Reseñas Biográficas Dos Deputados E Deputadas Da Cámara

Reseñas Biográficas Dos Deputados E Deputadas Da Cámara

35 ANOS DO PARLAMENTO DE GALICIA. Reseñas biográficas dos deputados e deputadas da cámara EDITA: © Parlamento de Galicia, 2017 Rúa do Hórreo, 63 15701 Santiago de Compostela (A Coruña) www.parlamento.gal ISBN: 978-84-7836-120-5 Depósito Legal: C 2206-2017 ÍNDICE Limiar ............................................................................... 7 Introducción ...................................................................... 9 Reseñas biográficas A ............................................................................ 11 B ............................................................................ 27 C ............................................................................ 51 D ............................................................................ 87 E .......................................................................... 103 F .......................................................................... 109 G ......................................................................... 133 H .......................................................................... 171 I ........................................................................... 175 J ........................................................................... 181 L ........................................................................... 185 M ......................................................................... 207 N ......................................................................... 233 O ......................................................................... 243 P .......................................................................... 249 Q ......................................................................... 281 R .......................................................................... 287 S .......................................................................... 319 T .......................................................................... 341 V .......................................................................... 355 Y .......................................................................... 383 35 ANOS DO PARLAMENTO DE GALICIA | Reseñas biográficas dos deputados e deputadas da cámara Limiar Con frecuencia, cando falamos das institucións, caemos no erro de as tratar coma se fosen entes abstractos, obviando o feito de estaren integradas por persoas. Ao longo deste ano, no que conmemoramos o 35 aniversario do Parlamento de Galicia, quixemos poñer en valor o papel e a traxectoria desta institu- ción como pedra angular do autogoberno de Galicia, e mesmo procurar que as galegas e galegos comprendan e valoren un pouco máis, se for posible, o papel da Cámara. Pero nada de canto ten sucedido no Parlamento de Galicia tería sido posible sen o traballo dos homes e mulleres que o integraron e o integran. Por iso resulta de xustiza recuperar e enxalzar as figuras de cantos a partir daquel afastado 19 de decembro de 1981, no que o Pazo de Xelmírez acolleu a primeira sesión constitutiva da Cámara, ata os nosos días fixeron e fan realidade o Parlamento de Galicia. Deputadas e deputados lexitimados polas urnas que, desde visións diversas, ás veces discrepantes, ofreceron o mellor de si ao servizo de Galicia e das galegas e dos galegos. Homes e mulleres que poden sentirse orgullosos de teren fomado parte da principal e máis democrática institución da que Galicia se ten dotado na súa historia; unha institución propia na que se alicerza a autonomía política, longamente arelada polos nosos devanceiros, e que cada día se esforza na procura dunha Galicia mellor. Homes e mulleres aos que, como presidente da Cámara, quero agradecer os servizos prestados a Galicia, Nai e Señora / sempre garimosa e forte. Miguel Ángel Santalices Vieira Presidente do Parlamento de Galicia 7 - A - 35 ANOS DO PARLAMENTO DE GALICIA | Reseñas biográficas dos deputados e deputadas da cámara Introducción Os perfís biográficos das deputadas e deputados do Parlamento de Galicia recompilados nesta publicación foron remitidos aos seus protagonistas na procura da súa conformidade e/ou corrección. Cando este procede- mento non se puido materializar, tomouse como referencia a información dispoñible nos servizos da Cámara. Pedimos desculpas anticipadas polos erros que involuntariamente podan ter- se deslizado e tomaremos nota de todas as incidencias que se comuniquen en relación co contido deste volume. A recompilación de datos pechouse en setembro de 2017. Ademais da edición en papel, publícase unha versión dixital na web do Parlamento de Galicia (www.parlamentodegalicia.gal) que poderá ser corrixida e actualizada no futuro. As persoas interesadas en ampliar información sobre a historia e o funcio- namento do Parlamento de Galicia dispoñen de ampla información na web da institución. Calquera dúbida ou suxestión en relación con esta obra ou con outros aspectos relacionados co Parlamento de Galicia poden remitirse ao seguinte correo electrónico: [email protected]. 9 - A - A 35 ANOS DO PARLAMENTO DE GALICIA | Reseñas biográficas dos deputados e deputadas da cámara De Abel Vilela, Adolfo Deputado de Alianza Popular pola Provincia de Lugo na I lexislatura. Naceu en Lugo o 13 de xuño de 1946. Oficial industrial e enxeñeiro técnico agrícola. Licenciouse e doutorouse en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, na especialidade de Arte Moderna e Contem- poránea. Exerceu como profesor no IES Politécnico de Lugo. Desde 1994 é académico correspondente da Real Academia de Historia. Comezou a súa vida política en 1973 como delegado provincial en Lugo de Acción Política e Participación do Movemento. En 1977 ingresou en Alianza Popular, e chegou a ser secretario e presidente provincial de Lugo desde 1981 ata 1982. Abandonou Alianza Popular en 1987 e pasou a militar en Coalición Galega e, posteriormente, na formación política Converxencia Nacionalista Galega, da que foi secretario xeral. Ocupou diversos cargos políticos, como o de delegado provincial en Lugo da Consellería de Cultura e Educación, desde 1982 ata 1987, e o de director xe- ral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, desde 1987 ata 1989. Retírase da política en activo no ano 1993. Na súa etapa como parlamentario foi presidente da Comisión de Educación e Cultura e vogal das comisións do Regulamento e Agricultura, ademais de ocupar o cargo de secre- tario do grupo parlamentario de Alianza Popular. - A - A - 12 35 ANOS DO PARLAMENTO DE GALICIA | Reseñas biográficas dos deputados e deputadas da cámara Acuña do Campo María del Carmen Deputada do PSdeG pola provincia de Ourense en varias lexislaturas, na VII, VIII e IX. Naceu en Ourense o 1 de decembro de 1956. Licenciouse en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela e exerceu a medicina no Hospital Comarcal de Valdeorras e no Centro de Saúde do Barco de Valdeorras. Pertence ao Partido Socialista desde o ano 1986, e está afiliada ao sindicato UGT. Foi concelleira de Sanidade, Educación e Consumo no Concello do Barco de Valdeorras, cargo que deixou en 2005 ao ser nomeada deputada no Parlamento de Galicia. Na VII lexislatura foi vicepresidenta das comisións de Educación e Cultura e da de Estudo da Situación dos Emigrantes Galegos, e vogal das comisións de Economía, Facenda e Orzamentos; Industria, Enerxía, Comercio e Turismo; Agricultura, Alimentación, Gandería e Montes; Control da CRTVG e da de Relacións co Consello de Contas. Na VIII lexislatura foi vicepresidenta da Comisión de seguimento das políticas de discapa- cidade e propostas de integración; secretaria da Comisión de Sanidade, Política Social e Emprego, e vogal das Comisións de Economía, Facenda e Orzamentos; Educación e Cultura e da de Relacións co Consello de Contas. Na IX lexislatura foi vicepresidenta da Comisión non Permanente para o Seguimento das Políticas Relativas á Discapacidade; secretaria da Comisión de Control da RTVG e voceira do Grupo Socialista nas comisións de Sanidade, Política Social e Emprego e Educación e Cultura para os asuntos de sanidade e deportes e xuventude, respectivamente. 13 - A - 35 ANOS DO PARLAMENTO DE GALICIA | Reseñas biográficas dos deputados e deputadas da cámara Adán Villamarín, María do Carme Deputada do BNG pola provincia de Pontevedra en varias lexislaturas, na VII, VIII e IX. Durante a VII, causou baixa o 24 de agosto de 2005 ao ser nomeada secretaria xeral da Igualdade da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar. Naceu en Donostia (Guipúscoa) o 16 de decembro de 1966. Estudou Filosofía na Universidade de Santiago de Compostela, onde se doutorou. É catedrática de filosofía no IES Politécnico de Vigo, membro da Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega e presidenta de Honra da Aula Castelao de Filosofía. Entre as súas publicacións destacan Feminismo e Coñecemento en Espiral Maior e Cartografías do derrubo en Difusora Edicións. Na súa actividade parlamentaria formou parte de varias comisións. Na VII lexislatura foi presidenta da Comisión de Educación e Cultura e na VIII foi vicesecretaria da Mesa do Parlamento e secretaria da Comisión de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo. Adrio Barreiro, Gonzalo Deputado do PSdeG pola provincia de Pontevedra na II lexislatura. Naceu en Pontevedra o 1 de outubro de 1919. Licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e exerceu como avogado en Pontevedra desde 1946. Foi un dos socios fundadores do Ateneo Republicano de Galicia. Ingresou na Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación no

View Full Text

Details

  • File Type
    pdf
  • Upload Time
    -
  • Content Languages
    English
  • Upload User
    Anonymous/Not logged-in
  • File Pages
    387 Page
  • File Size
    -

Download

Channel Download Status
Express Download Enable

Copyright

We respect the copyrights and intellectual property rights of all users. All uploaded documents are either original works of the uploader or authorized works of the rightful owners.

  • Not to be reproduced or distributed without explicit permission.
  • Not used for commercial purposes outside of approved use cases.
  • Not used to infringe on the rights of the original creators.
  • If you believe any content infringes your copyright, please contact us immediately.

Support

For help with questions, suggestions, or problems, please contact us