Bibliografía de Manuel María na BUSC Letras Galegas 2016 Biblioteca Xeral da Universidade de Santiago de Compostela Ir a Iacobus... Páxina 0 Índice CRONOLOXÍA DE MANUEL MARÍA (1929-2004) ..................................................................................... 2 BIBLIOGRAFÍA DE MANUEL MARÍA NA BUSC.......................................................................................... 5 OBRA POETICA .................................................................................................................................... 5 OBRA DRAMÁTICA ............................................................................................................................ 16 NARRATIVA ....................................................................................................................................... 19 LIBROS PARA NENOS ......................................................................................................................... 20 ENSAIO .............................................................................................................................................. 24 OBRAS EN COLABORACIÓN ............................................................................................................... 25 OUTRAS COLABORACIONS ................................................................................................................ 31 PARTES DE LIBROS............................................................................................................................. 36 ARTIGOS ............................................................................................................................................ 61 ENTREVISTAS ..................................................................................................................................... 78 Ir a Iacobus... Páxina 1 CRONOLOXÍA DE MANUEL MARÍA (1929-2004) 1929 Manuel María Fernández Teixeiro nace en Outeiro de Rei (Lugo) o 6 de outubro no seo dunha familia labrega acomodada. Será o maior dos catro fillos de Antonio e Pastora. 1943 Morre o seu pai e trasládase a vivir a Lugo co seu tío Xosé Fernández que é párroco, profesor do instituto feminino e dono dunha nutrida biblioteca. Nesta época é cun criado que traballa na casa, Manuel de Paderna, aprende a facer versos. 1949 Con só dezanove anos pronuncia no Círculo das Artes de Lugo a súa primeira conferencia; intégrase na tertulia luguesa do “Café Méndez Núñez”, invitado polo poeta Luis Pimentel e na que participan tamén escritores como Ánxel Xohán, Ánxel Fole, Ramón Piñeiro, Aquilino Iglesia Alvariño, Álvaro Cunqueiro ou Carballo Calero. Convértese en editor da revista Xistral onde publica os seus primeiros versos. 1950 Publica o seu primeiro libro, Muiñeiro de brétemas, poemario inaugural da chamada 'Escola da Tebra' e que o converte no poeta máis novo que publicaba en galego na posguerra e representante da corrente existencialista europea. 1951 Escribe Morrendo a cada intre e publica catro contos en Cadernos Grial. 1952 Nesta época en Santiago, cumprindo o servizo militar co seu amigo Uxío Novoneyra, establecerá relación con outros autores como Borobó, Bouza Brey, Ramón Lugrís, García Sabell, Ramón Piñeiro, Otero Pedrayo... e, sobre todo, Carlos Maside que o introduce nas teses marxistas. 1954 Publica en Bos Aires Advento, de carácter marcadamente existencialista, e Terra Chá de temática paisaxística con limiar de Anxel Fole. 1957 Aproba o exame para exercer oficialmente de procurador nos Tribunais e convértese en asidua a súa colaboración con El Ideal Gallego 1959 Vive en Monforte onde exerce de Procurador de Tribunais. Nestes anos participa en varios certames poéticos e casa con Saleta Goi García. 1962 Libro de pregos, escrito xa en 1951 profundamente influído pola morte do seu irma Xesús María aos trece anos xa fora premiado en Bos Aires no ano 1955 e o publica agora con pequenas variacións. Porén, os anos sesenta e setenta serán de transición dende aquela tristura existencial cara unha temática mais social e de compromiso político e nacionalista. Este compromiso no social, político e cultural plasmarase en empresas levadas a cabo con Saleta como a publicación da colección Val de Lemos, onde viron a luz poemas de Luz Pozo, Carballo Calero, Pura Vázquez ou Cabanillas; ou a relación coa Nova Canción Galega (Manuel María converteuse nun dos poetas máis cantados polos grupos galegos marcadamente antifranquistas e galeguistas) e a participación activa na política colaborando na fundación da UPG e da ANPG. Son anos nos que intensifica a súa creación como poeta (Mar Maior), como narrador(Contos en cuarto crecente e outras prosas) e dramaturgo (Auto do labrego) 1964 Con Saleta, integrase na UPG recentemente creada na clandestinidade. Ir a Iacobus... Páxina 2 1968 Publica o seu primeiro traballo de poesía para nenos: Os soños na gaiola ao que porá música Suso Vaamonde en 1979. Iniciase un período especialmente fecundo na súa produción poética. Sucesivamente irán saíndo do prelo: Proba documental, Versos pra cantar en feiras e romaxes, Versos pra un país de minifundios, Remol,.... 1970 E nomeado membro correspondente da Real Academia Galega. Traduce ao español Os vellos non deben de namorarse de Castelao, para a revista Primer acto onde tamén publica Noticias del teatro gallego. 1972 Publica en Portugal Odas nun tempo de paz e de ledicia, onde utiliza novamente un procedemento irónico-satírico para exercer a denuncia social. 1973- Publica en Montevideo Informe para axudar a alcender unha cerilla que inaugura a tipoloxía do poema longo, cun fio temático que se mantén durante toda a obra. Nesta mesma liña publica Aldraxe contra a xistra e Laio e cramor pola Bretaña. Os anos setenta son tamén de publicación de obras relacionadas co compromiso ideolóxico (no 1979 e concelleiro en Monforte polo BN-PG) como Cantos rodados pra alleados e colonizados, Poemas pra construír unha patria, Cataventos de neutrós domesticados,... A parte da poesía, publica tamén varias obras dramáticas -Auto do mariñeiro (brevísima farsa dramática en tres tempos), Barriga verde, Farsa de Bululú, Auto transcendental do ensino tradicional, Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela,...- obras para nenos como As rúas do vento ceibe (continuación de Os soños na gaiola) e Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela; e ensaios como Noticia da poesía galega de posguerra publicado pola Sociedade da Lingua Portuguesa. 1980- Os anos oitenta supoñen na súa obra poética un afondamento nas temáticas mais intimistas e paisaxísticas sen deixar de lado a preocupación social. Viaxa a Venezuela, Suíza, Euskalherría, Italia, Grecia,.... Publica Libro de Baladas e Poemas da Labarada estremecida, Versos do lume e o vaga-lume, As lúcidas lúas do outono Oráculos para cavalinhos-do-demo, O Miño, canle de luz e néboa,... En 1985 abandona a militancia na UPG e en 1987 e nomeado fillo adoptivo de Monforte. Varias das súas pezas de teatro son traducidas ao euskera. 1990- Na década dos noventa Manuel María recibe numerosos recoñecementos como o premio "Celanova, casa dos poetas", en 1990, ou o "Pedrón de Ouro", que recibe en 1994 na Casa Museo de Rosalía de Castro. Asemade, o 15 de setembro de 1995 a Asociación Socio-Pedagóxica Galega dedícalle unha homenaxe no Teatro Rosalía de Castro da Coruña. En maio de 1997 faino a Asociación de Escritores en Lingua Galega organizando un encontro en Outeiro de Rei baixo o título "O escritor na súa terra". Fanse nestes anos varias reedicións dos seus traballos. A colección “O Barco de Vapor” publica A tribo ten catro rios e Cando o mar foi polo rio. Miguel Anxo Fernan- Vello e Miguel A. Mato Fondo dedícanlle, en Espiral Maior, unha Antoloxía poetica. 1998 Traspasa a Libraría Xistral en Monforte e instálase con Saleta na Coruña. 2001 Espiral Maior edita a súa Obra poética completa en dous volumes que merecerá o Premio Irmandade do Libro ao mellor título editado nese ano e o da Crítica de Galicia Ir a Iacobus... Páxina 3 no ano seguinte. Tamén será premiado pola Asociación de Escritores en Lingua Galega. 2002 Publica o que será o seu último poemario en vida, Entre a arxila e a luz. Aínda que xa está retirado da militancia política, participa activamente nas campañas de Burla Negra e Nunca Mais tras o desastre do Prestige. 2003 A proposta de Xosé Luís Franco Grande, Ramón Lorenzo Vázquez e Xosé Luís Méndez Ferrín ingresou como numerario na Real Academia Galega co discurso A Terra Chá: poesía e paisaxe sendo respostado por Méndez Ferrín. 2004 Finou na Coruña, onde vivía dende 1998, o 8 de setembro e foi soterrado en Outeiro de Rei, despois do velorio no Panteón de Galegos Ilustres. Ir a Iacobus... Páxina 4 BIBLIOGRAFÍA DE MANUEL MARÍA NA BUSC OBRA POETICA Manuel María, 1929-2004 Obra poética completa / Manuel María. -- A Coruña : Espiral Maior, 2001. -- 2 v ; 25 cm. -- (Opera Omnia (Espiral Maior)). -- ISBN: 84-95625-24-5; 84-95625-25-3; 84-95625-29-6. -- Contén: V.1: (1950-1979) : Muiñeiro de brétemas, Morrendo a cada intre, Advento, Terra Chá, Documentos persoais, Libro de pregos, Libro de cantigas, Mar maior, Versos florecidos en louvanza de Foz, Os soños na gaiola, Proba documental, Versos para un país de minifundios, Versos para cantar en feiras e romaxes, Remol, Canciós do lusco ao fusco, Odes nun tempo de paz e de alegría, Aldraxe contra a xistra, Informe para axudar a alcender unha cerilla, Laio e clamor pola Bretaña, Cantos rodados para alleados e colonizados, Poemas para construír unha patria, Poemas ao Outono, O libro
Details
-
File Typepdf
-
Upload Time-
-
Content LanguagesEnglish
-
Upload UserAnonymous/Not logged-in
-
File Pages79 Page
-
File Size-