PRODUCIÓN DA LITERATURA INFANTIL E XUVENIL EN GALEGO Blanca-Ana Roig Rechou (Coord.) Mónica Domínguez Pérez Isabel Mociño G

PRODUCIÓN DA LITERATURA INFANTIL E XUVENIL EN GALEGO Blanca-Ana Roig Rechou (Coord.) Mónica Domínguez Pérez Isabel Mociño G

PRODUCIÓN DA LITERATURA INFANTIL E XUVENIL EN GALEGO Blanca-Ana Roig Rechou (coord.) Mónica Domínguez Pérez Isabel Mociño González Publicación en CD-Rom (ISBN-13: 978-84-611-5082-3) (N.º Rexistro: 07/5675) INTRODUCIÓN Nesta bibliografía nacional especializada, retrospectiva e descritiva, que pretende ser exhaustiva 1, preséntase a produción da Literatura infantil e xuvenil en galego, é dicir, tanto a escrita orixinalmente nesta lingua coma a traducida. Trátase dunha bibliografía que tenta acoller toda a produción até a actualidade, aínda que somos conscientes de que precisará revisións e actualizacións periodicamente. As fichas bibliográficas aparecen organizadas en dous grandes apartados Produción galega primeiro e logo Traducións, adaptacións e versións. Séguese unha rigorosa orde alfabética de autor e dentro da produción de cada creador sitúanse por orde cronolóxica. No caso de obras de máis dun autor/a, organízanse atendendo ao primeiro deles e colócanse no final da produción individual deste/a. Tamén aparecen dentro do corpus textos escritos por nenos e que foron publicados en libro con paratextos dirixidos a este tipo de lectorado. No caso dos contos clásicos tenden a ser agrupados e atribuídos a un só autor, aínda que a miúdo presentan diferentes versións. Nos casos en que se descoñece o nome do autor a entrada faise polo nome do versionador, adaptador ou tradutor, seguindo esta orde de prioridade. De non ser citado ningún deles no libro, entón faise a entrada polo título. Reprodúcese a ficha bibliográfica da primeira edición e dáse conta doutras edicións posteriores das que se ten noticia, sinalando a data e a edición, mentres que no caso de reedicións nas que se observan cambios con respecto á edición orixinal se reproduce a ficha coas modificacións que presenta separada da primeira por dúas barras. No caso de obras ambivalentes, dáse conta tanto da edición orixinal dirixida ao público en xeral coma da edición específica dirixida á infancia ou xuventude. A banda de idade á que se dirixe a obra colócase entre paréntese no caso de que sexa a propia editorial a que a indica, mentres que de non existir indicación editorial se sinala entre corchetes. Cada unha das fichas bibliográficas aparece acompañada dunha ou máis sinaturas que se corresponden cunha posíbel localización da obra nas bibliotecas da Universidade de Santiago de Compostela, principalmente na da Facultade de Ciencias da Educación (B CC. EDUC.), da Biblioteca Xeral (B Xeral) e da Facultade de Filoloxía (B Filoloxía) e, en menor medida, noutras como a da Escola Universitaria de EXB de Lugo (B da EU EXB de Lugo), a de 1 Equipo Glifo, Diccionario de termos literarios a-d, Santiago de Compostela: Xunta de Galicia/Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 1998, pp. 217-220, (ISBN: 84-453-2213-3). Tamén en http://www.cirp.es . 1 Intercentros deste mesmo campus (B Interc. Lugo Depósito) ou a da Facultade de Xeografía e Historia (B Xeografía e Historia) en Santiago de Compostela. Dende o período de inicio á consolidación da Literatura infantil e xuvenil na década dos anos oitenta, incluímos títulos que poden ser considerados ambivalentes ou libros de aula, pero considerámolos pertinentes pola escaseza de títulos explicitamente destinados ao lectorado infantil e xuvenil galego naquel momento, o cal propiciou o seu emprego como obras de referencia que encheron o baleiro existente. Por este motivo até 1980 inclúense obras de lectura que funcionaron como obras de autor, pero a partir deste momento non se consideran as lecturas escolares, que terán que ser atendidas nun corpus diferente. 2 I. Produción galega Abad , José Antonio, O oso fabuloso , ilust. Rosa Osuna, música de Fernando Severo Altube, narración de Xosé Ramón Gayoso, Pontevedra: Kalandraka Editora, novembro 2004, col. Sondeconto, n.º 4, Libro e CD, [34 pp.]. (ISBN: 84-8464-511-8). B CC. EDUC. ACD 32 1/ACD 32 2 Abad Flores , Odón L., Estampas do meu amigo Pepiño , ilust. do autor, limiar de Isaac Díaz Pardo, Sada-A Coruña: Ediciós do Castro, col. Narrativa, 1980, [84 pp.]. (ISBN: 84- 7492-024-8). B CC. EDUC. 869-843/B CC. EDUC. 869-844 Abeixón , Guillermo, Choio e o rei talento , ilust. Xosé Díaz, Sada-A Coruña: Ediciós do Castro, 1971, [14 pp.]. (DL: C-665-1971). Xeral GA.FOLL 6-19/GA.FOLL 14-22 Abeledo , Eva N., Pipo, pastor de xoaniñas , ilust. Fernando L. Juárez, A Coruña: Everest Galicia, col. Montaña encantada (primeiros lectores), 2001, 47 pp. (ISBN: 84-403-0421- 8). B CC. EDUC. 869-1343 Abeleira , Xoán, O nacemento de Nunavut ilust. Jacobo Fernández Serrano, Vigo: Edicións Xerais de Galicia, col. As aventuras de Nunavut, n o 1, [lectorado autónomo], 2003, 57 pp. (ISBN: 84-8602-937-5). B CC. EDUC. 869-2944 _____ , Un día de caza , ilust. Jacobo Fernández Serrano, Vigo: Edicións Xerais de Galicia, col. As aventuras de Nunavut, n o 2, [lectorado autónomo], 2003, 57 pp. (ISBN: 84-8302-938-3). B CC. EDUC. 869-2945 _____ , O caribú namorado , ilust. Jacobo Fernández Serrano, Vigo: Edicións Xerais de Galicia, col. As aventuras de Nunavut, n o 3, [lectorado autónomo], 2004, 57 pp. (ISBN: 84-9782-093-2). B CC. EDUC. 869-3140 _____ , Sedna, a deusa do mar , ilust. Jacobo Fernández Serrano, Vigo: Edicións Xerais de Galicia, col. Nunavut, n.º 4, [lectorado autónomo], febreiro 2005, 71 pp. (ISBN: 84- 9782-257-9). B CC. EDUC. 869-3447 Abella Chouciño , Xelucho, Gundar e o cabalo de oito patas , ilust. Josep Gual, Barcelona: Casals, col. O trolebús, n.º 1 (a partir de 11 anos), 1991, 117 pp. (ISBN: 84-218-1164- 9). B CC. EDUC. 869-1035 _____ , A cidade maldita , ilust. Fernando Iglesias, Vigo: Edicións Xerais de Galicia, col. Merlín, serie Amarela (de 11 anos en adiante), 1991, 135 pp. (ISBN: 84-7507-589-4). B CC. EDUC. 869-1033 _____ , As aventuras de Pelusa, ilust. Suso Blanco Cubeiro, Barcelona: Casals, col. O Trolebús, n.º 9 (a partir de 11 anos), 1998, 168 pp. (ISBN: 84-218-1995-X). B CC. EDUC. 869-2170 _____ , A ermida do diaño , Vigo: Galaxia, col. Costa oeste, n.º 19, [mocidade], decembro 1998, 103 pp. (ISBN: 84-8288-244-9). B CC. EDUC. 869-2137 3 Acuña , J. (heterónimo de X.F. Filgueira Valverde), Agromar. Farsa pra rapaces , Lugo: Editorial Palacios, 1936. Adivinancero popular gallego , recompilación e estudo de José Luís Garfer e Concha Fernández, Madrid: Taurus, 1984, 303 pp. (ISBN: 84-306-4152-1). B CC. EDUC. 869- 64/ B CC. EDUC. 869-458 Agra , Agustín, O tesouro da lagoa de Reid'Is , Premio Merlín de Literatura Infantil 2006, ilust. Andrés Meixide, Vigo: Edicións Xerais de Galicia, col. Merlín, n.º 166, de 11 anos en diante, outubro 2006, 84 pp. (ISBN: 84-9782-481-4). B CC. EDUC. 869-3852 _____ , Cazaría salvaxe , Vigo: Edicións Xerais de Galicia, col. Fóra de xogo, n.º 112, [mocidade], abril 2008, 102 pp. (ISBN: 978-84-9782-724-9). B CC. EDUC. 869-4223 Agrelo Hermo , Xosé, O espantapaxaros , 1º premio do IV Concurso de Contos Infantís O Facho 1971, debuxos de Mima, Vigo: Galaxia, 1972, 36·pp. (DL: VG. 193-1972). B Xeral 163-2. _____ , Candea 70: tres pezas de teatro , Noia: Sementeira, col. Cadernos Cruceiro do Rego, Criación, n.º 2, 1989, 73 pp. (ISBN: 84-404-4419-2). B CC. EDUC. 869-617 _____ , O xogo dramático (de, con, por, para NENOS) , ilust. X. Taxes, Noia: Sementeira Publicacións, col. Cruceiro do Rego, Criación, n.º 4, 1990, 44 pp. (ISBN: 84-404-8560-3). _____ , Noia. Porto de Compostela , ilust. Xosé Luís Veiras Manteiga, Noia-A Coruña: Editorial Toxosoutos, col. Galicia en cómic, n.º 1, setembro 2002, 44 pp. (ISBN: 84- 95622-64-5). B CC. EDUC. 869-2864 _____ , Rumbo ao Maluco , Premio Avilés de Taramancos de Relatos de Aventuras, ilust. de X. L. Veiras Manteiga, Noia-A Coruña: Toxosoutos , col. Nume, xullo 2003, [mocidade], 68 pp. (ISBN: 84-95622-91-2). B Xeral GA-34916/R-55074 Agulla Pizcueta , Xoaquín, Cántico 1977-81 , Pontevedra: Edición do autor, col. Chorima, n.º 1, 1981, 92 pp. (ISBN: 84-300-4439-6). B Filoloxía 8699 AGU-1 _____ , A viaxe alucinante de Peter o cosmonauta , ilust. Ramón Alberto Trigo, Ourense: Edición do autor, distribúe Sotelo Blanco Edicións, 1986, 82 pp. (ISBN: 84-398-8263- 7). B CC. EDUC. 869-158 _____ , Era unha vez o mundo do envés , 2º premio de teatro infantil de Xove 1985, Ourense: Edición do autor, distribúe Sotelo Blanco Edicións, 1986, 33 pp. (ISBN: 84- 398-8188-6). B CC. EDUC. 869-169 _____ , A historia da buguina , ilust. Xan Carlos López, Vigo: Edicións Xerais de Galicia, col. Merlín, serie Verde (de 9 anos en adiante), 1988, 53 pp. (ISBN: 84-7507- 494-5). B CC. EDUC. 869-370 Alcalá , Xavier, Fumes de papel , A Coruña: Vía Láctea, maio 1988, 142 pp. (84-86531-45-4) // 4 Vigo: Galaxia, ilust. Ánxeles Ferrer, col. Árbore, n.º 53, serie Rosa (a partir dos 15 anos e para adultos), 1992, 164 pp. (ISBN: 84-7154-852-6) // col. Costa oeste, [mocidade], 2004, 162 pp. (ISBN: 84-8288-679-7). B CC. EDUC. 869-1182/B CC. EDUC. 869- 334 Alcalá , Xavier, Carlos Vila Sexto e Xosé Antonio Neira Cruz , Contos da ruta , VIII Tren Caixa Galicia, Ruta marítima, Ría de Arousa 96, ilust. Ramón e Beatriz Prado, Pontevedra: Biblioteca Nova 33/Fundación Caixa Galicia, col. Nova 33, n.º 14, 1996, 191 pp. (ISBN: 84-89231-13-3). GA-18554/Filoloxía 8699CONT-16 Alcalde , Xabier, A sorte de espertar , Vigo: Galaxia, col. Costa oeste, n.º 25, [mocidade], outubro 1999, 127 pp. (ISBN: 84-8288-310-0).

View Full Text

Details

  • File Type
    pdf
  • Upload Time
    -
  • Content Languages
    English
  • Upload User
    Anonymous/Not logged-in
  • File Pages
    315 Page
  • File Size
    -

Download

Channel Download Status
Express Download Enable

Copyright

We respect the copyrights and intellectual property rights of all users. All uploaded documents are either original works of the uploader or authorized works of the rightful owners.

  • Not to be reproduced or distributed without explicit permission.
  • Not used for commercial purposes outside of approved use cases.
  • Not used to infringe on the rights of the original creators.
  • If you believe any content infringes your copyright, please contact us immediately.

Support

For help with questions, suggestions, or problems, please contact us