Cultura E Autismo

Cultura E Autismo

CULTURA E AUTISMO AUTISMO GALICIA MAREMAGNUM AUTISMO GALICIA Nº 23. Ano 2019 Número Ordinario galego/castelán Director Cipriano Luís Jiménez Casas [email protected] Consello de Redacción Ana Martínez Díez Emma Cuesta Fernández Susana Rodríguez Blanco Manuel Ojea Rúa Cipriano Luís Jiménez Casas Corrección Lingüística Secretaría Xeral de Política Lingüística Adriana Pazos Ottón Ilustración portada Pepe Barro [email protected] 660802393 Edita AUTISMO GALICIA Rúa Home Santo de Bonaval, 74 baixo 15703 Santiago de Compostela Tfno. 34 981 589 365 E-mail: [email protected] www.autismogalicia.org I.S.S.N. 1698-5966 Dep. Legal: 378-1997 Impresión Difux, S.L. Sumario – GALEGO – 7 CULTURA E AUTISMO Editorial 13 CAMIÑO DO CAMIÑO paRA TODOS Román Rodríguez González 19 CULTURA GALEGA Rosario Álvarez Blanco 25 MÚSICA, EMOCIÓN, DIÁSPORA E COMUNIDADE. UN RELATO PERSOAL Cristina Pato Lorenzo 33 A COMUNICAÇÃO E A INFORMAÇÃO NA CULTURA Moisés de Lemos Martins 41 A INTRACULTURALIDADE NO ESpaÇO LUSÓFONO Tomás José Jane 53 CINZAS DO OUTRO LADO DO ESPELHO E O QUE MARTHA ENCONTROU POR LÁ Antonio Hohlfeldt & Ana Cláudia Munari Domingos 65 UM OLHAR COMPLEXO SOBRE O AUTISMO Nize Maria Campos Pellanda Correio 75 EMPOWER PARENTS: CONQUISTANDO ESpaZOS COMÚNS Laura Donis Quintana 83 TI EN MIN, EU EN TI. MUSEOS CON TODXS Encarna Lago González & Carolina Casal Chico – TRADUCCIÓN CASTELLANO – 95 CULTURA Y AUTISMO Editorial 101 CAMINO DEL CAMINO paRA TODOS Román Rodríguez González 107 CULTURA GALLEGA Rosario Álvarez Blanco 113 MÚSICA, EMOCIÓN, DIÁSPORA Y COMUNIDAD. UN RELATO PERSONAL Cristina Pato Lorenzo 121 LA COMUNICACIÓN Y LA INFORMACIÓN EN LA CULTURA Moisés de Lemos Martins 129 LA INTRACULTURALIDAD EN EL ESpacIO LUSÓFONO Tomás José Jane 141 CENIZAS DEL OTRO LADO DEL ESPEJO Y QUE SE ENCONTRÓ MARTHA POR ALLÍ Antonio Hohlfeldt & Ana Cláudia Munari Domingos 153 UNA MIRADA COMPLEJA SOBRE EL AUTISMO Nize Maria Campos Pellanda Correio 163 EMPOWER PARENTS: CONQUISTANDO ESpacIOS COMUNES Laura Donis Quintana 171 TI EN MIN, EU EN TI. MUSEOS CON TODXS Encarna Lago González & Carolina Casal Chico CULTUR A E AUTISMO Editorial Moitas figuras relevantes das ciencias e as artes, trataron de definir e clasificar a cultura. Foi o caso de Alfred Kroeber (1876-1960), e de Clyde Kluckhohn (1905- 1960), que en 1952, compilaron un listado de 164 definicións de cultura e clasificaron a máis de 250 distintas. Para a RAG, a cultura sería: “un conxunto de coñecementos xerais que posúe unha persoa, adquiridos mediante a instrución ou a experiencia”. Desde a Revolución Francesa, a cultura formou parte dos valores asociados aos prin- cipios de liberdade, igualdade e fraternidade, a herdanza máis prezada pola humani- dade, na cal atópanse as ciencias, as letras, as artes (incluídas a gastronomía, a alta costura...), e demais saberes que o mundo enteiro recoñece. En 2011 o Consello da Cultura Galega, publicou: “Reflexión estratéxica sobre a cultura galega a través dun novo contrato”, de propostas sociais e institucionais para o futuro, ao redor de nación-cultura, identidade e proxección exterior, idea de cul- tura como marca (novas formas de xestionar e gobernar), imaxinar pais (sociedade do coñecemento e creación artística), dimensión empresarial (desenvolvemento e investimento estratéxico), patrimonio cultural e natural e reformulación de políticas públicas e democráticas (planificación, avaliación e rendición de contas), son algúns dos temas analizados. Obviamente, o desenvolvemento dunha boa política cultural e os programas que o acompañen, serán decisivos de cara a unha mellor calidade de vida da cidadanía a recoñecer a diversidade das expresións culturais nun espazo público da cultura. Os eixos fundamentais do desenvolvemento da cultura están na súa democra- tización, descentralización, pluralismo artístico, o papel dos medios de comunica- ción, a diversidade das demandas artísticas e culturais sen xerarquización, o reco- ñecemento das artes consideradas menores (cómics, artes decorativas, deseño, jazz, música moderna e electrónica p. ex.,), así como o apoio ás disciplinas emerxentes (arte na rúa, circo, etc.). Estes principios establecerían os vínculos coas políticas educativas: artes e cultura na escola, investigación en materia cultural e debate público, acceso universal, elimi- 7 Editorial nación de todo tipo de barreiras e promoción e inclusión da cultura para todos a través das redes de equipamentos e organización de actividades e alianzas con diferentes sectores e institucións. M. Garcés, no seu libro Nueva ilustración radical (Anagrama, 2017), comenta como: “A cultura moderna mobiliza dúas ideas: a identidade nacional e a prosperidade económica...” e nomea a Hegel (1770-1831): Filosofía do dereito, o que fai a cultura: “é liberar o cidadán dos particularismos para integrar o suxeito no Estado”, a Freud (1856-1939): O malestar na cultura, que analiza: “a dor desta integración, represiva e forzosa e as súas entrañas psíquicas e políticas”, a Nietzsche (1844-1900): “que desenmascara na cultura da Europa da súa época os valores dunha moral resentida e enfermiza”, ou a Walter Benjamin (1892-1940): “ese resto que as narracións de pro- greso, incluso as revolucionarias, están deixando perder”. Pola súa banda, a Escola de Frankfurt denuncia: “a violencia da industria cultural e os seus efectos destrutivos. Actualmente as institucións globais da cultura conver- téronse na sede permanente da crítica cultural. Cando a cultura redúcese á crítica da cultura, a súa autonomía queda condenada á auto referencia. É preciso situar que a necesidade da crítica e as súas raíces entre o saber e o poder non ten interese en si mesma, senón que só adquire valor cos seus efectos de emancipación”. Rousseau (1712-1778) e Diderot (1713-1784), citados por Garcés, eran conscien- tes que a cultura do seu tempo era a principal coartada dun sistema de poder hipócrita e adulador que reproducían, desprazándoas, as anteriores relacións de poder. Fronte á servidume cultural, a crítica cultural, a crítica radical e o seu combate contra a credu- lidade e as súas formas de opresión converteuse en crítica da cultura. Garcés remata: “Ante a catástrofe do noso tempo, precisamos máis coñecemen- tos e máis educación, invocando o seu poder salvador. Sabemos moito, o tempo que podemos moi pouco. Somos ilustrados e analfabetos ao mesmo tempo. O desenvol- vemento cultural e moral, para Rousseau estaban descolados. Diderot, móstranos as relacións de dominación económica que sostiñan o simulacro de moralidade estética da sociedade ilustrada. Sabémolo todo e non podemos nada. O simulacro xa non fai falta. A nosa ciencia e a nosa impotencia danse a man sen ningún rubor. Estamos en tempos de analfabetismo ilustrado”. André Malraux (1901-1976) e Jack Lang (1939...), foron referentes como minis- tros de cultura ao longo de catro (1959-1962) e doce anos (1981-1993) respectiva- mente, situando á cultura francesa cunha aportación ao PIB do país sete veces mais ca industria automobilística. Nas actividades culturais hai que sumar o valor engadido das artes escénicas e visuais, o patrimonio, medios de comunicación, libros, audiovi- suais, publicidade, arquitectura, cine, industrias da imaxe, acceso ao coñecemento e a cultura (bibliotecas e arquivos), etc. A erosión á transición dixital, compénsana co valor engadido polas plataformas Apple, Google ou Amazon, que interceden entre creadores e consumidores. A intervención do Estado francés no ámbito da cultura, 8 Cipriano Luis Jiménez Casas provoca un efecto dominó no resto da economía grazas aos materiais utilizados como actividades inducidas, as rendas, a electricidade, etc. (NoticiasClave.net, 2014). A reformulación da Lei do mecenado ou unha mellor lexislación do IVE, serán os motores dunha potenciación da cultura, en estreita relación coa educación, urbanismo, economía, turismo, gastronomía, etc., así como a existencia das infraestruturas cul- turais cos recursos axeitados, promotora da inclusión das persoas con discapacidade (TEA), que incremente a participación da cidadanía e reconduza unha maior aporta- ción dos sectores culturais á propia economía como factores determinantes. Neste número 23 da revista Maremagnum, invitamos a determinados autores a que as súas aportacións, nos dean conta da cultura observada desde distintos campos en función das súas respectivas competencias, obviamente diversas, pero ao fin e ao cabo complementarias. Outros autores, centran a súa colaboración na necesaria trans- formación cultural e a súa accesibilidade de cara á incorporación á mesma da persoa con discapacidade, no noso caso e de forma específica, as persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA). Próximos ao Xacobeo 2021 o Conselleiro de Cultura e Turismo profesor Román Rodríguez González, indícanos que: “desde 1993 Galicia apostou por dar unha nova dimensión ao fenómeno histórico das peregrinacións a Compostela... ca mirada no Xacobeo 2021... gran evento cultural, turístico, espiritual e económico na construción da Galicia da próxima década... proxecto transversal e de país... paradigma e lugar de encontro de miles, de millóns de persoas ca súa identidade e símbolo de solidariedade... experiencia inclusiva... para calquera persoa que poida sentirse peregrina... nun Ca- miño para todos, a través do deseño dun plan de accesibilidade turística, con especial atención ao espazo físico e á acollida de visitantes con necesidades de accesibilidade universal e o impulso de campañas de sensibilización sobre as persoas con discapa- cidade, caso das persoas con TEA, a través de dispositivos

View Full Text

Details

  • File Type
    pdf
  • Upload Time
    -
  • Content Languages
    English
  • Upload User
    Anonymous/Not logged-in
  • File Pages
    184 Page
  • File Size
    -

Download

Channel Download Status
Express Download Enable

Copyright

We respect the copyrights and intellectual property rights of all users. All uploaded documents are either original works of the uploader or authorized works of the rightful owners.

  • Not to be reproduced or distributed without explicit permission.
  • Not used for commercial purposes outside of approved use cases.
  • Not used to infringe on the rights of the original creators.
  • If you believe any content infringes your copyright, please contact us immediately.

Support

For help with questions, suggestions, or problems, please contact us