obra poética dispersa de Xoán Manuel pintos villar PINTOS VILLAR, Xoán Manuel Obra poética dispersa / de Xoán Manuel Pintos Villar ; introdución, edición, notas e apéndice M.ª C. Ríos Panisse. — Santiago de Compostela : Consello da Cultura Galega, 2006. — 580 p. ; 23 cm. — (Colección Base) D.L. C-3375-2006. — ISBN 84-96530-15-9 I. Ríos Panisse, M.ª Carme. II. Consello da Cultura Galega. © CONSELLO DA CULTURA GALEGA Pazo de Raxoi, 2º andar Praza do Obradoiro, s/n 15705 Santiago de Compostela Tel. 981 957202 Fax 981 957205 [email protected] Proxecto gráfico e deseño de cubertas MANUEL JANEIRO ISBN 84-96530-15-9 Depósito legal C-3375-2006 Realización Lúdica 7 obra poética dispersa de Xoán Manuel pintos villar Introdución, edición, notas e apéndice M.ª C. RÍOS PANISSE CONSELLO DA CULTURA GALEGA S ECCIÓN DE C OMUNICACIÓN S ECCIÓN DE L INGUA S ECCIÓN DE L ITERATURA E I NDUSTRIAS DA E DICIÓN ÍNDICE XERAL ESTUDO INTRODUTORIO . 11 BIBLIOGRAFÍA . 89 OBRA POÉTICA DISPERSA DE XOÁN MANUEL PINTOS VILLAR . 111 Dándome parte Faustino Domínguez de su casamiento con Luísa Coumes Gai le contesté en 13 de marzo de 1843 a la suya del 6 del mismo lo siguiente . 113 “Á entrada do Señor Arsibispo cando viña do seu desterro de Mahón. Cantábase na porta de San Roque en Santiago” (1844) . 118 “Romance das dúas beatas” (1845) . 122 “O Achadizo” (1845) . 124 “A usura” (1845) . 127 “Contos da aldea” (1846) . 136 “A las gentes del campo en la festividad de Nuestra Señora del Refugio, la Divina Peregrina” (s.d.) . 143 “Queixumes dunha fonte” (1857) . 144 “Antonio e Margarida” (1857) . 151 “Saudades de un pastor” (1857) . 163 “Os nenos” (1857) . 168 “1858” (1857) . 175 “Consellos da tía Fuca á súa sobriña” (1858) . 184 “Xacinto e Catriña” (1858) . 188 “Égloga. Delores e Alexandre” (1858) . 207 “Os labregos de Galicia á reina de España doña Isabel II” (1858) . 220 “Cando te vexo nesa cruz pendente” (1858) . 225 “O reiseñor” (1858) . 226 “A Pontevedra” (1858) . 231 “Contos da aldea que parecen historias da vila ou historias da vila que parecen contos da aldea” (1858-1859) . 234 “No seimento da fermosa filla de D. Domingo Lareu” (1859?) . 378 “Contestación” (á “Epístola” de Alberte Camino) (1859) . 380 “Recramo” (1859) . 386 “A Sarmiento” (1859) . 441 “A Galicia” (1861) . 442 “A Cuba” (s.d., pero anterior a 1865) . 475 “Un cego diante da cadea” (1865. O poema s.d. pero seguramente de 1853 ou 1854) . 481 “Bieito e Manuela” (1867) . 488 “Meting en Lérez” (1869) . 491 “Ao poeta D. T. V. T., fillo de Vigo” (1875) . 495 “A Vesteiro Torres” (1876) . 497 “O loito” (s.d.) . 498 APÉNDICE . 503 Textos referentes a A gaita gallega non incluídos nela . 505 Textos relacionados con Pintos pero da autoría doutros escritores . 537 A Isidoro Millán González-Pardo e Rosina Otero por permitírenme acceder a textos de Pintos difíciles (ás veces imposibles) de atopar. O meu agradecemento temén a X. R. Barreiro e R. Baltar Veloso polas súas suxestións. A Antón Santamarina por facilitarme textos do ILG e ideas persoais. ESTUDO INTRODUTORIO O máis importante dos precursores literarios de Rosalía foi Xoán Manuel Pintos Villar. Nacido en Pontevedra en 1811 no seo dunha familia bur- guesa1, pasou alí os seus primeiros anos. En 1817 trasladouse a Ferrol, onde perdeu a nai en idade moi temperá, o que fixo que o seu pai enviara os catro fillos que tiña vivos2 de novo a Pontevedra. En 1821 desprázanse outra vez a Ferrol e en 1824 á Coruña3. Nesta cidade Pintos comeza a estudar Humanidades no convento dos Dominicos. A partir de 1825 reside durante os cur- sos académicos en Santiago4 e, alí, o escritor inicia, en 1826, os seus estudos de Filosofía e entre os anos 1829 e 1835 fai a carrei- ra de Dereito. Son estes, segundo nos conta o propio poeta, “os seus mellores anos”5, nos que lembra especialmente as clases de latín do doutor Losada e as que de música e violín recibía do mes- 1. O seu pai, don Basilio de Pintos García, era funcionario de Aduanas. Tanto el como a nai do poeta (dona Ramona Villar Rodríguez) eran naturais de Pontevedra, veciños da parroquia de Santa María. O casal tivo cinco fillos (dúas mulleres e tres homes), dos que don Xoán Manuel era o terceiro. 2. Un dos fillos morreu pouco despois da súa nai. 3. Aínda que algúns biógrafos do pontevedrés dan como data do seu establecemento na Coruña o ano 1922, nunha carta do 2 de setembro de 1857, a don Antonio de la Iglesia, Pintos dille: “A Coruña es como mi segundo pueblo, pues ahí casi puedo decir que me he criado desde 1824 hasta 1840, que salí y no pude volver”, Arquivo Irmáns De la Iglesia, caixa 97/carpeta 22, biblioteca Real Academia Galega. 4. Sabemos que nesta cidade viviu en “San Clemente” (Ver “Recramo”, verso 188, La Perseverancia, n.º 23, p. 3), probablemente nunha casa desta rúa. Pensamos que se se desprazou coa familia a Compostela (como din algúns biógrafos) manterían casa na Coruña e alí pasarían as vacacións, pois senón non sería pertinente a afirmación que lle fai na carta devandita a don Antonio de la Iglesia. 5. Ver “Recramo”, verso 145, La Perseverancia, n.º 23, p. 3. 12 Obra poética dispersa de Xoán Manuel Pintos Villar tre Xoán de Curtí6. Xa licenciado impartiu durante un ano a docen- cia universitaria na disciplina de Institucións Canónicas. Pasou en 1837 a desempeñar a profesión de avogado na Coruña, ata que en 1840 se desprazou a Cambados como xuíz de Primeira Instancia, cargo en que estivo ata que o substituíron en 1844, coa chegada ao poder dos moderados. Pasou logo, en Pontevedra, a exercer durante algúns anos como avogado, e alí desempeña o posto de fiscal e imparte tamén ensino público e privado. Supoñemos que isto últi- mo tería que facelo cando quedou cesante de novo, en 1856, coa volta dos moderados ao poder. Quéixase diso o 23 de setembro de 1857, en carta a Antonio de la Iglesia: “Supongo que sabrá V. que hace un año que estoi (sic) cesante con el item de doce hijos. ¿Volvió V. a su destino? Lo celebraría.”7 (o que mostra que don Antonio de la Iglesia debeu tamén quedar cesante polo mesmo motivo). En 1862 tiña praza de rexistrador da propiedade en Vigo, cidade onde faleceu en 1876. Pintos estaba casado con Serafina Amado Boullosa (irmá de Xosé Bieito Amado), coa que tivo catorce fillos. Foi un membro moi activo do labor propagandístico da súa xeración, sendo de salientar a súa defensa da lingua galega, que o levou a ter unha creación poética case monolingüe (feito asombro- so na súa época). Por esa mesma actitude foi recoñecido polo grupo rexionalista como un dos principais precursores e nomeado socio de mérito na agrupación “Galicia Literaria” (fundada en Madrid por Vesteiro Torres). Empeza a escribir en galego a comezos da década de 1840. En 1852 e baixo o pseudónimo do “gaiteiro do Burgo” (zona onde vivía Pintos en Pontevedra), anuncia a subscrición da primeira sete- na de foliadas de A gaita gallega, que aparecerá no ano 1853 (un dos famosos anos da fame). En 1854 inicia a segunda setena, pero só publicará 8 páxinas da “Foliada” 1ª. Hai que esperar a 1857 para que se publique o anuncio da subscrición a un novo intento de sacar esta 6. Ver “Recramo”, estrofas 52 e 53 (versos 208 e ss.), La Perseverancia, n.º 23, p. 3. 7. Arquivo Irmáns De la Iglesia, caixa 98/ carpeta 16, biblioteca Real Academia Galega. Estudo introdutorio 13 segunda setena de A gaita gallega, intento que desemboca tamén en fracaso. Así mesmo, de 1857, 1858 e 1859 son as colaboracións en distintas publicacións periódicas de Pontevedra, Vigo e A Coruña, que constituirán o principal do recollido neste volume. En 1863, xa instalado Pintos en Vigo, saen os Cantares gallegos de Rosalía de Castro. El é requirido para revisar o seu Glosario8. Con menos inten- sidade continuará publicando ata a súa morte en 1876. Como xa indicamos, Pintos foi un home moi preocupado pola lingua, gran recadador de léxico galego, que organizou non só no coñecido Breve diccionario gallego, escrito por el tamborilero para facilitar la inteligencia de La gaita gallega tocada por el gaitero9, senón tamén no Vocabulario gallego-castellano, feito en 1865 pero só publicado recentemente10, que se conservaba inédito na Real Academia Galega. CONTEXTO HISTÓRICO DA OBRA LITERARIA DE PINTOS No Estado español o réxime liberal imponse e empeza a consolidarse en 1840, cando remata a primeira guerra carlista e se fai coa rexencia o xeneral Espartero. Expulsado Espartero do poder no verán de 1843, faise co goberno unha combinación política na que abundan os progresistas contrarios ao duque da Victoria. Este efémero goberno será substituído por outros ministerios de ten- dencia moderada, detrás dos que xa se albisca a Narváez, que 8. No Museo de Pontevedra existe unha carta de Compañel dirixida a Pintos onde se lle pide a súa colaboración. Penso que esta carta foi publicada por Filgueira Valverde. Supoñemos que a colaboración non se realizou, pois o devandito glosario aparece asi- nado por M. (que coidamos que debe ser a inicial de Murguía), o que nos fai pensar que a intervención de Pintos foi nula ou non se tivo en conta. 9. X. M. Pintos Villar, Breve diccionario gallego, escrito por el tamborilero para facilitar la inteligencia de La gaita gallega tocada por el gaitero, Pontevedra, Imprenta de José y Primitivo Vilas, calle de Isabel II, n.º 4, 1853. 10. Pintos Villar, J. M., Vocabulario gallego-castellano de Juan Manuel Pintos, ed.
Details
-
File Typepdf
-
Upload Time-
-
Content LanguagesEnglish
-
Upload UserAnonymous/Not logged-in
-
File Pages582 Page
-
File Size-