CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO (XXXIII) Epistolario Ricardo Carballo Calero Ramón Piñeiro (Historial dun libro) CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO (XXXIII) Epistolario Ricardo Carballo Calero Ramón Piñeiro (Historial dun libro) Edición de: Luís Alonso Girgado Luís Cochón Nuria Rouco Aneiros Xurxo Martínez González CADERNOS RAMÓN PIÑEIRO (Cadernos galegos de pensamento e cultura) Directores: Luís Alonso Girgado Xosé Luís Cochón Touriño Ramón López Vázquez Consello asesor: Xesús Ferro Ruibal Anxo González Fernández Ramón López Vázquez Segundo Pérez López Manuel Quintáns Suárez Anxo Tarrío Varela Andrés Torres Queiruga Edita: Xunta de Galicia Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades Secretario Xeral de Política Lingüística: Valentín García Gómez Coordinador científico: Manuel González González Directora Técnica de Literatura: Blanca-Ana Roig Rechou Ilustración da cuberta Xulio García Rivas © das cartas, familias de Ricardo Carballo Calero e Ramón Piñeiro López. © do limiar e nota de edición, os editores literarios. Maquetación e impresión: ISBN: 978-84-453-5205-2 Depósito legal: C 2209-2015 ÍNDICE Limiar ........................................................................................... 9 Nota de edición ............................................................................. 21 Cartas ............................................................................................ 29 5 Agradecementos A nosa gratitude ás familias de Ricardo Carballo Calero e Ramón Piñeiro; á Editorial Galaxia, á Biblioteca Carballo Calero do Parlamento de Galicia e á Biblioteca Penzol pola súa xenerosa colaboración na publicación deste epistolario. (Os editores literarios) Limiar Luís Cochón I. Non é a de agora a primeira vez que edito cartas de Ramón Piñeiro, hogano, as enviadas a don Ricardo Carballo Calero, antano, a Isidoro Millán ou a Fermín Penzol, por dicir. Coñezo moitas máis misivas, inéditas aínda ou publicadas: a summa recompilatoria das habidas de parte a parte, entre Piñeiro e Basilio Losada, como desmesura, senón memorial de agravios veniais, ós candos. Milleiros de cartas ó longo de cinco décadas (1940-1990) tiveron ó de Láncara como remitente ou destinatario. En innúmeras ocasións téñoo visto pasar, puntual e clandestino de si propio, cara ás bocas dos leóns de bronce ou fundición que tragaban a correspondencia na posta compostelá da rúa do Franco, número 4 ou mellor, no mesmo edificio, na Travesa de Fonseca: unha boca para España, outra para Estranxeiro, terceira para Urxente. Epistológrafo avant la lettre consumado, amais de ensaísta –estou con Piñeiro–, editor, intelectual orgánico, político, iluminado, factótum, dialéctico, austero, pobre e circunspecto. Practicante en política dun certo liberalismo que non chega a ser esquerda nin no antifranquismo que sufriu e padeceu mesmo no cárcere. Propiciou un galeguismo culturalista do que foi apóstolo, por propagador homilético, na forma de xesuíta avezado disposto a crer ata na propia falacia, ínsita na desaparición da praxe política no canto dese culturalismo de salón desprendido de ideoloxía que perpetuou a ditadura, a resultas. Ningún dos novos catecúmenos de Piñeiro no santuario cívico de Xelmírez 15, 4º, discretamente controlados pola Brigada Político Social (BPS), pasou pola Falcona, que así se chamaba a comisaría, porque sabía a policía que adoutrinaba pero nunca en comunista nin en nacionalista nin menos en separatista. (Dos tres pecados fun eu acusado e mandado, con petición do fiscal de sete anos, ó Tribunal de Orde Público, TOP, na modalidade especial sumarísima). Sometido a xuízo público, nas Salesas de Madrid, sede única centralizada para todo o país, e exonerado de todos os cargos polo tribunal, tras retiralos o fiscal, saín inocente. 11 II. Nos primeiros anos universitarios, participei do cenáculo piñeirista, polo que tiven con el trato cordial bastante. Vénme á memoria aquel remate da carta1 que lle dirixiu Cunqueiro(Vigo, 1 outono 1971): Perdóame iste desafogo [Ramón], e que me confese contigo agora mesmo, pro a túa carta chegóume cando eu cismaba nisto, e no que eu ainda poido dar en galego. Ademais, ti non eres un mal confesor. Vén isto dicir que nun intre preciso, do 64 mediado, afasteime para sempre daquel camiño sen saída, que, ó meu ver, Ramón Piñeiro transitaba oracular. Ausencia de trato e opción ideolóxica marcadamente distinta, foron apagando a simpatía que algunha vez houbo entre nosoutros. Unha nota autógrafa súa, cariñosa, que acompañaba o libro co que don Manuel Rodrígues Lapa me agasallou, dedicado, facendo acordanza daquel milagroso seminario que o filólogo de Anadia impartiu, no P. Sarmiento, sobre o trobador don Lopo Lías, a un grupiño de mozotes de Filosofía, escollidos por Piñeiro. Non conservo a nota autógrafa que recibín, pasados dous anos, na mili, en Colmenar Viejo. Da deriva moi posterior de Ramón Piñeiro en clave política dá conta el propio na súa derradeira carta neste epistolario: Realidade Galega, do 77, con Carballo Calero, por certo, e o fatigado coro de amigos incondicionais. Non podo deixar de lado o parágrafo da carta de Piñeiro a Sixto Seco (12-VII-81) [Cadernos Ramón Piñeiro (XI). Cartas ..., Xunta de Galicia, 2009. páx. 47]: “Tamén te quero informar da conversa co amigo de Meis. Foi estrictamente persoal e reservada. O que realmente quería era convencerme dos inconvenientes da miña participación nas eleccións. Eu expliqueille con toda sinceridade as razóns morais que eu tiña para participar nesta ocasión. Comprendeu e respetou a miña actitude.” A conversa foi certamente reservada: nunha habitación do Hostal dos Reis Católicos, en Santiago. O amigo de Meis era Pío Cabanillas Gallas, que viña de estrenar no concello pontevedrés un flamante pazo de nova planta. Que tiña que lle explicar Ramón Piñeiro, mesmo as razóns 1 Epistolario lugués, en Cuadernos Ramón Piñeiro (XV). Santiago. Xunta de Galicia, 2010. 12 morais, ó ministro de Franco, traspasado agora á UCD, ministro outra vez, nesta ocasión? Piñeiro, galeguista histórico, ía obter acta de deputado no Parlamento de Galicia, acobillado nas listas do PSdeG-PSOE, como independente, e despois, primeiro Presidente do Consello da Cultura Galega. III. De don Ricardo Carballo Calero fun difusamente alumno en Románicas, cando cadraba por libre e en setembro –por iso mesmo e só por iso– cicateábame as calificacións, e todo por mor do meu servizo militar, ó que me vin impelido ou precipitado pola militancia clandestina contra a ditadura. Anos despois, polo 77, profesor de literatura no Rosalía de Castro (onde tiven como compañeira de claustro a dona María Ignacia, esposa de don Ricardo), escollín para o doutoramento o curso “A prosa do pre Rexurdimento” que impartía aquel ano Carballo. Ós seis ou sete alumnos que asistiamos, todos antigos alumnos do ferrolán, todos profesores de literatura (pasada a oposición ou non), fíxonos traballar arreo, asistir a todas as clases, a todas as leccións, adxudicarnos a cada un traballo de investigación propia de non menos de vinte páxinas, a máquina e a dous espazos. Cando lle entraba o dómine –que o tiña e moito– preguntábanos sobre a lección do día ou de días pasados. Colgoume o comentario dun soneto de Xoán Manuel Pintos para que traballara nel. –Pero non era a prosa do período o que había que estudar? –Como se fixo vostede co diccionario de Antenor Nascentes? –Facilitoumo Filgueira. –Xa, porque vostede é pontevedrés, non? Púxonos un exame extenso e completo. Vixiabanos el e as súas axudantes. Ó nos dar por último as papeletas coa nota obtida, o meu sobresaliente común non aparecía. –Deixaríaa no despacho. Por favor acompáñeme a por ela. Xa sos os dous, sen máis palabra, puiden ler sobresaliente con honra. Se acaso no verán do 87, coincidimos ambos no mosteiro de Poio, ponentes os dous en senllos congresos: no de Castelao, el; no de Valle-Inclán, eu. Foi o caso que me ofrecín a traelo en coche a Santiago, unha viaxe longa de hora e media a gusto, que dou para franqueármonos e ficar amigos. –E non tería vostede algún outro Ramón máis próusimo que Valle-Inclán? Conteille, na conversa distendida, da primeira imaxe que eu tiña del, cando postrado el na cama en Xelmírez 15, 2º andar, e entregándolle eu a Piñeiro uns libros que lle tiña, ó dar as doce, Piñeiro, que atendía á 13 medicación de Carballo, dime: –Vén comigo que vas coñecer o que será teu profesor. Baixamos dous andares, e o mestre doente, recibiu como puido a aquel anónimo rapaz visitante. O curioso da escena era que ó redor do leito andaba Fole pillando moscas coa gorra, sumido na súa guerra. Mal sabía eu por entón que trinta e seis anos pasados, no leito do sanatorio, volvinlle recordar o caso de antes, agora xa sen Fole polo medio. IV. O epistolario que hoxe publicamos, constitúe en extenso o corpus –polo de agora– exhaustivo2 das cartas remitidas ou recibidas, de un a outro, de Carballo a Ramón Piñeiro. As deste último, xa aparecidas en pequena parte nesta colección [Cadernos Ramón Piñeiro (V). Cartas a Ricardo Carballo Calero. Xunta de Galicia, Santiago, 2004], traense novamente a lévedo, co criterio razonado da unicidade do total respecto dunha parte que poidera quedar inconexa. A Nota de Edición traza os temas –ben que sumarios–, motivos, aconteceres, abirtas, novas confirmadas ou non, os traballos e os días, afáns e esperanzas dun labor incansable, angueiras perseguidas e proseguidas sen repouso por dúas persoas laboriosas de vez. Moi boa parte do ocorrido entre nós –en Galicia– no terceiro cuartel (1950-1975) do século
Details
-
File Typepdf
-
Upload Time-
-
Content LanguagesEnglish
-
Upload UserAnonymous/Not logged-in
-
File Pages368 Page
-
File Size-