Dodro – a Coruña Proxecto

Dodro – a Coruña Proxecto

DODRO – A CORUÑA PROXECTO DE: MELLORA DO ACCESO PEONIL EN LESTROVE E OUTROS AUTOR: Pablo Blanco Ferreiro Enxeñeiro de Camiños, C. e P. Col. Nº.: 22.992 DATA: ABRIL DE 2018 POLÍGONO DEL TAMBRE - VÍA LA CIERVA Nº 15 15890 - SANTIAGO DE COMPOSTELA Teléfono:(981)57 07 70 - Fax:(981) 57 01 11 ESTUDIO TÉCNICO GALLEGO, S.A. e-mail: [email protected] Ref: 03DO18003 MEMORIA ESTUDIO TÉCNICO GALLEGO S. A. MEMORIA PROXECTO DE: MELLORA DO ACCESO PEONIL EN LESTROVE E OUTROS (DODRO - A CORUÑA) I.- ANTECEDENTES Redáctase o presente Proxecto a petición do Excmo. Concello de DODRO, coa finalidade de presentar ante os Organismos Competentes, ao obxecto de solicitar as oportunas subvencións que lle permitan executar as obras a maior brevidade posible. II.- DESCRIPCIÓN DAS OBRAS E XUSTIFICACIÓN DA SOLUCIÓN ADOPTADA 1.- MELLORA DO ACCESO PEONIL EN LESTROVE Pretendese a continuidade dos itinerarios peonís no núcleo de Lestrove evitando a utilización da calzada da estrada AC-305 e mellorando, así, a seguridade viaria. A proximidade do centro de saúde deriva nunha alta asiduidade de persoas, principalmente de avanzada idade, que fai imprescindible o acondicionamento dos itinerarios a fin de eliminar a actual situación de perigosidade. Para elo proponse a execución de 241,50 m² de senda en formigón asentada sobre zahorra, incluíndo a formación dunha rampla que permita unir os itinerarios peonís existentes. Para o acondicionamento desta última será preciso proceder a demolición dunhas escaleiras e a execución dun muro de mampostería, semellante ós existentes, de 15 m e 1m de altura media, así coma a instalación de 15 m de varanda e 20 m de barreira de seguridade. 2.- MELLORAS NA REDE CONTRAINCENDIOS DE LESTROVE Ante a tipoloxía dos rueiros do núcleo de Lestrove, que dificultan o acceso de vehículos de grandes dimensións, resulta imprescindible dotar dun sistema de hidrantes contra incendios o suficientemente extenso que permita o seu uso axeitado en caso de necesidade xa que experiencias previas demostraron as carencias neste senso. Así proponse a colocación de 26 bocas de rego sobre a rede de abastecemento existente. ESTUDIO TÉCNICO GALLEGO S. A. MEMORIA 3.- ACONDICIONAMENTO DE CUNETA EN LESTROVE A proximidade das vivendas á calzada da estrada AC-305, provoca que o acceso a elas se realice directamente sobre un caz sen reixa cunha rasante irregular, que está provocando unha situación de perigosidade para os peóns. A fin de corrixir esta situación, contemplase a instalación de 123 m de marco e reixa de chapa perforada de 6 mm de ferro galvanizado sobre o caz. 4.- MELLORA DO CAMIÑO DAS LAXES As incidencias climatolóxicas acaecidas neste último inverno provocaron un deterioro considerable do pavimento do camiño que necesita ser reparado para manter as condicións de seguridade axeitadas para o seu uso. Proponse, para elo, a extensión de 5 cm de aglomerado en quente previo bacheo con 10 cm de grava e tratamento semiprofundo en dous treitos de 58 m x 4,3 m e 27 m x 3 m. Tamén se contempla a limpeza de cunetas, a posta a cota de 4 arquetas e a colocación de 3 m de caz con reixa. 5.- PAVIMENTACIÓN EN RECHENLA - CAMPO DA FESTA Ó igual que no caso anterior, as incidencias climatolóxicas acaecidas neste último inverno provocaron un deterioro considerable do pavimento. Por tratarse dun núcleo e a fin de limitar o seu deterioro proponse a substitución do actual pavimento asfáltico por outro de formigón nunha superficie de 339 m² previa escavación e canalización de 50 m de tubaxe para recollida de pluviais con colocación 12,5 m de caz con reixa. Nos planos, cadros de medicións e presupostos especifícanse as unidades de obra a realizar, así como as características, dotacións e dimensións dos materiais propostos. En función das necesidades e pretensións municipais, dispoñibilidades orzamentarias, estado das obras e resposta de actuacións similares na zona considérase que as unidades presupostadas representan a solución máis acorde co fin a acadar. III.- CONDICIÓNS DOS MATERIAIS O Prego prescribe as condicións que han de cumprir os materiais. Cando para a súa descrición se utilicen marcas comerciais, enténdese que poden ser substituídas, en todo caso, por outras de características semellantes ou superiores, aínda que non figure así na descrición incluída nalgún dos apartados deste Proxecto. IV.- NORMAS CONSTRUTIVAS Esixiranse as normas construtivas que aparecen no Prego de Condicións, ademais das incluídas nas normas de carácter xeral vixentes. Nos prezos unitarios entenderanse incluídos os medios auxiliares, ferramentas e dispositivos necesarios para a completa terminación da obra. As unidades de obra deben estar totalmente terminadas aínda que algúns elementos non aparezan taxativamente determinados nos Cadros de Prezos e Presupostos. ESTUDIO TÉCNICO GALLEGO S. A. MEMORIA V.- PREZOS O cálculo dos prezos das distintas unidades de obra realizase considerando custes directos e indirectos precisos para a súa execución. Os prezos nomeados en letra no apartado de Cadro de Prezos, coa rebaixa que resulte na subasta ou concurso, son os que serven de base ó contrato, e o contratista non poderá reclamar que se introduza modificación algunha neles baixo ningún pretexto de error ou omisión. Nos custes da man de obra e rendementos tense en conta o determinado no vixente Convenio da Construción da Provincia. Os custes dos materiais son os habituais da zona. VI.- PRAZO DE EXECUCIÓN Dadas as características das obras considérase necesario e suficiente un prazo de SEIS (6) meses para a correcta terminación das mesmas. VII.- CLASIFICACIÓN DO CONTRATISTA Dado que o Presuposto da obra é inferior a 500.000,00 euros, non é precisa a esixencia de clasificación para licitar á obra. Non obstante indícase que a clasificación que corresponde o presente Proxecto é: Grupo G, Subgrupo 6, Categoría 1 VIII.- DISPOÑIBILIDADE DOS TERREOS As obras obxecto do presente Proxecto contan cos terreos necesarios postos a disposición polo Concello. IX.- REVISIÓN DE PREZOS De acordo co disposto no artigo 103 da Lei 9/2017 de Contratos do Sector Público, considérase que non procede a revisión de prezos para este proxecto. X.- ESTUDO BÁSICO DE SEGURIDADE E SAUDE Tal e como se indica no Anexo 2, inclúese no presente proxecto un Estudo Básico de Seguridade e Saúde nas Obras de Construción, xustificando a súa aplicación en base aos seguintes condicionantes: • O presuposto de execución por contrata incluído no proxecto é inferior a 450.759,08 euros (75.000.000 pesetas). ESTUDIO TÉCNICO GALLEGO S. A. MEMORIA • En ningún momento se empregan máis de 20 traballadores simultaneamente. • O volume de man de obra sumando todas as partidas incluídas na descomposición de prezos alcanza a cantidade de 94 días de traballo (748,11 h). • O proxecto non se refire a obras de túneles, galerías, conducións soterradas nin presas. Por tanto non é necesario o Estudo de Seguridade e Saúde, sendo necesario o Estudo Básico de Seguridade e Saúde segundo o indicado no apartado 2) Artigo 4 do Real Decreto 1627/1997, de 24 de outubro. XI.- CUMPRIMENTO NORMATIVA ACCESIBILIDADE O presente Proxecto cumpre coa normativa de accesibilidade vixente e que se relaciona a continuación: • Lei 10/2014, do 3 de decembro de accesibilidade de Galicia. • Lei 8/1997, de 20 de agosto, de accesibilidade e supresión de barreiras de Galicia, derogada con carácter xeral (agás o establecido no parágrafo primeiro do apartado 1 do artigo 40 e no apartado 1 do artigo 44 de dita Lei), pola Lei 10/2014, de 3 de decembro, de accesibilidade de Galicia. • Decreto 35/2000, do 28 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento de desenvolvemento e execución da Lei de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia. • Orden VIV/561/2010, de 1 de febreiro, por la que se desenvolve o documento técnico de condicións básicas de accesibilidade e non discriminación para o acceso e utilización dos espazos públicos urbanizados. XII.- DECLARACIÓN DE OBRA COMPLETA Faise mención expresa de que o presente Proxecto refírese a obra completa e por tanto susceptible de utilización ou aproveitamento separado e constitúe unha unidade funcional, sen prexuízo de ulteriores ampliacións de que poida ser obxecto, e comprende todos e cada un dos elementos precisos para la utilización da obra. XIII.- DOCUMENTOS DE QUE CONSTA O PRESENTE PROXECTO - MEMORIA ANEXOS - PLANOS - PREGO DE CONDICIÓNS - PRESUPOSTO MEDICIÓNS CADRO DE PREZOS Nº 1 CADRO DE PREZOS Nº 2 PRESUPOSTO ESTUDIO TÉCNICO GALLEGO S. A. MEMORIA XIV.- PRESUPOSTO Ascende o Presuposto Base de Licitación (sen IVE) á cantidade de CINCUENTA E SETE MIL NOVECENTOS NOVE EUROS con TRECE CÉNTIMOS (57.909,13 €). Ascende o Presuposto Base de Licitación (IVE incluído) á cantidade de SETENTA MIL SETENTA EUROS con CINCO CÉNTIMOS (70.070,05 €). Dodro, abril 2018 O Enxeñeiro de Camiños, C. e P. Asdo.: Pablo Blanco Ferreiro ESTUDIO TÉCNICO GALLEGO S. A. ANEXOS ESTUDIO TÉCNICO GALLEGO S. A. ANEXO Nº 1 XUSTIFICACIÓN DE PREZOS ESTUDIO TÉCNICO GALLEGO S. A. PREZOS UNITARIOS ESTUDIO TÉCNICO GALLEGO S. A. PREZOS UNITARIOS - MAN DE OBRA Ref.: 03DO18V02 Código Ud Descripción Prezo € OA H. Axundante de oficio. .......................................................... 12,81 OC H. Capataz ............................................................................. 14,92 OO1 H. Oficial 1ª. ........................................................................... 13,42 OO2 H. Oficial 2º. ........................................................................... 13,17 OPE H. Peón Especialista. ............................................................

View Full Text

Details

  • File Type
    pdf
  • Upload Time
    -
  • Content Languages
    English
  • Upload User
    Anonymous/Not logged-in
  • File Pages
    163 Page
  • File Size
    -

Download

Channel Download Status
Express Download Enable

Copyright

We respect the copyrights and intellectual property rights of all users. All uploaded documents are either original works of the uploader or authorized works of the rightful owners.

  • Not to be reproduced or distributed without explicit permission.
  • Not used for commercial purposes outside of approved use cases.
  • Not used to infringe on the rights of the original creators.
  • If you believe any content infringes your copyright, please contact us immediately.

Support

For help with questions, suggestions, or problems, please contact us