SAÍDA SOCIOEDUCATIVA TAMBRE E

DATA: sábado 4 de maio de 2019 INSCRICIÓNS: venres 26 de abril no Departamento de Servizos Sociais de 09.00 h. a 15.00 h. PERSOAS DESTINATARIAS: 54 persoas maiores de 55 anos do Concello de Bergondo. Terán preferencia as persoas empadroadas no Concello de Bergondo. As prazas serán asignadas por rigorosa orde de inscrición. Cada persoa poderá apuntarse a si mesma e a unha persoa acompañante. PREZO: 20€/persoa.

DESCRICIÓN: 7.30 a 8.30 Recollida das persoas participantes polas parroquias do Concello de Bergondo. 8.30 a 10.30 Saída de Bergondo cara a Ponte Maceira con parada técnica na estación de servicio de Santiago. 10.30 a 11.45 Visita e paseo por Ponte Maceira, Concello de .

Ponte Maceira é unha aldea restaurada con moito encanto que se atopa entre os concellos de Negreira e Ames, moi preto de . Conta con rúas empedradas onde merece a pena perderse e mesturarse cos Peregrinos que seguen o Camiño de Santiago ata . A Ponte Vella destaca sobre o río Tambre, conformando un conxunto exemplar de integración no medio natural.

11.45 a 12.15 Traslado cara a Central Hidroeléctrica do Tambre. 12.15 a 13.15 Visita a Central Hidroeléctrica do Tambre. A central hidroelétrica do Tambre, que segue en funcionamento, é unha das dúas instalacións da provincia da Coruña, incluída no catálogo dos 100 elementos do plan nacional de patrimonio industrial.

Encravada no val do río Tambre, cun entorno dunha espectacular calidade visual, o edificio da Central, erguido no ano 1924, e obra do arquitecto Antonio Palacios. As vivendas dos traballadores rehabilitáronse, e costitúen hoxe as instalacións do Hotel Pesqueira do Tambre. O entorno da central está habilitado como área recreativa.

Dende esta área parte unha senda que segue o río Tambre, leva ata as pesqueiras medievais de lamprea no río. Existe tamén unha ponte colgante que atravesa o río e comunica cunha pista forestal de forte pendente, dende a que se pode ver o conxunto da central e as canalizacións de auga dende o alto. 13.15 a 13.45 Traslado o restaurante “Tio Manolo” en Noia. 13.45 a 16.15 Xantar no restuarante no Restaurante “Tío Manolo”co seguinte menú: http://www.hosteleriabarreiro.com/ - Ensaladilla e Fideuá Mariñeira - Agulla de porco con patacas - Flan de ovo caseiro. 16.15 a 18:00 Visita Guiada polo casco histórico de Noia: - Visita á igrexa de San Martiño. - Paseo polo casco histórico de Noia. 18.00 a 19.30 Tempo libre en Noia. 19.30 a 21.00 Traslado cara a Bergondo. 21.00 a 22.00 Reparto das persoas participantes polas parroquias do Concello de Bergondo.