ÁREA SANITARIA DA CORUÑA E CEE Memoria Anual 2019

ÁREA SANITARIA DA CORUÑA E CEE Memoria Anual 2019

ÁREA SANITARIA DA CORUÑA E CEE MEMORIA ANUAL 2019 Área Sanitaria da Coruña e Cee Memoria 2019 Ficha técnica Realización Staff de Xerencia Colaboración Secretaría da Xerencia da Área Sanitaria da Coruña e Cee © 2020 ÁREA Sanitaria DA CORUÑA E CEE Deseño David Carballal estudio gráfico, SL Índice 7 Limiar 8 Acordo de xestión 2019 12 Algo para recordar 14 Identificación da Área Sanitaria da Coruña e Cee 16 Contorno 24 Estrutura e organización 40 Recursos globais 50 Actividade global 71 Análise por servizos asistenciais CHUAC 175 Análise por servizos asistenciais H.V. Xunqueira 217 Análise por servizos asistenciais Atención Primaria 255 Análise por servizos estruturais 313 Actividade científica e docente Limiar certamente difícil recoller nun documento, aínda que sexa exhaustivo como o É presente, toda a enerxía e ilusión posto no traballo que realizamos día a día nos Hospitais e Centros de Saúde que integran a Área Sanitaria da Coruña e Cee. Os máis de 7.000 profesionais que se esforzan por proporcionar unha mellor calidade de vida ás persoas da nosa Área Sanitaria poden ver como se traslada ao resto da cidadanía o traballo que realizaron. A transparencia dos datos, a súa análise e estudo supoñen unha ferramenta de mellora da que non se pode prescindir; ademais de dar cumprida conta á sociedade do uso que se fai dos recursos públicos. O noso sincero agradecemento a todas as persoas que co seu traballo fixeron posible estes resultados, e sobre todo, o noso agradecemento á poboación que nos confía ou seu ben máis prezado, a súa saúde. LUIS VERDE REMESEIRO Xerente da Área Sanitaria da Coruña e Cee Memoria 2019 ÁREA Sanitaria DA CORUÑA E CEE 7 Acordo de xestión 2019 1. INTRODUCCIÓN O acordo de xestión (ADX) 2019, é un instrumento elaborado polo Servizo Galego de Saúde, compatible con outras inicia- tivas, destinado a acadar os obxectivos formulados na Estratexia Sergas 2020 (Mellorar a saúde dos cidadáns). Preséntase como unha ferramenta de planificación para facilitar os cambios organizativos necesarios a fin de avanzar na mellora conti- nua dos servizos asistenciais, coherente coas necesidades actuais dos galegos e galegas. O Servizo Galego de Saúde dispón dunha organización periférica con estruturas organizativas sen personalidade xurídi- ca que xestionan, con autonomía funcional, os recursos, prestacións e programas de atención sanitaria no seu respectivo ámbito, dentro do Sistema Público de Saúde de Galicia, e integran todos os centros asistenciais do organismo autónomo no seu territorio. Contan con dous niveis asistenciais: a atención primaria e a atención hospitalaria. No artigo 97 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de Saúde de Galicia, estableceuse o mandato de introducir, na asistencia sanitaria, modelos de xestión e fórmulas organizativas cunha visión horizontal e integradora dos procesos asistenciais. Nesta Lei indícase que estas fórmulas deberían procurar a superación dos compartimentos existentes neste momento e na súa relación. As fórmulas organizativas implantadas cunha visión horizontal e integradora dos procesos asistenciais, introducidas durante o ano 2010 ao abeiro do establecido na citada Lei 8/2008, foron consolidadas superando os compartimentos existentes facendo posible acadar maior transversalidade na xestión dos recursos sanitarios. O sistema sanitario debe ter un novo planteamento na súa organización asistencial, para favorecer estes aspectos integrais da asistencia cunha visión máis global do individuo (non só do binomio saúde-enfermidade), cunha perspectiva temporal ampla e coa imprescindible participación activa de profesionais, pacientes, cidadans e asociacións. 2. INDICADORES E OBXECTIVOS Os indicadores e obxectivos que se plasman neste compromiso divídense en tres grandes áreas: Asistencial (con obxectivos xerais, de Atención Primaria, de Atención Hospitalaria, e de Integración), de Recursos Humanos e Recursos Económicos. 3. SEGUIMENTO E AVALIACIÓN Para realizar o seguimento da actividade desenvolvida no exercicio 2019 establécense un conxunto de indicadores que foron definidos e acordados conxuntamente entre os equipos directivos do Servizo Galego de Saúde Centrais e Perifericos. Reali- zarase unha monitorización periódica. A súa monitorización a través dos cadros de mando do Acordo de Xestión 2019 e do Cadro de Mandos Corporativo convér- tense en elementos chave para o seguimento da súa consecución. I. OBXECTIVOS ASISTENCIAIS Un. Obxectivos xerais Os aspectos reflectidos no apartado de obxectivos xerais refírense aos de promoción da saúde e prevención da enfermidade (vacinación ante a gripe tanto para os profesionais sanitarios como para a poboación en xeral, así como á espera para proba 8 ÁREA Sanitaria DA CORUÑA E CEE Memoria 2019 ACORDO DE XESTION 2019 diagnóstica no programa de detección precoz de cancro de colon, ao tratarse do cancro máis frecuente en ambos sexos); a calidade asistencial ou trato como un dos aspectos da humanización dos servizos sanitarios. A adecuación da prescrición de fármacos no ámbito extrahospitalario continúa a estar presente como en anos anteriores. Seguir avanzando nas boas prácticas de prescrición encadrado como outro elemento fundamental na seguridade asistencial. Dous. Obxectivos da Atención Primaria Os indicadores e obxectivos acordados neste apartado teñen moi presente a situación sociodemográfica actual de estar ante un sistema cun tipo de paciente crónico/a, con pluripatoloxía e polimedicado. As melloras na asistencia sanitaria e nas condicións de vida da poboación supuxeron un aumento na esperanza de vida. Esta taxa de supervivencia maior, experimentada para determi- nadas enfermidades, xunto ao progresivo envellecemento, supón un crecemento exponencial das enfermidades crónicas. Os cambios sociodemográficos e sociais, as características dos pacientes (envellecemento, dependencia, cambios sociais e fa- miliares...) e as súas necesidades demandan este modelo. A este escenario vense a unir a dispersión demográfica e o incremento da dependencia da nosa poboación. Segundo os últimos datos dos que dispoñemos, en Galicia a poboación con máis de 65 anos ronda o 25%, e na provincia de Ourense supera o 30%. Ademáis, segundo datos da Consellería de Política Social, aproximada- mente 50.000 maiores de 65 anos viven sós. Esta demanda, focalizada fundamentalmente cara a pacientes maiores con pluripatoloxías crónicas, require unha adaptación dos servizos e dos recursos existentes. Unha estratexia fundamental e avanzar nesta adaptación de atención á cronicidade. Cun Plan Galego de Atención a Cronicidade que integre a atención sanitaria e os recursos sociosanitarios, onde están integrados tanto o persoal de Atención Primaria e Hospitalaria, constitúe un instrumento que permitirá planifcar a atención aos pacientes con pato- loxías avanzadas e establecer os recursos necesarios para a súa atención. Pretende poñer en valor a asistencia da Atención Primaria (AP), sen perder a transversalidade e integración conseguida ata este momento co nivel de atención hospitalaria. A atención primaria é un elemento chave e fundamental sobre o que imos pilotar o novo modelo de atención. Un modelo aberto ás persoas, cun compoñente comunitario e social inherente ás necesidades actuais. Isto require defnir un novo modelo de Atención Primaria máis proactiva, coa incorporación efectiva das novas tecnoloxías de comunicación e información tan potentes e tan desenvolvidas en Galicia para acercar a atención aos fogares dos galegos. Centrá- monos no apoio á familia e a participación da comunidade. O programa TELEA - AP: plataforma de xestión da cronicidade en AP que contribuirá a unha Atención Primaria máis proactiva, na que o profesional de referencia de cada paciente disporá das ferramentas necesarias para monitorizar aos pacientes crónicos des- de o seu domicilio. Pero tamén que realice un seguimento activo que evite as reagudizacións ou agravamentos que se producen nos pacientes crónicos e fráxiles. Grazas a esta plataforma poderemos implantar un MODELO DE CONTROL TELEASISTIDO DO PACIENTE CRÓNICO DESDE ATENCIÓN PRIMARIA. Un medio de comunicación entre o profesional e o paciente, que poderá ser por correo electrónico, videoconferencia ou chamada telefónica. Tamén cobra protagonismo a atención domiciliaria realizada polos equipos multidisciplinares de Atención Primaria, que permiten o seguimento do paciente ao seu arredor, reforzando o papel do domicilio como lugar de atención. Tres. Obxectivos da Atención Hospitalaria O noso obxectivo e o noso compromiso non é outro que incrementar a eficiencia, mantendo o principio de equidade. Con esta liña de traballo, de priorización tanto de recursos como de procesos clínicos, xunto cos profesionais e sociedades cien- tíficas, o camiño a seguir non pode ser outro que aumentar a actividade en xornada ordinaria, manter o compromiso coas patoloxías máis graves, e maior accesibilidade aos servizos sanitarios. No ámbito hospitalario o maior peso corresponde ao cumprimento dos obxectivos pactados respecto a lista de espera cirúr- xica, onde as accións centraranse en seguir diminuíndo a demora máxima e media, vencellando a priorización con criterios Memoria 2019 ÁREA Sanitaria DA CORUÑA E CEE 9 ACORDO DE XESTION 2019 clínicos. Continuamos, como non, dando especial prioridade ao cancro; consolidáronse as 7 vías rápidas: mama, colon, pulmón, próstata, vexiga, cabeza e colo, melanoma. E agora a súa prioridade centrarase en cada caso, en cada paciente de forma individual. O compromiso individual con cada paciente prodúcese coa efectiva ampliación de dereitos para os galegos

View Full Text

Details

  • File Type
    pdf
  • Upload Time
    -
  • Content Languages
    English
  • Upload User
    Anonymous/Not logged-in
  • File Pages
    390 Page
  • File Size
    -

Download

Channel Download Status
Express Download Enable

Copyright

We respect the copyrights and intellectual property rights of all users. All uploaded documents are either original works of the uploader or authorized works of the rightful owners.

  • Not to be reproduced or distributed without explicit permission.
  • Not used for commercial purposes outside of approved use cases.
  • Not used to infringe on the rights of the original creators.
  • If you believe any content infringes your copyright, please contact us immediately.

Support

For help with questions, suggestions, or problems, please contact us