dades peninsulares da época. Unha cuestión imposible de establecer só mediante o estudo lingüístico é se os tex- tos son ou non dun mesmo autor, pero podemos concluír que nada obsta a esa hipótese. Na nosa presentación imos tratalos conxuntamente, mais sinalando en cada caso en cal dos poemas se producen as particularidades comentadas. Tamén non poderemos discri- minar con seguridade que trazos son orixinais, e por tanto atribuíbles ao perfil lingüísti- co do autor ou autores, e cales son debidos a unha transmisión por medio de copia. Avivou o noso interese o feito de que haxa neles moitos trazos que son infrecuentes, inusuais ou inesperables nun falante de portugués, se ben de case ningún se pode dicir sen asomo de dúbida que é imposible no abano variacional do portugués nesa altura. De feito, hai nomes de autores notables que acoden de maneira persistente nas nosas pes- cudas dentro do corpus histórico do portugués de Davies/Ferreira, ao que nos referiremos de maneira recorrente8: Francisco Manuel de Melo, o Marquês de Sande, Fernaõ Men- des Pinto, Bento Pereira, Bento Teyxeyra, o padre António Vieira, Frei Luis de Sousa, Francisco Rodrigues Lobo...9 Por iso o que máis estraña non é a presenza en si mesma deste ou estoutro trazo, senón a concentración de tantos deles neste ramalliño de poe- mas, no que non faltan mostras de poesía culta. De forma reiterada tense a impresión de que o autor ou é un portugués moi castelanizado –por unha estadía prolongada en medio cultural castelanófono, por unha práctica literaria bilingüe, por asumir modelos lingüís- ticos e culturais da corte central...– ou ben alguén que sabe bastante portugués pero non é portugués; ten ademais algúns trazos que se xustifican mellor desde o galego ca desde a variación interna do portugués ou desde a interferencia do castelán. En suma, pódese dicir que son unha boa mostra de hibridación lingüística que, sendo normal pero significativa en calquera situación de contacto entre linguas pouco distan- ciadas, resulta especialmente interesante no marco histórico en que se produce: o perí-

8O Corpus do Português posto a disposición dos investigadores por Mark Davies e Michael Ferreira ofrece no seu contexto 45 millóns de pala- bras procedentes de textos portugueses –e algúns galegos medievais– escritos entre 1300 e a fin do milenio. Está dispoñible en http://www.cor- pusdoportugues.org e foi consultado por nós entre marzo de 2009 e outubro de 2010. Este corpus foi unha base inestimable e fundamental para o desenvolvemento do noso traballo; sempre que non se especifiquen outras fontes, as mencións á consulta do corpus portugués dében- se entender referidas a esta obra. 9 Advírtese non só a frecuencia de nomes que pertencen ao círculo dos xesuítas senón, sobre todo, a recorrencia de autores bilingües e que, por distintas motivacións biográficas, tiveron un estreito contacto co español. Nas datas inmediatamente anteriores á entrada no prelo deste artigo, no marco do Simposio ILG 2010, o prof. Fernando Venâncio mostraba conclusións semellantes, xirando arredor do mesmo grupo e dos mesmos nomes, ao estudar a castelanización do léxico portugués no mesmo arco temporal; en tanto non se publica a monografía deriva- da dese encontro científico, remitimos a Venâncio 2008, onde xa se sitúa nesta liña.

Nº 370 86 Traballos de investigación e estudo BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

odo coñecido como “Tempo dos Filipes”, marcado pola anexión da coroa de Portugal á de Castela, desde 1580 ata 1640. Non todos os sectores sociais portugueses aceptan de bo grao a nova situación política e a dependencia do rei castelán; entre os que mostran maior enstusiasmo –real ou finxido– están grupos con poder, coma a nobreza portugue- sa, que aspira a grandes favores e empregos cortesáns, a alta burguesía, que ve as avan- taxes da libre circulación de portugueses e mercadorías polo vasto imperio, ou o alto clero e os xesuítas, que albiscaron grandes oportunidades e o alargamento do seu campo de acción10. Pero o feito é que durante o período da monarquía dual se produce un esmo- recemento da vida cultural portuguesa, ao que non son alleos a inexistencia dunha corte en Lisboa e o traslado a provincias da nobreza con posibles que non seguiu o camiño da corte central; esta decadencia cultural favorece a instalación do castelán nos medios cul- tos portugueses, que á súa vez provoca unha forte secundarización da lingua nacional contra a que reaccionan algunhas voces patrióticas (cf. Vásquez 1988, Bouza 2000). Pero a converxencia non só se dá en territorio portugués11. Como consecuencia dos acordos asinados por Felipe II, durante os sesenta anos que durou a anexión, Madrid e Valladolid asistiron á chegada e instalación dun gran número de portugueses, sexa por- que tiñan intereses de diverso tipo na Corte, sexa porque eran admitidos ao servizo da Casa Real, sexa porque a Raíña tiña ao seu redor señoras principais e damas de honra portuguesas... En todo caso, para o que a nós nos interesa hogano, tanto en Portugal coma na corte castelá, hai elites culturais portuguesas que se mostran proclives –ou que, cando menos, non mostran reticencias– á converxencia política, cultural, lingüística. Nese marco sociolingüístico sitúanse, cremos, os textos que editamos. O noso propósito é chamar a atención sobre a variación lingüística nas coordenadas espaciais e temporais, conxugando a presentación das “rarezas” no contexto do portu- gués escrito da época –coa finalidade non disimulada de fornecer elementos que axuden a trazar un perfil do autor– coa importancia relativa da información lingüística destes textos para a historia da lingua como un valor engadido deles.

CARACTERÍSTICAS GRÁFICAS Os textos presentan algunhas características gráficas salientables, en parte pola súa rela- tiva heterografía en parte por ofreceren solucións inusuais ou aínda non comprobadas no portugués escrito na altura. Obsérvanse tamén neste nivel trazos debidos á hibrida-

10 A castelanización portuguesa non se limita a este período. Como sinala Pilar Vázquez Cuesta, no seu recoñecido estudo sobre o Tempo dos Filipes (Vásquez 1988), todo o que fose castelán xa estaba de moda en Portugal cun século, polo menos, de antecedencia. Entre as influen- cias de longa pegada, a autora salienta a importancia das Universidades de Salamanca e Alcalá, e de profesores desa proveniencia, na for- mación das elites portuguesas. Como proba, pasa revista á longa nómina de obras e autores bilingües dos séculos XV e XVI, e das traducións ao castelán editadas en Lisboa, para concluír que “o cultivo do castelhano generalizara-se tanto em Portugal por essa época que resulta ver- dadeiramente excepcional encontrarmos escritores que não tenham sucumbido alguma vez à tentação de usá-lo” (Vásquez 1988: 48-49). 11 Non hai un cultivo do portugués por parte de falantes casteláns que se asemelle nin sequera palidamente ao que se produce en sentido con- trario. A súa presenza no teatro ou nos vilancicos é caricaturesca, nos máis dos casos con intención paródica. Como di José Ares no seu estu- do sobre a presenza de Portugal no teatro español da época, “Nuestros autores hicieron también uso ocasional de la lengua portuguesa, unas veces con intención burlesca, otras para caracterizar mejor a los personajes de aquella nación. Casi siempre lo hicieron mal, muy mal. ¡Qué diferencia con el dominio del español mostrado por los incontables portugueses que lo utilizaron en sus obras!” (Ares 1991: 11).

87 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Traballos de investigación e estudo

ción lingüística, que tanto poden ser atribuíbles ao autor coma ao copista, pois non debemos esquecer que nos foron transmitidos en medio castelanófono. A seguir comen- tamos só as características gráficas que máis chamaron a nosa atención. A grafía revela a existencia de betacismo, un trazo que pode ser dialectal ou debi- do á interferencia. No primeiro caso, levaríanos a identificar o autor como orixinario das terras portuguesas situadas ao norte dunha liña que vai, grosso modo, de Figueira da Foz, na desembocadura do Mondego, ao río Sabor, afluente dereito do Douro e á Serra do Mogadouro, xa nos confíns do NE (fronteira entre Bemposta [Bragança] e Fermo- selle [Zamora]); os dialectos desa grande área non fan a distinción entre /v/ e /b/ xeral no resto do dominio portugués. Tampouco a practica o galego nin o castelán, polo que este trazo podería ser debido á impericia dun autor ou copista destas procedencias. Os datos rexistrados son sempre de uso de no canto da esperable , pois non se observan ultracorreccións en sentido contrario: tibestes (I:5), imposible (II:11), terrible (III:14), ber (IV:9). Nótese que, como se explica máis adiante (§ 4.2.2), quen copia emenda por (tibestes), pero non a consoante, o que fai supoñer que está no orixinal. Non de raro emprégase por , a pesar da homografía producida entre as representacións de /g/e /Z/: portuges (I:7; IV:3, 46)12 e samge (I:9) gráfanse do mesmo xeito ca engenio (II:4). Non faltan, con todo, mostras do dígrafo no mesmo contexto: guera (I:11), guerra (III:3; IV:35; V:5), sangue (III:5). Ante , en cambio, non se obser- va ese problema gráfico: dunha banda, perseguicõis (III:14) e seguiraõ (IV:14); doutra, naufragios (III:2). O dígrafo esténdese excepcionalmente a en chegua (IV:9). Así pois, o problema gráfico concéntrase en IV ( e ) e, en menor medida, en I (). É notable a heterografía na representación das sibilantes alveolares xorda e sonora, unha distinción fónica e gráfica que podería ser dificultosa para un castelán ou para un galego, pero non para un falante de portugués, fose cal fose a súa modalidade dialectal de orixe. Vacílase na representación da consoante xorda como ou como , cunha alternancia grafemática xa pouco presente escrita culta portuguesa na altura: vosa (I:6; II:5) e voso (I:9; II:3), xunto a vosso (II:13; VII:8) e vossas (VII:13), por port. vosso, vossa; asedio (port. assédio, III:12); imposible (II:11, port. impossível); casa (I:14) e cassa (IV:4; port. casa); como curiosidade, marxinal pero significativa, nunha pasaxe escribe en posición inicial, por xorda, que emenda como (I:5; port. céus). A representa- ción da consoante sonora tampouco está exenta de problemas: forcossas (III:11; port. forçosas), forcosso (V:30), ditosso (VII:28; port. ditoso). En posición final, no canto de : fas (II:12; port. faz), tras (VII:8; port. traz), fes vos (I:12, 13; port. fez-vos), fez (VII:32, 33), Fes (IV:38; port. Fez, top.). Como curiosidade, anotamos o uso de tras consoante: suspensso (IV:19).

12 Indicamos deste xeito o número de poema (romanos) e o número de verso ou versos, excluído o título (arábigos).

Nº 370 88 Traballos de investigación e estudo BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

O grafema tanto representa, supostamente, a pronuncia culta [ks] (prolixo, III:3), coma a pronuncia tradicional palatal xorda, coa particularidade de que non se grafa previo (abaxo, VI:1; baxalo, VII:40), seguindo unha práctica que non é exclu- siva deste texto. O correlato sonoro está invariablemente grafado como , conson- te a práctica histórica portuguesa. Na representación da consoante lateral palatal úsase de maneira xeral a grafía , uniforme en portugués desde a súa imposición en tempos de Afonso III (por volta de 1265-1275), en contraste co dígrafo primitivo que se mantivo en galego e caste- lán: filho (I:10), lhe (IV:17, 62, 66; VI:24; VII:28), olhos (IV:9, 13; VI:2, 6, 10, 18, 26; VII:14), olhay (VII:19), milhor (IV:25), mulher (IV:60), uelha (VII:3). Por iso cremos que a grafía caualleiro representa port. cavaleiro e non port. cavalheiro, cognados pero con significados non sempre coincidentes; isto é, é grafía anticuada equivalente a e non interferencia equivalente a . Cremos que tamén hai que interpretar como representación da lateral alveolar a grafía en “he falhos eis vemturosos” (VII:29), pois o contexto non permite interpretar o clítico en mesóclise como amálga- ma de dativo e acusativo (lho), senón como unha forma simple OD (port. fá-los-eis ‘farédelos’). En consonancia co dito no parágrafo anterior, a nasal palatal tamén se representa adoito con : mourinhos (IV:39), tenhais ( IV:49), minha (IV:57), cantarinho (VII:4), adeuinho (IV:5). Con todo, atopamos <ñ> –o grafema correspondente en galego e espa- ñol– non só en Acuña (I:1), que estaría xustificado por ser voz onomástica, senón tamén en señora (IV:33) e señor, este nun sintagma en que concorre coa outra grafía (“Señor da minha alma”, IV:57). Chama a nosa atención a grafía (VII:1), na “Letra agena” que serve de mote, con toda evidencia equivalente a , empregada polo autor da glosa; cremos que delata a grande antigüidade da fonte dos versos toma- dos como motivo (cf., por exemplo, mãselinho en rima consoante con cam˜yo en Airas Nunes; Tavani 1992: 83, 88). Na coda silábica ante consoante alternan e . Ao parecer, só hai constan- cia nos grupos con bilabial (embarcaõ, lembrais, empremde, imposible, empre- go...) e na palabra emque, se callar como recordo da súa composición e non por causa de ; da outra banda, tampouco hai vacilación no uso de ante as nasais: ennobre- cestes, enmudeçer, enmudeceis. Ante as consoantes supostamente labiodentais, prefírese : comuem (IV:34; V:10), comvosco (VII:2) / conuersaçõis (III:12); emfadosa (III:3), emfermidades (III:10) / conforme (IV:30). As opcións están equilibradas ante : sus- penso, suspensso (IV:11, 19) / comsigo (IV:40), Apartemse (V:29). Nos demais contextos, é minoritario e non se dá por igual nos distintos poemas: (α) todos ofrecen , pero só entra en concorrencia con en IV, V e VII ( / : 4/8, 3/2 e 7/1, respectivamente); (B) é xeral o uso de (salvo en III, sen rexistros: sendo, tendes, onde...), pois só II e IV presentan alternancia ( / : 4/1 e 1/2, respectivamen-

89 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Traballos de investigación e estudo

te); (γ) é maioritario o uso de cando a segunda consoante representa /s/ (8/4, repartidos de forma desigual: vencestes [I] e paciencia, rresistencia, ausencia [V]; alcamca- los, lembramca [VI]; encerra / prudemcia [III] e ausencia [2v], mudancas / vemceremos [IV]), pero cando representa /k/, están igualados (sincoemta [IV] / emcareser [VII]); dito doutro xeito, e en suma, en I e V óptase por , en VI e VII por e só III e IV alternan . En posición final de palabra, emprégase adoito , conforme a grafía ordinaria en portugués (em, com, bem, podem...), pero en cinco dos sete textos preséntase a conco- rrencia minoritaria de final, coma en galego e castelán: gran cidade, prep. en (2v) (IV); un mísero, prep. en, prep. sen (2v.) (III); un portuges, Santaren, maten (IV); prep. con (VI); trazen (VI). Deixamos á parte Amen (IV), dado que en portugués hai dúas varian- tes, âmen e amém. A representación da nasalidade complétase co uso dun sinal diacrítico, xeralmente curvo, situado sobre a vogal, que nós transcribimos como til (vid. infra, § 5). Emprégase adoito en posición final, no segmento final -aõ e nos plurais en -õis: taõ, naõ, saõ (‘eles son’), partaõ, vaõ (Ind. Pte.), vayaõ (Subx. Pte.), seguiraõ (Fut.), Bastiaõ, rrezaõ, afeicaõ... (obsérvese que o sinal recae sobre a segunda vogal), conuersaçõis, perseguicõis; a única excepción é a forma apocopada gran (I:3). Atópase tamén en posición final sobre os monosílabos m˜y (II:13, 14; VI:18) e h˜u (II:11, en concorrencia con un, III:1 e IV:46). En posición interior alterna co grafema consonántico: (α) os xerundios da CI gráfanse con til (choraõdo [IV], navegaõdo [VI]) ou con consoante (bailando [IV], suspirando [V], penan- do [VI]); cantaro deixa espazo a caõtaro (VI); únese a única ocorrencia de gaõlantes (V); taõ contaxia esta grafía non só a todas as ocorrencias do adverbio taõbem, senón a taõto e taõta (II, 3v), que alternan con tanto e tanta (I, II, V, VI). Aínda que se trata dun trazo formal de natureza distinta aos anteriores, non quixe- ramos deixar de comentar que a versificación non ten en conta o carácter aberto ou pechado das vogais medias, con abundantes exemplos na serie palatal, de modo que Æ Æ tibestes [E] está en rima consoante con merecestes [e] (I:4, 8), o adverbio bem tanto rima Æ Æ con é [E] (IV:6, 8) coma con saber [e] (IV:22, 24), o ditongo -ei rima con pechada (por- tuges-Lei, IV:46, 48) ou con aberta (dizeis-mulher, IV:58, 60), etc. En realidade, a partir do séc. XV, na versificación portuguesa, quizais por imitación da poética castelá (Câma- ra 1977: 106-115), deixou de practicarse a rima perfecta ao estilo dos cancioneiros medievais. Como se ve nos exemplos anteriores, a presenza gráfica de abonda para a rima: vogais medias abertas e pechadas, vogais e ditongos orais, vogais orais e ditongos nasais...

ANÁLISE DA VARIACIÓN LINGÜÍSTICA: CARACTERÍSTICAS SALIENTABLES Como xa foi indicado máis arriba, estes textos mostran un alto grao de hibridación lin- güística no contexto ibérico centro-occidental. Na nosa achega, partiamos da base, por

Nº 370 90 Traballos de investigación e estudo BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

máis plausible, de que o seu autor e autores eran de lingua portuguesa e de que, por tanto, o contacto producira cambios nunha dirección, modificando o acervo orixinario coa integración de formas do novo inventario lingüístico a que se accede. Continuando nesa hipótese, non estamos en grao de establecer cantos e cales deses trazos presentes nos tex- tos son debidos a unha práctica individual e cales pertencen a unha variedade híbrida máis ou menos difundida e asentada en determinados círculos; e, no primeiro caso, tamén non poderemos asegurar cales deles son interferencias involuntarias e cales obe- decen a unha estratexia hibridista, como recurso para modernizar a lingua, atenuar dife- renzas coa do “outro”, evitar conflitos, etc. Ao longo da nosa análise, fóisenos facendo cada vez máis evidente a posibilidade de que o autor non sexa orixinalmente de lingua portuguesa, senón alguén que a adquiriu como segunda lingua e que a domina con bas- tante éxito (un castelán ben integrado na vida e cultura portuguesas ou, con maior faci- lidade e oportunidade, un galego); nese caso, a hibridación lingüística sería debida á dis- tancia entre a intencionalidade (suponse plenamente portuguesa) e a competencia real. Comentamos a seguir os trazos que nos pareceron salientables nesta perspectiva. Sen pretensións de concluír máis aló do límite que esixe a necesaria cautela, na exposición imos agrupalos en dúas series: en primeiro lugar, os que atopan xustificación na varia- ción interna do portugués, por máis que na altura estean documentados de forma mino- ritaria ou marxinal; logo, os que parecen atopar a explicación máis aceptable na inter- ferencia ou préstamo lingüístico.

Trazos probablemente endóxenos Na colección atopamos unha serie de trazos que sorprenden nun falante culto portugués, principalmente se o termo de comparación é a decantación producida ao longo dos sécu- los seguintes e que callou como a lingua padrón moderna. Aínda que a lectura contras- tiva co estándar actual é inevitable, esforzámonos por cotexar as variantes dos textos coas empregadas por autores contemporáneos seus, con ampla marxe nos marcos crono- lóxicos do período. Por iso podemos afirmar que, con frecuencia, os trazos rechamantes son variantes arcaicas ou minoritarias en portugués, ou ben dialectalismos que apenas pasaron á escrita, pero non se pode dicir deles que sexan imposibles en escritores do mesmo nivel social e cultural có posible autor: cautivas (non cativas), ceos (non céus), correos (non correios), empida (non impeça), gran (non grande), il-rey (non el-rey), milhor (non melhor), muy mais e muy bem (non muito mais e muito bem), polo (non pelo), probe- za (non pobreza), simte (non sente), rezaõ (non razão), todo (non tudo). Emprega simte, port. sente, no Ind. Pte. (sentir): “emque o simte na’lma / cumpre com quem hé” (IV:7). En portugués moderno, sinte non é forma nin do presente nin do impe- rativo (sente); en galego, en cambio, é a variante popular máis estendida en correspon- dencia sente (Ind. Pte.) –esta forma potenciada por vía culta na planificación do están- dar moderno– e a única do imperativo (ela sente / sinte ti). De tódolos xeitos, non faltan

91 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Traballos de investigación e estudo

testemuños antigos de /i/ en portugués (Davies/Ferreira): as formas con VR localí- zanse moi minoritariamente no séc. XV (4v) e con maior amplitude no séc. XVI (21v), para logo desaparecer por completo do corpus. Se volvemos a ollada para os usuarios das formas con sint- atopamos algúns datos significativos, pola relevancia historiográfica dos autores: João de Barros na súa Gramática (1540) vacila entre sent- (3v) e sint- (1v), aínda que en ocasión anterior se decantase pola primeira (Crónica 1520); o gramático Fernão de Oliveira usa sempre sint- (3v) (Gramática 1536)13; o lexicógrafo Jerónimo Cardoso tamén usa en exclusiva sint- (8v) (Coimbra 1569-70). Os raros datos do séc. XVI teñen esta procedencia: o humanista André Rodrigues Eborense (1554, 5v, xunto a 1v sent-); o xesuíta lisboeta Luis Fróis (1560-1580), 3v (xunto a 2v sent-); Gil Vicente (s.d.), 1v (fronte 6v sent-). Así pois, a principios do século XVII, este é un trazo improbable nun escritor portugués, salvo por arcaísmo (intencionado ou non). Con todo, podería deber- se á antigüidade mesma do poema ou a un estilo deliberadamente arcaizante, consonte os feitos que narra: o seu asunto sitúase na véspera da partida do rei Sebastián, que desa- parecería en Alcazarquivir o 4 de agosto de 1578. Se non se explica sinte desde o propio sistema portugués, a interferencia debe ser galega, pois nesta lingua era xa entón a forma máis estendida14; a variante castelá siente, con pé na equivalencia sempre presente entre e (piedra = pedra, quiero = quero), debería apoiar a elección de sente, non de sinte. A forma empida (“Naõ aja causa que empida / que o cantaro se celebre”, VI:17), do Subx. Pte. de impedir máis lembra gal. e esp. impida ca port. impeça. Con todo, polas razóns históricas que sexan, no corpus portugués non falta tampouco esta variante for- mal, da que recollemos nove testemuños no séc. XVI e outros tantos no séc. XVII (Davies/Ferreira: impida, impidas, impidam), en autores tan significativos coma Camões, o Padre Vieira, o humanista Gonçalo Fernandes Trancoso ou André Rodrigues Eboren- se; no mesmo corpus, a que semella minoritaria na altura, é a canónica impeça-. Dezer (II:10; port. dizer) é forma ben documentada en galego, onde pervive nos luga- res en que este verbo se inclúe na CII (decer, máis frecuente nun arco que ocupa o sur e occidente), fronte á xeneralidade das variedades galegas, que optaron pola CIII (dicir, decir; ALGa: I 242). É forma tamén existente en portugués, que Jerónimo de Argote (1724) atribúe a unha característica fonética dos algarvíos (“Difere na pronúncia, por- que ao E, fechado pronunciam como I, assim como Pedaço dizem Pidaço, e ao I, pronun- ciam como E fechado, assim como Dizer pronunciam Dezer, e em outras coisas”), pero está documentada noutros lugares: no noso corpus, quen máis contribúe a testemuñala é Pedro de Meneses (sec. XV), conde de Vila-Real, que nos remite ao territorio consti-

13 O corpus recolle tres ocorrencias de sent-, en contextos en que non dá sentido; o exemplar da BN (http://purl.pt/120/1/) permite ler con cla- ridade serue, que é o que tamén leu a súa editora (Buescu 1975). 14 Ocupámonos da diacronía dos modelos alternantes / non alternantes deste grupo de verbos da CIII, en galego antigo, en Álvarez / Xove 2005. A progresión da extensión do modelo sen alternancia parece ir de norte a sur. Aínda que os verbos con nasal no radical se mostran máis resis- tentes (sentir, mentir), o feito é que a fins da Idade Media o verbo seguir, que semella actuar como motor do cambio e exercer de arrastre para os máis, só se mantiña como alternante nunha pequena área SW, e aínda alí de xeito opcional.

Nº 370 92 Traballos de investigación e estudo BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

tutivo do toro galego-portugués. Trátase, en realidade, dun problema de acomodación morfolóxica á segunda conxugación, que pode aceptar un radical con /i/, coma no por- tugués padrón (dizer), ou non (/e/: port. dial. dezer, gal. decer). No corpus portugués hai abundantes rexistros, moi concentrados en poucos textos, ata fins do séc. XV, pero a par- tir dese momento son raros, e ningún no séc. XVII. Fronte á forma plena grande xeneralizada no portugués que lle era contemporáneo, o autor do “Soneto a santo Antonio” usa a forma apocopada gran (“nobre e gran cidade”, I:3), coma na lingua antiga; obsérvese que, ademais, aparece grafada con final en -an, cando os outros monosílabos semellantes manteñen nestes textos a grafía -aõ (naõ, taõ, vaõ..., § 4.1). En portugués, a forma apocopada está aínda vizosa ante substantivo ata fins do séc. XV, pero xa nos textos do séc. XVI é esporádica e puramente testemuñal15. En galego a forma apocopada é moito máis frecuente, pero ambas se manteñen ante subs- tantivo ata hoxe: a distribución é para algúns enfática (¡Que grande cousa!, fronte á non marcada ¡Que gran cousa!) e para a maior parte contextual, coa forma plena ante vogal (gran cousa / grande ánimo) (Bouzas 2009). Nos nosos textos emprégase gran, como o faría un falante de galego ou de español (aínda que nun título se usa santo ante vogal , “santo Antonio”). No primeiro poema, o soneto a Santo Antonio, atopamos dous sintagmas que resul- tan sorprendentes, desde a perspectiva do portugués moderno, polo uso da forma apo- copada muy tanto ante o adverbio bem coma ante o cuantificador mais: “emque hé Lis- boa nobre e gran cidade, muy máis Antonio vós a ennobrecestes” (I:4) e “muy bem subir taõ alto merecestes” (I:8). As dúas opcións son contrarias á práctica portuguesa, que desde o comezo da Idade Moderna optou por muito bem e muito mais16; o galego, en cam- bio, coma o castelán, optou por manter a apócope en moi ben e xeneralizou a forma plena en moito máis (esp. muy bien, mucho más). Máis estraña é aínda a apócope ante o cuan- tificador, en portugués (muito mais), en galego (moito máis) e en español (mucho más). Ora ben, tanto muy bem coma muy mais (e variantes gráficas) están ben documentadas nas tres linguas, sobre todo no período medieval. Os nosos textos son un bo testemuño do momento de cambio lingüístico que se deduce dos datos do corpus portugués empre- gado, pois mostran os últimos vestixios de mui mais, que en portugués se consuma duran- te o século anterior (pasa de ter o 36,73% das ocorrencias no séc. XIV, ao 11,68% no séc. XV e ao 3,25% no séc. XVI)17, e participan da resistencia de muy bem, forma nor- mal no séc. XIV e que aínda supón algo máis da metade das ocorrencias no séc. XVI, para pasar ao 17,6% no séc. XVII. O carácter residual do sintagma muy bem no portu-

15 Mantense ata hoxe só como elemento compositivo, en voces como grão-duque. 16 Segundo Houaiss (s.v. MUI), en portugués actual a forma apocopada “a) empr. com restrições (adquire conotação irônica, pedante, inatual etc.), antes de adjetivo e advérbio (mui agradável, mui distante), dificilmente antes de verbo (Nossa! Você falou: ‘depois de mui pensar’?). b) embora quase toda a fronteira brasileira seja região de contato com a língua espanhola, ‘mui’ apenas se registra como norma no falar do Sul do Brasil: muchacha mui guapa”. 17 O único exemplo do séc. XVII en Davies/Ferreira corresponde á Monarchia Lusitana de Frei António Brandão (1619): “E respeitando a este tempo he Portugal Reyno mui mais antigo não sò que Aragão, mas que todos os outros de Espanha.”

93 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Traballos de investigación e estudo

gués da época podería estar sustentado no noso autor ou polo seu perfil arcaizante ou polo contacto con español e/ou galego; canto a muy mais, a xulgar polos datos de CORDE, a vixencia temporal de muy mas en español tivo algo máis de percorrido no séc. XVII. Así pois, o ambiente culto bilingüe podería estar tamén axudando a soster estes sintagmas anticuados en portugués. Úsase unha estraña variante do artigo determinado na expresión el-Rei, cunha constancia que non deixa lugar a dúbidas sobre a súa literalidade: “fes vos yl Rey do abito do Xpõ” (I:12), “portuges fidalgo / de cassa dil Rey” (IV:4) e “Com Il Rey à gue- rra / se vaõ meus amores” (V:5), fronte a unha soa ocorrencia da forma esperable, “com- tra el Rey de Fes” (IV:38). El-Rei é forma de cerimonia para se referir ao seu monarca, ao parecer extensible á mención respectuosa do rei inimigo con que van guerrear (“A Africa vamos / comtra el Rey de Fes”), pero non vai máis aló das instancias terreais: “da Casa do Rey dos ceos he terra” (I:14). O corpus escrito portugués e a toponimia mostran que o uso da expresión cerimonial el-rei, que inclúe unha variante especial do artigo, chegou de xeito ininterrompido ata a Idade Contemporánea (non así en galego, no que ocorrencias modernas son tentativas algo artificiosas de recuperación por vía culta). Con todo, a pesar de que este sintagma está ben documentado en galego e en portugués, non demos atopado testemuños desa variante il do artigo determinado; é coñecido que en galego o pronome de terceira persoa –descendente tónico da mesma forma latina– tivo como resultado il, iles nunha estensa área oriental que limita amplamente co terri- torio portugués (ALGa: II 159), pero non temos noticia de que no mesmo espazo hou- bese este resultado tamén para o artigo de cerimonia. No seu coñecido e documentado estudo sobre a lingua de Gil Vicente, Teyssier indica que “Como todos o seus contem- porâneos, Gil Vicente designa o rei por el-rei. Mas por duas vezes usa a variante rústica in-rei” (2005: 186); séguese unha explicación fonética, por evolución espontánea ligada con dúas tendencias evolutivas, a nasalización de e- e i- iniciais átonos e a confusión nesa posición de en- e in-, pero non dá exemplos en que esa nasalización se produza estando a vogal trabada pola lateral. Máis interesante é que menciona e documenta rexistros populares ou de textos que imitan a fala popular, con formas similares: en-rei, mil-reis, min-reis, irrei... Quen grafa este artigo como , nuns poemas que non pre- tenden ser imitación paródica da lingua de tipos populares, non parece reparar na longa e sólida tradición cerimonial de el-rey en portugués nin na equivalencia con esp. el. No texto non se emprega nunca a variante contracta port. pelo e si a que hoxe se iden- tifica como gal. polo (cast. ‘por o’): polo mar (III:2), Polo mar abaxo (VI:1). Ora ben, cóm- pre lembrar que a amálgama entre a prep. por e o artigo determinado tivo como resulta- do orixinal polo, que é o que mantén o galego ata hoxe e que o portugués foi substituín- do progresivamente por pelo. A principios do séc. XVII era xa moi evidente o triunfo de pelo na escrita portuguesa, pero o proceso de substitución aínda non se consumara: son moi poucos os autores que seguen fieis a polo e que se decantan por esta forma en exclu-

Nº 370 94 Traballos de investigación e estudo BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

siva ou con moi poucos casos de excepción (Frei Luis de Sousa, Francisco Rodrigues Lobo, o ortógrafo Álvaro Ferreira) e tamén poucos os que oscilan en relativa paridade (Bento Teyxeyra, os gramáticos Duarte Nunes de Liaõ18 e Amaro Roboredo). Así pois, o uso reiterado de polo nestes poemas só pode atribuírse a unha práctica purista e arcaizan- te en contexto portugués ou a unha interferencia do galego no autor ou na copia. Na expresión do dativo de terceira persoa emprégase a forma sincrética lhe (‘lle, lles’), sen marca de número: “he para guardalos / lhe farei a vela” (VI:24), “ditosso pre- mio lhe day / he falhos eis vemturosos” (VI:29). A evolución diacrónica do galego e do portugués esixe que a adxunción da marca de número /s/, que diferenciou polo número lle : lles, só se producise con posterioridade á palatalización; e de feito non só non faltan testemuños do uso de lle = lhe con significado plural ao longo da historia galego-portu- guesa –un trazo ao que se refiren con frecuencia as gramáticas históricas–, senón que chegou aos nosos días como trazo diatópico en galego e, cando menos, como variante social en portugués (Álvarez 1994). Advírtase, ademais, que a amálgama sincrética port. lho e gal. dial. llo (‘llo, llelo’) só se explica a partir dun lhe = lle que non diferencia for- malmente singular e plural. Os nosos textos participan dese trazo, usando lhe en todas as ocasións en que se corresponde con lhes. O uso de todo no canto da forma tipicamente portuguesa tudo merece un dobre comen- tario19. Segundo Nunes (1975: 261) “até começos do século XVI, todo valeu por substan- tivo e adjetivo”, e de feito Maia non atopa “vestígios da forma tudo, que, documentada esporadicamente em Portugal desde o século XIII, só veio a generalizar-se no século XVI” (1986: 710). Os distintos autores coinciden en que tudo se estendeu en portugués na lite- ratura quiñentista, pero, como mostra Said Ali (1971: 118-120), non se instalou coa mesma rapidez e constancia en todos os contextos. O corpus reunido por Ferreira/Davies aboa ese proceso de substitución de todo por tudo na norma portuguesa: a forma marcada como pronome autónomo só se rexistra de xeito testemuñal no séc. XIV, ascende no séc. XV e instálase de forma dominante no séc. XVI, no que non por iso deixa de haber tes- temuños cada vez máis infrecuentes de todo. No corpus do proxecto CARDS. Cartas des- conhecidas20, que recolle a escrita producida na esfera privada e por mans non sempre hábi- les (1500-1900), e por iso máis proclives a usos non canónicos, non se atopan testemuños de todo autónomo. En definitiva, debemos concluír que o uso de todo ‘tudo’ non é inve- rosímil pero si pouco esperable nun portugués culto de principios do séc. XVII. Por iso sor- prende a frecuencia e constancia con que se escolle unha variante que xa debía ser moi

18 Con todo, parece preferir pelo como amálgama ante substantivo fronte a polo que (Davis/Ferreira). 19 En portugués distínguese entre tudo, a forma do pronome autónomo, masculino e invariable, e o pronome determinante, non autónomo, con variación de xénero e número (todo / toda / todos / todas): perdeu tudo, bebeu tudo (a totalidade) / choveu todo o dia, choveu o dia todo, bebeu todo (o viño, o leite...). 20 O proxecto CARDS. Cartas desconhecidas desenvólvese no Centro de Linguística da Universidade de Lisboa, baixo a dirección da profa. Rita Marquilhas (http://alfclul.clul.ul.pt/cards-fly/index.php). Á dilixencia e xenerosidade da súa directora debo a información de que o único rexistro é dun mirandés, que ten unha lingua trufada de mirandesismos (mir. todo, con calquera valor): “Ca as novidades que tive de Braga são que todo esta Como estava” (1724, Miranda, CARDS2023). Tamén lle debemos a información de que nos dicionarios dos séculos XVI, XVII e XVIII todo autónomo só aparece unha vez, nun proverbio citado por Bluteau, que nada proba en contra da evidente perda de vixen- cia como forma de uso viva: “Quem faz bem ao astroso, não perde parte, senão todo”.

95 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Traballos de investigación e estudo

arcaica e inusitada na altura, quizais apoiada pola interferencia do español ou do galego: “Tendes tanto de todo, Acuña nobre” (II:1), “Todo me dizey” (IV:20), “¿quem me dara nouas / de todo, meu bem?” (V:4), “Causa amorosa afeicaõ / todo o que nouo se ve” (VII:11). Pero, ademais, chama a nosa atención que a única ocorrencia de tudo sexa en realidade unha substitución pouco feliz dun todo autónomo orixinario, pois en todas as estrofas se dá a rima asoante -o...o co verso do refrán (nouo, fogo, posso, ditosso, vemturo- sos, poderoso / comvosco); só se rompe nos derradeiros versos, por facer entrar tudo no canto de todo: “para que sirua de tudo. Quero [ir mana comvosco]” (VII:43-44). O autor ou o copista reaccionou ante a “incorrección” gramatical e colocou a forma portuguesa corres- pondente, pero sacrificou a congruencia da rima sostida con anterioridade: sabe da varia- ción todo / tudo e acepta a primacía de tudo como forma portuguesa culta, pero isto choca coa súa práctica espontánea, non “corrixida” nas catro ocorrencias anteriores. Emprega correos (port. correios): “Saõ seus [...] / suspiros correos / da’lma que bem quer” (IV:15). Esta é unha evolución diverxente entre galego e portugués, pois mentres Æ o primeiro mantivo -eo, -ea [e], o segundo desenvolveu un iode e deu lugar a -eio, -eia (cheio, aldeia), que se estende con distintos ritmos segundo as voces implicadas. O corpus consultado confirma a existencia de correos como unha forma minoritaria (Davies/Ferrei- ra): dun total de 542 ocorrencias deste substantivo nos séculos XVI e XVII, só 46 son de -eo(s) (8,3%); a proporción descende ao 5,97% se consideramos só os datos do século XVII. A nómina de autores que empregan a forma conservadora, espallados por todo este século, é reducida pero significativa: os gramáticos Duarte Nunes de Lião, Amaro Robo- redo e Bento Pereira; Fernão Mendes Pinto, Francisco Manuel de Melo, Manuel de Gal- hegos (editor de Gazeta, o primeiro xornal portugués) e o Marquês de Sande. “Milhor hé dizermo” (IV:25). Milhor é forma ben aboada en portugués pois, aínda que nunca chegou aos niveis de presenza da concorrente melhor, está presente no corpus escrito desde os primeiros textos ata fins do séc. XX. Con todo, desde o seu cume máxi- mo no séc. XV (42,33% das ocorrencias), milhor/milhores non deixa de decaer no uso (séc. XVI, 32,65%), de xeito que no séc. XVII xa representa só o 7,78% e a partir do séc. XVIII é puramente testemuñal (Davies/Ferreira). Mellor e millor son tamén variantes ben aboadas en galego: a primeira é a máis frecuente no corpus escrito histórico (TMILG) e forma estándar na codificación moderna; a segunda é a máis frecuente na lingua oral espontánea actual (ALGa: II 138). A influencia do español mejor só podería actuar en favor de melhor. Rezaõ (II:14) e variantes con re- son unha opción minoritaria no corpus portugués, fronte ás solucións máis comúns que mostran ra-, coma a forma estándar no portugués moderno, razão. Por algunha razón, esta variante xurdida no séc. XV tivo un grande suceso nos autores quiñentistas, cos que chega á cuarta parte das ocorrencias; aínda que de aí en diante comezará o seu declive imparable, é moi probable que aínda estivese en voga a comezos do século XVII.

Nº 370 96 Traballos de investigación e estudo BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

A variante con metátese probeza (port. pobreza), aínda que minoritaria, está ben documentada en portugués coas grafías entre o séc. XIII e as pri- meiras décadas do séc. XVI. Poderiamos engadir, aínda, a ausencia dalgúns trazos marcadores da distancia lin- güística do portugués por escoller as opcións converxentes, coma o uso persistente do xerundio (nunca a + infinitivo), o emprego de ir a + infinitivo sen valor perifrástico (“Vay a despedirse / de quem quere bem” (IV:5)21 ou o feito de que só en tres ocasións se empregue o artigo ante posesivo: “Señor da minha alma” (IV:57), “se vaõ os meus olhos” (VI:2), “mal podem pasar / sem m˜y” os meus olhos” (VI:18).

Trazos probablemente exóxenos Non é posible, nin nós o pretendemos, trazar unha división tallante entre estes dous gru- pos. Como se desprende da exposición anterior, a selección de certos trazos existentes no abano variacional do portugués pode estar condicionada pola similitude ou igualda- de coas formas castelás correspondentes. Tamén é posible que algúns dos trazos que imos considerar a seguir sexan en realidade endóxenos e non rexistrados nos textos escritos integrados nos corpora de que dispomos. No texto hai tres testemuños de sufrir como verbo da CIII e ningún da variante sofrer, da CII (sufrir III:1, V:14; sufrirey IV:50). A acomodación dos descendentes deste verbo da terceira conxugación latina decantouse en español e en galego a favor da con- xugación en -ir, se ben en ningunha destas linguas, sobre todo na segunda, faltan teste- muños do modelo en -er; en galego forma parte dun grupo especial de verbos da CIII, Æ todos patrimoniais, que se conxugan con alternancia (sufro, sofres [O]; sufrir, sufrirei). En portugués, en cambio, optouse pola acomodación á CII, de modo que en Davies/Ferrei- ra non se rexistra ningunha forma que poida pertencer ao paradigma de sofrir ou sufrir22. Así pois, atopámonos de xeito reiterado cunha forma que se afasta do modelo conxuga- cional previsible nun portugués. No “Soneto a santo Antonio”, deslízase axiña emendado en (I:5), cancelando o segundo pau do e colocando un punto moi marcado sobre o outro. A selección inicial de como vogal radical parece ser o traslado do uso espon- táneo, por castelanismo ou galeguismo, do orixinal ou de quen fai a copia. Non atopa- mos rexistros de tub- ou tuv- como variante do tema de perfecto no corpus histórico do portugués, descendentes da variante medieval tov-; en cambio, en galego está ampla- mente documentada, tanto en textos antigos (TMILG), con abundantes rexistros tudenses –isto é, na área de maior intercambio lingüístico e documental co territorio portugués veciño–, coma na lingua actual (ALGa: I 376, aínda que a forma estándar sexa

21 Emenda por . A pesar da dificultade da letra superposta, cómpre ler e non o cancelamento do derradeiro grafo, por- que doutro xeito o verso sería pentasílabo. 22 A grafía da vogal átona podería ser indiferente, posto que a elevación da pretónica daría

97 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Traballos de investigación e estudo

tivestes, coma en portugués). Por tanto, ou estamos diante dunha variante dialectal por- tuguesa, continuadora da correspondente galega e non rexistrada no noso corpus, ou máis probablemente diante dunha interferencia lingüística. Vayaõ (port. vão) é a forma verbal do derradeiro verso da “copla allea” que dá moti- vo á sexta cántiga e, en consecuencia, do refrán: “querome ir com eles / que naõ se vayaõ solos” (VI:3-4). É posible que a escolla estea condicionada pola variedade lingüística ori- xinal desa copla tomada doutro autor e, se callar, doutra tradición. O feito é que non se pode tomar por portuguesa, pois nesta lingua a forma do Subx. Pte. nunca é vaia-; lem- bra en cambio gal. vaian, esp. vayan. En ningún lugar do texto se emprega o infinitivo flexionado, a pesar de que hai dous contextos sintácticos que deberían esixilo en portugués: “Milhor hé dizermo, / que se mo dizeis / a chorar desgostos / vos ajudarey” (IV:25) e “Vivirey penando / [sen] te uer meus olhos” (VI:10). É este un trazo que podería pasar desapercibido para un galego, que sem- pre ten as dúas opcións (dicir/dicirdes, ver/veren), e que dificilmente dominaría un caste- lán; sorprende moito, en cambio, nun portugués plenamente instalado no seu sistema, polo que cremos se trata dun novo trazo de interferencia. Só pode ser atribuída a castelanismo a presenza do tempo composto a visto (“En voso proceder claro se a visto”, I:9). Aínda que na gramática portuguesa se xeraron formas compostas con haver + part., equivalentes ás de ter + participio, sempre formaron parte de rexistros cultos –nomeadamente escritos– e non chegaron a percorrer todo o para- digma; de feito, haver non deu atinxido o pretérito perfecto de indicativo composto (port. tenho visto). É tamén un trazo inesperable nun galego, pois non só a súa lingua carece de tempos compostos (sexa con haber, sexa con ter), senón que o castelán dos naturais de Galicia se caracteriza ata hoxe polo uso de tempos simples, incluso en con- textos formais e en sectores cultivados (vin ‘vi, he visto’). Non hai ocorrencias do sufixo -vel (pl. -veis) e no canto atopamos imposible (II:11) e terribles (III:14), cunha terminación -ble(s) que non se rexistra en portugués: a pegada do español ou do galego resulta, neste caso, evidente. Doutra parte, en contra da prác- tica habitual en portugués, o prefixo en- mantén a nasal implosiva ante nasal inicial da sílaba seguinte: ennobrecestes (I:4), enmudeçer (IV:12), enmudeceis (IV:18). A forma solos, a seguir, confirma a hibridación, pois tampouco pode tomarse por por- tuguesa. Non faltan exemplos de solo en galego medieval (p. ex. “Et ficou el rrey de Valença solo et sem cõsello et desanp[a]rado”, na Crónica xeral galega, c. 1300), e no galego moderno espontáneo é forma máis común e estendida ca só; pero, sobre todo, solo é a forma tipicamente castelá. Tamén nos conduce cara ao galego ou o castelán o uso reiterado de emque ‘aínda que, ademais de’. En Galicia o nexo máis popular con valor concesivo é anque, a variante maioritaria en alternancia con {enque, einque, ainque, inque}: “emque hé Lisboa nobre e gran cidade, / muy mais Antonio vós a ennobrecestes” (I:3-4), “he fes vos caualleiro

Nº 370 98 Traballos de investigación e estudo BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

emque fidalgo” (I:13), “de faltos claros emque engenio sobre” (II:4), “que emque o simte na’lma cumpre com quem hé” (IV:7-8). Con este valor, non atopamos rexistros portu- gueses de emque –ou variantes coma enque, anque– en Davies/Ferreira; non así en espa- ñol, que tamén coñeceu a forma anque, considerada pronuncia vulgar de aunque, e no que non faltan testemuños antigos e illados de enque (“Et el agua enque es cocha [es] muy prouechosa al dolor” [a 1500, Macer herbolario], fonte CORDE). A formación filho dalgo (I:10) malamente se pode considerar portuguesa, a xulgar pola escasísima presenza xa nos textos medievais; as dúas únicas ocorrencias que atopa- mos no corpus Davies/Ferreira poderían ser calco do castelán (Partidas de Afonso X, Cró- nica Geral de Espanha). Tamén en galego é pouco frecuente, mais así e todo recuperamos trece ocorrencias en textos xurídico-administrativos datados entre 1328 e 1467 (TMILG). En cambio, hijodalgo (pl. hijosdalgo) está moi ben documentada en español, con abundantes rexistros tanto no séc. XVI coma no séc. XVII, e por tanto vizosa nos anos de composición destes poemas (CORDE). Engenio (port. engenho; II:4) debe ser tamén un castelanismo. En portugués recolle- mos sempre e só variantes rematadas en -nho ; tamén en galego medieval é xeral -ño, pero na Idade Moderna a variante tradicional coexiste con inxenio, posiblemente cun grao de cultismo diferente, como mostran estes versos de fins do séc. XVII e mediados do séc. XVIII: “Eu oín a meus Avós / Cando do Homero fala- ban, / Que os inxenios como á Fonte / Co seu cacho iban á auga” (Festas Minervais, 1697); “Eu non sei de copras / e faltam’o enxeño / nen fixen cantigas / no falar galego” (Sarmiento, 1746). Non tendo mostras de que en portugués se producise un dobrete semellante, debemos consideralo unha interferencia máis. Non se pode dicir que enemigos (III:14; port. inimigo) sexa unha variante que estea ausente por completo da historia do portugués, pois tivo un notable ascenso no séc. XVII, o que contrasta co seu carácter marxinal en todas as épocas; posto que o uso docu- mentado por nós se encadra nese contexto cultural, cremos que se debe atribuír á caste- lanización do portugués nesta altura, non tanto a un trazo de hibridación particular. Na historia do portugués só rexistramos cativo e captivo (Davies/Ferreira). Salvo que aceptemos que a grafía de aparencia culta -pt- pode encubrir pronuncias con vocalización, deberiamos concluír que cautivas é un castelanismo. Tamén en galego antigo se recolle esporadicamente cabtivo, que podería interpretarse do mesmo xeito; tras o apagamento da escrita na Galicia da Idade Moderna, atopámonos ante subst. cativo ‘neno’ (como adx., ‘de mala calidade’ ou ‘pequeno’) fronte a cautivo ‘prisioneiro’, hoxe normativizado como cativo por entender que a variante con cau- se debe a interferencia do español.

O PERFIL LINGÜÍSTICO DO AUTOR OU AUTORES Entre os trazos que consideramos probablemente endóxenos, un bo número deles pode- ría ser tamén efecto da permeabilidade de certos niveis da sociedade portuguesa á caste-

99 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Traballos de investigación e estudo

lanización. Como foi sinalado repetidamente no comentario, moitos destes trazos son conservadores ou arcaicos na altura en que se comporían estes poemas; non se descarta que a propia participación no certame, e as esixencias de poetizar “a lo antiguo” (vid. supra), condicionen a selección de variantes que a xuízo do autor trasladan mellor ese sabor arcaico, máis perceptible nos catro últimos poemas. Moitos deses riscos, dos tra- zos, ademais, son compartidos coa xeneralidade do galego ou con algunhas variedades desta lingua, como polo xeral ocorre cos trazos lingüísticos que o portugués vai desbo- tando na Idade Moderna ao se conformar unha norma culta que desconsidera as varian- tes do norte do seu territorio. E, nesta liña, tamén foron levantados algúns trazos que orientan a nosa pesquisa cara a un portugués proveniente do norte do país. Os trazos apuntan a un autor bilingüe, sexa porque sendo portugués coñece ben o castelán e ten unha práctica continuada neste idioma, sexa porque é un súbdito da coroa de Castela que, por razóns biográficas de distinto tipo, ten un bo dominio do portugués; non se descarta que, no segundo caso, se trate dun galego (en todo caso, moi castelani- zado) ou de alguén que ten contacto coa lingua galega. Cómpre salientar, con todo, que hai unha vontade e intención de escribir en portugués, e de facelo co maior respecto e dignidade, tanto nos poemas cultos coma nos de corte máis popular; ora ben, faise paten- te en todo momento a presenza do castelán como lingua teito –tanto para un portugués coma para un galego–, que deixa as súas pegadas nunha notable hibridación. A escolla entre un autor portugués bilingüe e un autor non portugués bilingüe non é doada. Como xa foi dito, partimos inicialmente da presunción de se tratar dun autor por- tugués na corte castelá ou en estreito contacto con ela. Mais, ponderando todos os trazos considerados, dun lado a marxinalidade dos que catalogamos como “posiblemente” endó- xenos –mesmo cun criterio tan amplo coma o usado por nós–, e doutro lado o carácter fortemente caracterizador do castelán que define os que consideramos “probablemente” exóxenos, parécenos igualmente plausible que se trate dun autor que non é portugués e que emprega esta lingua como parte do xogo literario, e quizais do xogo político.

CRITERIOS DE EDICIÓN A edición que presentamos é conservadora e procura a menor intervención no manus- crito, no que só realizamos algunhas modificacións gráficas, que se concretan na relación seguinte: a) Acentos diacríticos que axudan á comprensión do texto e ao traslado da nosa interpretación: , amálgama de prep. a e art. a, foi grafada, consonte a norma portuguesa moderna, como à; distinguimos as dúas formas gramaticais agocha- das baixo a grafía única , de modo que he representa a conxunción e hé a P3 sg. do Ind. Pte. de ser; diferenciamos en , consonte a práctica moder- na, entre o pronome vós tónico e o pronome vos átono; finalmente, acentuamos como máis cando é cuantificador.

Nº 370 100 Traballos de investigación e estudo BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

b) Segmentamos contraccións gráficas non usuais, recorrendo ao apóstrofo cando é preciso: na’lma. A posición do apóstrofo non é indiferente: optamos por editar e non para que fose evidente que se trata da amálga- ma de “na alma” e de “da alma”, non de “en alma, de alma”; nos restantes casos, mantivemos a posición habitual (p. ex., ). c) En contrapartida, soldamos nunha soa palabra gráfica, consonte o uso actual, as que aparecen disgregadas, como < taõbem>, mais sen que iso afectase aos clíticos (, , etc.). d) Interpretamos como til de nasalidade tanto o trazo horizontal que se suporpón a unha vogal ou ditongo (coma en conuersaçõis) coma o trazo circular de abrevia- tura que se une a ou se superpón a outras vogais (coma en naõ ou m˜y). Man- temos ese sinal gráfico nos ditongos nasais, tanto se a grafía portuguesa moderna é do tipo <ão> coma do tipo . Con todo, cómpre sinalar que o mesmo sinal diacrítico se dá no texto nalgunhas ocorrencias con ausencia total de nasa- lidade, coma a amálgama ao (prep. + art.) ou a abreviatura Xpo, e que nós o man- temos como particularidade na nosa edición. e) Usamos as maiúsculas en topónimos (Lisboa) e antropónimos (Acuña). Substi- tuímos sistemáticamente por rr, aínda que iso provoque a anomalía do dígrafo en inicial de palabra: rrezaõ. f) Intervimos na puntuación só cando estamos seguros de que esa é a que corres- ponde ao sentido e nos parece necesaria para a comprensión. g) Ofrecemos os poemas na mesma orde e cos mesmos títulos con que figuran no manuscrito. Respectamos tamén o signo ü que, situado na marxe esquerda, marca o primeiro verso de cada estrofa ou das súas partes. Á dereita, sinálase entre ángu- los o número e cara do folio, <304r>. A numeración dos versos é nosa.

EDICIÓN DOS POEMAS

Cosas Portugesas <303v>

I. Soneto a santo Antonio  A fama e gloria que pudestes destes à patria cara he venturosa ydade que, emque hé Lisboa nobre e gran cidade, muy máis Antonio vós a ennobrecestes.  Justamente dos Ceos premio tibestes 5 devido à vosa vida he santidade que sendo portuges tanta humildade muy bem subir taõ alto merecestes.  En voso proceder claro se a visto ...... em samge he filho dalgo 10 Pois vencestes aõ mundo en dura guera, <304r>  fes vos yl Rey do abito do Xpõ, he fes vos caualleiro emque fidalgo e da Casa do Rey dos ceos he terra.

101 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Traballos de investigación e estudo

II. Soneto a mi sr don Diego  Tendes tanto de todo, Acuña nobre, que hé temerario aquele que pretende daruos o voso, pois negocio empremde de faltos claros emque engenio sobre.  Na menor parte vosa se descobre 5 Perfeicaõ taõta que no ar suspende a maõ he pena, porque ve que ofende taõta Riqueza cabedal taõ pobre,  mas é tal o dezejo que me leua a dezer naõ o que é [máis co] que posso 10 que acometer h˜u imposible aspiro.  E se vos fas espanto que me atreua, a m˜y me causa taõto o nome vosso que com justa rrezaõ de m˜y me admiro.

III. Soneto a una ausencia  Sufrir da patria un misero desterro, naufragios polo mar, perdas na terra, prolixo tempo a emfadosa guerra, castigo duro sem cometer erro,  tormentos mil a fogo, sangue e ferro... 5 todos os descontentos que en si encerra a vida com probeza, se naõ erra quem chama vida o com que vida aterro.  Largas emfermidades sem rremedio, <304v> falta de fee palaura nos amigos, 10 conuersaçõis forcossas sen prudemcia,  falta de mantimentos, largo asedio, perseguicõis terribles de enemigos. Isto he máis naõ se iguala aõ mal de ausencia.

IV. Jugete Parte de Lisboa para Santaren portuges fidalgo de cassa dil Rey.  Vay a despedirse 5 de quem quere bem, que emque o simte na’lma cumpre com quem hé.  Chegua a ber os olhos em que a gloria ve: 10 suspenso se fica, vese enmudeçer.  Saõ seus olhos lingua que ela emtemde bem, suspiros correos 15 da’lma que bem quer.  Pregumtalhe a dama: «¿como enmudeceis?, ¿que vos tem suspensso? Todo me dizey. 20  Mas naõ mo digais. Nem quero saber [novas] que me maten.

Nº 370 102 Traballos de investigación e estudo BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

Mas naõ digo bem: <305r>  Milhor hé dizermo, 25 que se mo dizeis a chorar desgostos vos ajudarey.  As almas partidas conforme querer 30 Justo é que se partaõ os males e bems».  Respomde: «Señora, ausencia comuem, que a dar guerra a mouros 35 parto com meu Rey.  A Africa vamos comtra el Rey de Fes e comtra os mourinhos que comsigo tem. 40  Logo os vemceremos e me tornarey e mouras cautiuas vos presentarey.  Muitos saõ os mouros, 45 mas un portuges val cemto he sincoemta, se é de Boa Lei.  Naõ tenhais torm[ento], que eu os sufrirey 50 nesta ausencia todos com que naõ mos deis  nela com mudancas ...... tal é os mouros não podem 55 <305v> ho que podereis».  «Señor da minha alma, ¿como tal dizeis?!, ¿não sabeis que sou pedra emque mulher? 60  Se eu me mudar, ceo naõ me de cousa que lhe pida, deus me falte. Amen».  Com o semtimento 65 lagrimas lhe vem e choraõdo canta bailando taõbem.

V. [Sen título] –Letra agena- Vaõse meus amores a partes d’alem, ¿quem me dara nouas de todo, meu bem? 5 –Propias– Com Il Rey à guerra se vaõ meus amores e magoas e dores

103 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Traballos de investigación e estudo

ma fazem na terra. 10 Meu bem se desterra, chorar me comuem, ¿quem [me dara nouas de todo, meu bem]?  ¿Como tanta ausencia 15 poderey sufrir?, pois soo aõ partir naõ basta paciencia. Hauera rresistencia <306r> ou rremedio em quem 20 ¿quem [me dara nouas de todo, meu bem?]  Parti s[eño]r ja partase esta vida que em dizer partida 25 ja partida esta vós me leuais la e ficais taõbem, ¿quem [me dara nouas de todo, meu bem?] 30  Apartemse os corpos que forcosso é, vai por vemtureiro se vemtura tem.  Na armada se embarcão 35 para Tremecem fidalgos gaõlantes com Bastiaõ seu Rey.  com as saudades que sua dama tem 40 chora suspirando e canta taõbem.

VI. [Sen título] –Letra Agena– Polo mar abaxo se vaõ os meus olhos: quero me ir com eles que naõ se vayaõ solos. –ProPias.– Por mar nauegaõdo 5 meus olhos se vaõ, ¿quando tornaraõ? Dizeime alma quando. Vivirey penando <306v> [sen] te uer meus olhos: 10 quero [me ir com eles que naõ se vayaõ solos]  Se pasaõ aõ mar con tantos desuios, dos meus nacem rrios 15 que me aõ de anegar; mal podem pasar sem m˜y os meus olhos: quero [me ir com eles que naõ se vayaõ solos]. 20

Nº 370 104 Traballos de investigación e estudo BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

 Emque vaõ aa vela bem posso alcamcalos he para guardalos lhe farei a vela; he pois me desuela 25 lembramca, meus olhos, quero [me ir com eles que naõ se vayaõ solos].

VII. [Sen título]  –Letra agena– Pois o cantario hé nouo, quero ir mana comvosco. Propias  É mui uelha a dor e magoa quanto nouo o cantarinho, e emque abrasar me adeuinho 5 o fogo busco e a fragua; outros trazen terra he agua, o vosso tras vento he fogo. Quero [ir mana comvosco].  Causa amorosa afeicaõ 10 todo o que nouo se ve ... caõtaro tal é as partes vossas tais saõ <307r> que olhos naõ seguiraõ o que emcareser naõ posso. 15 Quero [ir mana comvosco]  Naõ aja causa que empida que o cantaro se celebre e olhay que naõ se vos quebre porque naõ se quebre a vida; 20 qualquer sera bem perdida em emprego taõ ditosso. Quero [ir mana comvosco]  Cheo de dezejos vai õ cantaro que leuais; 25 e se deles vos lembrais dos justos meus vos lembray, ditosso premio lhe day he falhos eis vemturosos. Quero [ir mana comvosco]. 30  Hé muito primo oficial o oleyro que tal fes, e fes taõ bem desta vez que hé feitura desigual; para fazer outra tal 35 somente ele é poderoso. Quero [ir mana comvosco].  Por onde fordes irey e para mayor rregalo quando quiserdes baxalo 40 nos bracos o tomarey, taõbem volo subirey para que sirua de tudo. Quero [ir mana comvosco].

105 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Traballos de investigación e estudo

© Copyright Patrimonio Nacional

Nº 370 106 Traballos de investigación e estudo BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

107 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Traballos de investigación e estudo

© Copyright Patrimonio Nacional

Nº 370 108 Traballos de investigación e estudo BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

109 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Traballos de investigación e estudo

© Copyright Patrimonio Nacional

Nº 370 110 Traballos de investigación e estudo BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

111 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Traballos de investigación e estudo

© Copyright Patrimonio Nacional

Nº 370 112 Traballos de investigación e estudo BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

113 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Traballos de investigación e estudo

REFERENCIAS

ALGa I = García, C. et alii (1990): Atlas Lingüístico Galego. Volume I, I e 2: Morfoloxía Verbal. A Coruña: Ins- tituto da Lingua Galega / Fundación Pedro Barrié de la Maza. ALGa II = García, C. et alii (1995): Atlas Lingüístico Galego. Volume II: Morfoloxía non verbal. A Coruña: Ins- tituto da Lingua Galega / Fundación Pedro Barrié de la Maza Álvarez, Rosario (1994): “As formas do dativo e a expresión do número en galego medieval: lle / lles, llo / llelo”, Verba 21, 133-166. Álvarez, Rosario / Xosé Luís Rodríguez Montederramo (2003): “Escrita poética en galego a fins do século XVI: a «Canción galega en loor de don Diego das Mariñas Parragués»”, Boletín da Real Academia Galega 364, 249-305. Álvarez, Rosario / Xosé Luís Rodríguez Montederramo (2004-2005): “Escrita epistolar en galego: a correspon- dencia de don Diego Sarmiento de Acuña, I Conde de Gondomar (1567-1626)”, Boletín da Real Academia Galega (I) 365, 253-291; (II) 366, 225-303. Álvarez, Rosario / Xosé Xove (2005): “Alternancia vocálica en verbos do tipo servir no galego medieval”, en A. I. Boullón, X. L. Couceiro e F. Fernández Rei (ed.): As tebras alumeadas. Estudos filolóxicos ofrecidos en home- naxe a Ramón Lorenzo. Santiago de Compostela: USC, 19-40. Andrés Escapa, Pablo / José Luis Rodríguez Montederramo (1998): “Manuscritos y saberes en la librería del Conde de Gondomar”, El Libro Antiguo Español IV. Coleccionismo y bibliotecas (siglos XV-XVIII), 13-81. Ares Montes, José (1991): “Portugal en el teatro español del siglo XVII”, Filología Románica 8, 11-29 [http://revistas.ucm.es/fll/0212999x/articulos/RFRM9191120011A.PDF]. Bouza Álvarez, Fernando (2000): Portugal no tempo dos Filipes: política, cultura, representações (1580-1668). Lis- boa: Edições Cosmos. Bouza Álvarez, Fernando (2002): “«No puedo leer nada». El Corrector General Juan Vázquez del Mármol y la cultura escrita del Siglo de Oro”, Syntagma 0, 19-45. Bouzas Rosende, Paula (2009): “As variantes gran e grande dentro da frase nominal”, Estudos de Lingüística Galega 1, 199-208 [http://ilg.usc.es/elg/volume/1/, DOI: 10.3309/1989-578X-09-11]. Buescu 1975 = Oliveira, Fernão de: Gramática da linguagem portuguesa. Introdução, leitura actualizada e notas por Maria Leonor Carvalhão Buescu. Lisboa: Imp. Nacional-Casa da Moeda, 1975. Câmara Jr., José Joaquim Mattoso (1977): Para o estudo da fonêmica portuguesa. 2ª edición. Rio de Janeiro: Padrão. CARDS = Rita Marquilhas (coord.): CARDS. Cartas desconhecidas. Lisboa: Centro de Linguística da Uni- versidade de Lisboa. http://alfclul.clul.ul.pt/cards-fly/index.php [out. 2010]. Cat.Gondomar = Catálogo de la Real Biblioteca. T. XIII. Correspondencia del Conde de Gondomar. Madrid: Patrimonio Nacional, 1999-2003, vol. I-IV. Cat.Mss.RB = Catálogo de la Real Biblioteca. Tomo XI. Manuscritos. Madrid: Patrimonio Nacional, 1999-2003. CORDE = Real Academia Española: Banco de datos (CORDE) [en liña]. Corpus diacrónico del español. http://www.rae.es [set.-nov. 2010] Cortijo Ortiz, Antonio (1995): “Inventario del MS.II-1581 de la Biblioteca de Palacio de Madrid: El Carta- pacio de Pedro de Penagos”, Reales Sitios 32 (125), 17-33. Dadson, Trevor (1994-95): “La biblioteca del poeta y político Diego de Silva y Mendoza, conde de Salinas (1564-1630)”, Journal of Hispanic Research 3, 181-215. Davies, Mark / Michael Ferreira (2006-): Corpus do Português (45 milhões de palavras, sécs. XIV-XX). http://www.corpusdoportugues.org [mar. 2009-nov. 2010]. Fernández de Córdoba, Enrique / José Cortijo Medina (1999): “Noticias sobre la venta de la librería del conde de Gondomar al rey Carlos IV y su traslado al Palacio Nuevo de Madrid”, Cuadernos para Investigación de la Literatura Hispánica 24, 309-328. García Carraffa, Alberto / Arturo (1919-1953): Enciclopedia heráldica y genealógica hipano-americana. Madrid: Imprenta de Antonio Marzo. García Oro, José (1997): Don Diego Sarmiento de Acuña, Conde de Gondomar y Embajador de España (1567- 1626). Estudio biográfico. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. Houaiss, Antônio / Mauro de Salles Villar et alii (2001): Dicionário Houaiss da língua portuguesa. Rio de Janei- ro: Objetiva [versión electrónica]. Maia, Clarinda de Azevedo (1986): História do galego-português. Estado linguístico da Galiza e do Noroeste de Por- tugal desde o século XIII ao século XVI (com referência à situação do galego moderno). Coimbra: Instituto Nacio- nal de Investigação Científica.

Nº 370 114 Traballos de investigación e estudo BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

Manso Porto, Carmen (1996): Don Diego Sarmiento de Acuña, Conde de Gondomar (1567-1626): erudito, mece- nas y bibliófilo. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. Michael, Ian / José Antonio Ahijado Martínez (1996): «La casa del sol: la biblioteca del Conde de Gondo- mar en 1619-1623 y su dispersión en 1806», El Libro Antiguo Español III. El Libro en Palacio y otros estudios bibliográficos. Salamanca: Universidad, 185-200. Nunes, José Joaquim (1975):Compêndio de gramática histórica portuguesa. Fonética e morfologia. 8ª edición. Lis- boa: Livraria Clássica Editora. Said Ali, Manuel (1971): Gramática Histórica da Língua Portuguêsa.7ª edición. Rio de Janeiro: Livraria Acadê- mica. Sanchez Cantón (1935): Don Diego Sarmiento de Acuña, conde de Gondomar 1567-1626. Discursos leídos ante la Academia de la Historia por... Madrid, s.l., s.i. Tavani, Giuseppe (1992): A poesia de Ayras Nunez. Edición crítica, con introducción, notas e glosario. Vigo: Gala- xia. Teyssier, Paul (2005). A Língua de Gil Vicente. Lisboa: Imprensa Nacional-Casa da Moeda. TMILG = Varela Barreiro, Francisco Xavier (dir.): Tesouro medieval informatizado da lingua galega. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega. http://corpus.cirp.es/tmilg/ [set.-nov. 2010]. Tobío, Lois (1973): «Gondomar e o galego», Grial 40, 133-144. Vásquez Cuesta, Pilar (1988): A Língua e a Cultura Portuguesas no Tempo dos Filipes. Mem Martins: Publicações Europa-América [Trad. de Pilar Vázquez Cuesta (1986): La lengua y la cultura portuguesas en el siglo del Quijo- te. Madrid: Espasa Calpe]. Venâncio, Fernando (2008): “A castelhanização renascentista do léxico português”, en T. Brandenberger et alii (eds.): A construção do outro: Espanha e Portugal frente a frente. Tübingen: Calepinus Verlag, 109-130.

115 Nº 370

SOBRE A ESTANDARIZACIÓN DA ANTROPONIMIA PROPOSTA PARA OS APELIDOS

Ana Isabel Boullón Agrelo Instituto da Lingua Galega - USC

1. INTRODUCIÓN As bases para a estandarización da ortografía, morfoloxía e léxico da lingua galega están ben establecidas desde a publicación das Normas (1982, 2003), no que atinxe aos dous primeiros aspectos, e o VOLGa (2004), no que toca ao elenco das formas léxicas. Agora ben, a antroponimia, e especificamente aquela parte que abrangue ás denominacións oficiais do individuo (isto é, os nomes e o apelidos1), presenta unhas características espe- ciais que deben ser contempladas á hora de propor unhas normas para a súa regulariza- ción ortográfica e morfolóxica. En primeiro lugar, desde o punto de vista xurídico, a antroponimia compételle ao indi- viduo, pois é un feito de dereito privado. Esta situación é diferente do que lle ocorre á outra póla da onomástica, a toponimia, pois a potestade para a súa regularización compé- telle á administración, e no noso país é a Xunta de Galicia quen determina a fixación das súas formas (artigo 10 da Lei de normalización lingüística). No seu caso, a realización do labor técnico de fixación das formas foi encomendado á Comisión de Toponimia, e o resultado deste traballo viu a luz no Nomenclátor de Galicia de 2003. Os criterios para a estandarización da toponimia serán tidos moi en conta para a da antroponimia, pois ambos e dous conxuntos constitúen un tipo especial de léxico e están relacionados entre si. En segundo lugar, desde o punto de vista sociolingüístico, os nomes propios e os ape- lidos sufriron un diferente grao de castelanización. Por causa do seu carácter hereditario, os apelidos conserváronse bastante ben, sufrindo só en certa medida os efectos da mani- pulación ortográfica ou morfolóxica, nun grao que veremos polo miúdo máis adiante; pero un efecto oposto desa mesma condición transmisible é que a deturpación se traspa- sa sen ser cuestionada e con escasa capacidade de reacción contra ela. En contraposición, os nomes propios, ao poderen ir cambiando de xeración en xeración, foron moito máis susceptibles de sufrir a presión castelanizadora exercida pola igrexa, primeiro, e polas ins- tancias civís despois. Desta maneira, a actual configuración do corpus dos nomes pre- senta un índice moito máis alto de castelanización cós apelidos, e por tanto, a restitución das formas propias depende en moito maior grao do índice de concienciación da socie- dade. De aí que, ante parecidos condicionantes, no País Vasco ou en Cataluña exista unha porcentaxe moito máis elevada dos nomes autóctonos. E de aí tamén que os crite-

1 Deixando fóra, pois, aqueloutros conxuntos como os hipocorísticos, os nomes de casa, os alcumes ou os pseudónimos.

117 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Traballos de investigación e estudo

rios para a súa regularización sexan en parte diferentes, xa que no caso dos nomes pro- pios estamos en boa medida perante un corpus novo, mentres que para os apelidos temos que contar con formas arcaicas que sobreviviron polo seu carácter hereditario. O propósito deste traballo é a exposición sucinta das características lingüísticas dos dous corpora, da situación sociolingüística que conduciu á situación actual e mais da regu- larización xurídica correspondente, co fin de establecer unhas pautas para a estandariza- ción de cadanseu elenco, partindo, obviamente, da aplicación das Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego (RAG, 2003). Da aplicación destes criterios obterase un elenco das formas estandarizadas dos apelidos, que se incluirá como anexo. Constará dun- has 1.270 formas, escollidas a partir dos apelidos máis frecuentes en Galicia segundo o Censo Nacional de Estatística, o que porcentualmente representa máis dun 85% da pobo- ación galega. Agárdase que esta relación constitúa unha ferramenta eficaz para ser usada nos Rexistros Civís, de maneira que os funcionarios conten cunha lista segura de formas e os usuarios non se vexan obrigados a procurar certificados de lexitimación de cada ape- lido. O obxectivo final é, pois, favorecer a normalización lingüística da antroponimia.

2. O PROCESO DE CASTELANIZACIÓN O cambio de lingua instrumental nos textos documentais que tivo lugar masivamente desde o século XVI reflectiuse na onomástica, pero de xeito esporádico. A partir da exis- tencia das primeiras listas nominativas, os libros de bautizados, de confección preceptiva tralo Concilio de Trento (1545-1563), pódense ver de maneira máis clara as actuacións neste sentido. A obrigatoriedade de consignar os bautizados en cada parroquia foise cum- prindo tardiamente no territorio galego, e de maneira desigual segundo a dilixencia dos párrocos. Como fontes onomásticas destas épocas contamos, ademais, con algúns censos ou catastros de habitantes, antecedentes dos actuais padróns, dos que se levaron a cabo varios intentos con finalidades recadatorias por parte da coroa de Castela a partir do século XVI. Ultimamente foron publicados exemplos destas listas nominativas co seu respectivo estu- do onomástico, que nos serven de exemplo para ver como operaban os escribáns. Un deles procede dos libros parroquiais de Berdoias (Vimianzo-Co) a partir de 1607 (Lema Suárez 2006), e o outro é o padrón de San Clodio de 1580 (Fernández González 2008). En ambos e dous casos observamos unha situación semellante. No que toca aos nomes propios,

a Igrexa galega xa consideraba como lingua vernácula do país o castelán e polo tanto as súas disposicións en materia onomástica foron aplicadas ignorando que para os gale- gos os nomes de santos eran Afonso, Estevo, Vasco, … Margarida, Branca, Cataliña, Moor e non Alonso, Esteban, Velasco, … Margarita, Blanca, Catalina, Mayor… (San- tamarina 2005: 29).

Pero, ademais, nesta época entraron moitos nomes novos como consecuencia do inte- rese da Igrexa no espallamento de novos obxectos de culto ou na influencia de certas ordes relixiosas (como os xesuítas, os franciscanos e as clarisas, a partir dos cales se difundiron

Nº 370 118 Traballos de investigación e estudo BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

Ignacio, Francisco e Clara, respectivamente). Eran os párrocos os que tiñan encomendado o labor de espallalos: e así fixeron con Angel, Antonio, Manuel, Joseph, Xoaquín, Ana, Lucía, ou as advocacións marianas para os femininos, como Carmen, Asunción, Dolores, Sagrario… Estas formas novas foron introducidas nos rexistros coa súa forma castelá, o cal non quere dicir que o uso real dos nomes fose nesa lingua, xa que, independentemente de como aparecesen escritas na documentación, as denominacións usuais eran en galego, ben fose na súa forma plena ou mediante alcumes ou hipocorísticos. Así o testemuña o Padre Sarmiento cando nomea os “rústicos” que protagonizan o seu famoso coloquio:

Martiño dos Cobres, / Bartolo do Teso, / Bieito d’Ardán, / Bras de Montezelo, / … / Lucía da Esculca, / Thereixa do Cerro, / Farruca da Braña, / Marta dos Rexelos…2.

En contraste coa situación oral, nos estamentos oficiais (nun principio eclesiásticos e a partir do século XIX tamén civís), só se consignaban nomes e apelidos en castelán. As tentativas de reverter a situación de inferioridade da lingua galega que se acomete- ran desde principios do século XX e que tiveron o seu reflexo xurídico no Estatuto de Galicia nos últimos tempos da II República víronse frustradas coa chegada do réxime franquista, que intensificou a castelanización da vida pública. Chegado o final do século XX, e unha vez mudada a situación política e permitida legalmente a imposición de nomes que non fosen exclusivamente en castelán, atopámo- nos nunha situación en que os nomes maioritarios non son casteláns, senón comúns co galego (Manuel, María, Francisco, Ramón, Rosa…). Os gráficos que se presentan a seguir proceden do censo de 2001, proporcionado á Real Academia Galega polo Instituto Nacional de Estadística (Madrid). Neles obsérvase, amais do dito, que o segundo grupo en importancia cuantitativa é o castelán, en maior medida para os nomes masculinos que para os femininos, o que cadra ben co habitual conservadorismo dos nomes masculinos. Grupos lingüísticos dos nomes propios en Galicia

Nomes femininos

66,01

57,18

35,47 Século XX

Período 1990-2001 Porcentaxe

12,25 9,78 7,41 4,56 4,39 1,56 1,39 galegos comúns españois ingleses outros

2 Cito pola edición facsímile (Sarmiento [1746]), modernizando a acentuación.

119 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Traballos de investigación e estudo

Nomes masculinos

52,89 53,14

43,57

31,00 Século XX

Período 1990-2001 Porcentaxe

6,84 4,43 4,58 1,44 0,79 1,32 galegos comúns españois ingleses outros

A carón da columna que representa o conxunto dos nomes do censo, que inclúe per- soas nacidas desde a primeira década do século, situamos os grupos dos nacidos no último período, desde 1990 ata o momento da recollida do censo (2001). Neles pódense ver cam- bios importantes nas tendencias de nominación: a) os comúns seguen sendo os grupos máis numerosos, pero diminúen drasticamente as formas especificamente españolas (tales como José, Carmen, Teresa, Javier, Pablo, Jesús, Ángel), o que se aprecia de maneira máis clara nos nomes femininos; b) xorden de maneira estatisticamente relevante os nomes foráneos, nomeadamente ingleses, e c) despuntan os nomes galegos, algúns dos cales che- gan a estar na lista dos máis frecuentes da súa década (como é o caso de Brais ou Iria). No corpus dos apelidos déronse menos modificacións con respecto á Idade Media ca nos nomes, se ben tamén se introduciron algunhas formas novas, xa directamente en castelán (como Iglesias), pero en cantidade moi inferior aos nomes propios. A principal intervención feita no seu conxunto foi a castelanización dalgunhas formas, de diversas maneiras, como pode ser a tradución de sufixos ou formas léxicas transparentes (*Otero, *Rivera, *Puentes, *Villanueva, no canto de Outeiro, Ribeira, Pontes, Vilanova). Pero o proceso non foi en absoluto sistemático, porque non todos os axentes implicados actua- ron co mesmo criterio. Por exemplo, Lema (2008: 196) comenta o caso do párroco Joan Romero da Costa e Leis, quen a principios do século XIX transcribe os nomes coa súa forma galega, e tamén cita apelidos que aparecen na mesma páxina coa súa forma orixi- nal e coa castelanizada (como Afonsa/Alonsa, Regueira/Reguera). Como consecuencia destes procesos guiados baixo unha consigna común, de caste- lanización, pero levados a cabo de maneira bastante anárquica, actualmente hai formas que foron castelanizadas na súa maior parte (como Preto, Lourenzo, Cide), outros dos que nin se documenta a súa tradución castelá (Varela, Piñeiro, Pereira, Estévez…), hainos que presentan unha proporción semellante (Meiriño/Merino, Cordero/Cordeiro, Valle/Val- Vale) e, finalmente, están aqueles que sufriron modificacións parciais, de maneira que hoxe son formas híbridas, tales como *Teijeiro, *Penabad, *Triñanes, moitos deles de orixe toponímica. Máis adiante veremos isto con certo detalle.

Nº 370 120 Traballos de investigación e estudo BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

O presbítero Benito Regueira transcribe o seu propio apelido na súa forma orixinal (liña 3) e castelanizado (sinatura). Ano 1809 (Lema 2006: 58) O gráfico que se reproduce a seguir procede dos datos do devandito censo de 2001, que foron a fonte da Cartografía dos apelidos galegos, ferramenta feita no Instituto da Lin- gua Galega para a RAG, dispoñible na web: (http://servergis.cesga.es/website/apelidos/viewer.asp; vid. Sousa 2007). Clasificáronse os que teñen un número superior a 10, que supón un total de 5.493.337 ocorrencias3, o que representa un 98,21% do Distribución lingüística das ocorrencias conxunto; en total, son 9.360 dos apelidos en Galicia formas diferentes. Foráneos 0,34% No gráfico apréciase que o

Hispánicos comúns grupo constituído polos apeli- 41,10% Galegos dos especificamente galegos 43,52% (como Carballo, Piñeiro ou Váz- quez) é o máis numeroso. O seguinte é o dos chamados his- Cataláns 0,47% Españois pánicos comúns, onde se xun- Vascos 0,38% 14,23% taron as formas galegas comúns

3 Que corresponde máis ou menos ao dobre do censo (2.746.485 persoas), dado que portamos dous apelidos por persoa.

121 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Traballos de investigación e estudo

con outras variantes lingüísticas hispánicas (como Rodríguez, Vidal, Lago); de sumá- rense os dous, comprobarase que as formas galegas ascenden a máis dun 84%. Os ape- lidos especificamente españois (como Iglesias, Alonso, Otero) son en case tódolos casos resultantes dos procesos de castelanización antes referidos, e exceden lixeiramente do 14%. A incidencia de apelidos doutras procedencias lingüísticas é case irrelevante estatisticamente, como corresponde a un país de fonda tradición emigratoria e pouca recepción de inmigrantes: en conxunto, non chega ao 1%.

3. A ESTANDARIZACIÓN DOS NOMES PROPIOS A lexislación sobre a imposición de nomes e apelidos variou substancialmente desde a chegada da democracia en España. Anteriormente, a Lei do Rexistro Civil do ano 1957 estipulaba expresamente que os nomes españois debían consignarse en castelán (art. 54); a reforma feita na Lei 17/1977 estableceu que «tratándose de españois, os nomes deberán consignarse nalgunha das linguas españolas». Máis adiante, en 1999, a lei 40/1999 do 5 de novembro (BOE 266, 6/11/1999) restrinxiría as limitacións: no artigo 2 exclúe os nomes que poidan obxectivamente prexudicar a persoa, así coma a hipoco- rísticos ou variantes familiares e coloquiais que non adquirisen substantividade, e a aqueles que poidan comportar confusión con respecto ao sexo da persoa que o porte. Finalmente, e ante as reclamacións ás que a lei daba lugar, na última reforma derrogou- se a prohibición de inscribir como nome propio os diminutivos e demais variantes fami- liares (lei 3/2007, de 15 de marzo, reguladora da rectificación rexistral da mención rela- tiva ao sexo das persoas). Efectivamente, o feito de vírense aceptando regularmente algúns hipocorísticos como nomes propios (tales como Catuxa ou Sabela) e de forma esporádica algunhas outras formas que eran coñecidas pola comunidade como hipoco- rísticos (como Lola, Alex ou Xaquín), facía máis rechamante a prohibición expresa de moitos outros. Ademais, quedaba á libre interpretación do funcionario decidir qué sig- nificaba a frase relativa á “adquisición de substantitividade”, isto é, cando un hipocorís- tico alcanza a categoría de nome4. Hoxe en día, pois, a única restrición que fai a lei é a seguinte:

Quedan prohibidos os nomes que obxectivamente prexudiquen a persoa, os que fagan confusa a identificación e os que induzan a erro en canto ao sexo.

Para posibilitar que as persoas que o desexen consignen o seu nome en lingua gale- ga (que, en moitos casos, xa viñan usando publicamente), o artigo 54, parágrafo 4º da LRC5 estipula que “a petición do interesado ou do seu representante legal, o encargado do Rexistro substituirá o nome propio daquel polo seu equivalente onomástico en cal-

4 Para máis detalles sobre esta cuestión, vid. Boullón (2008). 5 Lei de Rexistro Civil de xuño de 1957, modificada pola Lei 20/1994 de 6 de xullo; o relativo ao nome e apelidos e orde dos mesmos quedou redactado finalmente pola Lei 40/99, de 5 de novembro, e modificado polo Real Decreto 193/2000.

Nº 370 122 Traballos de investigación e estudo BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

quera das linguas españolas”6, precepto que se completa co art. 192 parág. 3º do Regu- lamento do Rexistro Civil, que di que “se non fose notorio [o equivalente onomástico] requirirá que se acredite polos medios oportunos esta equivalencia e a grafía correcta do nome solicitado”. O que parece moi claramente indicado na lei pode suscitar dúbidas, como formula o xurista Villares Naveira (2007: 358):

En relación a este extremo cómpre preguntarse cales son os criterios para proceder á corrección por banda do Encargado do nome, e qué debe entenderse por ‘notorieda- de’.

En caso de tratarse dunha forma non traducible de forma transparente (como si o son Xosé – José, Lourenzo – Lorenzo, por exemplo), cómpre obter un ditame académico. A potestade da regularización normativa tena para o País Vasco a Euskaltzaindia (Real Academia da Lingua Vasca), que editou un Nomenclátor de apellidos vascos (1998), e o Institut d’Estudis Catalás para Cataluña (segundo o decreto da Generalitat 138/2007, do 26 de xullo). En Galicia, se ben non hai aínda unha estipulación concreta para o que respecta á antroponimia, a potestade normativa en materia lingüística tena a Real Aca- demia Galega, que decidiu, na súa sesión de 4/7/1992, que o Diccionario dos nomes gale- gos (DNG) era criterio de autoridade na materia:

Nel recupéranse os vellos nomes da onomástica persoal galega e propóñense con asi- sado criterio as adaptacións fonéticas necesarias dos nomes de introducción moderna á estructura lingüística galega. Por esta razón a Real Academia Galega asume as pro- postas presentadas neste libro de tal maneira que cada entrada pode, para efectos ofi- ciais, ser considerada un dictame.

Con todo, está claro que non se trata dun corpus pechado, porque como atinada- mente advirte o documento da RAG:

A onomástica persoal é un sistema aberto no que a creatividade dos falantes non ten máis límites cós da prudencia. Isto quere dicir que os nomes de persoa galegos non se esgotan cos propostos neste libro; o feito de non figurar un nome neste diccionario non quere dicir que non sexa galego, pero deberá ser obxecto dun dictame particular (DNG: 9).

Efectivamente, o elenco dos nomes persoais vaise renovando de maneira continua, acudindo a diversas fontes (máis detalles en Boullón Agrelo 2007b). Xorden, por exem- plo, nomes procedentes de conceptos tirados do léxico común, sobre todo do literario, aínda que non exclusivamente (como Arume, Meiga, Noite, Serea, Saraiba, Xiada, Alén, Roibén), da toponimia (Avia, Meira, Sálvora, Xende), rescatados da nosa Idade Media (Mencía, Tareixa, Froila, Paio, Romeu, Sueiro, Vimara), ou dun pasado máis ou menos

6 Queda suprimida así a esixencia anteriormente contemplada feita aos nacidos despois da lei 17/1977 de 4 de xaneiro de ter que acudir a un expediente de cambio de nome. Con esta nova formulación, o cambio de nome é para todos un trámite sinxelo e gratuíto perante o Rexis- tro Civil.

123 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Traballos de investigación e estudo

mítico (Suevia), entre os que destacan os de raigaña celta (Breogán, Maeloc). Ningún dos nomes cos que se exemplifican os dous grupos citados en primeiro lugar están propostos no DNG (aínda que si veñen outras formas recentemente habilitadas como nomes, tales como Agarimo, Faia, Xunqueira, Dubra, Sarela, Ulla, Aldán…), polo que é evidente que, para a comunidade, tanto o léxico común como a toponimia constitúen fonte inesgota- ble de nomes propios. Por tanto, a consulta deste libro debería abondar para referendar unha forma deter- minada. O criterio xeral para a confección do Diccionario dos nomes galegos foi a decan- tación clara pola forma galega, sexa histórica ou recente, e sempre adaptada ás normas gráficas vixentes; agora ben, tívose en conta a especificidade do corpus e optouse con darlles paso a moitas variantes (dialectais e mesmo gráficas), contrariamente ao que ocorre no léxico común. Os criterios seguen sendo hoxe asumibles, pero, nestes momentos, a listaxe necesitaría unha revisión. Por unha banda, o tempo transcorrido desde aquela (foi publicado en 1992) pon en evidencia o avance que experimentou a investigación dos nomes: actualmente posúense novos coñecementos tanto de tipo estatístico (pois dispoñemos dun elenco completo, o censo dos habitantes en Galicia no ano 2001) coma histórico-filolóxico (pois existen ferramentas que nos permiten acceder a un amplo número de documentos medievais, como o CODOLGA, o TMILG, o DDGM, e fóronse publicando diversos estudos específicos sobre os Séculos Escuros). Ilustraremos isto cun exemplo concreto: a entrada lematizada no DNG como Anxo / Anxa. O culto aos anxos custodios foi difundido pola igrexa católica sobre o séc. XVII, e por iso un ítem onomástico que non se documenta en absoluto na Idade Media xa apa- rece en 87 ocasións nos Catastros de Ensenada (1750-1753)7. Existe neste caso unha evolución diferente para o nome común e para o antropónimo: se ANGE˘ LUS deu lugar regularmente a anxo na lingua común (anjo en portugués), o nome propio conservou o -l- intervocálico (seguramente por influencia cultista) e orixinou Ángelo en portugués, con acentuación etimolóxica esdrúxula, e Anxelo en galego, con acentuación paroxíto- na, co seu correspondente feminino, Anxela (e os hipocorísticos respectivos Xelo e Xela)8. Estas formas atéstanse abundantemente na literatura popular e aínda están vivas, pois, igual ca moitas formas galegas, sobreviviron como alcumes. Cando, a finais do XX, algúns dos moi numerosos portadores da forma castelá, Ángel, quixeron gale- guizar o seu nome, o descoñecemento da existencia da forma tradicional, diverxente da voz do léxico común, motivou que a opción escollida fose a tradución literal do nome común, Anxo; mesmo apareceu unha nova forma para o feminino, sen correlato con ningún substantivo, Anxa9. Hoxe en día o masculino Anxo tivo unha gran fortuna (case

7 35 a forma masculina e 52 a feminina. Os datos proveñen da Sección de onomástica do Instituto da Lingua Galega, procedentes dun corpus con preto de 12.000 nomes dos catastros de Santiago, Coruña, Ferrol, Pontevedra, Tui, Cabanas, Cangas, Coristanco e Betanzos. 8 Máis detalles en Boullón 2009. 9 Moi minoritaria, pois a forma preferida é Anxela: no censo rexístranse 3 mulleres co nome Anxa, nacidas na década de 1980, e 144 Ánxela ~ Anxela, desde os anos 60 (ignoramos se con acento grave ou esdrúxulo, pois o censo non proporciona esta información).

Nº 370 124 Traballos de investigación e estudo BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

600 ocorrencias no censo citado), de maneira que xa é unha forma nova, galega, aínda que se crease por tradución directa do castelán. Se seguimos os criterios de elaboración das Normas da RAG, que lle dá preferencia ás formas tradicionais fronte ás innovado- ras, Anxelo e Anxela, paroxítonas, debían ser as que encabezasen o lema. Como varian- te, igualmente se debe admitir Anxo, dada a gran aceptación que tivo este ítem ono- mástico, posto que tamén é forma lexitimamente galega. En canto á forma innovadora Anxa, creada por analoxía co masculino, aínda sendo minoritaria, debe ser admitida por coherencia paradigmática. E, por último, tamén se independizaron como nomes os seus hipocorísticos Xelo e Xela. A outra razón importante para revisar o DNG é o feito de nel non se aplicar a refor- ma normativa que tivo lugar en 2003, que afecta a unha serie de nomes. Trátase, funda- mentalmente, da simplificación dos grupos cultos: os encargados do rexistro deberían ter constancia de que as formas normativas son agora Vítor, Vitoria, Frutuoso e semellantes. Non son demasiados nomes, pero algúns, como se ve, de relativa frecuencia.

4. OS APELIDOS: O MARCO LEGAL A regulación legal dos apelidos establécea a mesma lei de reforma do Rexistro Civil, que en 1999 permitiu «regularizalos ortograficamente cando a forma inscrita no Rexistro non se adecúe á gramática e fonética da lingua española correspondente». En realidade, a regale- guización dos apelidos podíase facer antes, tras longos e dificultosos trámites burocráti- cos, pois entendíase que se trataba dun cambio de apelidos; mais a entrada en vigor desta lei facilita en grande medida este proceso, mediante unha simple instancia perante o encargado do Rexistro10. Con todo, esta norma, que parece de sinxela aplicación, ten topado con atrancos á hora da súa execución. Por un lado, aquelas formas que non teñen unha equivalencia notoriamente coñecida (como si a teñen Villar-Vilar, Fuentes-Fontes, Carrera-Carreira, etc.) deben ser decididas por unha autoridade académica. E a pesar de existir un com- promiso asinado polos encargados dos Rexistros Civís con sede en Galicia para seren eles mesmos quen se encarguen de oficio das xestións sobre as formas correctas en gale- go de nomes e apelidos, diante dos organismos competentes, o Instituto da Lingua Galega e Real Academia Galega, a realidade é que os encargados non adoitan facer esa xestión, e son os particulares os que rematan responsabilizándose. O feito de non figu- rar na lei de maneira explícita a institución encargada da estandarización ocasiona que na práctica estes informes sexan realizados por diversos profesionais (profesores de Uni- versidade, de ensino medio, responsables de servizos de normalización lingüística…), que ás veces nin sequera son especialistas en lingua galega. Por esta razón, os resulta- dos non son sempre uniformes, e ás veces constan formas non acordes coa ortografía oficial.

10 Para os aspectos legais, vid. Villares Naveira 2007.

125 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Traballos de investigación e estudo

É necesario, pois, establecer de maneira inequívoca unha autoridade normativa, da mesma maneira que existe para o vasco (a Euskaltzaindia) ou o catalán (o Institut d’Es- tudis Catalans):

Per poder corregir els cognoms lingüísticament catalans que presenten una grafia que no s’ajusta a la normativa ortogràfica vigent, cal aportar una certificació expedida per l’Institut d’Estudis Catalans que n’acrediti la correcció (artigo 19 da Llei de Política Lingüística)

Por outro lado, existe un problema engadido, que é a resistencia que a lei encontra por parte de funcionarios determinados. De feito, houbo persoas ás que lles foi negada a equivalencia de Outeiro a partir da forma castelanizada Otero (ou de Ribeira a partir de Rivera), e mesmo se daba lexitimidade a formas deturpadas, que non son galegas nin cas- telás, negando a regularización de Xaneiro fronte a *Janeiro ou Vilameá fronte a *Villa- mea11. E todo isto a pesar de que o artigo citado da LRC é abondo claro (é evidente que as devanditas formas non se axustan á gramática ou á fonética do galego), e que no pre- ámbulo da lei 40/1999 se explicita que a finalidade da reforma é a de «facilita(r) o uso normal das diferentes linguas do Estado español e a obtención dun estatuto xurídico que respecte a súa riqueza idiomática», o cal, de maneira igualmente evidente, se conculca con estas decisións xudiciais. Debería explicitarse, como se fai na lei de Política Lingüís- tica de Cataluña (1/1998, de 7 de xaneiro, artigo 19), que os cidadáns de Galicia teñen dereito ao uso da forma normativamente correcta en galego dos seus nomes e apelidos. En todo caso, a existencia dun elenco sancionado pola Real Academia Galega no que conste de maneira explícita cales son as formas estándares evitará trámites molestos aos usuarios e tamén interpretacións ideoloxizadas das leis que impiden aos cidadáns exercer os seus dereitos; ademais, proporcionará aos funcionarios dos rexistros unha ferramenta segura para realizaren o seu traballo.

5. CRITERIOS LINGÜÍSTICOS PARA A ESTANDARIZACIÓN DOS APELIDOS

5.1. ASPECTOS GRÁFICO-FONÉTICOS O criterio xeral será a adaptación á norma gráfica actual, tanto no que respecta á uti- lización dos grafemas como a segmentación de palabras ou á acentuación. Agora ben, a antroponimia pode seguir uns criterios menos ríxidos có léxico común, da mesma maneira que o fai a toponimia, co fin de manter as variantes fonomorfolóxicas que se foron fixando ao longo dos séculos. De maneira que, naqueles aspectos en que non hai repercusión fonética nin influencias foráneas, respectarase esa variabilidade. A seguir proporemos as pautas a partir das cales se confeccionou a listaxe dos apelidos que se pre- senta como anexo.

11 Sobre as argumentacións legais dadas para amparar tales aberracións lingüísticas, e máis detalles sobre os respectivos casos, véxase Boullón 2007c.

Nº 370 126 Traballos de investigación e estudo BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

5.1.1. Adaptación grafemática ás normas do estándar

5.1.1.1. O uso dos grafemas actuais é obrigado nos seguintes casos:

a) grafema para o ou , que actualmente tanto poden ser continuación da grafía histórica (vallan de exemplo Feixoo, Araúxo, Xestoso, Xaneiro, Xusto, Toxo, etc.), coma impostos sobre a primitiva grafía (Teixeiro, Ximénez, Sei- xas, Requeixo). É evidente que a utilización da grafía histórica en calquera deses casos implica a pronuncia do fonema castelán /x/ (fricativo velar xordo), no canto do /S/ (prepalatal). b) para o antigo como vogal non nuclear (Rei, Noia, Naia, Gaioso, Maio, Romai, etc.). A conservación do grafema orixinario, se ben nalgúns casos non produce cambio de pronuncia (cando é semivogal), si pode introducir un fone- ma diferente cando vai en posición intervocálica. Por iso, aínda que se trate dun grafema con tradición medieval, e mais por ser alleo ao actual sistema gráfico do galego, estas formas antigas non se poden admitir como estándares.

5.1.1.2. Se o apelido non se axusta ás actuais normas ortográficas, pero o cambio de gra- fema non reporta cambio fonético, a actualización ortográfica é aconsellable, aínda que non obrigada. Hai que ter en conta que en moitos destes casos o cambio gráfico veu impulsado en certa maneira pola castelanización, que uniformou formas sen ter en conta a palabra galega da que o apelido derivaba.

a) e etimolóxicos. O apelido Bello, que ten unha alta frecuencia, procede do gal. común vello; usábase na Idade Media para diferenciar o pai do fillo. O cambio de grafía debeu ser facilitado pola homografía co castelán bello ‘fermoso’. Desta maneira, proponse como forma estándar o etimolóxico Vello. En situación semellante están outros apelidos como Bieites (patronímico de Bieito < lat. BENE- DICTUS, e que consta maioritariamente como Vieites), Baamonde (dun nome de orixe xermánica latinizado como Badamundus, do que constan as variantes gráfi- cas Bahamonde, Vahamonde, Vaamonde, amais da etimolóxica recomendada), do Vao ou Dovao (en vez de Dobao), do Val ou Doval (en vez de Dobal), Corvacho (derivado de corvo), Vasalo (gal. común vasalo), Nabeira (der. de nabo), Biqueira (derivado de bico), Beiras, etc. b) etimolóxico. Existe un certo número de formas que portan h non etimoló- xicos, como Hermida, Hermo, Hermelo ou Bahamonde. Coma no caso da toponi- mia, deberían axeitarse ás formas normativas do galego común, cando se trata de elementos léxicos (como ermida ou ermo); no resto dos casos, mantense a forma común coa toponímica, que tamén é etimolóxica (Ermelo, Baamonde).

127 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Traballos de investigación e estudo

5.1.1.3. Aceptación excepcional de grafías arcaicas. En certo número de casos mantivé- ronse en parte as grafías medievais, coa representación de dúas vogais iguais como resul- tado da caída dun –n– ou –l– intervocálicos, como é o caso de Boo ‘bo’, Rioboo, Saa, Saavedra, Caamaño e outros. No caso de teren equivalente na lingua común, a repre- sentación moderna é cunha soa vogal (bo). Non parece haber obxeccións para conser- var esas reliquias arcaicas. En palabras de Gonzalo Navaza (Caixa 08):

Dado que non se trata dunha deturpación castelanizante, os portadores destes apelidos poden optar entre conservar ese arcaísmo gráfico, por fidelidade á tradición, ou redu- cilos a unha soa vocal, por acomodalos á escrita común actual.

5.1.2. Segmentación de palabras O caso máis abundante é o dos apelidos que levan soldado o nexo preposicional co artigo. A maior parte deles son formas detoponímicas que se soldaron graficamente e seguramen- te por esa razón conservaron o nexo preposicional + artigo. En realidade, o nexo comezou a perderse nos sobrenomes detoponímicos xa desde a Idade Media (coma nun Martinus Carnota do TSobrado en 1195), de maneira que hoxe se rexistra unha variada casuística: a) Sen rastro da contracción (Silva, Vila, Fonte, Campo, Fonte, Rego…). b) Formas soldadas graficamente (Daviña, Davila, Dafonte, Dorrego, Doval). c) Separadas (da Silva, da Cruz, da Cuña, do Campo, do Souto…). d) Co artigo soldado pero sen preposición (Ocampo, Acuña, Opazo, Acosta, Aponte, Abarca, Orrego). Este caso é distinto dos anteriores, pois só ocorre cun número reducido de formas (están aquí citadas case todas elas). Machado interprétao como unha castelanización (s.v. Acosta), onde, como adoita, chámalle “castelha- nas” ás formas galegas: “castelhanização do nome port. … da Costa. … Trata-se, na verdade, de apel. de origem castelhana, equivalente do nosso Costa” (DOELP, s.v.). Na Idade Media estas formas detoponímicas aparecían con preposición (como en Afonso da Costa a.1457 LNotasRianxo 349), se ben algúns editores modernos presentan estas secuencias con outra segmentación e cun apóstrofo obviamente inexistente nos pergamiños medievais (cf. Alfonso d’Acuña, bispo de Mondoñedo a.1457 CDCMondoñedo 327). Lamentablemente, é bastante habi- tual que os historiadores transmitan os nomes castelanizándoos, levados polos hábitos da historiografía española12; é posible que un dos precedentes desta prácti- ca sexa o noso primeiro xenealoxista, autor do “reconto das casas antigas do reino de Galicia” (ca.1530), que chegou a nós como Vasco de Aponte, probablemente Vasco da Ponte en orixe. Nas reparticións actuais das variantes co artigo soldado (CAG) vemos unha grande dispersión xeográfica: parecen procesos ortográficos levados a cabo en áreas diversas, en momentos distintos e sen conexión entre si.

12 Por indicar algúns exemplos moi coñecidos: os reis de nome Afonso chegan a nós como Alfonso, personaxes como Sueiro Gomez de Souto- maior, como Suero e Sotomayor; os mois abundantes Froila da Alta Idade Media como Fruela, etc.

Nº 370 128 Traballos de investigación e estudo BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

Podemos exemplificar con Dacosta e Acosta, un apelido espallado practicamente por toda Galicia: a distribución de ambas as formas non parece responder a nin- gún tipo de criterio, concorren en bastantes concellos, e deberon depender de cer- tas tradicións escripturarias en determinados rexistros, eclesiásticos ou civís. e) Coa preposición e o artigo en castelán, en número moi escaso13: Delafuente 15/ de la Fuente 5, Delacampa 2, de la Iglesia 3, de la Torre 2, de los Rios 1, Delacruz 1. f) Co artigo en castelán: Latorre (259 ocorrencias), Lavilla (47), mesmo con pala- bras galegas: Laseiras (57) ~ Laceiras (47); outras formas, castelás tamén no subs- tantivo, é posible que procedan de fóra, dada a súa baixa cantidade: Lacalle 22, Lacueva 22, Lacorte 16, Lapuerta 12, Lapuente 12. Os dous primeiros casos son os máis frecuentes, en xeral. De todos eles, os clara- mente rexeitables son as formas non galegas, loxicamente. No que respecta ás formas soldadas, son hoxe unidades non segmentables, pois os apelidos non fan referencia xa ao significado que lles deu orixe, senón á persoa á que designan; en palabras de Antón San- tamarina, nun dos seus informes onomásticos, son, coma tódolos apelidos “denomina- cións arbitrarias (usadas como nomes de persoa non fan referencia a conceptos que teñan unha correspondencia na realidade)”. De todas maneiras, se se desexa adaptarse á grafía común, o normal sería grafar esas formas separadas e coa contracción en minús- cula (da Fonte, do Rego, do Val, etc.). Con todo, cumpriría considerar nestes casos os pro- blemas prácticos que esta segmentación comportaría (ordenación alfabética nos listados, etc.). É por iso que na proposta de estandarización se manteñen as dúas posibilidades: da Ponte/Daponte, en pé de igualdade.

Distribución do apelido Acosta nos Distribución do apelido Dacosta nos concellos de Galicia (624 ocorrencias) concellos de Galicia (2.072 ocorrencias)

13 Téñase en conta que no Censo do INE non houbo regularidade á hora de rexistrar as preposicións non soldadas, co que pode haber de facto máis ocorrencias cás que aquí se mostran. O mesmo se pode dicir para os apelidos do epígrafe c).

129 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Traballos de investigación e estudo

5.2. A VARIACIÓN DIALECTAL Fóra dos mencionados arcaísmos que poden presentar os apelidos, e mais as formas castelanizadas, a maior parte de variabilidade débese ao reflexo de diferentes variacións dialectais. Como vemos no exemplo de Chan e Chao, estas variantes adoitan correspon- der, grosso modo, ás isoglosas dos fenómenos que reflicten, se ben as formas máis seme- llantes ás grafías antigas (neste caso, Chao) adoitan ser máis abundantes e estaren máis repartidas, mentres que as que se poden considerar como máis innovadoras axústanse en maior proporción á repartición moderna do fenómeno respectivo.

Distribución dos apelidos Chan e Chao nos concellos de Galicia

Chan (449 ocorrencias) Chao (2.860 ocorrencias)

Distribución dos topónimos Chan e Chao na toponimia

Nº 370 130 Traballos de investigación e estudo BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

Parece claro que nestes casos hai que optar pola mesma solución do Nomenclátor de Galicia (2003): o respecto ás variantes dialectais, pois todas elas son formas propiamen- te galegas e a miúdo teñen xa atestacións medievais. Outros casos semellantes de duplas solucións poden ser Fontán/Fontao, Louzán/Lou- zao, ou o plural de -l (Morás/Morais, Casás/Casais, Currás/Currais…), ou as palabras hoxe rematadas en -ns/-s, con distintas orixes, que se tenden a acomodar aos plurais das rematadas en -n (Feáns/Feás, Quintáns/Quintás, Guimaráns/Guimarás…). O mesmo tra- tamento terán aqueles apelidos con variantes que reflicten fenómenos fonéticos, tales como o seseo explosivo (Pedrouzo/Pedrouso…), implosivo (Eiriz/Eirís, Liz/Lis, Roma- riz/Romarís…), variantes vocálicas dialectais (Eiras/Airas…), monosílabos rematados en –l con conservación do –e final, como Fol/Fole, Val/Vale, etc.14.

5.3. PROCEDEMENTOS LINGÜÍSTICOS DE CASTELANIZACIÓN No epígrafe 2 falouse dos procesos sociolingüísticos que levaron á castelanización da onomástica. Se atendemos agora aos factores máis estritamente lingüísticos, veremos que afectou de maneira diferente segundo os distintos niveis de análise, se ben cómpre ter en conta que non sempre se poden delimitar de maneira tallante as fronteiras entre os planos fonético, morfolóxico e léxico15. Para os cálculos numéricos partiremos dunha prospección feita a partir dos apelidos castelanizados dentro da relación dos 1.000 apelidos máis frecuentes, o que é significati- vo dabondo por constituíren case un 79% do total dos apelidos. Pois ben, neste grupo considerado, o total das formas castelanizadas é aproximadamente o 16% (téñase en conta que aquí estarían incluídos tamén aqueles que son de orixe realmente foránea, é dicir, de persoas de orixe castelá instaladas en Galicia). Non é moito con respecto a todo o conxunto dos apelidos, pero afecta a algúns dos máis frecuentes, e de maneira diferen- te segundo o proceso lingüístico que sufriron16. Na inmensa maioría dos casos existe cons- tancia da forma orixinaria desde a época medieval, na toponimia moderna ou no léxico.

5.3.1. A nivel fonético As castelanizacións fonéticas son diversas; quizais as máis frecuentes son as que transfor- man o fonema /S/ na fricativa velar xorda do castelán, grafado con ou con , ou as que monotongaron os ditongos ei e ou. En xeral, as formas afectadas foron moi nume- rosas: se ben con respecto ao total das formas castelanizadas as que sufriron un proceso deste tipo atinxen só un 8%, dentro deste grupo quedaron moi poucas formas sen detur- par: só algo máis do 5% mantiveron a forma galega. Adoitan dar como resultado formas

14 Os casos de Louzán/Louzao e Eirís/Eiriz están expostos con máis detalle en Boullón 2006: 242-248. 15 Por exemplo, as monotongacións dos ditongos decrecentes son fenómenos fonéticos, pero están incluídas dentro do nivel morfolóxico cando se trata do sufixo –eiro, ou do léxico cando resultan da tradución de lexemas (como Pousada/Posada, Veiga/Vega); Abade ou Sobriño foron obxecto dunha castelanización léxica pola transformación da súa terminación, etc. 16 Máis exemplos da onomástica persoal en Méndez Ferrín 2007: 117-119, 125-127. Para unha análise semellante feita a partir dos topónimos, véxase Santamarina 1988.

131 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Traballos de investigación e estudo

lingüísticas híbridas, que non se poden considerar galegas nin castelás: é o caso de *Tei- jeiro, *Seijas ou *Arosa (no canto das xenuínas Teixeiro, Seixas ou Arousa). A porcentaxe entre elas tamén varía: dalgúns apelidos non hai no Rexistro nin unha soa forma galega (isto é, todos eles foron castelanizados), e doutros a castelanización é minoritaria. Pore- mos varios exemplos dos extremos, indicando de aquí en diante o número absoluto das formas e a porcentaxe da forma galega con respecto á castelanizada.

Castelanizacións fonéticas nos apelidos

FORMA CASTELANIZADA Nº FORMA GALEGA Nº % ABEIJON 1665 Abeixón 0 0,00 AROSA 997 Arousa 0 0,00 CRUJEIRAS 988 Cruxeiras, Curuxeiras 0 0,00 CEREIJO 1142 Cereixo 3 0,26 MEIJIDE 1461 Meixide 5 0,34 SEIJAS 5203 Seixas 23 0,44 BARJA 1431 Barxa 10 0,69 BUJAN 2825 Buxán 10 0,35 FIGUEROA 5048 Figueiroa 20 0,39 FOJO 934 Foxo 9 0,95 FREIJEIRO 712 Freixeiro 13 1,79 SOTELO 3825 Soutelo 285 6,93 MONTOTO 1021 Montouto 398 28,05 TEIJEIRA 648 Teixeira 1585 70,98

5.3.2. A nivel léxico Consideramos como castelanización de tipo léxico a tradución da forma galega para a castelán, sexa esta procedente do léxico común (coma en Dios, Romero, Nieto, Villanue- va, a partir de Deus, Romeu, Neto, Vilanova, respectivamente), ou de ítems propiamen- te onomásticos (como Alonso ou Lorenzo por Afonso e Lourenzo). Os procesos foron menos sistemáticos, aínda que tamén frecuentes. Aquí a porcentaxe constitúe case un 81% de tódalas castelanizacións. Pero dentro deste grupo as formas castelanizadas cons- titúen un 57% (lonxe do 95% das que sufriron transformación fonética), e varía enor- memente duns ítems a outros,, oscilando entre o 0% da forma galega (isto é, a súa extin- ción no noso territorio) que ten Colazo fronte a Collazo e o case 95% de Méndez fronte a Menéndez17, pasando por varios niveis intermedios. Indicamos a seguir algúns exemplos deste tipo, ordenados segundo a porcentaxe.

17 É distinto o caso de Fernández fronte a Hernández (2,10%), dado que o primeiro non é un apelido exclusivamente galego, pois mantivo o F- tamén no territorio lingüístico castelán.

Nº 370 132 Traballos de investigación e estudo BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

Castelanizacións léxicas nos apelidos

Forma castelanizada Nº Forma galega Nº % COLLAZO 4338 Colazo 0 0,00 IGLESIA 2220 Igrexa 0 0,00 IGLESIAS 56178 Igrexas 5, Eirexas 1 6 0,01 PRIETO 14568 Preto 3 0,02 VILLAVERDE 6179 Vilaverde 9 0,15 NIETO 7394 Neto 42 0,56 OTERO 42667 Outeiro 341 0,79 ROMERO 20086 Romeu 336, Romeo 345, Romeiro 1 337 1,65 FUENTES 8488 Fontes 144 1,67 ALONSO 43671 Afonso 1055 2,36 PEQUEÑO 876 Pequeno 50 5,40 NIEVES 1665 Neves 106 5,99 BERMEJO 734 Bermello 58, Vermello 6 64 8,02 FUENTE 3257 Fonte 434 11,76 SIERRA 2310 Serra 328 12,43 GALLEGO 6259 Galego 915 12,75 DORADO 1916 Dourado 352 15,52 PUENTES 1323 Pontes 244 15,57 DIOS 4240 Deus 986 18,87 VILLAR 15807 Vilar 4957 23,87 VILLANUEVA 4460 Vilanova 1577 26,12 LOZANO 3024 Louzao 1686, Louzán 719, Louzau 10 2415 44,40 MERINO 886 Meiriño 751 45,88 VALLE 2147 Val 1422, Vale 688 2110 49,57 POSADA 1550 Pousada 1696 52,25 SOTO 10751 Souto 17323 61,70 CASTILLO 1228 Castelo 2969 70,74 VEGA 4140 Veiga 12620 75,30 CUEVAS 725 Covas 20, Cobas 2341 2361 76,51 LINARES 826 Liñares 3280 79,88 VILLARINO 1245 Vilariño 6009 82,84 HIDALGO 687 Fidalgo 3569 83,86 CABALLERO 864 Cabaleiro 4528 83,98 HERRERO 1372 Ferreiro 17279 92,64 VILLA 941 Vila 14888 94,06 PALACIOS 923 Pazos 14812, Pacios 363 15175 94,27 MENENDEZ 1268 Méndez 22735 94,72 HERNANDEZ 4798 Fernández 223932 97,90

5.3.3. A nivel morfolóxico Un terceiro grupo estaría formado por aqueles que experimentaron unha castelanización nalgún aspecto da súa morfoloxía (un sufixo ou unha terminación). Algúns deles son tamén propiamente traducións, igual cás de tipo léxico, como Sobrino/Sobriño, Abad/Abade, e noutros casos tamén deron lugar a formas híbridas, sobre todo en apeli- dos detoponímicos. O grupo así clasificado contén o 11% de tódalas castelanizacións, e as formas conservadas dentro del, é dicir, as propiamente galegas, constitúen o 21,39%.

133 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Traballos de investigación e estudo

Tamén aquí atopamos diverxencias entre as proporcións dos distintos subtipos. Foi case sistemática a castelanización entre algunhas formas rematadas en –ade (Bustabade, Abade, Caridade, Penabade), ou entre os que proceden dun lat. –ANES, todas elas formas toponími- cas; dáse aquí hoxe o paradoxo de estaren recollidas correctamente no nomenclátor (Moláns, Triñáns) e figuraren nos apelidos cunha forma deturpada: *Molanes, *Triñanes. Nalgúns casos a castelanización pode corresponder a dúas formas galegas diferentes: así *Atanes, que en parte foi castelanización do topónimo Atás (Cualedro-Ou), como nos con- firma a actual distribución do apelido, pero que tamén o pode ser de Atáns, microtopónimo en Marín e en Arteixo; algo semellante ocorre con *Goyanes con respecto a Goiáns~Goiás. O que ocorre co sufixo –eira/o é máis variado: nalgúns apelidos non se chega ao 2% as formas galegas conservadas (Mosqueira) e outros conserváronse maioritariamente, máis dun 80% (Regueira). Outros casos son aínda máis extremos: os casos de Cide ape- nas chegan ao 0,29% con respecto a Cid. Seguramente aquí pesou o personaxe históri- co, difundido pola literatura e a historiografía española. Téñase en conta que a forma usual de todos estes apelidos na Idade Media era, loxicamente, a galega. Os exemplos expostos a seguir están ordenados segundo o sufixo ou terminación.

Castelanizacións morfolóxicas nos apelidos

Sufixo ou terminación Forma castelanizada nº Forma galega nº % -ade BUSTABAD 737 Bustabade 0 0,00 -ade ABAD 3029 Abade 2 0,07 -ade CARIDAD 776 Caridade 2 0,26 -ade PENABAD 731 Penabade 16 2,14 lat. -ales MORALES 2335 Morás 155, Morais 899, Moraes 21 1075 31,52 lat. -anes ATANES 781 Atás, Atáns 0 0,00 lat. -anes GOYANES 911 Goiáns, Goiás 0 0,00 lat. -anes MOLANES 700 Moláns 0 0,00 lat. -anes TRIÑANES 1110 Triñáns 1 0,09 lat. -anes RUBIANES 701 Rubiáns 0, Rubiás 27 27 3,71 -eira/o MOSQUERA 13838 Mosqueira 232 1,65 -eira/o PARCERO 1095 Parceiro 59 5,11 -eira/o CARPINTERO 923 Carpinteiro 63 6,39 -eira/o MONTERO 8922 Monteiro 741 7,67 -eira/o RIVERA 8530 Ribeira 52, v 1125 1177 12,13 -eira/o CABRERA 948 Cabreira 232 19,66 -eira/o RIVERO 3068 Ribeiro 1050 25,50 -eira/o CARRERA 7466 Carreira 4776 39,01 -eira/o CARNERO 2147 Carneiro 1784 45,38 -eira/o CORDERO 1145 Cordeiro 1410 55,19 -eira/o BARRERA 810 Barreira 2288 73,85 -eira/o REGUERA 1156 Regueira 4745 80,41 -ide CID 8634 Cide 25 0,29 -iño SOBRINO 2371 Sobriño 2 0,08 -iño VECINO 865 Veciño 51 5,57 -iño CAMINO 1579 Camiño 736 31,79

Nº 370 134 Traballos de investigación e estudo BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

Como adoita ocorrer coas castelanizacións, non existe unha distribución nidia entre os dous tipos de formas. Exemplificámolo co caso de Cordeiro/Cordero, escollida por pre- sentar un reparto de case o 50%: as dúas formas están espalladas por boa parte do país, coexistindo en bastantes concellos en distintas proporcións.

Distribución dos apelidos Cordeiro e Cordero nos concellos de Galicia

135 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Traballos de investigación e estudo

CONCLUSIÓNS Os nomes e apelidos galegos conservan a súa idiosincrasia en desigual proporción: por diversas causas, é meirande nos apelidos ca nos nomes propios. Tras varios séculos de intervencións deturpadoras na escrita, cómpre intervir en certas formas para adaptalas ás normas comúns da lingua galega. A necesidade de estandarización dos apelidos alcan- za apenas o 15% das formas do conxunto, pero trátase dalgúns apelidos de alta frecuen- cia que, en ocasións, foron castelanizados en proporción moi alta. O proceso de restitu- ción vaise producindo a un ritmo moi lento, a pesar de que a lei de 1999 posibilita face- lo sen maiores problemas burocráticos, ás veces por causa dos prexuízos ou da carencia de preparación de funcionarios particulares. Pero falta, sobre todo, unha política lin- güística activa que informe a poboación de que os seus apelidos foron deformados nal- gún momento histórico e que é o seu dereito recuperalos tal como eran, tal como debían ser. No que toca aos nomes propios, por causa de o corpus ir cambiando de xeración en xeración (nos últimos vinte anos a un ritmo moito máis acelerado ca nos séculos ante- riores), foise perdendo o elemento autóctono (os nomes propiamente galegos son só o 6% do total). Desde o punto de vista oficial, existen unhas certas restricións á hora de impor un nome a un neno, pero na práctica aplícanse pouco, de maneira que a renova- ción do corpus vén tamén pola introdución de hipocorísticos, antano vedados, xunto con nomes de orixe foránea e grafías moi diversas. O modelo de estandarización para eles é o Diccionario dos nomes galegos (DNG), que ten a sanción da Real Academia Galega e que parte da preferencia pola forma galega propia. Posúese un instrumento de partida, pero debería ser ampliado e modificado nalgúns aspectos. En definitiva, a estandarización da onomástica persoal vai paralela á normalización lingüística. Están postas e coñécense as bases para a súa fixación lingüística, pero falta a decisión institucional que contribúa a socializala. Agardamos que esta achega e, sobre todo, a acción da Real Academia Galega sancionando as formas estándares contribúan á tarefa da recuperación dunha parte importante da nosa herdanza histórica, cultural e lingüística: a que nos dá nome.

BIBLIOGRAFÍA

Boullón Agrelo, Ana Isabel (2006): “Antroponimia e territorio: sobre a difusión dos apelidos en Galicia”, en R. Álvarez / F. Dubert / X. Sousa (eds.): Lingua e territorio. Santiago de Compostela: ILG / Consello da Cultu- ra Galega, 235-255. Dispoñible en: http://www.consellodacultura.org/mediateca/publicacions/lingua_territo- rio.htm Boullón Agrelo, Ana Isabel (2007a): “Aproximación á configuración lingüística dos apelidos en Galicia”, Verba 34, 285-309. Boullón Agrelo, Ana Isabel (2007b): “A escolla dos nomes en Galicia a finais do século XX”, en Méndez / Navaza, 99-114.

Nº 370 136 Traballos de investigación e estudo BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

Boullón Agrelo, Ana Isabel (2007c): “Cara a unha estandarización da onomástica galega”, en D. Trotter (ed.): Actes du XXIVe Congrès International de Linguistique et de Philologie Romanes. Aberystwyth, 1er–6 août 2004. Uni- versity of Wales Aberystwyth (United Kingdom), Tübingen: Max Niemeyer, vol. 2, 3-16. Boullón Agrelo, Ana Isabel (2008): “Antón, Sabela, Catuxa… De como os hipocorísticos deveñen en nomes”, en M. Brea / F. Fernández Rei / X. L. Regueira (eds.): Cada palabra pesaba, cada palabra medía. Homenaxe a Antón Santamarina. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, 77-93. Boullón Agrelo, Ana Isabel (2009): “Sobre a estandarización da antroponimia: Anxelo/Anxela e familia”, Estu- dos de Lingüística Galega 1, 191-197. http://ilg.usc.es/elg/ CDCMondoñedo = Cal Pardo, Enrique (20052): Colección diplomática medieval do Arquivo da Catedral de Mon- doñedo: transcrición íntegra dos documentos. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 1999. DNG = Ferro Ruibal, Xesús (dir.) / Ana Isabel Boullón Agrelo / Xosé Mª García Álvarez / Xosé Mª Lema Suá- rez / Fernando R. Tato Plaza (1992): Diccionario dos nomes galegos, Ir Indo, Vigo. DOELP = Machado, José Pedro (20033): Dicionário onomástico etimológico da língua portuguesa. Lisboa: Livros Horizonte, 3 vols. Fernández González, Frutos (2008): O padrón de San Clodio de 1580: estudo histórico e onomástico. Santiago de Compostela: Asociación Galega de Onomástica. Lema Suárez, Xosé Mª (2006): Onomástica histórica dunha parroquia galega: Berdoias (1607-2000). I. Os nomes masculinos. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega / Asociación Galega de Onomástica. Cun CD-Rom. LNotasRianxo = Tato Plaza, Fernando R. (1999): Libro de notas de Álvaro Pérez, notario da terra de Rianxo e Postmarcos (1457). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. Méndez Ferrín, Xosé Luís (2007): Consultorio dos nomes e dos apelidos galegos. Vigo: Xerais. Méndez / Navaza (2007) = Luz Méndez / Gonzalo Navaza (eds.): Actas do I Congreso Internacional de Ono- mástica Galega “Frei Martín Sarmiento”. Santiago de Compostela, 2, 3 e 4 de setembro de 2002. Santiago de Com- postela: Asociación Galega de Onomástica Nomenclátor de apellidos vascos / Euskal Deituren Izendegia. Euskaltzaindia / Espainiko Justizia Ministerioa, 1998. Nomenclátor de Galicia. Xunta de Galicia. Consellería da Presidencia. Comisión de Toponimia, 2003. Normas = Instituto da Lingua Galega / Real Academia Galega (1982): Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego. Santiago: ILG / RAG. Reed. revisada, 2004. Santamarina, Antón (1988): “Efectos do contacto lingüístico na toponimia galega”, en D. Kremer (ed.): Homenaxe a Joseph Piel. Tübingen: Niemeyer, 87-96. Santamarina, Antón (2005): “Viaxe pola onomástica galega”, A Trabe de Ouro 62, 11-38. Sarmiento, Martín [1746] (2002): Coloquio en mil duascentas coplas galegas. Facsímile do orixinal autógrafo. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. Edición divulgativa, feita e anotada por Henrique Mon- teagudo, s.l.: La Voz de Galicia / Ed. Galaxia, 2002. Sousa Fernández, Xulio (2007): “Cartografía dos apelidos de Galicia: presentación do proxecto”, en Méndez / Navaza, 327-336. TSobrado = Loscertales de García Valdeavellano, M. Pilar (1976): Tumbos del monasterio de Sobrado de los Monjes. 2 vols. Madrid: Dirección General del Patrimonio Artístico y Cultural, Archivo Histórico Nacional. Villares Naveira, Luís (2007): “O réxime legal da imposición e cambio do nome e dos apelidos”, en Méndez / Navaza, 353-362.

RECURSOS EN INTERNET CAG = Cartografía dos apelidos de Galicia (ILG/RAG): http://servergis.cesga.es/website/apelidos/viewer.asp CODOLGA = Corpus Documentale Latinum Gallaeciae: http://corpus.cirp.es/codolga/ TMILGa = Tesouro Medieval Informatizado da Lingua Galega do Instituto da Lingua Galega, dirixido por Xavier Varela. http://ilg.usc.es/tmilg/ DDGM = González Seoane, Ernesto (dir.) / María Álvarez de la Granja / Ana Isabel Boullón Agrelo (2006): Dicionario de dicionarios do galego medieval. Anexo 57 de Verba. Santiago de Compostela: Universida- de de Santiago de Compostela. http://sli.uvigo.es/DDGM/index.html Microtoponimia de Galicia: http://sitgaideg.xunta.es/buscadoravanzado/visualizacion/indice.asp Navaza, Gonzalo: A caixa dos apelidos (artigos sobre onomásticas publicados n’A Nosa Terra en 1999 e com- pilados neste enderezo web): http://www.amesanl.org/apelidos Nomenclátor de Galicia: www.xunta.es/toponimia

137 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Traballos de investigación e estudo

ANEXO: PROPOSTA DE ESTANDARIZACIÓN DOS APELIDOS GALEGOS

1. LISTAXE DE APELIDOS Na listaxe que se presenta a seguir inclúense as formas que no censo do INE correspon- dente ao ano 2001 contan con máis de 500 ocorrencias, o que en conxunto representa o 86% da poboación. Non se incluíron apelidos que non son de orixe galega, isto é, que son préstamos, de procedencia castelá (como Vallejo, Robles, Medina, Manzano ou Carrillo), vasca (Gabarri, Legaspi) ou outras. A esta primeira lista engadíronse os apelidos que foron obxecto de informe lingüís- tico con vistas á súa estandarización por parte de diversos organismos (como o Instituto da Lingua Galega, a Real Academia Galega, as áreas de Filoloxías Galega e Portuguesa das Universidades da Coruña e de Vigo, o Servizo de Normalización Lingüística da Uni- versidade de Santiago de Compostela e o da Audiencia de Pontevedra18). Aínda que correspondan a formas porcentualmente menos relevantes, a existencia dun informe elaborado avalando a súa pertinencia normativa e, por tanto, a de cidadáns que efec- tuaron ese cambio nas instancias oficiais respectivas, xustifican abondo a súa inclusión nesta relación. Son, en conxunto, preto de 1.270 formas. Enténdese, pois, que se trata dunha rela- ción non pechada, que debería irse incrementando en entregas sucesivas.

Abade Aio Alvite Abal Aira Amado Abalde Alba Amarelle Abalo Albor Ameixeiras Abeixón Alborés Ameixide Abeledo Alcalde Ameneiro Abelenda Aldao Ameneiros Abellá Aldrei Amigo Abelleira Aleixo Amil Abilleira Alén Amoedo Aboi Alexandre Amor Abreu Alfaia Amorín Abuín Alfonsín Anca Acevedo Allegue Andión Adán Aller Andrade Afonso Allo Andrés Agra Almeida Aneiros Agrafoxox Alvarado Angueira Agrelo Alvarellos Anido Aguiar Álvarez Anllo Aguín Alvariño Añón Agulla Alves Ansede

18 É de xustiza deixar constancia aquí da colaboración prestada polos autores dos informes feitos polos organismos citados: Antón Santamari- na, Xesús Ferro Ruibal, Manuel Ferreiro, Gonzalo Navaza, Manuel Núñez Singala e Anxos Sobriño, respectivamente.

Nº 370 138 Traballos de investigación e estudo BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

Anta Barreira Botana Antelo Barreiro Boubeta Antón Barreiros Boullosa Antonio Barrentos Bouso Aparicio Barrio Bouza Aragunde Barro Bouzada Araúxo Barros Bouzas Arca Barroso Bouzo Arcai Barrul Bouzón Arce Barxa Bóveda Arcos Barxiela Brais Area Basanta Braña Areal Bascoi Brañas Areán Bastón Branco Ares Bastos Brandariz Arias Bautista Brandón Arixón Bea Bras Arxóns Beade Bravo Armada Becerra Braxe Armesto Beira Brea Arnoia Beiras Brei Arnoso Beiro Breixo Arousa Bellón Brenlla Arroxo Beltrán Brión Arufe Ben Búa Arxibai Benavides Buceta Asorei Bergantiños Budiño Astrai Bernárdez Bugallo Atáns Bernardo Bugarín Augusto Bértoa Buio Axeitos Besteiro Burgo Baamonde Besteiros Bustabade Babarro Bestilleiro Bustelo Babío Bieites Busto Baldomir Biéitez Buxán Balsa Bieito Caamaño Balseiro Bieito Caaveiro Baltar Biqueira Cabaleiro Baña Biscaíño Cabaleiro Bande Bispo Cabana Baños Bo Cabanas Barba Boado Cabanelas Barbazán Boedo Cabarcos Barbeito Boente Cabeza Barbosa Boga Cabezas Barca Bolaño Cabo Barcala Boo Cabral Barcia Boquete Cabreira Barciela Borraxo Cacabelos Bardanca Borrazás Cachafeiro Barral Borxa Cacheiro

139 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Traballos de investigación e estudo

Caeiro Caridade Cernadas Caínzos Caride Cerqueira Cal Carneiro Cerqueiro Caldas Carnota Cerviño Caldeirón Carou Ces Calo Carpinteiro Cespón Calvar Carracedo Chamorro Calvelo Carral Chans Calvete Carrasco Chantada Calviño Carregal Chao Calvo Carreira Chapela Camacho Carreiras Charlín Camaño Carreiro Chas Camba Carreño Chaves Cambeiro Carril Chorén Cambón Carro Chouciño Cameán Carrodeguas Chouza Cameselle Cartelle Cibeira Camiña Caruncho Cide Camiño Casado Cochón Campaña Casais Codesido Campello Casal Coello Campelo Casalderrei Coia Campo Casanova Coira Campos Casares Colazo Canas Casas Colmeeiro Canaval Casás Comesaña Cancela Casavella Conchado Cancelas Cascallar Conde Cancelo Castaño Constenla Cancio Castedo Cordal Canda Castelao Cordeiro Candal Casteleiro Cordo Caneda Castelo Cores Canedo Castiñeira Corral Caneiro Castiñeiras Correa Canosa Castro Corredoira Canto Catoira Cortegoso Cao Cavado Cortés Capelo Caxade Cortiñas Capón Caxaraville Cortizas Caramés Caxiao Cortizo Carballa Caxide Corvacho Carballal Cea Corval Carballeda Cebreiro Costa Carballeira Cedeira Costas Carballido Cela Costoia Carballo Cendán Cotelo Carbia Cendón Coto Cardalda Cerdeira Cotón Cardoso Cereixo Couce

Nº 370 140 Traballos de investigación e estudo BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

Couceiro do Pico / Dopico Fandiño Couñago do Porto / Doporto Fanego Couselo do Río / Dorrío Faraldo Cousillas Doce Fariña Couso Doldán Fariñas Couto Domínguez Faro Couxil Dono Farto Covas Dos Anxos Faxardo Covelo Dos Santos Faxín Crego Dosil Fazáns Creo Dourado Feal Crespo Doval Feixó Criado Duarte Feixoo Cruces Dubra Fente Cruxeiras Durán Fernández Cruz Duro Ferradás Cuadrado Eanes Ferreira Cuíña Ianes Ferreiro Cuíñas Oanes Ferreiros Cundíns Anes Ferreño Cuña Eiras Ferrer Cupeiro Eirín Ferrín Cuquexo Eirís Ferro Currais Eiriz Fervenza Curral Eiroa Fidalgo Currás Eixo Figueira Curros Entenza Figueiras da Cal / Dacal Ermelo Figueiroa da Costa / Dacosta Ermida Filgueira da Cuña / Dacuña Ermo Filgueiras da Fonte / Dafonte Escudeiro Fiúza da Pena / Dapena Escuredo Flores da Silva / Dasilva Esmorís Folgar da Torre / Datorre España Folgueira da Vila / Davila Espasandín Fondevila Dans Esperante Fondo Darriba Esperón Fonseca Delgado Espiñeira Fontán Deus Espiño Fontao Devesa Espiñosa Fonte Deza Esquerdo Fontela Díaz Estévez Fontenla Diego Estevo Fontes Diéguez Estrada Formoso Dieste Estraviz Fornos Díez Expósito Fortes Diz Fabeiro Foxo do Barro / Dobarro Facal Frade do Campo / Docampo Fachal Fraga do Gando / Dogando Faílde Fraguas do Pazo / Dopazo Falcón Fragueiro

141 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Traballos de investigación e estudo

Fraguela Grille Lence Fraiz Groba Lens Francisco Grobas León Franco Gude Lesta Francos Guede Lestón Franqueira Guerra Lima Freire Guerreiro Limia Freiría Guillán Liñares Freitas Guimarei Lista Freixáns Guimeráns Liste Freixedo Guisande Lixó Freixeiro Guitián Liz Freixo Gulías Lobato Freixomil Gundín Lodeiro Fresco Gutérrez Loira Furelos Gotérrez Lois Gacio Guzmán Lomba Gago Hedreira Lombao Gai Henríquez Lombardía Gaio Hortas Longueira Gaioso Igrexa López Galán Igrexas Lores Galdo Insua Loureda Galego Lado Loureiro Galiñáns Lagares Lourenzo Gallardo Lago Lourido Galván Lagoa Louro Gamallo Laíño Lousada Gándara Lama Louzán Gandoi Lamas Louzao García Lameiro Loxo Garea Lamela Lúa Garrido Lamelas Luaces Garrote Lampón Luís Gasamáns Landeira Lusquiños Gato Landín Lustres Goberna Lapido Maceira Goiáns Lareo Maceiras Goiás Lastra Machado Golán Lata Macía Golpe Lavandeira Macías Gómez Laxe Magán Gondar Leal Magariños González Ledo Magdalena Graña Leira Maía Grandal Leiras Maián Grande Leiro Maio Grandío Leiros Mallo Granxa Leis Malvar Gregorio Lema Malvido Grela Lemos Mancebo

Nº 370 142 Traballos de investigación e estudo BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

Maneiro Mira Muñoz Manso Miragaia Muradas Manteiga Miramontes Murias Mantiñán Miranda Nabeira Maquieira Miras Nabeiras Marcos Mirás Nabeiro Marcote Mirón Naia Mareque Misa Navarro Marín Moar Navia Mariñas Moares Negreira Mariño Moláns Negro Maroñas Molares Neira Maroño Moldes Neto Marqués Moledo Neves Márquez Molexón Nimo Martín Mon Nodar Martíns Mondelo Nogueira Martís Monroi Nogueiras Martiz Montaña Noguerol Marzoa Monteagudo Noia Maseda Monteiro Nores Mata Montenegro Novás Mateo Montes Novelle Mato Montoia Novo Matos Montouto Nóvoa Mazaira Morado Núnez Medín Morais Oia Meilán Moral Oliveira Meirás Morán Olveira Meiriño Morandeira Omil Meis Morás Ordóñez Meixide Moreda Oreiro Meixoeiro Moreira Orosa Méixome Moreiras Ortega Meixón Moreno Ortigueira Meizoso Morgade Ortiz Mella Moscoso Orxás Melón Mosqueira Orxais Méndez Mosteiro Orxe Mendoza Moura Orxeira Menduíña Moure Osorio Meniño Mourelle Oubiña Menor Mouriño Ouro Mera Mouriz Outeda Mesías Mouro Outeiral Mexuto Mouzo Outeiriño Miguel Muíña Outeiro Miguéns Muíño Outón Miguez Muíños Ouxo Millán Munín Oxea Millares Muñiz Ozores

143 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Traballos de investigación e estudo

Pacheco Peón Puíme Pacín Pequeno Pulleiro Pacios Pereira Pumar Padín Pereiras Puñal Padrón Pereiro Purriños Páez Pérez Queiruga Pais Permui Queixas Paleo Pernas Queixo Pallares Pesqueira Quelle Pallas Peteiro Quiñóns Palmeiro Picallo Quintá Pampín Pichel Quintán Pan Pico Quintáns Pantín Picón Quintas Parada Picos Quintás Paradela Pillado Quinteiro Paradelo Piña Quintela Parapar Piñeiro Quiroga Parceiro Piñón Rabuñal Pardal Pinto Rama Pardavila Pintor Ramallo Pardiñas Pintos Ramil Pardo Pita Ramilo Paredes Pol Ramírez Parente Pombo Ramos Parga Ponce Ramudo París Ponte Raña Parra Pontes Raposo Pascual Porta Raxó Pastoriza Portas Real Patiño Portavales Rebolo Pato Porteiro Reboredo Paxaro Portela Recarei Paz Porto Recouso Pazó Pose Redondo Pazos Pousa Refoxos Pedracova Pousada Rego Pedre Pouso Regueira Pedreira Pozo Regueiro Pedrosa Prada Rei Pego Prado Reigosa Peiteado Prados Reino Peleteiro Pratas Reiriz Pena Praza Reis Penabade Prego Reixa Penas Presa Remuiñán Penedo Presas Rendo Penela Presedo Represas Penelas Preto Requeixo Penín Prol Resúa Pensado Puga Rial

Nº 370 144 Traballos de investigación e estudo BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

Ribadulla Sáez Sequeiros Ribas Saia Serantes Ribeira Saiáns Serén Ribeiro Salazar Serra Rico Salgado Serrano Ricoi Salgueiro Sestaio Ricón Salvado Sesto Rielo Salvador Sieira Rilo Sambade Sieiro Río Sampaio Silva Riobó Sampedro Silveira Rioboo San Martiño Simón Ríos San Xoán / Sanxoán Sineiro Roca Sánchez Sío Rocha Sandá Sisto Rodal Sande Soaxe Rodas Sanlés Sobrado Rodeiro Sanmartiño Sobral Rodil San Miguel / Sanmiguel Sobrido Rodiño San Paio Sobriño Rodríguez San Pedro Soengas Roel San Román / Sanromán Soliño Roibás Santalla Solla Rois Santa María / Santamaría Somoza Romai Santa Mariña / Santamariña Soneira Román Santana Sóñora Romar Santás Sousa Romeu Santiago Souteliño Ron Santín Soutelo Roo Santiso Souto Rosende San Tomé / Santomé Soutullo Rosendo Santos Suárez Rouco San Xiao / Sanxiao Sueiras Roxas Sanxuás Sueiro Roxo San Xurxo / Sanxurxo Taboada Rozados Sanz Táboas Rozas Sar Taibo Rúa Sarmento Tallón Rubal Seara Tarrío Rubiáns Seco Tasende Rubiás Segade Tato Rubio Seguín Taxes Ruibal Seixas Teira Ruíz Seixido Teixeira Rumbo Seixo Teixeiro Saa Señarís Teixido Saavedra Sendón Teixo Sabarís Senín Texo Sabín Señoráns Tellado Saborido Senra Temperán Saco Seoane Tenreiro

145 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Traballos de investigación e estudo

Tesouro Valiño Vilaravide Tizón Valverde Vilares Tobío Vao Vilariño Toimil Vaqueiro Vilarnovo Tomé Vara Vilarquide Torrado Varela Vilas Torre Vasalo Vilasante Torreira Vasco Vilasenín Torreiro Vaz Vilasol Torrente Vázquez Vilasuso Torres Veceiro Vilaverde Torrón Veciño Vilela Touceda Veiga Viña Toucedo Vellas Viñas Touriño Vello Viso Tourís Velo Viturro Tourón Veloso Viveiro Touza Vence Vizoso Toxa Ventoso Xamardo Toxeiro Verde Xaneiro Toxo Verdes Xardón Traba Vermello Xegunde Trigo Vesada Xen Trillo Viana Xende Triñáns Viaño Xermade Troitiño Vicente Xerpe Troncoso Vidal Xestal Tubío Vieira Xesteira Tuñas Vieiro Xestido Turnes Vigo Xesto Ucha Vila Xestoso Ulloa Vilaboa Xesús Uzal Vilaboi Xil Val Vilacova Ximénez Valadares Viladóniga Xiráldez Valado Vilalba Xoán Valboa Vilamaior Xove Valcarce Vilamarín Xuíz Valdés Vilamel Xul Vale Vilamide Xuncal Valeiras Vilamor Xurxo Valencia Vilanova Xusto Vales Vilanustre Zapata Valín Vilapol Zas Valiña Vilapún Valiñas Vilar

Nº 370 146 Traballos de investigación e estudo BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

2. CORRESPONDENCIA FORMAS CASTELANIZADAS - FORMAS ESTÁNDARES

Preséntase aquí a forma castelanizada coa correspondencia estándar en galego. A forma que aparece en primeiro lugar transcríbese tal e como aparece no censo, isto é, en maiús- culas e sen acentos. Téñase en conta: • En letra grosa indícanse as formas que sufriron algún tipo de castelanización, ben fonética ou morfolóxica. • Van subliñadas, as formas que presentan algunha alteración gráfica que non se axusta ás normas modernas (coma a presenza do grafema ou o uso non eti- molóxico de , ou ). • Entre parénteses figuran formas que poden corresponder de forma minoritaria á variante castelanizada. Por exemplo, o lexema colmenero correspóndese co gale- go colmeeiro ‘persoa que ten ou coida colmeas’, pero nalgúns casos pode ser tra- dución errada a partir de colmeiro ‘monllo de palla mallada’. Ou San Martín, que equivale ao máis común San Martiño, pero na área oriental a variante patrimo- nial é tamén Martín (conforme a camín).

AP. CASTELÁN/CASTELANIZADO...... Ap. galego

ABAD ...... Abade ARAUJO ...... Araúxo ABEIJÓN ...... Abeixón ARCAY ...... Arcai ABOY...... Aboi ARGIBAY...... Arxibai ACOSTA...... da Costa / Dacosta ARIJÓN...... Arixón ACUÑA ...... da Cuña / Dacuña ARJONES ...... Arxóns AGEITOS...... Axeitos ARNOYA...... Arnoia AGRAFOJO...... Agrafoxo AROSA ...... Arousa AGUILAR ...... Aguiar ARROJO...... Arroxo ALDREY ...... Aldrei ASOREY...... Asorei ALEJANDRE ...... Alexandre ASTRAY ...... Astrai ALEJANDRO ...... Alexandre ATANES...... Atáns ALEJO ...... Aleixo AYO ...... Aio ALFAYA ...... Alfaia BAHAMONDE ...... Baamonde ALONSO...... Afonso BALADO...... Valado AMEIJEIRA...... Ameixeira BALBOA ...... Valboa AMEIJEIRAS ...... Ameixeiras BALLESTEROS...... Besteiros AMEIJIDE...... Ameixide BAO ...... Vao

147 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Traballos de investigación e estudo

BAQUEIRO ...... Vaqueiro CAJIDE...... Caxide BARGIELA ...... Barxiela CALDERON...... Caldeirón BARJA ...... Barxa CAMINO ...... Camiño BARRERA ...... Barreira CANABAL...... Canaval BARRIENTOS ...... Barrentos CAÑAS ...... Canas BASALO ...... Vasalo CARID...... Caride BASCOY ...... Bascoi CARIDAD...... Caridade BAZ...... Vaz CARNERO...... Carneiro BECEIRO...... Veceiro CARPINTERO...... Carpinteiro BELLAS...... Vellas CARRERA...... Carreira BELLO ...... Vello CASABELLA...... Casavella BENÍTEZ ...... Bieites CASALDERREY ...... Casalderrei BENITO ...... Bieito CASTILLO ...... Castelo BERMEJO...... Vermello CEREIJO ...... Cereixo BESADA...... Vesada CID...... Cide BLANCO...... Branco COBAS ...... Covas BLAS ...... Brais / Bras COBELO ...... Covelo BORJA ...... Borxa COLLAZO ...... Colazo BORRAJO...... Borraxo COLMENERO ...... Colmeeiro (Colmeiro) BRAGE...... Braxe CORBACHO...... Corvacho BREIJO ...... Breixo CORBAL ...... Corval BREY...... Brei CORDERO ...... Cordeiro BUENO...... Bo CORRALES ...... Currais / Currás BUJÁN...... Buxán COSTOYA...... Costoia BUSTABAD...... Bustabade COUGIL...... Couxil BUYO...... Buio COYA...... Coia CABADO ...... Cavado CRISTOBAL ...... Cristovo CABALLERO ...... Cabaleiro CRISTOBO...... Cristovo CABRERA...... Cabreira CRUJEIRAS...... Cruxeiras CAGIAO...... Caxiao CUNDINES ...... Cundíns CAJADE...... Caxade CUESTA ...... Costa CAJARAVILLE ...... Caxaraville CUEVAS ...... Covas

Nº 370 148 Traballos de investigación e estudo BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

CUQUEJO...... Cuquexo GASAMANES ...... Gasamáns DE LA IGLESIA ...... da Igrexa GAY...... Gai DE LOS ANGELES ...... dos Anxos GAYO...... Gaio DEL RIO ...... do Río / Dorrío GAYOSO...... Gaioso DE LA TORRE ...... da Torre / Datorre GENDE ...... Xende DIOS ...... Deus GEGUNDE...... Xegunde DORADO...... Dourado GEN...... Xen DOS ANJOS...... dos Anxos GERMADE...... Xermade EDREIRA...... Hedreira GERPE ...... Xerpe EIJO ...... Eixo GESTAL ...... Xestal ENRÍQUEZ ...... Henríquez GESTEIRA ...... Xesteira ESCUDERO ...... Escudeiro GESTIDO ...... Xestido ESPINOSA...... Espiñosa GESTO ...... Xesto ESTEBAN ...... Estevo GESTOSO...... Xestoso FAJARDO ...... Faxardo GIL ...... Xil FAJIN ...... Faxín GIMENEZ ...... Ximénez FAZANES...... Fazáns GIRÁLDEZ...... Xiráldez FEIJOO...... Feixó / Feixoo GOYANES ...... Goiáns / Goiás FERRERO...... Ferreiro GRANJA...... Granxa FIGUEROA ...... Figueiroa GUERRERO ...... Guerreiro FOJO ...... Foxo GUIMAREY ...... Guimarei FREIJANES...... Freixáns GUTIERREZ...... Gutérrez / Gotérrez FREIJEDO...... Freixedo HERMELO ...... Ermelo FREIJEIRO...... Freixeiro HERMIDA...... Ermida FREIJO ...... Freixo HERMO...... Ermo FREIJOMIL ...... Freixomil HERNÁNDEZ ...... Fernández FUENTE ...... Fonte HERRERA...... Ferreira FUENTES...... Fontes HERRERO ...... Ferreiro GALBÁN...... Galván HIDALGO...... Fidalgo GALIÑANES...... Galiñáns IGLESIA...... Igrexa GALLEGO...... Galego IGLESIAS ...... Igrexas GANDOY ...... Gandoi IZQUIERDO...... Esquerdo

149 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Traballos de investigación e estudo

JAMARDO...... Xamardo MEJUTO...... Mexuto JANEIRO ...... Xaneiro MENÉNDEZ ...... Méndez JARDÓN...... Xardón MERINO ...... Meiriño JARES...... Xares MIGUELEZ ...... Miguez / Miguéns JESUS ...... Xesús MIGUEZ ...... Miguez JIMENEZ...... Ximénez MIRAGAYA...... Miragaia JORGE...... Xurxo / Xorxe MOLANES...... Moláns JOVE ...... Xove MOLEJÓN...... Molexón JUAN ...... Xoán MOLINA ...... Muíña JUIZ...... Xuíz MONROY...... Monroi JUL...... Xul MONTERO ...... Monteiro JUNCAL...... Xuncal MONTOTO...... Montouto JUSTO...... Xusto MONTOYA...... Montoia LABANDEIRA...... Lavandeira MORA...... Moura LAFUENTE ...... da Fonte / Dafonte MORALES...... Morais / Morás LAGE ...... Laxe MOSQUERA...... Mosqueira LIJO ...... Lixó NAVEIRA ...... Nabeira LINARES ...... Liñares NAVEIRAS...... Nabeiras LOJO...... Loxo NAVEIRO ...... Nabeiro LORENZO ...... Lourenzo NAYA...... Naia LOSADA...... Lousada NIETO...... Neto LOZANO ...... Louzán / Louzao NIEVES...... Neves LUNA...... Lúa NOVOA ...... Nóvoa MAHÍA...... Maía NOYA ...... Noia MARTÍNEZ...... Martíns / Martís / Martiz NUÑEZ...... Núnez MAYÁN ...... Maián OCAMPO ...... do Campo / Docampo MAYO...... Maio OGANDO ...... do Gando / Dogando MEIJIDE...... Meixide OGEA...... Oxea MEIJOEIRO ...... Meixoeiro OJEA ...... Oxea MEIJOME ...... Méixome ORGE ...... Orxe MEIJON ...... Meixón ORGEIRA...... Orxeira MEIJUEIRO...... Meixoeiro ORJALES...... Orxás / Orxais

Nº 370 150 Traballos de investigación e estudo BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

OTERO...... Outeiro REY ...... Rei OUJO...... Ouxo REYES...... Reis OUVIÑA ...... Oubiña RICOY...... Ricoi OYA ...... Oia RIVADULLA ...... Ribadulla PAJARO ...... Paxaro RIVAS ...... Ribas PALACIOS ...... Pacios / Pazos RIVEIRA ...... Ribeira PARCERO ...... Parceiro RIVEIRO...... Ribeiro PELÁEZ...... Páez / Pais RIVERA ...... Ribeira PEÑA...... Pena RIVERO ...... Ribeiro PENABAD ...... Penabade ROJAS ...... Roxas PEQUEÑO...... Pequeno ROJO...... Roxo PERMUY ...... Permui ROMAY...... Romai PIEDRACOBA ...... Pedracova ROMERO ...... Romeu PLATAS...... Pratas RUBIANES ...... Rubiáns / Rubiás PLAZA ...... Praza SAMBAD...... Sambade PORTABALES...... Portavales SAMPAYO...... San Paio / Sampaio POSADA...... Pousada SAN MARTÍN...... San Martiño (San Martín) POSSE...... Pose SANGIAO ...... San Xiao / Sanxiao PRIETO ...... Preto SANJIAO...... San Xiao / Sanxiao PUENTE...... Ponte SANJUAN ...... San Xoán / Sanxoán PUENTES ...... Pontes SANJUAS...... Sanxuás QUEIJAS...... Queixas SANJURJO...... San Xurxo / Sanxurxo QUEIJO ...... Queixo SANMARTIN...... Sanmartiño (Sanmartín) QUIÑONES ...... Quiñóns SANTAMARINA...Santa Mariña / Santamariña QUINTANA...... Quintán / Quintá SARMIENTO ...... Sarmento RAJO...... Raxó SAYA...... Saia RECAREY...... Recarei SAYANES ...... Saiáns REFOJOS...... Refoxos SAYANS...... Saiáns REGUERA...... Regueira SEIJAS...... Seixas REIJA ...... Reixa SEIJIDO ...... Seixido REQUEIJO ...... Requeixo SEIJO...... Seixo REQUEJO...... Requeixo SESTAYO...... Sestaio

151 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Traballos de investigación e estudo

SEXTO ...... Sesto VILABOY...... Vilaboi SIERRA ...... Serra VILACOBA...... Vilacova SIXTO...... Sisto VILLA...... Vila SOAGE ...... Soaxe VILLADONIGA...... Viladóniga SOBRINO ...... Sobriño VILLALBA...... Vilalba SOTELINO ...... Souteliño VILLAMARIN...... Vilamarín SOTELO ...... Soutelo VILLAMAYOR...... Vilamaior SOTO ...... Souto VILLAMEL ...... Vilamel TAJES ...... Taxes VILLAMIDE ...... Vilamide TEIJEIRA ...... Teixeira VILLAMOR...... Vilamor TEIJEIRO ...... Teixeiro VILLANUEVA...... Vilanova TEIJIDO...... Teixido VILLANUSTRE...... Vilanustre TEIJO ...... Teixo VILLAPOL...... Vilapol TEJO ...... Texo VILLAPUN ...... Vilapún TEMPRANO ...... Temperán VILLARAVID...... Vilaravide TOJA ...... Toxa VILLARQUIDE...... Vilarquide TOJEIRO ...... Toxeiro VILLASANTE ...... Vilasante TOJO ...... Toxo VILLASOL...... Vilasol TRIÑANES ...... Triñáns VILLASUSO ...... Vilasuso VAAMONDE...... Baamonde VILLAR...... Vilar VAHAMONDE ...... Baamonde VILLARES...... Vilares VALLADARES ...... Valadares VILLARINO ...... Vilariño VALLE...... Val / Vale VILLARIÑO ...... Vilariño VAQUERO...... Vaqueiro VILLARNOVO...... Vilarnovo VECINO ...... Veciño VILLASENIN ...... Vilasenín VEGA ...... Veiga VILLAVERDE ...... Vilaverde VEIRA ...... Beira VIQUEIRA...... Biqueira VEIRAS...... Beiras VISPO ...... Bispo VELASCO ...... Vasco VIVERO...... Viveiro VIEITES ...... Bieites VIZCAINO ...... Biscaíño VIEITEZ ...... Biéitez YAÑEZ ...... Eanes / Ianes / Oanes / Anes VIEITO...... Bieito

Nº 370 152 A BIBLIOTECA E O ARQUIVO DA RAG. APUNTAMENTOS PARA UNHA HISTORIA

Mercedes Fernández-Couto Tella Directora do Arquivo da RAG

A don Antonio Gil Merino. In memoriam

Aínda que a Biblioteca e o Arquivo se contemplan dende o propio nacemento da Academia, e mesmo hai alusión a eles durante toda a historia da Institución, non é até pasado algo máis de sesenta anos cando se leva a cabo a organización técnica da Biblio- teca, e terá que pasar case unha centuria para que se organice o Arquivo. A primeira ordenación da Biblioteca, realizada no ano 1968, permanecerá inmuta- ble até pasado o ano 2000, isto é importante nun conxunto librario que aínda non está estudado nin os seus compoñentes identificados, e no que os sistemas habituais de con- trol non existen ou están incompletos. De aí o interese en deixar estes apuntamentos das primeiras etapas que coidamos facilitarán estudos posteriores. No referente ao Arquivo –no que a súa organización serodia non impediu a consul- ta dos investigadores– aínda é máis importante ter identificadas as actuacións que afec- taron aos diferentes fondos para coñecer a súa historia e evitar erros presentes e futu- ros. Estas notas aquí expostas non pretenden ser un estudo exhaustivo e rigoroso, se non a narración –confrontada coas escasas fontes documentais e as últimas testemuñas orais– da propia experiencia polos moitos anos pasados en ambas as seccións.

A BIBLIOTECA Pouco sabemos da súa formación e historia. As fontes documentais son escasas e incompletas e tristemente moita da xente que contribuíu ao seu desenvolvemento e que coñecía a súa historia por ser parte dela xa non está entre nós. Lembramos a Juan Naya, excelente bibliotecario á antiga usanza e de magnífica memoria. Marino Dóne- ga, académico numerario desde o ano 1973, cargo directivo nos anos 1976-1997 e grande impulsor da Biblioteca cun empeño case persoal en acrecentar os seus fondos e en facer catálogos das distintas seccións. Jesús Sánchez, verdadeiro gardián dos libros

153 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Traballos de investigación e estudo

e fondamente entregado á RAG. E como o tempo non perdoa, a última perda: Don Antonio Gil Merino, entrañable arquiveiro que dedicou moito tempo e esforzo á RAG. E os que hoxe, xa xubilados, son a última memoria dunha época da Academia: Adela Carré, colaboradora nos catálogos e artífice do índice do Boletín da Real Academia Galega, que deixou a Institución no ano 1986, e Domingo Sánchez, ordenanza e piar da Academia ata a súa xubilación no ano 1996.

Podemos dividir a historia da Biblioteca en catro grandes etapas:

1.- 1906-1968. É a máis descoñecida. Abrangue desde a súa creación, no inicio da Academia, até o ano 1968 no que se fai a primeira organización. Os Arquiveiros- Bibliotecarios desta etapa foron Galo Salinas (1905-1907), Cesar Vaamonde (1907-1942) e Juan Naya (1946-1993), este último forma parte de practicamen- te todas as etapas da Biblioteca. 2.- 1968-1991. Nesta etapa márcanse as liñas estruturais da Biblioteca, que perma- necerán sen variacións até o ano 2000. Arquiveiro-Bibliotecario: Juan Naya (1946-1993). 3.- 1991-1999. Etapa de modernización, actualización e adaptación ás novas tec- noloxías. Arquiveiro-Bibliotecario: Juan Naya e Antonio Gil Merino (1997- -2005). 4.- 1999-. Segunda reorganización e ampliación tanto de material como de persoal. Arquiveiro-Bibliotecario: A. Gil Merino e X. L. Axeitos (2005-2009).

Da primeira etapa pouco se coñece. A sede da RAG está en Rego de Auga nº 38, no 1º andar, até o ano 1919 en que pasa ao 2º piso do Pazo Municipal onde quedará –grazas á xenerosidade do Concello– até o ano 1979 en que estreará, por fin, sede pro- pia. Desta etapa non hai datos nin do volume da colección nin do tratamento técnico que se lle daba. Non obstante, vemos algunha inquedanza profesional pois existen libros de rexistro até decembro do ano 1929 con 11.296 títulos rexistrados, e existe tamén un libro de préstamo aos académicos que abrangue do ano 1909 ao ano 1960. No libro de actas tamén consta algunha información sobre a Biblioteca pero pasa o mesmo que co de rexistro: só alcanza até o ano 1929. Consérvase a información que sobre a Biblioteca dá a sección do Boletín titulada “Vida oficial” ou “Noticias”. A nosa idea é que a Biblioteca estaba catalogada maiormente na cabeza dos biblio- tecarios. Respecto á súa ordenación non sabemos se sería temática, ou por título, ou quizais por tamaño para aforrar espazo, pero é de supoñer que estaría en acceso directo ao ser de uso restrinxido aos académicos e a algún investigador “de coñecida solven- cia”.

Nº 370 154 Traballos de investigación e estudo BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

A Biblioteca da RAG instalada no Pazo Municipal.

No referente á segunda etapa sabemos que en novembro de 1968, e até decembro de 1974, comeza a ordenación da Biblioteca. Esta tarefa é subvencionada polo Banco Pas- tor e para levala a cabo contrátanse tres auxiliares e un ordenanza. Deste grupo queda- rán na Academia: Adela Carré, como auxiliar –que pasará nela 20 anos, até 1986– e Jesús Sánchez, como ordenanza. Nesta época a Biblioteca está emprazada na segunda planta do Concello, no pazo de María Pita. O equipo de traballo –que é dirixido de xeito completamente altruísta por Antonio Gil Merino– comeza a catalogación do conxunto librario até agora confiado á excelente memoria do Arquiveiro-Bibliotecario Juan Naya. Elabóranse os catálogos de autor e obras anónimas, de título e dous topográficos para as distintas instalacións de monografías e folletos. Comézase tamén a facer o catalogo de materias e de Clasificación Decimal Universal (CDU) pero quedan incompletos. Aínda que fan todo este traballo, inexplicablemente, non rexistran os libros no rexistro da Biblioteca. O ordenanza era o encargado de selar, nunhas páxinas determinadas, poñer a sig- natura (un número correlativo para cada libro que entraba na Biblioteca) e colocar nos andeis os libros. Chegaron en monografías até a signatura 29.002 e á 12.210 en folle- tos. A RAG cambia de sede no ano 1979, deixa as salas que lle cedera o Concello e tras- ladase á casa nº 11 da rúa Tabernas. Tralo traslado a biblioteca mantén a mesma orde- nación que se lle dera na anterior localización. Que se manteña esta ordenación dos libros ten máis importancia da que parece, xa que pode facilitarnos unha información moi útil sobre a formación da colección. Cando

155 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Traballos de investigación e estudo

Antiga sala de lectura da Biblioteca en Tabernas se estableceu esta ordenación non se rexistraban os libros que entraban na Biblioteca, pero para instalalos dábaselles unha signatura que era un número correlativo para cada novo libro. Deste xeito a signatura dun libro dá unha información engadida de: • a data de entrada, aínda que sexa aproximada. • a súa pertenza a un grupo determinado (biblioteca particular, colección, doa- zón...). En moitos casos estes grupos non están aínda identificados e só a súa colo- cación –posto que foi inamovible desde o comezo da Biblioteca– pode identificar o conxunto. • o desenvolvemento e dirección da colección. O depósito da Biblioteca ocupaba parte do terceiro piso e o cuarto ao completo, que- dando o quinto libre para o futuro crecemento e de feito alí atopábanse as novidades recibidas e as revistas que se subían do expositor. O terceiro piso compartíase entre depó- sito, sala de lectura, sala de traballo e a chamada “casa do conserxe”, onde estaba loca- lizado un fondo librario propiedade dun dos académicos. A instalación nos depósitos era máis complicada pois as signaturas daban uns saltos enormes serpeando entre os distintos pisos e estancias, polo que só os iniciados eran quen de dar cos libros. Comezaba no 4º piso que ocupaban as signaturas 1-8.231 a con- tinuación tíñase que baixar ao 3º andar onde continuaba da 8.232 á 11.498 e de novo había que subir ao 4º piso onde remataba a instalación no número 29.000. Isto respec-

Nº 370 156 Traballos de investigación e estudo BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

to ás monografías, os folletos estaban reunidos ao completo no 3º andar e as revistas colocadas en todos os pisos da Institución sen un criterio definido. Con respecto á organización destes fondos, existían os catálogos xa nomeados e a maiores había un pequeno catálogo das obras expostas no museo de Emilia Pardo Bazán e outro pequeno catálogo da Casa de América. As fichas, ademais da información cata- lográfica habitual, tamén recollían datos da procedencia da obra. Rexistrábase nelas a pertenza a bibliotecas particulares1 doadas á RAG. Todos estes catálogos do fondo xeral seguen activos a día de hoxe (xuño de 2010) e a súa utilización segue a ser necesaria. No referente ás revistas, a minoría estaban incorporadas ao fondo xeral, é dicir incluídas neses 29.000 volumes, e outras moitas exhibíanse nun rústico mostrador de madeira que, a modo de expositor, estaba situado no terceiro piso cara á porta do ascen- sor. Este grupo –que era o máis numeroso– non tiña tratamento técnico ningún. Con- forme chegaba o número da revista púñase nese mostrador pero sen rexistrar, nin selar, nin catalogar, non se comprobaba o número nin a continuidade, nin se confirmaba a recepción ao remitente, non se anotaba a procedencia, etc. No soto había unha mestura de revistas, libros e caixas con documentación, o que unido a unha xélida temperatura e ao traballo abundante nas outras seccións conseguiu atrasar a súa ordenación durante varios anos. Foi Gil Merino, a pesar da súa bronquite, quen se atreveu a poñer algo de orde naquela zarapallada. Don Antonio, a raíz da súa xubilación, no ano 1985, comezou a vir de forma asidua á RAG para continuar co seu labor en prol da Biblioteca. A terceira etapa vén definida pola entrada na Academia –no ano 1991- de dous téc- nicos bibliotecarios e dous informáticos. Esta incorporación é consecuencia dun conve- nio entre a RAG e a Xunta de Galicia para catalogar e informatizar2 os fon- dos da Academia e incluílos no Catalogo Colectivo do Patrimonio Bibliográfico Galego. A situación dos fondos neste momento era a anteriormente descrita, a Biblioteca contaba con 29.000 títulos e 12.210 folletos instalados e catalogados, con ficheiros comúns excepto para o topográfico debido á diferente instalación. Elabóranse no ano 1997 novos catálogos –quedando os vellos como testemuñas e referencia– de autor e materia, e ao ano seguinte amplíanse co de título, aínda que a falta de espazo para o seu crecemento e a facilidade da consulta informatizada obrigarán máis adiante a suprimilos, mentres que os vellos permanecerán, xa que os seus fondos non están informatizados. O primeiro traballo desenvolvido foi unha división cronolóxica feita sobre o fichei- ro topográfico, coa idea da Consellería de Cultura de comezar polo fondo antigo –é dicir, os anteriores ao ano 1801– ao que unha vez acabado seguiría o XIX galego, que é de certo unha das xoias da Academia, para rematar xa co resto.

1 Das múltiples bibliotecas persoais só se indican a de E. Pardo Bazán e a de Luís Seoane. 2 Utilizouse o Sistema Integrado de Xestión Bibliotecaria Liber-Marc desenvolvido segundo as normas ISBD e o formato IBERMARC.

157 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Traballos de investigación e estudo

O baleirado topográfico deu como resultado a seguinte división en atención ao seu lugar de impresión:

SÉCULO GALEGAS NON GALEGAS TOTAL XVI 54 54 XVII 3 179 182 XVIII 17 1.307 1.324 XIX 986 8.580 9.566 XX 2.976 11.846 14.822 S/A 88 2.904 2.992 TOTAL 4.070 24.870 28.9403

Comézase, pois, en setembro de 1991 polo fondo antigo que se termina a finais do ano 1992 e do que se catalogan os exemplares editados en Galicia e España, quedan os impresos no estranxeiro sen catalogar. Ábrese un novo rexistro da Biblioteca e para evitar ter que rexistrar os 29.000 libros que xa foran catalogados e rotulados, decidiuse iniciar o rexistro a partir do número 29.000 e utilizar as signaturas xa adxudicadas como substituto do rexistro. A partir de 1993, Antonio Gil Merino fai as funcións de Arquiveiro-Bibliotecario aínda que non será nomeado ate o ano 1997. Neste ano de 1993 rexístrase e instálase a biblioteca de E. Chao Espina (2.535 v.) aínda que a súa catalogación queda para máis adiante. Estaba situada no 3º andar e seguía a numeración do ultimo rótulo (29.333) do 4º piso chegando até a signatura 31.867. A catalogación e ordenación continuouse polo quinto piso, primeiro coas obras recu- peradas da biblioteca de Pardo Bazán e a continuación os últimos ingresos. Estas obras de Emilia Pardo Bazán –procedentes do Pazo de Meirás e danadas polo incendio, do que moitas conservan sinais- atopábanse no soto en varias caixas. As que tiñan leves danos incorpóranse ao fondo aínda que algunhas incompletas ou moi deterioradas quedaron pendentes da súa restauración. O 5º piso, ademais de utilizarse para instalar as últimas adquisicións serve, de xeito temporal, como depósito das revistas abertas. As pechadas están no soto, onde Gil Merino comezou a ordenalas no ano 1992 e non rematará até xuño do ano 1995. En 1994 a sala de lectura dótase dunha sección de referencia e unha sección de publicacións da RAG, as dúas de libre acceso, instaladas nuns novos estantes. En febreiro do mesmo ano a Academia decide comezar a catalogación das bibliote- cas de Emilia Pardo Bazán e Luís Seoane. En marzo de 1996, unha vez rematada a biblioteca de Pardo Bazán (a de Luís Seoa- ne ao final non se catalogou, fíxose no seu lugar parte da de Chao Espina), continúase a catalogación, esta vez seguindo o numero currens para ir completando os ocos deixados

3 Hai unha diferenza de 60 v. respecto ao total de 29.000 v. debido a que no momento do reconto faltaban do seu sitio e polo tanto non cons- tan na relación.

Nº 370 158 Traballos de investigación e estudo BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

polos criterios anteriores. Este traballo é compartido con dúas novas tarefas desenvolvi- das entre xuño de 1995 e ata setembro de 1999: a creación da Hemeroteca e a catalo- gación dos folletos. A Hemeroteca créase como sección da Biblioteca neste momento, conta con 1.868 títulos e estruturase en tres grupos atendendo ao seu lugar de impresión segundo a orga- nización xa feita por Gil Merino: fondo galego (694 tít.), fondo americano (287 tít.) e o fondo xeral (722 tít.). Á parte, e en acceso directo, as revistas en curso (165 tít.) reci- bidas por intercambio, doazón ou compra (desta última soamente un tít.). Facíase a des- crición bibliográfica e unha ficha cardex para o control dos números. Os datos incluí- anse nunha base de datos polo que as buscas podían ser por título, editor, lugar da edi- ción, data ou ben atendendo á Clasificación Decimal Universal. Tamén no 1996 se comeza a catalogación dos folletos que neses momentos abran- guen ata a signatura 14.800 e dos que no ano 1998 estarán catalogados 13.031. Renóvase a sala de lectura ampliando o acceso directo cunha sección composta polas revistas en curso que se expoñen en estantes específicos para este uso e instálanse novos ficheiros de consulta. Neste mesmo ano faise unha recolocación do fondo bibliográfico. Como xa dixemos, a numeración das signaturas saltaba dun depósito a outro sen seguir unha secuencia lóxi- ca e houbo que facer varios cambios para conseguir que fose correlativa e seguise a orde natural dos pisos. Na parte central da terceira planta reúnense os folletos, e as monografías sofren os seguintes cambios:

Antiga sala de lectura da Biblioteca en Tabernas.

159 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Traballos de investigación e estudo

A biblioteca de Chao Espina situada no terceiro piso pasa ao cuarto para seguir a numeración correlativa, e instálase nun pequeno corredor de acceso. A numeración agora é continua e con lóxica: comeza no 4º piso e continúa logo polo 5º andar. A sala que queda baleira será ocupada polas revistas instalándose así a Hemeroteca nun espazo físico diferente do resto. Todo este proceso de recolocación remata no ano 1998. No mesmo ano 1998, a sala de lectura redistribúese ampliándose outra vez con expo- sitores novos. Outra novidade é a creación da sección de manuscritos –entresacados do fondo xeral onde estaban incluídos- que se instala no despacho do bibliotecario. Son 47 volumes aos que se lle dá a signatura “M” e dos que se fai un pequeno catalogo manual. Sen un nome definido e coa signatura “B” hai un outro conxunto de libros que, pola súa rareza, valor e singularidade, se instalan no despacho do presidente e abrangue 34 volumes. No ano 1999 remata a nosa historia. Neste momento un dos técnicos da Biblioteca é destinado ao Arquivo e nos anos seguintes o persoal da Biblioteca irá aumentando ata acadar as 5 persoas de hoxe en día. Nesta data a Academia –e con ela a Biblioteca– comeza una nova etapa máis moderna e dinámica e na que, por diversos motivos, se pro- ducen modificacións nos depósitos.

O ARQUIVO É o Arquivo o fillo tardío da Academia, non polo seu nacemento, en sincronía coa Ins- titución, pero si pola súa organización serodia pois o fondo documental non toma corpo ate pasados máis de oitenta anos. O Arquivo propiamente dito e entendido como unha sección dotada de espazo e persoal propio nace en 1998 baixo a presidencia de Fernán- dez del Riego, e afírmase e consolídase con Barreiro Fernández. Ao contrario do que ocorreu na Biblioteca –que desde moito antes ten unha organi- zación, unha orde, e é controlada polo Arquiveiro-Bibliotecario– a documentación do Arquivo esmoreceu durante anos nos diferentes despachos e estancias da RAG. Até o ano 1991 os legados procedentes de académicos ou persoeiros da vida cultu- ral galega atopábanse dispersos polas diversas dependencias da sede académica ou ben no soto. Desde este ano o académico Antonio Gil Merino dedica o seu tempo a reunir esta documentación que non só estaba dispersa se non tamén desordenada e deteriora- da por mor das malas condicións. Na súa inquedanza pola organización da documentación crea en 1992 unha Sección de Lingüística nunha pequena sala sita ao fondo da segunda planta onde reúne toda a documentación referente á lingua galega que atopa: vocabularios, dicionarios, léxicos, folclore, refráns, ditos e proverbios, ditos populares e incluso unha pequena colección de poesías e demais textos en galego, que el mesmo foi seleccionando entre os distintos fon- dos. Esta sección está formada por 28 caixas e dous ficheiros, cada caixa ten un lixeiro índice do seu contido. A idea desta sección temática era servir de apoio ao Seminario

Nº 370 160 Traballos de investigación e estudo BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

de Lexicografía, situado no terceiro andar do edificio de Tabernas. Este seminario cam- bia a súa situación no ano 1991, ao 7º andar do edificio nº 14-16 da mesma rúa de Tabernas a onde se traslada co material que utilizaba, e aínda que non hai relación nin- gunha deste material, sabemos que polo menos as papeletas do primeiro dicionario da Academia estiveron nese edificio até o ano 2004 no que se reestrutura o Seminario e abandona o edificio. No ano 1993, D. Antonio crea outra sección, a dos “legados dos académicos”. Abrangue os arquivos persoais que os académicos -maiormente- pero tamén persoeiros da vida cultural galega, doaron á Academia ao longo do tempo. Metido xa en materia busca algunha dependencia para utilizar como depósito deste conxunto. Colócaos na terceira planta nas dependencias da chamada casa do conserxe, hoxe en día desapareci- da. Aí vai colocando, en caixas numeradas e cun lixeiro inventario do seu contido, a documentación procedente de: Pardo Bazán, Artaza, Carré Alvarellos, Casanova, Casás, Irmáns de la Iglesia, Manteiga, Martínez Salazar, Mato Vizoso, López Soler, López Aben- te, Puente y Brañas, Risco. Esta ubicación elixida por Gil Merino é a que aínda hoxe ocupa o Arquivo. No ano 2002 as obras de remodelación do 3º andar da RAG dotaron o Arquivo dun depósito climatizado, unha sala de traballo e un despacho. En 1994 baléirase a famosa “maleta de Murguía” e os pergameos e documentos medievais que contiña instálanse en caixas que se sitúan no despacho do Presidente. O resto engádese aos depósitos do 3º piso. No ano 1996 Gil Merino divide os fondos documentais en tres seccións: 1.- O Arquivo da Institución 2.- Legados de académicos (comezada no ano 1993) 3.- Documentación histórica No ano 1998 este traballo de A. Gil Merino tradúcese en 235 caixas coa seguinte distribución: 1-87: o fondo de Emilia Pardo Bazán repartido en dous grupos: a parte patrimonial numerada do 1 ao 72 e a parte literaria numerada de I a XV (corresponden con 73-87). 88-235: documentación de diferentes persoeiros, da propia Academia, revistas, folletos e recortes de prensa, pergameos e en xeral documentación varia- da. Remata aquí esta numeración pero hai aínda 27 caixas onde D. Antonio coloca o fondo de E. Chao Espina tamén divido en dous grupos, o primeiro –documental– son 18 caixas numeradas A-Q (falta o Ñ) e un segundo grupo ao que chama “audiovisual” for- mado por 9 caixas numeradas I-IX. A partir do ano 1999 un técnico da Biblioteca é trasladado ao Arquivo e comeza o tratamento técnico dos fondos de acordo coa normativa actual. Os arquivos persoais e

161 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Traballos de investigación e estudo

Depósito do Arquivo. familiares son instalados e inventariados e faise o cadro de clasificación. Nos seguintes anos o persoal do Arquivo amplíase con tres técnicos máis. O arquivo administrativo ou de xestión presentaba eivas e lagoas de diferentes tama- ños, dependendo do tempo e da dispoñibilidade dos compoñentes dos órganos de gober- no do momento. Non é até o ano 1999 cando se sistematiza o traballo. Un técnico admi- nistrativo é incorporado ao persoal da Academia e fai –de acordo coa dirección do Arquivo– non só a organización do momento presente se non tamén a dos anos pasa- dos, de xeito que toda a documentación queda estruturada ao redor do manual de xes- tión de documentación de arquivos e do cadro de clasificación corporativo. Os arquivos persoais e familiares que presentan unha problemática especial no refe- rente á súa organización e descrición, estrutúranse conforme a un cadro de clasificación baseado no Cuadro de organización de Archivos familiares de Olga Gallego e o cadro pro- posto pola Sección de Nobleza do Archivo Histórico Nacional. Estes arquivos privados caracterízanse pola heteroxeneidade e diversidade tanto na composición dun fondo en concreto como entre eles. Cada un constitúe un problema

Nº 370 162 Traballos de investigación e estudo BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

diferente pois a súa composición, valor, volume, importancia e interese son desi- guais. E por último, a documentación solta de carácter miscelánea. Recibida sobre todo como doazón en diferentes épocas ao longo dos 100 anos da Institución. Está agrupada en 5 grandes coleccións facticias: pergameos, manuscritos e orixinais, documentación histórica, fotografías e postais. Os primeiros traballos no Arquivo consisten na creación do cadro de clasificación e un inventario das unidades de instalación. A primeira catalogación realizase no ano 2002 sobre unha base de datos creada polo persoal do Arquivo e un ano máis tarde a catalogación efectúase sobre outra base de datos, esta vez adaptada á descrición multi- nivel, que foi amablemente cedida polo Arquivo do Reino de Galicia4. No ano 2008, e grazas á Consellería de Cultura, o Arquivo da RAG dótase dun progra- ma informático de xestión arquivística para o tratamento dos fondos. Un ano máis tarde e de novo grazas á Consellería de Cultura dixitalízase o fondo dos Irmáns de la Iglesia.

Depósito do Arquivo.

Estas dúas actuacións permitirán o acceso telemático á documentación da Academia favorecendo así a súa divulgación. Queda, por último, un pequeno grupo de fondos de empresas, asociacións e institu- cións que están identificados e instalados, pero non descritos. A principios do ano 2010 a dirección do Arquivo redacta o regulamento, as normas e procedementos que, unha vez aprobados polo Plenario da RAG, rexerán o funciona- mento do Arquivo garantindo a organización, tratamento, conservación, accesibilidade e difusión con criterios de eficiencia.

4 O noso agradecemento –sempre– a Gabriel Quiroga Barro e Mar García Miraz.

163 Nº 370

LEMBRANZA DO ESCRITOR EMILIO PITA ROBELO

Xosé Anxo García López Universidade de Alacante

Malia o seu compromiso coa lingua e a cultura galegas o intelectual Emilio Pita Robelo non logrou o recoñecemento institucional outorgado a escritores como Eduardo Blanco-Amor, Luís Seoane ou . Sobre este esquecemento, cómpre sina- lar que, fóra dalgunhas referencias ao corpus literario deste autor espalladas por xornais e revistas ou de avaliacións aparecidas en escolmas, enciclopedias e traballos de con- xunto (que, sen renunciar ao rigor analítico, polo xeral teñen os seus alicerces en crite- rios parciais), a contribución de Pita á nosa cultura inda non foi debidamente xulgada. Tampouco ignoramos que no descoñecemento do labor levado a cabo por Pita inflúen outros factores, como a ausencia de reedicións dos libros que este poeta coruñés publi- cou na Terra, dos cales a súa tiraxe se esgotou hai moitos anos. A esta circunstancia hai que engadir a inexistencia dunha monografía centrada nos aspectos biográficos deste autor, membro correspondente da Real Academia Galega. Por todo isto, coidamos que o traballo que hoxe presentamos pode contribuír a un mellor coñecemento da vida deste insigne escritor, xornalista, musicólogo e conferenciante, cuxa ampla produción forma parte do legado cultural que herdamos da Galicia exterior1. Este artigo comportou un labor que se prolongou durante varios anos por mor da escasa entidade dos apuntamen- tos biográficos existentes sobre Emilio Pita. Así as cousas, visitamos arreo arquivos, bibliotecas públicas ou privadas e hemerotecas na procura de datos e textos espallados aquí e alá, consultando ducias e ducias de fontes co propósito de achegar unha visión ampla e rigorosa da experiencia vital deste intelectual.

1. INFANCIA E EMIGRACIÓN Emilio Pita veu ao mundo o 15 de outubro de 1907 no terceiro andar do edificio co número 33 da barriada coruñesa coñecida polo nome de Campo da Leña. Pita sería o segundo fillo varón da familia, ao que seguiría unha filla que completaría a terna de des- cendentes2. No primeiro andar dunha casa do mesmo Campo da Leña aprendeu as pri-

1 No que concirne á creación lírica de Emilio Pita, pode consultarse o noso libro Edición e estudo da obra poética de Emilio Pita, Murcia, Xunta de Galicia / Universidade de Murcia, 2006. 2 A pesar de ser reiterado durante décadas por parte da crítica especializada o dez de outubro de 1909 como referencia máis fiable arredor da data de nacemento de Pita, algo en que nós tamén acreditamos no seu momento tras procurar sen éxito a partida correspondente ao escritor arredor dos anos 1908-1910 no Rexistro Civil da Coruña, finalmente resultou ser unha apreciación errada. Nun testemuño epistolar do pro- pio poeta a Filgueira Valverde exhumado polo profesor Alonso Montero, Pita comenta sorprendentemente o seguinte sobre a dita cuestión: “Eu tamén nacín na Cruña, ó 10 d’Octubre de 1910” (Os poetas galegos [1936]. Antoloxía consultada, edición de Xesús Alonso Montero e Ana Acuña Trabazo, Pontevedra-Madrid, Museo de Pontevedra-SECC, 2008, p. 266). Porén, esta afirmación feita en primeira persoa tampouco é verídica, pois mercé á nosa insistencia perante o funcionariado do Rexistro citado (a quen manifestamos desde estas páxinas o noso agra- decemento pola atención dispensada) finalmente foi posible localizar o documento que acredita o nacemento de Emilio Pita na data que indicamos no presente traballo.

165 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Traballos de investigación e estudo

meiras letras o noso autor, quen tivo como mestre a un brigada de oficinas militares. De acordo co exposto por un dos compañeiros de estudos de Pita, Xenaro Mariñas del Valle, o ensinante non estimulaba precisamente o amor dos seus alumnos pola Terra3. Neira Vilas especula sobre a posibilidade de que o amor ás letras lle fose inculcado ao peque- no no seo familiar4, extremo que semellan confirmar as amizades paternas5. A situación económica non debía ser folgada6, como demostra o feito de que os seus escollesen o camiño da emigración cando o pequeno Emilio contaba once anos7. O destino dos Pita será Bos Aires, destino que simbolizaba para moitos galegos a uto- pía dunha terra farturenta e libre de penalidades. Segundo Víctor Luís Molinari, a súa chegada produciuse no Nadal de 19208, testemuño que semella o máis fiable, malia que outras fontes subliñen que foi en 19199 cando aportou a Bos Aires, sen que falten infor- macións que sitúen a súa chegada á Arxentina en 192110. Na capital do Prata formaría- se o mozo herculino en economía e técnicas comerciais ao tempo que se interesaba polo estudos musicais, tanto na perspectiva clásica coma na dimensión do acervo tradicional galego, pois bebeu das fontes do cancioneiro popular dos nosos devanceiros11. O mozo conxugaría estas actividades co cultivo das letras, práctica que, andando o tempo, lle reportaría fondas satisfaccións12. Con todo, foxe no posible do estereotipo do creador encerrado na torre de marfil13. Consideramos fondamente relevante na biografía de Pita que levase a cabo a súa etapa formativa polo que fai ao desenvolvemento intelectual no Bos Aires daquel entón, porque tal feito supúxolle ao escritor coruñés a posibilidade de fecundas amizades e rela- cións. Anos decisivos e circunstancias enriquecedoras que, sen dúbida, un mozo de tan fina sensibilidade e aguda intelixencia como Pita soubo aproveitar. A personalidade cor-

3 Rabunhal, Henrique, Jenaro Mariñas del Valle, a vida escura, Santiago de Compostela, Laiovento, 2000, p. 53. 4 Neira Vilas, Xosé, Memoria da emigración III, Sada-A Coruña, Ediciós do Castro, 1996, p. 117. 5 Nunha carta dirixida a Fernández del Riego e datada o vinte de xullo de 1949, Pita comenta o seguinte: “Leí en Cuadernos [de Estudios Galle- gos] que se publicó un libro con los trabajos de Martínez Salazar, recopilados. A mí me gustaría mucho tenerlo pues aparte del interés biblio- gráfico hay otro sentimental, pues Don Andrés fué muy amigo de mi padre y yo lo recuerdo aún muy vagamente (era yo muy niño) cuando iba a nuestra casa de La Coruña y me acariciaba la cabeza con sus manos nobles”. 6 Así o corrobora o testemuño de Cándido González: “As necesidades do vivir cotián lle negaban posibilidades e facilidades para o cultivo das letras e para a eispansión das suas inquedanzas pol-a poesía e pol-a música, afeutos que levaba fincados na sua i-alma” (“Verbas do señor Cán- dido González”, Opinión Gallega, 159, abril-maio de 1955, p. 4). 7 Cremos que a necesidade sufrida na nenez tamén se transloce naqueles textos en que o escritor herculino se refire ás súas vivencias: “Cando abrimos os ollos á vida, pousamos no lombo, no saco das esmolas, os cachos que nos tocan no reparto. Tantos anacos de bágoas e tantos de ledicia; tantos de pan e tantos de viño. Como un non é larpeiro, o pan e mailo viño ímolos espallando o máis que se pode, para non morrer nin de fame nin de sede” (Pita, Emilio, “A terra meniña. O pranto”, ob. cit., p. 1). 8 Molinari, Víctor Luís, Latitud Finisterre, Buenos Aires, Follas Novas, 1961, p. 83. 9 Méndez Ferrín, Xosé Luís, De Pondal a Novoneyra, Vigo, Xerais, 1984, p. 97 e Cabana, Darío Xohán, “Emilio Pita: o imaxineiro da palabra”, en Longa Noite de Pedra: Poetas da guerra e da postguerra. Vol. I: Os continuadores, edición de Darío Xohán Cabana, Santiago de Composte- la, Xunta de Galicia, 1989, s.p. 10 Fernández del Riego, Francisco, “Pita Romelo, Emilio”, en Diccionario de escritores en lingua galega, 2ª ed. corr. e aum., Sada-A Coruña, Edi- ciós do Castro, 1992, p. 341 e C[osta] G[ómez], A[ntonio], “Pita, Emilio”, en Gran Enciclopedia Gallega, t. XXV, Gijón / Santiago de Com- postela, Silverio Cañada Editor, 1974, p. 50. 11 Así falaba Pita na súa madureza verbo da súa afección pola música galega: “As miñas aficiós, logo da poesía, están adicadas á nosa música; principalmente a música medioeval e as panxoliñas de Nadal, que din a coñecer en audiciós comentadas por pequenos coros de cámara e nenos” (Pita, Emilio, “[Nota]”, Vieiros. Revista do Padroado da Cultura Galega do México, 2, outono de 1962, p. 76). 12 Darío Xohán Cabana acredita no amor innato de Pita polas letras: “Emilio Pita, que empezara a traballar nunha casa comercial de Buenos Aires, foi un autodidacta que chegou a posuír unha gran formación literaria e musical” (Cabana, Darío Xohán, “Emilio Pita: o imaxineiro da palabra”, en Longa Noite de Pedra..., vol. I, ob. cit., s.p.). 13 Sobre a vida social de Pita, Neira Vilas apunta: “Desbotaba todo elitismo, e mesturábase arreo cos paisanos que exercían traballos manuais: camareiros, tranviarios, xastres... Considerábase un emigrante máis, un de tantos” (Neira Vilas, Xosé, Memoria da emigración III, ob. cit., p. 117).

Nº 370 166 Traballos de investigación e estudo BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

dial e efusiva do noso autor atopou comprensión e apoio respecto das súas inquietudes nos mozos que coma el se reunían habitualmente no “Café Armonía” da Avenida de Maio, ao que acudían intelectuais e artistas como Eduardo Blanco-Amor, Manuel Prie- to Marcos, Antón Zapata García, Antón Alonso Ríos, Ramón Suárez Picallo, Xosé Ares Miramontes ou Manuel Meilán, entre outros14. A corrente de simpatía e fraternal afec- to que vinculaba os habituais desta xuntanza reforzouse co sentimento de afirmación galeguista que compartían. Este lazo constituíu a cerna do incipiente nacemento dunha asociación que transcendería o carácter dos faladoiros galeguistas que tiñan por costume reunirse na concorrida avenida bonaerense. Isto plasmarase en xullo de 1927 co xurdi- mento da Sociedade d’Arte Pondal, a cal mudaría en 1930 o seu nome polo de Socie- dade Nazonalista Pondal15. Na asemblea que a dita sociedade celebrou o quince de outu- bro de 1929, Pita foi elixido secretario de actas16. Paralelamente, o noso autor participa- ba activamente na vida social da comunidade galega en Bos Aires17 e publicaba os seus primeiros artigos no voceiro da Federación de Sociedades Gallegas na Arxentina, El Des- pertar Gallego18. A partir de 1930, Pita comezou a colaborar regularmente na revista Cél- tiga e no órgano da renomeada Sociedade Nazonalista Pondal, A Fouce. O seu labor a prol da extensión da cultura galega foi recoñecido pola colectividade residente na capi- tal do Prata, que lle tributou en xuño dese ano unha homenaxe pública de ampla reper- cusión19. Aínda que en escritos temperáns Pita se revele politicamente como marxista, as sim- patías políticas do escritor herculino oriéntanse cara á creación dun partido republica- no plenamente galeguista20. Ao pouco de se fundar a ORGA en Galicia, os dirixentes da Federación de Sociedades Gallegas acordaron a creación dun organismo político galeguis- ta semellante ao existente na Terra. A denominada “Sección Argentina de la ORGA” quedou constituída nunha asemblea en que foi nomeado un comité directivo do que for- maría parte Pita como integrante da comisión de prensa21. Pita subscribirá tamén en

14 Segundo o noso autor confesaría a Filgueira Valverde anos máis tarde, entre as súas lecturas iniciais estivo a Teoría do Nazonalismo galego de Risco, que enfrontou aos dezaseis anos (Filgueira Valverde, Xosé, Os poetas galegos [1936]. Antoloxía consultada, ob. cit., p. 267). 15 “Sociedade Nazonalista Pondal”, A Fouce. Periódico galego, 13, 1-VI-1930, p. 4. 16 “Sociedade d’Arte Pondal”, El Despertar Gallego. Órgano oficial de la Federación de Sociedades Gallegas en la República Argentina, 158, 3-XI- 1929, p. 3. 17 A referencia máis temperá que coñecemos da súa participación nas celebracións da colonia galega refírese a unha festa organizada por unha asociación de naturais de Cambados en 1929 con motivo do cuarto aniversario da súa fundación (“Sociedad Nativos del Ayuntamiento de Cambados. Ecos del festival realizado”, El Despertar Gallego. Órgano oficial de la Federación de Sociedades Gallegas en la República Argentina, 150, 7-VII-1929, p. 4). A partir dese momento, Pita converteuse nun convidado habitual a este tipo de actividades, por exemplo a home- naxe que a “Sociedade Nazonalista Pondal” dedicou ao bardo de Bergantiños, na cal acompañou no piano a intérpretes como Amalia Lon- garela, Lino Pérez ou Carmen López (“Pondal. Homaxe e conferencia”, A Fouce. Periódico galego, 8, 15-III-1930, p. 4), ou no festival artísti- co en beneficio da Residencia de Estudiantes de Santiago de Compostela que a “Unión Provincial Orensana” celebrou na sede social da Fede- ración de Sociedades Galegas en maio de 1930, no que Pita participou en calidade de presidente da comisión de festas (“Unión Provincial Orensana”, Céltiga, 128, 25-IV-1930, s.p.). 18 As primeiras colaboracións de Emilio Pita neste medio das que temos noticia son as que conforman a serie “Pingas d’auga” (157, 30-X-1929, p. 1 e 158, 3-XI-1929, p. 1). 19 “Homaxe púbrico ó sonoroso poeta e nobre bardo celta Emilio Pita”, A Fouce. Periódico galego, 13, 1-VI-1930, p. 1. 20 Xavier Castro sinala ao respecto: “A Emilio Pita podémolo considerar como un marxista pouco ortodoxo, tendo as súas teorías un sesgo máis ben populista. A súa filosofía de base, delo non hai dúbida, era materialista (...). Falaba de combatir o conservadurismo e de vir cun novo senso revolucionario; pero, en troques, non concede un papel específico, e dirixente, ó proletariado no cadro social que diseña” (Castro, Xavier, O galeguismo na encrucillada republicana, vol. I, Orense, Servicio de Publicaciones de la Diputación de Orense, 1985, p. 255). 21 “Quedó organizada la sección argentina de la ORGA”, Céltiga, 129, 10-V-1930, s.p. Vid. tamén o libro de Baldomero Cores Trasmonte Ramón Suárez Picallo. Socialismo, galleguismo y acción de masas en Galicia, Sada-A Coruña, Ediciós do Castro, 1983, p. 163.

167 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Traballos de investigación e estudo

1930 un manifesto pola creación dun organismo político de signo galeguista xunto a outros destacados persoeiros galegos na emigración como Blanco-Amor, Suárez Picallo ou Avelino Díaz, simbolicamente asinado o dezasete de decembro, data en que a comu- nidade galega de Bos Aires conmemoraba o cabodano do axustizado Pardo de Cela22.

2. PRIMEIRA VIAXE Á TERRA En maio de 1931, Pita preside un comité para a difusión do himno galego que tiña como obxectivo espallar o himno como signo de identificación nacional entre todas as socie- dades e publicacións galegas da Arxentina23. Ese mesmo ano, o noso autor terá ocasión de reencontrarse coa Terra que deixara sendo neno, onde a lenta eclosión cultural e artística coa que principiara o século fora substituída por unha exemplar actividade cre- ativa e política. O nove de agosto, Pita viaxa coa súa familia cara a Galicia24. Faise obvio que a través desta e das seguintes viaxes á Terra, Pita segue con atención e participa no desenvolvemento da nosa cultura. Durante esta breve estadía súa, visita a Vicente Risco en Ourense25 e a Otero Pedrayo en Madrid26. E antes de que remate o ano, a sinatura do escritor coruñés aparecerá na revista Nós27 e no xornal A Nosa Terra28. Tras o regreso do noso autor á Arxentina no mes de outubro29 e logo de dar conta das súas vivencias en Galicia e Portugal ao órgano da Federación de Sociedades Galle- gas30, experiencias que fortaleceron o seu compromiso galeguista, atopamos o nome de Pita entre os asinantes dun artigo publicado en marzo de 1932 no voceiro citado; arti- go no cal se apoiaba a candidatura encabezada polos afiliados á ORGA Fernando Campos Couceiro e Fernando Lorenzo Rico31 (este último futuro sogro de Pita) nas eleccións da xunta executiva da Federación32. En xullo dese ano viu a luz un número extraordinario da revista luguesa Yunque elaborado co gallo do Día de Galicia, que incluía o artigo de Pita “Teatro Gallego”33. A finais de outubro, Pita será o encarga-

22 “Ao decorrel-os días”, A Nosa Terra, 280, 1-II-1931, pp. 1-3. Tamén se pode consultar no artigo “Ni republicanismo sin galleguismo, ni galle- guismo sin republicanismo”, Galicia. Órgano de la Federación de Sociedades Gallegas, 8-II-1931, p. 10. 23 “Se ha constituido un Comité pro difusión del Himno Gallego”, Céltiga, 153, 10-V-1931, s.p. 24 “Llevado por asuntos particulares y acompañando a su familia sale hoy para Galicia nuestro amigo, este joven literato gallego tan ventajo- samente conocido por los lectores de las publicaciones gallegas” (“Emilio Pita”, Galicia. Órgano de la Federación de Sociedades Gallegas, 9-VIII- 1931, p. 1). A Fouce ampliaba deste xeito a información referida á viaxe: “Leva o amigo Pita a intenzón de pasar dous meses na Terra, vendo xentes e percorrendo aldeias e vilas, onde a súa gran emozón galega ha de reforzarse e tomar pulos para novas labouras do intelecto” (“Emi- lio Pita”, A Fouce. Periódico galego, 38, 15-VIII-1931, p. 4). A vívida impresión que lle produce a Pita o regreso á cidade herculina reflíctese nestas liñas: “La Coruña es una novia que dejamos de niño, vestida de corto. La encontramos ahora, al cabo de años, vestida de largo. Mujer; pero mujer moderna, varonil. Casi no nos reconoce. Pero hablamos a su memoria, insistimos en detalle, llamamos en nuestra ayuda a recuer- dos pasados. Y La Coruña nos recibe con su cordialidad ingénita” (Pita, Emilio, “Galicia a vuelo de pájaro. Lisboa, Vigo, La Coruña, Oren- se, Santiago”, Galicia. Órgano de la Federación de Sociedades Gallegas, 231, 1-XI-1931, p. 1). 25 Pita, Emilio, “Galicia a vuelo de pájaro...”, ob. cit., p. 1. 26 Pita, Emilio, “O meu relembro de Nós”, Nós. Boletín mensual da cultura galega, 145, 30-X-1970, p. 48. Hai edición facsimilar desta publica- ción: Vigo, Galaxia, 1979. 27 Pita, Emilio, “Romance”, Nós. Boletín mensual da cultura galega, 93, 15-IX-1931, p. 1. 28 Pita, Emilio, “O movimento galeguista. Idea e motivo”, A Nosa Terra, 280, 1-XII-1931, p. 6. 29 “Dempois dun viaxe lóstrego por Galiza, fartándose de ver homes e paisaxes, chegou a Bos Aires o noso benquerido amigo Emilio Pita” (“Emi- lio Pita”, A Fouce. Periódico galego, 42, 15-X-1931, p. 3). 30 Pita, Emilio, “Galicia a vuelo de pájaro...”, ob. cit., p. 1. 31 Fernando Lorenzo Rico, emigrante mindoniense que fixo fortuna lonxe da Terra, foi un dos fundadores do Centro Galego bonaerense e for- mou parte da delegación do Partido Galeguista na Arxentina. Así mesmo, foi membro da ORGA, máis tarde da Irmandade Galega e directi- vo durante moitos anos da sociedade Hijos de Mondoñedo. Faleceu en Bos Aires en 1952. 32 “Federación de Sociedades Gallegas”, Galicia. Órgano de la Federación de Sociedades Gallegas, 250, 13-III-1932, p. 2. 33 O dito artigo aparecera con anterioridade no voceiro da Federación de Sociedades Galegas: 257, 30-IV-1932, p. 3.

Nº 370 168 Traballos de investigación e estudo BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

do de presentar o coro “Lembranzas d’Ultreya” no que sería o primeiro acto público desta agrupación34. O mes seguinte, a directiva do xornal da Federación de Sociedades Gallegas dispón por unanimidade que sexa Pita quen ocupe a vacante de José Iglesias Rivadulla na comisión de prensa de Galicia, posto ao que se incorpora por diante de José Benito Abraira ou Manuel Meilán, que tamén foran sometidos á consideración da directiva35. En decembro, o poeta herculino pronuncia conferencias co gallo do 449 aniversario da morte de Pardo de Cela no Teatro Argentino e no local da Federa- ción36.

3. SEGUNDA VIAXE A GALICIA En maio de 1933, tras unha cea ofrecida polas xentes da Federación37 e un xantar de des- pedida promovido pola Unión Provincial Orensana38, o noso autor viaxa novamente a Galicia. Pita embarca o once de maio no buque “Monte Pascoal”39, que fai escala no porto brasileiro de Santos antes de se dirixir cara á Terra40. Nalgunha fonte menciónase que a viaxe estaría relacionada coa cura dunha doenza que non transcendeu na biogra- fía do coruñés41. Porén, ao pouco de chegar participaría como conferenciante xunto a Castelao e Alonso Ríos en varios actos da campaña pola autonomía en Ferrol, O Seixo e Covas42. Pita incorporaríase de camiño ao comité de redacción do xornal Erte...!, voceiro do Grupo Galeguista de Ferrol dirixido por Nicolás García Pereyra43. Pero qui- zais o feito máis relevante da súa militancia no Partido Galeguista foi dar vida á Moce- dade Galeguista da Coruña. Pita contactou axiña con Mariñas del Valle e outros perso- eiros vinculados ao galeguismo na cidade herculina, amais de frecuentar o local que na Coruña tiñan as Irmandades da Fala44. De feito, o manifesto constitucional das Moce-

34 “Con mucho éxito realizó Lembranzas d’Ultreya su primera velada literario-artística”, Galicia. Órgano de la Federación de Sociedades Gallegas, 284, 6-XI-1932, p. 3. A constitución desta significativa agrupación no panorama musical galego pódese consultar no artigo “Carta de fun- dación de Lembranzas d’Ultreya”, Galicia. Órgano de la Federación de Sociedades Gallegas, 267, 10-VII-1932, p. 1. O coro cambiou de nome en 1936 pasando a denominarse “Agrupación Artística e Cultural Ultreya” e fundiríase co “Grupo Galeguista” e a “Casa de Galicia” dous anos máis tarde (Vilanova, Alberto, Los gallegos en Argentina, vol. II, Buenos Aires, Eds. Galicia del Centro Gallego de Buenos Aires, 1966, pp. 1425-1426 e Palmás, Ricardo, A emigración galega na Arxentina, Sada-A Coruña, Ediciós do Castro, 1978, p. 16). 35 “La redacción de Galicia. Emilio Pita”, Galicia. Órgano de la Federación de Sociedades Gallegas, 286, 20-XI-1932, p. 1. 36 “Dos veladas”, Galicia. Órgano de la Federación de Sociedades Gallegas, 291, 25-XII-1932, p. 1. 37 “Se celebró el banquete en honor a Emilio Pita”, Galicia. Órgano de la Federación de Sociedades Gallegas, 308, 23-IV-1933, p. 1. 38 “Despidiendo a Emilio Pita. El lunch de los Orensanos”, Galicia. Órgano de la Federación de Sociedades Gallegas, 309, 30-IV-1933, p. 1. 39 “Emilio Pita. Su viaje a Galicia”, Galicia. Órgano de la Federación de Sociedades Gallegas, 311, 14-V-1933, p. 1. 40 Pita, Emilio, “Verbas encol do mar. Cibdades do camiño: Santos (En viaxe a Galiza, maio 1933)”, Galicia. Órgano de la Federación de Socie- dades Gallegas, 314, 4-VI-1933, p. 1 e tamén “Cibdades do camiño: Santos”, El Pueblo Gallego, 21-VI-1933, p. 1. 41 “Nós agradecemos moi vivamente os conceptos de Pita, o rapás que veu a curarse dunha doenza e que en ves de atendela, douse enteiro a curar as doenzas da Patria” (“Emilio Pita”, A Nosa Terra, 329, 31-III-1934, p. 2). 42 Vid. “Actividad galleguista en Ferrol. Dos conferencias y dos mítines”, El Pueblo Gallego, 29-VII-1933, p. 12, “Castelao, Alonso Ríos y Emilio Pita en El Ferrol”, Galicia. Órgano de la Federación de Sociedades Gallegas, 325, 20-VIII-1933, p. 1 e “Nuestro compañero Emilio Pita tomó parte en tres mitines, en compañía de Castelao y Alonso Ríos”, Galicia. Órgano de la Federación de Sociedades Gallegas, 326, 27-VIII- 1933, p. 4. Así relataba Pita a súa experiencia: “Cando ouvía falar do Ferrol, no tocante a acción do galeguismo, maxinaba qu’eran inda menos galegos que na Cruña, que xa é muito decir. Pro en Ferrol, vive García Pereyra, presidente d’aquil Grupo Galeguista; e iste tempo sinxelo amostra ó que pode faguer o intrés pol-a terra e ó traballo espallador. Todal-as vilas que durmen baixo o aloumiño da ría ferrolán foron espertadas pol-a acción xurdia e galeguista de García Pereyra. Neda, Mugardos, Fene, Serantes, A Graña, O Seixo, Figueira e aínda máis, coñeceron a voz de todal-as figuras máis prestixiosas do galeguismo. Cando eu cheguei a Cruña, recibín unha tarxeta do García Pereyra, onde dábame o saúdo de benvida e engadía que xunto con Castelao e Alonso Ríos tiña que falar nun día ¡¡en catro mitins!!” (P[ita], E[milio], “Nuevos valores gallegos. Nicolás García Pereyra”, Galicia. Órgano de la Federación de Sociedades Gallegas, 330, 24-IX- 1933, p. 3). 43 Llorca Freire, Guillermo, Historia da Prensa Ferrolá (1845-1992), Sada-A Coruña, Ediciós do Castro, 1993, p. 98. 44 Rabunhal, Henrique, Jenaro Mariñas del Valle, a vida escura, ob. cit., p. 63.

169 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Traballos de investigación e estudo

dades Galeguistas desta cidade, datado en outono de 193345, é unha obra exclusiva de Pita, como recoñecería anos máis tarde Mariñas del Valle46. Por outra parte, está probado que Pita asistiu ao acto constitutivo da Federación de Mocedades Galeguistas, o cal tivo lugar no transcurso da terceira asemblea que o Partido Galeguista celebrou en Ourense en xaneiro de 1934, onde o noso autor acudiu en compa- ñía de Víctor Casas, Plácido Castro e Ramón Piñeiro47. Con todo, as informacións son contraditorias sobre se asistiu en calidade de delegado do grupo da Coruña ou simplemen- te como militante48. O nome de Pita tamén aparece nestas datas na nómina de colabora- dores de Ser. Semanario gallego de izquierdas xunto a Álvaro de las Casas, Ánxel Fole, Fran- cisco Fernández del Riego ou Luís Seoane49. Así mesmo, o noso autor publica artigos en xornais como El Pueblo Gallego50, A Nosa Terra51, Heraldo de Galicia52 ou na revista Nós53.

4. ACTIVIDADES CULTURAIS E POLÍTICAS VARIAS Pita regresa a Bos Aires en febreiro de 193454, onde participa activamente en iniciativas culturais e políticas ligadas á “Orgaización Nazonalista Repubricana Galega” (ONRG), nova denominación aprobada polos dirixentes da sección arxentina da ORGA en xuño de 1933 coa decisión de adoptar como idioma oficial o galego e afanarse nunha liña de actuación marcadamente nacionalista55. Non ben chegou, Pita concedeu unha entrevis- ta a Francisco Regueira en que comentou as súas actividades en Galicia cunhas declara- cións un chisco gabanciosas e non demasiado axustadas á realidade56. Tales declaracións foron contestadas desde o xornal A Fouce, no que se deu noticia dunha actitude cando menos ambigua por parte de Pita, aludindo a un motivo solapado na viaxe57. Non obs-

45 O texto do manifesto foi reproducido en A Nosa Terra (“Orgaización e espallamento”, 314, 16-X-1933, p. 2) e mais en Galicia. Órgano de la Federación de Sociedades Gallegas (“Aos mozos cruñeses”, 336, 5-XI-1933, p. 4). 46 Rabunhal Corgo, Henrique Manuel e José-Maria Monterroso Devesa, “Jenaro Marinhas del Valle: Testemunha de umha lealtade”, Agália. Revista da Associaçom Galega da Língua, 18, verão de 1989, p. 218. Así relataba Pita os primeiros pasos da agrupación na Coruña: “Foi con Perei- ro Carrón e co ise gran rapaz que se chama Galán Calvete, que organicei a Mocedade Galeguista da Cruña. Botamos a camiñar un día pol-as rúas cursis e aburguesadas da cibdade-surrisa a repartir manifestos ande faguiamos un chamado á nova mocedade. D’ise cativo anteloquio naceu a Mocedade que está oxe orgánicamente formada e da que Pereiro Carrón foi o seu primeiro presidente” (P[ita], E[milio], “Na morte do irmán Xosé Pereiro Carrón”, Galicia. Órgano de la Federación de Sociedades Gallegas, 366, 3-VI-1934, p. 3). É de notar que existe unha contradición entre os testemuños de Pita e de Mariñas del Valle (Rabunhal Corgo, Henrique Manuel e José-Maria Monterroso Devesa, “Jenaro Marinhas del Valle: Testemunha de umha lealtade”, ob. cit., p. 208) en relación coa presidencia da primeira xunta directiva da Mocedade. Os datos dos que dispoñemos ao respecto permítennos concluír que era Pereiro Carrón a persoa que realmente desempeñaba o cargo de presidente, mentres que Mariñas del Valle fora designado secretario xeral da agrupación (Rojo, Arximiro, As Mocedades Galeguistas, Vigo, Galaxia, 1987, p. 43). 47 Casares, Carlos, Ramón Piñeiro. Unha vida por Galicia, A Coruña, Fundación Caixa Galicia, 1991, p. 36 e D’amarante, Antonio [Regueira, Francisco], “Galicia va hacia la conquista de su personalidad. Una interesantísima charla con Emilio Pita”, Galicia. Órgano de la Federación de Sociedades Gallegas, 351, 18-II-1934, p. 3. 48 Coa condición de delegado é sinalada a súa participación no artigo “Emilio Pita” (A Nosa Terra, ob. cit., p. 2). Porén, outras fontes apuntan que os delegados enviados en representación da agrupación xuvenil da Coruña foron Pedro Galán Calvete e Xosé Pereiro Carrón (“Asam- breia das Mocedades Galeguistas”, A Nosa Terra, 321, 28-I-1934, p. 3). 49 Fernández del Riego, Francisco, Ánxel Casal e o libro galego, Sada-A Coruña, Ediciós do Castro, 1983, p. 106. 50 Pita, Emilio, “Unha xeneración”, El Pueblo Gallego, 3-VI-1933, p. 1. 51 Pita, Emilio, “Verbas á mocedade galega”, A Nosa Terra, 305, 13-VIII-1933, p. 4. 52 Pita, Emilio, “Gaeuzca e os emigrados”, Heraldo de Galicia, 156, 7-XI-1933, p. 1. 53 Pita, Emilio, “Maiakovsky, o derradeiro romántico”, Nós. Boletín mensual da cultura galega, 121, 15-I-1934, pp. 9-10. 54 “Emilio Pita”, Galicia. Órgano de la Federación de Sociedades Gallegas, 350, 11-II-1934, p. 1. 55 Núñez Seixas, Xosé M., O galeguismo en América: 1879-1936, Sada-A Coruña, Ediciós do Castro, 1992, pp. 255-256. 56 D’amarante, Antonio [Regueira, Francisco], “Galicia va hacia la conquista...”, ob. cit., p. 3. 57 “No que toca o papel de informador, o señor Emilio Pita fixo o mesmo que todol-os enviados representantes que a “Federación de Socieda- des Galegas” mandou a Galiza. Falseou os feitos, presentando a laboura que fan os emigrados o xeito das suas comenencias particulares (...). Que o señor Pita se ocupe do seu enchufamento na Delegación de Facenda na Cruña, según tiña tencionado, e si algunha vegada se ocupa d-outras cousas nono faga con tan mal senso. É íl o menos autorizado pra faguer mención dunha entidade na que foi o eterno socio moroso, pois debe lembrarse que unha vegada se lle tiveron que condonar uns dez recibos, e outra vegada negouse a pagar outros tantos” (Tiberás, “Un literato que minte cecais de puro agradecido”, A Fouce. Periódico galego, 64, 1-X-1933, p. 4).

Nº 370 170 Traballos de investigación e estudo BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

tante, será o propio Pita quen predique co exemplo e non lle trema a man á hora de pedir no Congreso da Federación de Sociedades Gallegas dese ano que lle sexa retirada a condi- ción de delegado da citada entidade a Blanco-Amor pola súa escasa colaboración co Par- tido Galeguista durante a estadía do ourensán na Terra58. En decembro, Pita le o relato- rio “Sembranza do Mariscal Pardo de Cela” no acto organizado pola Federación co gallo do 451 aniversario da morte do susodito nobre galego59. A sociedade coral Os Rumorosos, dirixida polo músico e poeta Manuel Prieto Marcos, operaba desde 1933 en Bos Aires dependendo da Sociedade Nazonalista Pondal. En maio de 1935, esta coral edita un voceiro propio integramente en galego, Alalá, no que colabo- ra Pita60. O un de setembro dese mesmo ano, o noso autor contrae matrimonio con María Lorenzo, filla de Fernando Lorenzo Rico61, trasladándose a parella a Montevideo para pasar a lúa de mel62. En xaneiro de 1936 créase o Frente Único Galleguista de Izquierda, integra- do pola ONRG que encabezan Lino Pérez, Rodolfo Prada, Pita e membros destacados da Federación de Sociedades Gallegas63. As actividades literarias e galeguistas do escritor coru- ñés increméntanse nestas datas ao ditar varias conferencias no local da Federación en nome da ONRG64. No Nadal, a ONRG troca o seu nome polo de Grupo Galeguista de Bos Aires. En marzo de 1937, a agrupación Ultreya celebra o centenario do nacemento de Rosalía de Castro cun acto celebrado no Teatro Avenida de Bos Aires, no que participan Pita, Dora Cela de Seco, Emilio Estévez, José Vales ou Augusto Cortina, entre outros65. O dezasete de decembro dese ano, no marco da homenaxe a Pardo de Cela auspiciada pola antedita agrupación, Pita pronunciou un discurso alusivo ao significado da data66. O noso autor conxuga a partir de 1938 o labor de conferenciante sobre temas cultu- rais e políticos67 coa dirección do cuarteto Ultreya, integrado nesa altura por Luís López, Benito Rodríguez, José López e Mercedes Orgaz, co cal explora e difunde a música medieval e popular de Galicia, ademais de ocupar o cargo de vogal na comisión directi- va da agrupación68. Unha das actuacións máis salientables do cuarteto tería lugar o deza- sete de decembro dese ano no marco da homenaxe a Pardo de Cela, acto acompañado dunha conferencia do propio Pita69. En xullo de 1939, a Sección Artística Ultreya da Casa de Galicia, en recoñecemento da divulgación cultural e galeguista realizada por

58 Núñez Seixas, Xosé M., O galeguismo en América: 1879-1936, ob. cit., p. 244. 59 “Lembranzas da Terra”, Galicia. Órgano de la Federación de Sociedades Gallegas, 395, 23-XII-1934, p. 3. 60 Pita, Emilio, “O primeiro alalá”, Alalá. Revista de Arte e Letras, 1, maio de 1935, p. 5. 61 “Sociales. Enlace Lorenzo-Pita”, Galicia. Órgano de la Federación de Sociedades Gallegas, 405, 3-III-1935, p. 3. 62 “Don Emilio Pita”, Raza Celta. Órgano del Comité Autonomista Gallego de Montevideo, 12, xaneiro-febreiro de 1935, p. 7. 63 Allegue, Gonzalo, Eduardo Blanco Amor. Memoria dun xuíz ausente, Vigo, Nigra, 1993, p. 142. 64 En xaneiro de 1936, o poeta coruñés escribe a Filgueira Valverde como resposta ao inquérito da antoloxía da lírica galega que pretende ela- borar este último. Na dita resposta, Pita comunícalle ao intelectual pontevedrés a intención de dar ao prelo, en edición non venal, un libro de versos que levaría por título Ter-ter. Porén, non levou a cabo esta iniciativa (Filgueira Valverde, Xosé, Os poetas galegos [1936]. Antoloxía consultada, ob. cit., p. 267). 65 “El Centenario de Rosalía en Buenos Aires”, Cultura Gallega, 23-26, 1937, p. 69. 66 “O Coro Ultreya”, A Nosa Terra, 424, mes de Santiago de 1938, p. 6. 67 “Ultreya conmemoró con un brillante acto patriótico el Día de Galicia”, Galicia. Órgano de la Federación de Sociedades Gallegas, 581, 31-VII- 1938, p. 3. 68 “Agrupación Ultreya”, Galicia. Órgano de la Federación de Sociedades Gallegas, 595, 6-XI-1938, p. 5. 69 “La Agrupación Ultreya conmemorará con un acto patriótico el 455 aniversario de la muerte del Mariscal gallego Pardo de Cela”, Galicia. Órgano de la Federación de Sociedades Gallegas, 600, 11-XII-1938, p. 11.

171 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Traballos de investigación e estudo

Pita ata entón, decidiu ofrecerlle unha homenaxe pública, no transcurso da cal intervi- ñeron Rodolfo Prada, Rey Baltar e Blanco-Amor en representación do Centro Galego, a Casa de Galicia e mais a Federación de Sociedades Gallegas, respectivamente70. A partir dese momento, o nome do noso autor aparece con certa asiduidade na revista publicada polo Centro Galego de Bos Aires asinando artigos sobre temas musicais e literarios71.

5. RELACIÓN CON CASTELAO. A EMISIÓN “SEMPRE EN GALIZA” O dezasete de xullo de 1940 Castelao chega a Montevideo no buque Arxentina. Alí é recibido por intelectuais como Lois Tobío, Manuel Meilán, Antón Crestar, Xesús Cana- bal ou Pita72. Nesta época, o poeta herculino compaxina os seus labores de conferen- ciante e xornalista coas actividades derivadas do seu cargo como secretario xeral da Irmandade Galeguista Manuel Curros Enríquez73, sección cultural da Casa de Galicia de Rosario de Santa Fe74. Do papel de Pita como promotor da estrea da obra de Castelao Os vellos non deben de namorarse, celebrada o catorce de agosto dese mesmo ano, apenas contamos con testemuños fóra dunha carta do coruñés a Fernando Iglesias Tacholas e outra de Castelao a Pita. Da misiva que Pita desde Rosario e con data once de agosto de 1941 envía a Tacholas extraemos os seguintes fragmentos:

Meu querido Fernando:

Dúas liñas para saudarche e pór no teu coñecimento que, d’acordo co que vos pro- metín o día 26 do mes derradeiro no Teatro Mayo, estarei á vosa beira o xoves 14 para sentir a carón de todos vós a fonda emoción de ollar na escea a primeira obra teatral do noso meirande irmán Castelao. […] Ti sabes ben, como foi po-lo meu intermedio que se consigueu que Castelao léra a obra á vosa Compañía75 [Compañía de Comedias Maruxa Villanueva] e pareceume un soño que despois de menos dun ano poda levar- se á escea gracias á vosa admirable laboura...76

Pola súa parte, Castelao diríxese a Pita nos seguintes termos:

Eu estóu bastante ledo cos ensaios da miña primeira obra. Paréceme que podere- mos estrenala. Noto a túa falla, porque non sei cómo a parte musical se poderá arran- xar sen estares ti para preparala. En fin: faráse o que se poida.77

70 “La demostración al poeta E. Pita adquirió lucidas proporciones”, Galicia. Órgano de la Federación de Sociedades Gallegas, 630, 8-VII-1939, p. 3. 71 Vid. artigos seus na referida publicación como “José Castro, Chané”, 323, decembro de 1939, p. 12, “Música popular galega”, 330, xullo de 1940, pp. 78-79 ou “La prosa gallega de Castelao”, 331, agosto de 1940, pp. 14-15. 72 Paz Andrade, Valentín, Castelao na luz e na sombra, 2ª ed. rev. e ampl., Sada-A Coruña, Ediciós do Castro, 1986, p. 475 e Ponte, Manuel e Segundo Vilaboy, “Castelao en Montevideo”, en Martínez, Rogelio (comp.), Crónica del exilio español en Uruguay. Testimonios y dibujos. Vol. II, s.l., Ed. J. Bergamín, 2001, p. 163. 73 Vid. Pita, Emilio, “Itinerario lírico da Poesía Galega”, Abrente. Revista Galega, 1, 1940, p. 11 e “Un acto”, Galicia. Órgano de la Federación de Sociedades Gallegas, 719, 22-III-1941, p. 12. 74 O Centro Galego de Rosario tivo na súa primeira etapa unha vida efémera, sendo así que se organizou en 1892 e desapareceu en 1894. Nunha segunda etapa, celebrou a súa inauguración con decidido signo republicano no cine Teatro Real de Rosario o quince de xuño de 1938, cam- biando o seu nome pouco despois polo de Casa de Galicia. 75 O papel de Pita como asesor do rianxeiro polo que se refire a este particular semella plausible mercé ás declaracións de Tacholas ou de Maru- xa Villanueva, que acreditan que foi un grupo de amigos aos que leu o texto de Os vellos... os que aconsellaron a Castelao que se dirixise á Compañía de Maruxa Villanueva (Iglesias Sánchez, Fernando, “Teatro gallego en la Argentina”, Primer Acto, 120, maio de 1970, pp. 24-25 e Pociña, Andrés e Aurora López, Maruxa Villanueva, s.l., Hércules de Ediciones, 1995, p. 79). 76 Pérez Rodríguez, Luís, Fernando Iglesias “Tacholas”, un actor auriense na Galicia ideal, Sada-A Coruña, Ediciós do Castro, 1996, p. 82. 77 “Oito cartas de Castelao”, Grial. Revista galega de cultura, 47, xaneiro-marzo de 1975, p. 91.

Nº 370 172 Traballos de investigación e estudo BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

A relación entre Pita e Castelao semella cordial, ata o punto de que o propio Caste- lao recoñece nunha carta datada en febreiro de 1942 a inspiración dos poemas do hercu- lino como fonte dun dos capítulos de Sempre en Galiza. Nesa mesma epístola, o rianxei- ro ofrécese para prologar o que sería o primeiro libro de poemas de Pita, Jacobusland, que había ver a luz no Nadal78. Finalmente, o agasallo de Castelao consistiría en catro debu- xos que acompañarían as composicións incluídas no poemario, publicado polo escritor coruñés nunha edición pagada do seu propio peto79. Por outra parte, Castelao sería con- vidado pola Casa de Galicia en Rosario de Santa Fe por mor dunha homenaxe en maio de 194280, acto no que a presenza do rianxeiro semella ter moito que ver coa boa relación que este mantiña con Pita, como acredita a correspondencia entre ambos81. Ao longo desta década, a participación de Pita nos actos de afirmación galeguista e divulgación cul- tural foi constante. Así, atopamos o seu nome vinculado ás celebracións do Día de Gali- cia de 1943 do Centro Ourensán82. En maio de 1944 saía do prelo o segundo libro de poe- mas do coruñés, Cantigas de nenos, publicado baixo o selo da editorial Arayl de Rosario83. En 1946, o noso autor interviría nas actividades do Centro Galego de Bos Aires cunha conferencia con ilustracións musicais sobre motivos folclóricos desde os trobado- res ata a época contemporánea84. Tres anos máis tarde, inaugúrase o Certame Literario- Musical do Centro Galego de Bos Aires, no cal actuaría Pita como representante da Comisión de Cultura do Centro no xurado do antedito premio85. Con todo, aínda lle quedou tempo para preparar unha disertación sobre música e canción galegas que pre- sentou no Teatro del Pueblo porteño, onde os Centros Ourensán e Pontevedrés acorda- ron celebrar xuntos o Día de Galicia de 195086. Paralelamente, o escritor herculino desenvolve a súa actividade en diversas institucións ligadas á cultura galega, como a Banda Sinfónica de Galicia, creada e sostida polo Centro Lucense e dirixida por Xosé Pazos. Así, algunhas gravacións da referida agrupación sobre textos de Emilio Pita foron editadas naquela altura polo mencionado Centro87.

78 “Oito cartas de Castelao”, ob. cit., p. 92-93. 79 Entre as críticas que recibiu o volume, coidamos que a de Lorenzo Varela é a máis estimable (Varela, Lorenzo, “Emilio Pita: Jacobusland”, Correo Literario, 13, 15-V-1944, p. 6). Outras recensións que recibiu o volume de Pita estiveron a cargo de Arturo Cuadrado (“Jacobusland. Poemas de Emilio Pita”, Galicia. Órgano de la Federación de Sociedades Gallegas, 839, 10-VII-1943, p. 3) e, de acordo con Méndez Ferrín, de Ramón Suárez Picallo na publicación Última Hora de Santiago de Chile (Méndez Ferrín, Xosé Luís, De Pondal a Novoneyra, ob. cit., p. 98). 80 O escritor rianxeiro xa fora convidado un ano antes pola mesma entidade para que ofrecera unha conferencia co gallo do Día de Galicia. Vid. “Acto de suma importancia en Casa de Galicia”, Galicia. Órgano de la Federación de Sociedades Gallegas, 722, 12-IV-1941, p. 11. 81 “Oito cartas de Castelao”, ob. cit., p. 93. 82 “O Centro Orensano celebrará a data de Galiza”, A Nosa Terra, 428, 25-VII-1943, p. 4. 83 Do xeito que a seguir se indica recibiu Arturo Cuadrado este novo volume de versos: “El ruído de romería, gaita y alalá, nos llega por medio de la voz de un poeta, de un poeta que embargado por un profundo amor a Galicia, vuelca su corazón para rememorar, para recordar, para cantar. Para elevar el nivel en medio de la desesperanza y del olvido, pues hay exceso de desesperanza y de olvido en torno a los problemas de Galicia, problemas vivos de dolor y agonía. A Emilio Pita le tocó en suerte mitigarnos este nuevo aniversario de los mayos gallegos. Y ejemplarmente nos llega su pequeño y magnífico libro, nacido en Rosario, en la paz de su amor y de su destino” (Cuadrado, Arturo, “Anun- ciación maya de Emilio Pita”, Acción Gallega, 6, 6-V-1944, p. 6). Sorprendentemente, Méndez Ferrín asigna a autoría desta crítica a Fermín Bouza-Brey, coidamos que por mor dun lapsus calami (Méndez Ferrín, Xosé Luís, De Pondal a Novoneyra, ob. cit., p. 98). 84 “Los actos de la semana gallega”, Galicia. Revista del Centro Gallego de Buenos Aires, 406, agosto de 1946, p. 23. 85 “Notas”, Galicia. Revista del Centro Gallego de Buenos Aires, 447, xuño de 1950, p. 27. 86 “Celebración del Día de Galicia”, Opinión Gallega, 115, xullo de 1950, p. 8. 87 Neira Vilas, Xosé, A cultura galega en Buenos Aires (1950-1960). Discurso lido o día 17 de novembro de 2001 no acto da súa recepción polo Ilmo. Sr. Don Xosé Neira Vilas e resposta do Excmo. Sr. Don Xesús Alonso Montero, A Coruña, Real Academia Galega, 2001, p. 34.

173 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Traballos de investigación e estudo

Por mor do seu traballo como viaxante dun empresa exportadora de cereais, Pita visi- taba con frecuencia nestes anos Brasil e Uruguai88. Nos anos cincuenta vive unha etapa de esplendor o Centro Galego de Montevideo, o máis antigo de América. Alí traballan Xoán Martínez Castro, Lois Tobío, Manuel Meilán e tamén o noso autor. A emisión dominical uruguaia “Sempre en Galiza” comezou a súa andaina ás nove e media da mañá do tres de setembro de 1950 a través de “Radio Carve”. Actualmente, tras máis de cincuenta anos de emisións ininterrompidas, a emisión citada segue saíndo ao aire para ofrecer novas e comentarios sobre a Terra, temas literarios e música galega89. A idea partira do deputado republicano Alfredo Somoza, quen contactou co resto dos fundadores: Antón Crestar, Xesús Canabal, Lois Tobío, Emilio Pita, Pedro Couceiro, Manuel Meilán e Manuel Lei- ras90. Entre outras actividades en terras uruguaias, Pita participou na homenaxe de música, recitados e disertacións coa que o Centro Galego de Montevideo lembrou a Curros Enrí- quez no centenario do seu nacemento91. Así mesmo, Pita ofreceu varias conferencias sobre a historia da música galega durante a súa estadía en Montevideo en outubro do ano 195292. O cinco de novembro de 1954, o poeta coruñés pronunciou unha conferencia sobre música popular galega dentro dos actos organizados polo “Instituto Argentino de Cultu- ra Gallega”, onde compartiu tribuna con Lorenzo Varela, Arturo Cuadrado e Vicente Luís Molinari93. O quince de decembro dese mesmo ano celebrouse unha homenaxe a Pardo de Cela no Centro Ourensán auspiciada polas Mocedades Galeguistas de Bos Aires (as cales estaban presididas naquel entón por Roberto Veloso, namentres que o seu secretario xeral era Xosé Neira Vilas), na que Pita deu unha conferencia sobre a figura histórica do homenaxeado e Lito López leu poemas de Cabanillas e de Pondal94. Tam- pouco estaba alleo o noso autor ao desenvolvemento da poesía na Terra. Nunha carta de Celso Emilio Ferreiro datada o vinte e cinco de abril de 1955 dáse conta do envío de cadanseu exemplar d’O sono sulagado a Pita, Seoane e Lorenzo Varela95. Tamén en abril ditou o poeta herculino un relatorio titulado “Música e canto coral galego” no Centro Pontevedrés de Bos Aires96, amais de pronunciar unha conferencia o Día de Galicia no Centro Ourensán sobre o tema “Compostela na poética de Galicia”97. Tras a súa volta a Rosario, Pita actuou como vicesecretario da comisión directiva da “Agrupación Galle-

88 Neira Vilas, Xosé, Memoria da emigración III, ob. cit., p. 117. 89 A sintonía do programa é a peza “Muiñeira de Chantada”, un dos poucos testemuños que posuímos de Pita na súa faceta de intérprete musi- cal. 90 Samuelle, Cristina, Nuestros gallegos, Montevideo, Nuestra Tierra, 1990, p. 49. Da colaboración do escritor herculino neste proxecto dá cum- prida noticia Manuel Meilán (Samuelle, Cristina, Conversas con Manuel Meilán, Vigo, Xerais, pp. 62-63). Vid. tamén Tobío, Lois, As déca- das de T.L., Sada-A Coruña, Ediciós do Castro, 1994, pp. 573-574, Pereira Caamaño, Fernando, “A audición radial de Montevideo Sempre en Galiza”, Boletín de la Real Academia Gallega, 357, 1975, pp. 359-360, Suárez Suárez, Marcial, “Era un 3 de setembro de 1950”, Encrucilla- da. Revista galega de pensamento cristián, 69, setembro-outubro de 1990, pp. 62-63 e mais a monografía de Mónica Rebolo Vázquez Bos días, galegos. Eiquí Sempre en Galiza, Santiago de Compostela, Laiovento, 2002. 91 “Homenajes a Curros Enríquez en el centenario de su nacimiento”, Opinión Gallega, 128, setembro de 1951, p. 9. 92 “En Montevideo, Emilio Pita disertó sobre música gallega”, Opinión Gallega, 137, decembro de 1952, p. 12. 93 “Actos del Instituto Argentino de Cultura Gallega”, Galicia Emigrante, 5, outubro de 1954, p. 36. 94 “Homaxe a Pardo de Cela”, A Nosa Terra, 491, novembro de 1954, p. 1 e “Homenaje a Pardo de Cela”, Galicia Emigrante, 7, decembro de 1954, p. 33. 95 Seoane, Xavier, A voz dun tempo. Luís Seoane: o criador total, Sada-A Coruña, Ediciós do Castro, 1994, pp. 194-195. 96 “O Centro Pontevedrés inaugura a súa sede social”, A Nosa Terra, 493, abril de 1955, p. 2 e “Acto cultural no Centro Pontevedrés”, Opinión Gallega, 159, abril-maio de 1955, pp. 4-5. 97 “Conferencia de Emilio Pita sobre ‘Compostela na poética de Galicia’”, Opinión Gallega, 161, xullo-agosto de 1955, p. 2.

Nº 370 174 Traballos de investigación e estudo BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

ga de Universitarios, Escritores y Artistas” (A.G.U.E.A.)98, asociación promovida en 1956 para espallar o estudo da lingua, a historia e mais a cultura de Galicia entre a colo- nia galega de Bos Aires. Así mesmo, o escritor coruñés asistiu ao Congreso da Emigra- ción Galega celebrado na capital arxentina en xullo dese mesmo ano99. Xa en 1957, Pita, Lorenzo Varela e Eliseo Pulpeiro actúan como xurado dos premios Castelao e Padre Feijóo do Centro Galego de Bos Aires100. O noso autor tamén se encarga- ría dun recital de música de cámara programado nas actividades da A.G.U.E.A.101. No ter- ceiro e derradeiro ciclo desta asociación, en setembro de 1959, Pita impartiu un curso sobre “O romance musical galego”102. Un mes antes, concretamente o catorce de agosto, levára- se a cabo unha homenaxe a Otero Pedrayo no Centro Lucense da capital arxentina a cargo da organización libreiro-editorial Follas Novas. O dito acontecemento reunira moitos inte- lectuais da colectividade galega en Bos Aires: Pita, Seoane, Neira Vilas, Dieste, Rodolfo Prada e Ramón de Valenzuela, entre outras personalidades103. O catro de outubro do mesmo ano, o escritor herculino foi agasallado no Centro Pontevedrés con motivo do seu cin- cuenta aniversario e da publicación dun novo volume de poemas da súa autoría, Os relem- bros. As cantigas104. No salón de actos da entidade mencionada déronse cita delegacións das institucións seguintes: Centro Galego, Consello de Galiza, Centro Coruñés, Centro Lucense, Centro Ourensán, Centro Pontevedrés e Federación de Sociedades Gallegas. O actor Fernando Iglesias Tacholas fixo de mestre de cerimonias, mentres que Prada, Suárez Picallo e Blanco-Amor interviñeron para falar da figura e da obra do escritor herculino105. Nesta altura, Pita coopera activamente cos galeguistas da cidade de Rosario de Santa Fe, impartindo conferencias106 e colaborando no voceiro da “Peña Cultural Galleguista Rosalía de Castro”107, agrupación fundada o cinco de febreiro de 1960 e que incluía na súa xunta directiva amigos do poeta coruñés como Xosé Ares Miramontes. Con ocasión de cumprirse o décimo aniversario do pasamento de Castelao, a Asociación Argentina de Hijos de Gallegos organizou en 1960 un seminario de estudos sobre os temas do libro Sem- pre en Galiza, no cal Pita figuraba como un dos principais relatores108. Así mesmo, o escri- tor herculino participou ese ano nas “Jornadas Gallegas” do Centro Galego bonaerense, concretamente nun acto en lembranza de Ramón Cabanillas109.

98 “AGUEA”, Galicia Emigrante, 22, xullo de 1956, p. 40. 99 “Non aparece na foto Emilio Pita, fraternalmente presente nos actos” (VV.AA., Primeiro Congreso da Emigración Galega. Documentación. Cró- nicas [24-31 de xullo de 1956 en Buenos Aires], Buenos Aires, Nós, 1959, p. 86). 100 Os galardóns recaerían finalmente nas obras O cabaleiro da luz de Daniel Cortezón Álvarez e O solitario de Bergantiños de Francisco Fernán- dez del Riego (“Concursos anuales”, Galicia. Revista del Centro Gallego de Buenos Aires, 502, maio-xuño de 1958, p. 23). 101 “Los cursos de AGUEA”, Galicia Emigrante, 29, xuño-xullo de 1957, p. 26. 102 Palmás, Ricardo, “ e as súas clases na AGUEA”, en Casas, Arturo (coord.), Tentativas sobre Dieste, Santiago de Compostela, Sotelo Blanco, 1995, p. 112, n. 7. 103 Neira Vilas, Xosé, Memoria da emigración I, Sada-A Coruña, Ediciós do Castro, 1994, p. 321. 104 Á parte da homenaxe, Lois Tobío saudou na prensa coas seguintes palabras a aparición do libro de Pita: “Non son moitos os poemas que com- poñen este ramallo, nin longos mais son dunha belida, pura, enxebre calidade. Poesía de aparencia sinxela e sotil fondura. Poesía encheita de alma e sentimento galego. O noso recoñocimento e louvanza ó poeta que fixo tan xurdio e esquisito regalo” (Tobío, Luís, “Un novo libro de Emilio Pita”, Opinión Gallega, 194, xaneiro-marzo de 1960, p. 8). 105 ”Foi agasallado o poeta Emilio Pita”, Opinión Gallega, 192, agosto-outubro de 1959, p. 8. 106 “Galicia en Rosario. Conferencia de Emilio Pita (co patrocinio da Peña Rosalía de Rosario)”, Opinión Gallega, 195, abril-xuño de 1960, p. 8. 107 Pita, Emilio, “Panxoliñas de Nadal”, Aquí...Galicia! Órgano de la Peña Cultural Galleguista Rosalía de Castro, 1, abril de 1960, p. 3. 108 “Asociación Argentina de Hijos de Gallegos”, Lugo. Vocero del Centro Lucense de Buenos Aires, 201, marzo de 1960, p. 5. 109 “Jornadas Gallegas”, Galicia. Revista del Centro Gallego de Buenos Aires, 514, xullo-agosto de 1960, p. 12.

175 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Traballos de investigación e estudo

6. INGRESO NA REAL ACADEMIA GALEGA, ÚLTIMAS VIAXES Á TERRA E PASAMENTO

O vinte de novembro de 1961, o noso autor é proposto como académico corresponden- te da Real Academia Galega polos membros numerarios Sebastián Martínez Risco, Francisco Vales Villamarín e Leandro Carré Alvarellos. Entrementres non se resolvía o seu nomeamento e a petición de Lois Tobío, Pita redactaría o capítulo correspondente á música da Historia de Galiza dirixida por Otero Pedrayo110. Con motivo da publicación dos dous primeiros tomos deste proxecto, celebrouse no restaurante do Centro Lucense de Bos Aires unha cea en honra do seu mecenas, Manuel Puente, á que Pita acudiu xunto con outros persoeiros da colectividade galega como José Benito Abraira ou Villa- marín Prieto111. En agosto de 1963, unha vez avaliados os méritos que concorrían no noso autor, os académicos Antonio Iglesias Vilarelle, Antón Fraguas Fraguas e Isidro Parga Pondal dan o visto bo ao ingreso de Pita na Real Academia Galega. Un ano des- pois vía a luz O ronsel verdegal, primeiro volume do noso autor editado baixo o selo de Galaxia112. Por outra parte, na década dos sesenta a figura de Pita cobra certo ascendente no seo da Irmandade Galega, onde desempeña diversos postos, sen que isto empeza que sexa membro da Comisión de Cultura do Centro Galego bonaerense113 e participe regular- mente nos actos auspiciados polo devandito Centro, ben como conferenciante114, ben como xurado dos moitos concursos que a institución antedita organiza115. Polo que se refire á súa traxectoria na Irmandade, o poeta coruñés formou parte da comisión de prensa conformada tamén por Manuel Pedreira, Bieito Cupeiro, Moisés da Presa, Ricar- do Flores, Lois Guede e Bernaldo Souto116. Máis adiante resultaría elixido revisor de con- tas desta sociedade entre 1969 e 1970117. Ademais, o noso autor tomou parte en diversas conmemoracións patrocinadas pola Irmandade Galega, como a ofrenda floral perante a placa da Praza Castelao de Bos Aires celebrada o dezaoito de xaneiro de 1970118 ou a

110 Pita, Emilio, “Música e danza”, en Otero Pedrayo, Ramón (dir.), Historia de Galiza. Tomo I: O home, a Terra, Bos Aires, Nós, 1962, pp. 763- 777. Lois Tobío explicou así a incorporación de Pita ao proxecto: “Coma coidei que faltaba un capítulo encol da nosa música, pedínlle a Emi- lio Pita que me fixese un pequeno ensaio verbo delo e redactou un axeitado traballo que foi incorporado á obra” (Tobío, Lois, As décadas de T.L., ob. cit., pp. 632-633). 111 “Cena en honor de D. Manuel Puente”, Lugo. Vocero del Centro Lucense de Buenos Aires, 231, outubro de 1962, p. 3. 112 Luís Seoane saudou deste xeito a aparición do poemario: “O seu nome está xunguido ás mais importantes e desinteresadas tarefas de exal- tación de Galicia desde hai mais de trinta anos e o seu prestíxio como poeta está cimentado desde cuase aproximadamente as mesmas datas. A sua poesía como non podía ser doutro xeito para quen esta arte, estivo sempre xunguida á sua vocación pola música e pola can- ción popular e erudita de Galícia. É canción que nasce desde logo en Buenos Aires na emigración, dedicada á terra lonxana, e que resu- me o sentimento e o talento do poeta sen que ela destile amargura, senón aquela saudade de quen comprende que o destino o alonxou quizá para sempre da própia terra. Nos últimos poemas de «O ronsel verdegal», con citas referidas a bairros de Buenos Aires, San Telmo e Barracas, apenas se deixa perceber esa melancolia nos versos finais, pola discreción e o pudor do poeta ou sen converter en berro esa decepción vital que lle desgarra o peito” (Seoane, Luís, “Emilio Pita”, en Galicia Emigrante. Escolma de textos da audición radial de Luís Seo- ane [1954-1971], edición de Lino Braxe e Xavier Seoane, Sada-A Coruña, Ediciós do Castro, 1994, p. 377). 113 “Comisión de Cultura del Centro Gallego”, Orientación Gallega, 8, decembro de 1962, p. 1. 114 “Día das Letras Galegas”, Galicia. Revista del Centro Gallego de Buenos Aires, 549, maio-xuño de 1966, s.p. 115 “Gran Acto Cultural en el Centro Gallego”, Orientación Gallega, 17, outubro de 1963, p. 1 ou “Estraordinario éisito do Concurso de Coros Galegos e Muiñeira”, Correo de Galicia, 28, 20-XI-1966, p. 8. 116 “Comisión de prensa”, A Nosa Terra, 505, xullo de 1963, p. 4. 117 “Renova a súa direitiva Irmandade Galega”, Correo de Galicia, 78, 30-I-1969, p. 4 e “Irmandade Galega escolleu novas autoridades”, A Nosa Terra, 511, maio-xuño de 1969, p. 3. 118 Pódese consultar un testemuño fotográfico do acto no volume A Galiza de Alén Mar de Bieito Cupeiro Vázquez, Sada-A Coruña, Ediciós do Castro, 1989, s.p.

Nº 370 176 Traballos de investigación e estudo BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

homenaxe dispensada ao poeta e musicólogo Manuel Prieto Marcos en xuño dese mesmo ano, acto no cal ditou unha conferencia que alternou con interpretacións musi- cais do homenaxeado en compaña de Fernando Iglesias Tacholas e Ana Marzoa119. Ben que fixara a súa residencia definitiva en Bos Aires en 1971120, o noso autor rea- liza entón (non un ano antes como expón Maceira Fernández121) unha nova visita a Galicia, feito ignorado pola maioría dos intelectuais da Terra consonte acreditan Alon- so Montero122 e Luís Seoane123. Os últimos anos de Emilio Pita transcorreron sen que este participase na maioría dos actos significativos da colectividade galega por problemas de saúde. Así, en 1972 escusou a súa ausencia nas actividades conmemorativas do vixési- mo noveno aniversario do Centro Lucense a través dunha nota124, cando só dous anos antes fora un dos convidados loados polo seu entusiasmo e pola súa capacidade de tra- ballo125. A publicación do facsímile de Jacobusland na Terra ese mesmo ano por Ediciós do Castro foi acollida con alborozo polo noso autor e obtivo críticas moi favorables, por exemplo a que lle dedicou Vicente Luís Molinari126. Por outra banda, a intervención de Pita nunha homenaxe ao himno galego en com- paña de Bieito Cupeiro e Gumersindo Sobrado o vinte e tres de abril de 1973 foi moi aplaudida pola prensa galega de Bos Aires127. Polo diálogo epistolar mantido entre Luís Seoane e Francisco Fernández del Riego sabemos que en xuño de 1974 Seoane lle comu- nicou a Pita que Serán, a que sería a súa derradeira obra, ía ser publicada por Galaxia, o que constituíu unha grande alegría para o escritor coruñés, moi avellentado por unha arteriosclerose bastante avanzada128. O orixinal fora enviado a Galicia tres anos antes, algo que inferimos da correspondencia que mantiñan Seoane e Fernández del Riego129. No entanto, a enfermidade non lle impediu a Pita aliñarse entre os integrantes da comi- sión de honra da conmemoración do vixésimo quinto aniversario do pasamento de Cas- telao, xunto a outras personalidades galegas do exilio como Luís Seoane, Alberto Vila- nova ou Rodolfo Prada. Posiblemente en 1975 se desprazase novamente a Galicia, na

119 “Manuel Prieto Marcos, músico y poeta, será recordado por la Irmandade Gallega”, Correo de Galicia, 111, 15-VI-1970, p. 3 e “Habló Emi- lio Pita sobre Prieto Marcos”, Correo de Galicia, 112, 30-VI-1970, p. 8. 120 Pita figura como residente en Bos Aires nunha carta enviada por Luís Seoane a Victoria Armesto o oito de xuño de 1971, a cal foi reprodu- cida no volume Los hijos cautivos de Breogán, Sada-A Coruña, Ediciós do Castro, 1986, s.p. 121 No “Prólogo” ao volume erroneamente atribuído a Pita Polos camiños do pobo (1963), Maceira Fernández basea a presenza do escritor hercu- lino en Galicia durante ese ano nunha colaboración inserida no número conmemorativo do cincuentenario de Nós. Boletín mensual da cul- tura galega (Pita, Emilio, Polos camiños do pobo [1963], edición de Xosé Manuel Maceira Fernández, Sada-A Coruña, Ediciós do Castro, 1999, p. 14), que supón publicado en 1970. Porén, convén sinalar que a saída do susodito número non tivo lugar ata 1972, ano en que se fixo efec- tivo o depósito legal da publicación (vid. P[iñeiro], R[amón], “Cincuentenario de Nós”, Grial. Revista galega de cultura, 36, abril-xuño de 1972, p. 246), o que explica que a sinatura de Pita se atope no volume conmemorativo, posto que tería redactado o texto durante a súa esta- día na Terra en 1971; de aí precisamente as circunstancias autobiográficas das que Pita deixa constancia na súa colaboración. 122 Alonso Montero, Xesús, “Cinco escolios para un libro de versos”, en Pita, Emilio, Jacobusland, edición facsimilar, Sada-A Coruña, Ediciós do Castro, 1972, p. IX. O limiar de Alonso Montero pódese consultar tamén nunha das colectáneas deste intelectual vigués: Lengua, litera- tura e sociedade en Galicia, Madrid, Akal, 1977, pp. 238-241. 123 Fernández del Riego, Francisco, Cartas de Luís Seoane desde o exilio, Sada-A Coruña, Ediciós do Castro, 2002, p. 167. Seoane tamén comen- tou a presenza de Pita na Terra nas páxinas do diario herculino La Voz de Galicia (Seoane, Luís, “Figuraciós. Emilio Pita”, La Voz de Galicia, 3-X-1971). 124 “Actos del 29º aniversario del Centro Lucense”, Lugo. Vocero del Centro Lucense de Buenos Aires, 342-343, xaneiro-febreiro de 1972, p. 1. 125 “27º aniversario del Centro Lucense”, Lugo. Vocero del Centro Lucense de Buenos Aires, 318-319, xaneiro-febreiro de 1970, p. 1. 126 M[olinari], V[icente] L[uís], “Jacobusland, por Emilio Pita”, Galicia. Revista del Centro Gallego de Buenos Aires, 589, novembro-decembro de 1972, p. 68. 127 “Solemne Homenaje al Himno Gallego”, Correo de Galicia, 166, 15-V-1973, p. 15. 128 Fernández del Riego, Francisco, Luís Seoane desde a memoria, Sada-A Coruña, Ediciós do Castro, 1994, p. 82. 129 Fernández del Riego, Francisco, Cartas de Luís Seoane desde o exilio, ob. cit, p. 165.

177 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Traballos de investigación e estudo

que sería a súa derradeira visita á Terra130. Ao seu regreso, Pita retoma a serie de prosas “A terra meniña”131, un proxecto con tinturas autobiográficas iniciado na década ante- rior132. A finais de novembro de 1981, o estado de saúde de Pita empeora por mor de com- plicacións cardiorrespiratorias133, o que motiva o seu ingreso no complexo asistencial do Centro Galego de Bos Aires. Alí falecerá o sete de decembro, arroupado no fatal desen- lace pola súa dona e os fillos. Ao día seguinte, o corpo do poeta herculino foi traslada- do ao panteón que o Centro Galego posuía no cemiterio da Chacarita134. A noticia do pasamento de Pita espallouse pola prensa de ambas as beiras do Atlántico, que lamen- tou con toda xustiza a perda dunha das personalidades culturais galegas máis activas do seu tempo135. Emporiso, a poucos semellou interesar o feito de que en 1994 Abelardo Linares, propietario da editorial e librería Renacimiento, trouxera desde Bos Aires a Sevi- lla milleiros de libros pertencentes á biblioteca persoal do noso autor, entre eles primei- ras edicións das obras de Rosalía, Curros ou Pondal136. Lamentablemente, os volumes vendéronse a diferentes entidades e particulares, fragmentando un legado persoal e material de valor incalculable para a cultura galega. En conclusión, a obra de Emilio Pita, tanto polo número de colaboracións como polo número de publicacións que acolleron a súa sinatura, e mais a continua participación deste escritor en actividades de difusión da lingua e da cultura galegas agardan aínda a atención que faga xustiza á continuidade dun labor desenvolto ao longo de seis décadas entre Galicia e América. Confiamos en que no futuro a sociedade galega recoñeza este autor a través dun Día das Letras Galegas que o devolva á actualidade, celebración que incidiría na moi necesaria recuperación da memoria da emigración e do exilio.

130 Fernández Santander, Carlos, “Emilio Pita, polos camiños do pobo”, en El exilio gallego de la Guerra Civil, Sada-A Coruña, Ediciós do Castro, 2002, p. 409. Da dita visita achega Maceira Fernández na súa edición do libro atribuído a Pita Polos camiños... varios testemuños fotográfi- cos. Nós puxémonos en contacto no ano 2002 con Xil Ares, técnico da Área de Cultura do concello mindoniense, quen revisou o censo en busca dos parentes políticos de Emilio Pita por parte do sogro deste, Fernando Lorenzo Rico. Ende mal, esa procura non nos achegou resul- tados positivos, xa que semella que esa póla da familia de Pita esmoreceu sen deixar gromos. 131 Pita, Emilio, “A terra meniña”, Correo de Galicia, 192, 15-V-1975, p. 2. 132 Pita, Emilio, “A terra meniña. O pranto”, Aquí...Galicia! Órgano de la Peña Cultural Galleguista Rosalía de Castro, 7, xullo de 1962, p. 1. Res- pecto doutro texto da mencionada serie 133 “Los restos de Antón Alonso Ríos serán trasladados al panteón del Centro Gallego de Buenos Aires”, La Voz de Galicia, 11-XII-1981, p. 42. 134 “El poeta Emilio Pita Robelo falleció en Buenos Aires”, La Voz de Galicia, 8-XII-1981, p. 61. 135 Vid. “Emilio Pita marchou por un longo ronsel”, Galicia. Órgano de la Federación de Sociedades Gallegas, 1477, decembro de 1981, p. 12, “Notas”, Grial. Revista galega de cultura, 75, xaneiro-marzo de 1982, p. 127 e “Emilio Pita, su fallecimiento”, Mundo Gallego, 11, agosto de 1982, pp. 23-24. 136 Neira Vilas, Xosé, Memoria da emigración III, ob. cit., p. 117 e Pociña, Andrés, Galicia e Granada. Deus cabos dun eixo espiritual, Sada-A Coruña, Ediciós do Castro, 1998, pp. 262-263.

Nº 370 178 ÍNDICE DAS OBRAS DE FREI MARTÍN SARMIENTO NA COLECCIÓN MEDINA SIDONIA

Henrique Monteagudo / Silvia Viso Instituto da Lingua Galega-USC / Consello da Cultura Galega

No presente contributo, enmarcado dentro do proxecto ‘Obras de Martín Sarmien- to’1, ofrecemos un índice completo da Colección Medina Sidonia, a fonte principal para a posterior difusión (fundamentalmente manuscrita) da obra sarmentina. Previamente, realizaremos unha pequena presentación das fontes máis importantes para o establece- mento do inventario das súas obras, que temos ultimado no proxecto, e que daremos a coñecer proximamente: (1) o que abreviadamente denominaremos Catálogo de los plie- gos, debido á pluma do propio autor; (2) o que denominaremos “Índice de las obras”, que en principio remite á dita Colección Medina Sidonia, pero do que existen varias versións, ningunha delas coincidente de xeito rigoroso co contido actual desta Colección (feito este que apunta ao complexo proceso de copia desta, que aínda garda enigmas penden- tes de resolución), (3) e a “Cronología de los escritos”, realizada orixinalmente polos copistas da amentada Colección, que tamén ofrece evidencias da complexidade do pro- ceso da súa compilación. Presentamos este traballo coa convicción de que a edición do Índice completo e crí- tico da Colección Medina Sidonia é unha ferramenta básica, de grande utilidade, para os estudosos da obra de Martín Sarmiento, sobre todo, tendo en conta que a súa difusión foi en boa parte só manuscrita ata os mediados do século XIX, coas conseguintes varian- tes canto a títulos e identidade de cada un dos escritos.

1. FONTES PARA O ESTABLECEMENTO DO INVENTARIO DAS OBRAS DE MARTÍN SARMIENTO: O CATÁLOGO DE LOS PLIEGOS, O ÍNDICE DE LAS OBRAS E A CRONOLOGÍA DE LOS ESCRITOS

Tal como acabamos de expoñer, das tres principais fontes para establecer o inventario da obra de Martín Sarmiento, unha delas débese ao propio autor (“Catálogo de los pliegos”) e dúas máis aos copistas da compilación principal dos seus escritos, a Colección Medina Sidonia: o “Índice” e a “Cronología”. Analizaremos cada un dos testemuños destes escri- tos, para posteriormente procedermos a unha comparación entre eles.

1 O proxecto ‘Obras de Martín Sarmiento’ está en marcha no seo do Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Composte- la, contando co patrocinio do Consello da Cultura Galega. Véxase o sitio web do proxecto, que ofrece abundante material de interese: http://consellodacultura.org/sarmiento/.

179 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Traballos de investigación e estudo

1. CATÁLOGO DE LOS PLIEGOS QUE YO ___, he escrito de mi mano, pluma y letra, sobre diferentes asuntos ( = Catálogo de los pliegos)2 Realizado polo autor, e datado o 28 de novembro de 1767. Chegou a nós o manuscrito autógrafo (Madrid, BN, ms. 17.642). Son sete folios, escritos polas dúas caras, en que se ofrece unha especie de sumario bio-bibliográfico ordenado cronoloxicamente. Ade- mais dalgunhas (escasas) noticias estritamente biográficas, faise referencia aos escritos, con indicación da data, nalgún caso con observacións sobre as circunstancias da súa composición, e a extensión de cada un en número de pregos. A ordenación cronolóxi- ca non é rigorosa, e a extensión e data dos escritos é en bastantes ocasións pouco pre- cisa. A partir do fol. 5v ata o final, que cobre aproximadamente o período que vai de 1758 a 1767, practicamente só se ofrece a lista espida de títulos, coa indicación de ano e o número de pregos de cada un, aínda que no caso da Obra de 660 pliegos se ofrece un apertado resumo do seu extenso e misceláneo contido (6r-7r). Puidera ser que o Catá- logo tivese relación co proxecto de realizar unha colección completa das súas obras, incluso coa que foi promovida polo Duque de Medina Sidonia. Ende ben, sorprenden- temente, o Catálogo non só non foi incluído na Colección Medina Sidonia, senón que incluso dá a impresión de que foi descoñecido para os seus compiladores, que non o citan.

2. ÍNDICE DE LAS OBRAS MANUSCRITAS del Padre Fray ___ , del Orden de San Benito, recogidas en diez y siete tomos en folio por el Duque de Media-Sidonia, su amigo ( = Índice). Hai tres versións deste Índice que presentan un contido substancialmente idéntico: ofre- cen un listado, volume a volume, dos escritos contidos nunha colección que constaba, nos tres casos, de 17 unidades; sinálase en cada caso a data do escrito e a extensión en número de pregos do orixinal correspondente (non das copias). A orde que presentan os escritos no Índice corresponde exactamente coa que presentan na actual Colección Medi- na Sidonia, pero, sorprendentemente, aquel non ofrece indicación do número de folio en que se localiza cada escrito dentro do correspondente volume, o cal podería significar que cando se realizou o Índice, os volumes non se atopaban encadernados e/ou numera- dos por folio. Máis aínda, se temos en conta que, como acabamos de consignar, a exten- sión que se sinala de cada escrito corresponde ao orixinal, e non á copia, puidera ser que o Índice fose elaborado ben antes de emprender, ben (máis probablemente) antes de rematar o proceso do traslado dos orixinais. Deste xeito, o Índice podía constituír unha especie de ‘guía’ do proxecto de compila- ción en curso, ou simplemente atoparse en estadio provisorio, dando a supor que no momento da súa elaboración o contido dos volumes estaba suxeito ás variacións que pui- dese provocar a incorporación de materiais novos.

2 Véxase Santos Puerto 2002.

Nº 370 180 Traballos de investigación e estudo BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

O Índice presenta 129 ou 130 (máis adiante explicarase esta pequena discrepancia) entradas de desigual extensión; algunhas conteñen soamente o título do escrito, men- tres que outras ofrecen algunha indicación sobre o contido. Nos escritos máis longos, case inevitablemente misceláneos (o exemplo máis notorio é a Obra de 660 pliegos, que ocupa cinco volumes), detállase o seu contido, en ocasións con referencia aos números de parágrafo. Así mesmo, nalgún caso, o Índice agrupa nunha mesma entrada escritos menores baixo un rótulo xenérico, como “Noticia de varios códices manuscritos y obser- vaciones hechas a su lectura” (volume II), “Cartas, oraciones y aprobaciones de libros” (volume V), “Diferentes papeles sobre adornos del Real Palacio nuevo de Madrid” (volume VII), “Correspondencia literaria de varias cartas escritas al Excmo. Sr. Duque de Medina Sidonia desde el año de 1753 en adelante” (volume X). No cómputo xeral que ofrecemos ao comezo deste parágrafo, contamos cada un destes rótulos como unha entrada, sen detallar os escritos listados no seu interior. En xeral, o Índice é dabondo minucioso e incluso acostuma a pormenorizar un a un os escritos agrupados baixo os devanditos rótulos (salvo no caso das cartas). Ademais da discrepancia canto ao número de volumes (asunto do que falaremos a seguir), hai algúns aspectos en que o Índice (nas súas tres versións) difire da Colección Medina Sidonia e as súas copias tal como as coñecemos actualmente. En primeiro lugar, no Índice o volume I comeza co “Sermón fúnebre” do P. Avalle e por tanto non contén os escritos que nas tres coleccións o preceden, e que, obviamente, non son da autoría de Sarmiento, isto é: “Cronología de los escritos del ___ contenidos en esta Colección” (CMS, I, fols. 1r-9v), “Memorias para la vida del P. Sarmiento” (fols. 11r-22v), e “Obje- tos ad usum” (fols. 23r-24v). O Índice tampouco contén tres traballos de Sarmiento que nas coleccións actuais van inmediatamente despois do “Sermón”: “Pangrammaticon Lexicon” (CMS, vol. I, fols. 47r-63v), “Declinaciones y conjugaciones de la lengua ará- biga” (fols. 64r-64v), “Aplicación al próximo sistema del Capítulo” (fols. 67r-71v). Tam- pouco contén o Índice referencia ningunha a escritos que non son da autoría de Sar- miento e que, emporiso, figuran no volume I das tres coleccións coñecidas3. En segundo lugar, hai outro aspecto de maior importancia en que o Índice, nas tres ver- sións, discrepa da Colección Medina Sidonia no seu estado actual. Referímonos á distribu- ción dos escritos en 17 (tal como indica o primeiro) ou 18 volumes (tal como se atopa no estado actual da segunda). O contido do actual volume XVIII da Colección Medina Sido- nia é o seguinte: (1º) “Carta del ___ a un amigo que le había escrito en griego” (fols. 1r- 6v); (2º) “Suplementos sobre los adornos del Palacio Real” (fols. 9r-27r); (3º) “Privilegio gótico del Rey Ordoño II y Reflexiones sobre archivos y otros puntos de suma importan- cia” (fols. 31r-293r); (4º) “Patria de Miguel de Cervantes” (fols. 295r-376v); (5º) “Extrac-

3A Colección Medina Sidonia e a Colección Los Heros ou da Real Academia de la Historia inclúen unha “Explicación del P. Feixoo de la doc- trina moral contenida en el úndecimo discurso del tomo 8º del Teatro crítico”. A Colección Dávila ou da Biblioteca Nacional contén inter- polado, ademais de dúas versións deste escrito, o escrito “Certificación legalizada, expresando el número y clase de causas despachadas con audiencia del Sr. Marqués de Aranda, Fiscal de S. M. en la Real Sala del Crimen (de esta Corte), desde el 14 de Marzo de 1749 hasta el 23 de Diciembre de 1750”.

181 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Traballos de investigación e estudo

to de Gacetas”, desde 1731 a 1745 (fols. 377r-423r). Pois ben, as tres versións do Índice coinciden en incluír o primeiro e cuartos escritos no volume V, o terceiro no volume VIII e o quinto no volume IX. Volveremos sobre este aspecto ao tratar da Cronología. Referirémonos agora ás tres versións que coñecemos do Índice: 2.1 A publicada en El Correo Literario de la Europa (núms. 35 a 44, 1782; abrevia- remos ECLE) baixo o título de “Colección de los manuscritos del ___ que reco- piló y copió por orden del difunto Duque de Medina Sidonia D. Santiago Saez su Secretario […] en 19. crecidos Volúmenes en fol[io]. El último es de Suple- mentos” (véxase bibliografía final). Para comezar, este índice presenta unha anomalía moi curiosa: malia que no título se asegura que a dita Colección cons- taba de dezanove volumes, o último deles de suplementos, en realidade só se ofrece o índice de dezasete volumes –o último dos cales non é de suplementos, pois trátase do derradeiro dos cinco da Obra de 660 pliegos (volumes XIII ao XVII). De resto, na nota que precede o contido deste Índice dásenos unha infor- mación moi valiosa sobre o traballo do compilador da Colección Medina Sido- nia, Santiago Saez. Por esta sabemos que este labor consistiu en tres tarefas, á parte do propio traslado: “recoger muchos tratados extraviados y dispersos en poder de algunos particulares”, “arreglar, coordinar, y disponer todas las mate- rias de esta Colección” e “formar tablas, y un índice completo de toda ella”. Isto parece indicar que Santiago Saez tivo que localizar orixinais, dispuxo a organi- zación da Colección e foi o responsable tamén de realizar a táboa cronolóxica da que falaremos de contado así como de elaborar o índice xeral da colección. 2.2. Unha copia manuscrita, co título que demos máis arriba, que aparece coa sina- tura “Piñeiro fecit Matriti 1778”, actualmente custodiada na Biblioteca Capi- tular y Colombina de Sevilla (59-1-17). 2.3. Outra copia manuscrita, co mesmo título que a anterior, inserida ao comezo do volume VI da denominada Colección Dávila (Biblioteca Nacional de Madrid, ms 20.381, fols. 1 a 43). Esta copia está realizada pola mesma man que trasla- dou o conxunto da Colección Dávila, pero, curiosamente, non se atopa ao prin- cipio nin ao final desta (como sería de esperar), mais no volume VI; por parte, o rechamante é que este Índice non se refire á Colección Dávila, senón á Colec- ción Medina Sidonia (da que a Dávila se aparta en varios aspectos que non é do caso detallar agora). Hai que sinalar un punto en que se observa diverxencia entre as distintas versións do Índice, ou mellor, entre a versión publicada en ECLE e a copia de Sevilla dunha banda e a copia da Colección Dávila doutra. Referímonos á “Correspondencia literaria” co Duque de Medina Sidonia, que na primeira e na segunda versións aparece ao final do volume X, mentres que na terceira non figura en ningures (de aí a discrepancia entre as 129 entra- das desta versión e as 130 das outras dúas). Tamén aquí se detecta unha notable diferen-

Nº 370 182 Traballos de investigación e estudo BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

za entre o Índice e a actual Colección Medina Sidonia, pois esta, a continuación da copia da tal correspondencia (40 cartas), incorpora os orixinais das cartas de Sarmiento, incluíndo algunhas máis (71 cartas en total), nomeadamente, varias anteriores a 17524. 3. CRONOLOGÍA DE LOS ESCRITOS del ___ contenidos en esta colección. Pliegos de cada uno, tomos y folios a que se hallan ( = Cronología)5. Trátase dun índice cronolóxico no que se van consignando os escritos de Sarmiento ano a ano desde 1718 a 1770, e dentro de cada ano por orde cronolóxica (cando esta é deter- minable), ata un total de 120 entradas. A Cronología complétase con dúas listas, unha de doce escritos “sin fecha”, e outra de catorce escritos de que se dá noticia nos textos de Sarmiento incluídos na propia Colección pero que non constan nesta, mais unha refe- rencia final ao Catálogo de autores de quien yo tengo obras. En total, ofrece 135 referen- cias, un número moi similar ás do Índice. Da Cronología existen varias copias, das cales interesa deternos aquí en catro. 3.1. A copia que se atopa no inicio da Colección Medina Sidonia, volume I, fols. 1r- 9v (abreviaremos Cr/MS). Este é case con toda seguranza o orixinal, e pola letra debeu ser realizado por Santiago Saez. Vexamos as características que con- vidan a considerala como orixinal. Primeiramente, localiza os escritos median- te a referencia ao número de “tomo”6 e folio que corresponden á propia Colec- ción Medina Sidonia. Iso é, claro está, o esperado, e só chama a atención cando se ten en conta que as demais copias, no canto de remitiren a cadansúa Colec- ción, reproducen as referencias de “tomo” e folio da Medina Sidonia, o que indi- ca que copiaron esta servilmente sen se preocuparen de adaptala. Por parte, nisto a Cronología ofrece unha novidade con respecto ao Índice (que, como sinalamos, carece de tales indicacións), que parece apuntar a que a primeira se elaborou –ou, mellor, se rematou, como veremos– posteriormente. En segundo lugar, Cr/MS mostra indicios de que foi sometida a revisión, probablemente en dúas ocasións. Inicialmente, o número de folio dos escritos correspondentes aos “tomos” I e XVIII deixouse en branco, coa intención de cubrilo posteriormen- te, o cal indica que cando se iniciou a Cronología probablemente eses dous volumes non estaban definitivamente organizados7. Unha das revisións consis- tiu, xa que logo, en inserir tales números, que están escritos cun trazo notable- mente diferente ao resto das cifras do texto. Outra revisión deixou dúas pegadas, ambas localizadas no fol. 8v. A primeira, na liña 2, consiste nunha emenda no número de volumes de que se compuña a

4 Neste punto, tamén existe unha pequena discrepancia entre o Índice de ECLE, pois o segundo fai comezar a correspondencia en 1753, men- tres que o primeiro dá como data inicial 1752. 5 Véxase Pensado 1972 / 1995. 6A Cronología remite a “tomo”, hoxe falariamos máis propiamente de “volume” (unidade física). 7 Os escritos en cuestión son concretamente os seguintes. No tomo I, Pangrammaticon Lexicon (1718), Romance a la caída de la torre de la cate- dral de Oviedo (1723), Diógenes contra Demócrito (1725), Martinus contra Martinum (1726), Carta burlesca a Don Carlos Montoya (1731), Viage geográfico del autor a Galicia (1745), Viage geográfico del autor a Galicia (1754), Combinación de los vocales del Capítulo benedictino (1757), El porque sí y por que no (1758) e Declinaciones y conjugaciones de la lengua arábiga (“Sin fecha”). Ao tomo XVIII corresponden o Extracto de Gazetas (1731), Sobre la patria de Cervantes (1761) e Privilegio gótico del Rey Ordoño II (“Noticia”).

183 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Traballos de investigación e estudo

colección: inicialmente líase “Demás de las antecedentes obras contenidas en los 17 tomos de esta Colección […]”, pero número 7 foi corrixido para 8. A segun- da é unha interpolación claramente posterior ao momento inicial de redacción do texto, que se inseriu entre as liñas 19 e 20, e que introduce unha aclaración sobre o paradoiro do escrito Sobre las cualidades que ha de tener un Archivero: “esta obra ha parecido despues y se ha puesto en el tomo 18 fol. 33, y es fecha [sic]en el año 1752”8. Comparando a Cronología co Índice, debemos notar que a primei- ra remite a unha colección que xa estaba organizada en 18 “tomos”, enviando ao “tomo” XVIII os traballos que no Índice se daban nos “tomos” V (Patria de Cer- vantes), VIII (Privilegio gótico de Ordoño II) e IX (Extracto de Gacetas). Ademais, o “tomo” I xa debía estar acrecentado polos mesmos escritos que hoxe contén a Colección Medina Sidonia e que non figuran no Índice (véxase máis arriba), pois o número de folio de inicio de cada traballos deses volumes a que remite a Cro- nología coincide co actual9. Xa que logo, por todo o dito, a Cronología, cando menos no estadio definitivo que presenta a versión Cr/CMS, debe ser posterior ao Índice. Así e todo, a referencia ao escrito sobre Privilegio gótico causa perple- xidade, pois naquela dábase inicialmente por extraviado, aparecido máis tarde e finalmente incluído no volume XVIII, mentres que xa figuraba no Índice. Será que, como deixamos atrás suxerido, este constituía unha guía de traballo, e non o catálogo dunha colección fisicamente constituída? Acontecería algo seme- llante co resto dos traballos que foron parar ao tomo XVIII? 3.2. A copia que está no comezo da Colección Dávila (Biblioteca Nacional de Madrid), tomo I, fols. 1r-9v (Cr/BN-1), que é trasunto fiel da anterior, no seu estadio definitivo. Isto é, foi realizada despois de completadas as referencias e realizadas as correccións a que nos referimos no parágrafo anterior. Significati- vamente, a indicación da localización de cada escrito (número de tomo e folio) non remite para a propia Colección Dávila, mais á Medina Sidonia. 3.3. A copia que se acha ao principio da Colección Los Heros (ou da Real Academia de la Historia de Madrid), vol. I, fols. 2r-8r (Cr/RAH). Igual que a anterior- mente citada, ofrece as lecturas do orixinal xa emendado e remite ás localiza- cións da Colección Medina Sidonia. Pero ofrece a peculiaridade de omitir o número de folio correspondente aos escritos do tomo I, agás dos tres últimos na orde cronolóxica10. Isto resulta máis ben desconcertante, pois a ausencia de todos estes números podería constituír un indicio firme de que a copia de Cr/RAH fose realizada nun estadio anterior ao definitivo de Cr/MS, cando

8 A estraña expresión foi reinterpretada nalgunha das outras versións, por acaso a contida na Colección Dávila, vol. 6 (isto é, Cr/BN-2, véxase infra § 3.4) ofrece “está fecha en el año de 1752”. 9 Excepción disto é o traballo sobre o Privilegio gótico del Rey Ordoño II, que a nota correspondente da Cronología sitúa, como vimos, a partir do folio 33, sendo que actualmente comeza no fol. 42. 10 Isto é, Viage geográfico del autor a Galicia (1754), Combinación de los vocales del Capítulo Benedictino (1757) e El por que si y por que no (1758). É de notar que a orde cronolóxica non corresponde coa ordenación dentro do tomo, onde estes escritos se localizan respectivamente a par- tir dos folios 553, 67 e 336.

Nº 370 184 Traballos de investigación e estudo BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

aínda esta non incorporara as indicacións de folio do volume I; pero a presen- za das localizacións en folio deses tres traballos invalida esta hipótese. Agora, por que os escritos máis antigos do volume I non van acompañados da refe- rencia ao folio, e os máis recentes, pola contra, si? No tocante ás tres copias que acabamos de identificar, hai un feito moi recha- mante: parecen estar escritas da mesma man, que sería a de Santiago Saez, o principal amanuense da Colección Medina Sidonia. Sexa ou non a mesma man que realizou as tres copias, é indiscutible que a man ou mans de Cr/BN-1 e Cr/RAH non é a mesma cá que trasladou o resto das respectivas coleccións. 3.4. Finalmente, imos referirnos á copia que se atopa inserida na Colección Dávila, tomo VI, fols. 76r-83v (Cr/BN-2). Esta é unha reprodución do orixinal, quizais mediante Cr/BN-1 ou outra copia da mesma tradición. A man que a trasladou é a mesma que copiou o resto da Colección Dávila, e claramente distinta á(s) que realizou os outros trasuntos da Cronología. Esta versión diferénciase das anteriores por unha serie de pormenores de escasa relevancia para nós11 e por unha importante adición final, en que se indica que ao final do tomo X

está la correspondencia original que [Sarmiento] tuvo con el Duque de Medi- na Sidonia sobre varios asuntos curiosos y literarios. Por todas son 69 cartas. Empezó la primera a 10 de marzo de 1747 y acabó la última en Madrid a 5 de agosto del año de 1770. Tienen la particularidad de estar todas escritas de su propio puño y de una excelente letra. Ocupan 112 hojas en folio y para hoy por herencia en el Duque de Alba. Madrid, 30 de mayo de 1779.12

Esta nota é intrigante, pois, como veremos, en realidade só a Colección Medina Sido- nia contén ese epistolario: as coleccións Dávila e Los Heros copian un epistolario de Sar- miento ao Duque máis reducido –un conxunto de cartas que tamén se atopa na Medina Sidonia, pero, obviamente, apógrafas, e que van inmediatamente antes da serie das car- tas orixinais a que se refire a devandita nota. Loxicamente, o esperable sería que esa nota se achase na Cronología que encabeza a Colección Medina Sidonia, e non nas outras. Por outra banda, se os traslados das coleccións Dávila e Los Heros son posteriores a maio de 1779 (data da nota que acabamos de reproducir), o cal parece garantido no caso do volu- me X, o lóxico sería que estas coleccións contivesen a versión completa do epistolario, non a reducida, que é a que de feito conteñen. Salvo os pormenores que acabamos de explicitar, o contido das distintas versións da Cronología é substancialmente idéntico. Todos os traballos consignados nela se atopan no Índice, pero este é considerablemente máis extenso e detallado cá aquela, que en xeral se limita a recoller os escritos máis individualizados e de maior extensión. A información que ofrecen sistematicamente tanto un coma a outra é o título do escrito, a data (sempre

11 Véxase as notas da edición de J. L. Pensado. 12 En realidade, como antes indicamos, o número de cartas orixinais é de 71, e non de 69 como aí se di.

185 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Traballos de investigación e estudo

que conste, e coa maior precisión posible) e a extensión en pregos do orixinal. Curiosa- mente, o Índice dá os traballos agrupados “tomo” a “tomo”, e na orde que se atopan en cada un destes, pero sen indicación do número de folio. Isto podería indicar ou ben que foron elaborados antes de que estes fosen encadernados, ou ben que estaban encaderna- dos pero non paxinados, quizais porque non se daba como definitivo o contido de cada volume. De feito, algúns destes experimentaron adicións e subtraccións, por engadido de textos ou traslado de escritos dun tomo a outro, como veremos. En todo caso, a diferen- za do Índice, a Cronología remite á localización de cada escrito no correspondente núme- ro de “tomo” e folio, o cal indica que probablemente esta se elaborou posteriormente á compleción da Colección Medina Sidonia (como por outra parte era esperable). Por outra parte, as dúas versións da Cronología contidas na Colección Dávila remiten á paxinación da Colección Medina Sidonia (e ademais, tal e como hoxe a coñecemos), igual que, loxicamente, fai a versión que encabeza esta mesma colección. Non así a Cro- nología que encabeza a Colección Los Heros, que remite ao tomo pero non ao número de folio. Isto último pode significar que a Cronología de Los Heros foi copiada dalgunha das outras, pero o amanuense, ao decatarse de que os números de folio da súa propia colec- ción no coincidían cos da Medina Sidonia, preferiu non consignalos. Pola contra, o copis- ta da Colección Dávila, menos escrupuloso, ou non reparou na falta de coincidencia ou non lle deu importancia. Un aspecto que chama a atención é que cando se realizou a Colección Medina Sido- nia, o Catálogo debeu de ser ignorado. Só así se explica que non figure na dita colección e que nin sequera sexa citado entre os escritos dos que se tiñan noticia pero que non constaban. Comparando coa Cronología, o Catálogo é bastante completo, pois faltan poucos escritos que aquela contén (ata novembro de 1767, data en que foi rematado), e, salvo moi contadas excepcións, son pouco relevantes. Pola contra, o Catálogo dá noti- cia de bastantes escritos que non figuran na Colección Medina Sidonia e as outras dúas, que dependen desta. Sen dúbida, algúns destes foron deliberadamente excluídos, pois atopábanse publicados: é o caso da Aprobación da Ilustración Crítico Apologética del Tea- tro Crítico Universal, ou da Demonstración Apologética13. Outros xa non obraban en poder de Sarmiento e non foron localizados. O índice da súa biblioteca particular (Autores de quien yo tengo obras) era coñecido, como se indica en nota á Cronología, pero non pare- ceu pertinente reproducilo na Colección14. Como dixemos antes, o Catálogo é en xeral bastante pouco preciso, sexa na data, sexa na extensión das obras, o que non deixa de ser sorprendente, tendo en conta a meti- culosidade do autor. Dá a impresión de que este non se molestou en consultar os exem- plares que posuía no seu propio escritorio, ou fíxoo dunha forma dabondo superficial.

13 Si foi incluído, porén, o titulado Memorias para la historia de la poesía y poetas españoles, que foi estampado en 1775, pero moi probablemente a Colección se constituíu antes desta data. 14 A decisión parece lóxica, pero téñase en conta que si foron incluídos outros índices bibliográficos, nos tomos II, IV e VI. Véxase Montea- gudo, Catálogo de libros curiosos y selectos.

Nº 370 186 Traballos de investigación e estudo BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

2. DIFERENZAS ENTRE AS DISTINTAS VERSIÓNS DOS ÍNDICES, E DESTES COA CRONOLOGÍA E O PROPIO CONTIDO DA COLECCIÓN

Nas liñas anteriores, xa mencionamos algunhas diferenzas entre a Colección Media Sido- nia e a respectiva Cronología, que en resumo son as que atinxen: 1) no volume I, os tra- ballos do principio, e mais os interpolados; 2) o número de volumes e a colocación dos traballos do volume XVIII; 3) as cartas ao Duque de Medina Sidonia ao remate do volu- me X. Pasamos agora a analizar as diferenzas de pormenor, relevantes para o establece- mento do inventario de escritos do noso autor. 1) Escritos que están na Cronología e non no Índice (á marxe daqueles dos que hai noticia): • Pangrammaticon Lexicon (1718).- I, fol. 45 • Combinación de los vocales del capítulo benedictino (1757).- I, fol.67 • Extracto de privilegios antiguos de monasterios de la Rioja (sen data).- VIII, fol. 472 • Declinaciones y conjugaciones de la lengua arábiga (sen data).- I, fol. 64 2) Escritos que están no Índice (por tanto, incluídos na Colección Medina Sidonia) e non figuran na Cronología: • Costumbres, etiquetas, ceremonias… (II, 3r-5v) • Apuntamientos de los nombres, valores y cotejos de varias monedas españo- las antiguas, y extrangeras (V, 190r-216r) • Carta en que manifiesta no ser signo de falsedad en un privilegio, 29/XI/1756 (V, 216v-221v) • Carta sobre unas inscripciones de Granada, 8/XII/1764 (V, 222r-224v). (Fic- ciones de M. de Luna) • Carta escrita en respuesta a uno que le escribió en griego, 1743 (V > XVIII, 1r-6v) • Catálogo de voces vulgares, y en especial de voces gallegas de diferentes vege- tables, 1745-46 (X, 27r-198r) 3) Escritos que se citan no Catálogo e non figuran no Índice nin na Cronología, pois quedaron fóra da Colección Medina Sidonia: • Extracto de la Biblioteca oriental de d’Herbelot (1718) • Extracto de la Biblioteca rabínica de Bartoloccio (1718) • 20 sermones, en Celorio (1720-25) • Sobre el cuadro de San Román, para la Inquisición (1727) • 14 Índices de la obra de Feixoo (1728-17762) • Aprobación a la Ilustración crítico-apologética de Feixoo (1729) • Diario o efemérides del clima de Madrid (1729-54, 1766-…) [hai noticia] • Demostración crítico-apologética del Teatro crítico universal, 2 vols. (1732)

187 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Traballos de investigación e estudo

• Voto para la junta de caudales de América (1737) • Plano para el pitipié de los votos del capítulo (¿Combinación?) (1737) • Sobre disposiciones monásticas, y sobre el pitipié (1745) • Sobre portear las columnas a Fonseca (1747) • Sobre la abadía de Bandino (1749) • Catálogo de los autores de quien yo tengo obras (1750) [hai noticia] • Sobre una descripción de la América (1751) [hai noticia] • Sobre academias (1751) • Sobre una espada de Peñafiel (1752) • Sobre las ficciones de Miguel de Luna (¿?) (1755) • Sobre el lobo cerval o lubicán (1760) [hai noticia] • Sobre la tiraña de Liébana (1760) • Sobre el tillo (1761) • Sobre foros (1762) • Sobre la púrpura y la grana, y sobre tintes y encarnados (1767) Algunhas das exclusións son facilmente explicables, ben porque se trata de textos dos que moi probablemente o propio autor xa non dispuña de copia (como os vinte ser- móns de Celorio), ben porque se trata de obras publicadas, que como tales quedaran excluídas da Colección (índices da obra de Feixoo ou Demostración crítico-apologética). Sorprende un tanto que se excluíse a aprobación da Ilustración crítico-apologética de Fei- xoo, tendo en conta que si se incluíu a dedicatoria da Flora de España de Quer. Non choca, pola contra, que se non incluíse o Catálogo da biblioteca do autor, malia que si se copiaron outros catálogos bibliográficos. Como dixemos, o Catálogo de los pliegos foi ignorado polo compilador da Colección Medina Sidonia: proba disto é que, cando a Cro- nología se refire a escritos de que hai noticia pero que non puideron ser localizados, nunca recolle esta noticia do dito Catálogo, mais doutras fontes, coma tal, as noticias sobre o Diario o efemérides ou sobre o escrito sobre o lobo cerval tómanse da Obra de 660 pliegos; no caso da noticia sobre o escrito referencia á “Descripción de la América”, tómase a información do “Plano para un nuevo y fácil método para formar una descrip- ción general de España”. Por parte, dos outros escritos da lista que acabamos de dar, a Cronología non recolle noticia. Algúns dos devanditos escritos ausentes da CMS chegaron a nós por outras vías: Sobre una espada de Peñafiel (copia conservada na RAH, 9-29-5-5930, fols. 4-11), Sobre el lobo cerval o lubicán (copia conservada no mosteiro de Silos, ms. 72, fols. 223- 269 e Ms. 73/B, FUE, papeles de Campomanes, 35-23). Son bastantes máis os escritos que figuran na Colección Medina Sidonia e están omi- tidos no Catálogo (excluímos as cartas): • Romance a la caída de la torre de la Catedral de Oviedo (1723) • Planta curiosa para estudios en la congregación benedictina (1730)

Nº 370 188 Traballos de investigación e estudo BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

• Apuntamientos para el pleito contra el Rey sobre presentación de Abadías (1735) • Carta escrita en respuesta a uno que le escribió en griego, 1743 (V > XVIII). • Apuntamientos para una botánica española (1745) • Lista de los lugares del Reino de Galicia (1750) • Lista de los lugares del Principado de Asturias (1750) • Lista de los lugares del partido de Astorga (1750) • Extractos de instrumentos antiguos benedictinos (1752) • Origen de la voz póutega (1756) • Árbol texa (1756) • Noticia de algunos vegetables extraños connaturalizados en España (1756) • Combinación de los vocales del capítulo benedictino (1757) • Sobre la cuadratura del círculo (1758) • Uba ursi (1758) • Apuntamientos para un discurso apologético sobre etimologías (1758) • Inscripción romana en la Limia, al norte de Ginzo (1759) • Ligno Aloes (1762) • Antigüedad del papel (1762) • Origen de la voz Escurial (1762) • Apuntamientos para las antigüedades de Pontevedra, y Geografía de Galicia (1762) • Problema corográfico para describir Galicia con un nuevo método (1762) • Piedra malaquita (1766) • Noticia de algunas monedas antiguas de plata halladas en Vizcaya (1767) • Extracto de privilegios antiguos de monasterios de la Rioja (sen data).- VIII, fols. 472r-480v • Costumbres, etiquetas, ceremonias,… 1730 (II, 3r-5v) • Apuntamientos de los nombres, valores y cotejos de varias monedas españo- las antiguas, y extrangeras (V, 190r-216r)

3. ÍNDICE DA COLECCIÓN MEDINA SIDONIA Como é sabido, a fonte de máis importancia para coñecer a obra de Sarmiento é a Colec- ción de Medina Sidonia, copia que consta de dezasete volumes, transcritos entre 1770 e 1778 por encargo do Duque de Medina Sidonia, D. Pedro Alcántara Alonso Pérez de Guzmán, amigo persoal do frade15. A estes dezasete volumes hai que lle engadir un máis, o XVIII, que se incorpora á Colección pouco despois da morte do duque, momento no que tamén se engade ao volume X a correspondencia orixinal de Sarmiento co duque.

15 Para coñecer a transcendencia desta amizade véxase Santos Puerto (1995).

189 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Traballos de investigación e estudo

Esta Colección é, á súa vez, a fonte doutras dúas copias realizadas uns anos despois, a Colección Dávila, disposta por Pedro Francisco Dávila, actualmente na Biblioteca Nacio- nal de Madrid; e a Colección Los Heros, disposta por Juan Francisco de los Heros, custo- diada na actualidade na biblioteca da Real Academia de la Historia. A Colección Medi- na Sidonia foi trasladada con sumo rigor por Santiago Saez, secretario do duque, e Pedro Alonso de Salanova y Guilarte, que logo sería un recoñecido matemático e enxeñeiro. Quince volumes custódianse no Arquivo Ducal de Sanlúcar de Barrameda e os tres res- tantes (II, XII e XVII) atópanse no Museo de Pontevedra. A elaboración do Índice da Colección Medina Sidonia que deseguido mostramos esti- vo rexida polo criterio de rigorosa fidelidade ás grafías do orixinal, así como polo de res- pecto absoluto á maneira en que os copistas organizaron e dispuxeron os papeis (entén- dase escrito ou tratado). Non é, por tanto, estritamente un índice dos escritos de Sar- miento senón o índice da Colección. Parécenos conveniente reiterar o feito de que a organización que reflicte este índice é a establecida polos propios amanuenses aos que o duque encargou a copia. É importante ter isto en conta dado que moitos escritos circu- laron en copia manual coas conseguintes intervencións dos copistas, que nalgúns casos mesmo chegan a modificar o título que o autor lles dera. Debemos sinalar que os volumes XIII, XIV, XV, XVI e XVII corresponden á Obra de 660 pliegos, que vén a representar un compendio da súa obra no que revisita moitos dos temas tratados en escritos anteriores16. No que atinxe ao noso Índice, limitarémonos a mencionar o título co que aparece na colección, xa que non se delimitan divisións inte- riores mediante epígrafes ou rótulos, como ocorre cos outros volumes: De la Obra de 660 Pliegos de el Reverendissimo Padre Maestro Fray MARTIN SARMIENTO; Benedictino QUE TRATA De Historia Naturàl, y de todo genero de Erudicion, con motibo de un papèl que parece se havìa publicado por los Abogados de la Coruña, contra los Foros, y Tierras, que poseen en Galicia los Benedictinos: Y la escriviò en Madrid, por los años de 1762. y siguien- tes. Sacada esta copia de su Original, para el Uso del Excelentissimo Señor Duque de Medina Sidonia. En Madrìd Año de 1772. Este título repítese nos cinco volumes, nos que só varía o número (1, 2, 3...). Empregaremos a numeración arábiga para indicar a orde na que aparecen os escritos dentro de cada volume, convención que tamén utilizaremos para sinalar os distintos escritos que nalgúns casos concorren dentro dunha mesma epígrafe ou rótulo (froito tamén da intervención dos escribáns). Utilizamos, por outra parte, letras naqueles casos nos que aparecen subdivisións internas. Destacamos en negra e entre corchetes o número de folio (recto, r, e verso, v) den- tro de cada volume.

16 O proxecto ‘Obras de Martín Sarmiento’ xa deu ao prelo os volumes segundo, terceiro e cuarto da Obra de Seiscientos Sesenta Pliegos (=volu- mes XIV, XV e XVI da Colección Medina Sidonia), e están para saír os tomos primeiro e quinto da mesma (volumes XIII e XVII da dita Colec- ción). Por razóns de clareza, na nosa edición titulamos a obra De historia natural y de todo género de erudición, que é o subtítulo que lle deu o autor.

Nº 370 190 Traballos de investigación e estudo BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

Cando se trata de escritos que non son da autoría de Sarmiento pero que os copistas inseriron na Colección, os corchetes van precedidos pola indicación “Intrusos”. Salientamos en cursiva os rótulos (a modo de anteportada) elaborados polos copis- tas ao comezo de boa parte dos escritos (estes inclúen o número de pregos de que cons- ta o papel) e tamén os índices que poden figurar ao final dalgúns deles (Índice de lo más notable...). En casos que entendemos de especial interese realizamos unhas pequenas notas acla- ratorias que figuran entre corchetes.

191 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Traballos de investigación e estudo

VOLUME I (Archivo de la Fundación Casa Medina Sidonia)

[Portada] Coleccion de las Obras del Pe. Mro. Sarmiento.

1. [1r-9v] Chronologia de los Escritos del Rmo. Pe. Mro. Fr. Martin Sarmiento, contenidos en esta Coleccion. Pliegos de cada uno, tomos, y Folios a que se hallan.

2. [11r-22v] Memorias pa. la vida del Pe. Mro. Fr. Martin Sarmiento, Benedictino, sacadas de los escri- tos contenidos en esta Coleccion de sus obras.

3. [23r-24v] Memoriales. “De lo que con Licencia de Nro. P. Mro. fr. Bernardo Gayoso Mro. Gral. de la Reli- gion, y Abad de este Monasterio de Sn. Martin de Madrid, tengo yo fray Martin Sarmto. ad usum desde 9 de Marzo de 1772. y en Adelante”.

4. [25r-38v] Este Sermon le predico el A. [Padre Avalle] en la Yglesia de Sn. Martin de Madrid, en las exequias, que se celebraron por el Alma del Pe. Sarmiento, el Domingo 7 de Febrero de 1773. 4 pliegos. Comprobados. Al Exmo. Señor Dn. Pedro Alcantara Guzman, Duque de Medina Sydonia etc. Gran- de de España de primera Clase, de la Orden del Foyson, y Gran Cruz de la distinguida de Carlos 3º etc. Caballerizo mayor de S.M.

5. [39r-41v] En la Yglesia de Sn. Martin de Madrid el Domingo 7 de Febrero de 1773 se solemnizaron las Exequias del Rmo. Pe. Mro. Fr. Martin Sarmiento, que avia fallecido en dha. casa en 7 de Diziem- bre de 1772, y en diferentes tarjetas que rodeaban el tumulo se leian los Elogios siguientes.

Nº 370 192 Traballos de investigación e estudo BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

6. [42r-44v] [Tres epitafios latinos e anécdotas do Padre Sarmiento]. 6.1. [42r] Varios epitaphios al Pe. Sarmiento, discurridos por diferentes sujetos. 6.2. [42r-44v] Anecdotas del Padre Sarmiento.

7. [45r-71v] 37. Alfavetos= unas Declinaciones y Congugaciones Arabes, y un plan pa. convinar los botos en los Capitulos, hecho todo pr. el Rmo. Pe. Sarmiento. 12 Pliegos. 7.1. [47r-63v] PANGRAMMATICÒN LEXICÒN, SIVE CLAVIS OMNIUM ALPHABETORUM NOVO = VETE- RUM. 7.2 [64r-64v] [Declinaciones y conjugaciones de la lengua arábiga]. 7.3. [67r-71v] Aplicación Al proxime futuro Sixtema del Capitulo.

8. [75r-93r] Romànce a la caida de la torre de la Cathedràl de Oviedo. Año de 1723. 1 Pliego. Romànzòn a la desgracia de averse caìdo la torre Cathedral de Oviedo el dìa de Santa Lucìa à 13 de Dizre. de 1723 = Lunes por la mañana a las siete y media. Habla el Poèta con un Peregrino Flamenco que venìa de Santiago.

9. [95r-229] Sarmiento contra Lesaca. Apologia del Discurso Medico del Theatro Critico. 16 Pliegos Original. Martinus contra Martinum. Apologeticon.

10. [236r-290v] Carta del Pe. Sarmiento à Dn. Carlos Montoya, Critico de Cortesìa. 4 pliegos.

11. [Intrusos] [291r-311v] 11.1. [291r] XAL NOVISSIMO IMPUGNADOR DE EL THEATRO CRITICO, QUE EN DOS TOMOS ACABA DE PARECER EN SALAMANCA. (Este soneto le compuso el Pe. Mro. Sarmiento, el año 1749, y le imprimio en una hoja volante).

193 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Traballos de investigación e estudo

11.2. [292r-299v] Explicacion de la doctrina contenida en los numos. 74 i 75 del undecimo Discur- so de el 8º tomo de el Theatro Critico Universal. 11.3. [300r-309v] Explicacion de la doctrina contenida en los numos. 74 i 75 del disc. 11 de el tomo 8º de el Theatro Critico Universal, que mando borrar el Santo tribunal. 11.4. [309v] Testificacion de el yerro de imprenta cometido en el numero 76 de el discurso un decimo de el 8º tomo de el Theatro Critico. 11.5. [310-311v] [Certificación na que expresa o número e clase de causas despachadas do Sr. Mar- qués de Aranda, fiscal xeral. México, 19 de xaneiro de 1751].

12. [312r-334v] Diogenes contra Democrito. Completo. 3 Pliegos. Díogenes contra Democrito. Repreguntas del Cavallero de la tenaza sin erratas; á las Respuestas con erratas del Cavallero de la trìste figura [...].

13. [336r-406v] El Por què sì y Por què Nò. 10 Pliegos. 13.a. [338r-405r] El Por què sì y Por què Nò Del P. Martin Martesinò. Satisfaccion Critico-Apolo- getica De su conducta. Por què sì, vive siempre tan retirado. Y Por què Nò, se pone al oficio de Escritòr. Manifiestase La reciproca conexion entre su Sì, y su Nò. Compendio De varias respuestas, que hà dado, a los que, ò en presencia, ò por Cartas, ò por interlocutor, hàn censurado su conducta en su Nò, y en su Sì. 13.b. [406r-406v] Yndize de lo mas Notable del Porque Sì, y Porque No.

14. [408r-550r] Viage que el Pe. Sarmiento hizo à Galicia el Año de 1745. 20 Pliegos. Apuntamientos. De tales quales cosillas, que Yo fr. Martin Sarmiento Benedictino, he observado en mi Jornada [...] A 9 de Mayo de 1745.

15. [553r-675v] Viage que el Padre Sarmiento hizo a Galicia el Año de 1754. 19 Pliegos Original. Viage que yò Fr. Martin Sarmiento, Benedictino, Hice, desde S. Martin de Madrid, à Galicia [...] Mes de Mayo de 1754.

Nº 370 194 Traballos de investigación e estudo BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

VOLUME II (Museo de Pontevedra) [Portada] Coleccion de las Obras del Pe. Mro. Sarmiento.

1. [1r-139v] Congeturas para establecer algunas etimologias de diferentes voces que se usan en España, segun la observacion del Revmo. Padre Maestro Sarmiento, cuya obra la empezò el año 1730, y la fue continuando despues por todo el curso de su vida según le yban ocurriendo las voces en la lectura, o conversacion, y procede por Alphabeto. Original 29 Pliegos de marquilla. Al principio està el de otra Obra en que yntentò averiguar las costumbres, ceremonias, jue- gos, y otros usos antiguos de España; pero que no prosiguiò. 1.1. [3r-5v] COSTUMBRES, ETHIQUETAS, CEREMONIAS, JUEGOS, Observaciones, Supersticiones, y Vulgaridades, que se practican en diferentes partes de España: Refranes, Frases, Dichos, y hechos que oy se aplican a otros, y de lo que hay al guna noticia en Autores antiguos. Advertialo yo Fray Martin Sarmiento, Monge Benedictino, y Profeso en San Martin de Madrid. Año de 1730. 1.2. [6r-139v] CONJETURAS Para establecer algunas Etimologias de diferentes voces que se usan en España, segun la Observación de mi Fray Martin Sarmiento, Monge Benedictino, y Profeso en San Martin de Madrid.

2. [147r-586v] Noticia de Varios Còdices Mstos. è imprèsos, y observaciones hechas por el Pe. Maestro Sar- miento en su letura. Por Alfabèto de los Apellidos. 50 Pliegos Original. Extractos de varios Codices M.Stos. è Ympresos. 2.1. [151r-160r] Nº. 1º. Poemas de Gonzalo de Berceo Voces, y Frases Castellanas antiguas. 2.2. [161r-214r] Nº. 2º. Biblia Ferrariense En Castellano Antiguo Traducida. 2.3. [215r-242r] Nº. 3º. El Libro del Thesoro de Bruneto Latino Mro. del Dante; El qual tesoro mandò traducir en Castellano el Rey Dn. Alonso el Sabio. 2.4. [243r-253v] Nº. 4º. Conquista de Ultramar. 2.5. [254r-269r] Nº. 5º. Reflexiones Sobre el Diccionario de la Lengua Castellana, que compuso la Rl. Academia Españòla en el año de 1726.

195 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Traballos de investigación e estudo

2.6. [270r-276r] Nº. 6º. Sobre un Codice Mto.S. en Castellano, de Medicina, su Autòr Estepha- no, natural de Sevìlla. Mto.S. Anecdoto. 2.7. [277r-282r] Nº. 7º. Apuntamientos Para exornar el Theatro Critico del Pe. Mo. Feixòo. Dis- curso, Paradoxas Physicas. 2.8. [283r-295r] Nº. 8º. Fuero Juzgo. Reflexion. 2.9. [296r-304r] Nº. 9º. Cura de la Piedra, y dolor de la Yjada, y Colica rrenal. 2.10. [305r-336v] Nº. 10º. Algunas Curiosidades, Experiencias, Machinas, y observaciones sacadas de los tres tomos de a folio, del Magisterium Naturae, et Artis, que sacò à la luz el Padre Franco. Tercio de Lanis, Jesuita, por los años de 1680. 2.11. [337r-342r] Nº. 11º. Anonimo. Y ès un fraile Franciscano de la Provincia de los Angeles, el quàl escrivio mucho de Medicina, Cirugia, y Botica, y todo lo hè visto en un tomo grueso en folio, V.g. 2.12. [342r-343v] Nº. 12º. Ruy Diaz de Ysla, tratado contra el mal serpentino, que vulgarmente en España, ès llamado Bubas. 2.13. [344r-349v] Nº. 13º. Nobiliario del Conde Dn. Pedro. 2.14. [350r-352r] Nº. 14º. Noticia de un Codice, en que se contienen varias Historias antiguas; escrito por Juan de Oviedo. 2.15. [353r-359r] Nº .15º. Historia de Ruy Diaz de Vivàr, ò de el Cid Campeador. 2.16. [360r-389v] Nº. 16º. Poèma de Juan Ruyz Arcipreste de Hita. 2.17. [390r-396v] Nº. 17º. Nota. A dos Còdices Arabigos que hè visto, à 16 de Febrero de 1747. 2.18. [397r-397v] Nº. 18º. Nota. Estos pedazos del rollo se pusieron en la Bibliotheca Rl. con estas Notas mias. 2.19. [398r- 406v] Nº. 19º. Algunas Curiosidàdes Experimentàles, sacàdas de la Physio-logia de Mr. L’. Staîr, Inglês.

Nº 370 196 Traballos de investigación e estudo BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

2.20. [407r-412r] Nº. 20º. Juicio sobre la obra del Varòn de Suedemberg. 2.21. [413r-421v] Nº. 21º. Epilogo en Medicina, y Cirugia conveniente a la salud. 2.22. [421v-431v] Nº. 22. Menor daño de Medicina. 2.23. [432r-524r] Nº. 23. Citas de algunos Autòres Curiosos.

Lombos dos tres volumes custodiados no Museo de Pontevedra

197 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Traballos de investigación e estudo

2.24. [525r-570v] Nº. 24. Precios De algunos Libros, segun los diferentes Catalogos, que hè visto impresos, de Leon, Parìs, Ginebra, Holanda, Ynglaterra, Venecia, etc. 2.24.1 [529-550] Noticia De algunos Libros raros, mas raros, y rarisimos, sacada de un Catalo- go de Libros, que Adrian Moetiens Librero de la Haya de Holanda, imprimiò allì en 1732, en 4º. para venderlos, y contenia cerca de 15.000 ò 20.000 Libros. Las notas de las tres clases de raros, son R= RR= RRR. 2.24.2. [551r-570v] Libros Raros que tengo. Segùn David Clement. 2.25. [571r-586v] Nº. 25. Fueros de la Villa de Madrid.

3. [589r-744r] Elementos Etymologicos segun el methodo de Euclides. [...] Original 20 pliegos. 3.a. [591r-740v] Elemèntos Etymològicos. Segùn El Mèthodo de Euclides. Para averiguàr, Por la Analogica alteracion de la Lengua Latina, En todos sus Dialectos, El primitivo orìgen de muchissimas voces, yà Antiquadas, yà Vulgares, que se hallan escritas, ò actualmente se usan en las Provincias de España. [...]. 3.b. [741r-744r] Yndize de lo mas notable de los Elementos Etymologicos.

Nº 370 198 Traballos de investigación e estudo BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

VOLUME III (Archivo de la Fundación Casa Medina Sidonia)

[Portada] Coleccion de las Obras del Pe. Mro. Sarmiento.

1. [1r-445r] Coleccion de Voces, y Frases Gallegas en Coplas, y un Glosario de dichas Voces por el Pe. Mro. Sarmiento. 70 Pliegos. Dedicado al Pe. Mro. Franzco. de Rabago, Confesor del Rey [...]. 1.a. [3r-7v] [Dedicatoria a Francisco de Rabago, con data do 14 de xaneiro de 1751]. 1.b. [8r-57v] Coleccion de muchas palabras, voces, y frases gallegas, que el año de 1745 oì, leì, y observè en Galicia, estando à divertirme en la Villa de Pontevedra, en donde me hè criado, y aviendo andado por varias partes de el Reyno. 1.c. [60r-432r] Glossario Para la inteligencia de todas las vozes de la Lengua Gallega, y en espe- cial de la qe se habla en la Villa de Pontevedra, y en sus cercanìas; las quales reco- pilè en las 1.200 Coplitas Gallegas, que formè en boca de dos chicos, y dos chi- cas gallegas, que estaban en Madrid el año 1746, quando murio Phelipe 5º y finjo que havian tenido sus coloquios, en el Llano de Piedrahita à vista de Pontevedra, y sigo el orden de las Coplas. 1.d. [433r-444r] Yndice de lo mas notable de la Coleccion de Voces Gallega en Coplas, y su Glosario. 1.e. [445r] Tabla de las Figuras que ay en esta obra.

2. [449r-743r] Onomastico Etymologico en 36 Pliegos. 2.a. [451r-729v] Onomastico Etimologico De La Lengua Gallega. En el qual, Siguiendo, por cla- ses, los Mixtos de la Historia Natural; poniendo al principio, por el A.B.C. los nombres Latinos; coloco los nombres que corresponden en Gallego, y por acaso, en Castellano, Frances, Ytaliano; y en otros Idiomas vulgares. 2.b. [732r-743r] Yndice de lo mas notable del Onomastico de la Lengua Gallega.

199 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Traballos de investigación e estudo

VOLUME IV (Archivo de la Fundación Casa Medina Sidonia)

[Portada] Coleccion de las Obras del Pe. Mro. Sarmiento.

1. [1r-11r] Estromaton, o tapiz Curioso Artificioso de toda la Lengua Castellana. 1 Pliego. Estromatòn Del Camarìn de Minerva, y Apòlo, ò tapìz artificioso de toda la Lengua Castellana, en que se dibuxan.

2. [13r-17v] Sobre el Orìgen de la Voz Alajòr. Medio Pliego.

3. [19r-24v] Origen de la Voz Escurial. Un Pliego. Origen de la Voz Escurial.

4. [27r-73v] Bibliotheca de la Santa Yglesia de Toledo. Borrador de los Libros que en ella registrè el año de 1727. La otra mitad de Libros los registrò el Mro. Mecolaeta en cuya compañía estuve yò Fray Martin Sarmiento. 13 Pliegos. Memoria de los Libros de esta Libreria, dividida por Facultades, y con expresion de todos los Autores que se hallan en cada Cuerpo.

5. [75r-80v] Titulo de Convenio de la Sta Iglesia de Toledo, de la era 1246, en latin de aquel tiempo. 1 Pliego.

6. [83r-333r] Cathàlogo de Vozes, y fràses de la Lengua Gallega, que el Pe. Mro. fr. Sarmiento oiò estan- do en Galicia, y con especialidad, en la Villa de Pontevèdra, en los años de 1745, 1754, y 1755. 28 Pliegos. Memoria De algunos nombres, verbos, expresiones, y fràses etc. de la Lengua Galle- ga, que oì, estando en Galicia el verano de 1745, y con especialidad, estando en la Villa de Pontevèdra.

Nº 370 200 Traballos de investigación e estudo BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

7. [346r-382r] Carta al Pe. Terreros sobre el origen de la Lengua Gallega, y sobre una Paleographia Espa- ñola. 4 Pliegos. 7.a. [347r-378r] Carta en Respuesta al Rmo. Pe. Mro. Estevan de Terreros, sobre el origen de la Lengua Gallega, y sobre la Paleographia Española. [16 de xaneiro de 1755]. 7.b. [379r-382r] Carta adjunta a los Pliegos precedentes. [17 de xaneiro de 1755].

8. [383r-464r] Orìgen del nombre, y Casa de San Julian de Samos: Monasterio de Benitos en Galicia. 19 Pliegos. Origen del nombre, y Casa de San Julian de Samos: Monasterio de Benitos en Galicia.

9. [465r-521v] Apuntamientos para un discurso Apologetico sobre Etymologias, y Methodo para aplicar los Elementos Etymologicos al Onomastico de la Lengua Gallega. 10 Pliegos Apuntamientos para mis Elementos etymologicos.

10. [523r-593v] Discùrso Apologètico sobre Etymologìas. 8 Pliegos. Discùrso Apologetico Por el Arte de Rastreàr Las mas oportùnas etymologias De las Vozes Vulgàres.

201 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Traballos de investigación e estudo

VOLUME V (Archivo de la Fundación Casa Medina Sidonia)

[Portada] Coleccion de las Obras del Pe. Mro. Sarmiento.

1. [1r-16r] Sobre el Phenòmeno del Cuerpo del Guardia de Corps que sudò muchos dias continuados despues de tenerle por Cadaver. 4 Pliegos.

2. [17r-31r] Sobre la Quadratura del Circulo. 3 Pliegos. Comprobados. Quadratura del Circulo, al parezer hallada, y noticia de los motivos, y medios, de su hallazgo.

3. [32r-82v] Sobre la preferencia de los Collàres en el Rl. Escudo: Año 1748=3 Pliegos. Y Blasòn, y Emblemas. 9 Pliegos. 3.1. [35r-46v] [Carta dirixida ao Exmo. Señor Marqués de la Ensenada, 8 de xuño de 1748] 3.2. [48r-82v] Apuntamientos Para formar una Empresa, segùn todo el rigor de las Leyes, que pueda servir para la nueva Academia Medico-Matritense: cuyos Estatutos se aprobaron à 13 de Septre. de 1734. [En setembro de 1750 escribiu outro papel dando diferentes textos e asuntos para formar unha empresa da Real Hermandad de los Hospitales desta Corte, no que cita os anteriores para a empresa da Aca- demia Médico-Matritense = Cronoloxía 1750]

5. [83r-120v] Origen de los Maragàtos. 5 pliegos original. 5.a. [85r-118v] Orìgen de los Maragàtos. 5.b. [120r-120v] Yndize de las cosas mas notables del Papel orìgen de los Maragatos.

6. [121r-224v] Monèdas, è Inscripciones antiguas. 15 Pliegos. 6.1. [125r-165r] [Inscripcion de un Lignum Crucis].

Nº 370 202 Traballos de investigación e estudo BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

6.1.1. [125r-164r] Inscripcion de un Lignum Crucis. 6.1.2. [165r] Yndize de lo mas notable del Papel sobre el Lignum Cruzis de la Casa del Sor. Duqe. del Ynfantado. 6.2. [167r-189v] Monèdas Romànas, Griegas, Gothicas, Runicas, Hebrèas, Castellanas, Arabigas, Antiguas, etc. Que Yò Fr. Martìn Sarmiento, Monxe Benito, profeso en San Martin de Madrid, à 24 de Mayo de 1711 y aviendo nacido en 9 de Marzo de 1695, hè visto, y hè manejado, con la explicacion de algunas. 6.3. [190r-216r] Nombres, valores, y cotejos de varias Monedas Españolas, antiguas, y Estrange- ras, cuya noticia hallè en los Privilegios, Bullas, Libros, y otros Instrumentos ori- ginales, que se guardan en el Archivo, y Bibliotheca de la Sta. Yglesia de Toledo, Primada de las Españas: adjunto el año, ò Era. 6.4. [216v-221v] [Resposta do 29 de novembro de 1756, na que manifesta que a expresión Regis His- paniarum non é signo de falsidade nun Privilexio do rei D. Fernando II de León]. 6.5. [222r-224v] [Resposta dirixida ao Marqués de Grimaldi, con data do 8 de decembro de 1764, por mor da autenticidade de 76 inscricións de Granada].

7. [227r-233v] Antiguedad del Papèl. 1 Pliego Original.

8. [235r-260v] Meteòro llamado Castor, y Pollux. 3 Pliegos Original. 8.a. [237r-259v] Meteòro, Què Los Gentiles llamaban, Castor, y Pollux Y Que despues, se chris- tianizò con la Apàricion de diferentes Santos. 8.b. [260r-260v] Yndice de lo mas notable de Castor y Pollux.

9. [263r-411v] Copia del Papel de las Bubas del Pe. Sarmiento, que tiene 13 Quadernillos, de Copia y 34 pliegos de original. 9.a. [267r-400v] ORIGEN Y ANTIGUEDAD, de las BUBAS. Punto Singulàr SOBRE EL UBI, y èl QUANDO se manifestò el Màl de BUBAS, ò Màl FRANCÈS [...].

203 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Traballos de investigación e estudo

9.b. [403r-411v] Yndice de lo mas notable del Papel sobre el origen y Antiguedad de las Bubas.

10. [413r-420v] Noticia de unas monedas Antiguas de Plata, y de unos dixes mugeriles, y Pueriles de Plata Fina, que se desenterraron en Vizcaya. Un Pliego. Noticia De unas Monedas Antiguas de Plata, y de unos Dixes Mugeriles y pueriles de Plata fina, que se desenterraron en Vizcaya.

11. [423r-443r] Carta familiar y divertida sobre Mascaras, y disfraces. 2 Pliegos. Carta Familiar, y Divertida, Sobre Muchos Generos, y Especies de Mascaras, Disfràces, y Mogigàngas. Con la explicación de sus nombres [...].

12. [445r-533v] Cartas Oraciones, y Aprovaciones. 13 Pliegos original. Comprobado. 12.1. [449r-451v] [Carta a Juan Crisóstomo de Olóriz, con data do 24 de xuño de 1735]. 12.2. [452r-459r] [Censura de España primitiva, con data do 8 de decembro de 1738]. 12.3. [460r-464v] [Resposta a Joseph Blanchino, con data do 29 de marzo de 1745]. 12.4. [465r-468r] [Carta ao xeneral e abades de San Benito, con data do 16 de agosto de 1746]. 12.5. [469r-473r] [Sermón aos confrades da Sacramental de San Martín, con data do 9 de xuño de 1748]. 12.6. [474r-477r] [Exhorto dirixido aos monxes por mor da moderación e temperanza en tempos de Coresma segundo a Regra de San Benito, con data do 24 de febreiro]. 12.7. [478r-479r] Sobre una oracion en alabanza de la Lengua Española año 1759. 12.8. [480r-491r] [Censura dunha oración de D. Tomás Fernández de Mesa, xuño de 1759]. 12.9. [492r-497v] [Carta a un cabaleiro inglés, con data do 16 de xaneiro de 1764]. 12.10. [498r-499v] [Resposta a por que se deben cortar as uñas en minguante e non en crecente, con data do 31 de agosto de 1764).

Nº 370 204 Traballos de investigación e estudo BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

12.11. [500r-505r] [Carta ao Duque de Medina Sidonia sobre a orixe da mesta e danos que ocasio- na este gando, con data do 3 de setembro de 1765]. 12.12. [506r-508v] Sobre la Academia de Agricultura establecida en Galicia [con data do 2 de abril de 1765]. 12.13. [509r-510r] [Observación sobre a exposición aos terremotos das costas do mar Océano, xaneiro de 1766]. 12.14. [511r-514r] [Desaprobación do sistema dun relixioso leigo carmelita sobre a corrección dos tempos, con data do 27 de setembro de 1766]. 12.15. [Intruso] [515r-517r] [Carta sen data nin conclusión, escrita por un bispo de Mondoñedo e dirixida a un ministro do rei]. 12.16. [518r-521r] [Fragmento dun libro de Juan de Guzmán do ano 1586 no que eloxia a vila de Pontevedra]. 12.17. [522r-527r] [Representación á S.M. feita a nome do bispo de Mondoñedo sobre a renuncia daquel bispado, véxase 12.15.]. 12.18. [528r-530v] [Fragmento do memorial dado á S.M. no ano 1765, no que se queixa do privile- xio concedido á compañía de impresores e libreiros de España. Anuncia unha total ruína da literatura no reino se se lles quita aos autores a facultade de doar ou deixar en herdanza os seus privilexios ás súas Casas ou familias]. 12-19. [531r-531v] [Carta sobre o mesmo asunto da do 16 de agosto de 1746, véxase 12.4.]. 12.20. [532r-533v] [Carta escrita en 1735 na que o autor, como cronista da Relixión, lle suplica ao xeneral o liberen do cargo de depositario de quindenios].

205 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Traballos de investigación e estudo

VOLUME VI (Archivo de la Fundación Casa Medina Sidonia)

[Portada] Coleccion de las Obras del Pe. Mro. Sarmiento.

[Anteportada] Providencias para aumentar la literatura en España.

1. [3r-50v] Reflexiones Literarias para una Bibliotheca Real, y para otras Bibliothecas publicas. Dizbre. de 1743; son 22 Pliegos. Reflexiones Literarias Para una Bibliotheca Rl. y para otras Biblothecas publicas. Diziembre de 1743. 22 Pliegos. [Orixinal de Sarmiento. Este documento inclúe dúas car- tas dirixidas a don Juan de Iriarte].

2. [51r-92v] Sobre los Codices M. Stos. Orientales de la Rl. Bibliotheca del Escorial. 16 Pliegos. 2.a. [53r-68r] [Carta a Francisco de Rávago, con data do 6 de febreiro de 1750]. 2.b. [69r-80v] [Carta a Francisco de Rávago, con data do 12 de decembro de 1750]. 2.c. [81r-82v] [Carta a Francisco de Rávago, con data do 18 de decembro de 1750]. 2.d. [83r-84v] [Carta a Miguel Casiri, con data do 17 de xullo de 1751]. 2.e. [85r-92v] Yndice de lo mas notable del Papel Reflexiones Literarias para una Bibliotheca Real. Y de las Cartas al Pe. Rabago, sobre los M.SS. del Escurial.

3. [95r-105v] Dos Cartas del Reverendisimo Pe. Mtro. Sarmiento a el Yttmo. Padre Francisco de Ràbago, Confesor de S.M. del año 1749 sobre la publicacion de Codices, de Concilios, Leyes, y Obras antiguas de España y ereccion de Ymprentas Reales en Madrid para su ympresion encargando esto a la Real Academia de la Historia. 5, y Pliegos original.

4. [107r-181r] Catalogo para formar una Libreria Curiosa. 2 Pliegos. Esta copia no es sacada del original. Por eso hierve de mentiras.

Nº 370 206 Traballos de investigación e estudo BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

Catalogo de algunos Libros curiosos y selectos para una Libreria de un particular. Authores originales Latinos y Griegos.

5. [183r-282r] Educacion de la Juventùd. 10 Pliegos. Educacion de la Juventùd. Auto-didactus como San Augustìn, Theodidactus.

6. [283r-327v] Sobre Methodo de Estudios. 5 Pliegos. Sobre methodo de Estudios.

7. [328r-330r] Apuntamientos Para un Plan o arvitrios, sobre la Promocion de la Literatura en España, que compreenda todas sus partes. De Bibliotecas, Ymprentas, Libreros, Privile- gios Laminas etc. = Reimpresiones, e Ympresiones etc.

8. [331r-337v] Respuesta del Rmo. Sarmiento â la Consulta del Consexo Sobre Censores de libros.

9. [339r-571] Sobre la Poesia Española. 9.1. [340r-388v] Carta à Monseñor Valentì sobre la Poesia Española. 12 Pliegos. Borrador de Carta â Monseñor Valenti sobre la Poesia Española, pareze que por dimi- nuta no se remitio esta [Con data do 16 de setembro de 1741]. 9.2. [389r-571r] Completo. Poetas Españoles. Tiene el original de estos 50 Pliegos el Exmo. Sor. dn. Alfonso Clemente Arostegui, y los huvo del sobrino del Cardenal Valenti. [Con data do 21 de abril de 1745]. Memorias para La Historia de la Poesia y Poetas Españoles etc. Dirigida Al Emo. y Rmo. Sr. Monseñor Dn. Sylvio Valenti Gonzaga. Cardenal de la Sta.Yglesia de Roma, Secretario de Estado de su Santidad etc.

207 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Traballos de investigación e estudo

VOLUME VII (Archivo de la Fundación Casa Medina Sidonia)

[Portada] Coleccion de las Obras del Pe. Mro. Sarmiento.

1. [1r-285v] Real Palacio Papeles del Pe. Mro. Sarmiento sobre sus adornos. 73 pliegos de original. 1.a. [7r-53v] Sobre adornos de Estatuas del Rl. Palacio de Madrid, en 15 pliegos, continuando los 8? que escriviò el año 743. [30 agosto de 1747]. 1.b. [59r-63v] Sobre el Leon Coronado para el Frontispicio del Rl. Palacio. [22 de decembro de 1747]. 1.c. [ 64r-65v] [Carta/resposta dirixida a don Balthasar Elgueta, con data do 15 de xuño de 1749] 1.d. [67r-77r] Sobre Adornos de Escultura de las dos Escaleras principales del Rl. Palacio. Sobre Adornos de Escultura de las dos Escaleras principales del Rl. Palacio. [2 de agosto de 1748]. 1.e. [79r-102r] Sobre las Estatuas que se han de colocar en lo interior del Rl. Palacio, è inscrip- ciones que en el se han de poner. [14 de xuño de 1749]. 1.f. [ 103r-112r] Sobre las Estatuas de Reyes de España para el Real Palacio. 2 pliegos. [7 de xullo de 1749]. 1.g. [115r-140r] Plano de toda la Serie de los Reyes de España, y de otros Adornos de la Coronacion del Rl. palacio nuevo. 6 Pliegos. Plano de toda la serie de los Reyes, y de otros Adornos, de la coronacion del Rl. Palacio nuevo. [1750] 1.h. [141r-144r] Representacion Al Sor. Yntendente de Palacio. [2 de maio de 1750]. 1.i. [145r-150v] Inscripcion Para todo el Friso del nuevo Real Palacio. [12 de maio de 1750]. 1.l. [151r-161v] Representacion. [Representación na medalla da fachada da contraporta. 24 de setembro de 1750].

Nº 370 208 Traballos de investigación e estudo BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

1.m. [163-198v] Sobre la tapiceria del nuevo Rl. Palacio. 10 Pliegos. Distribucion de las mas famosas acciones del Rey Padre, para que se puedan representar en Tapizerias. [23 de setembro de 1752]. 1.n. [201r-285v] Sobre Adornos de la Capilla del nuevo Rl. Palacio. 13 Pliegos primera parte. Esta obra esta falta de su principio, y en el medio. Correxido. 25 Pliegos. 1.n.1. [202r-241v] Propuesta De unos Adornos de Pintura para la nueva Rl. Capilla. [4 de setem- bro de 1753]. 1.n.2. [242r-285v] Continuacion De los doze pliegos que el dia seis de septiembre del año pasa- do de 1753, remiti al Exmo. Sor. Dn. Joseph Carvajal, y Lancaster, y que con- tenian una idea de los Adornos de Pintura, para la nueba Capilla Rl. [7 de marzo de 1754].

2. [290r-478v] Sobre Caminos Generales. 30 Pliegos. 2.a. [292r-294v] [Carta ao Conde de Aranda na que lle comunica a remisión dos trinta pregos que conteñen os Apuntamientos sobre a necesidade e utilidades duns bos camiños reais en España. Con data do 25 de xullo de 1757]. 2.b. [295r-475r] Apuntamientos para un discurso sobre la necesidad que ai en España de unos buenos Caminos Reales, y de su publica utilidad, y de el modo de dirigirlos, demarcarlos, construirlos, comunicarlos, medirlos, adornarlos, abastecerlos, y conservarlos. 2.c. [475r-475v] Carta del Señor Conde de Aranda. [10 de agosto de 1757]. 2.d. [476r-478v] Yndice de lo mas notable de los 30 pliegos sobre Caminos.

209 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Traballos de investigación e estudo

VOLUME VIII (Archivo de la Fundación Casa Medina Sidonia)

1. [1r-65v] Noticia de un Estracto de el Libro Bezerro de Zelanoba. 12 Pliegos original. Noticia de un Extracto de el Libro Becerro de Celanova, que vi, y lei.

2. [67r-82v] Apuntamientos de diferentes Autòres Sagrados, y Profànos, para el Pleyto de la Presenta- cion de las Abadìas de los Monxes Benedictinos, contra el Rey. 2 Pliegos. Apuntamientos. De diferentes Autòres Sagràdos, y Profànos, para exornàr el Papel, ò Memorial, que se ha de formàr, sobre que el Rey nò debe presentàr nuestras Abadìas; con tal quàl reflexion de mi fr. Martin Sarmiento. Comenzè à 11 de Dizre. de 1735.

3. [85r-121r] Planta Curiosa sobre entablar el adelantamiento de los Estudios en la Congregacion Bene- dictina de españa. 5 Pliegos. Planta Curiosa, sobre Entablar el Adelantamiento de los Estudios curiosos, en la Congregacion Benedictina de España.

4. [122r-348v] Sobre el 8 pr. 100 repartido à la Congregacion Benedictina de España. 6 Pliegos Sobre el estado presente de la Religion de Sn. Benito de en España. 25 Pliegos Sobre las uniones de Monasterios de Monjas de las Religiones Militares Monges de S. Beni- to 4 Pliegos. 4 Pliegos 35 4.1. [126r-178v] Borron para una Carta, que escrivirè á un Amigo, que me pregunte en que esta- do està el 8 por 100 tocante á nuestra congregacion Benedictina de españa. 21 de Marzo de 1743. 4.2. [180r-327r] [Segunda carta sobre o mesmo asunto, con data do 21 de marzo de 1743: “Sn. Martin de Madrid, y Marzo 21 de 1743 en el mismo dia, mes, y año, en que ya hace 12 siglos, ó 1200 as. que aquel santissimo Patriarca [Sn. Benito] subio al Cielo”]. 4.3. [329r-348v] [Carta dirixida a Francisco de Rávago, con data do 29 de xuño de 1747, na que dá noticia da pobreza que xeralmente padecen os conventos de monxas pola mala administración das súas rendas].

Nº 370 210 Traballos de investigación e estudo BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

5. [352r-370v] Sobre la Lexitimidad de unos Privilegios Antiguos, en Carta de 4 de Sepbre. de 1744. 5 Pliegos. Sobre la lexitimidad de unos Privilexios antiguos.

6. [372r-389r] Sobre que las Obras del Yttmo. Feyxoo, y su producto se apliquen perpetuamente a la Casa de Sn. Julian de Samos, en Carta de 25 de Marzo de 1750 al Pe. Mro. fr. Helladio de Noboa, Abad de dha. Casa. 4 Pliegos. Sobre que las obras del Illmo. Feyjoò y su producto se apliquen perpetuamente a la Casa de Sn. Julian de Samos.

7. [390r-470r] Sobre Ynstrumentos Antiguos. 11 Pliegos. Otro tomo en folio y foliado, de Ynstrumentos Antiguos (copias).

8. [472r-480v] Extràctos de Privilegios, y Documentos antiguos en Latin. 1 Pliego.

9. [482r-499v] Sobre una reliquia de Santiago. 2 Pliegos. Reflexiòn Historico Critica Sobre la preciosa Reliquia, qe. ès un brazo de el Apostol Santiago, el Mayòr, y que se conserva, y venera en el Convento de Santiago de Uclès.

10. [500r-521r] Codigos Gothicos de la Libreria de Sn. Ysidro de Leon, y del Archivo de la Cathedral. 3 Pliegos. Codigos Goticos de la Libreria de Sn. Ysidro de Leon: y del Archivo de la Cathedral.

11. [522r-533r] Carta al general de Sn. Benito, sobre trabajarse por la Congregacion un Cuerpo Diploma- tico para la Historia de España. 1 Pliego. [Carta con data do 20 de xuño de 1770].

12. [536r-558v] Diplomatica del Pe. Ybarreta. 12.1. [538r-539v] [Carta asinada en Náxera o día 7 de setembro de 1772]. 12.2. [540r-558v] Apparato, y Prontuario de la Historia Universal Eclesiastico-civil Diplomatica de España.

211 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Traballos de investigación e estudo

13. [Intrusos] [560r-629r] 13.1. [560r-603v] [Cinco cartas que non son de Sarmiento. (Miguel de Ruete a Campomanes coa súa respectiva resposta)]. 13.2. [604r-610r] Methodo de preparar Materiales para el Aparato de la Historia Universal Ecle- siastico-civil de España. 13.3. [611r] Receta para tinta de escritos que se hayan de gravar. 13.4. [611r-611v] Modo de sacar copias para gravar. 13.5 [611v-614r] Modo de copiar inscripciones de lapidas etc. al natural. 13.6. [614r] Methodo de la formacion del Cathalogo Alphabetico Genealogico de los Reyes de España. 13.7. [614v] Methodo para formar los Indices de Cancellarios Notarios escrivientes. 13.8. [614v] Modo de sacar cualquier dibujo del transparente al papel blanco. 13.9. [614r-614v] Methodo de la formacion del Cathalogo Alphabetico Genealogico de los Reyes de España. 13.10. [615r-629r] [Carta de Íñigo Álvarez de Mendieta, procurador xeral da Congregación de San Benito, datada en Madrid o día 16 de 1773].

Nº 370 212 Traballos de investigación e estudo BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

VOLUME IX (Archivo de la Fundación Casa Medina Sidonia) 1. [1r-32r] Sobre el cerco de Pontevedra original. 7 pliegos. 1.a. [3r-6v] [Carta a Francisco de Rávago, con data do 7 de febreiro de 1750]. 1.b. [7r-32r] [Carta sin concluír escrita polo autor en 1749, sobre o cerco de pesquería en Pon- tevedra, a xeografía antiga da vila e costas de Galicia].

2. [33r-59v] Apuntamientos para Pontevèdra, y Galicia, y regla gral. para rastrear los Nombres Anti- guos de los Sitios de Galicia. 4 pliegos. 2.a. [35r-36r] Regla Generàl. 2.b. [36v-59v] Apuntamientos Para Pontevèdra, y para Galicia.

3. [61r-73r] Situacion y Clima de Pontevedra. 2 Pliegos. Situacion y clima de Pontevedra.

4. [75r-112r] Plano de un nuebo y facil methodo para formar una General descripcion Geografica de España. Plano De un nuebo y facil Methodo Para Recoger infinitos materiales, y ciertas Memorias, Que puedan servir de solido fundamento; [...] Propuesto en una carta fami- liar a un Amigo, Año, en el qual.

5. [119r-201v] De las utilidades, que se seguiràn si se compone el antiguo camino de carros, Desde el Ribe- ro de Avia hasta Pontevedra. Original 19 Pliegos. 5.a. [123r-129r] [Carta con data do 28 de abril de 1751, dirixida a don Pedro Martinez Feijoo, para que lle remita os 18 pregos (“de mi letra, que ideè, escrivi, y acavè el Lunes, en menos de 15 mañana; pero como ha sido preciso quedarme con una tal qual copia, y los que me copian tardan mas en eso, que Yo en pensar, y en escrivir, por eso no hè podido antes remitir los dichos 18 Pliegos de mi original”) ao Marqués de la Ensenada.

213 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Traballos de investigación e estudo

5.b. [130r-201v] De las utilidades, que se seguiràn, si se compone el antiguo camino de carros, desde el Ribero de Avia, hasta la villa de Pontevedra: y si se continua desde el Ribero, por Orense, hasta salir â Castilla.

6. [203r-240v] Confirmacion De que El origen de la Fabula del Meco, y del Chasco naciò fuera de Gali- cia. 6 Pliegos. Confirmacion de que El origen de la Fabula del Meco, y del Chasco nacio fuera de Galicia.

7. [241r-309v] Origen de la voz Gallega Mixiriqueyro. 11 Pliegos. 7.a. [243r-307r] Orígen de la Voz Gallega Mixíríquèyro. 7.b. [308r-309v] Yndize de las Cosas mas notables deste papel, Origen de la Voz Gallega Mixiriquey- ro.

8. [313r-321r] Etymologia de el Nombre del Lugar de Sn. Martin de Sacar de Bois. 1 Pliego. Etymologia De Sacar de Boys.

9. [323r-368v] Geographia de las 4 Vias Militares Romanas que salian de Braga, â Astorga. 7 Pliegos. Geographìa De las Quàtro Vias Militàres Romànas, Que Salìan, de Bràga, à Astór- ga. Via IIIª Desde Bràga, à Astòrga; Por los Puèblos Quarquèrnos.

10. [369r-375r] Etymologia de la Voz Val de Orras, y de su Puente Cigarrosa. Un Pliego. Etimologia de la Voz Vàl dè Orràs Y de su Puente Cigarròsa.

11. [377r-403v] El Verdadero Miño, Y Municipio de Lais. 3 pliegos. El Verdadero Miño: Y Municipio de Lais.

12. [405r-412v] Castellànos de Orense. 1 pliego original. Castellànos de Orense.

Nº 370 214 Traballos de investigación e estudo BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

13. [415r-430v] Ynscripcion Romàna en la Limia, al Norte de Jinzo. 2 Pliegos. Ynscripcion Romàna en la Limia, al Norte de Jinzo.

14. [431r-504v] Problema Chorographico para describir à Galicia con un nuevo Methodo, escrito en 1762. 12 . Problema Chorografico Para describir Todo el Reyno de Galicia.

15. [505r-572v] Descripcion del Reyno de Galicia por Partidos, y Jurisdicciones Año 1750. Sacada de las Relaciones hechas con motivo de la averiguacion de Haciendas del Catastro, ó Unica Contri- bucion: Y la copio de su letra el Padre Mtro. Sarmiento el año 759 de un trasunto que poseìa el Reverendissimo Florez. Tiene 31, y Pliegos de original. DESCRIPCION DE EL REINO DE GALICIA, POR PARTIDOS, Y JURISDIC- CIONES. Año de 1750. y en adelante.

16. [575r-605r] Principado de Asturias. 10 Pliegos. Comprobado. Principado De Asturias.

17. [607r-613r] Lugares de Astorga. 2 Pliegos. Comprobado. Astòrga Lugares.

215 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Traballos de investigación e estudo

VOLUME X (Archivo de la Fundación Casa Medina Sidonia)

[Portada] Coleccion de las Obras del Pe. Mro. Sarmiento.

1. [1r-211r] Apuntamientos para una Botanica Española, escritos por el Reverendissimo Padre Maes- tro Fray Martin Sarmiento, desde el año 1745 hasta 1757. 55 Pliegos Original. 1.a. [3r-13v] APUNTAMIENTOS Para un Proyecto de formar en España un Systema de Botanica, y una Historia de sus vegetables, en menos de tres Años. 20. DE AGOSTO DE 1751. 1.b. [13v-15r] PLANOS. Para una Historia Natural. 1.c. [15r-18v] INTERROGATORIO por extenso. 1.d. [18v-20v] TITULO. YDEA De una Historia Universal de todos los Vegetables que nacen en España. En Carta Respuesta a un curioso. 1.e. [20v-21r] Utilidades que podràn sacar de la Botanica Española los: 1.f. [21r-24r] SITIOS DE ESPAÑA. Para aberiguar todos los nombres de los Vegetables, y aun de Animales, Aves, y Peces, por incidencia. 1.g. [24r-26v] PLANO de Planos. Para una Historia Natural completa de España. Siguiendo la Analogia del Plano de la Botanica con corta alteracion. 1.h. [27r-198r] CATALOGO DE VOCES VULGARES Y en especial de Voces Gallegas de diferentes Vegetables. 1.i. [198r-204r] BORRON De varios Nombres Gallegos de Vegetables. 1.l. [204v-205v] NOMBRES GALLEGOS de Pezes. 1.m. [206r-206v] ANIMALES. 1.n. [206v-207r] AVES.

Nº 370 216 Traballos de investigación e estudo BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

1.ñ. [207v] SAVANDIJAS, ê Insectos. 1.o. [208r-209r] PLINIO LIB.32. CAP. 11. PAG. 646. Pone 176. generos de Pescados. V.G. 1.p. [209r-209v] PEDRO ARTEDIO. Systema de Peces. 1.q. [210r-211r] PESCADOS Del Oceano desde Gibraltar, hasta Ayamonte, Y como se pescan.

[Dende o folio 211v ata o 242v están todos en branco.]

2. [243r-297v] Onomàstico Latin-Gallego de los Vegetàbles que viò el Pe. Sarmiento. 10 Pliegos. Systèma de Mr. Tournefort.

3. [299r-379v] Pensamientos Botanicos pa. una Hista. General de los Begetables de España. Tiene 19 Pliegos de original. 3.a. [301r-374r] Pensamientos Critico-Botanicos Para Emprehender, y conseguir, en pocos años, una Historia General Completa De todos los Vegetables, que nacen en España. 3.b. [375r-379v] Yndice de lo mas notable de los Pensamientos Botanicos.

4. [380r-645v] 1752 asta 1770 Correspondencia Literaria de varias cartas escritas al Exmo. Sor. Duque de Medina Sydo- nia, Por El Rmo. Pe. Maestro Fr. Martin Sarmiento, Monge Benedictino en su Monasterio de Sn. Martin de Madrid. 26 Pliegos Original. [41 cartas non orixinais (386r-525v), datadas dende o 22 de xuño de 1752 ata o 5 de agosto de 1770. A partir do folio 528r ata 645v atopamos 72 cartas orixinais nas que se inclúen as anteriores. Hai cartas que non foron escritas en Madrid, senón en Pontevedra (veráns de 1754 e 1755)].

217 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Traballos de investigación e estudo

VOLUME XI (Archivo de la Fundación Casa Medina Sidonia)

[Portada] Coleccion de las Obras del Pe. Mro. Sarmiento.

[Anteportada] Historia Natural Reyno Vegetable por Alphabeto orden chronologico.

1. [2r-6v] Dedicatoria pa. la obra de la Flora Española del Dr. Dn. Joseph Quèr. [...] Un pliego. Dedicatoria para la Obra de la Flora Española del Dr. Dn. Joseph Quèr.

2. [9r-11v] Hierba del Cabròn. 1 Pliego. Hierba del Cabròn.

3. [13r-17v] Apuntamientos para un Discurso, sobre sembràr, cultivàr, y utilizàr el Cañamo. 1 Pliego. Apuntamientos Para un Discurso, sobre sembràr, cultivàr, y utilizàr el Càñamo.

4. [19r-19v] Pata de Buey. Nombres de una sola Planta Aquatica de Cataluña.

5. [21r-25r] Arbol Azedaràch, llamàdo iniquamente Cinnamòmo 1 Pliego. Azedaràch. Arbol, llamado, iniquamente Cinnamòmo.

6. [29r-146r] Sobre los Vegetables Kali, Sosa, y Barrilla. 26. Pliegos. 6.a. [31r-85v] Pregunta Si nacen en Galicia; en qe Sitios, en que Cantidad, Y de que Calidad los Vegetables, Kali, Sosa, y Barrilla. 6.b. [85v-146r] Respuesta.

7. [149r-155v] Origen de las Vozes Poutega, Puga, y Pua. Un pliego. Origen de las voces Poutega, Puga, y Pua de Origen Griego.

Nº 370 218 Traballos de investigación e estudo BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

8. [157r-159v] Del Arbol Texa. [...] Un Pliego. Arbol teja, Latin, tilia. Equivocos.

9. [161r-167r] Noticia de algunos Vegetables Estraños Connaturalizados en España. Noticia De algunos Vegetables extraños Que Ya estan connaturalizados, y se culti- van en España ô en tierra, ô en tiestos. 1 Pliego.

10. [169r-177v] Sobre la Planta Còscara. Un Pliego. Planta Còscara. Còscora. Junta-pulpa etc. El Geum de Tournefort.

11. [179r-183v] Sobre unas Plantas Remitidas de Asturias. Respuesta sobre unas Plantas remitidas de Asturias â Madrid en 1757.

12. [185r-205r] Sobre el Arbol Mostàjo. 3 Pliegos. Mostàjo. En Castellano. En Leon, Asturias, y Bierzo, Mostàyo. En Liebana Mostàzo.

13. [207r-214v] Sobre la Planta Uva Ursi, que da las Gayubas. […] Un Pliego. SOBRE La Planta Uva Ursi que da Las Gayuvas. Preguntase Que planta ès, y que virtudes tiene la que en Toledo llaman Agauba? 1 Pliego.

14. [217r-246v] Betula. Arbol Bètula En Gallego Biduèyro= Abedúl = en Castellano Bedóllo = Ytaliano Francès. Bouleàu =

15. [247r-278v] De la Scrofularia. 5 Pliegos original. 15.a. [249r-250v] [Carta dirixida ao Rmo. P. Maestro Joseph Calzado, con data do 24 de abril de 1760] 15.b. [250v-275r] De las Plantas Scrofularias.

219 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Traballos de investigación e estudo

15.c. [276r-278v] Yndice de lo mas notable del Papel de las Scrofularias.

16. [279r-321r] Sobre la Planta Bardàna 6 Pliegos. Sobre la Planta En la Botìca Bardàna. Personàta. Lappa: y [...].

17. [323r-411r] Sobre la Planta Carqueyxa. 17.1. [324r-336r] Planta Carqueyxa. En 2 Pliegos. De la Planta Carqueyxa. 17.2. [338r-411r] Sobre la Planta Carqueyxa. Son 10 Pliegos. 17.2.a [340r-407v] Discurso sobre El Nombre; Genero; Analysis; y Virtùdes de la Planta comunissima en el Reyno de Galicia; y se llama Carqueixa ò Car- queyxa. Motivo. 17.2.b [408r-411r] Yndize de lo mas notable del papel de la Carqueyxa.

19. [412r-419r] Noticia de 23 Vegetables que le trajeron al A. de Toledo con sus Nombres, Usos y Virtu- des. 2 Pliegos. Sobre Plantas que han venido de Toledo, y de sus vecindades y del Castañar. 2 Plie- gos.

[422r] Para comprovar. Comprobado.

20. [424r-711v] Papel sobre el Vegetable Seyxêbra. 65 Pliegos. 20.a. [425r-425v] Tabla de las divisiones y Estampas de este Discurso. 20.b. [428r-700v] Papèl Curioso Sobre La Planta, que en Galicia es muy Comun: Y se llama Seyxê- bra. [...] 20.c. [701r-711v] Yndice de lo mas notable del Discurso sobre la Seyxebra.

Nº 370 220 Traballos de investigación e estudo BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

21. [719r-725v] Arbol de Aranjuez, que se crèe ser del Palo Santo, y no es sino el Lotus Africana. 1 Pliego Arbol de Aranjuez, que se creè ser del = Palo Santo.

22. [729r-737r] Del Mixto Vegetable Carlo Santo 2 Pliegos. De el Mixto Vegetable Carlo Santo.

23. [739r-797v] Manzanilla y Lesta juntos. 23.1. [740r-777v] Sobre la Planta Manzanìlla. 5 Pliegos. De la Planta Manzanìlla. Origen de la Vòz. 23.2. [779r-797v] Grama oloròsa, en Gallego Lesta. 2 Pliegos. De la Grama oloròsa, en Gallego Lesta.

24. [799r-809r] Sobre el Vegetable Banguè. Un pliego. Banguè, ò Vegetable Exotico, y Orientàl.

25. [812r-816v] Discurso sobre la Malagueta. Un Pliego. Discurso sobre la Malaguetta.

221 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Traballos de investigación e estudo

VOLUME XII (Museo de Pontevedra)

[Portada] Coleccion de las Obras del Pe. Mro. Sarmiento.

[Anteportada] Historia Natural Reynos Animal y Mineral Por Alphabeto Orden Chronologico.

1. [1r-3r] Sobre un Paxarìto, llamàdo Burla-Pastòres. Medio Pliego.

2. [5r-18r] Sobre unas Pizarras que se hallan en Mondoñedo llamadas Dendrites. Sobre unas Pizarras que se hallan en Mondoñedo, llamadas Dendrites. 3 pliegos.

3. [19r-40v] Dissertacion escrita por el Pe. Mro. Fr. Martin Sarmiento, Benedictino, en Ma. a 16 de Enero de 1757. Sobre el nombre, Patria, y propriedades del Pajaro Flamenco, que se halla en las Lagunas del Coto de Da. Ana; y Conjetura de si seria este el Phenix de los antiguos. 10 pliegos. 3.a. [21r-40v] De èl Pàxaro Flamenco ò Phenicòptero; Y Conjetura si acaso el Phenicòptero seria el primitivo Phenix? 3.b. [Intruso] [41r] [Papel en francés: “La Mine du Reverend Pere Sarmiento...”]. 3.c. [42r-43v] [Carta, con data do 20 de xaneiro de 1757, ao Duque de Medina Sidonia na que lle indica a remisión de dez pregos sobre o Fenicóptero ou Paxaro Flamenco].

[43] [Folla onde só aparece “Madrid Enero de 1757 P. M. Sarmiento”]

4. [44r-79v] Sobre los Atunes. 10 Pliegos, y 3 sobre la Orca, que es Apendice del primero Papel segun lo que dice al nro. 292 del Papel sobre el Cuerno del Rinoceronte. 4.1. [46r-79v] Febrº. 28 de 1757 Almadravas y Atunes 10 Pliegos. 4.1.a. [58r-77v] De los Atùnes, Y de sus Transmigraciones. Y Conjeturas Sobre La decaden- cia de las Almadràbas; Y sobre los medios para restituirlas.

Nº 370 222 Traballos de investigación e estudo BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

4.1.b. [78r-79v] [Carta ao Duque de Medina Sidonia na que lle indica a remisión de dez pre- gos sobre as cousas dos atúns, con data do 28 de febreiro de 1757]. 4.2. [80r-89r] Congetura sobre el Nombre de un Pez Cetaceo, que con otros 212 de la misma Especie, bararon a primeros de Junio de 1760 en la Playa de la Villa de Zumaya, en Guipuzcoa. 3 Pliegos.

5. [90r-171r] El Animàl Cepho, ò Papiòn. 10 Pliegos. 5.a. [92r-167v] Discurso sobre El animàl Desconocido, Què con el falso titulo, de Satiro, y Hom- bre Sylvestre, se enseña en Madrid, Este veràno de 1760. Pruèvase, Què ès el Cepho, ò Cepo de los Antiguos: Y el Papiòn de lso modernos. 5.b. [168r-171r] Yndice de lo mas notable del Papel sobre el Cepho, ô Papion.

6. [172r-216r] Sobre el Animal Zebra que se criaba en España. 7 Pliegos. 6.a. [174r-213r] Sobre el Animal Zebra, que se criaba en España. 6.b. [214r-216r] Yndice de lo mas notable del Papel de la Zebra.

7. [218r-454v] Cuerno del Rhinoceronte y Ligno Aloes, deben andar unidos. Comprobado. [Dous escri- tos pero no folio 361v di: “Entre aquel papel y este que voy escribiendo, hay bastante conformidad; de modo que de aquel y de este se podrá formar un solo Papel”]. 7.1. [220r-357r] Noticia de un Cuerno de el Rhinoceronte, en 25 Pliegos de Original. 7.1.a. [221r-352v] NOTICIA de un CUERNO del RHINO-CERONTE MOTIVOS 7.1.b. [353r-357r] Yndize de lo mas notable del Papel del Rhinoceronte. 7.2. [359r-454v] De el Verdadero Ligno Aloes. Son 18 Pliegos. 7.2.a. [361r-449r] Analisis de un creido vaso de Unicornio; que nò ès sinò una Copa de Aga- llocho; de Ligno-Alöes; de Palo de Aguila; ò Calambrico.

223 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Traballos de investigación e estudo

7.2.b. [450r-454v] Yndice de lo mas notable del Papel sobre el Ligno Aloes

8. [456r-457r] Septiembre 18 1766. Pregunta Que Piedra es, la que se llama Malaquita de España, que es de un hermoso color verde, y que se cria en las Minas de Cobre de España? Res- puesta.

9. [458r-484v] Piedra negra de la America llamada Gallinaza. [...] tiene 4 pliegos segun el nº. 866 del Papel del onomastico de la Lengua Gallega. Comprobado. 9.a. [ 460r-482r] Discurso Sobre La singularissima Piedra Negra, de la Ara de Lugo. Hecho 9.b. [483r-484v] Yndice de lo mas notable del Papel de la piedra negra de la Ara de Lugo.

10. [486r-490v] Platina del Pinto. Un Pliego Platina del Pinto.

Nº 370 224 Traballos de investigación e estudo BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

VOLUMES XIII A XVII OBRA DE 660 PLIEGOS

225 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Traballos de investigación e estudo

VOLUME XVIII (Archivo de la Fundación Casa Medina Sidonia)

[Portada] Coleccion de las Obras del Pe. Maestro Sarmiento. Suplementos a los tomos antecedentes.

1. [1r-6v] Carta del Padre Sarmiento, escrìta à un Amigo, la quàl quedò sin concluir.

2. [9r-27r] Suplemento sobre Adornos del Rl. Palacio al tomo 7º. de esta Coleccon. [Inclúe a partir do folio 23v tres cartas a Felipe de Castro, con datas do 27 de abril de 1750, 6 de novembro de 1753 e 8 de novembro de 1753].

3. [31r-293r] Privilegio Gothico del Rey Dn. Ordoño 2º. concedido al Monasterio de Samos, y reflexio- nes sobre Archivos, y otros puntos de suma importancia. 65 Pliegos de original. Suplemento al tomo 8º. de esta Coleccion fº. 85. 3.a. [37r-41v] Copia. Del Real Privilegio Gothico, del Rey Dn. Hordoño 2º. concedido al Monasterio de Samos; y el qual pone el Pe. Yepes, en el folio 20 del Apendize de su tomo 3º. pero muy diminuto y alterado. Yo vi, lei, y copie el mismo original Gothico, que se me remitio desde Samos, à mì fr. Martin Sar- miento, Benedictino à este Monasto. de Sn. Martin de Madrid en donde hize esta copia, en Agosto de 1752. 3.b. [42r-293r] Notas. De fr. Martin Sarmiento Benedictino, al Privilegio Gothico original del Rey Dn. Ordoño 2º. concedido al Monasterio de Sn. Julian de Samos, à 1º. de Agosto, Era 960. El qual Privilegio, vi, ley, y copiè por mi mismo, en Sn. Mar- tin de Madrid, à 20 de Agosto de 1752. Y reflexiones previas sobre Archiveros.

4. [295r-376v] Patria de Miguel de Cervantes; Ynsula Barataria; Autor del Amadis de Gaula, y tiempo de Marras. 20 Pliegos Original. Noticia de La verdadera Patria, (Alcalà) De El Miguèl dè Cervàntes, Estropeado en Lepanto; Cautivo en Argèl; Y Autor de la Historia de Don Quixôte, Y Conjetura Sobre la Ynsula Baratària de Sancho Panza. Etc.

5. [377r-423r] Extracto de Gazetas desde El año de 1731, asta el de 1745 en Madrid= Fray Martin Sar- miento, Monxe Beníto. 8 Pliegos. Comprobado. Extracto De algunas Gazetas de Madrid tocante a noticias singularissimas. Comien- zo desde Marte 2º. de Enero de 1731.

Nº 370 226 Traballos de investigación e estudo BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

APÉNDICE: MANUSCRITOS E AS SÚAS EDICIÓNS

1. CATÁLOGO DE LOS PLIEGOS — Manuscrito autógrafo: Catálogo de los pliegos que yo ___, he escrito de mi mano, pluma y letra, sobre diferentes asuntos. Madrid, BN, ms. 17.642. — Edicións: • Domínguez Fontenla, J., “Fray Martín Sarmiento. Su autobiografía”, Boletín Arqueológico de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense, VII [155], 1924, 153-72. • Santos Puerto, J., “Una Bio-Bibliografía actualizada de Martín Sarmiento: Catálogo de los pliegos (...) sobre diferentes asuntos”, Sarmiento: Anuario Gale- go de Historia da Educación, Nº 6, 2002, 69-95. • Viñas Cortegoso, L., Vida y viajes literarios, número y calidad de los escritos del Rvdmo. P. M. Fray Martín Sarmiento, Vigo, Monterrey, 1952.

2. ÍNDICE DE LAS OBRAS MANUSCRITAS — Manuscrito: Índice de la obras manuscritas del Padre Fray ___ , del Orden de San Beni- to,recogidas en diez y siete tomos en folio por el Duque de Media-Sidonia, su amigo del Padre Fray ___ , del Orden de San Benito,recogidas en diez y siete tomos en folio por el Duque de Media-Sidonia, su amigo ( = Índice). “Piñeiro fecit Matriti 1778”, actualmente custodia- da na Biblioteca Capitular y Colombina de Sevilla (sinatura 59-1-17). Copia manuscrita, co mesmo título que a anterior, inserida ao comezo do tomo VI da denominada Colección Dávila (ou da Biblioteca Nacional de Madrid, ms 20.381, fols. 1 a 43). — Edicións: “Colección de los manuscritos del ___ que recopiló y copió por orden del difun- to Duque de Medina Sidonia D. Santiago Saez su Secretario […] en 19. crecidos volúmenes en fol[io]. El último es de Suplementos”, El Correo Literario de la Euro- pa 35-44 (Madrid, 1782). Reproducido en facsímile en Santamarina, A. (ed.), Día das Letras Galegas 2002. Frei Martín Sarmiento. Santiago, Universidade de Santiago de Compostela, 2002, 99-162. — Edicións parciais e/ou comentadas: Álvarez Giménez, E., Biografía del R. P. Fray Martín Sarmiento y noticia de sus obras impresas y manuscritas, con indicación de los Archivos y Bibliotecas en donde se hallan. Pontevedra, Imprenta de José Millán, 1884. Gesta y Leceta, M., Índice de una colección manuscrita de obras del Rmo. Padre Fr. Martín Sarmiento, benedictino, seguido de varias noticias bio-bibliográficas del mismo. Madrid, Viuda e Hija de Gómez Fuentenebro, 1888.

227 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Traballos de investigación e estudo

3. CRONOLOGÍA DE LOS ESCRITOS — Manuscritos: Cronología de los escritos del Rvmo. P. M. Fray Martín Sarmiento, conte- nidos en esta Colección [Medina Sidonia]. Pliegos de cada uno, tomos y folios a que se hallan Colección Medina Sidonia, tomo I, fols. 1r-9v; Colección Dávila (Biblioteca Nacional de Madrid), tomo I, fols. 1r-9v e tomo VI, fols. 76r-83v (ms. 20374 e 20381 respectiva- mente); Colección Los Heros (ou da Real Academia de la Historia de Madrid), vol. I, fols. 2r-8r. — Edición: Pensado, J. L., Fray Martín Sarmiento, testigo de su siglo. Salamanca, Universi- dad, 1972 (1ª); Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1995 (2ª), 61-70.

Nº 370 228 Traballos de investigación e estudo BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

BIBLIOGRAFÍA

MANUSCRITOS

Colección Medina-Sidonia: Archivo de la Fundación Casa Medina Sidonia (Sanlúcar de Barrameda), vols. 1, 3 a 11, 13 a 16 e 18. Os volumes 2, 12 e 17 no Museo de Pontevedra. Colección Dávila: Biblioteca Nacional de Madrid, ms. 20.374-20.396. Colección Los Heros: Colección de las obras del P. Fr. Martín Samiento, Real Academia de la Historia (Madrid), Biblioteca General, 9/1817 a 9/1828. Cronología de los escritos del Rvmo. P. M. Fray Martín Sarmiento, contenidos en esta Colección [Medina Sidonia]. Pliegos de cada uno, tomos y folios a que se hallan Colección Medina Sidonia, vol. I, fols. 1r-9v; Colección Dávila, vol. I, fols. 1r-9v e vol. VI, fols. 76r-83v (Biblioteca Nacional de Madrid, ms. 20.374 e 20.381 respectiva- mente); Colección Los Heros, vol. I, fols. 2r-8r (Real Academia de la Historia de Madrid, Biblioteca General, 9/1817). Índice de la obras manuscritas del Padre Fray ___ , del Orden de San Benito,recogidas en diez y siete tomos en folio por el Duque de Media-Sidonia, su amigo del Padre Fray ___ , del Orden de San Benito,recogidas en diez y siete tomos en folio por el Duque de Media-Sidonia, su amigo ( = Índice). “Piñeiro fecit Matriti 1778”. Biblioteca Capitular y Colombina de Sevilla, 59-1-17. Índice de la obras manuscritas del Padre Fray ___ , del Orden de San Benito,recogidas en diez y siete tomos en folio por el Duque de Media-Sidonia, su amigo del Padre Fray ___ , del Orden de San Benito,recogidas en diez y siete tomos en folio por el Duque de Media-Sidonia, su amigo ( = Índice). [Copia manuscrita do anterior, inserida ao comezo do tomo VI da denominada Colección Dávila (Biblioteca Nacional, Madrid, ms. 20.381, fols. 1 a 43)] Sarmiento, Martín: Catálogo de los pliegos que yo ___, he escrito de mi mano, pluma y letra, sobre diferentes asun- tos. Madrid, Biblioteca Nacional, ms. 17.642. Orixinal autógrafo.

EDICIÓNS E BIBLIOGRAFÍA SECUNDARIA

Álvarez Giménez, E. (1884): Biografía del R. P. Fray Martín Sarmiento y noticia de sus obras impresas y manus- critas, con indicación de los Archivos y Bibliotecas en donde se hallan. Pontevedra, Imprenta de José Millán. Correo Literario (1782 /2002): “Colección de los manuscritos del que recopiló y copió por orden del difunto Duque de Medina Sidonia D. Santiago Saez su Secretario […] en 19. crecidos volúmenes en fol[io]. El último es de Suplementos”, El Correo Literario de la Europa 35-44 (Madrid, 1782). [Reproducido en facsímile en San- tamarina, A. (ed.), Día das Letras Galegas 2002. Frei Martín Sarmiento. Santiago, Universidade de Santiago de Compostela, 2002, 99-162.] Domínguez Fontenla, J. (1924): “Fray Martín Sarmiento. Su autobiografía”, Boletín Arqueológico de la Comi- sión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense, VII [155], 153-72. Filgueira Valverde, J. (1972): “El Padre Sarmiento en el Museo de Pontevedra”, Cuadernos de Estudios Galle- gos, 27 [81-82-83], 77-113. Gesta y Leceta, M. (1888): Índice de una colección manuscrita de obras del Rmo. Padre Fr. Martín Sarmiento, bene- dictino, seguido de varias noticias bio-bibliográficas del mismo. Madrid, Viuda e Hija de Gómez Fuentenebro. Pensado, J. L. (1972/ 19952): Fray Martín Sarmiento, testigo de su siglo. Salamanca, Universidad, 1972 (1ª); San- tiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1995 (2ª), 61-70. Santos Puerto, J. (1995): “Paradero y descripción de la Colección Medina Sidonia”, en O Padre Sarmiento e o seu tempo. Actas do Congreso, 2 vols. Santiago de Compostela, Consello da Cultura Galega, tomo I, 399-422. Santos Puerto, J. (2002): “Una Bio-Bibliografía actualizada de Martín Sarmiento: Catálogo de los pliegos (...) sobre diferentes asuntos”, Sarmiento: Anuario Galego de Historia da Educación, 6, 69-95. Sarmiento, M. (1995): Cartas al Duque de Medinasidonia: 1747-1770. (Edición y estudio de José Santos Puer- to). Ponferrada, Instituto de Estudios Bercianos. Viñas Cortegoso, L. (1952): Vida y viajes literarios, número y calidad de los escritos del Rvdmo. P. M. Fray Mar- tín Sarmiento, Vigo, Monterrey.

229 Nº 370

A DEPURACIÓN DAS RESPONSABILIDADES POLÍTICAS DOS GALEGUISTAS OURENSÁNS. UNHA ACHEGA

Xulio Prada Rodríguez Universidade de Vigo

Cando alguén escoita falar de represión franquista, automaticamente adoita pensar en listaxes, máis ou menos longas, de persoas asasinadas extraxudicialmente ou execu- tadas diante dun pelotón de fusilamento. Mesmo pode cavilar nos milleiros de presos que ateigaban os espazos habilitados como cárcere en toda a retagarda rebelde, xa fosen gobernativos ou condenados naquela farsa de xuízos que eran os consellos de guerra. Pero o certo é que as diferentes manifestacións da represión física non esgotan o com- plexo represivo creado polos sublevados. Existe tamén unha depuración administrativa que deixou cesantes de emprego e soldo a centos de militantes ou simpatizantes de par- tidos políticos e organizacións sindicais declaradas retroactivamente fóra da lei, ben por unha disposición normativa emanada de calquera órgano de poder rebelde ou pola máis expeditiva vía dos feitos sen que sequera preocupase manter unha mínima aparencia de legalidade. Hai unha represión de natureza social que procura a anulación dos individuos e a destrución dos elementos esenciais da sociedade civil preexistente non conformes cos intereses dos rebeldes e que persegue a súa substitución por unha nova orde social imposta na que a poboación acepte o seu sometemento incondicional ao poder político. Hai unha represión cultural, unha represión psicolóxica e unha represión de natureza económica destinada a financiar os custes da guerra e o mantemento da orde na reta- garda. Esta última modalidade represiva presenta diversas manifestacións. As exaccións económicas aparecen case de xeito simultáneo á proclamación do estado de guerra e coa saída á rúa dos elementos civís que colaboran co Exército e as forzas da orde na «pacifi- cación» da retagarda. Hainas que non son outra cousa que auténticos atracos a man armada, perpetrados, fundamentalmente, por milicianos de segunda liña. Milleiros de galegos, con independencia da súa filiación ou neutralidade política, foron vítimas deles, aínda que case sempre quedaron impunes e apenas deixaron pegada documental polo medo das xentes a denuncialos e o nulo interese das autoridades militares en cortalos de raíz para non perder tan valiosos apoios durante os primeiros meses.

231 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Traballos de investigación e estudo

Pero a carón destas contribucións esixidas de xeito informal e non regrado, existiron outras moitas ás que a propaganda e a estrutura administrativa creada polos rebeldes deron aparencia de legalidade e mesmo de respectabilidade cando non eran outra cousa que incautacións encubertas. As incontables «Subscricións Patrióticas» que para os máis distintos fins proliferaron na retagarda franquista constitúen o seu mellor exemplo. Cal- quera que sexa a súa denominación ou o destino a que estivesen afectadas, representan o mellor expoñente da formalización duns gravames que a xente tiña que satisfacer como consecuencia do clima de terror existente; cando non da actuación coercitiva das autoridades, que multaban sen pudor aos que non contribuían motu propio mentres pro- clamaban aos catro ventos o seu carácter voluntario, a diferenza do que acontecía en «zona roxa»1. E aínda habería que traer a colación as sancións monetarias impostas por gobernadores militares e civís e delegados de Orde Pública por toda clase de condutas susceptibles de corrección de acordo cos novos tempos: infracción en materia de prezos, abastecementos e consumos; ofensa a símbolos ou funcionarios do novo Estado, a reli- xión, o culto ou os seus ministros; incitación á subversión ou colaboración coa mesma; transgresión dos valores morais vixentes; multas relacionadas co pasado político ou social dos sancionados, etc. Semella evidente, por tanto, que esa multiforme represión económica se materializa nas máis diversas exaccións pecuniarias, pero ten tamén unha dimensión esencialmente política que é a que máis nos interesa nesta achega, centrada na esixencia de «responsa- bilidades civís e políticas» a unha parte dos afiliados ao Partido Galeguista (PG) na pro- vincia de Ourense. Porén, cómpre advertir que os fondos procedentes da Comisión Pro- vincial de Incautación de Bens e do Tribunal de Responsabilidades Políticas depositados no Arquivo Histórico Provincial de Ourense2 non se corresponden coa totalidade dos expedientes de responsabilidades civís e políticas incoados na provincia, como se dedu- ce de varias referencias que aparecen en diversos fondos policiais e militares. Ademais, como acontece en todas as provincias que contan con estudos ao respec- to, non todas as noticias de apertura de expediente publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Ourense (BOPO) deron orixe a un sumario que fose tramitado integra- mente ata a súa resolución e chegase ós nosos días. Os casos máis sobranceiros afectan a algúns dos persoeiros de maior significación dentro do galeguismo ourensán como Ramón Otero Pedrayo, Florentino López Cuevillas, Xoaquín Lourenzo Fernández, «Xocas», Eleuterio González Salgado, «Leuter», Xosé Ramón Fernández Oxea, «Ben- Cho Sei», Pío Ramón Oxea, Vicente Bóveda Iglesias, Odilo Fernández Losada, Felipe Oñate e Juan Luis Ramos Pérez-Colemán, cuxos expedientes «desapareceron» do fondo depositado orixinariamente na Audiencia de Ourense dende que se deu por

1 O proxecto ‘Obras de Martín Sarmiento’ está en marcha no seo do Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Composte- la, contando co patrocinio do Consello da Cultura Galega. Véxase o sitio web do proxecto, que ofrece abundante material de interese: http://consellodacultura.org/sarmiento/. 2 En adiante: AHPOU, Fondo TRRP.

Nº 370 232 Traballos de investigación e estudo BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

extinguida a xurisdición especial de Responsabilidades Políticas3. Así e todo, a docu- mentación conservada permite desvelar as liñas mestras do que foi a depuración políti- ca do nacionalismo republicano en Ourense nos anos máis duros da «longa noite de pedra».

1. A ETAPA DAS «RESPONSABILIDADES CIVÍS» Ata que aquel verán de sangue do 36 estivo a piques de expirar, a máis absoluta arbitra- riedade foi a nota dominante á hora de impoñer sancións de carácter administrativo e económico por parte das autoridades militares. As destitucións de funcionarios e perso- al ao servizo da Administración sen formación de expediente e sen outro fundamento que a pertenza a tal ou cal partido ou organización sindical estiveron á orde do día. Outro tanto aconteceu coas sancións económicas impostas a elementos considerados desafectos á causa rebelde: calquera autoridade local atribuíase o dereito a multar, con cantidades do máis dispar, a persoas que destacaran polo seu compromiso coa Fronte Popular, participaran nos órganos de poder municipal ou, simplemente, non eran do agrado dos novos amos do poder. E tal que o mesmo no que atinxe ás incautacións de bens mobles ou inmobles: non fixo falta unha norma que declarase ilegal unha ou outra formación política para que as súas sedes sociais fosen asaltadas, desvalixadas e, fre- cuentemente, convertidas en cuartel de milicias ou en sede dalgunha delegación de Falanxe. Raro foi o comerciante marcado como desafecto que non tivo que soportar o saqueo do seu establecemento ou o propietario de significación esquerdista que quedou a salvo da rapina dos que enfundaron un uniforme. A ninguén sorprenderá que a documentación escrita conservada destes primeiros meses sexa moi escasa. A case total impunidade coa que actuaron autoridades e milicia- nos locais en ausencia de normas taxativas ás que axustar o seu proceder e o feito de que se tratase, en moitos casos, de auténticos espolios patrimoniais dos que só unha peque- na parte foron canalizados para o esforzo bélico explican que nin sequera sexa posible aventurar unha cifra que poida resultar indicativa da súa magnitude. A publicación do Decreto nº 108 da Xunta de Defensa Nacional de 13 de setembro de 1936 constitúe o primeiro paso significativo na dirección de unificar en toda a retagarda rebelde o proce- demento sancionador, pois os bandos ditados con anterioridade por diferentes coman- dantes militares non produciran o efecto agardado. Para comezar, declaraba ilegais a todos os partidos e agrupacións políticas e sociais que integraran a Fronte Popular e a todos os que se opuxeran ao golpe, e decretaba a incautación de todos os seus bens, efec- tos e documentos. Ao mesmo tempo, facultaba a autoridade militar competente, ou en quen esta delegase, para adoptar cantas medidas precautorias estimase oportunas para evitar calquera acción destinada a diminuír o patrimonio dos suxeitos a responsabilida-

3 De todos eles consta no BOPO a apertura do seu expediente a fin de que calquera persoa informe da súa conduta política e social e dos bens que posúa e/ou a noticia do sobresemento das actuacións e a recuperación da libre disposición dos bens embargados, o que demostra que, na maioría dos casos citados, o proceso chegou ao seu remate e foi arquivado.

233 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Traballos de investigación e estudo

de. A tal fin, debía enviar detallada relación de todos os seus bens aos Xulgados de Pri- meira Instancia para decretar o embargo preventivo de acordo cos trámites previstos na normativa. Os expedientes de incautación iniciaríanse a proposta da autoridade militar, que designaría un xuíz militar encargado da instrución, a práctica das probas –que podía ser delegada no xuíz de primeira instancia ou no xefe de liña da Garda Civil con tal de que este último non tivese ao mesmo tempo a condición de delegado militar– e o resumo do expediente. Rematada a instrución, este sería remitido ao gobernador militar para a emi- sión do correspondente informe previa elevación ao xeneral-xefe da División; as resolu- cións deste último, terían carácter de executorias. Decontado, o expediente remitíase ao presidente da Audiencia Provincial, que era o encargado de designar ao xuíz de primei- ra instancia da capital para que levase a cabo as dilixencias de execución. O que mellor define esta fase é a apresurada incoación de numerosos expedientes de responsabilidades civís que non serán culminados ata etapas posteriores. Esta práctica semella gardar relación tanto co afán inquisitivo e depurador dos primeiros meses como coas importantes perspectivas recadadoras abertas para os rebeldes. Isto explicaría que a principal preocupación dos instrutores non fose a ordenada finalización duns expedien- tes antes da incoación doutros novos, senón asegurar que o patrimonio dos potenciais encartados servise para garantir no seu día a responsabilidade na que puidesen ter inco- rrido. Velaquí, asemade, o porqué das medidas precautorias en forma de embargos pre- ventivos que gravan o patrimonio de centos de ourensáns de forma paralela á recepción por parte dos xuíces de listaxes de afiliados, representantes e cargos dos partidos vincu- lados á Fronte Popular. A frecuencia coa que se ordenaba o cesamento destas medidas pouco despois de seren decretadas demostra ata que punto se anticipaba a liña de defen- sa do Estado fronte a posibles fraudes, pero aínda nos casos en que así se decretaba hai que pensar nos numerosos prexuízos ocasionados aos encartados que exercían o comer- cio ou a industria e a terceiros obrigados a acreditar documentalmente o seu mellor dereito sobre os bens. Por non falar da incautación «de facto» que se producía cando a tramitación dun expediente se alongaba no tempo, obrigando aos expedientados a afrontar un cúmulo de dificultades administrativas que podía durar anos. A entrada en vigor do Decreto-Lei de 10 de xaneiro de 1937 e da Orde que o desen- volveu supuxo un paso máis no esforzo por homoxeneizar e cubrir de aparencia legal as incautacións. Sen entrar nos aspectos técnicos da normativa, cómpre destacar a impor- tancia crecente que os informes solicitados ás diferentes autoridades, «persoas de orde» e elementos «de probada solvencia moral» van ter á hora de graduar as sancións. Esta práctica, como a historiografía especializada ten sinalado reiteradamente, amosa a clara vontade dos rebeldes en implicar no proceso depurador o meirande número de indivi- duos posible, conscientes de que cantos máis fosen os colaboradores máis difícil sería unha «volta atrás».

Nº 370 234 Traballos de investigación e estudo BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

A diferenza da fase precedente, a porcentaxe de expedientes resoltos elévase algo, pero aínda prevalece a tendencia de expedientar o meirande número de persoas antes de rematar a incoación das pezas sumariais xa abertas. Tamén da etapa anterior é caracte- rístico o empeño recadatorio, que se manifesta non só na incautación dos bens das for- macións declaradas ilegais senón tamén na xa sinalada obsesión polas medidas precau- torias, a elevada contía das multas impostas e as baixas porcentaxes globais de sobrese- mento das actuacións e de absolución dos inculpados que, na maioría dos casos, respon- den á súa insolvencia. Pola contra, podemos afirmar que é durante esta etapa cando os organismos encargados de fixar o importe das responsabilidades civís actuaron con mei- rande rigor, prescindindo, naturalmente, daqueles casos nos que as autoridades se incau- taron de todo ou parte do patrimonio dos considerados desafectos á marxe das disposi- cións vixentes. No que atinxe aos membros ourensáns do PG identificados a través das fontes, a documentación permite colixir que no período que media entre setembro de 1936 e a entrada en vigor da Lei de Responsabilidades Políticas (LRP) o número de expedientes incoados foi moi reducido e, o que resulta máis significativo, unicamente se conservan resoltos e completos dous: o do mestre galeguista Juan Francisco Yáñez Sierra e o de Urbano Romero Peláez. O primeiro resolveuse inicialmente cunha sanción de 15.000 ptas. imposta polo xeneral-xefe da VIII Rexión logo de que a Comisión Provincial de Incautacións decretase o embargo da totalidade dos seus bens. O caso deste docente exemplifica moi ben a arbitrariedade absoluta coa que se impuñan estas sancións, mesmo cando estaban amparadas pola normativa aprobada polos rebeldes. En 1940, xa coa LRP en vigor, abríronlle un novo expediente no que, con idéntica acusación, só se lle impuxeron 500 ptas. de sanción e 4 anos de inhabilitación especial para o desempe- ño de cargos públicos de mando ou de confianza en sentenza declarada firme en maio dese mesmo ano. O 4 de xaneiro de 1941, unha nova resolución decretou nula a sanción e confirmou a multa inicial de 15.000 ptas. das que, «en xustiza», se autorizaba a dedu- cir as 500 ptas. xa aboadas4. Urbano Romero Peláez era un pequeno comerciante aveciñado en Xinzo de Limia que fora elixido presidente local do círculo galeguista da vila. As autoridades militares estimaron probado que os nacionalistas limiaos apoiaran as candidaturas da Fronte Popular, aínda que, de ter sido efectivamente así, non se pode dicir que tivesen un gran- de éxito a xulgar polos resultados acadados polo candidato do PG Alexandre Bóveda: en todo o partido xudicial obtivo unicamente 1.232 votos, apenas o 1,14% do total de sufraxios, e en Xinzo, onde maior se supuña que era a influencia daquel, 85 votos (0,43% do total). Ademais, varios dos seus afiliados concorreran conxuntamente coa esquerda republicana e obreira á manifestación do Primeiro de Maio. De feito, os oradores foran

4 Cfr. AHPOU, Fondo TRRP, expediente 738/1938 e expediente 110/1937. A non ser que se indique o contrario, para facelos intelixibles, corriximos a grafía orixinal dos documentos citados ao longo desta achega no que a acentuación se refire.

235 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Traballos de investigación e estudo

presentados polo escribente do concello e membro do PG Rudesindo Pérez Fernández que, porén, non aparece entre os encartados no expediente. Logo de que a Comisión Provincial de Incautacións ordenase o embargo total dos bens do citado directivo, que foron taxados en 5.945 ptas., foille imposta unha sanción por importe de algo máis da cuarta parte do valor total dos seus bens! O fundamento da proposta do citado órgano non ten desperdicio ningún:

A juicio de esta Comisión, una de las armas puestas en combate por el Frente Popular, fue esta de los partidos regionalistas, que bajo la capa mas falaz de pretendi- das reivindicaciones de carácter [...] regional, no iban a otra cosa que a la desmem- bración y consiguiente anulación de la Patria. Por otra parte y para el logro de sus cri- minales propósitos no vacilaron en unirse a los partidos extremistas tanto antes como después de las elecciones. Por ello, teniendo en cuenta la destacada actividad en este sentido del expedientado, su situación económica y de familia, se propone a V.E. la declaración de responsabilidad civil, cifrándola [...] en la cantidad de mil quinientas pesetas.5

Temos outros catro membros do PG expedientados durante esta fase, aínda que des- coñecemos a data exacta da sentenza; porén, sospeitamos que, polo ano de incoación e o elevado importe da multa, o expediente foi resolto antes da entrada en vigor da LRP. Trátase dos valdeorreses José Luis Delgado Núñez, Elías López Delgado, Antonio Arias Prada e Florencio Delgado Gurriarán. No primeiro dos casos descoñecemos cal foi a san- ción, mentres que o segundo foi multado coa cantidade de 5.000 ptas. e os outros dous co meirande importe que acadase a totalidade dos seus bens embargados e sometidos a poxa. Por contra, ao non se poder comprobar a acusación de pertencer a un partido encadrado na Fronte Popular, foi sobresido o expediente incoado a Luis Nieto Olivas, correspondente de El Pueblo Gallego en Xinzo de Limia e concelleiro dende a constitu- ción da primeira corporación republicana ata a súa destitución logo do triunfo electoral da esquerda. De feito, segundo o xefe comarcal de FET y de las JONS, Miguel Cáceres, era «de actividades políticas difusas entre el ala izquierda del partido Radical y Galle- guista», polo que, unido á súa «escasa capacidad económica y prestigio personal, no ha llegado a ostentar una posición preponderante en la política local […] declarándose concejal del primitivo partido galleguista». Ademais, durante a campaña electoral de febreiro de 1936, apoiou as candidaturas da dereita e do Centro Portelista pola relación laboral que mantiña con Portela Valladares6. En función do exposto, non hai dúbida de que o labor desenvolto polas Comisións Provinciais de Incautación tivo unha enorme utilidade para a consecución dos obxecti- vos perseguidos polos rebeldes. Ben é certo que a porcentaxe global das sentenzas ante- riores á LRP é moi reducida con relación ás ditadas con posterioridade a esta, pero entendemos que a súa operatividade non se pode medir unicamente en termos econó-

5 AHPOU, Fondo TRRP, expediente 79/1937. 6 AHPOU, Fondo TRRP, caixa 7.184, expediente 83/1937, fols. 10 e 11.

Nº 370 236 Traballos de investigación e estudo BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

micos senón, sobre todo, políticos. Non é preciso estendermos nos efectos paralizantes que a incoación dun expediente de tal natureza tiña na conxuntura represiva aberta polo golpe de estado nin nos desastrosos efectos que a práctica xeneralizada de embargos pre- ventivos tiña sobre as vítimas para comprender o servizo que as «responsabilidades civís» prestaron para o sometemento da retagarda. Esta é tamén a perspectiva dende a que hai que enfocar a relativamente escasa pre- senza de galeguistas entre os expedientados de primeira hora. Como aconteceu coa xurisdición de guerra ou coa represión paralegal, tamén as responsabilidades civís se cebaron naquel sector do nacionalismo que apoiara as candidaturas da Fronte Popular e se integrara nas comisións xestoras designadas logo do triunfo da esquerda. A coinci- dencia de nomes –imputable, pero non só, ás conexións entre as diferentes instancias represivas– non resulta, neste senso, nada casual. Por iso mesmo, o esencial do «núcleo ourensán» do PG e, en particular, o círculo que se movía arredor da capital provincial, saíu practicamente indemne desta primeira fase represiva. Ou, para sermos máis exactos, dos aspectos máis visibles desta represión; non así desas incautacións encubertas que representaban as diferentes «contribucións voluntarias» impostas polos sublevados nin tampouco, cando menos algúns, das detencións gobernativas decretadas polas autorida- des militares. Axiña mudarían as cousas, pero faríano nun tempo no que xa o ímpeto represivo non era o dos primeiros meses da guerra civil.

2. AS CONSECUENCIAS DA APLICACIÓN DA LEI DE RESPONSABILIDADES POLÍTICAS

Toda a historiografía especializada ten apuntado que a LRP de 9 de febreiro de 1939, promulgada a piques de rematar a ocupación militar de Cataluña, puña de manifesto a nula vontade integradora dos rebeldes. Algo que xa evidenciaba claramente o preám- bulo cando aludía á pretensión de empregala para «liquidar las culpas de este orden con- traídas por quienes contribuyeron con actos u omisiones graves a forjar la subversión roja, a mantenerla viva durante más de dos años y a entorpecer el triunfo, providencial e históricamente ineludible, del Movimiento Nacional». Deixando de lado a falsa pre- tensión «liquidacionista» –velaí a publicación, trece meses máis tarde, da Lei de Repre- sión da Masonería e o Comunismo (LRMC)–, a nova normativa pretendía comple- mentar a actuación dos tribunais militares alí onde non chegaba a súa acción, pois san- cionaba comportamentos que non encaixaban nos tipos delituosos incluídos dentro da rebelión militar e as súas figuras conexas. Xa que logo, representa un dos instrumentos normativos máis importantes para a persecución de disidentes mediante a tipificación penal de comportamentos que, sendo perfectamente legais, eran agora criminalizados en virtude do seu art. 1º, que retrotraía a súa vixencia ao período comprendido entre o 1 de outubro de 1934 e o intre da súa publicación.

237 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Traballos de investigación e estudo

A amplitude dos suxeitos pasivos (persoas físicas e xurídicas), a posibilidade de esi- xir responsabilidade a menores de catorce anos cando a idade penal estaba fixada nos dezaseis e a consciente vaguidade na redacción do feito punible do art. 1º (contribuír «a crear o a agravar la subversión de todo orden de que se hizo víctima a España» ou ter realizado oposición «al Movimiento Nacional con actos concretos o con pasividad grave» a partires de xullo de 1936) explican que eses sectores do nacionalismo ourensán que ata entón non foran obxecto de atención preferente pola normativa represiva, cae- sen agora de cheo no seu ámbito de aplicación. En efecto, entre as condutas punibles recollidas no texto estaba o desempeño de car- gos directivos, representativos e de simple militancia mantida ata o 18 de xullo en cal- quera das organizacións declaradas fóra da lei: en teoría, as que integraran a Fronte Popular, as «organizacións separatistas» e as que se opuxeron á sublevación, pero tamén outras que non aparecían especificamente citadas no catálogo establecido polas Ordes de 10 de xaneiro e 6 de febreiro, en concreto as loxas masónicas. Ademais, quedaban incursos en responsabilidade os condenados –con independencia da condena imposta– pola xurisdición militar por delitos de traizón, rebelión e figuras conexas en aplicación do principio de que a responsabilidade civil era produto da criminal cando como conse- cuencia do delito se produciron danos de carácter patrimonial; os que desempeñaran cargos directivos nos partidos, agrupacións e asociacións a que alcanzaba a declaración do art. 2, ou ostentaran a súa representación en toda clase de corporacións e organismos; os afiliados antes do 18 de xullo que o fosen nesa data ás formacións antes mencionadas, agás no caso de simples afiliados a organismos sindicais, que quedaban exentos de res- ponsabilidade calquera que fose a data de inscrición e permanencia; os que ostentaran cargos ou desempeñasen misións de carácter político ou administrativo de confianza por nomeamento do Goberno da Fronte Popular; os que se significasen publicamente ou contribuísen economicamente no seu favor; os que actuasen contra persoas polo simple feito de seren adictas ao Movemento e un longo etcétera que o art. 4k) ampliaba a cal- quera outros actos encamiñados a fomentar con eficacia a situación anárquica en que se atopaba España, nun evidente exercicio de relaxación do principio de taxatividade. Desde logo, na maioría das causas de responsabilidade, non se paraba a lei a considerar se foran voluntarias ou involuntarias, con dolo ou sen el, expresión esta última que nin sequera aparece na mesma. Coa entrada en vigor da LRP, os expedientes de responsabilidades civís incoados en Ourense pasaron ao Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas (TRRP) radicado na Coruña. Este Tribunal foi suprimido a raíz da reforma de 19 de febreiro de 1942, que trasladou as súas competencias ás Audiencias Provinciais nun momento en que, repre- saliados os sectores máis comprometidos coa República, se trataba de «acelerar la liqui- dación de las responsabilidades políticas», segundo recollía o seu preámbulo. A partir de entón, a xustiza ordinaria pasou a ser competente para dirimir tales responsabilidades,

Nº 370 238 Traballos de investigación e estudo BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

polo que dunha xurisdición especial se pasou a unha situación na que unha Lei Especial vai ser aplicada polos tribunais ordinarios baixo supervisión directa do Tribunal Nacio- nal de Responsabilidades Políticas (TNRP)7. A LRP estaría vixente ata o indulto xeral de 10 de novembro de 1966, aínda que o Decreto de 13 de abril de 1945 significara, na práctica, a extinción desta xurisdición especial unha vez que non se permitiu a tramita- ción de novas denuncias. Como xa apuntamos, o carácter taxativo da LRP e o feito de que fose o TRRP o que tomase a iniciativa do proceso depurador practicamente imposibilitaba que os naciona- listas ourensáns puidesen saír outra volta indemnes desta nova fase represiva. Semella evidente que ata entón a orientación conservadora da maioría, a súa significación social –especialmente do círculo da capital–, os contactos que coas Irmandades da Fala ou o Seminario de Estudos Galegos tivesen determinados persoeiros ben asentados na nova conxuntura e a mesta rede de influencias que atesouraban moitos deles foron factores decisivos para que o afán de depuración das autoridades escollese a outros como vítimas preferentes. Porén, agora as cousas non se presentaban tan favorables, e mesmo recoñe- cidos falanxistas que no pasado tiveran algunha relación coas Irmandades ou coas Moci- dades Galeguistas tiveron que pasar polo transo de ter que buscar avais e acreditar a súa conduta anterior e posterior ao golpe. Entre os casos máis sobranceiros destes últimos podemos lembrar a Antonio Rodrí- guez-González Montero. Certamente eran moi poucos os podían facer gala dun «currí- culo» tan envexable naquelas circunstancias: este avogado ourensán ingresou en Falan- xe en 1934, foi o primeiro secretario territorial da organización en Galicia, dúas veces xefe provincial de Ourense, orador e activo propagandista na práctica totalidade dos mitins que deu o partido antes de tomar a decisión de non se presentar ás eleccións de febreiro de 1936 pola circunscrición ourensá, enlace entre a Xefatura Nacional e a Comandancia da Garda Civil durante a fase da conspiración militar, detido por orde gobernativa en vésperas da sublevación –foi sacado da cadea polas tropas pouco despois de proclamar o estado de guerra–, novamente xefe provincial de Ourense, secretario provincial noutras dúas ocasións, voluntario nas frontes de Asturias e Castellón duran- te dez meses, delegado provincial de Información e Investigación despois de rematada a guerra, etc.8. Malia isto, as autoridades abríronlle un expediente por suposta militancia no PG, cousa que negou na súa declaración, aínda que recoñeceu a súa pertenza ao Seminario de Estudos Galegos e a súa relación con círculos galeguistas. Nin que dicir ten que o tribunal acabaría por decretar o sobresemento das actuacións. E tal fixo con Emi- lio González Núñez, outro dos fundadores de Falanxe –da que foi tesoureiro e adminis- trador provincial antes do golpe–, que abandonou o PG en 1932, foi detido e multado

7 Cfr. LANERO TÁBOAS, M., Una Milicia de la Justicia. La política judicial del Franquismo (1936-1945), Madrid, Centro de Estudios Consti- tucionales, 1996, pp. 398-400. 8 Certificación do delegado provincial de FET y de las JONS de data 15-VII-1941 dirixida ao Xulgado Instrutor de Responsabilidades Políti- cas de Ourense (AHPOU, Fondo TRRP, caixa 7.200, expediente 87/1941).

239 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Traballos de investigación e estudo

en varias ocasións polas autoridades da Fronte Popular, voluntario na guerra e membro das Milicias Cidadás. Outro dos que acabou militando en formacións de extrema dereita foi o mestre natu- ral de Lama (Irixo), Jesús Castro Pérez, que tamén abandonou o PG e foi perseguido «por ser un gran propagandista de Renovación Española y de Falange Española». O párroco de Abelenda das Penas (Carballeda de Avia) aseguraba que foi «perseguido a muerte por los elementos del llamado Frente Popular, llegando incluso […] a sufrir atentado contra su persona por ser persona de extrema derecha, fue perseguido por ‘fascista’ que fue el ideal que profesara destacadamente»9. Foi, ademais, voluntario á fronte dende principios de agosto de 1936 ata a disolución da Milicia Voluntarios de Orense na que se integrara. A LRP, malia o seu rigor represivo, avanzaba no recoñecemento do dereito funda- mental de defensa, xa que o inculpado tiña a posibilidade de achegar ou propor probas documentais e testificais no prazo fixado e de comparecer auxiliado de avogado. Ade- mais, contemplaba a existencia de circunstancias eximentes e atenuantes (arts. 5 e 6). Respecto das primeiras, existía unha causa de exención de responsabilidade por razón de idade (ser menor de 14 anos) e outras sete por razóns de índole político militar relacio- nadas coa prestación de servizos extraordinarios ao Movemento Nacional, incluído o de resultar ferido grave no caso de incorporación voluntaria ou ostentar o título de Muti- lado Absoluto; o arrepentimento público anterior ao 18 de xullo seguido de adhesión e colaboración co Movemento podería ser apreciado como eximente ou atenuante ao arbitrio dos tribunais. As atenuantes tamén estaban relacionadas coa idade (menor de 18 anos), a incorporación voluntaria ao Exército e ás milicias, a colaboración co Move- mento, a perda en campaña dun ascendente ou descendente, etc. Todas, se reparamos ben nelas, moi importantes nunha provincia que dende os primeiros momentos do golpe quedou encadrada no bando sublevado, na que o fenómeno do «voluntariado» e a «entusiasta colaboración» tiveron unha dimensión tan significativa e, polo que atinxe á maioría dos galeguistas ourensáns, nas que o peso das asociacións católicas e as organi- zacións vinculadas á dereita era moi significativo. Todo isto percíbese claramente nos expedientes manexados, nos que pode compro- barse como os nacionalistas encartados acudiron a todo tipo de recursos para conseguir unha sentenza absolutoria ou, cando menos, diminuír o importe da sanción unha vez que a documentación incautada polas autoridades rebeldes nas sedes do partido e a exis- tente no Goberno Civil e en Comisaría lles permitiu dirixir a súa acción cirúrxica con gran precisión. Entre os máis socorridos, ademais de minusvalorar o importe dos seus bens ou indicar a existencia de gravames ou débedas sobre os mesmos, estivo o de mini- mizar a súa significación política e a escasa ou nula actuación da formación política á que pertencían. Por exemplo, o representante José Gil Fernández xustificaba a súa mili- tancia asegurando que

9 AHPOU, Fondo TRRP, caixa 7.200, expediente 87/1941, fol. 96.

Nº 370 240 Traballos de investigación e estudo BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

[...] una persona que conmigo tenia relativa amistad particular, hizo o verificó mi inscripción en dicho partido Galleguista, y en época en que yo ignoraba también si formaba parte del Frente Populista, y en la creencia de que se trataba también de un partido de verdadero orden dentro de los que entonces existían, continuando duran- te algunos meses como simple y meramente afiliado. Nunca milité ni me interesaba militar en política alguna, y aun cuando como tal simple afiliado, aunque por esta razón pesé en dar mi baja, por un lado la desidia y apatía de no concederle importan- cia alguna, y por otra mis ocupaciones profesionales, fui olvidando y dejando de dar la baja. El caso es, que por lo expuesto, nunca tampoco me preocupé ni me interesaba conocer la marcha del referido partido, no hice propaganda alguna, ni concurrí a nin- gún acto oficial, por la insignificante preocupación que de ello tenía, y que de haber conocido su rumbo a debido tiempo, en manera alguna hubiera continuado siquiera con tal apatía como simple afiliado al mismo. Ahora bien, como persona de orden que siempre fui, a pesar de expuesto, en las elecciones del 16 de febrero de 1936, voté la candidatura de Derechas10.

Os que non podían agochar a súa condición de directivos trataron de relativizar o verdadeiro alcance e significado de tales cargos e a dimensión do seu compromiso, e acu- diron a razóns de «disciplina» como xustificación da súa aceptación. Así, por exemplo, Manuel Peña Rey respondía á acusación de ser elixido presidente do PG argumentando que en cada provincia había «infinidad de grupos, sin dependencia entre si, únicamen- te ligados al Comité Central en las cuestiones que eran competencia del mismo. Presi- dente de un grupo de esos en la provincia, bien exigüo (sic) por cierto según puede com- probarse por la lista de socios, era el exponente, elegido contra mi voluntad varias veces reiterada fundándome en mis ocupaciones profesionales, mis atenciones familiares y mi falta de vocación y aptitudes políticas para desempeñar tal cargo, pero impuesto y aca- tado por razones de disciplina»11. Os nacionalistas ourensáns tamén insistiron reiteradamente na dimensión cultural orixinaria do partido, que sería a verdadeira razón que conduciu a moitos a militar nas súas filas. Tal fixo José Antonio Varela Garza cando argumentaba que o PG «...nació como una mera asociación de tipo cultural y exaltación de los valores culturales de Gali- cia, sin tendencia política alguna»12. E o propio Peña Rey insistía que o seu labor «...al margen de la orientación política que fijaba el Comité Central, fue de carácter predo- minantemente cultural...»13. Diante da imposibilidade de negar a participación electoral do PG nos diferentes comicios celebrados logo da súa fundación, outros tentaron deixar claro dende o princi- pio que nesta formación tamén tiñan cabida dereitistas e rexionalistas a carón de ele- mentos de esquerda e autonomistas. Neste senso, Varela Garza admitía que o partido «Posterior mente (sic) fue inclinado por algunos de sus altos dirigentes hacia un conte- nido político pero de carácter neutro, siendo por ello posible que en él figurásemos dere- chistas y otras (sic) de tendencia izquierdista. Cuando el partido se lanzó abiertamente

10 AHPOU, Fondo TRRP, caixa 7.199, expediente 91/1941, fol. 9. 11 AHPOU, Fondo TRRP, caixa 7.195, expediente 28/1940, fol. 11a. 12 AHPOU, Fondo TRRP, caixa 7.195, expediente 32/1940. 13 AHPOU, Fondo TRRP, caixa 7.195, expediente 28/1940, fol. 11v.

241 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Traballos de investigación e estudo

al campo de la política cabíamos en él, también, quienes eran autonomistas y quienes sentíamos solamente el deseo de un sano regionalismo»14. E engadía, para salientar o compromiso dos seus cos postulados dereitistas por riba de calquera outra consideración, mesmo a unidade do partido, que

[...] próximamente al triunfo del nefasto Frente Popular en aquella campaña elec- toral, algunos candidatos a diputados lanzaron en sus propagandas y en el periódico ‘A Nosa Terra’ afirmaciones izquierdistas que, aunque eran puramente personales, por la representación que ellos ostentaban, arrastraban en cierto modo al partido Galleguis- ta a una atmósfera que repugnaba a la verdadera ideología derechista de la mayor parte de los inscritos en él y sobre todo a la mayor parte de los que figurábamos en el Grupo de Orense. Ello determinó a que el que suscribe unido a bastantes afiliados de Oren- se, nos diésemos de baja en el Partido cuando arreciaba la campaña electoral de 1936 y antes, por tanto, de la época en que triunfó el Frente Popular.15

Outro dos recursos máis utilizados pola maioría dos encartados foi tentar solicitar a exención ou a atenuación de responsabilidade sobre a base do parágrafo segundo do art. 5º da Lei, intentando demostrar a existencia de público arrepentimento anterior á suble- vación e a adhesión e colaboración entusiasta co Movemento. O primeiro destes extre- mos era o máis difícil de probar, e só cando coincidían unha inequívoca demostración documental de terse dado de baixa en determinado partido, unha escasa transcendencia da actividade política en cuestión e a achega de informes favorables das autoridades, ins- trutor e tribunal aplicaron con benevolencia o precepto sinalado. Tal aconteceu con Jaime Pérez Colemán, catedrático do Instituto de Ensino Medio, que tamén figuraba nas listaxes incautadas na sede do PG. Porén, declarou «que nunca se creyó ligado a dicho partido», atribuíndo este feito

a habérsele pasado unos recibos, aproximadamente desde comienzo de 1932 hasta fines del verano de 1934 [...] que eran recogidos por condescendencia con elementos integrantes de tal agrupación, amigos del exponente quienes, dedicándose a intere- santes trabajos y estudios, recababan esta pequeña contribución para finalidades cul- turales. Que estos amigos no se tenían por afiliados se desprende de que (sic) ni eran convocados a juntas, no se le participaba resolución alguna, no asistía a reuniones, ni daba conferencias [...]. Es verdad que se le invitó, si bien humorísticamente, a firmar su solicitud de ingreso en el partido, pero habiéndose negado en redondo ignoraba de buena fe, que sin firmar su filiación adquiriría compromiso determinado. De aquí mi sorpresa cuando por primera vez se le enteró de que mi nombre formaba entre los galleguistas [...].16

Tal estrañeza resultaba facilmente comprensible tendo en conta a súa posterior tra- xectoria política. Segundo declaraba o coronel Rafael Valcarce Sáenz, despois de afas- tarse do PG, «se inclinó a Falange lo que sabe el declarante porque sus hijos estaban entonces detenidos por ser Falangistas y el Sr. Colemán los visitaba y les hacía obsequios

14 AHPOU, Fondo TRRP, caixa 7.195, expediente 32/1940. Subliñado no orixinal polo xuíz instrutor de Responsabilidades Políticas. 15 Ibidem. 16 AHPOU, Fondo TRRP, caixa 7.201, expediente 82/1941.

Nº 370 242 Traballos de investigación e estudo BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

y también cotizaba para Falange...». Consumada a sublevación, foi designado polos gobernadores civil e militar para acudir á Asemblea Anti-Comunista de Lisboa en agos- to de 1936, ingresou en Falanxe a mediados de decembro dese mesmo ano, foi designa- do presidente da Comisión Xestora da Deputación, Delegado Provincial de Prensa e Propaganda, Delegado Provincial de Educación Nacional e Xefe Provincial do Move- mento en Ourense dende marzo de 1939, ademais de ser nomeado inspector de Ensino Primario e actuar como gobernador civil interino en ausencia do titular17. Por se fose pouco, foi o redactor, xunto con Fernández Borrajo, da primeira folla de propaganda difundida polos rebeldes «por todos los pueblos de la provincia alentando a la gente que desconocía el significado y trascendencia del Movimiento»18. Naturalmente, saíra indemne ata aquel intre de todas as investigacións e depuracións incoadas dende a capi- tal, entre elas a da Comisión de Depuración de Catedráticos que presidía o daquela gobernador civil Manuel Quiroga Macia, dos primeiros en declarar no seu favor no expe- diente que nos ocupa. En calquera caso, destacar a ruptura co PG en vésperas dos comicios do 36 non pare- cía, a priori, un argumento que garantise automaticamente a exculpación a xulgar pola posibilidade de esixir responsabilidades dende outubro de 1934. Porén, a diferenza do que acontecerá con algúns significados ex-militantes da esquerda obreira, que foron san- cionados malia ter abandonado o partido antes da constitución da Fronte Popular, o certo é que vai resultar moi efectivo no caso dos galeguistas, os cales non tiñan contas pendentes que saldar co gallo dos acontecementos revolucionarios de outubro de 1934. Neste senso, cando a baixa foi efectiva antes da celebración das eleccións e puido ser documentada, o tribunal acordou a absolución ou o sobresemento das actuacións e non os estimou incursos no apartado c) do artigo 4 da LRP. Mesmo aplicouse con certa bene- volencia a esixencia de proba documental que certificase o abandono do partido; se cadra porque, como aseguraba o contable dos Almacenes Román, Manuel González Rodríguez,

Extrañado el que suscribe de aparecer como afiliado y sin que constase su baja, hizo las oportunas averiguaciones, como consecuencia de las cuales ha sacado la deducción de que en dicha agrupación no procedían a formalizar las bajas, si bien deja- ban de pasar los recibos, pero conservando los nombres de los que habían dejado de pertenecer, tal vez en la creencia de que algún día volverían a sus filas o con otros fines que el exponente ignora.19

Dende logo axudaba que os informes acreditasen a condición «de orde» do encarta- do e a súa colaboración coas dereitas, como aconteceu co mestre José González Núñez que, ademais de cursar baixa con anterioridade ao golpe e a dicir do párroco de Bousés

17 Informe nº 1077 da Delegación Provincial do Servizo Nacional de Información e Investigación de FET y de las JONS de Ourense e nº 1.296 da Comisaría de Investigación en Vixilancia de Ourense. A cita coa declaración de R. Valcarce en fol. 58. 18 AHPOU, Fondo TRRP, caixa 7.201, expediente 82/1941. 19 AHPOU, Fondo TRRP, caixa 7.200, expediente 87/1941, fol. 141v.

243 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Traballos de investigación e estudo

(Oímbra), onde residía, «En tiempo de elecciones siempre se ha puesto incondicional- mente al lado de personas de derechas; siendo duramente atacado por los elementos de izquierdas por no ver en él imparcialidad como Presidente de la mesa que era»20. En pare- cida situación estaba o comerciante Juan Rodríguez Domínguez, segundo o cal cursou a súa baixa a raíz da xuntanza «en la que se discutió si se iba ir a las mismas [elecciones de 1933] con las derechas o con las izquierdas, en cuya reunión hemos perdido la votación los que opinábamos de ir con las derechas, y como quiera que mi manera de pensar no estaba de acuerdo con la orientación política que llevaban los partidos de izquierda, es por lo que me decidí a darme de baja en el mismo. [...] Yo pertenecí a él cuando aún no tenía matiz de derechista ni de izquierdista»21. Este extremo foi corroborado pola Comi- saría de Investigación e Vixilancia de Ourense, que ademais confirmou o seu ingreso na Unión Orensana de Derechas e en Acción Popular despois de deixar o PG, ademais de ser membro da Asociación Católica de Pais de Familia. Pola contra, o oficial do Xulgado Salvador Goyanes Sotelo non cursou a súa baixa ata que se fixo pública a súa integración na Fronte Popular e, unha vez que se consumou o golpe, «no se encuadró en ninguna Organización, adoptando una actitud pasiva»22. Pola súa banda, José Fernández Borrajo, que presidira a Dereita Galeguista e colaborara na campaña a prol do Estatuto, non tivo pudor en asegurar que foi a dirección que pre- tendían darlle determinados dirixentes o que desviou «...fundamentalmente al Partido Galleguista de su casi exclusivo contenido cultural originario que era su mayor alicien- te para la mayor parte de los que a él pertenecíamos»23. Mais as acusacións de seren defensores do Estatuto non resultaban doadas de desvir- tuar tendo en conta o compromiso público que a maioría dos conservadores amosaran na campaña desenvolta durante a primavera. Así, José Antonio Varela Garza só puido argumentar habilmente que tal acusación, considerando a súa ruptura co PG, resultaba inexacta «...si se tiene en cuenta que cuando se hizo propaganda del Estatuto y se tra- bajó en su consecución (que fue después del triunfo del Frente Popular) ya no pertene- cía yo al Partido Galleguista». Outro tanto afirmou respecto ao cargo de ocupar asento na tribuna de oradores en mitins do PG durante aquela, negando o carácter político dun acto no que compartira tribuna con Alexandre Bóveda, pois «...aquel acto era mera- mente una conferencia sobre asuntos económicos y no política y mi presencia en la tri- buna fue debida a que, por el carácter de la conferencia, fui invitado a ese puesto por ser en aquella fecha presidente de la Cámara de Transportes Provincial». E engadía, como bo coñecedor do significado procesual da diabolica probatio, que «No me es posible apor- tar prueba sobre mi no concurrencia a la tribuna porque como se trata de una prueba negativa no es posible su práctica». A pesar de que Varela escenificara publicamente a

20 AHPOU, Fondo TRRP, caixa 7.199, expediente 91/1941, fol. 107. 21 AHPOU, Fondo TRRP, caixa 7.199, expediente 91/1941, fol. 120. 22 AHPOU, Fondo TRRP, caixa 7.201, expediente 82/1941, fols. 6 e 37. 23 AHPOU, Fondo TRRP, caixa 7.201, expediente 82/1941, fol. 7a.

Nº 370 244 Traballos de investigación e estudo BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

súa ruptura co PG cando asinou o manifesto da Dereita Galeguista, estes antecedentes xa motivaran a súa detención o 26 de outubro de 1937; daquela, permaneceu retido en cali- dade de gobernativo ata o 1 de febreiro do ano seguinte e foi, ademais, multado con 250 ptas. Tamén, como anticipabamos, acudiron con relativa frecuencia ao recurso de asegurar a desgana na militancia –o ingreso no partido por amizades particulares é unha constan- te por parte da maioría– e o tenue do compromiso, como fixo o propio Varela Garza cando aseguraba que «Por ello, aunque es cierto que pertenecí al Partido Galleguista no figuraba ya en sus listas en el mes de Febrero de 1936; siendo antes de esa fecha un mero afiliado sin relieve y sin entusiasmo»24. Pola súa banda, o inspector de seguros Luis Villa- rino Ulloa di que pertenceu ao PG dende 1933 ata que se produciu a escisión da Dereita Galeguista, aínda que se afiliou «no [...] por ideales políticos ya que nunca los ha tenido y si por una conveniencia particular de poder llevar a efecto una labor más amplia dentro de su profesión»25. E en parecidos termos expresábase o industrial licoreiro e propietario da Casa de Baños de Ourense Patricio Martín Sánchez Dalama, segundo o cal

He sido afiliado al partido galleguista por complacencia, por acceder a requeri- mientos de la amistad y por que (sic) no habiendo pertenecido a ninguna organización política no tenía compromisos de este orden y no sentía preocupación alguna que obli- gase al exponente a seguir determinada conducta. Es más, toda mi vida la he dedica- do a mis actividades mercantiles pudiendo expresar que me consideraba como apolí- tico. [...] Conste pues, que he sido un afiliado pasivo en el Partido Galleguista, sin defender su programa ni interesarme sus postulados [...].26

Finalmente, sempre quedaba a posibilidade de facer pública abxuración do pasado, denigrar a formación na que se militara ou, como tivo que facer Juan Rodríguez Domín- guez, confesar a vergoña que daquela producían tan incómodas concomitancias: «Puede creerme V.E. que me encuentro bastante abochornado ante mis enemigos, el (sic) tener que sufrir un espediente (sic) por un partido político que yo odiaba bien de veras; y prue- ba de ello es el hallarme en la acera de enfrente»27. A adhesión a posteriori sempre podía acreditarse polos máis diversos medios, mesmo con algún recibo que certificase a xenerosidade dos encartados á hora de contribuír ás múltiples subscricións e donativos organizados polas autoridades. Moito máis cando, como aconteceu con varios persoeiros da Dereita Galeguista ourensá, pertencían a Círcu- los Católicos, ingresaron nas milicias de segunda liña, participaron en actos oficiais e de propaganda con posterioridade ao golpe e mesmo ocuparon cargos oficiais. Así, o empre- gado de farmacia Julio Blanco Quintela, que tamén se deu de baixa no PG ao pactar coa Fronte Popular, era membro de Acción Católica, foi mobilizado cos da súa quinta e esta-

24 AHPOU, Fondo TRRP, caixa 7.195, expediente 32/1940. 25 AHPOU, Fondo TRRP, caixa 7.200, expediente 87/1941, fol. 83. 26 AHPOU, Fondo TRRP, caixa 7.202, expediente 22/1941, fol. 202. 27 AHPOU, Fondo TRRP, caixa 7.199, expediente 91/1941, fol. 151.

245 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Traballos de investigación e estudo

ba considerado «gran simpatizante de las derechas y personas de orden»28. E o xa citado Manuel González Rodríguez, aseguraba que pertencera ás Mocidades Galeguistas,

[...] pero que pasados unos meses como tal asociación no estuviera en consonan- cia con el sentir que expone el que al mismo tiempo pertenecía a la Juventud Católi- ca de Orense y en ella tenía un cargo directivo y diversas actividades como la de tomar parte en los Círculos de estudios organizados por la misma se dio de baja en aquella asociación Galleguista sin que tuviese relación de ningún género ni con este ni con algún otro partido político. [...] De todos modos, siempre consideró el exponente, que sus fines, si bien impregnados de un matiz regionalista, era éste de carácter tradicio- nalista, como lo revela la existencia en el mismo por aquel entonces de destacadas per- sonalidades, cuyas arraigadas creencias religiosas e ideas de orden no pueden ser dis- cutidas.29

Pola súa banda, José Gil Fernández aseguraba no seu escrito de defensa que «No bien tuve conocimiento de aquel alevoso asesinato del Mártir Calvo Sotelo, y se habló de la formación de una Milicia en esta Capital en momentos en que se suponía y ansiábamos la declaración del Estado de Guerra, para el Glorioso Alzamiento, que cuidara del orden, para que la Guardia Civil y mas fuerzas armadas pudiera actuar en forma donde fuera preciso, fui de los primeros alistados en aquel primitivo Batallón de Caballeros de San- tiago (...)». E aínda engadiu que cando a citada milicia se fusionou coa de FET y de las JONS continuou nela prestando cantos servizos lle foron solicitados, ademais de poñer a disposición das autoridades o seu vehículo particular e contribuír ao esforzo bélico con diversos donativos30. Entre os segundos, ademais do ben coñecido caso de Vicente Risco, o propio Fer- nández Borrajo lembraba o instrutor que se dera de baixa no partido «por observar con disgusto que el órgano oficioso del Partido Galleguista y algunos elementos pertene- cientes al mismo partido hacían propaganda izquierdista y aun separatista». E, decon- tado, trouxo a colación a súa participación nas dúas comisións organizadas para traba- llar a prol da unidade das dereitas; inclusive a que se formou co gallo das previstas elec- cións municipais da primavera de 1936 que, finalmente, serían suspendidas polo Goberno como consecuencia do clima político reinante. Consumada a sublevación, foi nomeado policía honorario vinte e catro horas despois da declaración do estado de gue- rra, ingresou na milicia de segunda liña dos Caballeros de Santiago, formou parte da súa comisión depuradora e afiliouse á Comuñón Tradicionalista (onde foi membro da súa Xunta de Guerra e exerceu de Delegado de Organización e Relacións Exteriores dende o 31 de decembro de 1936), ademais de colaborar na prensa, en numerosos actos de propaganda e desempeñar varios cargos, entre eles o de vogal da Comisión de Integra- ción de FET y de las JONS; foi tamén Delegado Provincial de Propaganda e Prensa de FET y de las JONS, secretario da Comisión Provincial de Mutilados, secretario do

28 AHPOU, Fondo TRRP, caixa 7.200, expediente 87/1941, fol. 19. 29 AHPOU, Fondo TRRP, caixa 7.200, expediente 87/1941, fol. 139. 30 AHPOU, Fondo TRRP, caixa 7.199, expediente 91/1941, fol. 9.

Nº 370 246 Traballos de investigación e estudo BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

Colexio de Avogados e presidente do Tribunal Tutelar de Menores. Aínda que a xuris- dición de responsabilidades políticas decretou o sobresemento do seu expediente, o Servizo de Depuración do partido único acabaría pasándolle factura pola súa militan- cia no PG: cando aínda este se atopaba en curso, a Secretaría Xeral decretou a súa expulsión en base a unha investigación aberta durante a cal saíu novamente á luz a súa militancia no nacionalismo, de seu incompatible cos homes de «impoluto pasado» que o Movemento demandaba31. En definitiva, unha ampla gamma de mecanismos de defensa da que, na práctica, só puideron facer uso aqueles que, como os membros da Dereita Galeguista, ademais de ate- sourar un inmenso capital relacional32, non se atopaban en prisión ou fuxidos cando lles chegou a quenda de comparecer no proceso. Deixemos que sexa o xa citado J. F. Yáñez Sierra o que narre a imposibilidade práctica que tivo para exercitar a súa defensa. Segun- do un escrito redactado o 18 de maio de 1940 e con data de rexistro do día 20, un día máis tarde de ser firme a sentenza condenatoria ditada contra el,

[...] en este día ha sido puesto en libertad por la autoridad Militar competente que lo tenía detenido desde el día 8 de abril último en la Prisión Provincial de Orense, cuya detención la determinó una denuncia proyectada por el Secretario del Ayunta- miento de La Gudiña y actual Jefe de Falange de aquella localidad, cuya denuncia tuvo por solo y exclusivo objeto privar al exponente de hacer personalmente y con toda aportación de datos la defensa en el sumario que se le sigue y obra en ese digno Tribunal. [...] los reclusos no tienen libertad para defender sus derechos dada la gran disciplina que hoy se tiene en los penales, que no autorizan a escribir más que una vez por semana y solo a familiares.33

Elocuente testemuño que, como tantos outros casos (pensemos nos que fuxiran para salvar as súas vidas, atopábanse na fronte de guerra oficialmente declarados rebeldes e na importante porcentaxe de inculpados que permanecían en prisión, non só os encar- tados nun sumario senón tamén, como no caso do mestre galeguista, os gobernativos), acredita as diferenzas existentes entre realidade normativa e vida real.

3. AS SANCIÓNS A normativa de responsabilidades políticas distinguía entre sancións restritivas da acti- vidade (inhabilitación absoluta e especial), limitativas da liberdade de residencia (estra- ñamento, relegación a África, confinamento e desterro) e económicas (que ían desde a

31 Declaración de Fernández Borrajo en AHPOU, Fondo TRRP, caixa 7.201, expediente 82/1941, fols. 7a e 13-14; o informe da Delegación Provincial do Servizo Nacional de Información e Investigación FET-JONS en fol. 38. 32 Basta, neste senso, contemplar a listaxe de persoeiros que moitos deles poden presentar como testemuñas de descargo. Entre os que declara- ron en favor dalgúns dos expedientados podemos citar nada menos que ao propio xuíz instrutor de Responsabilidades Políticas Federico Acos- ta Nuruega; o director de La Región Ricardo Outeiriño; o maxistrado Alberto Stampa Ferrer, antes xuíz de instrución na capital ourensá e daquela exercendo como Fiscal de Taxas en Barcelona; o comisario xefe de Policía Facundo Valias, entón destinado en Madrid; o coman- dante da Garda Civil Eulogio Limia Pérez, daquela prestando servizo en Barcelona; o enxeñeiro xefe de Obras Públicas de Ourense Antonio Sáenz-Díez Vázquez; o director do Hospital Luis Santos Ascarza; o vigairo capitular e provisor da diocese Diego Bugallo Pita; o entonces párroco de Santa Eufemia do Norte, profesor do Seminario e Delegado de Acción Católica Fernando Quiroga Palacios; o comandante de Infantería e vicepresidente da Deputación Marcelino Mira Cecilia; o ex gobernador militar Luis Soto Rodríguez; o coronel Rafael Valcarce Sáenz; unha chea de persoeiros locais vinculados ao calvosotelismo e xerarquías de FET y de las JONS, etc. 33 AHPOU, Fondo TRRP, caixa 7.193, expediente 43/1939.

247 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Traballos de investigación e estudo

perda total ou parcial dos bens ata o pago dunha cantidade fixa). En casos extraordina- rios, o Goberno, previa proposta dos tribunais, podía acordar a perda da nacionalidade coas súas accesorias de estrañamento e perda total dos bens (art. 9). Loxicamente, a totalidade das sancións, agás as económicas, só podían imporse a persoas individuais; todas as non económicas eran temporais, excepto a perda de nacionalidade española, que o era a perpetuidade; e, finalmente, non existían penas de privación de liberdade, nin sequera a prisión subsidiaria en caso de insolvencia ou falta de pagamento da san- ción. As concesións ao arbitrio xudicial para a fixación da medida das sancións eran moi amplas, presuntamente para facelas máis xustas e adecuadas aos diferentes graos de res- ponsabilidade, pero tamén polo recoñecemento da gran complexidade dos actos e omi- sións sobre os que debían pronunciarse os tribunais. A súa extensión dependía da cuali- ficación dos feitos como «extraordinariamente graves» (suposto no que os tribunais podían propor ao Goberno a sanción xa comentada do art. 9), «graves» (de 8 anos e 1 día a 15 anos), «menos graves» (de 3 anos e 1 día a 8 anos) ou «leves» (de 6 meses e 1 día a 3 anos). En todo caso, aos condenados pola xurisdición de guerra só se lles podían impor sancións de carácter económico, pero para calibrar na súa xusta medida esta apa- rente benevolencia hai que ter en conta que os consellos de guerra xa impuñan de ofi- cio penas accesorias. A fixación da contía das penas pecuniarias, sempre de libre deter- minación polo tribunal, facíase depender non só da gravidade dos feitos, coma no caso dos dous primeiros tipos, senón tamén da posición económica e social do responsable e das cargas familiares que tivese. Contradicindo o principio xeral de que a morte extin- gue a responsabilidade do culpable, a normativa prescribía que o falecemento non exi- mía da incoación de expediente nin do pago das sancións económicas (art. 15), como tivo ocasión de comprobar o afiliado ao PG Ramón González Paradela. Estas, a diferen- za das medidas restritivas da liberdade ou do exercicio da profesión, que prescribían aos 15 anos, eran declaradas imprescritibles, debendo os herdeiros do responsable facelas efectivas con cargo ao seu patrimonio hereditario. Só no caso de que algún dos herdei- ros aceptantes prestase eminentes servizos ao Movemento ou demostrase a súa anterior e pública adhesión, podería solicitar excepción en canto á parte da herdanza que lle correspondese, sendo tales extremos de libre apreciación polo Tribunal. A citada Lei de 19 de febreiro de 1942 ditaminaba o sobresemento da causa cando a valoración do patrimonio do encartado e o dos familiares cos que convivía era inferior ás 25.000 pesetas, sen prexuízo de que a autoridade competente puidese acordar outras medidas de depuración e inhabilitación. Este precepto vai ser determinante para que varios militantes encartados que permaneceran no PG ata a sublevación militar queda- sen exentos de responsabilidade. Tamén para que o Tribunal actuase cun marcado sen- tido da oportunidade: o cruce dos expedientes efectivamente incoados co BOPO per- mite asegurar que non todos os incursos nalgún suposto de responsabilidade dos con-

Nº 370 248 Traballos de investigación e estudo BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

templados pola normativa foron efectivamente encartados, sendo moitísimo máis ele- vada a porcentaxe daqueles que notoriamente carecían de bens suficientes para facer fronte a unha eventual sanción. A combinación de todos estes elementos resultou decisiva para que a gran maioría dos nacionalistas investigados quedasen a resgardo das consecuencias máis gravosas da LRP. S. Goyanes, J. Fernández Borrajo e J. Pérez Colemán resultaron absoltos en sen- tenza do TRRP de 31 de maio de 1941 por considerar probado que abandonaran o PG antes do 18 de xullo de 1936, sen sequera resultar determinante no fallo a entusiasta colaboración dos dous últimos co Movemento; o mesmo acontecera xa con José Anto- nio Varela Garza por resolución de 23 de decembro de 1940. Contra Manuel López Fer- nández, Severino Bacelar Blanco, Antonio González Iglesias, Ramón González Parade- la, Cesáreo Saco López, Amadeo Estévez Rodríguez, José González Núñez, Juan Rodrí- guez Domínguez, José Gil Fernández e Antonio Faílde Gago ditouse auto de sobrese- mento das actuacións o 5 de decembro de 1942 por non alcanzar o valor dos seus bens a cantidade de 25.000 ptas.; idéntica resolución ditárase contra o concelleiro do PG en Vilamartín de Valdeorras José Manuel García Núñez o 28 de novembro dese mesmo ano. O mesmo aconteceu, por auto de 4 de xaneiro de 1943, no caso de Manuel Gon- zález Rodríguez, Julio Blanco Quintela, Luis Villarino Ulloa, Jesús Castro Pérez, José Martínez, Cesáreo Gómez Pacios, Avelino Álvarez Fonseca e o falanxista Emilio Gon- zález Núñez. Deste último expediente só continuaron as actuacións contra Antonio Rodríguez-González Montero, o único que posuía bens superiores aos que a normativa fixaba como causa de exención da responsabilidade; porén, Montero só tivo que agardar ata o 11 de febreiro seguinte para que o tribunal, tendo ademais en conta o seu destaca- do papel en Falanxe, apreciase que lle era de aplicación a excepción prevista no aparta- do c) da Lei de 19 de febreiro de 1942 relativa a simples afiliados a organizacións polí- ticas declaradas fóra da lei sen actuación significada nas mesmas. Pola contra, descoñecemos a resolución do proceso de responsabilidades políticas nº 92/1941 incoado contra Benigno Fernández Borrajo, do que temos noticia a raíz do sobresemento por duplicidade do nº 115/1941. Pola súa banda, o procurador e ex-secre- tario da Irmandade Galeguista de Ourense Alfonso Vázquez Monjardín, do que tam- pouco se conserva o expediente, foi condenado o 1 de novembro de 1941 ao pago dunha multa de 400 ptas. segundo o resgardo de ingreso da mesma de data 5 de decembro dese mesmo ano34. E o mesmo acontece co médico Arturo López Trasancos, tamén afiliado ao PG, que foi multado na causa que lle incoou o devandito Tribunal e condenado a cinco anos de inhabilitación sen que teñamos constancia do importe da sanción.35 Máis sorte tivemos cos procesos de Patricio Martín Sánchez Dalama e Manuel Peña Rey. O primeiro, a pesar de poñer a disposición dos militares a Casa de Baños, ter un

34 Cfr. AHPOU, Fondo Partidos Políticos, caixa 9.183. 35 Cfr. BOPO, 24 e 29-XII-1941, no que se comunica que, aboada a sanción, recupera a libre disposición dos seus bens.

249 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Traballos de investigación e estudo

fillo morto en campaña e entregar unhas 3.000 ptas. en donativos foi detido pola auto- ridade militar en outubro de 1937, permaneceu preso cinco meses e foi condenado a 3 anos e 1 día de inhabilitación para o exercicio de cargos públicos, de mando, confianza e directivos e 25.000 ptas. de multa por sentenza de 7 de maio de 1940; esta última can- tidade foi rebaixada a 20.000 ptas. polo Tribunal Nacional de Responsabilidades Políti- cas ao estimar como atenuante a perda do fillo en combate. Pola súa banda, Peña Rey foi condenado o 9 de abril de 1941 a cinco anos de inhabilitación especial e ao pago de 500 ptas. de multa polo tribunal presidido por Eduardo Martínez Nieto. Daquela, malia non ter realizado actos de oposición ao golpe, xa fora destituído do seu posto de xine- cólogo do Hospital e detido en outubro de 1937 por orde militar, permanecendo no cár- cere algo máis de seis meses. A Xunta pro-vestiario do Exército impuxéralle arbitraria- mente unha cota de nada menos que cinco mil pesetas que non tivo outro remedio que satisfacer e, por se fose pouco, tivo que condonar á Deputación unha débeda de 10.000 ptas., contribuír con cantidades importantes a diversas subscricións e hipotecar os seus bens para principiar as obras do seu sanatorio por intimación das autoridades militares a fin de remediar o paro obreiro na capital.

CODA No seu conxunto, non cabe dúbida de que o nacionalismo ourensán de preguerra saíu comparativamente ben parado da esixencia de responsabilidades civís e políticas na pro- vincia. A significación conservadora e católica de boa parte dos seus máis senlleiros representantes, a ruptura co PG antes da celebración das eleccións de febreiro de 1936, o feito de non destacaren na oposición ao golpe militar, o retraemento ou a colaboración co novo réxime dalgúns deles e a mesta rede de influencias que o círculo galeguista tiña, sobre todo na capital, foron determinantes para que gran parte dos seus militantes que- dasen a salvo da primeira e máis salvaxe onda represiva, tanto dende o punto de vista da represión física como dende a perspectiva da depuración administrativa e económica. Naturalmente houbo excepcións. E todas elas teñen en común o mantemento da militancia no nacionalismo durante a etapa da Fronte Popular. E mesmo dentro destas últimas, non foi o mesmo o tratamento que os rebeldes deron aos nacionalistas de Val- deorras, que formaron parte dos comités da Fronte Popular, aceptaron a responsabilida- de de estaren presentes nas xestoras municipais e participaron activamente na frustrada tentativa de resistencia ao golpe, que aos de Ourense capital. Cando o TRRP tomou o relevo no proceso de depuración política dos desafectos, o rigor represivo decrecera notablemente. A lentitude á hora de iniciar os trámites e a duración dos mesmos tamén beneficiou aos ourensáns, que, asemade, puideron poñer en valor o compromiso, real ou apócrifo, de parte deles co Movemento: achegas ás Subscricións Patrióticas, pertenza a círculos católicos, incorporación ás milicias de segunda liña, diversos servizos prestados ás autoridades, etc. Da intensidade do compromiso, da significación duns e doutros e dos

Nº 370 250 Traballos de investigación e estudo BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

avais e influencias que cadaquén foi capaz de mobilizar no seu favor dependeu o resul- tado da depuración. Houbo quen, como Risco, apenas foi molestado; e quen, como Otero, perdeu a súa cátedra por non se prestar a componendas nin a maridaxes. Quen, como Pérez Colemán ou Fernández Borrajo, mesmo puideron medrar na nova conxun- tura a forza de renegar do seu pasado; e quen, como a maioría dos encartados, non pre- cisou de moito máis que redactar pregos de descargo e acreditar a posesión de bens infe- riores a 25.000 ptas. para recuperar o sono. Sete décadas despois, algúns poderán pensar que a actitude e a actuación dalgúns destes persoeiros foron dende pouco heroicas ata directamente unha traizón a Galicia e ao nacionalismo galego no que militaran. Pero, sen esquecer a imperiosa necesidade de facer distingos, nin aquel era tempo de heroes nin as decisións humanas poden sacarse do contexto histórico no que se producen. Tampouco é posible, comodamente instala- dos na perspectiva da nosa opulenta, libre e democrática sociedade actual, facer abs- tracción do clima de terror, de medo e de sometemento nin das necesidades de supervi- vencia de cada un destes homes e das súas familias. As súas debilidades, máis que restar valor ao compromiso anterior e posterior con Galicia de moitos deles, deben servirmos para engrandecer e acrecentar a coraxe dos que pagaron coa súa vida, coa súa liberdade ou co exilio a decisión de manter a dignidade e o amor á Terra por riba de calquera outra consideración.

251 Nº 370

UN TEXTO INÉDITO DE 1842 DE JUAN MANUEL PINTOS

Xosé Xove Ferreiro Instituto da Lingua Galega (Universidade de Santiago de Compostela)

1. O PRIMEIRO TEXTO COÑECIDO DE PINTOS En Xove (1999) demos ao público o que denominamos “primeiro texto galego coñeci- do de Juan Manuel Pintos”. Tratábase dunha composición autógrafa asinada por “Juan Manuel Pintos. Cambados” e datada a 13 de marzo de 1843, que o autor dedicaba a Faus- tino Domínguez con motivo do seu casamento con Luísa Coumes Gai. Demos co texto, que se atopa no Códice 1052 do Arquivo Histórico Nacional (AHN), nunha rápida viaxe a Madrid que nos permitiu facer a súa copia para editalo como homenaxe ao noso compañeiro Camilo Flores1. A pesar de advertir a importancia do material contido no Códice, foinos imposible examinalo a fondo nesa ocasión, de modo que solicitamos do Arquivo Histórico Nacional o envío do microfilme completo do Códice. Cando recibi- mos o microfilme e puidemos examinalo con coidado, o traballo referido no inicio (Xove 1999) estaba xa impreso, sen posibilidade de modificación. Nese segundo encontro cos textos incluídos no Códice decatámonos da existencia doutra composición de JMP2 de 1842, a aquí editada, que viña a ser aínda anterior á xa publicada como o seu “primeiro texto galego coñecido” e que nos pasara desapercibida no primeiro e apurado exame do Códice por non conter o nome do autor. Posterior- mente volvemos a beneficiarnos do material reunido no Códice 1052 con motivo dou- tra homenaxe a unha colega da nosa Facultade de Filoloxía, nesta ocasión a profesora Dulce Estefanía Álvarez. O traballo, “Un testamento do galo de 1786”, partiu dun dos tex- tos incluídos no Códice e foi publicado en 2004 en colaboración con Rosario Ávarez (Álvarez / Xove 2004). O texto de Pintos, en cambio, quedou relegado, coma outros, á agarda da ocasión propicia para volver a ocuparnos da súa obra. Nos anos 2006 e 2008 o Consello da Cultura Galega publicou dúas obras de grande importancia para coñecermos o corpus dos nosos textos escritos e literarios. A primeira delas é unha edición e estudo de M.ª C. Ríos Panisse da Obra poética dispersa de Xoán Manuel Pintos Villar (Pintos 2006). A segunda son os Papés d’emprenta condenada (2008), que recolle a escrita galega entre 1797 e 1846. A ausencia en ambas deste texto descoñe- cido de Pintos de 1842 animounos a sacalo á luz agora, ás portas do segundo centenario do nacemento do pontevedrés (1811).

1 O nome do pontevedrés consta xa na portada do Códice como asinante dun texto: “Poesías varias en gallego y en castellano. Sólo hay dos fir- madas: una, por Manuel Tunas, otra, por Juan Manuel Pintos”. Este dato encamiñounos directamente ao autógrafo de Pintos que axiña publi- camos. 2 No adiante referímonos deste modo a Juan Manuel Pintos.

253 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Traballos de investigación e estudo

2. O CÓDICE 1052B Como resulta obvio polo dito, este novo texto e o xa dado a coñecer non se atopan seguidos, un a continuación do outro, no Códice. Nas 41 follas de que consta, con algu- nhas en branco, reúne un total de 13 (grupos de) textos manuscritos de orixes diversas, como testemuñan as diferenzas de papel, o estado máis ou menos completo do material, a diversidade de caligrafías, de autorías ou procedencia e de datación (onde esta é iden- tificable, vai desde finais do XVIII a 1864). Tampouco a organización do material reunido é coherente. Comeza con dous tex- tos en castelán: unha “Loa para la comedia que se ha de representar en aplauso feliz de las bodas del Sr. Don Agustín Muñoz de Salzedo con Missª Josepha Rossa Alvares” e unha “Glosa a la letrilla de Santa Teresa de Jesús”, copiada do Boletín Oficial Eclesiásti- co del Arzobispado de Santiago (nº 94, 10/10/1864), fundado dous anos antes polo arce- bispo M. García Cuesta. Seguen 15 coplas populares, dispostas en realidade con paxi- nación errada; son de procedencia varia e algunhas non incluídas na recompilación de Domingo Blanco (1992). A continuación recóllese unha anécdota sobre “la terquedad característica de los Portugueses”, con inclusión de 14 versos en portugués; esta parte, xunto cos dous textos iniciais mencionados, é a única que non contén textos en gale- go. O que vén a seguir (texto 5) é un poema en galego en 14 coplas octosílabas con rima consoante nos pares que comeza “Á luz do sol os teus ollos”; está dedicado ao nacemento dunha filla e carece de nome de autor e de datación3. Segue logo “Frag- mentos de un poema gallego, manuscrito, páginas 5 y 6 de un folleto en 8º”, acompa- ñado deste comentario final: “Sólo dos estrofas completas se hallan en la precedente copia, que abrazan un lindo apóstrofo a la naturaleza; aunque tiene defectos, es lástima no tener completa la oda”; polo tema, métrica e referencias ao río Landrove semella escrita por Nicomedes Pastor Díaz, se ben presenta trazos discordantes, como o uso de “ti” no canto do “tu” empregado polo vivariense. O texto seguinte, xa sacado á luz (Álvarez / Xove 2004), é un autógrado asinado por Manuel Tuñas, que en 1786 lle envía ao seu curmán Pedro Tuñas o “testamento do galo”. O texto 8 que vén a conti- nuación é o obxecto do presente traballo; carente de título e de autor, é sen dúbida un autógrafo de Juan Manuel Pintos escrito en Cambados en novembro de 1842. A seguir vén, por duplicado, a popular “canción das (tres) comadres”, en aparencia o primeiro texto como copia do segundo, con variacións de pormenor. O que vén a ser o texto 10 está tamén parcialmente duplicado, pois o primeiro, que copia o segundo con varia- cións gráficas, interrómpese bruscamente no final da páxina, no verso 86 dos 174 que

3 Sospeitamos que pode ser do propio Eugenio Reguera Pardiñas, a quen pertenceu este material, aínda que non sabemos de ningunha outra composición súa. A letra é sen dúbida da súa man, e cadrarían ben coa súa autoría a pouca altura literaria e mais os aspectos gráficos e lin- güísticos relevantes que presenta: letras e para representar a consoante fricativa prepalatal xorda, trazos xeolectais, escollas léxicas, dominio da lingua deficiente. Eugenio casou con María de los Desamparados Malvar Taboada, que nacera en 1803 e era tres anos máis vella ca el. No Códice 1054 do AHN inclúese unha carta de Alberto Campero a Eugenio Reguera, datada en outubro de 1855, en que aquel manda “saludos a Desamparada y niñas”, a todas luces as súas fillas Benardina e Josefa. Descoñecemos o ano en que naceron as fillas, mais tendo en conta que E. Reguera comezou a interesarse polo galego polo menos desde 1840 e tendo tamén en conta a idade dos pais, o nacemento da filla a quen se dedica o poema parece que non debería ser posterior á década de 1840.

Nº 370 254 Traballos de investigación e estudo BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

forman o orixinal4; este orixinal, escrito a dúas columnas, é o autógrafo de marzo de 1843 de “Juan Manuel Pintos. Cambados”, como consta ao final, dedicado ao casa- mento de Faustino Domínguez con Luisa Coumes Gai e que xa foi publicado (Xove 1999). Segue, como texto 11, unha longa composición galega en verso que comeza “Amigo da minha alma”, da que non consta autor nin data. O penúltimo texto é a com- posición titulada “O Aldeano a un seu curmanciño que ja estudía pra abogado”, acom- pañada ao final da indicación de lugar, ano e autor: “Val-das-liñas a vinte de jeneiro de 1857. Jepe Reimundo”; foi publicado posteriormente en El Album del Miño, Vigo, 1858, 128-129. O último texto, que fai o nº 13, ten data e título de “Diciembre de 1852. Cuento de un Litigante gallego”5. En definitiva, da importancia deste códice dá conta o feito de que, se deixamos fóra os textos en castelán (1º e 2º) e portugués (4º), e tamén os populares galegos (3º, 7º e 9º), resulta que cinco dos sete textos restantes eran anteriormente descoñecidos: os dous de Pintos (8º e 10º), “Fragmentos de un poema gallego” (6º), “Á luz do sol os teus ollos” (5º) e “Amigo da minha alma”. Todos cinco, con poucas dúbidas, se ubican antes de mediados do XIX, nun período de escasa presenza do galego escrito, en que cada novo texto é sempre ben recibido.

3. EUGENIO REGUERA E PARDIÑAS O material reunido no Códice pertenceu sen dúbida a Eugenio Reguera Mondragón e Par- diñas Villardefrancos (Pontevedra 1806 / Santiago de Compostela 1866), persoa de rele- vancia social e política da época. Por parte de nai estaba emparentado coa familia Pardiñas Villardefrancos e polo seu casamento con Desamparada emparentou cos Malvar. Seu sogro era Julián Malvar Pinto, señor do pazo da Carballeira de Gandarón, na freguesía de San Martiño de Salcedo, nas aforas de Pontevedra; Julián Malvar tivo un papel destacado como tenente coronel na Guerra da Independencia (participou na batalla da Ponte San Paio e noutras máis) e foi tamén senador pola Coruña nas eleccións de 1837. Deputado modera- do foi así mesmo o fillo de Julián Malvar e cuñado de Reguera, Bernardino Malvar Taboa- da6. Non sabemos de publicacións de Eugenio Reguera feitas en vida, pero hoxe contamos con dúas obras súas, unha de recolleita de léxico galego, a outra de carácter xeográfico-his- tórico. A primeira é a Traducción (1995), un vocabulario galego editado por Pensado sen nome de autor; este foi sen dúbida Eugenio Reguera, mencionado logo por Pensado na introdución, seguindo a indicación porporcionada por Ramón Villares (1995: 6). A outra son os Apuntamentos históricos sobre a vila de Noia, editados por Clodio González Pérez cos nomes dos autores Juan Henríquez Ossorio, Eugenio Reguera Pardiñas e Alberto Campero. Pola información que vén a seguir do título da Traducción (1995) sabemos que Reguera viviu en diversos lugares de Galicia: “Esta colección se empezó a formar en el

4 A copia é da man de Eugenio Reguera. 5 En relación cos textos galegos do “litigante” ou “preiteante”, vid. o dito en Papés (2008: 411 e ss.). 6 Sobre os Malvar, vid. Crespo Pozo 1856 e Crespo Pozo 1982/1983.

255 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Traballos de investigación e estudo

Pumariño hacia 1840, prosiguióse en Santiago en 1845, en 1846; La Coruña desde 1847 hasta 1854; en este año segunda vez en Santiago; en 1856 segunda vez en el Pumariño; en fines de este año, todo el de 1857 y la mitad del de 1858 en Lugo; tercera vez en San- tiago.” Esta información confírmase e amplíase por outras noticias que puidemos ir xun- tando a través de diversas fontes, en parte nos mesmos papeis que pasaron ao AHN. O “Pumariño”, onde comezou a recoller o léxico polo 1840, debe ser a súa casa da fregue- sía de San Pedro de Tomeza, próxima a Pontevedra. No ano anterior, 1839, exerceu como Secretario do Xefe Político de Castellón de la Plana, José Melchor Prat, pero dei- xou o posto en 1840 e regresou a Galicia. En canto á Coruña, consta que xa residía alí polo ano 1846 e que nos anos 1846 e 1847 actuou como secretario do Gobernador da provincia (daquela “Xefe político”), o brigadier excarlista José Martínez Tenaquero, nomeado por Narváez. Ao día seguinte dos fusilamentos de Carral, isto é, o 27 de abril de 1846, Reguera asina como secretario a comunicación aos habitantes da provincia da Coruña de que “en la tarde de ayer fueron pasados por las armas en el pueblo de Carral, el comandante Solís, Velasco y diez pri- sioneros más de las clases de jefes y capitanes procedentes de los rebeldes cogidos en Santiago” (García Barros 1970: 268-269). A información “desde 1847 ata 1854” referi- da á Coruña non debe tomarse como residencia ininterrompida en dita cidade, máis ben como breves residencias en Galicia, pois consta que entre 1848 e 1854 foi Gobernador civil de Segovia. Como pode apreciarse, os seus cargos políticos estiveron ligados aos períodos do goberno moderado de Narváez, de modo que neste sentido os seus ascensos e descensos son os contrarios do progresista Pintos: cesa en 1840 coa chegada ao poder de Espartero, volve a gozar de cargo político no goberno de Narváez e volve cesar en 1854 durante o bienio progresista de 1854-56. En canto a Lugo, foi neses anos 1856-58 mencionados na Traducción nos que estivo de Gobernador civil da provincia. Coa nova subida ao poder de Narváez foi nomeado Gobernador en outubro do 1856, cargo que ocupou ata xullo do 1858, en que cesa tras ocupar O’Donnell a Presidencia do Goberno. A partir de 1858 residiu en efecto en Santiago, do que temos constancia polo menos para os anos 1859, 1863, 18647. Murguía, nas liñas que dedicou a Reguera, despois da súa morte, no Almanaque de Gali- cia para uso de la Juventud elegante y de buen tono de 1867, publicado en Lugo por Soto Frei- re, destacou o labor do pontevedrés na reunión de documentos relacionados con Galicia e tamén a súa colaboración na truncada Historia política, religiosa y descriptiva de Galicia (1849) de Leopoldo Martínez Padín: “Jamás negó su óbolo a la más insignificante empre- sa literaria de Galicia, y entre sus papeles debió dejar tesoros para la historia de este anti-

7 En relación con isto debemos mencionar que a datación “(1840-1858)” que segue ao título da Traducción (1995) é obra do editor, non está na folla orixinal. A datación é errónea no final, debido a que Pensado se queda co último ano mencionado (Lugo, 1858), e descoida a infor- mación de que a recolleita de materiais proseguiu logo en Santiago. Neste caso Reguera non menciona anos, pero non semella moi arrisca- do supoñer que debeu seguir acumulando datos case ata a súa morte, ocorrida en 1866.

Nº 370 256 Traballos de investigación e estudo BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

quísimo Reino, documentos importantes, hojas y papeles sueltos, notas y curiosidades, que tanto echa de menos en nuestro país el que se dedica al estudio de su desconocido pasado. Martínez Padín mereció de su liberalidad la primicia de los importantes manuscritos reco- gidos en época en que eran más fáciles esta clase de adquisiciones. De la pérdida ocasiona- da por la muerte de aquel malogrado escritor [1850] jamás se consoló, y con justicia, pues él fue quien escribió la parte descriptiva de nuestro país que aparece extractada en la His- toria de Galicia, de Padín; él quien más aliento y ayuda material prestó a este escritor para llevar a cabo su empresa.” (Couceiro Freijomil 1953: s. v. Reguera y Pardiñas, Eugenio). Froito do labor recompilador mencionado por Murguía son os seis Códices deposita- dos no AHN (1049, 1050, 1051, 1052, 1053 e 1054), que recollen, de xeito bastante desorganizado, material manuscrito reunido por Reguera. Son tanto orixinais coma copias da súa man e doutros copistas, relacionados maioritariamente con Galicia, con intereses diversos: xeografía, agricultura e gandaría, industria, mundo natural, historia eclesiástica, lingua e literatura... O Códice 1049 está dedicado sobre todo a Cornide, pero tamén a Sarmiento, presente así mesmo no Códice 1053. A Traducción (1995) pro- cede do Códice 1051, onde hai outros papeis importantes sobre xeografía, agricultura e historia natural de Galicia; os Apuntamentos históricos sobre a vila de Noia están tomados do Códice 1054, que inclúe tamén datos sobre outras cidades e vilas galegas. Aínda que pontevedrés coma Pintos e só uns anos máis vello, non é seguro que os autógrafos de JMP do Códice 1052 procedan directamente do autor, aínda que se cadra non é aventurado supoñer que ambos puideron entrar en contacto en Pontevedra nos anos 40, irmandados ademais polo común aprezo polo Padre Sarmiento. As respectivas vidas, un na Coruña e logo Segovia, o outro en Pontevedra, distanciaríanos posterior- mente. Explicaríase así que obrasen no poder de Reguera só estes primeiros textos autó- grafos de Pintos, en principio prestados para copiar, como testemuña o traslado inte- rrompido do texto de 18438. Por unha carta de Luís Rodríguez Seoane, conservada tamén no AHN, sabemos que Reguera coñeceu e posuíu outras composicións impresas de JMP.

4. EDICIÓN DO TEXTO O texto de Pintos, sen dúbida autógrafo seu, vai sen título e sen nome de autor (ver repro- dución facsimilar en apéndice). Está escrito a dúas columnas e ocupa as pp. 15r/v -16r/v do C 1052. Editámolo a continuación actualizado, mais só cos cambios imprescindibles gráficos, de acentuación e puntuación. En calquera caso, tanto os aspectos gráficos e acentuais modificados coma os inalterados son despois obxecto de comentario completo, con vistas a recompoñer, de maneira organizada, os trazos particulares do texto orixinal, que en xeral tenden a estar faltos de uniformidade e coherencia no relativo á grafía.

8 En calquera caso, chama a atención que Pintos non o mencione entre os máis de 250 galegos ilustres do seu “Recramo”, pois non parece pro- bable que sexa o aludido polo segundo apelido no “Pardiñas” do verso 372 (Pintos 2006: 401).

257 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Traballos de investigación e estudo

Meu querido Pai: mais non é mellor Non s’asañe, prego, 40 nin é tan bo, creo, s’esta carta escribo como o que se fai posta nestes versos, na ciudá de Teucro 5 nin tome cabuxo os sábados todos, s’o castellán deixo que dá gusto velo. por falar na fala 45 Alí dei tres voltas, dos nosos galegos, como de recreo. qu’inda nela podo, Axiña o deixei, 10 sin poñer un erro, voltei para o eido, espricar ben craro porque me doían tod’os meus conceutos. 50 prendas que ben quero. Pois Señor verá: Púxenme ó traballo neste día mesmo, que decote teño 15 día dezasete de oír preiteantes do mes de Novembro, e fallar os preitos. mes de S. Martiño, 55 Polas tres da tarde mes de lacoeiros, xantei a desexo eu fun ó mercado coa miña muller, 20 que se fai arreo Aurora e a nena, todas as semanas que tiña a nai no viciño pueblo 60 garimada ó peito, que de Fefiñáns anque con traballo, ten o nome vello. no ar en suspenso, 25 Alí venden millo, porque tiña a probe trigo e mais centeo, o regazo cheo. fabas e castañas, 65 Xa me daba o corpo roupa e trapos vellos; algún gran suceso tamén venden louza vendo tan inchado 30 de cor branco e preto. corpo tan pequeno. Hai tendas do chan Con todo, saín e tamén cubertos 70 a dar un paseo, con cousas do uso, volvendo á tardiña todas a bon prezo. con algún receo. 35 Hai forza de panos, Todo estaba aínda porcos e carneiros, como dito deixo, liño, pan, pescado, 75 sin que Serafina cravos e prateiros. dese sinal certo.

Nº 370 258 Traballos de investigación e estudo BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

Foi pasando a noite, miña Serafina, ceamos contentos, en ben pouco tempo, fumos a dormire 115 botou a este mundo 80 cada un ó seu leito. un rapaz ben feito, Xa estaba eu de volta, todo feito lume, no sono prendendo, de color vermello. cand’ela me chama, Ancha testa e chea, berro tras de berro. 120 a papada o mesmo, 85 Nunca Dios me dera, brincándolle os ollos que chegache a tempo! e narices rexios. Poño os pés no chan, Alegrouse a nai, ós demais desperto, eu non puden menos, todo se prepara 125 dimos a Dios gracias 90 para aquel concerto, por tan bon suceso. que escribir non basta, D’aquí a poucos días e é preciso velo que se erguerá creo, para calculare pois non é de casta o qu’ás nais debemos; 130 de mixiriqueiros. 95 e máis aínda máis, Solo falta agora para que esto vendo batear ó neno, ás nosas mulleres e levará o nome subamos de prezo, do avó paterno que é muito traballo 135 para qu’o pai quede 100 e dor mui doente ben posto no medio botar a este mundo destes dous Basilios un miniño inteiro. que son seu recreo. Com’elas s’estrican, Nada máis lle digo, como se escrequenan, 140 saúde deseo 105 como dan xemidos, e que muitos anos choros e lamentos, vexa este seu neto, como a cor do rostro nado en Cambados toda van perdendo, nunha carta feira é agre bocado 145 no ano de Cristo 110 qu’a calquer pon medo. mil e oito centos Ás doce da noite mais corenta e dous, deste día mesmo, en tempo d’inverno.

259 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Traballos de investigación e estudo

5. CARACTERÍSTICAS GRÁFICAS E MODIFICACIÓNS DESTA EDICIÓN

Examinamos a continuación as características gráficas do texto orixinal e advertimos das modificacións introducidas nesta edición; as mudanzas consisten en boa parte en regularizacións de escollas non uniformes de JMP. O número que segue ás palabras, citadas segundo o orixinal autógrafo, remite ao verso en que se inclúen; se non hai nada que indique o contrario, os datos mencionados en cada apartado son tódolos do texto. 1) No autógrafo hai palabras que á vista aparecen graficamente unidas con ou- tras sen razón aparente: nafala 7, oque 41, oeido 48, Nosono 82... Separamos as palabras en todos estes casos segundo o uso actual; unimos, en cambio, de cote 52. 2) Respectamos as maiúsculas Pai 1 e Señor 13, como sinal de tratamento respec- tuoso de JMP ao seu proxenitor, e pasamos a maiúscula o nome da súa esposa sera- fina 75 (escrita como Serafina no verso 113). Poñemos en minúscula, en cambio, Pai 135, agora referido ao propio JMP, e tamén Ciuda 42. O autor escribe con maiúscula tódolos inicios de verso: cando a puntuación non o impide, na nosa edición van todos con minúscula. 3) Regularizamos a acentuación das palabras segundo os criterios actuais, incluída a das letras maiúsculas; Pintos usa pouco, en xeral, o acento gráfico, e cando o usa non é congruente: a) Non aparece en palabras agudas que hoxe o levan (vera 13, Ciuda 42, erguera 128, levara 133, Ali 25, Ali 45, D’aqui 127, castellan 6, Tamen 29, tamen 32, Algun 66, algun 72, Fefiñans 23), e tampouco nas esdrúxulas (sabados 43, Puxenme 51, Brincandolle 121). Nos hiatos hai acento agudo e grave (Saúde 140, doìan 49), pero é minoritario (dia 14, 15, 112, dias 127, ainda 73, oir 53); en sahin 69 o h intercalado podería obedecer ao recordo do –L- latino perdi- do, visto que só aparece como antihiático neste verbo9. b) Caso á parte é o de recèo 72, en que o acento grave semella marcar abertura da vogal media. É a única palabra deste tipo, pois tódalas demais palabras con final –eo, con pechado, van sen ningún acento (creo, centeo, cheo...). Por outro lado, tamén aparecen sen acento gráfico ningún as máis palabras graves con aberto (prego, versos...)10. c) Nalgunhas palabras emprega o circunflexo para marcar crase de vogais: âr 62, bô 40, côr 30 e 107, avô 134. É plausible que o acento estea tamén relaciona- do co timbre pechado do , como na súa grafía minoritaria do art. (S’ô 6, ô 24), mais isto non é aplicable a âr 62 e menos á grafía ê 99 do verbo ser; por

9 Pintos manterá esta grafía do verbo; na Gaita tódalas ocorrencias recollidas (17v) están grafadas deste xeito. No Coloquio hai un par de exem- plos con –h-, pero o verbo está escrito sen esta letra 4v. 10 Na Gaita lese recea, arreceo. Recèo podería deberse a Sarmiento, que no Coloquio escribe recèo, arrecèo, aínda que tamén rezéo.

Nº 370 260 Traballos de investigación e estudo BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

outro lado, no mesmo texto escribe tamén bon 34 e bom 126, sen acento11. Cómpre sinalar, ademais, que tamén escribe dor 100 e pes 87, a pesar da crase. Na edición eliminamos o circunflexo e puxemos acento diacrítico a pes 87 e da 44. 4) O artigo feminino (ou o pronome persoal) coincide graficamente coa prep. , que JMP, coma hoxe, deixa sistematicamente sen acentuar neste texto, tanto se é artigo (7v) coma se é preposición (10v). A contracción de ambas apa- rece unha soa vez, acentuada: á 71. No plural, escribe o artigo como as 21, pero tamén a contracción: qu’as 94; hai outras dúas ocorrencias da contracción sen acento, pero van con maiúscula no inicio de verso: As 97, 111. O artigo masculino singular está escrito 8v sen acento (41, 48, 64, 65, 94, 120, 133, 135), nalgunhas delas unido á palabra seguinte (41, 48, 120) ou en elisión (qu’o 135). Pero por dúas veces leva circunflexo: S’ô 6, ô 24, o cal, seguindo a Sar- miento, parece deberse ao carácter pechado do . Non é lectura clara, en cam- bio, a grafía Axiña ó 47, para o persoal, en si tamén vogal pechada, aínda que do contacto co anterior resulte unha crase con aberto. Os plurais do artigo figuran sen acento as 5v (12, 43, 54, 87, 121). Fronte á ausencia xeral de marca no artigo, as contraccións están todas marcadas dalgún modo: con acento agudo ó 51, co grave ò 19 e Òs 88, e como ao dúas veces, nos versos 60 e 80; seguindo esta práctica xeral de JMP, en Batear ò neno 132 entendemos que <ò> tamén é con- tracción, aínda que en principo podería ser un complemento directo sen preposi- ción. Tendo en conta que aparece dúas veces, e o dobre a contracción como , na edición resolvemos uniformar nas seis ocasións en ó(s). 5) Outro dos problemas gráficos habituais ten que ver con conxunción ou verbo; dado que en galego a vogal é aberta nos dous casos, a distinción gráfica afecta só á tonicidade. Pintos escribe a conxunción sen acento (18v) e mantén esta grafía cando segue vogal (3v das 18: e a 58, E é 92, e oito 146), pero nunha ocasión pon é carneiros 36. A forma verbal, JMP diferénciaa da conxunción, pero vacila moito na grafía: usa acento grave (è 92, 129), circunflexo (ê 99) e ini- cial. Este aparece en dous versos sucesivos tras non e nin: non he 39, nin he 40, pero tamén escribe è tras non (non è 192). A sexta ocorrencia do verbo está con maiús- cula, sen acento, no inicio dun verso: E agre 109. 6) Pintos usa o apóstrofo case sempre para marcar elisións da vogal final dunha pala- bra en contacto con outra vogal incial da palabra seguinte. a) Cando ocorre nas contraccións que actualmente escribimos como compostos gráficos, eliminamos o apóstrofo: D’o 134, D’este 112, D’estes 137, N’este 14,

11 En avô 134 o circunflexo está sobre un que é pechado, a xulgar pola diferenza avó (m.) / avò (f.) que establece na Gaita (Pintos 1853: 76). Sarmiento propugnaba o circunflexo se as vogais eran pechadas e o agudo se eran abertas, coma en portugués actual, pero Pintos á fin prefire os acentos agudo e grave, respectivamente, segundo a doutrina exposta na Foliada 3ª da Gaita: “Abre el acento grave las vocales / Y las cierra el agudo en ellas puesto” (Pintos 1853: 69). Na Gaita rexístranse bisabós (p. 20), avós 52, 153, pero tamén avôs (p. 36). En calque- ra caso, Sarmiento, que no Coloquio escribe tamén bô, côr, avô, pode ser a fonte destas grafías.

261 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Traballos de investigación e estudo

C’o a 57. O primeiro caso (D’o 134) é excepcional, pois nas outras sete oca- sións prescinde do apóstrofo: da 55, 111, do 31, 33, 107, Do 16, Dos 8. En cam- bio, D’este, D’estes son os únicos exemplos do seu tipo. Coa prep. en escribe N’este 14, pero tamén nestes 4, nela 9, e o mesmo ocorre sempre que a esta pre- posición segue o artigo determinado (7v: 22, 42, 62, 82, 87, 136, 145) e o inde- terminado (Numha 144). Por outro lado, tamén escribe de maneira conxunta Polas 55, velo 44, 92. O caso de C’o a 57 é único; a pesar do espazo de separa- ción, a métrica indica que é de pronuncia monosilábica no texto. b) Mantivemos o apóstrofo, en cambio, nas restantes veces en que JMP o usa. Son, sobre todo, casos de elisión do final das palabras gramaticais en que máis a miúdo ocorre en galego esta perda do ante outra vogal inicial de palabra (de, que, se pron. ou conx.): D’aquí 127, d’inverno 148 (pero De oir 53); qu’as 94 (= que ás), Qu’a 110, Qu’inda 9, qu’o 135 (pero Que escribir 91, que esto 96, Que ê 99); s’azañe 2 (pronome), s’estrican 103 (pronome), S’esta 3 (conx.), S’ô 6 (conx.), pero: se escrequenan 104 (pronome), se erguera 128 (pronome). Hai outras tres ocasións en que JMP usa o apóstrofo; en dúas, sinala elisión dun –o final: Cand’ela 83, Com’elas 103 (pero Como o 41, Como a 107). O ter- ceiro, Tod’os 12, corresponde a un tipo de pronuncia particular da secuencia tódolos, pois parte de todo + os¸ con pronuncia aberta do resultante, como é xeral no singular do tipo todo o mundo; é esta unha pronuncia que Pintos reflicte de maneira habitual noutros textos, mesmo ampliada ao feminino, que, pola contra, neste texto aparece como Todas as 2112. c) Se se examinan os versos do poema observarase que para que a medida hexa- silábica se manteña é precisa unha lectura que faga de maneira sistemática non só as elisións e contraccións que son habituais no galego pronunciado de xeito natural, senón tamén sinalefas que na nosa lingua resultan forzadas e estrañas. Neste sentido, os apóstrofos que Pintos escribe só marcan algunhas das elisións e contraccións que realmente hai que facer ao ler o texto. 7) Na edición fixemos tamén algunhas mudanzas relativas a grafías, algunhas sen maior relevancia, como no caso de ou . a) No texto aparece traballo 51, 61, pero logo travallo 99, que uniformamos con ; tamén pasamos a os verro do verso 84 (2v), e a bermello 118. Retiramos o non só do verbo he (39, 40) e de sahin (69), como xa comen- tamos, senón tamén da forma hum (80, 102, 116), á que logo nos referimos en relación co -m. En cambio, JMP escribe sempre o ditongo final decrecente con , de modo que neste sentido non hai cambios (dei 45, Foi 77, Hai 31, 35...).

12 Como mostra para o masculino, lemos na mesma p.4 da Gaita A tod’os animales e E todo los pieiros; e como exemplo de forma reducida do feminino valla tod’as romerías (p. 23).

Nº 370 262 Traballos de investigación e estudo BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

b) Maior importancia teñen as grafías orixinarias de azañe 2, visiño 22 e narizes 122, acomodadas nesta edición á norma actual (asañe, viciño, narices). Pintos, de acordo coa súa fala nativa pontevedresa, seseaba, e disto hai probas na súa produción, de modo que se se quere pronunciar con fidelidade a súa escrita hai que facelo con seseo. Esta pronuncia del fai que ás veces non atine coa grafía correcta, como acontece en azañe, visiño e probablemente narizes. c) Seguindo a Sarmiento, Pintos defendía escribir o noso son fricativo palatal xordo como , ou , de acordo coa etimoloxía. Claro que esta dou- trina tan nidia era errática na súa práctica. Nesta composición todo está escri- to con , mesmo palabras que claramente debían ser con ou , e que el emprega noutros escritos: Axiña 47, Xa 65, 81, xantei 56... No texto só fan excepción ao uso xeral do as palabras gemidos (105) e regios (122), que por seren casos esporádicos pasamos tamén a . d) De modo xeral, JMP escribe como a nasal que ocupa a posición final de palabra, pero nalgúns monosílabos opta polo , de acordo tamén nisto cos usos de Sarmiento. Trátase das palabras bem (11, 50, 114, 116 e 136), tem (24), hum (80, 102, 116) e bom (126), que na nosa edición uniformamos con –n. Bem e tem só presentan esta grafía, pero ao lado de hum (3v) escribe un (10, 70), e bom (1v) alterna con bon (34). Nas demais palabras, monosílabos ou non, escribe sempre –n: algun (2v), tamen (2v), venden (1v), en (4v), con (4v), non (4v), tan (4v), dan (1v), son (1v), fun (1v)... Coa grafía hum rela- ciónase numha (144), único exemplo do feminino; son solucións que Pintos só emprega nas composicións dos primeiros anos, e ambas remiten aos usos de Sarmiento no seu Coloquio13. En resumo, na composición apréciase unha manifesta vacilación en varios aspectos gráficos sobre os que JMP non tiña aínda un criterio seguro e firme, como o que en boa medida mostra en escritos de anos posteriores: no uso dos acentos, particularmente no do circunflexo (côr e dor, bô e bon, ô e o), no uso do apóstrofo (d’o e do, n’este e nestes), na grafía do verbo é (ê, è, he) e na da contracción de a + o (ao, ó e ò), no uso de en xa, axiña, pero en gemidos, no emprego da grafía –m en alternancia con –n (bom e bon; hum e un)... Todo indica que é un texto feito de corrido, non elaborado, pero tamén que asistimos aos primeiros pasos da escrita en galego de Pintos; este texto é o de datación máis antiga que hoxe lle coñecemos, pero debeu ser tamén dos primeiros que escribiu.

6. NOTAS LINGÜÍSTICAS SOBRE O LÉXICO Á parte do relacionado coa grafía, no texto apréciase tamén algunha que outra vaci- lación lingüística. No verso 30 lemos De côr branco e preto, forma que pasa a ser fem. no v. 107: a côr, e que máis adiante é color bermello 118. Agora ben, esta variación non é

13 Pode verse en Mariño (1995) unha ampla descrición das características do galego de Sarmiento.

263 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Traballos de investigación e estudo

particular desta composición, senón que segue aparecendo nos textos posteriores de Pin- tos. Tamén alterna desexo (a desexo 56) con deseo 140, mais esta última queda logo aban- donada por Pintos en favor de desejo. Ademais das características gráficas xa indicadas, e doutros aspectos, Pintos toma de Sarmiento algunhas das palabras que chaman a atención no texto14. Esta expresión men- cionada, a desexo (Xantei a desexo 56), que Pintos empregará noutras ocasións, remite á mesma locución que usa Sarmiento ata 6 veces no seu Coloquio, sen correspondencia nos demais escritores do XIX15. O verbo pregar (prego 2) úsao Sarmiento 3v no Coloquio; pos- teriormente documentámolo, segundo o TILG, 14v en Pintos, e ata 1900 só 18v máis, 14 delas en obras de Curros. A expresión tomar cabuxo (Nin tome cabuxo 5) remite a teñas cabuxo e tomaba cabuxo (coplas 202, 446 do Coloquio); no TILG vemos que tomar cabuxo aparece outras 2v en Pintos, pero só 2v máis ata 1900. Tamén a palabra lacoeiros 18 atopa eco na copla 735 do Coloquio; ao longo do XIX vémola reproducida outra vez na Gaita e posteriormente 5v máis (TILG). A forma prezo 34 salta igualmente de Sar- miento (13v no Coloquio) a Pintos, que a emprega como forma única (13v máis); no resto do século documéntase só outra ducia de veces (TILG). No poema chama igual- mente a atención o uso de voltar (baixo a forma voltei 48), que tamén podemos ler como volten na copla 20 do Coloquio de Sarmiento. A palabra preto, co significado ‘negro’ que aquí presenta (côr branco e preto 30), só a volvemos atopar en Pintos no texto de 1843 “Dándome cuenta Faustino Domínguez...”, se ben na Gaita (p. 69) aparece como exem- plo do contraste aberto / pechado: prèto ‘cerca’ / préto ‘prieto’; este significado de ‘(case) negro’, infrecuente tamén nos máis escritores do XIX, aparece ben representado no Coloquio de Sarmiento, quen poida que estea detrás do presente uso de Pintos16. Hai outras palabras características de Sarmiento que Pintos emprega neste texto e mais en escritos posteriores, como arreo 20, âr 62, mixiriqueiros 130, pero son voces menos exclu- sivas destes autores, con maior presenza ao longo do XIX17. Na composición hai outros aspectos lingüísticos de interese, en parte vencellados tamén a Sarmiento. Algúns son exclusivos deste texto, outros aparecen en composicións

14 Pintos non só coñecía o Coloquio, e o seu Comento, senón que foi o primeiro que editou aquel (Recopilación 1859), seguindo unha copia do ori- xinal feita entre 1827-1831 e conservada hoxe no Museo de Pontevedra (vid. Xove 1997 e Monteagudo 2002b). Entre o autógrafo e o apó- grafo, e a súa edición por Pintos, hai algunhas diferenzas; as nosas referencias fanse segundo o orixinal (Coloquio). Cómpre advertir que a nume- ración do Coloquio, que seguimos, non coincide coa das edicións de Pensado (Colección) e Mariño (1995) a partir da copla 234: hai que sumar sempre unha máis naquelas edicións. Isto débese a que a partir da segunda páxina das coplas, o Coloquio contén sempre 20 coplas por páxina, en dúas columnas de 10 + 10, que Sarmiento vai enumerando no inicio e final da páxina (15-34; 35-54...). Pero na páxina correspondente ás coplas 215-234 inclúe en realidade 21 coplas (11 + 10), deixando fóra unha copla (é dicir, a copla 234 é en realidade a 235). Isto fai que ao final as 1.200 coplas que Sarmiento cre que escribiu (o seu comento para antes da copla 215 e non posibilitou que advertise o erro) sexan real- mente as 1.201 que lemos nas edicións. 15 Ata 1916, nos rexistros do TILG só un exemplo desta locución non pertence a Sarmiento nin a Pintos. A propia forma desexo é inusual; entre 1800-1880 o TILG recóllea 12v en Pintos, e logo só 3v máis entre 1876-1880; o resto (55v) son deseo(s) ou deseio(s). 16 No Coloquio o adverbio aparece ata 26v, e o adxectivo preto(s) 8v, mais Sarmiento escríbeos sen acento e non os diferencia graficamente. Pretas, con este significado e referido a paredes, aparece na composición “Cambados, 1836”, datada en Madrid en novembro de 1843; a pesar do título, os trazos lingüísticos que presenta o texto (chao, mañá, ladrós, aló...) non corresponden á área lingüística de Cambados, de modo que non pode deducirse que pretas ‘case negras’ fose forma recollida nesa zona por Pintos (Papés 2008: 471-488). 17 En calquera caso, arreo e ar parecen espallarse a partir de Sarmiento e Pintos. Segundo os datos do TILG, ata 1876 só aparece arreo en Sar- miento (14v), Pintos (28v), Álbum de la Caridad (3v) e O Tío Marcos (1v). En canto a ar(es), localízase en Sarmiento (2v), Pintos (20v) e Álbum de la Caridad (7v). Agora ben, as ocorrencias do Álbum son sobre todo de Antonio de la Iglesia (arreo 3v; ar(es) 5v), se cadra a tra- vés de Pintos, ao que hai que sumar seu irmán Francisco (ares 1v) e José López de la Vega (ar 1v, en 1854).

Nº 370 264 Traballos de investigación e estudo BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

posteriores de JMP. Sen pretensión de abordar un comentario completo, parécenos impor- tante subliñar o uso dalgunhas palabras concretas. Desde o punto de vista do contacto do castelán interesa reparar en pueblo 22, castellan 6, galegos 8 e solo 131. A primeira palabra volve situarnos nos inicios da escrita en galego de Pintos, pois no adiante non volve empregar a palabra, que substitúe por pobo ou povo (2v cada unha na Gaita), tanto no sen- tido de ‘lugar’ coma no de ‘conxunto de persoas’, ou mesmo pola forma falsa pobolo (1v na Gaita, pero logo aínda a emprega outras dúas veces). Tamén castellan é uso único de JMP, con galeguización parcial só no sufixo –an, coincidente cos chan 31, 87 propios do súa Pontevedra natal; en textos posteriores lemos unha vez a galeguización parcial inversa cas- telanos (1861) e varias veces a forma castellano(s). É probable que castellan veña tamén de Sarmiento, que no Coloquio escribe castellans (copla 44) e castellan (copla 865). Á vista do seu uso posterior en favor sempre de gallego/a(s) (máis de 50v), estraña que neste texto opte por galegos; seguramente hai que ligalo outra volta á forte pegada inicial de Sar- miento, que no Coloquio emprega sempre galego(s) (31v). Escolla diferente á xeral de Sar- miento é, pola contra, solo 131, que no Coloquio só aparece 1v, por 23v só. Pintos, ao longo dos anos, vai bambeándose entre só e solo, cun lixeiro predominio desta segunda opción. Hai outras palabras no texto, máis desprendidas da cobertura de Sarmiento, que pre- sentan certo interese, ben por seren características de JMP, ben por apareceren só nesta ocasión. De cote 52 é locución de que Pintos bota man con frecuencia e que, pola con- tra, non emprega Sarmiento; é forma familiar para JMP, pois, segundo as informacións do ALGa (1995: II 337), o uso de decote concéntrase territorialmente na metade sur da provincia da Coruña e na provincia de Pontevedra. Batear 132 é igualmente forma típi- ca de Pintos; segundo o TILG, emprega este verbo ata 5v, por só 1v bautizar; ata 1900 o TILG só rexistra batear un par de veces máis, fronte ao uso dominante de bautizar (73v). Fronte á forma máis xeral agarimar, da que tamén se serve Pintos, garimar (no texto gari- mada 60) é variante exclusiva súa; na Gaita aparecen 2v cada unha das variantes, pero no seu dicionario só dá entrada a garimar (DD s.v. garimar). Tamén estricarse (s’estrican 103) é verbo con certo uso por parte de JMP, aínda que neste caso conta con represen- tación anterior no Coloquio (extricada copla 766). O oposto de estricarse é, no poema, se escrequenan (Com’elas s’estrican, / Cómó se escrequenan 103-4), mais é un verbo con pre- senza case nula, non documentado posteriormente en Pintos, e que no TILG só conta con 3 ocorrencias ata 190018. É tamén de interese o uso de carta feira por ser igualmen- te a única vez que lle documentamos a forma; no seu dicionario dá entrada só a esta variante formada sobre carta, non sobre corta (DD, s.v.)19. Nado 143, polo contrario, é

18 Pintos dá como significado de estricarse ‘estirarse, desperezarse’ e de escrequenarse ‘ponerse en cuclillas’ (DD s.v. correspondentes). 19 Das dúas variantes, o ALGa (2003: mapa 141) rexistra o dominio absoluto de corta feira sobre carta feira; na provincia de Pontevedra, onde é xeral corta feira, só recolle carta feira nun par de puntos do recanto nordeste. Hai tamén información sobre os días da semana en García (1980), pero non sobre o reparto corta / carta. Fronte ao ALGa hai que situar os datos que nos ofrecen os textos recollidos en Papés, en que carta feira é forma dominante na comarca compostelá, pois das 5v que se rexistra no volume, 4v pertencen a diálogos que van de 1813 a 1836 (Bértolo e Mingote, Quitana, Picaños e Cacheiras; o outro exemplo é das Proezas); a variante cortafeira só aparece unha vez, nun diálogo compostelá de 1813 (Adro). É difícil saber se a preferencia de Pintos se debe a unha opción entre dúas variantes (corta feira e carta feira) que tiña de seu, ou se coñeceu a forma carta feira nos seus anos de residencia en Santiago de Compostela e a preferiu á corta feira que lle tiña que ser familiar.

265 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Traballos de investigación e estudo

forma querida de Pintos, que a emprega no triplo de ocasións ca nacido (polo demais, non son posibilidades enteiramente libres); no Coloquio lese tamén unha vez (nados copla 74).

7. CONTIDO DO TEXTO O texto adopta a forma dunha carta escrita en verso por JMP desde Cambados (Ponte- vedra) para darlle conta a seu pai do feliz nacemento do seu fillo ás doce da noite do mércores 17 de novembro de 184220, e tamén para anunciarlle que será bateado como Basilio, o nome do avó. En efecto, Pintos desempeñaba nese ano o cargo de xuíz de Pri- meira instancia de Cambados, cargo ao que alude no texto que nos ocupa. Érao desde 1840, tralo pronunciamento progresista do 11 de setembro dese ano contra a Rexencia de Mª Cristina, en que foi nomeado xuíz interino pola Xunta de Goberno de Ponteve- dra, e confirmado logo en propiedade pola Rexencia de Espartero. No cargo durou o tempo que mantiveron o goberno os progresistas, pois foi cesado en xullo de 1844 coa chegada ao poder dos moderados. Desde 1841 estaba casado con Serafina Amado Bou- llosa e tiñan xa unha filla, mencionada tamén no texto, de modo que Basilio Pintos Amado veu a ser o seu segundo fillo e primeiro varón21. O texto comeza pedíndolle ao pai que non se incomode por escribirlle en galego, no que pode expresarse clara e totalmente (vv 1-12). A continuación cóntalle como foi transcorrendo o día ata o nacemento do fillo. A data que nos dá JMP para este día é a de carta feira, 17 de novembro de 1842, pero a información do calendario daquel ano dinos que o día 17 de novembro era xoves (quinta feira), non mércores (carta feira). O problema xorde no inicio, vv. 14-24 (“neste día mesmo, / día dezasete / do mes de Novembro, / [...] eu fun ó mercado / que se fai arreo / todas as semanas / no viciño pue- blo / que de Fefiñáns / ten o nome vello”), pois asígnalle o día 17 ao mercado semanal de Fefiñáns, pero este tiña lugar os mércores, de modo que o día que relata só podía ser o 16. A explicación máis doada é que Pintos confunda o día en que escribe, o seguinte ao do nacemento, co día 16, mércores, en que realmente naceu o fillo. Pintos esténdese en enumerar como no mercado de Fefiñáns, que non iguala ao de Pontevedra, se vende de todo (vv 13-46). Conta, a continuación, como foi debullando o día co seu traballo de xuíz, o xantar cos seus, o paseo da tarde, a cea (vv 47-80). Pola media noite comeza o parto; o esforzo e dor que causa ás mulleres dálle pé para demorarse en manifestar o grande mérito que teñen as nais e o moito que lles debemos ás nosas mulleres (vv 81- 110). Segue informando ao pai como ás doce da noite Serafina deu felizmente á luz un neno ben formado que levará o nome de Basilio, coma o avó, e despídese desde Cam- bados, nesa carta feira de 1842.

20 No parágrafo seguinte abordamos o problema de ser mércores e 17 de novembro de 1842. 21 Pode verse información sobre a vida de Pintos en Millán González-Pardo (1975). Basilio Pintos Amado casaría andando o tempo con Car- men Fonseca García de Redondo, e deste matrimonio naceu Javier Pintos Fonseca, persoa de gran relevancia cultural na Pontevedra de finais do XIX e principios do XX.

Nº 370 266 Traballos de investigación e estudo BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

8. SENTIDO E IMPORTANCIA O presente é un texto de características singulares. Polo contido é unha comunicación estritamente familiar, en que un fillo dá ao pai a nova do nacemento dun seu neto. Mais esta dimensión de texto particular e persoal sobrepásase ao decidir o seu autor darlle expresión galega, algo que ía frontalmente en contra do uso da época (habería que enga- dir, e de moitas posteriores). A opción do galego levaba daquela de maneira case inevi- table á do uso do verso, que facilitaba dalgún modo esta opción lingüística tan forte. Na escolla de Pintos son versos populares sen trazos literarios especialmente marcados, que non chocaban co carácter familiar da comunicación que transmitían. Agora ben, esta expresión galega en verso non quedaba necesariamente reducida ao ámbito do privado na intencionalidade de Pintos, pois conscientemente dá ao feito de redactar o comuni- cado en galego un forte carácter de reivinciación da lingua, ampliando deste modo o horizonte do texto cara a un potencial destinatario máis amplo có de só o pai. Vexamos. Á vista do inusitado de dirixirse ao pai en galego, rógalle que non se incomode. Entendemos que JMP se refire só á expresión escrita, e que era habitual que se comuni- casen oralmente entre deles en galego. Cremos que así o pon de manifesto o que escri- be máis de 30 anos despois: “Nosotros vemos que por toda Galicia se habla gallego, y sólo en las ciudades hablan castellano los empleados del Gobierno y los que están en continuo roce con ellos. Es cierto que en las escuelas se enseña el castellano: que las representaciones teatrales son en castellano: que los libros, escrituras, documentos, reci- bos, pleitos, causas etc. se redactan en cstellano y, a pesar de todo, el común de Galicia habla gallego y no castellano” (Pintos Villar 2006: 532)22. A continuación de pedirlle que non se asañe dálle as razóns do seu abandono do castelán: “o castellán deixo / por falar na fala / dos nosos galegos”, xa que “nela podo, / sin poñer un erro, / espricar ben craro / tod’os meus conceutos” (vv. 6-12). É dicir, as razóns son porque é a nosa lingua e porque é tan boa coma calquera para poder expresarse cabalmente. Pintos fala para o pai, pero pensa en todos; o texto é así unha comunicación persoal privada que se abre potencialmente aos ollos de moitos: é isto o que explica que o texto se conservase e che- gase ata nós da maneira o fixo, pasando dunha man a outra(s). A partir desta situación o texto énchese de peso galego, que trascende a súa finalida- de básica de comunicar o feliz acontecemento. Referímonos ao feito evidente de que o autor quere despregar a lingua, facela visible e dotala de trazos de autenticidade, como exemplifican as descricións e enumeracións da vida do mercado de Fefiñáns e as esco- llas léxicas do autor. A importancia do texto non hai que situala no terreo limitado da nosa historia lite- raria, senón no ámbito global da historia da recuperación social da lingua. Ao noso entender, a valoración cómpre facela desde o punto de vista sociolingüístico, polo que

22 A cita pertence á p. V do inicio da publicación interrompida da Segunda setena da Gaita, de 1874, texto pertencente aos fondos da familia de Isidoro Millán.

267 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Traballos de investigación e estudo

significa de emprego intencional do galego en campos máis amplos cós estritamente lite- rarios (comunicación persoal entre pai e fillo). Non é un texto utilitario, coma os de pro- paganda política dos decenios do século anteriores a este ano de 1842, senón de afirma- ción da propia lingua, para reivindicar o seu uso nun ámbito do que estaba excluída por razóns externas á propia valía do galego23. Neste sentido, cremos que non esaxeramos a importancia do texto se afirmamos que no contexto histórico do Primeiro Rexurdimen- to non hai nada que se lle poida aproximar sequera minimamente.

9. PINTOS, SARMIENTO E OS INICIOS DO REXURDIMENTO Interpretado desta maneira, este texto inaugura e anuncia o que logo sería o seu traba- llo posterior de cultivo e defensa do galego, visible particularmente na Gaita. De feito, a segunda composición que lle coñecemos, duns meses máis tarde (13/3/1843), é en certo modo deste mesmo tipo, pois é un poema escrito para felicitar a Faustino Domín- guez polo seu casamento con Luísa Coumes Gai (Xove 1999). Pero se a finalidade é tamén unha comunicación particular, o ton festivo e aberto do poema está por fóra do ámbito persoal que é propio deste primeiro texto de 1842. Desde Carballo Calero (1963) é habitual denominar o grupo de escritores galegos que inician o noso renacer literario polos anos 40 do XIX como precursores, no sentido de Car- ballo como “precursores de Rosalía” (1975: 63-125), por máis que Murguía, o introdutor do termo, inclúa entre os precursores á propia Rosalía e a Pondal (para Carballo, persoei- ros do “renacemento pleno”). É evidente a diferenza de importancia e calidade literarias entre Pintos, Añón, Camino, e Rosalía, Pondal, Curros, pero isto non xustifica a deno- minación de precursores para os que son os verdadeiros iniciadores do rexurdimento. Se a categorización se fai desde un punto de vista literario e sociolingüístico, o termo de “pre- cursores” é pouco afortunado, pois son xa o “rexurdimento”, se se quere o “primeiro rexur- dimento”, que coincide na categorización política co denominado “provincialismo”. “Pro- vincialismo” e “(primeiro) rexurdimento” non se poden separar, son caras dun mesmo movemento de reivindiciación de Galicia, do galego. Mais se ben o “provincialismo” atopa unha das súas expresións máis nidias no inicio do uso do galego, particularmente no cultivo literario da poesía, o certo é que moitos provincialistas, sobre todo entre os da pri- meira xeración do 46 en que se encadra Pintos como dos máis vellos, refugaron usar o galego nas súas composicións. Desde o punto de vista da historia da lingua, da historia da recuperación do noso sinal de identidade máis forte, é importante examinar, polo tanto, en que momento comezan a empregar o galego estes primeiros escritores, en que medida o empregan, cales son as razóns que os moven a usalo, como se posicionan ante el... No caso de JMP é indudable que o desencadeante é o coñecemento da obra de Sar- miento, que era máis coñecido (sempre parcialmente, tamén hoxe) do que deixan supo-

23 Pode aplicarse a este texto o “carácter probatorio” que Monteagudo (2002a: 33) atribúe ao Coloquio, pero sobre todo no sentido de ‘demos- tración’, e ampliada ao ámbito de uso.

Nº 370 268 Traballos de investigación e estudo BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

ñer as obras editadas ou opinións coma as de Pensado, o grande especialista e editor de Sarmiento, que entendía que Galicia “se interesó más en adorarlo que en darlo a cono- cer”24. Xa mencionamos a forte pegada das grafías e do vocabulario do Coloquio neste texto, que Pintos coñecía ben. A propia forma con que se viste o texto é similar á do Coloquio, é dicir, versos hexasílabos con rima asoante en –e-o nos pares25. É de resaltar que tamén Pintos segue a Sarmiento na falta de respecto á abertura da vogal anterior media, a pesar da consciencia de ambos desta diferenza fonolóxica. En ambos pode rimar aberto con pechado, incluídos ditongos decendentes, como por exemplo erro / conceutos, Novembro / lacoeiros, centeo / vellos... Por outro lado, a descrición que fai JMP nos vv. 13- 46 do mercado de Fefiñáns é remedo claro da que fai Sarmiento no Coloquio do merca- do dos sábados de Pontevedra, con calco de palabras e expresións (coplas 26-36). Volvemos atopar neste primeiro texto de Pintos, como xa indicamos en relación co autor noutras ocasións26, unha clara influencia de Sarmiento. Pero o que nos parece máis importante é que a mesma existencia do texto, con todo o que implica de reivindicación de espazos para o galego, se debe tamén ao frade bieito. En Sarmiento atopa Pintos impulso e argumentos no só para cultivar o galego, senón para defendelo e reivindicalo. O uso e defensa do galego iniciado por Sarmiento empata así con Pintos, mesmo en escollas lingüísticas, que desde este pasaron en parte a outros escritores.

24 Citado en Hermida (1992: 80). Sobre o influxo de Sarmiento nos escritores galegos do XIX pode verse a mencionada obra de Hermida (1992: 80-82) e, de maneira máis ampla, Axeitos (2002). A importancia de Sarmiento como “influxo” na valoración do galego, con independen- cia do seu maior ou menor coñecemento, opera xa desde os inicios do Provincialismo. Pintos e o propio Eugenio Reguera son boa proba disto, a pesar da sorpresa de Pensado ao ver citados por Reguera textos inéditos de Sarmiento (Traducción 1995: 8). No vocabulario de Reguera lense grafías do tipo hum, hum-ha que remiten directamente a Sarmiento ou ao primeiro Pintos (Traducción 1995: 8). 25 O Coloquio é un conxunto de coplas (1.201 en total) recoñecidas por Sarmiento como do tipo “Perico e Marica”, e con estilo intencional- mente “pueril”, por canto reproducían sobre todo diálogos de rapaces. O texto de Pintos, que non concorda con esta forma de “diálogo pue- ril” propio do de Sarmiento, non está organizado de maneira claramente marcada no que serían 37 coplas. 26 Pode verse un tratamento xeral da influencia de Sarmiento sobre Pintos en Xove (1997); en relación co seguinte texto que coñecemos de Pintos, vid. Xove (1999), e en relación co léxico, vid. Álvarez / Xove (2000).

269 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Traballos de investigación e estudo

BIBLIOGRAFÍA

ALGa = García, Constantino / Antón Santamarina (drs.) (1995/2003): Atlas Lingüístico Galego. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza / Instituto da Lingua Galega, vol. II e IV. Álvarez Blanco, Rosario e Xosé Xove (2000): “Contribución ó estudio do léxico de J.M. Pintos”, en José Luís Rodríguez (ed.): Estudos dedicados a Ricardo Carvalho Calero. [Santiago de Compostela]: Parlamento de Gali- cia: Universidade de Santiago de Compostela, Servicio de Publicacións e Intercambio Científico, v. 1, 369- 409. Álvarez Blanco, Rosario e Xosé Xove (2004): “Un testamento do galo de 1786”, en Teresa Amado Rodríguez et aliae (eds.): Iucundi acti labores. Estudios en homenaje a Dulce Estefanía Álvarez. Santiago de Compostela: Uni- versidade, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, 501-525. Axeitos, X. L. (2002): “A recepción da obra do Padre Sarmiento en Galicia”, en Congreso sobre Frei Martín Sarmiento. Actas das xornadas celebradas en Pontevedra os días 23, 24 e 25 de maio de 2002. Santiago de Com- postela: Xunta de Galicia, Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, 253-265. Blanco, Domingo (1992): A poesía popular en Galicia 1745-1885. Recopilación, estudio e edición crítica. 2 vols. Vigo: Xerais. Carballo Calero, R. (1963/1975): Historia da literatura galega contemporánea, vol. I. Segunda edición, comple- ta, en 1975. Vigo: Galaxia. Colección: Sarmiento, Fr. Martín (1970): Colección de voces y frases gallegas. Edición y estudio por J.L. Pensa- do. Salamanca: Universidad de Salamanca, Secretariado de Publicaciones e Intercambio Científico. Coloquio: Sarmiento, Fr. Martín (2002): Coloquio en mil duascentas coplas galegas. Edición facsímile do orixinal autógrafo. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. Couceiro Freijomil, A. (1954): Diccionario bio-bibliográfico de escritores, vol. 3. Santiago de Compostela: Biblió- filos Gallegos. Crespo Pozo, Fr. José-Santiago (1956): “El linaje de Malvar”, Museo de Pontevedra, 10, 159-162. Crespo Pozo, Fr. José-Santiago (1982/1983): Blasones y linajes de Galicia. 5 vols. Bilbao: La Gran Enciclopedia Vasca. DD = Santamarina, Antón (ed.) (2003): Diccionario de diccionarios. Versión 3. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza / Instituto da Lingua Galega. Gaita: [Pintos, J. M.] (1853): A gaita gallega tocada po lo gaiteiro: Pontevedra: Imp. de José y Primitivo Vilas. García, Constantino (1980): “Los días de la semana en gallego (Problema de interferencias)”, Verba, 7, 29-39. García Barros, Jorge (1970): Medio siglo de vida coruñesa: 1834-1886 (del Miriñaque al Tren Veloz).A Coruña: Grafinsa. Henríquez Ossorio, Juan, Eugenio Reguera Pardiñas e Alberto Campero (2000): Apuntamentos históricos sobre a vila de Noia. Edición de Clodio González Pérez. Noia: Toxosoutos. Hermida, Carme (1992): Os precursores da normalización. Vigo: Xerais. Mariño Paz, R. (1995): “Estudio lingüístico”, en Fr. Martín Sarmiento: Coloquio de vintecatro galegos rústicos. Edición crítica e estudio introductorio de Ramón Mariño Paz. [Santiago de Compostela]: Consello da Cultu- ra Galega, 20-102. Millán González-Pardo, I. (1975): “Presentación” e “Fitos cronolóxicos”, en Xoán Manuel Pintos Villar: Reta- llos de poesía e prosa. A Cruña: Publicacións da Real Academia Gallega, 9-13 e 17-21. Monteagudo, Henrique (2002a): “O Coloquio en mil duascentas coplas galegas e o seu Comento: notas para unha revisión”, en Congreso sobre Frei Martín Sarmiento. Actas das xornadas celebradas en Pontevedra os días 23, 24 e 25 de maio de 2002. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, 11-34. Monteagudo, Henrique (2002b): “Tradición manuscrita e divulgación impresa do Coloquio en coplas galegas. Consideracións á luz do autógrafo orixinal”, Boletín da Real Academia Galega, 363, 95-122. Papés (2008): Papés d’emprenta condenada: a escrita galega entre 1797 e 1846. Tomo I. Edición de textos, fichas introdutorias e notas de Ramón Mariño Paz; notas histórico-biográficas de X. R. Barreiro Fernández; coordi- nadora da edición, Rosa Aneiros Díaz. Santiago de Compostela: Consello da Cultura. Pintos Villar, Xoán Manuel (2006): Obra poética dispersa de Xoán Manuel Pintos Villar. Introdución, edición, notas e apéndice de M.ª C. Ríos Panisse. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. Recopilación (1859): Recopilación de muchas palabras, voces y frases de la lengua gallega hecha por el Imo. Padre Fr. Martín Sarmiento, Honor y gloria de Pontevedra, su patria. Lo da a luz D. Juan M. Pintos. Pontevedra: Imp. de D. José Vilas.

Nº 370 270 Traballos de investigación e estudo BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

TILG = Santamarina, Antón (dir.): Tesouro informatizado da lingua galega. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega / Imaxin (http://www.ti.usc.es/TILG/). Traducción (1995): Traducción de algunas voces, frases y locuciones gallegas, especialmente de agricultura, al caste- llano (1840-1858). Edición e estudio de X. L. Pensado. Anexo 2 de Cadernos de lingua. Real Academia Gale- ga: A Coruña. Xove, Xosé (1997): “Uso e defensa do galego: Fr. Martín Sarmiento en Juan Manuel Pintos”, en O Padre Sar- miento e o seu tempo: Actas do Congreso Internacional do Tricentenario de Fr. Martín Sarmiento (1695-1995). San- tiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Univ. de Santiago de Compostela, t. II, 155-167. Xove, Xosé (1999): “O primeiro texto galego coñecido de Juan Manuel Pintos”, en X. L. Couceiro et alii (eds.): Homenaxe ó profesor Camilo Flores, t. II: Literaturas específicas. Santiago de Compostela: Univ. de Santiago de Compostela: Servicio de Publicacións e Intercambio Científico, 731-740.

271 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Traballos de investigación e estudo

Nº 370 272 Traballos de investigación e estudo BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

273 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Traballos de investigación e estudo

Nº 370 274 Traballos de investigación e estudo BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

275 Nº 370

IV Vida oficial da RAG

A ACADEMIA NA ACTUALIDADE (2008)

CRÓNICA DA ACADEMIA (2008)

NECROLÓXICAS

A ACADEMIA NA ACTUALIDADE (ANO 2008)

Directiva da Real Academia Galega Desde o 17 de decembro de 2005, a comisión Executiva da RAG está formada polos seguin- tes membros: • Presidente: D. Xosé Ramón Barreiro Fernández. • Secretario: D. Manuel González González. • Vicesecretario: D. Salvador García-Bodaño Zunzunegui. • Arquiveiro-Bibliotecario: D. Xosé Luís Axeitos Agrelo. • Tesoureiro: D. Andrés Fernández-Albalat Lois.

Relación dos actuais académicos numerarios 1. Excmo. Sr. D. Francisco Fernández del Riego. Ingreso: 26 de novembro de 1960. 2. Excmo. Sr. D. Antonio Gil Merino. Ingreso: 13 de decembro de 1975. Faleceu o 18 de outubro de 2009. 3. Excmo. Sr. D. Andrés Torres Queiruga. Ingreso: 20 de xuño de 1980. 4. Excmo. Sr. D. Constantino García González. Ingreso: 12 de marzo de 1982. Faleceu o 23 de outubro de 2008. 5. Excmo. Sr. D. Francisco Xabier Río Barxa. Ingreso: 25 de xuño de 1983. 6. Excma. Sra. D.ª. Olga Gallego Domínguez. Ingreso: 15 de novembro de 1986. 7. Excmo. Sr. D. Manuel González González. Ingreso: 7 de febreiro de 1992. 8. Excmo. Sr. D. Salvador García-Bodaño Zunzunegui. Ingreso: 25 de novembro de 1992. 9. Excmo. Sr. D. Xesús Alonso Montero. Ingreso: 30 de outubro de 1993. 10. Excmo. Sr. D. Xesús Ferro Ruibal. Ingreso: 4 de maio de 1996. 11. Excma. Sra. D.ª Luz Pozo Garza. Ingreso: 29 de novembro de 1996. 12. Excmo. Sr. D. Xosé Ramón Barreiro Fernández. Ingreso: 14 de febreiro de 1997. 13. Excmo. Sr. D. Xosé Luís Franco Grande. Ingreso: 3 de xullo de 1998. 14. Excmo. Sr. D. Antón Santamarina Fernández. Ingreso: 24 de outubro de 1998. 15. Excmo. Sr. D. Xaime Illa Couto. Ingreso: 29 de xaneiro de 1999. 16. Excmo. Sr. D. Ramón Lorenzo Vázquez. Ingreso: 7 de maio de 1999. 17. Excmo. Sr. D. Andrés Fernández-Albalat Lois. Ingreso: 28 de maio de 1999. 18. Excmo. Sr. D. Francisco Fernández Rei. Ingreso: 25 de setembro de 1999. 19. Excmo. Sr. D. Xosé Luís Méndez Ferrín. Ingreso: 30 de setembro de 2000. 20. Excma. Sra. Dna. Xohana Torres Fernández. Ingreso: 27 de outubro de 2001. 21. Excmo. Sr. D. Xosé Neira Vilas. Ingreso: 17 de novembro de 2001. 22. Excmo. Sr. D. Francisco Díaz-Fierros Viqueira. Ingreso: 28 de setembro de 2002. 23. Excmo. Sr. D. Camilo González Suárez-Llanos. Ingreso: 14 de decembro de 2002. Fale ceu o 9 de novembro de 2008. 24. Excma. Sra. D.ª Rosario Álvarez Blanco. Ingreso: 6 de xuño de 2003. 25. Excmo. Sr. D. Víctor Fernández Freixanes. Ingreso: 27 de febreiro de 2004. 26. Excmo. Sr. D. Xosé Luís Axeitos Agrelo. Ingreso: 30 de outubro de 2004. 27. Excmo. Sr. D. Darío Xoán Cabana Yáñez. Ingreso: 22 de abril de 2006. 28. Excmo. Sr. D. Ramón Villares Paz. Ingreso: 24 de novembro de 2006. 29. Ilma. Sra. D.ª Margarita Ledo Andión. Académica electa: 29 de marzo de 2008.

279 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Vida oficial da RAG

Relación dos actuais académicos correspondentes: 1. Ilmo. Sr. D. Francisco Mayán Fernández. Ingreso: 16 de xaneiro de 1944. 2. Ilmo. Sr. D. Manuel Fraga Iribarne. Ingreso: 26 de marzo de 1950. 3. Ilmo. Sr. D. Benito Varela Jácome. Ingreso: 26 de marzo de 1950. 4. Ilmo. Sr. D. José Luis Varela Iglesias. Ingreso: 26 de marzo de 1950. 5. Ilmo. Sr. D. Carlos Pereira Amil. Ingreso: 4 de maio de 1952. 6. Ilmo. Sr. D. Manuel Lucas Álvarez: Ingreso: 4 de marzo de 1955. 7. Ilmo. Sr. D. Manuel Fernández Rodríguez. Ingreso: 25 de marzo de 1956. 8. Ilmo. Sr. D. Baldomero Cores Trasmonte. Ingreso: 5 de xuño de 1958. 9. Ilmo. Sr. D. Antonio Iglesias Álvarez. Ingreso: 23 de abril de 1961. 10. Ilmo. Sr. D. José Ignacio Carro Otero. Ingreso: 22 de outubro de 1967. 11. Ilmo. Sr. D. Xosé López Calo. Ingreso: 22 de outubro de 1967. 12. Ilmo. Sr. D. Carlos Compairé Fernández. Ingreso: 10 de marzo de 1968. 13. Ilmo. Sr. D. Basilio Losada Castro. Ingreso: 26 de xaneiro de 1969. 14. Ilmo. Sr. D. Francisco Guitián Ojea. Ingreso: 19 de abril de 1970. 15. Ilmo. Sr. D. Daniel D. Vidart. Ingreso: 5 de xullo de 1970. 16. Ilmo. Sr. D. Carlos A. Zubillaga. Ingreso: 25 de outubro de 1970. 17. Ilmo. Sr. D. Manuel Carlos García Martínez. Ingreso: 30 de xaneiro de 1972. 18. Ilmo. Sr. D. Xosé Manuel González Reboredo: Ingreso: 30 de xaneiro de 1972. 19. Ilmo. Sr. D. Manuel Cecilio Díaz Díaz. Ingreso: 17 de decembro de 1972. Faleceu o 4 de febreiro de 2008. 20. Ilmo. Sr. D. Fernando Acuña Castroviejo. Ingreso: 30 de xaneiro de 1972. 21. Ilmo. Sr. D. Manuel Remuñán Ferro. Ingreso: 11 de decembro de 1983. 22. Ilmo. Sr. D. Ramiro Fonte Crespo. Ingreso: 17 de xuño de 1995. Faleceu o 11 de outubro de 2008. 23. Ilmo. Sr. D. Francisco Xavier Carro Rosende. Ingreso: 17 de novembro de 2001. 24. Ilmo. Sr. D. Fernando López-Acuña López. Ingreso: 17 de novembro de 2001. 25. Ilmo. Sr. D. David Mackenzie. Ingreso: 17 de novembro de 2001. 26. Ilmo. Sr. D. Ivo Castro. Ingreso: 9 de febreiro de 2002. 27. Ilmo. Sr. D. Dieter Kremer. Ingreso: 9 de febreiro de 2002. 28. Ilma. Sra. D.ª Teresa Barro Muñoz–Ortiz. Ingreso: 22 de xuño de 2002. 29. Ilmo. Sr. D. Xosé María Lema Suárez. Ingreso: 22 de xuño de 2002. 30. Ilmo. Sr. D. Ramón Lugrís Pérez. Ingreso: 22 de xuño de 2002. 31. Ilmo. Sr. D. Fernando Pérez-Barreiro Nolla. Ingreso: 22 de xuño de 2002. 32. Ilmo. Sr. D. Xulio Ríos. Ingreso: 22 de xuño de 2002. 33. Ilmo. Sr. D. Luís Daviña Facal. Ingreso: 28 de setembro de 2002. 34. Ilmo. Sr. D. Johannes Kabatek. Ingreso: 28 de setembro de 2002. 35. Ilmo. Sr. D. Xoán Babarro González. Ingreso: 14 de decembro de 2002. 36. Ilmo. Sr. D. Xoán Bernárdez Vilar. Ingreso: 22 de febreiro de 2003. 37. Ilmo. Sr. D. Francisco Calo Lourido. Ingreso: 22 de febreiro de 2003. 38. Ilmo. Sr. D. Benigno Fausto Galdo Fernández. Ingreso: 12 de xullo de 2003. 39. Ilmo. Sr. D. Augusto Pérez Alberti. Ingreso: 7 de febreiro de 2004. 40. Ilmo. Sr. D. Xosé Xove Ferreiro. Ingreso: 7 de febreiro de 2004. 41. Ilmo. Sr. D. Modesto Aníbal Rodríguez Neira. Ingreso: 27 de marzo de 2004. 42. Ilma. Sra. D.ª María Dolores Sánchez Palomino. Ingreso: 27 de marzo de 2004.

Nº 370 280 Vida oficial da RAG BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

43. Ilmo. Sr. D. Marcos Valcárcel López. Ingreso: 19 de xuño de 2004. 44. Ilmo. Sr. D. Francisco Antonio Cidrás Escáneo. Ingreso: 27 de marzo de 2004. 45. Ilmo. Sr. D. Ernesto Xosé González Seoane. Ingreso: 27 de marzo de 2004. 46. Ilmo. Sr. D. Domingo Frades Gaspar. Ingreso: 9 de outubro de 2004. 47. Ilmo. Sr. D. Felipe Lubián Lubián. Ingreso: 9 de outubro de 2004 48. Ilmo. Sr. D. Héctor Manuel Silveiro Fernández. Ingreso: 9 de outubro de 2004. 49. Ilmo. Sr. D. Carlos Xesús Varela Aenlle. Ingreso: 9 de outubro de 2004. 50. Ilmo. Sr. D. Manuel Caamaño Suárez. Ingreso: 18 de decembro de 2004. 51. Ilmo. Sr. D. Jorge Arbeleche. Ingreso: 20 de setembro de 2005. 52. Ilmo. Sr. D. Nicandro Ares Vázquez. Ingreso: 22 de abril de 2006. 53. Ilmo. Sr. D. Craig Patterson. Ingreso: 13 de xaneiro de 2007. 54. Ilmo. Sr. D. Luís Manuel García Mañá. Ingreso: 28 de abril de 2007.

Relación dos actuais académicos de honra: 1. Excmo. Sr. D. Giuseppe Tavani. Ingreso: 22 de maio de 2004. 2. Excmo. Sr. D. John Rutherford. Ingreso: 4 de outubro de 2008. 3. Excmo. Sr. D. José Viale Moutinho. Académico electo: 20 de decembro de 2008.

281 Nº 370 CRÓNICA DA ACADEMIA (ANO 2008)

XUNTAS CELEBRADAS O Pleno da Real Academia Galega reuniuse en Xunta ordinaria e en Xunta extraordi- naria durante o ano 2008 nas seguintes datas: — Xunta ordinaria: 29 de marzo de 2008. — Xunta ordinaria: 5 de xullo de 2008. — Xunta extraordinaria: 17 de maio de 2008 (Día das Letras Galegas). — Xunta ordinaria: 27 de setembro de 2008. — Xunta ordinaria: 20 de decembro de 2008.

A Comisión Executiva da Real Academia Galega, reuniuse nas seguintes datas:

— Xunta de goberno: 1 de febreiro de 2008. — Xunta de goberno: 25 de febreiro de 2008. — Xunta de goberno: 16 de abril de 2008. — Xunta de goberno: 21 de maio de 2008. — Xunta de goberno: 13 de xuño de 2008. — Xunta de goberno: 19 de xuño de 2008. — Xunta de goberno: 8 de xullo de 2008. — Xunta de goberno: 31 de xullo de 2008. — Xunta de goberno: 4 de setembro de 2008. — Xunta de goberno: 17 de novembro de 2008. — Xunta de goberno: 23 de decembro de 2008.

Nº 370 282 Vida oficial da RAG BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

INGRESO DE ACADÉMICOS De honra Excmo. Sr. D. John Rutherford Lugar e data de ingreso: Salón de actos da Real Academia Galega, 4 de outubro de 2008 Título do discurso: O fermoso sorriso de Daniel Resposta do Excmo. Sr. D. Antón Santamarina Fernández

Acto de ingreso do académico de honra John Rutherford no salón de actos da RAG Real Academia Galega. Arquivo / Foto: Xosé Castro

John Rutherford coa medalla de académico da RAG Real Academia Galega. Arquivo / Foto: Xosé Castro

Numerarios Non ingresou ningún académico de número.

Correspondentes Non ingresou ningún académico correspondente.

283 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Vida oficial da RAG

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2008

O Día das Letras Galegas do ano 2008 foi dedicado ao egrexio tudense Xosé María Álva- rez Blázquez (Tui, 1915 – Vigo, 1985). Os actos conmemorativos transcorreron no con- cello de Vigo. O acto central tivo lugar no Auditorio municipal, segundo o seguinte pro- grama:

Orde dos actos 12:30 horas Sesión plenaria extraordinaria e pública da Real Academia Galega no Auditorio do Concello de Vigo (praza do Rei, 1), coa intervención dos Excmos. Sres. Académicos: — D. Darío Xohán Cabana Yanes — D. Víctor Fernández Freixanes — D. Xosé Luís Méndez Ferrín Pecha o acto o Excmo. Sr. Presidente da Real Academia Galega, D. Xosé Ramón Barrei- ro Fernández

17:00 horas Descubrimento dunha placa conmemorativa na casa onde viviu durante corenta anos D. Xosé María Álvarez Blázquez (Gran Vía, 180).

284 Nº 370 Vida oficial da RAG BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

Programa do Día das Letras Galegas 2008

De esquerda a dereita: Salvador García-Bodaño (Vicesecretario da RAG), Manuel González González (Secretario da RAG), Xosé Ramón Barreiro Fernández (Presidente da RAG) e Xosé Luís Axeitos (Arquiveiro-Bibliotecario da RAG), no Auditorio Municipal de Vigo Real Academia Galega. Arquivo / Foto: Xosé Castro

Nº 370 285 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Vida oficial da RAG

Na mesa central a Comisión Executiva da Real Academia Galega. A ambos os lados, membros numerarios da RAG. Real Academia Galega. Arquivo / Foto: Xosé Castro

Xosé Ramón Barreiro Fernández (Presidente da RAG) e Abel Caballero Álvarez (Alcalde do Concello de Vigo) Real Academia Galega. Arquivo / Foto: Xosé Castro

286 Nº 370 XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ, por Darío Xohán Cabana

Naceu en Tui o 5 de febreiro de 1915, terceiro dos seis fillos, todos varóns, do médi- co pontevedrés Darío Álvarez Limeses e de María Blázquez Ballester, procedente dunha familia colonial cubana. Seu avó paterno, Emilio Álvarez Jiménez, sanabrés de nace- mento e moi viaxado antes de aveciñarse en Pontevedra, foi o primeiro escritor en lin- gua galega da familia, coa obra de teatro histórico María Castaña ou unha revolta popu- lar; seu tío e padriño Xerardo Álvarez Limeses sería o segundo, e proporcionaría, co títu- lo do libro dos seus versos, nome para a chamada promoción de Antre dous séculos. Dos seus irmáns, Celso morreu de mozo, e Alfonso, home culto e encantador, abstívose coi- dadosamente de deixar obra pública; pero Darío, o máis vello, médico coma o pai, foi tamén escritor, agudo ensaísta e conferenciante; Emilio, fino prosista e excelente poeta, deixou unha obra avara pero de gran calidade; e Álvaro, o máis novo, foi un notable artista plástico, creador do pioneiro obradoiro Serigrafía Galega. Contra 1930, Xosé María publica os seus primeiros poemas en xornais de Ponteve- dra e Tui, e en 1931 empeza estudos de Maxisterio; no ano seguinte publica Abril, pri- meiro libro de poemas, en castelán, e funda, con Xoán Vidal Martínez, a revista Cristal. En 1933 ingresa nas Mocedades do Partido Galeguista, e no ano seguinte, por suxestión de Alexandre Bóveda –seu curmán por matrimonio– organiza en Pontevedra un acto conmemorativo no que pronuncia o discurso Berro en lembranza dos herois de Carral, inmediatamente impreso pola Federación de Mocedades. En 1935 ten o seu primeiro destino como mestre na Guarda. En 1936, feitos os vinte e un anos, ingresa no Partido Galeguista, é destinado en Vigo, remata o libro de relatos Os ruíns –que nunca chegaría a publicarse–, empeza a estudar Filosofía e Letras. En xullo, o pobo republicano de Tui resiste heroicamente a rebelión militar; na cabeza da resistencia está o doutor Darío Álvarez Limeses, que será fusilado o 30 de outubro polas autoridades traidoras xunto con outros cinco camaradas. Xosé María é sancionado e des- terrado á escola de Coreses, na estepa zamorana, pero non toma posesión porque ten que servir no Hospital Militar San Caetano de Santiago. Volto á vida civil, exerce como mestre en Coreses ata que en 1941 pide a exceden- cia voluntaria e se instala en Vigo para montar, con seus irmáns, unha fábrica de tellas e ladrillos en Nigrán, que tivo que pechar en 1945. Neste ano empeza a traballar como secretario na confraría de pescadores de Vigo, e queda finalista no I Premio Nadal de novela con En el pueblo hay caras nuevas. A finais de 1956 casa con María Luísa Cácca- mo Freiben, coa que tería seis fillos: María Luísa, chamada Colorín, que morrería moci- ña; Xosé María, o gran poeta; Alfonso, poeta tamén, e sobre todo fecundo e hábil narra- dor; Helena, actriz de teatro independente na súa primeira mocidade; Celso, filólogo e poeta en lingua portuguesa; e Berta, a magnífica pintora.

Nº 370 287 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Vida oficial da RAG

En 1948 funda, con Viñas Cortegoso, a libraría anticuaria Monterrey que, á parte de axudarlle a vivir, lle serviu nas súas obstinadas procuras, tan ben coroadas por tantos éxi- tos, de escritos en lingua galega dos séculos escuros. En 1949 publica con seu irmán Emi- lio o libro Poemas de ti e de min, e é nomeado membro correspondente da Real Acade- mia Galega e Comisario de Escavacións Arqueolóxicas de Vigo. Ó ano seguinte funda, tamén con Viñas Cortegoso, a Editorial Monterrey, e publica nela o belísimo libro de poemas Roseira do teu mencer, dedicado á súa filla Colorín. En 1952 publica en Galaxia a súa monumental escolma da nosa poesía medieval clá- sica. En 1953 ten un dos seus maiores gozos da súa intensa vida de arqueólogo: o descu- brimento dun rico conxunto de estelas funerarias romanas que hoxe enriquecen o Museo de Castrelos. Empeza a colaborar na radio, actividade na que seguiu ata case a fin da súa vida en diversos programas. En 1954 publica o fermoso Romance do pescador pele- rino, e obtén o premio Pondal do Centro Galego de Bos Aires polo libro de poemas Canle segredo, que infelizmente tardaría máis de vinte anos en publicarse. En 1955 e 1956 publica dúas novelas en castelán, Las estatuas no hablan e Crecen las aguas. Son anos de intensa actividade literaria e publicística dirixida a complementar os seus pouco abondosos ingresos; gaña diversos premios literarios: o Galdós e o López Cue- villas de novela, o da Asociación da Prensa de Vigo por un traballo sobre Martín Codax, o Ramón Mourente por outro sobre Francisco Añón, tres premios dun golpe nos Jogos Florais Minho-Galaicos de Guimarães... Participa en congresos e encontros científicos, principalmente en Portugal. En 1959 sae a súa importantísima escolma da poesía galega dos séculos escuros, e en 1962 é elixido membro numerario da Academia Galega, na que ingresará en 1964 cun discurso sobre Cantares e romances vellos prosificados. Neste ano funda tamén con seus irmáns as Edicións Castrelos, que comezan a publicar a colección Cuadernos de Arte Gallego, gran novidade na época. A principios do 1966 trasládase a Oviedo como axente de vendas de Pescanova, e en setembro leva a familia. Pero ó descubrise a mortal doenza de Colorín –un cancro do sis- tema linfático– , o ano seguinte volven para Vigo, quizabes por estar cerca do irmán médico. É daquela cando, na procura da subsistencia, Xosé María se profesionaliza como editor, creando as coleccións O Moucho e Pombal. En 1968 empeza tamén a traballar como profesor contratado no Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro de Vigo, chama- do Escola Náutico-Pesqueira, praza que consolidaría por oposición en 1970. En 1969 viaxa á Arxentina, invitado polo Centro Galego de Bos Aires, e desde alí vai a Caracas, onde reside o seu sobriño Darío Álvarez Gándara e o seu querido amigo Celso Emilio Ferreiro, e a Miami, para ver a seu curmán o escritor Xerardo Álvarez Gallego. En 1970 morre Colorín. Os derradeiros sesenta e os primeiros setenta son anos de grande actividade editorial, nos que Xosé María converte as Edicións Castrelos en símbolo e instrumento da popu- larización do libro galego que forma parte do proceso político que vive Galicia naqueles

288 Nº 370 Vida oficial da RAG BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

mesmos anos, coa organización política do novo nacionalismo galego e as súas densas ramificacións culturais. Á parte do seu labor editorial, Xosé María participa de varios modos neste florecer, ditando maxistrais conferencias, como por exemplo a que pro- nunciou na Asociación Cultural de Vigo o 22 de decembro de 1972 sobre a cultura dos castros, na que conxugaba o severo rigor científico coa máis afoutada arenga política. En 1976 é nomeado Cronista Oficial da Cidade de Vigo; cronista non oficial xa levaba moitos anos séndoo, e xa en 1960 publicara as case seiscentas densas páxinas do libro La ciudad y los días, exemplo de historia local rigorosa e refractaria ás fantasías, e asemade escrita cun entusiasmo e un estilo tan conmovedor coma a ideoloxía que trans- parece, progresista, liberal e galeguista, impregnada de amor ó pobo traballador. E tamén en 1976 publica, por fin, Canle segredo, na colección Pico Sagro das Edicións Castrelos. En 1977 a súa muller María Luísa sofre unha meninxite que a pon ás portas da morte, e que acaba deixándoa totalmente xorda. En 1979 morren seu irmán Darío, e seu outro irmán Celso Emilio Ferreiro. Nese mesmo ano, carecendo de continuadores, Xosé María véndelle os fondos de Edicións Castrelos a Galaxia. Pensaba dedicar o tempo suple- mentario a ordenar e preparar para a edición todos os seus achados literarios dos Sécu- los Escuros, pero por unhas cousas e outras isto non foi posible. Diversos honores esmal- tan os que xa eran os derradeiros anos da súa vida, entre eles o Pedrón de Ouro no ano 1981. En 1982 imprímese o seu libro Alexandro Bóveda. Apunte biográfico, nunha edición que logo non foi distribuída polo editor, e que só se divulgaría realmente, en nova edi- ción póstuma, unha década máis tarde. Neste ano escribe o poema Solpor, verdadeiro diamante da lírica galega. En 1983 xubílase como mestre da Náutico-Pesqueira, e pecha simbolicamente a candidatura do Partido Galeguista nas eleccións municipais de Vigo. Pero xa estaba moi enfermo, e non puido traballar máis. O 2 de marzo de 1985 morre en Vigo, por culpa da afección cardíaca que que padecía desde había anos. Na súa madurez, Xosé María era un home de mediana estatura, un pouco groso, pero moi áxil de movementos, e de moita habilidade manual; ademais do piso na Gran Vía de Vigo, tiña unha casa na praia de Coruxo onde traballaba de albanel ou de carpentei- ro, por aforro e por gusto. Andaba moi dereito sen tesura, e daba sensación de elegancia en calquera situación. O tempo prateáralle os cabelos rizos, e fixéralle xa cedo dúas fon- das entradas que nunca chegaron a converterse en calva. Tiña un fermoso nariz curva- do, e era en conxunto un home guapo. Padecía ictiose, unha doenza conxénita que se lle manifestaba nunhas como escamas na pel das mans, e que el por brinqueta atribuía a que os Limeses, coma os Mariño, son unha estirpe descendente de sereas do mar. Máis lle deu que facer a diabete, que o atormentou bastante nos derradeiros anos. Fora que- dando bastante xordo, e precisaba audífono, que levaba integrado nas gafas; pero algúns días oía mellor ca outros, e gustáballe moito conversar: falaba moi ben, e tiña un luído sentido do humor. Era moi cordial e xeneroso do seu tempo coa xente nova que acudía a el atraída polo seu saber e o seu galeguismo. Bebía máis ben pouco, pero gustáballe

Nº 370 289 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Vida oficial da RAG

moito o viño bo, especialmente o branco do Condado –con albariño, treixadura e lou- reira–, e máis se o acompañaba cunhas ostras na Pedra. Na casa de Coruxo, que tiña unha gran parra, facía unha purrela espantosa que bebía por disciplina. Comer tamén lle gustaba bastante, e asaba moito ben os chourizos na cheminea, que el pronunciaba sem- pre «cheminé». Fumaba un paquete de ducados ó día. O seu carácter era en xeral apra- cible, pero ás veces entrábanlle unhas cóleras formidables. Infelizmente, tivo que traba- llar moito para subsistir con dignidade el e mais os seus; non gozou –nin buscou– nin- gún privilexio nin sinecura que lle permitise dedicarse integramente ós seus estudos. Amaba sobre todas as cousas a súa muller, os seus fillos e os seus irmáns, e tivo algunhas amizades especialmente fondas, coma as de Celso Emilio Ferreiro ou Pedro Díaz. Man- tiña vivo o odio a Franco coma o primeiro intre, e foi sempre fiel ás súas conviccións galeguistas e republicanas, cunha inclinación sentimental cara á esquerda e unha sim- patía instintiva polos pobres do mundo.

A OBRA LITERARIA Xosé María Álvarez Blázquez publicou en vida tres libros de versos: Poemas de ti e de min (1949), a medias con seu irmán Emilio pero con autorías ben diferenciadas; Roseira do teu mencer (1950), e Canle segredo (impreso en 1976, pero escrito entre 1951 e 1953). Deixou tamén un bo número de poemas soltos, inéditos ou publicados en revistas ou folletos, coma tal o fermoso Romance do pescador peleriño (1954), ou os epigramas que asinaba co pseudónimo Pepe do Rollo; e é xustamente célebre o engano –rapidamente desfeito por el mesmo– que causou a publicación, no día dos Santos Inocentes de 1953, do seu Cancioneiro de Monfero, con cántigas tan imitantes ás medievais que o mesmo Rodrigues Lapa as creu auténticas. Metido en grandes angueiras doutro tipo, nos seus derradeiros vinte anos escribiu moi pouca poesía lírica; pero ás veces, case como obriga- do pola emoción, construía algún poema tan absoluto coma o derradeiro, datado no 29 de agosto de 1982 e titulado Solpor, que comeza Xa non é tempo de falar das rosas. Se Poemas de ti e de min paga un belo tributo ó popularismo, ó imaxinismo e ó neo- trobadorismo, moito no ronsel de Amado Carballo e un pouco no de Bouza-Brey –mais cunha habelencia e unha graza que a miúdo o fan superar os mestres e atuarse con Cun- queiro–, Roseira do teu mencer, que permanece fiel ás mesmas liñas formais, constitúese como un libro profundamente conmovedor, pois ninguén tiña cantado tan altamente na nosa lingua a emoción gozosa da paternidade. En canto a Canle segredo, escrito nel mezzo del cammin pero inédito durante máis de vinte anos, é un libro grave, sabio e fondo do que Ferrín dixo que se se publicara no tempo en que foi escrito tería sido o sinal dun cambio de rumbo da poesía galega. Pero tamén se pode sospeitar que, aínda inédito, tive- se algunha influencia; naqueles duros anos da longa noite de pedra, mesmo sen se publi- caren, os poemas circulaban, e un dos que leron Canle segredo con proveito foi sen nin- gunha dúbida Celso Emilio Ferreiro, amigo especialmente íntimo de Xosé María.

290 Nº 370 Vida oficial da RAG BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

A obra poética de Xosé María Álvarez Blázquez tivo nas antoloxías derradeiras unha fortuna moi inferior –ou mesmo infinitamente inferior– ó seu valor real. O volume da súa Poesía galega completa –que non é completa de todo–, preparado polo seu fillo Xosé María Álvarez Cáccamo, recolle unha obra máis ben breve na que se contan algúns dos máis fermosos poemas xamais escritos na nosa lingua, e o conxunto deles é sen dúbida ningunha un dos máis valiosos da súa xeración. A obra narrativa en galego de Xosé María Álvarez Blázquez é de menor importancia, non por calidade, senón pola súa extrema brevidade. Perdidos os relatos d’Os ruíns que ía publicar Ánxel Casal en 1936, os cinco contos de A pega rabilonga, de feitío moi clá- sico, máis ben oteriano, son practicamente a súa totalidade. Como é ben sabido, nos anos da posguerra, sempre á beira do que para un fillo do médico fusilado de Tui era a pobreza material, e logo xa casado e cos fillos vindo, Xosé María intentou case desespe- radamente gañar diñeiro por diversos medios; un deles foi a literatura, e concretamente a novela, para a que estaba moi ben dotado. Así foi que escribiu varias novelas en cas- telán, coas que gañou diversos premios e obtivo un mediano éxito editorial. As mello- res destas novelas –Crecen las aguas, En el pueblo hay caras nuevas– fóronlle restituídas en certo xeito á nosa literatura polo seu fillo Alfonso Álvarez Cáccamo, que as traduciu ó galego cos títulos de Enchen as augas e Na vila hai caras novas.

O ERUDITO GALEGUISTA Xosé María Álvarez Blázquez foi o exemplo perfecto do que antes se chamaba, e aínda se chama ás veces, un polígrafo. A historia xeral e local, a arqueoloxía, a literatura, foron só algunhas das erudicións que cultivou. Pero quizabes o máis transcendental da súa obra erudita é a inmensa contribución que fixo á conformación do canon literario galego, nas súas dúas facetas de alto divulgador e de descubridor de textos. A primeira faceta está representada polo tomo I da Escolma de Poesía Galega, publi- cado por Galaxia en 1952, que establece un amplísimo canon da nosa poesía medieval clásica, nunha selección esteticamente acertadísima, cunhas notas biográficas e uns comentarios críticos dunha perspicacia abraiante. Esta grande antoloxía –aínda non superada– foi un fito histórico, pois por primeira vez o público lector non erudito entrou naquel inmenso mundo, da man dun guieiro único, coma pola súa casa. A apropiación popular moderna da poesía trobadoresca non se dá coma entre nós en ningunha outra das nacións posibles –Portugal, Occitania, Cataluña, Francia, Alemaña–. O caso sen- lleiro de Galicia é obra de Xosé María Álvarez Blázquez, e este non é un dos seus meno- res méritos. A segunda faceta simbolízase ben –aínda que dista moito de esgotarse aí– no tomo II da mesma Escolma de Poesía Galega, publicado en 1959, que recolle a poesía do XIV ó XIX, en grande parte –especialmente a dos chamados Séculos Escuros– descuberta polo propio Xosé María no seu continuo labor de esculca de bibliotecas e de arquivos que lle

Nº 370 291 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Vida oficial da RAG

deu infinidade de alegrías –moitas tamén en prosa– ó longo da súa vida. Unha das máis grandes foi seguramente o achado da Égloga de Belmiro e Benigno de Pastor Díaz, que publicara xa en 1951 en fermosa edición de Monterrey. Erudito non aséptico, senón patriota, Xosé María Álvarez Blázquez realizou outras importantes achegas en materia de literatura popular e culta, de arqueoloxía, de histo- ria, de etnografía, e ditou gran número de conferencias e discursos, entre os cales cóm- pre reparar no primeiro do que hai noticias, pronunciado no 1934 e titulado Berro en lembranza dos herois de Carral. Este mesmo espírito militante sería o do seu derradeiro libro impreso en vida, libro aínda máis doloroso por tratar de quen fora seu xefe políti- co, amigo persoal e mesmo curmán por matrimonio: Alexandro Bóveda. Apunte biográfi- co (1983).

O EDITOR É coñecido, aínda que non abondo, o papel de Xosé María Álvarez Blázquez como edi- tor na longa noite de pedra. En 1950 fundou, con Luís Viñas Cortegoso, a Editorial Monterrey, que conta –entre outros timbres de gloria– co mérito histórico de amparar o nacemento da chamada Nova Narrativa Galega publicando os libros fundacionais de Rodríguez Mourullo; e a beleza das súas edicións para bibliófilos quizabes nunca foi igua- lada en Galicia. Pero aínda máis importante foi a segunda xeira, iniciada en 1967, das Edicións Castrelos, obra persoal exclusivamente súa. As coleccións O Moucho e Pombal significaron a perforación dos muros do gueto en que vivía a literatura galega, a con- quista da rúa e, verdadeiramente, das masas. Por primeira vez, as edicións alcanzaban os tres mil e mesmo os cinco mil exemplares con toda naturalidade. E o milagre non era casual: correspondía ó espírito do tempo, ás condicións obxectivas ben interpretadas, racionalmente ou instintivamente, por un gran editor, que ademais foi capaz de montar –e este foi un alicerce fundamental do seu éxito– unha estrutura de distribución dunha amplitude absolutamente nova. En 1975, Edicións Castrelos distribuía os seus libros nunhas 230 librarías, papelarías, quioscos e, por raro que hoxe nos pareza, ferraxarías, estancos e tendas de ultramarinos de Galicia. As outras editoriais da época traballaban aproximadamente coa terceira parte de puntos de venda. Ás Edicións Castrelos débeselles o fenómeno da Colección O Moucho, libros do pobo pra o pobo; pero tamén a popularización da obra de Rosalía e de Curros, e máis aínda da do propio Pondal, que estaba reducida a moi pequenas minorías e se vendeu por millei- ros de exemplares na Colección Pombal. E tampouco non se esquecían os contemporá- neos: Celso Emilio Ferreiro, Xosé Neira Vilas, Méndez Ferrín, Xohana Torres ou Manuel María. Ben pode afirmarse que a obra como editor de Xosé María Álvarez Blázquez é unha das máis intelixentes e importantes da nosa historia, e que neste eido o seu nome debe escribirse ó carón dos de Soto Freire, Martínez Salazar e Ánxel Casal.

292 Nº 370 Vida oficial da RAG BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

BIBLIOGRAFÍA ESENCIAL EN GALEGO (PUBLICACIÓNS EN FORMA DE LIBRO)

OBRA LITERARIA: -Poemas de ti e de min [con Emilio Álvarez Blázquez], Colección Benito Soto, Pontevedra, 1949. -Roseira do teu mencer, Edicións Monterrey, Vigo, 1950. -Cancioneiro de Monfero (Século XIII), Edicións Monterrey, Vigo, 1953. -Romance do pescador peleriño, Edicións Monterrey, Vigo, 1954. -Canle segredo, Editorial Castrelos, Colección Pico Sagro, Vigo, 1976. -Poesía galega completa, Edicións Xerais de Galicia, Vigo, 1987. [Inclúe os libros e folletos e mais un apartado de Inéditos e dispersos.] -A pega rabilonga e outras historias de tesouros, Editorial Castrelos, Colección O Moucho, Vigo, 1971. -Alexandro Bóveda. Apunte Biográfico. A Coruña, 1982 (edición secuestrada). Edición distribuída: Ir Indo Edi- cións, Vigo, 1992.

AS GRANDES ANTOLOXÍAS: -Escolma de poesía galega. I: Escola medieval galego-portuguesa, Editorial Galaxia, Vigo, 1952. -Escolma de poesía galega. II: A poesía dos séculos XIV a XIX, Editorial Galaxia, Vigo, 1954. -Escolma da poesía medieval, Editorial Castrelos, Colección Pombal, Vigo, 1975 [versión ampliada e revisada da de 1952.]

ANTOLOXÍAS MENORES: -Cancioneiriño da Virxe. Escolma de cantigas populares, Edicións Monterrey, Vigo, 1954. -Cantos de Nadal, Aninovo e Reis, Edicións Castrelos, Colección Pombal, Vigo, 1967. -Refraneiro do viño, Edicións Castrelos, Colección O Moucho, Vigo, 1968 [sen firma, pero feito por el.] -Cantigas do viño, Edicións Castrelos, Colección O Moucho, Vigo, 1968 [sen firma, id.] -Sal e pementa. Escolma de Epigramas, Edicións Castrelos, Colección O Moucho, Vigo, 1968 [sen firma, id.] -O libro do marisco, Edicións Castrelos, Colección O Moucho, Vigo, 1968. -O libro da caza, Edicións Castrelos, Colección O Moucho, Vigo, 1969. -O libro do porco, Edicións Castrelos, Colección O Moucho, Vigo, 1972. -Cantares de cego, Edicións Castrelos, Colección O Moucho, Vigo, 1974. -Castelao: Cousas, terceiro libro, Edicións Castrelos, Colección O Moucho, Vigo, 1975 [textos recuperados.] -Os nomes da terra, Edicións Castrelos, Colección O Moucho, Vigo, 1976 [co pseudónimo de Celso de Baión.] -Luís Amado Carballo. Vida e obra. Escolma de textos, Publicacións da Real Academia Galega, A Coruña, 1982.

ALGUNHAS EDICIÓNS E TRADUCIÓNS CON LIMIARES E NOTAS: -Poesías galegas de Nicomedes Pastor Díaz, Edicións Monterrey, Vigo, 1951. -Os tesouros de Galicia. O Ciprianillo, Edicións Castrelos, Colección O Moucho, Vigo, 1974. -Quevedo: O soño das caliveras, Edicións Castrelos, Colección O Moucho, Vigo, 1970. -Rosalía de Castro: Follas novas, Edicións Castrelos, Colección Pombal, Vigo, 1967 [sen firma, pero a edición e o prólogo son de XMAB.] -L. Amado Carballo: Obras en prosa e verso, Edicións Castrelos, Colección Pombal, Vigo, 1970 [prólogo de X. L. Méndez Ferrín; a recompilación e edición, sen mención de responsabilidade, é de XMAB.] -: Queixumes dos pinos e outros poemas, Edicións Castrelos, Colección Pombal, Vigo, 1970 [sen firma, pero a edición e o prólogo son de XMAB] -M. Curros Enríquez: Aires da miña terra e outros poemas, Edicións Castrelos, Colección Pombal, Vigo, 1971 [sen firma, id.]

SOBRE XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ: -Álvarez Cáccamo, Alfonso: Xosé María Álvarez Blázquez, Ir Indo Edicións, Vigo, 1994. -Álvarez Cáccamo, Xosé María: Memoria de poeta, Editorial Galaxia, Vigo, 2006.

Nº 370 293 ACTO EN HONRA DE XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ. PRESENTACIÓN DA EDICIÓN DO SEU DISCURSO DE INGRESO NA REAL ACADEMIA GALEGA. VIGO, 26 DE XANEIRO DE 2008

O 28 de novembro de 1964, no salón de sesións do pazo municipal da Coruña cele- brárase o acto de ingreso de Xosé María Álvarez Blázquez na Real Academia Galega. Ao seu discurso, titulado Cantares e romances vellos prosificados, contestáralle, en nome da Academia, Fermín Bouza Brey. Nunca chegou a publicarse. O 26 de xaneiro de 2008 foi a data elixida pola Real Academia Galega para sacar á luz o discurso inédito. A elección do día non foi aleatoria. É a data que figura nunha carta que, no ano 1964, Xosé María Álvarez Blázquez dirixe á Academia e na que expre- sa o seu desexo de que o acto da súa recepción teña lugar no pazo municipal de Castre- los, en Vigo. Por circunstancias, non puido ser, así que, 44 anos despois, a Real Acade- mia Galega quixo cumprir en parte o desexo de Álvarez Blázquez celebrando un acto similar no Auditorio do Edificio Municipal de Area (antigo Reitorado) de Vigo, no que, os protagonistas, Xosé María Álvarez Blázquez e Fermín Bouza Brey foron representados polos seus respectivos fillos: Xosé María Álvarez Cáccamo e Fermín Bouza Álvarez.

294 Nº 370 Vida oficial da RAG BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

Xosé Ramón Barreiro Fernández, Abel Caballero, Manuel González González, X. L. Axeitos e Salvador García Bodaño. Real Academia Galega. Arquivo / Foto: Xosé Castro

Capa da edición do discurso de ingreso na Real Academia Galega de Xosé María Álvarez Blázquez

Nº 370 295 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Vida oficial da RAG

Xosé María Álvarez Cáccamo lendo o discurso de seu pai. Real Academia Galega. Arquivo / Foto: Xosé Castro

Fermín Bouza Álvarez lendo o discurso de seu pai. Real Academia Galega. Arquivo / Foto: Xosé Castro

296 Nº 370 REPRODUCIÓN DO TEXTO INTRODUTORIO DO PRESIDENTE DA REAL ACADEMIA GALEGA, D. XOSÉ RAMÓN BARREIRO FERNÁNDEZ NA EDICIÓN DO DISCURSO DE INGRESO NA RAG DE XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ

Son moitos os discursos de ingreso na Academia Galega que nos cen anos de exis- tencia da institución se teñen pronunciado en distintos lugares de Galicia. Pero non todos chegaron a ser editados malia o grande interese do seu contido e novidade que supuxo no seu contexto cultural. Por este motivo, a Academia tomou a decisión de rescatar algúns destes discursos sig- nificativos que permanecen inéditos entre os fondos persoais dos seus numerarios. Esta é, xa que logo, a primeira causa pola que hoxe rescatamos e presentamos o dis- curso de ingreso de D. Xosé María Álvarez Blázquez (1915-1985), conscientes da actua- lidade da filosofía que o inspirou no seu día. Dános tamén ocasión a publicación deste discurso de abrir palenque, en afortunada expresión de Murguía e da súa época, do ano das Letras Galegas dedicado ao citado edi- tor e escritor Xosé María Álvarez Blázquez. Nin sequera a elección da data do 26 de xaneiro é ventureira porque vén sinalada por unha carta que o propio escritor dirixe ao Presidente da Real Academia Galega, don Sebastián Martínez Risco, anunciándolle o envío do seu discurso e manifestando o seu desexo de que se lea en Vigo no pazo municipal de Castrelos. Asinaba a devandita carta o académico electo, o día vinte e seis de xaneiro de 1964. Velaí a razón desta data para a relectura do discurso. Cando estaba a piques de fixarse o día do ingreso, deixa de ser alcalde de Vigo o Sr. Fontán González, o máximo interesado en celebrar o acto en Castrelos. Esta nova situa- ción provoca que o acto solemne da súa recepción se celebrase na Coruña, na sede da RAG, o día 28 de novembro de 1964, nunha sesión presidida por Sebastián Martínez Risco. Poñía o novo académico como única condición que fose en sábado “para poder regresar o domingo, sen perder xornada de traballo”. Culminaba así un proceso que comezara en 1948 cando Álvarez Blázquez fora elixi- do académico correspondente a proposta de Leandro Carré, Victoriano Taibo e Francis- co Vales Villamarín; deseguido é nomeado académico numerario a proposta de Fernán- dez del Riego, Carballo Calero e Bouza Brey con data 24 de xuño de 1962. Como home de profunda formación humanística –xa sexa na súa faceta de escritor, erudito ou editor– prestou grandes servizos á Academia, emitindo informes, facendo pro- postas e colaborando activamente coa institución. Volver a Vigo para esta relectura do discurso de ingreso de Xosé María Álvarez Bláz- quez supón tamén, máis alá da nota sentimental reparadora, un chamamento á cidade que o acubillou para que honre a memoria dun fillo ilustre que entregou boa parte da súa obra intelectual e creativa para defensa e orgullo da nosa cultura.

Nº 370 297 CONGRESO ÁLVAREZ BLÁZQUEZ

TUI, 11, 12 E 13 DE DECEMBRO DE 2008

No anterior Boletín da Real Academia Galega, número 369, dedicado á figura de Xosé María Álvarez Blázquez, publicáronse as intervencións do Congreso Álvarez Blázquez, celebrado en Tui entre os días 11 e 13 de decembro de 2008. Dado que neste Boletín, número 370, se consignan as actividades da Real Academia Galega desenvolvidas durante o ano 2008, reprodúcese de novo a reseña feita no pasa- do número.

Os días 11, 12 e 13 de decembro de 2008 celebrouse en Tui, no Teatro Municipal, o Congreso Álvarez Blázquez organizado pola Real Academia Galega coa colaboración da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Tui. O Comité organizador, composto por Xosé L. Méndez Ferrín, Darío Xohán Cabana, Rafael Sánchez Bargiela e Xosé Luís Axeitos, convocou na sala Félix Rodríguez do Tea- tro Municipal a vinte conferenciantes e relatores arredor da figura de Xosé María Álva- rez Blázquez. Durante os tres días do Congreso fóronse desenvolvendo e estudando as diferentes facetas do intelectual homenaxeado: do seu labor creativo no eido literario ocupáronse

298 Nº 370 Vida oficial da RAG BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

Manuel Forcadela, Xosé M.ª Álvarez Cáccamo, Ana Acuña, Ramón Nicolás e Carlos Bernárdez. O seu importantísimo traballo como erudito e investigador literario foi glosado e estudado por Xosé Luís Méndez Ferrín e por Xosé Ramón Pena. Outra das facetas ineludibles na vida do noso escritor foi a de editor, fundamental por canto ten de conciencia construtiva e fundacional. Representou, no dicir de Darío Xohán Cabana, un dos relatores que desenvolveu este tema, un fito de grande impor- tancia por canto as súas coleccións foron ao encontro dun público distinto a través da edición de textos populares que se distribuíron por canles innovadoras e diferentes das publicacións máis académicas e humanísticas doutras editoriais. Completaron esta visión editorial do noso intelectual Manuel Bragado e Víctor F. Freixanes que, como edi- tores, incidiron en perspectivas profesionais do mundo do libro. Se a faceta historiográfica de Álvarez Blázquez foi exposta por Xosé R. Barreiro Fer- nández, presidente da RAG, os pioneiros traballos no campo da arqueoloxía estiveron a cargo de Carlos García Martínez, Fernando Acuña Castroviejo e Eduardo Méndez Quintas. Nin sequera as súas afeccións como coleccionista filatélico e numismático se descoidaron nas xornadas do congreso. Nunha mesa coordenada por Méndez Ferrín, interviñeron para subliñar esta faceta menos coñecida de Álvarez Blázquez, Carlos Pérez-Fonterosa, José Manuel González Troncoso e Ernesto Iglesias Almeida. Todas as colaboracións mencionadas figuran, a maneira de actas, nas páxinas do volume 369 deste Boletín, que adquire dese xeito o carácter de monográfico dedicado ao autor homenaxeado o Día das Letras Galegas de 2008.

Nº 370 299 EXPOSICIÓN CONMEMORATIVA DO CENTENARIO DO PASAMENTO DE MANUEL CURROS ENRÍQUEZ “NA FRENTE UNA ESTRELA”

O día 7 de marzo de 1908 falecía na Habana o escritor e xornalista galego Manuel Curros Enríquez. Chegara á capital cubana empuxado pola falla de liberdades e por unha difícil situación familiar. Antes, durante a súa etapa periodística en Madrid ou en Ourense, amosárase como un profesional combativo defendendo opcións republicanas e liberais. E a través dos seus poemarios Aires d´a miña terra (1880) e O divino sainete (1888) xa ingresara na nómina dos poetas fundacionais do Rexurdimento. Estas obras e as súas preocupacións sociais, que o levan a defender as teses rexionalistas de Murguía, sitúano na vangarda intelectual gale- ga e, por conseguinte, a reivindicar institucións galegas defensoras da nosa cultura. Xa na Habana, despois de fundar Tierra Gallega e de loitar desde as súas páxinas pola unidade do mundo societario galego, fragmentado e en continuo conflito, pasa a formar parte da redacción do prestixioso xornal Diario de la Marina. Coincidindo co seu ingre- so nesta publicación periódica e a dirección da mesma a cargo de D. Nicolás Rivero, o diario abandona as posicións conservadoras que asumira desde a súa fundación en 1832 e asume unha posición liberal defensora da autonomía cubana. No ano 1904 Curros, xa poeta consagrado, fai unha visita exploratoria a Galicia e reúnese coa cúpula do rexionalismo galego, xa en decadencia pero disposto a dar a bata- lla pola identidade nacional. En demoradas conversas con Murguía xorde a idea de fun- dar a Academia Galega. E, en efecto, despois de ser coroado na Coruña como poeta nacional, regresa á capital cubana e en 1905 constitúese alí a Asociación Iniciadora y Pro- tectora de la Academia Gallega, verdadeiro motor da actual Real Academia Galega, fun- dada, como se sabe, de iure en setembro de 1906.

300 Nº 370 Vida oficial da RAG BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

Non debe resultar estraño que nada máis falecer o poeta na residencia Covadonga do Centro Asturiano, sexa a Academia, na figura do seu primeiro Presidente, Manuel Murguía, a primeira institución á que se comunica tan sensible perda. E será a Academia tamén a institución á que se lle encarga organizar a repatriación do cadáver embalsamado do escritor así como solemnizar as multitudinarias honras fúne- bres celebradas na Coruña. A Real Academia Galega custodia entre os seus fondos unha importante documen- tación e numerosos obxectos relativos á vida do poeta de Celanova; estes fondos non deixaron de incrementarse por canto a institución presidida por Murguía seguiu á fron- te de todas cantas iniciativas se produciron para honrar a memoria do ilustre periodista: bosquexos do concurso para o seu monumento, ademais do de Asorey, gañador do mesmo, cartas familiares, bandeira galega que envolvía o féretro, o último artigo que estaba escribindo cando o sorprendeu a morte, bando do alcalde co chamamento aos cidadáns da Coruña para honrar o poeta, fotografías diversas, primeiras edicións con correccións autógrafas do poeta, cabeceiras cubanas, madrileñas e galegas nas que exer- ceu o periodismo, etc. Todo este material que custodia a Real Academia Galega non podía permanecer na sombra por canto se pode considerar patrimonio cultural de Galicia. Ocasión para isto, para mostrar este valioso material relativo á vida e obra de Curros Enríquez, ofrecésenos á Academia con ocasión do centenario da morte do poeta. Non deixa de ser unha maneira de honrar o seu fundador e protector ao que xa se lle outor- gara o título de numerario de honra no ano 1905. Da mesma maneira, consideramos oportuno a inauguración da mostra en Celanova, na casa natal do poeta, hoxe sede da Fundación Curros Enríquez. Despois de permanecer durante tres meses na citada Casa do Poeta, regresará á Coru- ña para continuar a súa itinerancia no Pazo Municipal do Concello. A organización da exposición, comisionada por D. Xosé Ramón Barreiro e coordi- nada por D. Xosé L. Axeitos, ademais de historiar a estreita relación entre a Academia e o poeta, dá ocasión de percorrer as distintas etapas da súa vida relacionadas co com- promiso con Galicia. E permítenos, a través dos numerosos telegramas recibidos pola Academia, expostos na mostra, entrar nun debate espiñento da época: o enterro laico do poeta, que foi obxecto dun tenso debate os días previos á súa inhumación. Algunhas pezas emblemáticas relacionadas con Curros e expostas por primeira vez son, por exemplo, as lentes do escritor, cedidas pola súa familia, o magnífico busto de Asorey para o monumento da Coruña, a coroa de prata e ouro que se lle ofreceu na Coruña en 1904 e a bandeira galega que lle ofrendou a revista cubana Galicia. Dado que a obra galega de Curros foi divulgada na súa época por orfeóns e coros, un último apartado da mostra dedicarase aos poemas musicados por nomes tan representa- tivos como Chané, Baldomir, Montes ou Ofelia Nieto, intérprete ilustre dalgunha das súas cancións. Rescatamos así mesmo unha película de tres minutos de duración, pertencente á familia do alcalde da cidade en 1934, Sr. Suárez Ferrín, asasinado en 1936, e que reco- lle o acto de inauguración do monumento de Asorey en homenaxe ao poeta, coa asis- tencia do Presidente da República D. Niceto Alcalá Zamora. Son, como vemos, pezas únicas que se amosan ao público por vez primeira para expli- car, entre outras cousas, a razón pola que 40.000 galegos se enseñorean das rúas da Coru- ña para render homenaxe ao seu poeta.

Nº 370 301 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Vida oficial da RAG

DATOS TÉCNICOS: Organización REAL ACADEMIA GALEGA Comisario: CIF: Q1568003F Xosé Ramón Barreiro Fernández Rúa Tabernas, 11 Coordinación Apartado de Correo 557 X. L. Axeitos 15001 – A Coruña Teléfono e fax: 981 207 308 Documentalistas: Enderezos electrónicos de contacto: Ricardo Axeitos Valiño [email protected] Lois Bande Barreiro Patricia Carballal Miñán Deseño da exposición Jacobo M. Caridad Martínez Barro Salgado Santana (Grupo Revisión Deseño) Nélida Cosme Abollo Montaxe Mercedes Fernández-Couto Tella ARTIFACTO CULTURAL, S. L. Fernanda Leirós Fernández CIF: B15844632 Ana M.ª Menéndez Rodríguez Rúa Juan Castro Mosquera, 15 – 2º Juan Montenegro Rey 15005 – A Coruña Fernando Pereira González Teléfono: 669 899 567 Lurdes Revaldería López Dolores Sánchez Vales Seguros COBIÁN&COBIÁN

RELACIÓN DE PEZAS EXPOSTAS

SALA 1: CURROS ENRÍQUEZ COROADO COMO POETA NACIONAL

Por iniciativa de diversas sociedades culturais e recreativas coruñesas, o 21 de outubro de 1904 celebrouse no Teatro Principal da Coruña (hoxe, Rosalía de Castro) unha “velada literaria”, na que Curros Enríquez foi agasallado cunha coroa de ouro e prata cre- ada por Isidoro Brocos para esta emotiva homenaxe.

1.- Coroa de prata e ouro con que se agasallou a Curros Enríquez na velada literaria celebrada no Teatro Principal da Coruña o 21 de outubro de 1094 / Autor: Isidoro Brocos / Ourive: Pedro Menlle / Real Academia Galega

2.- Programa e follas voandeiras editados con motivo da velada literaria en homenaxe de Curros Enríquez o 21 de outubro de 1904 / Real Academia Galega

3.- Curros Enríquez coa comisión organizadora da coroación poética / Avrillon, 1904 / Fot. Positivo papel / Real Academia Galega

4.- Nuevo mundo / Madrid, 3 novembro de 1904 / Real Academia Galega

302 Nº 370 Vida oficial da RAG BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

SALA 2: CURROS ENRÍQUEZ ENTRE O XORNALISMO E A LITERATURA

Levou á poesía as preocupacións éticas do seu xornalismo combativo e non renunciou ás preocupacións estéticas na súa palabra axustada na prensa diaria.

1.- Aires d’a miña terra: coleución de poesías gallegas / Manuel Curros Enríquez / Ourense: Tipografía de A. Otero, editor, 1880 (1ª ed.) / Real Academia Galega

2.- Aires d’a miña terra: coleución de poesías gallegas / Manuel Curros Enríquez / Madrid: La Ilustración Gallega y Asturiana, 1881 (2ª ed.) / Real Academia Galega

3.- Aires da miña terra / Manuel Curros Enríquez / A Coruña: Latorre y Martínez, editores, 1886, (3ª ed. corrixida e aumentada) / Real Academia Galega

4.- O divino sainete: poema en oito cantos / Manuel Curros Enríquez / A Coruña: [s.n.], 1888 / Real Academia Galega

5.- Paniagua y compañía: agencia de sangre / Manuel Curros Enríquez / A Coruña: Est. Tip. de V. Abad, 1877 / Real Academia Galega

6.- “A Igrexa Fría” e “Nouturnio” / Manuel Curros Enríquez / Manuscrito / Museo de Pontevedra / ARQ. Documental, manuscritos, 1-22

7.- Carta de Curros Enríquez a Manuel Murguía / A Habana, 21 de xaneiro de 1906 / Real Academia Galega

8.- Carta de Curros Enríquez a Martínez Salazar / Madrid, 18 de maio de 1888 / Real Academia Galega

9.- Retrato de Manuel Curros Enríquez / Colección Vázquez Gosende

10.- Retarato de Ramona Curros / Colección Vázquez Gosende

11.- Curros ante a tumba de Rosalía / Tarxeta postal / Real Academia Galega

Nº 370 303 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Vida oficial da RAG

12.- Tierra Gallega / A Habana, 3 de marzo de 1895 / Real Academia Galega

13.- Diario de la Marina / A Habana, 24 de outubro de 1906 / Real Academia Galega

14.- El Heraldo Gallego / Ourense, 20 de marzo de 1877 / Real Academia Galega

15.- Vapor “Reina Maria Cristina” / Rafael Rocafull, 1894 / Fot. Positivo papel / Real Academia Galega

16.- Redacción do Diario de la Marina? / Otero y Colominas, 1894 / Fot. Positivo papel / Real Academia Galega

17.- Curros Enríquez aos 43 anos / Otero y Colominas, 1894 / Fot. Positivo papel Real Academia Galega

18.- Curros Enríquez durante a súa estancia na Habana / Otero y Colominas, 1894-1904 / Fot. Positivo papel / Real Academia Galega

19.- Retrato de Curros Enríquez / Autor descoñecido, 1904 / Fot. Positivo papel / Real Academia Galega

20.- Lentes de Curros Enríquez / Colección Miriam Gilbertson Hernando

SALA 3: CURROS ENRÍQUEZ, PROTECTOR E FUNDADOR DA REAL ACADEMIA GALEGA Desde a presidencia da Asociación Iniciadora e Protectora da Habana, Curros foi o ins- pirador da filosofía fundacional e de mecenado para a Academia Galega. O poeta é aca- démico de honra desde 1905.

1.- Libro de rexistro de Académicos de honra, correspondentes e adxuntos da Real Academia Galega / Real Academia Galega

2.- Curros Enríquez con algúns dos fundadores da RAG / Avrillon, 1904 / Fot. Positivo Papel / Real Academia Galega

3.- Retrato de Manuel Curros Enríquez / Autor descoñecido, 1904 / Fot. Positivo papel / Real Academia Galega

Nº 370 304 Vida oficial da RAG BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

4.- Oficio da Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega dirixido por Curros Enríquez a Manuel Murguía / A Habana, 1 de xullo de 1905 / Real Academia Galega

5.- Carta da Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega dirixida ao presidente da Real Academia Galega / A Habana, 19 de xaneiro de 1906 / Real Academia Galega

6.- Medalla de Académico da Real Academia Galega / Real Academia Galega

SALA 4: O POBO ACOLLE O SEU POETA Corenta mil persoas acompañaron a Curros ata o cemiterio de santo Amaro o 2 de abril de 1908. O seu cadáver embalsamado chegara ao porto da Coruña o 31 de marzo proce- dente da Habana, onde falecera o día 8 dese mesmo mes.

1.- Bandeira utilizada nas exequias de Curros Enríquez / Real Academia Galega

2.- Telegramas enviados desde A Habana con noticias relacionadas co pasamento de Curros Enríquez / Real Academia Galega

3.- Bando do alcalde da Coruña, Juan Sánchez Anido / A Coruña, 31 de marzo de 1908 / Biblioteca Municipal de Estudos Locais (Concello da Coruña)

4.- Diario de la Marina / A Habana, 7 de marzo de 1908 / Real Academia Galega

5.- La Voz de Galicia / A Coruña, 3 de abril de 1908 / Real Academia Galega

6.- Follas Novas / A Habana, 15 de marzo de 1908 / Real Academia Galega

7.- Galicia / A Habana, 15 de marzo de 1908 / Real Academia Galega

8.- “VELADA NECROLÓGICA organizada por la Asociación de la Prensa de la Coruña, en honor del insigne poeta M. CURROS ENRIQUEZ. Día 3 de Abril de 1908” / Real Academia Galega

305 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Vida oficial da RAG

9.- Artigo manuscrito de Curros Enríquez preparado para publicar na sección “La Prensa” do Diario de la Marina / Real Academia Galega

SALA 5: AS ARELAS DE LIBERACIÓN PETRIFICADAS O desexo de canonización do poeta nace deseguida nunha e noutra ribeira no proxecto de ofrendarlle unha escola e un monumento, despois de superar non poucos atrancos, no ano 1934 inaugúrase o magno monumento, obra de Francisco Asorey, nos xardíns de Méndez Núñez da Coruña.

1.- Oficio dirixido “Al Comité Pró Monumento Curros Enríquez” para que Francisco Asorey sexa o encargado de esculpir o monumento a Curros / Manuscrito, Vigo, 8 de decembro de 1922 / Real Academia Galega

2.- Carta do Diario de la Marina / Real Academia Galega

3.- Documento de subscrición “Á Los gallegos residentes en la República Argentina” para erixir un edificio escolar na Coruña que leve o nome de Curros Enríquez / Buenos Aires, 15 de maio de 1908 / Real Academia Galega

4.-“Monumento a Curros Enríquez: bases para el concurso de proyectos” / Real Academia Galega / A Coruña: Litografía e Imprenta Roel, 1928 / Real Academia Galega

5.-“Inauguración del monumento a Curros Enríquez” / Real Academia Galega / A Coruña: Litografía e Imprenta Roel, 1934 / Real Academia Galega

6.- «Monumento a Curros Enriquez. Personas, entidades, y periódicos a quienes se remiten las “Bases”» / Manuscrito / Real Academia Galega

7.- Centenario de Curros, 1851-1951. Septiembre / A Coruña, Galicia S. A. Seguros y Reaseguros, 1951 / Real Academia Galega

8.- Programa de actos: “Centenario de Curros Enríquez, 1.851 – 1.951. Homenaje al poeta de las comisiones provincial de Orense y local de Celanova” / Real Academia Galega

Nº 370 306 Vida oficial da RAG BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

9.- Celebración do centenario do nacemento de Curros Enríquez na vila de Celanova / Foto Rico, 1951 / 2 Fot. Positivo Papel / Real Academia Galega

10.- Deseño presentado ao segundo concurso de proxectos do monumento a Curros Enríquez, organizado pola Real Academia Galega / Mariano Izquierdo y Vivas, 1928 / Papel / Real Academia Galega

11.- Anteproxecto do monumento a Curros Enríquez / M. Pinazo, 1921 / Papel / Real Academia Galega

12.- Deseño presentado ao segundo concurso de proxectos do monumento a Curros Enríquez, organizado pola Real Academia Galega / Juan Adsuara e Luis de Sala, 1928 / Papel / Real Academia Galega

13.- Deseño de Busto de Guerreiro celta presentado ao segundo concurso de proxectos do monumento a Curros Enríquez, organizado pola Real Academia Galega / Mariano Izquierdo y Vivas, 1928 / Xeso / Real Academia Galega

14.- Deseño de busto de moza cantando presentado ao primeiro concurso de proxectos de monumento a Curros Enríquez, organizado pola Real Academia Galega / Ángel García Díaz, 1927 / Xeso / Real Academia Galega

15.- Maqueta de figura representativa dunha piedade, presentada ao primeiro concurso do monumento a Curros Enríquez / Enrique Marín, 1927 / Xeso / Real Academia Galega

16.- Maqueta de figura representativa da vitoria presentada ao primeiro concurso do monumento a Curros Enríquez / Rafael González Villar e Fernando Cortes, 1927 / Xeso / Real Academia Galega

17.- Busto de muller presentado ao segundo concurso de proxectos do monumento a Curros Enríquez, organizado pola Real Academia Galega / Juan Adsuara e Luís de Sala, 1928 / Xeso / Real Academia Galega

307 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Vida oficial da RAG

18.- Deseño de Busto de Manuel Curros Enríquez presentado ao segundo concurso de proxectos do monumento a Curros Enríquez, organizado pola Real Academia Galega / Francisco Asorey, 1928 / Xeso / Real Academia Galega

19.- Ferramentas de traballo do escultor Francisco Asorey / Mazo; Punteiro; Cicel; Gradina / Museo do Pobo Galego. Fondo Municipal. Familia Asorey

20.- Carta manuscrita de Otero Pedrayo / Ourense, 15 de xaneiro de 1970 / Real Academia Galega

21.- Boletín da Real Academia Galega / A Coruña: Litografía e Imprenta Roel, 11 de agosto de 1934 / Real Academia Galega

22. La voz de Galicia / A Coruña, 12 de agosto de 1934 / Real Academia Galega

23.- Asorey figura terminal do monumento a Curros / Autor descoñecido, 1930-1932 / Fot. Positivo papel / Real Academia Galega

24.- Inauguración do monumento a Curros Enríquez / Foto Blanco, 1934. / 2. Fot. Positivo papel / Real Academia Galega

SALA 6 OS POEMAS DE CURROS, VOCACIÓN HIMNÍCA E IDENTITARIA

Coros e orfeóns levaron a palabra de Curros Enríquez a todos os currunchos da galegui- dade, foi un dos poetas máis musicados da historia da nosa cultura.

1.- “Un adios a Mariquiña. Melodía Gallega. Letra de Curros Enriquez. Música de J. C. Chané” [Música impresa] / A Coruña: Música y Pianos de Canuto Berea y Ca. / Colección Antón deSantiago

2.- “Como foy? Meus amores. Melodías. J. Baldomir” [Música impresa] / A Coruña: Editores Canuto Berea y Ca. / Real Academia Galega

3.- “Cantiga gallega. Unha noite. Letra de Curros Enríquez. Música de J. Castro Chané” [Música manuscrita] / Excma. Deputación Provincial da Coruña

Nº 370 308 Vida oficial da RAG BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

4.- “Tangaraños. Letra de Manuel Curros Enríquez. Música de J. Castro Chané” [Música impresa] / Excma. Deputación Provincial da Coruña

5.- “Os teus ollos. Melodía gallega del Mtro. J. Castro Chané” [Música manuscrita] / Real Academia Galega

6.- “Unha noite na eira do trigo. Balada gallega. Letra de Curros Enríquez. Música de Juan Montes” [Música impresa] / A Coruña: Música y Pianos de Canuto Berea y Ca. / Real Academia Galega

7.- “Adios a Mariquiña. Melodía gallega”; “Meus amores” / Conchita Supervía acompañada con música de cámara / Odeon [disco 78 rpm] / Colección Fernando López-Acuña L.

8.- “Cantiga gallega”, “Un adios a Mariquiña” / Ofelia Nieto / Odeon [disco 78 rpm] / Colección Germán Cruz Vázquez

9.- “Os teus ollos. Letra de Curros Enríquez. Música de Castro Chané” / Coral de Ruada / Barcelona: Regal [Ca. 1931-1955], [disco 78rpm] / Museo de Pontevedra / ARQ. Documental, D.C. 23-4

10.- Chané na Coruña / Avrillon, 1907- 1908 / Fot. Positivo papel / Real Academia Galega

11.- Orfeón Ecos de Galicia / Antonio Pla, 1911 / Fot. Positivo papel / Real Academia Galega

12.- Retrato de Xosé Castro Chané / Dufart y Mañan, 1911 / Fot. Positivo papel. / Real Academia Galega

13.- José Baldomir coas coristas do Orfeón El Eco / Autor descoñecido, 1892-1902 / Fot. Positivo papel / Real Academia Galega

14.- Retrato de José Baldomir / Portela Estudio, 1900-1910 / Fot. Positivo papel / Real Academia Galega

15.- Retrato de Ofelia Nieto / Walken, 1925 / Fot. Positivo papel / Real Academia Galega

309 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Vida oficial da RAG

OUTROS ACTOS O 24 de xaneiro de 2008 a Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación da Coruña tributou unha homenaxe á Real Academia Galega, na que interveu o Presiden- te da RAG, Xosé Ramón Barreiro Fernández cunha conferencia titulada “O papel da burguesía na historia da Coruña”. O acto tivo lugar na sede da Cámara de Comercio na Coruña. Entre os días 12, 13 e 14 de novembro de 2008 tiveron lugar as V Xornadas sobre Lin- gua e Usos, organizadas polo Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña en colaboración coa Real Academia Galga. Este ano versaron sobre a lingua gale- ga e a docencia universitaria. As xornadas tiveron lugar no Paraninfo da Reitoría da UDC.

SECCIÓNS DA REAL ACADEMIA GALEGA I. SECCIÓN DE LINGUA: componse dos seguintes seminarios: 1. Seminario de Lexicografía Creado en 1983. Director: D. Manuel González González. Financiamento: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Traballos desenvoltos: Durante o ano 2008 realizáronse as seguintes actividades dentro do Semina- rio de Lexicografía da Real Academia Galega: 1. Actualizouse a indicación dos SINÓNIMOS, ANTÓNIMOS e FOR- MAS COMPLEMENTARIAS na nova edición do Dicionario da Real Aca- demia Galega, de acordo coa incorporación de novas entradas, de novas acepcións, e tendo en conta a nova distribución destas. Por ex.: paduán -ana adx. 1. De modos rústicos, pouco refinado ou delicado. Ai, que paduán es, meu neniño! Tamén s. Non quero ver eses paduáns por aquí. SIN. badoco, paifoco, pailán, pailaroco, paiolo. 2. Que non é moi listo ou que non ten malicia. Non sei como anda con ese mozo tan paduán. Tamén s. Sodes uns paduáns e engánavos calquera. SIN. apaiolado, paiolo, papán, parvo, paspán. 3. Lacazán. Non te xuntes con ese paduán, que non fas nada en todo o día. 2. Elaborouse o Diccionario galego de pronuncia, obra do académico corres- pondente Xosé Luís Regueira, que recolle todas as entradas establecidas no Vocabulario ortográfico da lingua galega, ás que se lle asigna en transcri- ción fonética a realización que se estima máis correcta. Nalgúns casos, especialmente aqueles afectados por fenómenos como a metafonía ou a alteración do timbre das vogais como consecuencia da presenza dunha consoante nasal trabando a sílaba, admítense dúas realizacións distintas.

Nº 370 310 Vida oficial da RAG BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

Isto tamén ocorre no caso dalgúns cultismos que non presentan unha adaptación uniforme en todo o territorio galego. 3. Levouse a cabo a revisión sistemática de todas as entradas da nova edición do Dicionario da Real Academia Galega, 4. Publicouse o número 29 de Cadernos de Lingua, correspondente ao ano 2007, no que, amais das recensións críticas, se inclúen os seguintes traballos: V. FRESCO BARBEITO, “Transliteración e adaptación do árabe: Aplicación terminolóxica” R. GUTIÉRREZ PICHEL, “Documentación latino-romance ‘non dis- positiva’ na emerxencia do galego escrito” X. DOMÍNGUEZ DONO, “O uso do galego nas organizacións non gobernamentais para o desenvolvemento” Mª P. ALVARIÑO, Mª L. MARTÍNEZ, B. SÁNCHEZ, “As coloca- cións nos dicionarios e obras terminográficas”

2. Seminario de Sociolingüística Creado en 1990. Director: D. Manuel González González. Financiamento: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Traballos desenvoltos: Ao longo do ano 2008 o equipo de investigación do Seminario de Sociolin- güística da RAG realizou as seguintes actividades: 1. Redacción definitiva do segundo volume do MSG-04: Mapa Sociolingüís- tico de Galicia 2004: Usos lingüísticos en Galicia (González González, M.; Rodríguez Neira, M. A.; Fernández Salgado, A.; Loredo Gutiérrez, X. e Suárez Fernández, M. I. (2008) Mapa Sociolingüístico de Galicia 2004. Usos lingüísticos en Galicia.(vol. II). A Coruña: Real Academia Galega). Procedeuse á redacción definitiva e publicación do segundo volume do MSG-04: Mapa Sociolingüístico de Galicia 2004: Usos lingüísticos en Galicia tendo en conta os datos e resultados máis significativos das diferentes aná- lises. Realizáronse análises estatísticas univariantes, bivariantes e multiva- riantes sobre as variables referidas á lingua habitual, lingua do pensamen- to, lingua habitual da lectoescritura, usos lingüísticos na familia, usos lin- güísticos na escola, usos lingüísticos no ámbito laboral, usos lingüísticos noutros ámbitos e situacións comunicativas e usos lingüísticos nas tecno- loxías da información e da comunicación (TIC). 2. Análise dos datos do Mapa Sociolingüístico de Galicia 2004 (MSG-04) referidos ás actitudes lingüísticas.

311 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Vida oficial da RAG

Realizáronse análises de frecuencias referidas ás variables actitudinais. Elaboráronse gráficas e táboas de resultados e comentarios das mesmas. Despois da análise e reflexión sobre os datos iniciouse a redacción do ter- ceiro volume do MSG-04: Mapa Sociolingüístico de Galicia 2004: Actitu- des lingüísticas en Galicia tendo en conta os datos e resultados máis signi- ficativos. Espérase que este terceiro volume se edite a finais do vindeiro ano. 4. Asesoramento á Compañía da Radiotelevisión de Galicia para a elabora- ción dun estudo sociolingüístico sobre o devandito organismo. O Semi- nario de sociolingüística da RAG realizou un cuestionario para este estu- do, e realizou unha planificación para a súa posible realización.

3. Servizo de Terminoloxía Científico-Técnica en lingua galega (TERMIGAL) Creado en 1996. Director: D. Manuel González González. Financiamento: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Traballos desenvoltos: Durante o ano 2008, o traballo do Servizo Galego de Terminoloxía científi- co-técnica (TERMIGAL), dentro da RAG, centrouse especialmente nos seguintes aspectos: 1. Resolución de consultas terminolóxicas e lingüísticas A consulta de dúbidas terminolóxicas sobre os distintos campos de espe- cialidade é, sen ningunha dúbida, a sección do Servizo que crece dunha maneira máis espectacular, tanto as realizadas por vía telefónica como as realizadas por correo electrónico. Neste momento, practicamente dúas persoas están dedicadas de maneira case exclusiva á resolución de dúbidas deste tipo. As consultas que se fan a TERMIGAL esperan unha solución case inmediata, o que esixe, a non ser nos casos en que se trate de termos xa consultados, que unha persoa se poña sen dilacción a estudar o concepto do termo, o seu lugar nunha árbo- re de campo, as solucións dadas a este concepto nas demais linguas, e a efectuar as consultas necesarias antes de emitir un informe. Ao longo deste ano recibiuse en TERMIGAL, aproximadamente, unha media de 25 consultas diarias, e se ben é certo que moitas delas están refe- ridas a termos xa estudados, unha boa parte fan referencia a realidades practicamente descoñecidas, que esixen un grande esforzo de información por parte dos investigadores deste Servizo.

Nº 370 312 Vida oficial da RAG BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

Os ámbitos científicos que presentaron un maior volume de consultas foron os das Cienias Naturais (Botánica e Zooloxía), a industria das artes gráficas, da madeira e da metalurxia; o mundo relacionado coa hostelaría (especial- mente a gastronomía e a alimentación) e o mundo da economía e da empre- sa. 2. Tergal Estívose preparando a base de datos terminolóxica de Termigal, que leva por título TERGAL, e que estará aloxada no servidor do Centro Ramón Piñeiro, e á que se poderá acceder tanto a través da páxina web do Centro Ramón Piñeiro como da páxina web da Real Academia Galega. Esperamos que a apertura desta nova ferramenta permita a moitos usuarios resolver de maneira autónoma moitas das súas dúbidas. A esta base de datos unica- mente se incorpora a terminoloxía de carácter sistemático, referida a aque- les campos que xa están estudados por Termigal. Pero ao longo do ano 2009 trataremos tamén de poñer accesible outra base de datos de terminoloxía puntual, na que se recollan as preguntas que foron formuladas como dúbi- das por usuarios de distintos campos de especialidade. 3. Vocabulario do motor O campo da automoción é un dos máis importantes porque vai destinado tanto ao mundo dos especialistas (talleres, garaxes, fabricantes de coches, autoescolas, etc.) coma a calquera usuario. Hoxe todo o mundo ten un coche, e aínda que non sexa especialista está necesariamente en contacto cunha serie de pezas básicas que forman parte do coñecemento de moitos cidadáns. Dentro do campo da automoción, na programación deste ano atópase o estudo do sector do motor. Para cada termo seleccionado ofrécese a entrada en galego, a súa definición cun exemplo ilustrativo e as posibles correspondencias desta en seis linguas (castelán, portugués, inglés, francés, catalán e italiano) cando é posible. A ficha terminolóxica desta base está integrada polos seguintes 30 cam- pos. Nº de rexistro Fonte do sinónimo Autor/a Castelán. Data Cat. cast Termo galego Font cast Categoría gramatical do termo en galego. Portugués Fonte do termo galego. Cat port Definición. Font port Exemplo. Catalán Sinónimo. Font cat Categoría do sinónimo. Ilustración

313 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Vida oficial da RAG

4. Vocabulario de botánica Outro dos campos de especialidade sobre o que se estivo traballando en terminoloxía sistemática foi o da botánica, campo elixido en razón do gran número de usuarios que existen desta especialidade e das dúbidas denominativas que ofrecen moitas plantas. A base conta actualmente con 2460 rexistros, que ofrecen o nome galego, coa súa categoría, pero tamén os seus nomes científicos, cando son perti- nentes, e, na maioría dos casos, os seus equivalentes noutras linguas como: castelán, inglés, francés, alemán e italiano. 5. Vocabulario das TIC A Real Academia Galega, a través de TERMIGAL, estivo traballando durante o ano 2008 na realización do Dicionario das Tecnoloxías da Infor- mación e da comunicación, proxecto no que colabora co Colexio de enxe- ñeiros de telecomunicacións de Galicia e coa Escola Técnica Superior de enxeñeiros de telecomunicacións da Universidade de Vigo. 6. Documentación Mantense unha continuada actualización da sección de documentación, de maneira que se procura non só que non falte ningún dos traballos ter- minolóxicos realizados referidos á lingua galega, senón tamén contar coas obras de referencia máis importantes referidas á teoría e práctica do tra- ballo terminolóxico.

4. Seminario de Gramática Creado no ano 2000. Directora: D.ª Rosario Álvarez Blanco. Financiamento: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e Real Academia Galega. Traballos desenvoltos: A redacción da gramática galega continúa na mesma liña descrita en anos anteriores. O equipo constituído por Álvarez / Cidrás / González Seoane / Regueira / Xove definiu os seus criterios en Álvarez/Monteagudo 2004 e segue aplicándoos. Posto que a gramática da RAG ten que ser descritiva do galego estándar pero, asemade, debe informar sobre a corrección lingüística e orientar o uso oral e escrito do galego máis axeitado a cada situación lingüística, o equipo redac- tor non sempre atopa na bibliografía bases seguras, que lle permitan ir máis aló da respectiva experiencia como falantes dos seus membros. Por iso, parte do traballo dos integrantes do equipo se concreta primeiro en investigacións puntuais, que ven a luz en forma de artigos ou comunicacións. Iso non impi-

Nº 370 314 Vida oficial da RAG BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

de que a redacción do texto académico avance, se ben con máis lentitude da prevista a priori. Paralelamente, avanza de forma máis decidida a base de datos de construcións semánticas e sintácticas dos verbos galegos máis frecuentes, no marco do pro- xecto Construcións verbais e sintaxe da oración, resultado dunha cooperación entre o ILG e o Seminario de Gramática da RAG. Este proxecto ten como finalidade a descrición das estruturas sintácticas ora- cionais do galego moderno a partir do verbo e presentada en forma de base de datos. O corpus inicial consta duns 100.000 rexistros seleccionados entre o material ofrecido polo Tesouro Informatizado da Lingua Galega (TILG: http://www.ti.usc.es/tilg/). Para os constituíntes de cada oración establécese a función sintáctica, algunhas características semánticas e o tipo de unidade que a manifesta, coas particularidades formais que presenta en cada oración. Ademais destas informacións, a base de datos coa que se traballa contén sem- pre a acepción semántica do verbo estudado, a secuencia completa de todos os constituíntes da oración da que é núcleo o verbo e o esquema sintáctico dos constituíntes requiridos polo verbo nesa oración. Esta descrición permiti- rá un uso moi amplo, e en sentidos diferentes, da base de datos. Á parte desta utilidade xeral da base, o obxectivo primeiro do equipo céntrase na descrición dos verbos galegos tanto no relativo ás acepcións coma no que se refire ás construcións sintácticas, con vistas á elaboración dun dicionario de verbos, que á súa vez se encaixa dentro dos traballos lexicográficos planeados por ambas as institucións. Seguindo co traballo de descrición de anos anteriores, durante o ano 2008 foron analizados e procesados rexistros dos verbos de maior frecuencia selec- cionados, en concreto dos verbos dar, ver, mirar, ollar, oír e sentir, que en total supoñen a incorporación ao corpus de algo máis de 6.300 novos rexistros.

5. Seminario de Onomástica Creado en 2001. Director: D. Antón Santamarina Fernández. Financiamento: Real Academia Galega. Traballos desenvoltos: A Comisión de Onomástica, a través do seu membro e académico de número, D. Xesús Ferro Ruibal, durante o ano 2008, elaborou numerosos informes soli- citados por institucións xurídicas e particulares referidos, os máis deles, a esta- blecer a forma galega correcta dun nome ou dun apelido, entre os que figuran: Nomes: Dores, Henrique, Helena, Juan, Luar, Mael, Naia, Noa, Xan, Xavier, Xelo, Xusto.

315 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Vida oficial da RAG

Apelidos: Cajete, Vilar, Freixeiro, Fontes, Pose, Ricoi, Teixeiro, Xuncal. Topónimos: Galicia/Galiza, Pontevedra e Ourense. Outros termos: greleiro

6. Cursos de lingua e cultura galegas para estranxeiros e españois de fóra de Galicia Creados en 1993. Director: D. Francisco Fernández Rei Financiamento: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Colaboración: Universidade de Santiago de Compostela Memoria: A XXI edición dos Cursos de lingua e cultura galegas para estranxeiros e espa- ñois de fóra de Galicia desenvolveuse entre o 2 e 30 de xullo de 2008 1. Participantes e países: Foron 94 os alumnos e alumnas que participaron nos cursos, procedentes dos seguintes países: Alemaña, Arxentina, Brasil, Reino Unido, República Checa, Chile, Croacia, Cuba, Estados Unidos, Estonia, Finlandia, Grecia, India, Irlanda, Italia, Hungría, Polonia, Portugal, Romanía, Rusia, Serbia, Suíza, Ucraína e Xapón e diversos puntos de España. 2. Recepción e asignación de nivel: 2 de xullo, data de chegada do alumna- do, na secretaría dos cursos instalada no seminario A do Instituto da Lin- gua Galega foise recibindo a partir das dez da mañá a cada un dos alum- nos e alumnas para lles entregar toda a documentación do curso e a rela- tiva ás bolsas ó alumnado a que lle foi concedida. Ás 16:00 h realizáronse na aula 8 da Facultade de Xeografía e Historia da USC as probas para coñecer o nivel do alumnado, especialmente para quen tiña realizado un nivel dentro destes cursos de verán. Á tarde baixa procedeuse á distribución dos grupos que, despois dalgún reaxuste, queda- ron do seguinte xeito: - Elemental A (19 estudantes): un curso teórico e práctico - Elemental B (19 estudantes): un curso teórico e práctico - Medio (32 estudantes): un curso teórico e dous prácticos - Curso Superior de Filoloxía Galega (24 estudantes). 3. Inauguración dos cursos: O venres 4 de xullo, despois das clases teóricas da mañá, realizouse ás doce do mediodía o acto oficial de apertura dos cur- sos de verán no Salón de Graos da Facultade de Filosofía da Universida- de de Santiago de Compostela, na praza de Mazarelos. Neste acto tomaron parte o Vicerreitor de Relacións Institucionais da USC (D. Lourenzo Fernández Prieto), a Secretaria Xeral de Política Lin-

Nº 370 316 Vida oficial da RAG BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

güística da Xunta de Galicia (D.ª Marisol López Martínez), o Secretario da Real Academia Galega (D. Manuel González González), a Directora do Instituto da Lingua Galega da USC (D. ª Rosario Álvarez) e o Director dos cursos (D. Francisco Fernández Rei). 4. Actividades académicas: As actividades académicas con carácter obriga- torio realizáronse seguindo o esquema e horario en aulas da Facultade de Xeografía e Historia da USC, agás os días 3 e 4 en que parte das activida- des académicas tiveron que realizarse na Facultade de Filosofía: De 9:30 a 11:30 h clases teóricas para todos os grupos na. Desenvolvéron- se na aula 2 (Elemental A), aula 3 (Elemental 3), Medio (aula 5) e aula 6 (Superior). De 12:00 h a 13:30 h conferencia sobre algún tema de cultura galega ou ben proxección de documentais ou películas, que nalgúns casos tiñan rela- ción co tema que se ía tratar na conferencia do seguinte día. Realizáronse na aula 8. De 16:00 h a 17:30 h clases prácticas para os niveis elemental A e B e medio. De 16:00 h a 20:00 h a biblioteca do Instituto da Lingua Galega estivo a disposición do alumnado dos cursos, especialmente para os do curso supe- rior no horario en que os demais estudantes tiñan as clases prácticas. O responsable polas tardes foi Xurxo Martínez González, mentres que de mañá quen se encargou da biblioteca foi Flori Xoubanova. 4.1. Profesorado: A distribución do profesorado dos niveis elemental e medio foi a seguinte: Elemental A: David Rodríguez Lorenzo (teoría), Iria Pérez Mariño (práctica). Elemental B: Ana García García (teoría), María López Suárez (práctica) Medio: M.ª Carme Pazos Balado (teoría), Ana Fachal Fraguela (práctica A), Silvia Viso Pérez (práctica B). 4.2. Curso Superior de Filoloxía Galega: Desenvolveuse co profesora- do, temas e datas que se indicara na comisión de programación: I. Seminario impartido polos profesores Xesús Alonso Montero e Xosé Manuel Salgado (3, 4, 7, 8 de xullo): Leccións de litera- tura galega. II. Seminario impartido polo profesor Xosé Luís Regueira (9, 10, 11, 14, 15 de xullo): Problemas de gramática galega. III. Seminario impartido polo profesor Ramón Mariño (16, 17, 18, 21, 22 de xullo): Constitución e historia da lingua galega.

317 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Vida oficial da RAG

IV. Seminario impartido pola profesora Rosario Álvarez (23,24, 28, 29, 30 de xullo): Variación e cambio lingüísticos no galego actual. 4.3. Conferencias: Os temas e os conferenciantes foron os indicados na comisión de programación. Estiveron a cargo dos seguintes profesores ou investigadores: 4 de xullo: Xesús Alonso Montero No 68 compostelán naceu a Nova Canción Galega. 7 de xullo: Xosé Ramón Barreiro Introdución á historia contem- poránea de Galicia. 9 de xullo: Xosé Manuel Salgado Reflexións e suxerencias ó redor da obra de Xosé Luís Méndez Ferrín. 11 de xullo: Xosé Luís Méndez Ferrín Sarmiento e o rexurdir da literatura galega. 14 de xullo: Henrique Monteagudo A situación da lingua gale- ga hoxe. 16 de xullo: Anxo Angueira Fernández Morales e a literatura estremeira. 18 de xullo: Margarita Ledo Andión Algunhas razóns para a creación. 21 de xullo: Uxía Senlle Historia condensada da música galega recente. 24 de xullo: Xavier Vence A economía galega no século XXI: transformacións e potencionalidades. 28 de xullo: Luís Rei Patrimonio do Vento e do Sal. Apunta- mentos sobre cultura marítima galega. 4.4. Películas e documentais: Fixéronse as proxeccións seguintes: 8 de xullo: filme O soño dunha noite de verán, de Ángel de la Cruz e Manolo Gómez. 10 de xullo: filme O agasallo de Silvia, de Dionisio Pérez. 15 de xullo: documentais Fronteiras [situación do galego de Asturias, León e Zamora] e A terceira póla [situación do “gale- go” de Cáceres], de Rubén Pardiñas. 17 de xullo: filme Santa Liberdade, de Margarita Ledo. 22 de xullo: documentais Carcamáns [o Prestige visto desde A Illa da Arousa] de Marcos Nine; e Cambados á beira do mar, de Xaquín Cuíña e Ramón Otero [marisqueo na praia e a flote e pesca de baixura en Cambados]. 29 de xullo: filme A mariñeira, de Antón Dobao.

Nº 370 318 Vida oficial da RAG BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

5. Actividades extraacadémicas: No comezo do curso, unha das clases prácticas dos grupos elemental A e B consistiu nunha visi- ta guiada ó Museo do Pobo Galego, acompañado o alumnado polo profesorado de prácticas deses grupos. A partir das 18.00 h realizáronse moi diversas actividades extra- académicas con carácter voluntario. Salientamos soamente as que dalgún xeito se relacionan con actividades académicas dos cursos: a) 15 de xullo, 20 horas. Asistencia en Padrón ó acto de Con- memoración do 123º Aniversario do Pasamento de Rosalía de Castro, da Fundación Rosalía de Castro. Acudiu unha boa representación de estudantes dos niveis superior e medio. b) 17 de xullo, 18 horas. Visita á exposición As nosas palabras, os nosos mundos sobre a lingua galega na diversidade lingüística, organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística (Mos- teiro de San Martiño Pinario, Santiago de Compostela, xullo 2008). Ese día acudiron os grupos medio e elemental, acom- pañados pola secretaria dos cursos Malores Villanueva; e o 28 de xullo, á hora das clases prácticas fixérono os grupos ele- mental A e B, acompañados polas profesoras. c) 28 de xullo, ás 18 horas. Visita á redacción do xornal com- postelán Galicia Hoxe e ós estudos de Correo TV e Radio Obradoiro, acompañados polo director e a secretaria dos cur- sos de verán. Cada día do mes de xullo recibíanse na secreta- ría dos cursos varios exemplares do devandito xornal para tra- ballar nas clases prácticas. Ademais, o 26 de xullo catro estudantes (un do superior e tres do medio) participaron en directo no programa “Máis berbe- rechos”, que se emitía na Radio Galega das doce da noite á unha da madrugada. 6. Excursións: Realizáronse tres excursións de xornada completa, tres sábados, co percorrido que se indicara na sesión de progra- mación. A primeira excursión (5 de xullo) foi ás terras de Allariz e Cela- nova. Pola mañá percorreuse todo Allariz; e despois de xantar a Celanova, nesta vila visitouse a vila, o mosteiro e a Casa dos Poe- tas, onde estaba a exposición “Na frente unha estrela” organizada pola Real Academia Galega con motivo do centenario do pasa-

319 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Vida oficial da RAG

mento de Curros Enríquez. Finalmente visitouse a torre de Vila- nova dos Infantes. Fixo de guía todo o día Xosé Antón Laxe Mar- tiñán, de Allariz, acompañado polas profesoras dos cursos Ana García e Silvia Viso. A segunda excursión (12 xullo) foi á Mariña de Lugo. Visitouse o Museo do Mar de San Cibrao e logo Sargadelos e o porto de Bure- la; despois de xantar en Cangas de Foz; pola tarde foise á popular praia de Augas Santas (oficialmente praia das Catedrais), de Ribadeo, e á igrexa de S. Martiño de Mondoñedo, de Foz. Fixo de guía en todo o percorrido pola Mariña Paco Rivas Domínguez, de Nois-Foz, aínda que na igrexa de San Martiño o guía foi Xesús de Breogán, de Foz. Tamén participaron na excursión a secretaria dos cursos Malores Villanueva e a profesora María López Suárez. A terceira excursión (19 xullo) foi ó Salnés. Comezou a visita na igrexa e no mosteiro da Armenteira, guiados pola monxa galega Paula do devandito mosteiro; logo baixouse á parroquia de Vila- riño en Cambados para visitar a adega de albariño Martín Códax, acompañados por Xosé Chantada (presidente desa adega coope- rativa) e guiados por persoal da adega, María Garrido e María Otero. A seguir visitouse o piñeiral de Tragove cantado por Caba- nillas para contemplar a vista sobre o mar da Arousa que xa se tivera desde a terraza da adega Martín Códax, e xantouse na estrema de Ribadumia e Cambados, na desembocadura do Umia. Pola tarde visitouse o Muíño de Mareas da Seca (Cambados) guiados por José Luís Meijón, fíxose unha breve visita á Illa da Arousa e, finalmente, en Vilanova da Arousa visitouse o Pazo do Cuadrante, todo el dedicado a Valle-Inclán, guiados por Fátima, que a seguir nos levou ata a milenaria Torre de Cálogo (símbolo de Vilanova) e polos espazos relacionados coa figura de Valle- Inclán, para rematar na casa dos irmáns Camba no barrio de Vila- maior. O director dos cursos F. Fernández Rei e a profesora Carme Pazos acompañaron os estudantes en toda a excursión polo Sal- nés. 7. Xantar de irmandade: Programárase a celebración dun xantar de irmandade e confraternización entre o estudantado e o profesora- do do curso para o 24 de xullo ó ar libre no “Refuxio” de Sigüei- ro, á beira do río Tambre. Celebrouse ese mesmo día, pero ante o repentino cambio do tempo e a previsible chuvia, trasladouse ó lugar de Campos (parroquia de Santa María de Teo), cerca do río

Nº 370 320 Vida oficial da RAG BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

Ulla, nun amplo e acristalado local social que nos cedeu o con- cello de Teo. O alumnado puido coñecer unhas das periferias de Santiago e particularmente a zona onde se desenvolveu a Batalla de Cacheiras, feito histórico relacionado co alzamento de 1846 a que se referira o presidente da RAG na súa conferencia. A requirimento do director dos cursos, o Alcalde de Teo e a Con- celleira de Cultura e Deportes tiveron a ben achegarse, saudar os estudantes e agasallar a cada un co libriño de Xosé M.ª Álvarez Blázquez Berro en lembranza dos herois de Carral, que inclúe o texto “Da derrota á Vitoria. O levantamento de 1846” do presi- dente da RAG Xosé Ramón Barreiro. Despois do xantar, e durante varias horas, houbo diversas activi- dades de integración e un festival de cancións (e nalgún caso danza) no que participou todo o alumnado agrupado por países. Previamente a este festival Antón Santamarina interpretou varias pezas musicais con gaita; e a seguir, a secretaria dos cursos foi ani- mando a cada grupo de alumnos a intervir no animado e orixinal festival, do que se conserva detallada constancia fotográfica. 8. Clausura dos cursos: O acto de clausura tivo lugar o día 30 de xullo, despois da revisión dos exercicios realizados e da cumpri- mentación das enquisas de avaliación. Celebrouse no Salón de Actos da Facultade de Filosofía da USC, coa participación da Vicerreitora de Profesorado e Organización Académica (D.ª María Dolores Domínguez Santos), a Secretaria Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia (D.ª Marisol López Martínez), o Secretario da Real Academia Galega (D. Manuel González González), a Directora do Instituto da Lingua Galega da USC (D.ª Rosario Álvarez Blanco) e o Director dos cursos (D. Francisco Fernández Rei). No acto fíxose entrega dos diplomas de asistencia ós alumnos e alumnas, e dos diplomas de capacitación a quen superou as pro- bas establecidas para cada nivel. No remate do acto, igual que se fixera o día da inauguración, serviuse un refrixerio ás autoridades, ó profesorado e a todo o alumnado.

II. SECCIÓN DE HISTORIA Creada en 1998. Director: D. Xosé Ramón Barreiro Fernández. Financiamento: Parlamento de Galicia e Real Academia Galega.

321 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Vida oficial da RAG

Traballos desenvoltos: A colección Letras da Academia verá incrementados os seus fondos editoriais cun novo título: unha coidada edición a cargo da profesora Saurin de la Iglesia da poesía de Antonio de la Iglesia. Deste xeito quere a Academia corresponder á confianza depositada polos herdeiros deste ilustre galeguista que depositaron importantes fondos documentais na Real Academia Galega.

III. SECCIÓN DE LITERATURA Creada en 1998. Director: D. Xesús Alonso Montero. Financiamento: Real Academia Galega. Traballos desenvoltos: No ano 2005 publicouse na colección Galicia Viva da Fundación Barrié de la Maza o segundo tomo da obra Cartas a Murguía II, que abarcaba a corresponden- cia pasiva de Murguía entre os anos 1869-1885. O tomo denominado Cartas a Murguía III (1886-1923), a cargo do profesor Barreiro Fernández e de Xosé L. Axeitos está a punto de saír do prelo, completando deste xeito a corresponden- cia pasiva de Murguía. Os mesmos investigadores están a traballar xa no tomo final, a correspondencia activa do Patriarca.

BIBLIOTECA E HEMEROTECA Creadas en 1905. Director: D. Xosé Luís Axeitos Agrelo. Financiamento: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia. Traballos desenvoltos na Biblioteca e Hemeroteca: 1. Rexistro informatizado dos fondos bibliográficos que foron chegando ao longo do ano. Doazón: 548 volumes Intercambio: 223 volumes Compra: 284 volumes 2. Envío mensual de avisos de recibimento e agradecemento a todos os particu- lares e institucións que mandan publicacións, xa sexa en concepto de dona- tivo ou intercambio. 3. Cotexo de datos entre os primeiros libros de rexistro e o rexistro informatiza- do actual co obxecto de mellorar a identificación das distintas obras e com- plementar a súa información. 4. Xestión dos diversos donativos efectuados dende a biblioteca a distintas ins- titucións que así o solicitan con dous claros obxectivos:

Nº 370 322 Vida oficial da RAG BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

4.1. Solidariedade con estas institucións. 4.2. Liberación de espazo útil nas nosas instalacións, posto que cons- titúe unha vía de saída para os fondos repetidos cos que conta- mos. No ano 2008 foron doados 137 volumes 5. No capítulo de saídas temporais de fondos destacamos a achega bibliográ- fica e xestión do todo o relacionado coas seguintes exposicións : Na frente unha estrela (Celanova e A Coruña), organizada pola Real Aca- demia Galega en colaboración co Concello de Celanova e o Concello da Coruña. Minerva e Marte.O Batallón Literario de 1808, organizada pola Universida- de de Santiago. A historieta galega, organizada pola Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia e a Concellería de Cultura do Concello de Santiago. Jenaro Mariñas del Valle, organizada pola Concellería de Cultura do Con- cello da Coruña, a Universidade da Coruña e a Asociación Socio-Peda- góxica Galega. La ciudad desde los tiempos de Alfonso IX, organizada polo Concello da Coruña. 6. Xestión da base de datos de intercambios de publicacións entre a Real Aca- demia Galega e diversas entidades, así como dos correspondentes envíos. 7. Continuouse coa catalogación informatizada das monografías (Fondo Murguía, Chao Espina e fondo xeral) e tras finalizar a revisión da biblio- teca para de detectar posibles publicacións periódicas con destino a heme- roteca rematouse a catalogación informatizada deste fondo reubicado. No momento actual podemos afirmar que está catalogada a totalidade de publicacións periódicas da Real Academia Galega. Non obstante seguire- mos a incrementar o fondo cos novos ingresos, xa sexa por donativo, intercambio ou compra. 8. Atención de usuarios (consultas telefónicas, e-mail ou na propia sala de lectura): 8.1. Información bibliográfica. 8.2. Consulta e reprodución de fondos segundo a normativa. 8.3. Tratamento informático destes datos de consulta e reprografía. Este ano consultáronse 1109 obras e houbo un total de 291 peti- cións de reprodución, na súa maioría dixitais. Tamén se atenderon as demandas internas da institución e hai unha estreita cola- boración bibliográfica coa Casa-Museo Emilia Pardo Bazán, especialmente no referido á actividade de Os xoves da Rúa Tabernas.

323 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Vida oficial da RAG

ARQUIVO Creado en 1905. Director: D. Xosé Luís Axeitos Agrelo. Financiamento: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia. Traballos desenvoltos: Ao longo do ano 2008 realizáronse os seguintes traballos técnicos no arquivo: 1. Descrición e organización dos seguintes fondos: Claudio Varela de Cambre Familia Loriga Familia Troncoso Familia Calvet Pazo de Miraflores José Ibáñez Fernández Marino Dónega Rozas Pura Vázquez 2. Estruturación e mantemento das coleccións facticias. Comezo da catalogación. 3. Redacción dos seguintes plans e normas: Plan de urxencia e actuación en desastres Comezo do Manual de procedementos: préstamo Redacción dunha folla de reclamacións para os usuarios do arquivo Información profesional: NOGADA, NEDA. 4. Implantación do Sistema Integrado para a Xestión de Arquivos ALBALA 5. Xestión das reproducións: 63 solicitudes aceptadas, 1 denegada 6. Colaboracións nos seguintes actos, exposicións e publicacións: Exposición Na frente unha estrela Exposición A Cidade dende os tempos de Alfonso IX. Concello da Coruña Lingua e literatura galega. Editorial Rodeira A Gran historia de Galicia. La Voz de Galicia O Carlismo galego. Editorial Laiovento 8. Rexistro de entrada: Compras: Colección fotografica Molina Brandao Cartas comerciais e accións antigas Fotografías e postais diversas Alborada de P. Veiga e outras partituras de música galega Doazóns: Documentación familiar por María Casás Correspondencia de C. Vaamonde Lores por Felipe Senén

Nº 370 324 Vida oficial da RAG BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

2 obras inéditas de S. Daviña pola Fundación Barrié 5 fotos de Emilia Pardo Bazán por J. Ozores Marchesi Partitura do valse Saludo a Franco por Antón Santamarina 8 ms de X. Alcalá por el mesmo Tradución de Verdad de Emilia Pardo Bazán e un artigo por D. Soriano 21 fotografías do Cebreiro por L. López Pombo. 9. Atención aos usuarios presencial: 119 en total, 83 en xornada de mañá e 36 en xornada de tarde. 10. Atención non presencial

CONVENIOS, ACORDOS E CONTRATOS Durante o ano 2008 a Real Academia Galega asinou unha serie de convenios de cola- boración con distintas entidades co fin de desenvolver proxectos concretos: — Convenio de cooperación entre a Consellería de Educación e Ordenación Uni- versitaria da Xunta de Galicia e a Real Academia Galega para o mantemento do Servizo de Terminoloxía Científico-Técnica en lingua galega. — Convenio de cooperación entre a Consellería de Educación e Ordenación Uni- versitaria da Xunta de Galicia e a Real Academia Galega para a organización da vixésimo primeira edición dos Cursos de verán de lingua galega para estranxei- ros. — Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación e Ordenación Uni- versitaria da Xunta de Galicia e a Real Academia Galega para traballos de lexi- cografía e da gramática galega. — Convenio de cooperación entre a Consellería de Educación e Ordenación Uni- versitaria da Xunta de Galicia e a Real Academia Galega para darlle continuida- de ao equipo de traballo sociolingüístico. — Convenio entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia para a informatización da biblioteca e o arquivo. — Financiamento da edición do Boletín da Real Academia Galega, pola Fundación Rodríguez Iglesias e Hércules de Ediciones. — Convenio de colaboración entre a Excma. Deputación Provincial da Coruña e Real Academia Galega para o financiamento das actividades do ano dous mil oito. — Convenio de colaboración entre a Fundación Galicia Empresa e a Real Acade- mia Galega para a realización dun Dicionario de termos empresariais. — Convenio de colaboración entre a Excma. Deputación Provincial de Lugo e a Real Academia Galega para contribuír ao financiamento da institución — Acordo de colaboración entre Fundación Caixa Galicia – Claudio San Martín e a Real Academia Galega para contribuír ao financiamento da Casa-Museo Emi- lia Pardo Bazán.

325 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Vida oficial da RAG

— Subvención da Secretaría Xeral de Política Lingüística para a realización dos seus traballos a prol da normalización lingüística do idioma galego.

OUTRAS CONTRIBUCIÓNS ECONÓMICAS Ademais dos convenios asinados con institucións, tanto públicas como privadas, a RAG recibiu axudas de tipo económico para contribuír ao desenvolvemento da súa activida- de diaria dos seguintes organismos: — Ministerio de Educación y Ciencia. Secretaría de Estado de Universidades e Investigación (subvención destinada a financiar as actividades e funcionamento da Real Academia Galega). — Ministerio de Cultura. Dirección General del Libro, Archivos y Bibliotecas (axuda para a creación e transformación de recursos dixitais e a súa difusión e preservación mediante repositorios OAI (Open Archives Iniciative). Dixitaliza- ción do Boletín da Real Academia Galega.

REPRESENTACIÓN DA RAG A Real Academia Galega ten representación institucional nas seguintes entidades: — Consello da Cultura Galega. — Consello de Comunidades Galegas. — Consello Social da Lingua Galega (Concello de Vigo). — Fundación Cidade da Cultura de Galicia. — Instituto da Lingua Galega. — Padroado da Biblioteca do Real Consulado. — Padroado da Biblioteca Nacional. — Padroado da Fundación Caixa Galicia. — Padroado da Fundación Carlos Casares. — Padroado da Fundación Castelao. — Padroado da Fundación Curros Enríquez. — Padroado da Fundación Germán Sánchez Ruipérez. — Padroado da Fundación Luís Seoane. — Padroado da Fundación Manuel Curros Enríquez. — Padroado da Fundación Rosalía de Castro. — Padroado do Museo do Pobo Galego. — Padroado da Fundación Camilo José Cela. — Padroado da Fundación Otero Pedrayo. — Padroado da Fundación Manuel Puente “Cultura Gallega” de Buenos Aires.

PREMIOS NOS QUE A RAG TEN REPRESENTACIÓN COMO XURADO — Premio Antón Losada Diéguez.

Nº 370 326 Vida oficial da RAG BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

— Premio das Letras e das Artes de Galicia. — Premio de Xornalismo de Opinión Roberto Blanco Torres. — Premio Trasalba da Fundación Otero Pedrayo. — Premio Otero Pedrayo. — Premio Antonio López Ferreiro de Investigación Humanística e Premio para Investigadores Mozos (área de humanidades) correspondentes aos Premios Gali- cia de Investigación. — Premios Nacionais de Literatura do Ministerio de Educación, Cultura y De- porte.

INSTITUCIÓNS COLABORADORAS — Arquivo do Reino de Galicia. — Asociación de Escritores en Lingua Galega. — Asociación PuntoGal. — Asociación Socio-Pedagóxica Galega. — Caixa Galicia. — Caixanova. — Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI). — Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. — Concello da Coruña. — Consello da Cultura Galega. — Deputación da Coruña. — Deputación de Lugo. — Fundación Caixa Galicia. — Fundación Luís Seoane. — Fundación Otero Pedrayo — Fundación Pedro Barrié de la Maza, Conde de Fenosa. — Fundación Rosalía de Castro — Fundación Rodríguez Iglesias. — Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre. — Grupo Radio Televisión de Galicia. — Hércules de Ediciones. — Instituto da Lingua Galega (ILG). — Museo de Pontevedra. — Museo do Pobo Galego — Parlamento de Galicia — P.E.N. Clube de Galicia — Universidade da Coruña. — Universidade de Santiago de Compostela.

327 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Vida oficial da RAG

— Universidade de Vigo. — Xunta de Galicia

DOAZÓNS, DEPÓSITOS E ADQUISICIÓNS O 25 de xaneiro de 2008 Ricardo Martínez Longueira (Encuadernaciones Ex – Libris) doou á Real Academia Galega un documento de libramento do concello en concepto de donativo (150 ptas.) polo palco a favor do baile de beneficencia organizado por Emi- lia Pardo Bazán a beneficio da colonia escolar da Coruña e do sanitario “La Gallega” de Madrid. O 14 de febreiro de 2008, o Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia, D. Xosé Luís Méndez Romeu doou, á Real Academia Gale- ga, unha bandeira oficial de Galicia. O 16 de outubro de 2008, Felipe-Senén López Gómez, en representación da Asocia- ción Amigos dos Museo de Galicia, doou á Real Academia Galega a correspondencia e documentos que se detallan a continuación. Estes fondos, procedentes do arquivo per- soal de D. César Vaamonde Lores, foron cedidos por dona María López Cortizas, fami- liar do titular dos mesmos. 1. Unha carpeta de correspondencia entre Cesar Vaamonde Lores e Julio Dávila entre 1921 e 1926. Un total de 104 cartas. 2. Dúas carpetas de correspondencia recibida por Cesar Vaamonde Lores entre 1896 e 1942. Un total de 147 cartas. 3. Unha carpeta de notas, apuntamentos e recortes de prensa para diversos traballos así como documentación familiar e dúas fotografías.

PUBLICACIÓNS DA RAG Durante o ano 2008 publicáronse as seguintes obras: ÁLVAREZ BLÁZQUEZ, X. M.ª Cantares e romances vellos prosificados. A Coruña: RAG, 2008. Discurso de ingreso. TABOADA CHIVITE, X., O culto das pedras no Noroeste peninsular. A Coruña: RAG, 2008. Discurso de ingreso. RUTHERFORD, J., O fermoso sorriso do profeta Daniel, A Coruña: RAG, 2008. Discurso de ingreso.

COLABORACIÓNS EN PUBLICACIÓNS O himno galego. Documentos históricos 1890-1907, Santiago de Compostela, Universida- de da Coruña, Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Vigo. Cola- boración da Real Academia Galega, 2008. Escolma de Poesía Galega, Vigo, Editorial Galaxia, Real Academia Galega, 2008, edi- ción facsimilar.

Nº 370 328 Vida oficial da RAG BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

A patria enteira. Homenaxe a Xosé Ramón Barreiro Fernández, Santiago de Composte- la, Consello da Cultura Galega, Universidade de Santiago de Compostela, Real Acade- mia Galega, 2008 (ed.: X. L. Axeitos, Emilio Grandío Seoane e Ramón Villares)

IN MEMORIAM A Real Academia Galega, académicos e traballadores, quere lembrar con respecto e afecto a D. José Ignacio Ferreiro López, leal colaborador e xerente desta Institución durante 43 anos, que faleceu na Coruña o día 16 de xaneiro de 2008.

José Ignacio Ferreiro López e Xosé Ramón Barreiro Fernández (Presidente da RAG) no acto de despedida da Real Academia Galega do Sr. Ferreiro, en xullo de 2006. Real Academia Galega. Arquivo

329 Nº 370

CAMILO GONZÁLEZ SUÁREZ-LLANOS (“CAMILO GONSAR”)

X. L. Franco Grande

Despois de ter feito en Vigo os estudos de bacharelato, estudou na Universidade de Madrid as carreiras de Dereito e de Filosofía e Letras, especialidade de Filosofía, se ben a primeira, conforme dixo máis dunha vez, sen moito entusiasmo. Dos seus tempos de estudante universitario tiña tres lembranzas moi vivas: unha Universidade moi pouco merecente dese nome –a dos anos cincuenta do século pasado–, un extraordinario pro- fesor –Santiago Montero Díaz– e a relación persoal con Pío Baroja, que o asinou para sempre. Poderiamos engadir tamén o seu contacto coa mocidade galeguista que por entón bulía en Madrid, entre a que sobresaía o monfortino Xosé Luís Allué Andrade, estudante de enxeñeiro de montes, músico e intelectual dunha grande solidez cultural e moi valorado por Camilo. Casou máis ben tarde –tamén aquí sen moita présa-, pero a tempo. Rematados os seus estudos ensinou filosofía en varios institutos de Galicia, e de fóra dela, ata a súa xubilación. Polos anos cincuenta comezou a soar o seu nome. Primeiro por noticias que nos chegaban de Ramón Piñeiro e Celestino F. de la Vega e logo porque chegamos a coñe- cer as súas primeiras narracións, as que máis adiante xuntaría no seu libro Lonxe de nós e dentro. Poucas veces un primeiro libro terá anunciado de maneira tan concluínte a un bo escritor ulterior. Porque as mellores notas do escritor Camilo Gonsar están xa nese libro, por máis que a materia ou o soporte narrativo dos seus ulteriores relatos e novelas variase tanto como variou, dende a experiencia estudantil de Como calquera outro día ata o mundo da ambigüidade desa novela engaiolante que é Cara Times Squa- re ou a desfeita urbanística das nosas vilas galegas, que reflicte na novela Desfeita, entre outros. Nunca se prodigou como escritor. Os ritmos da súa obra foron como eran os seus rit- mos vitais: sen présa e aínda cun certo elegante vagar. Como home escéptico que era –e polo tanto irónico–, ollaba o mundo con mentalidade crítica, co fresco agarimo do humor –que tiña nun grao alto e moi sutil– e coa independencia de criterio do escépti- co. Aínda así, a súa obra dista moito de ser pequena. Un volume de narracións que inclúe os seus libros Lonxe de nós e dentro (1961) e outras páxinas posteriores, que veñen ser outro libro, e Arredor do Non (1995) que forman un volume publicado co rótulo Rela- tos completos 1961-1995 e do que, con toda a razón, di Manuel Forcadela que con certe- za se trata “dun dos libros máis traballados de cantos teñan sido escritos na literatura galega contemporánea”.

331 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Vida oficial da RAG

A ese volume de narracións debemos engadir as novelas Como calquera outro día (1962), Cara Times Square (1980), Desfeita (1983) e “A noite da aurora” (2003) e aínda unha longa novela en castelán titulada Luz del Príncipe Sol, literatura en segundo grao partindo da novela de Dostoievsky Os demos, que comezou de estudante e decidiu publi- car en 1996, obras nas aparece unha prosa clara, moi traballada e precisa, dunha apa- rente sinxeleza, pero que calquera un pouco atento pode ver que é produto dunha moi coidada elaboración. Camilo podería ter escrito, como Thomas Mann, que o escritor é aquel ao que escribir lle resulta máis difícil que ás demais persoas. Hoxe, en xeral, e aínda non existindo en Galicia unha crítica literaria digna dese nome, Camilo é xa considerado un clásico ben sobranceiro da nosa narrativa. Aprendeu moito na literatura anglosaxoa, da que era moi devoto admirador (máis dunha vez lle oín dicir que non se explicaba o complexo de inferioridade dos ingleses diante da lite- ratura francesa, moi inferior, coidaba el, á anglosaxoa), no seu andar polo mundo –como lava pratos primeiro, como profesor universitario despois, como curioso e moi pertinen- te esculcador de países como Noruega, Islandia ou Rusia, noutras ocasións–, na súa aber- ta curiosidade pola literatura nórdica e as sagas, o que o levou a estudar noruegués para ler a Knut Hamsun ou a filosofía de Heidegger, que ben sei que verdadeiramente chega- ra a entrar nela en profundidade. O seu mundo intelectual e artístico era moi amplo, moi rico e moi sólido. Sempre me sentín moi amolado pola súa reticencia a publicar nos xornais as ideas que lle agro- maban diante de calquera feito de actualidade, porque a serenidade e a agudeza dos seus xuízos eran ben merecentes de ser dados a coñecer. A todos nos terían axudado a com- prender mellor o mundo. El si foi un verdadeiro intelectual, no mellor e máis nobre sen- tido da palabra, isto é, alguén que podía encararse coa realidade con máis criterio que os demais. Pero, entre a súa timidez e a súa modestia, nunca puiden convencelo para que se decidise. Paréceme, en resumo, que era a solidez a súa nota máis característica: solidez da súa cultura, da súa seriedade no traballo, dos seus xuízos, da súa maneira de se encarar co país e co mundo, da súa fina ironía, do seu escepticismo diante das ideoloxías e dos dog- mas, en canto poden ser o opio da intelixencia, do seu humor elegante –porque elegan- te era, ademais e por riba de todo, a súa rica, atraente e complexa personalidade.

Nº 370 332

CONSTANTINO GARCÍA, in memoriam

Manuel González González

O pasado 23 de outubro de 2008 deixounos o mestre da lingüística galega e compa- ñeiro da Real Academia Galega Constantino García González. Nacido en Oviedo no 1927, cidade na que realizou os estudos de licenciatura de Filoloxía Románica. Presen- tou a tese de doutoramento sobre as Ideas lingüísticas en España durante o século XVI na Universidade Complutense de Madrid, baixo a dirección de Rafael Balbín. Colaborou no Instituto de Filoloxía Hispánica do Consello Superior de Investiga- cións Científicas, onde preparou a súa obra Contribución a los estudios gramaticales. La aportación de El Brocense, que recibiu o premio nacional de investigación Antonio Nebrija en 1958. Continuou esta liña de historiografía dos estudos gramaticais no seu libro Estudio sobre la Gramática de Villalón, publicado polo Consello Superior de Investi- gacións Científicas en 1971. De 1953 a 1959 foi profesor axudante das Cátedras de Gramática Xeral e Gramáti- ca Histórica da Lingua Española e encargado do Seminario de Filoloxía Románica da Universidade de Madrid, período no que colabora tamén no Seminario Menéndez Pidal e participa na elaboración do glosario do español primitivo, proxecto ao que seguiu vin- culado durante moitos anos, e que non vería a luz ata o ano 2003 co título Léxico hispá- nico primitivo (siglos VII al XII), nunha edición preparada por Manuel Seco. Mágoa que Constantino, debido á súa doenza, non puidese xa gozar plenamente da publicación desta obra, á que tanto cariño lle tiña! En 1959 marcha como lector á Universidade de Bonn, onde traballa con Harri Meier e con E. Coseriu, e publica varios traballos nas revistas alemás Romanische Forschungen e Archiv für das Studium der Neueren Sprachen und Literatur. En 1965 chega á Universidade de Santiago de Compostela como catedrático de Filo- loxía Románica, e en poucos anos vai revolucionar os estudos de lingüística galega. Nesta Universidade ocupou os cargos de Secretario da Facultade de Filosofía e Letras durante sete anos e o de decano da Facultade de Filoloxía en varios períodos. Foi direc- tor do Secretariado de Publicacións da Universidade e director dos Cursos de Verán da USC. Aínda que non chegou nunca a dirixilos, foi tamén o principal impulsor da crea- ción dos Cursos de lingua e cultura galegas para estranxeiros. O seu compromiso coa USC non lle impediu exercer a docencia en varias ocasións como profesor visitante na Universidade de Colonia. Fáiseme difícil falar do D. Constantino da etapa galega. Ó falar del teño a sensación de estar falando de min mesmo, porque para min, como para moitos outros compañei-

335 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Vida oficial da RAG

ros, Constantino foi un segundo pai, do que sempre recibín sabios consellos para o tra- ballo e para a vida, e un compañeiro co que compartín moitas preocupacións e arrobas de pan, momentos moi alegres e momentos duros e tristes. Os seus discípulos, cando o necesitamos, sentimos a calor do seu alento e a proximidade da súa man, sempre cunha xenerosidade nada común. Non é este o lugar para facer unha relación dos seus traballos no ámbito da lingüís- tica galega e románica (que pode consultarse en calquera das biobibliografías publica- das). Pero o mundo académico galego non só lle está agradecido pola súa produción investigadora, estalle agradecido tamén: - Ao Constantino que, por primeira vez na historia de Galicia, sentou as bases do estudo rigoroso da nosa lingua. O galego era daquela quizais a variedade romá- nica menos coñecida polos Romanistas de todo o mundo. Fóra dos estudos leva- dos a cabo nos anos vinte polos filólogos da escola de Hamburgo (Krüger, Schröeder, ...), e dalgúns traballos de Dámaso Alonso e de Zamora Vicente, a investigación científica sobre a lingua galega era un verdadeiro deserto. A situa- ción sufriu un xiro copernicano coa chegada de Constantino García a Santiago, quen soubo crear unha verdadeira escola de lingüística galega e de lingüística románica. Son moi poucos os que se ocupan en Galicia do estudo da lingua gale- ga ou de calquera outra lingua románica que non digan que son fillos ou netos de Constantino. - Ao Constantino que, cando chegou a Santiago, significou unha bocalada de aire fresco dentro da Universidade galega. Era unha persoa próxima aos seus alumnos, amante do diálogo. Os seus discípulos consideraban un verdadeiro privilexio poder traballar con el porque ao seu redor respirábase un clima de liberdade, de amizade, de espírito de colaboración, de traballo en equipo, equipo do que el se consideraba un membro máis. As saídas na súa compañía a facer enquisas dialec- tais a distintos puntos de Galicia quedan no recordo de todos cantos tiveron a sorte de participar nestas pequenas expedicións. Nunha época escura e rancia, soubo abri-las ventás para que entrase aire novo, e soubo rega-la árbore para que esta puidese dar froito. - Ao Constantino que, en tempos dun preocupante autismo da nosa Universida- de, nos deu a oportunidade de coñecer e relacionarnos con Harri Meier, Joseph Piel, Kurt Baldinger, Eugeniu Coseriu, Max Pfister, Paul Teyssier, Manlio Corte- lazzo, Luis F. Lindley Cintra, Rodrígues Lapa, Dámaso Alonso, Rafael Lapesa, Antoni M. Badia i Margarit, Manuel Alvar, Vicente Zamora Vicente, Fernando Lázaro Carreter, e coas figuras máis relevantes da Romanística en todo o mundo; - Ao Constantino que ideou o Instituto da Lingua Galega, que empezou a funcio- nar no ano 1971, e do que foi o seu primeiro director. Centro no que foi quen a reunir investigadores de tanta valía como Ricardo Carballo Calero, Ramón

Nº 370 336 Vida oficial da RAG BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

Lorenzo, Antón Santamarina, Xosé Luís Couceiro, Guillermo Rojo, e a sentar a súa continuidade cun grupo de mozos entusiastas, entre os que orgullosamente me inclúo, do que formaban parte, entre outros, Francisco Fernández Rei ou Rosario Álvarez Blanco. Desde o ILG impulsou a implantación do estudo do galego nas etapas do Ensino Medio e Básico, e promoveu, organizando numero- sos cursos intensivos de lingua galega, a formación e capacitación de mestres e profesores que puidesen impartila. - Ao Constantino que fundou as revistas Verba e Cadernos de lingua. No ano 1974 creou a revista Verba, Anuario Galego de Filoloxía, que axiña conseguiu unha importante acollida internacional tanto pola calidade dos seus contidos como dos seus colaboradores, e que aínda hoxe segue sendo unha das principais revistas científicas da romanística. Con Verba aparece regularmente unha colección de anexos sobre temas de lingüística galega e das linguas románicas, que foi inaugu- rada precisamente coa súa obra Léxico de la comarca compostelana (1974). Como anexo desta revista publicaría tamén a súa obra Glosario de voces galegas de hoxe, no ano 1985. En 1990 puxo en marcha, dentro da Real Academia Galega, Cader- nos de lingua, unha nova revista centrada fundamentalmente en temas de lin- güística galega, que dirixiría ata o momento da súa morte, e que hoxe vai xa polo número 31, cun número considerable de anexos. - Ao Constantino que promoveu a elaboración de Galego I, Galego II e Galego III, á fronte dun equipo formado por Ramón Lorenzo Vázquez, Antón Santamarina Fernández, Guillermo Rojo Sánchez e Xosé Luís Couceiro Pérez. Foron en reali- dade os primeiros métodos de aprendizaxe do galego, que acadaron unha difusión realmente sorprendente, e nos que nas décadas dos setenta e oitenta se iniciaron e formaron en lingua galega moitos profesores e moitos alumnos de diversos niveis do ensino. - Ao Constantino que tivo a valentía de enfrontarse á realización dun Atlas Lin- güístico de Galicia. No ano 1973 recibiu o encargo por parte dos responsables do Atlas Linguarum Europae, obra patrocinada pola Comisión de Lingüística da UNESCO, de realizar en Galicia as enquisas para este atlas, e con este motivo aproveitou a ocasión para poñer en marcha o Atlas Lingüístico Galego, que se converteu na principal obra de referencia da lingüística galega. Formou un equi- po con Antón Santamarina, Francisco Fernández Rei, Manuel González Gon- zález e Rosario Álvarez Blanco, que preparou un Cuestionario publicado en 1974, sobre o cal Francisco Fernández, Manuel González e Rosario Álvarez rea- lizarían as enquisas nos 167 puntos de que consta a rede do Atlas. Non puido ver o final desta obra, pero si a publicación dos tomos dedicados ao estudo da mor- foloxía verbal, da morfoloxía non verbal, da fonética, e os primeiros volumes de léxico.

337 Nº 370 BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA Vida oficial da RAG

- Ao Constantino que se gababa, e con razón, de ter máis dunha ducia de fillos catedráticos de Universidade e quen sabe cántos de Ensino Medio, que dirixiu máis de cento cincuenta memorias de licenciatura e unhas corenta teses de dou- toramento, a maioría sobre temas galegos. - Ao Constantino que foi un piar fundamental na renovación da Real Academia Galega (onde puxo en marcha os Seminarios de Lexicografía e de Sociolingüís- tica). Despois de ser elixido membro numerario da RAG en marzo de 1982, dedica grandes esforzos en dotala dunha estrutura orgánica máis efectiva, e pon en marcha, primeiro, o Seminario de lexicografía (do que foi director) e, máis tarde, o Seminario de sociolingüística. Na RAG ocupou os cargos de secretario adxunto e, despois, o de secretario. Dentro do Seminario de lexicografía dirixiu o Diccionario da lingua galega publicado conxuntamente pola RAG e o ILG no 1990, e codirixiu con Manuel González González o Diccionario da Real Acade- mia Galega de 1997. Dirixiu igualmente o Dicionario castelán-galego da Real Aca- demia Galega (A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza, Conde de Feno- sa, 2004) e realizou estudos particulares sobre o léxico de autores galegos, como a Contribución ó léxico de Álvaro Cunqueiro (RAG, 1991). Dentro do Seminario de sociolingüística promoveu a realización do Mapa sociolingüístico de Galicia, obra magna decisiva para o coñecemento da situación da lingua galega na socie- dade, cunha mostra de máis de 38.000 enquisas realizadas no ano 1992 en todo o territorio de Galicia. Desta iniciativa publicáronse: O galego na comarca de Ferrol (1993), Lingua inicial e coñecemento lingüístico en Galicia (RAG, 1995), Usos lingüísticos en Galicia (RAG, 1996) e Actitudes lingüísticas en Galicia (RAG, 1997). - Ao Constantino que soubo poñer a andar o Centro Ramón Piñeiro para a inves- tigación en humanidades, que leva xa quince anos de brillante traxectoria na investigación sobre a lingua e a literatura galegas, con máis de 160 obras publi- cadas. Neste centro puxo especial énfase no desenvolvemento de proxectos estra- téxicos para o galego (como os centrados na síntese de voz ou na tradución auto- mática), na construción de grandes recursos que servisen de axuda a diversos equipos de investigación (bibliografía de lingüística galega, corpus de referencia do galego actual, corpus do latín galaico, base de datos de fraseoloxía galega, cor- pus de literatura medieval, informe anual de literatura galega etc) e na recupera- ción de textos, obras e revistas de difícil acceso que fosen de interese para coñe- cer a historia da cultura galega tanto en Galicia como nos países en que a emi- gración galega tivo unha importante presenza. Constantino García dirixiu con man mestra o temón deste Centro ata o ano 2002, e desde el impulsou a creación da Revista galega do ensino, de carácter didáctico divulgativo e destinada espe- cialmente ao mundo escolar.

Nº 370 338 Vida oficial da RAG BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA

- Ao D. Constantino que foi o primeiro catedrático que utilizou a lingua galega nun discurso de apertura de curso na Universidade de Santiago, no ano 1977, que publicou baixo o título de Galego onte, galego hoxe (Universidade de Santiago). - Ao D. Constantino, difusor do coñecemento sobre a lingua galega na nosa socie- dade. Sabía que non se aprecia o que non se coñece, e que para que a sociedade asuma un compromiso consciente de defensa da súa lingua debía ter un coñece- mento básico do que esta significa no momento presente e na historia do pobo que a fala. De aí a súa teima por formar todas as capas sociais no coñecemento e no amor á súa lingua. A este labor dedicou moitos esforzos como columnista no xornal La Voz de Galicia, como mestre de lingüística galega a través das ondas das emisoras de radio, ou como director do programa Cousas da lingua na Televisión Galega. Algunha destas colaboracións recolleunas nos seus libros Recantos da lin- gua (1983), Follas da lingua (1987), Retrincos da lingua (1988) e Cousas da lingua (1990). Este Constantino, ao que botamos en falta, ocupará sempre un lugar de honra na Real Academia Galega, o lugar dos bos e xenerosos.

339 Nº 370

Índice xeral

3 PRESENTACIÓN

I. ESTUDOS E INVESTIGACIÓNS SOBRE RAMÓN PIÑEIRO 7 INFORME DE RAMÓN PIÑEIRO Á REAL ACADEMIA GALEGA / Antón Santamarina Fernández 19 INTERVENCIÓN NO CONGRESO “RAMÓN PIÑEIRO E GALEGUISMO”/ Benxamín Casal 27 INTERVENCIÓN NO CONGRESO “RAMÓN PIÑEIRO E GALEGUISMO”/ José Luis Meilán Gil 33 INTERVENCIÓN NO CONGRESO “RAMÓN PIÑEIRO E GALEGUISMO”: PAIRAN AÍNDA SOBRE A NACIÓN / Camilo Nogueira 39 INTERVENCIÓN NO CONGRESO “RAMÓN PIÑEIRO E GALEGUISMO”: PROCESO E CADEA DE RAMÓN PIÑEIRO. TESTEMUÑOS COÑECIDOS E DOCUMENTOS INÉDITOS / Xosé Manuel Dasilva

II. ALOCUCIÓNS ACADÉMICAS SOBRE RAMÓN PIÑEIRO NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 57 OLLAR A PIÑEIRO HOXE: DE COETÁNEO A FIGURA HISTÓRICA / Ramón Villares 65 SEMENTAR NA ESPERANZA / Víctor Fernández Freixanes 71 A HUMANIDADE DE RAMÓN PIÑEIRO / Andrés Torres Queiruga

III. TRABALLOS DE INVESTIGACIÓN E ESTUDO 79 AS “COSAS PORTUGUESAS” NA BIBLIOTECA DO CONDE DE GONDOMAR: POLÍTICA E LUSOFILIA / Rosario Álvarez / Xosé Luís Rodríguez Montederramo 117 SOBRE A ESTANDARIZACIÓN DA ANTROPONIMIA / Ana Isabel Boullón Agrelo 153 A BIBLIOTECA E O ARQUIVO DA RAG. APUNTAMENTOS PARA UNHA HISTORIA / Mercedes Fernández-Couto Tella 165 LEMBRANZA DO ESCRITOR EMILIO PITA ROBELO / Xosé Anxo García López 179 ÍNDICE DAS OBRAS DE FREI MARTÍN SARMIENTO NA COLECCIÓN MEDINA SIDONIA / Henrique Monteagudo / Silvia Viso 231 A DEPURACIÓN DAS RESPONSABILIDADES POLÍTICAS DOS GALEGUISTAS OURENSÁNS. UNHA ACHEGA / Xulio Prada Rodríguez 253 UN TEXTO INÉDITO DE 1842 DE JUAN MANUEL PINTOS / Xosé Xove Ferreiro

IV. VIDA OFICIAL DA RAG 279 A ACADEMIA NA ACTUALIDADE (ANO 2008) 282 CRÓNICA DA ACADEMIA (ANO 2008) 331 NECROLÓXICAS

Número BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA 370

Ramón Piñeiro ALEGA G CADEMIA A EAL R OLETÍN DA B

A Coruña HÉRCULES DE EDICIONES FUNDACIÓN PEDRO BARRIÉ DE LA MAZA FUNDACIÓN RODRÍGUEZ IGLESIAS 2009 NÚMERO 370 A CORUÑA ANO 2009