A NARRATIVA XUVENIL A DEBATE (2000-2011) tttt Coordinación: Blanca-Ana Roig Rechou Isabel Soto López Marta Neira Rodríguez (USC) Edición: Helena Pérez Produción: Antón Pérez © LIJMI (Red Temática de Investigación «Las Literaturas Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoamericano». USC) © Ilustración de cuberta e interiores: Pablo Vidal © para esta edición, Edicións Xerais de Galicia, S.A., 2012 Dr. Marañón, 12. 36211 VIGO [email protected] ISBN: 978-84-9914-429-0 Depósito legal: VG 488-2012 Impreso en Obradoiro Gráfico, S.L. Polígono do Rebullón, 52 D 36416 Mos (Pontevedra) Reservados todos os dereitos. O contido desta obra está protexido pola Lei, que prohibe a reprodución, plaxio, distribución ou comunicación pública, en todo ou en parte, dunha obra literaria, artística ou científica, ou a súa transformación, interpretación ou execución artística fi xada en calquera tipo de soporte ou comunicada a través de calquera medio, sen a preceptiva autorización. A NARRATIVA XUVENIL A DEBATE (2000-2011) tttttt Coordinación: Blanca-Ana Roig Rechou (USC) Isabel Soto López (USC) Marta Neira Rodríguez (USC/CEU-UVI) Equipo redactor: Eulalia Agrelo Costas – Mikel Ayerbe – Pilar Bendoiro Mariño João Luís Ceccantini – Jesús Díaz Armas – Liliana Dorado Mar Fernández Vázquez – Mª del Carmen Ferreira Boo José António Gomes – Laura Guerrero Guadarrama – Gemma Lluch Jose Manuel López Gaseni – Lourdes Lorenzo Maria Madalena Marcos Carlos Teixeira da Silva Nieves Martín Rogero – Mari Jose Olaziregi – Alice Áurea Pentedo Martha-Ana Margarida Ramos – Mar Rayó – Sara Reis da Silva María Victoria Sotomayor Sáez – Vera Teixeira de Aguiar ÍNDICE K Páx 1. Introdución ................................................................... 7 2. Uma escrita de transição. Contributos para uma reflexão sobre literatura juvenil. Maria Madalena Marcos Carlos Teixeira da Silva ................................................................. 13 3. La narrativa para los adolescentes del siglo XXI. Gemma Lluch ................................................................... 39 4. Unha selección para a educación literaria ....................... 61 5. Comentarios para a formación lectora ........................... 95 Ámbito ibérico 5.1. Actualización dun mito nunha temática tabú: A cabeza de Medusa, de Marilar Aleixandre. María del Carmen Ferreira Boo ...................................... 97 5.2. ¿Hacia dónde vamos? Unos inquietantes Futuros peligrosos, de Elia Barceló. María Victoria Sotomayor ..... 113 5.3. Literatura per sobreviure al maltractament: M de Lolita Bosch. Mar Rayó ........................................ 121 5.4. Luces e sombras en Vincent (van Gogh): O pintor do sombreiro de malvas, de Marcos Calveiro. Mar Fernández Vázquez ......................................................................... 131 5.5. Ok, señor Foster, de Eliacer Cansino. Cuando la cámara captura la indeterminación de la existencia. Nieves Martín Rogero .................................................... 145 5.6. Un berro silencioso contra a barbarie: Corredores de sombra, de Agustín Fernández Paz. Eulalia Agrelo Costas .. 155 5.7. Nueva poliantea de saberes indispensables (e imposibles): El río que se secaba los jueves (y otros cuentos imposibles), de Víctor González. Jesús Díaz Armas ........................................................... 169 5.8. Vida e instrucciones de uso. El calcetín suicida y Un cocodrilo bajo la cama, de Mariasun Landa. Mari Jose Olaziregi ........................................................ 177 5.9. Liburuzain bat ispiluan barrena: Karlos Linazasororen Bestiarioa.Hilerrikoiak / Un bibliotecario a través do espello: Bestiarioa. Hilerrikoiak, de Karlos Linazasoro. Jose Manuel López Gaseni ................................................................. 187 5.10. Memórias de um tempo difícil: Filhos de Montepó, de António Mota. Ana Margarida Ramos, José António Gomes, Sara Reis da Silva .............................................. 205 5.11. Quan la violència entra a l’escola: La mosca. Assetjament a les aules, de Gemma Pasqual. Mar Rayó .... 219 5.12. D’una infància perduda en el Mediterrani: El cementiri del capità Nemo, de Miquel Rayó. Mar Rayó ....................................................................... 227 5.13. Ramon Saizarbitoriaren Kandinskyren tradizioa: testuartekotasun estrategietan barna / Kandinskyren tradizioa [A tradición de Kandisky] de Ramon Saizarbitoriaren: unha incursión nas estratexias intertextuais. Mikel Ayerbe ............................................ 237 5.14. Literatura juvenil e temas fraturantes, o caso de Para maiores de dezasseis, de Ana Saldanha. Ana Margarida Ramos, José António Gomes, Sara Reis da Silva ........................................................... 259 5.15. Meia hora para mudar a minha vida de Alice Vieira: narrativa juvenil, ficcionalização de dramas afectivos e crítica social. Ana Margarida Ramos, José António Gomes, Sara Reis da Silva .............................................. 271 Ámbito iberoamericano 5.16. Alice no espelho, de Laura Bergallo: narrativa juvenil e construção identitária. Alice Áurea Penteado Martha ........................................................... 281 5.17. Monte Verità, de Gustavo Bernardo: a ética no fio da navalha. João Luís Ceccantini .......................... 291 5.18. Árboles blancos de Magdalena Helguera: Literatura juvenil y terrorismo de Estado. Liliana Dorado .............. 303 5.19. Billie Luna Galofrante, de Antonio Malpica y los galofreos de la vida. Laura Guerrero Guadarrama .... 319 5.20. Supernaturalia. Una selección, de Norma Muñoz Ledo. Criptozoografía mestiza de México. Laura Guerrero Guadarrama .......................................... 327 5.21. História versus ficção em Alma de fogo: um episódio imaginado da vida de Álvares de Azevedo, de Mario Teixeira. Vera Teixeira de Aguiar ..................... 335 Noutras linguas 5.22. Adaptando o terror: “The legend of Sleepy Hollow” / “A lenda de Sleepy Hollow”, de Washington Irving. Lourdes Lorenzo ............................................................ 343 6. Equipo redactor e coordinador ...................................... 359 1. introdución K ste novo monográfico xorde, como todos os anteriores re- collidos nesta mesma serie, do esforzo por concretar nunha Epublicación e darlles continuidade aos obxectivos marcados pola Red Temática “Las Literaturas Infantiles y Juveniles del Mar- co Ibérico e Iberoamericano” (LIJMI). Esta Red de investigación afonda no estudo de temas concretos que se analizan partindo de presupostos metodolóxicos e teóricos actuais e cuxos resultados se presentan no Curso de Formación Continua “As literaturas infantís e xuvenís ibéricas. A súa influencia na formación lectora”, que orga- niza con periodicidade anual a Universidade de Santiago de Com- postela coa colaboración doutras institucións. O tema obxecto de debate na presente entrega é o estudo da na- rrativa xuvenil publicada no período que vai de 2000 a 2011, unha produción de grande importancia dirixida a unha faixa de idade rodeada de certa indeterminación, mais situada entre a infancia e a idade adulta e fundamental para lograr unha futura fidelización do lectorado e a construción dun sistema de valores que axuden ao de- senvolvemento da personalidade e á definición do papel social que desenvolverán os adultos do futuro. Nas páxinas que seguen realí- zase pois un esforzo por delimitar as características predominantes da “narrativa xuvenil” no abano temporal elixido, abordando con particular interese as temáticas, os códigos do imaxinario xuvenil 7 A N A RR A TIV A XUVENIL A DEB A TE (2000-2011) representados ou a concepción das series e coleccións que se dirixen a este público. A presentación do tema parte de dúas achegas introdutorias. No estudo titulado “Uma escrita de transição. Contributos para uma reflexão sobre literatura juvenil”, realizado pola profesora da Univer- sidade dos Açores Maria Madalena Marcos Carlos Teixeira da Silva, incídese na necesidade de recoñecer o carácter específico das obras que se encadran dentro da denominada literatura xuvenil, por mor da súa proxección nos últimos anos, fronte ás pertencentes á litera- tura infantil ou á literatura de adultos. A seguir, saliéntanse os trazos recorrentes que presentan as novelas e relatos que forman parte deste subsistema, apuntado as dificultades de estabelecer unha definición estábel, tendo en conta factores como a heteroxeneidade ou a impre- cisa idea arredor da xuventude. Apunta a concepción da literatura xuvenil como espazo ponte, que se plasma tanto en rexistros na- rrativos realistas coma fantásticos e que demostra un crecente enri- quecemento dos procesos compositivos e das mensaxes, trazos que conflúen en obras cuxo valor artístico busca integrarse nos paráme- tros da literatura para adultos, sen renegar dos valores normalmente asociados á cultura xuvenil. O debate conta tamén con outro punto de apoio, o que introduce a profesora da Universidade de Valencia Gemma Lluch, que en “Las narrativas para los adolescentes del siglo XXI” afonda na diferenza existente entre os relatos pertencentes ao circuíto da lectura reco- mendada nos centros educativos e aqueloutros deslocalizados dese contexto e que se mercan de xeito impulsivo, sometidos a factores como as estudadas campañas de venda das editoriais ou a apertu- ra cara á participación do lectorado a través da creación de relatos multimedia. Analízanse pormenorizadamente os elementos que ca- racterizan este tipo de estratexias, coma tal, as claves dos primeiros
Details
-
File Typepdf
-
Upload Time-
-
Content LanguagesEnglish
-
Upload UserAnonymous/Not logged-in
-
File Pages364 Page
-
File Size-