Proxeccións De Fogares. 2020-2035 Resumo De Resultados 18/12/2020

Proxeccións De Fogares. 2020-2035 Resumo De Resultados 18/12/2020

Proxeccións de fogares. 2020-2035 Resumo de resultados 18/12/2020 Índice Introdución .................................................................................................... 1 Número de fogares ....................................................................................... 1 Tamaño dos fogares ..................................................................................... 4 Composición dos fogares ............................................................................. 7 Anexo ........................................................................................................... 8 Introdución As proxeccións de fogares fan posible anticipar os cambios que se producirán no seu número, tamaño e composición, e repercuten nos estudos derivados que se poidan obter, por exemplo, no ámbito das políticas públicas de planeamento e toma de decisións. O IGE elabora cada dous anos a operación estatística Proxeccións de fogares, que proporciona unha estimación da evolución futura dos fogares galegos, en base ás condicións demográficas observadas no momento actual. Número de fogares Segundo os resultados desta operación, vinculada ás Proxeccións de poboación do IGE, Galicia presentaría nos próximos anos unha evolución negativa do número de fogares; así, entre 2020 e 2035 o número de fogares diminuirá en 11.715 unidades, o que supón unha variación relativa do -1,1%. Non obstante, a evolución do número de fogares na provincia de Pontevedra é diferente á do conxunto da Comunidade Autónoma, xa que esta provincia será a única que rexistre unha evolución positiva no número de fogares no período 2020- 2035: esta variable incrementarase un 2,1%, pasando de ter 361.214 fogares en 2020, a contar con 368.883 en 2035. 1 Número de fogares. Galicia e provincias Unidade: fogares, % Espazo 2020 2035 Taxa de variación Galicia 1.069.092 1.057.377 -1,1 - A Coruña 448.215 447.329 -0,2 - Lugo 131.119 122.284 -6,7 - Ourense 128.544 118.880 -7,5 - Pontevedra 361.214 368.883 2,1 Fonte: IGE. Proxeccións de fogares (descarga da táboa) Nota: datos referidos ao 1 de xaneiro de cada ano Taxa de variación anual do número de fogares. Galicia e provincias Unidade: % Fonte: IGE. Proxeccións de fogares (descarga da táboa) Nota: datos referidos ao 1 de xaneiro de cada ano Das 20 áreas (agrupacións de comarcas) galegas consideradas, increméntase o número de fogares no período 2020-2035 en 5: Área da Coruña (5,7%), Área de Pontevedra (5,6%), Área de Santiago (4,5%), Caldas-O Salnés (3,7%) e Área de Vigo (2,5%). O maior decrecemento no número de fogares no período 2020-2035 dáse nas áreas de Lugo oriental, cun descenso do 14,5%, na de Ourense sur, cun 2 decrecemento do 13,6%, e na de O Carballiño-O Ribeiro, cunha diminución do 12,2% en todo o período considerado. Número de fogares. Áreas xeográficas Unidade: fogares, % Espazo 2020 2035 Taxa de variación A Coruña suroriental 23.471 21.235 -9,5 Ferrol-Eume-Ortegal 78.061 72.122 -7,6 Área da Costa da morte 49.905 45.027 -9,8 A Barbanza-Noia 35.957 34.211 -4,9 Área da Coruña 184.810 195.274 5,7 Área de Santiago 76.012 79.460 4,5 Lugo sur 19.893 17.870 -10,2 Lugo oriental 14.086 12.048 -14,5 Lugo central 68.938 65.712 -4,7 A Mariña 28.202 26.653 -5,5 O Carballiño-O Ribeiro 17.881 15.692 -12,2 Ourense central 19.303 17.022 -11,8 Ourense sur 33.012 28.519 -13,6 Área de Ourense 58.348 57.647 -1,2 Pontevedra nororiental 25.243 24.786 -1,8 Pontevedra sur 41.679 41.473 -0,5 Caldas-O Salnés 52.783 54.760 3,7 O Morrazo 30.785 30.422 -1,2 Área de Pontevedra 48.337 51.058 5,6 Área de Vigo 162.388 166.385 2,5 Fonte: IGE. Proxeccións de fogares (descarga da táboa) Nota: datos referidos ao 1 de xaneiro de cada ano 3 Tamaño dos fogares En canto á evolución dos fogares segundo o seu tamaño, no período 2020-2035 estímase un incremento do número de fogares de maior tamaño (6 ou máis persoas) do 3,3%, e tamén do número de fogares de menor tamaño, os de unha e dúas persoas, que se incrementarían un 3,5% e 4,8% respectivamente; pola contra, diminuiría o número de fogares de 3, de 4 e de 5 persoas, nun 7,6% en total. Distribución dos fogares segundo seu tamaño. Galicia. Ano 2020 Unidade: porcentaxe (%) Fonte: IGE. Proxeccións de fogares (descarga da táboa) Nota: datos referidos ao 1 de xaneiro de cada ano 4 Distribución dos fogares segundo seu tamaño. Galicia. Ano 2035 Unidade: porcentaxe (%) Fonte: IGE. Proxeccións de fogares (descarga da táboa) Nota: datos referidos ao 1 de xaneiro de cada ano Número de fogares segundo o seu tamaño. Galicia e provincias. Ano 2020 Unidade: fogares 1 2 3 4 5 6 ou máis Espazo Total persoa persoas persoas persoas persoas persoas Galicia 1.069.092 238.122 322.505 245.850 178.030 56.479 28.107 - A Coruña 448.215 103.286 134.857 103.054 72.651 23.009 11.359 - Lugo 131.119 30.864 41.419 29.489 19.011 7.069 3.267 - Ourense 128.544 32.509 43.370 28.349 17.471 4.891 1.955 - Pontevedra 361.214 71.464 102.859 84.958 68.897 21.510 11.527 Fonte: IGE. Proxeccións de fogares (descarga da táboa) Nota: datos referidos ao 1 de xaneiro de cada ano 5 Número de fogares segundo o seu tamaño. Galicia e provincias. Ano 2035 Unidade: fogares 1 2 3 4 5 6 ou máis Espazo Total persoa persoas persoas persoas persoas persoas Galicia 1.057.377 246.561 338.113 232.582 156.670 54.428 29.022 - A Coruña 447.329 108.789 142.270 98.035 64.398 22.247 11.590 - Lugo 122.284 29.550 40.716 26.171 16.061 6.506 3.279 - Ourense 118.880 31.348 42.005 25.084 14.473 4.242 1.729 - Pontevedra 368.883 76.874 113.121 83.292 61.739 21.433 12.424 Fonte: IGE. Proxeccións de fogares (descarga da táboa) Nota: datos referidos ao 1 de xaneiro de cada ano O tamaño medio dos fogares galegos experimentará unha redución no período 2020-2035, tanto no conxunto de Galicia como a nivel provincia: o número medio de membros pasará de 2,51 en 2020 a 2,36 en 2035. Tamaño medio dos fogares. Galicia e provincias Unidade: persoas Espazo 2020 2035 Galicia 2,51 2,36 - A Coruña 2,49 2,35 - Lugo 2,47 2,37 - Ourense 2,35 2,25 - Pontevedra 2,60 2,41 Fonte: IGE. Proxeccións de fogares (descarga da táboa) Nota: datos referidos ao 1 de xaneiro de cada ano 6 Composición dos fogares Segundo a clasificación utilizada nestas proxeccións, no período 2020-2035 os fogares unipersoais aumentarían un 3,5% e os formados por unha parella sen fillos un 4,8%; por outra banda, diminuirían as parellas con fillos un 7%, as unidades monoparentais un 2,4% e o resto de fogares un 2,7%. Número de fogares segundo a súa estrutura. Galicia e provincias. Ano 2020 Unidade: fogares Parellas Parellas Unidades Espazo Total Unipersoais Outros sen fillos con fillos monoparentais Galicia 1.069.092 238.122 233.046 361.572 105.803 130.549 - A Coruña 448.215 103.286 98.651 150.665 42.452 53.162 - Lugo 131.119 30.864 29.534 38.210 13.081 19.431 - Ourense 128.544 32.509 31.788 37.853 12.513 13.882 - Pontevedra 361.214 71.464 73.073 134.845 37.758 44.075 Fonte: IGE. Proxeccións de fogares (descarga da táboa) Nota: datos referidos ao 1 de xaneiro de cada ano Número de fogares segundo a súa estrutura. Galicia e provincias. Ano 2035 Unidade: fogares Parellas Parellas Unidades Espazo Total Unipersoais Outros sen fillos con fillos monoparentais Galicia 1.057.377 246.561 244.259 336.339 103.222 126.996 - A Coruña 447.329 108.789 104.075 140.766 41.665 52.035 - Lugo 122.284 29.550 29.033 33.781 12.099 17.820 - Ourense 118.880 31.348 30.788 32.722 11.405 12.618 - Pontevedra 368.883 76.874 80.364 129.070 38.052 44.523 Fonte: IGE. Proxeccións de fogares (descarga da táboa) Nota: datos referidos ao 1 de xaneiro de cada ano 7 Anexo Comarcas que compoñen cada área xeográfica considerada: • A Coruña suroriental: comprende as comarcas de Arzúa, Ordes e Terra de Melide • Ferrol-Eume-Ortegal: comprende as comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal • Área da Costa da morte: comprende as comarcas de Bergantiños, Fisterra, Muros, Terra de Soneira e Xallas • A Barbanza-Noia: comprende as comarcas da Barbanza e Noia • Área da Coruña: comprende as comarcas da Coruña e Betanzos • Área de Santiago: comprende as comarcas da Barcala, O Sar e Santiago • Lugo sur: comprende as comarcas de Chantada, Quiroga e Terra de Lemos • Lugo oriental: comprende as comarcas da Fonsagrada, Os Ancares e Sarria • Lugo central: comprende as comarcas da Ulloa, Lugo, Meira e A Terra Chá • A Mariña: comprende as comarcas da Mariña Central, A Mariña Oriental e A Mariña Occidental • O Carballiño-O Ribeiro: comprende as comarcas do Carballiño e O Ribeiro • Ourense central: comprende as comarcas de Allariz e Maceda, Terra de Caldelas, Terra de Trives e Valdeorras • Ourense sur: comprende as comarcas da Limia, Baixa Limia, Terra de Celanova, Verín e Viana • Área de Ourense: comprende a comarca de Ourense • Pontevedra nororiental: comprende as comarcas do Deza e Tabeirós-Terra de Montes • Pontevedra sur: comprende as comarcas da Paradanta, O Baixo Miño e O Condado • Caldas-O Salnés: comprende as comarcas de Caldas e O Salnés • O Morrazo: comprende a comarca do Morrazo • Área de Pontevedra: comprende a comarca de Pontevedra • Área de Vigo: comprende a comarca de Vigo Pode consultarse a metodoloxía desta estatística na seguinte ligazón: https://www.ige.eu/estatico/pdfs/s3/metodoloxias/met_prox_fog_2020_2035_gl.pdf 8 Para máis información: Instituto Galego de Estatística Complexo Administrativo San Lázaro s/n 15703 Santiago de Compostela (A Coruña) Contacto: https://www.ige.eu/web/peticioninfo.jsp?paxina=005006001&idioma=gl Teléfono de información: 981 54 15 89 (de 9 a 15:00 h.) Fax: 981 54 13 23 Sitio web: https://www.ige.eu 9 .

View Full Text

Details

  • File Type
    pdf
  • Upload Time
    -
  • Content Languages
    English
  • Upload User
    Anonymous/Not logged-in
  • File Pages
    9 Page
  • File Size
    -

Download

Channel Download Status
Express Download Enable

Copyright

We respect the copyrights and intellectual property rights of all users. All uploaded documents are either original works of the uploader or authorized works of the rightful owners.

  • Not to be reproduced or distributed without explicit permission.
  • Not used for commercial purposes outside of approved use cases.
  • Not used to infringe on the rights of the original creators.
  • If you believe any content infringes your copyright, please contact us immediately.

Support

For help with questions, suggestions, or problems, please contact us