IX Xornadas Sobre Lingua E Usos. Lingua E Tradución

IX Xornadas Sobre Lingua E Usos. Lingua E Tradución

1 2 3 Lingua e Tradución IX Xornadas sobre Lingua e Usos Edición a cargo de Xesús M. Mosquera Carregal A Coruña 2013 Servizo de Normalización Lingüística Servizo de Publicacións Universidade da Coruña 4 Lingua e Tradución. IX Xornadas sobre Lingua e Usos Edición a cargo de Xesús M. Mosquera Carregal A Coruña, 2013 Universidade da Coruña Servizo de Normalización Lingüística, Servizo de Publicacións Entidade colaboradora: Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia Cursos_Congresos_Simposios, núm. 134 292 páxinas 17 x 24 cm. Índice: páxinas 5-6 ISBN: 978-84-9749-557-8 Depósito legal: C 1326 - 2013 Materia: 80: Lingüística, Filoloxía. 806.99: Lingua galega Edición: Xesús M. Mosquera Carregal Servizo de Normalización Lingüística, Servizo de Publicacións http://www.udc.es/snl http://www.udc.es/publicaciones Universidade da Coruña Distribución: Galicia: CONSORCIO EDITORIAL GALEGO. Estrada da Estación 70-A, 36818 A Portela, Redondela (Pontevedra). Tel. 986 405 051. Fax: 986 404 935. Correo electrónico: [email protected] España: BREOGÁN. C/ Lanuza 11, 28022 Madrid. Tel. 917 259 072. Fax: 917 130 631. Correo electrónico: [email protected] http://www.breogan.org Deseño da cuberta: Julia Núñez Calo Imprime: Lugami Artes Gráficas Este volume está ao teu dispor baixo os termos dunha licenza Creative Commons de recoñecemento, non-comercial, sen obras derivadas 3.0 sen adaptar. http://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/3.0/deed.pt 5 Índice Limiar ................................................................................................................. 7 Presentación do reitor ........................................................................................ 9 Presentación do secretario xeral de Política Lingüística .................................. 13 Presentación da directora do Servizo de Normalización Lingüística ............... 15 Dora Sales Salvador Traducir literaturas transculturais ................................................................ 17 Xosé Luís Méndez Ferrín A internacionalización da cultura galega ...................................................... 35 Silvia Montero Küpper As políticas de tradución no caso galego ....................................................... 41 María Jesús Lorenzo Modia Políticas de tradución inglés-galego-inglés desde os anos noventa: diálogos de ida e volta ..................................................................................................... 63 Gonzalo Constenla Bergueiro Evolución das traducións ao galego: das orixes ao século XXI .................... 83 Ana Luna Alonso Análise da tradución literaria cara ao galego. Fitos e tendencias nos primeiros anos do século XXI ........................................................................... 101 Patricia Buján Otero e Lara Santos Suárez A Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación ..... 127 Pere Comellas Tradución e culturas minorizadas: un punto de vista desde o espazo catalán ............................................................................................................... 141 6 Bego Montorio Uribarren Que achega unha asociación de profesionais da tradución? ....................... 153 María Reimóndez Faros na escuridade. Ideoloxía e tradución: os enfoques feministas e poscoloniais ....................................................................................................... 163 Áurea Fernández A tradución do galego-portugués-galego a debate. O intercambio cultural, unha fonte de riqueza necesaria ..................................................................... 183 Carlos Paulo Martínez Pereiro Da demanda da difícil semellanza e da imposíbel identidade tradutora (a tradución do galego ao portugués e do portugués ao galego a debate) ..... 197 Carlos Quiroga Tradução e Jogo de Tronos –entre Culturas de Falares polissimétricos ...... 203 Moisés Barcia Tradución e literatura galega (I) .................................................................... 217 Manuel Bragado Tradución e literatura galega (II) .................................................................. 221 Eva Mejuto OQO editora: un camiño de ida e volta......................................................... 227 Robert Neal Baxter A interpretación de conferencias e a planificación de linguas en situacións de diglosia .......................................................................................................... 233 Iolanda Galanes Santos A tradución exterior de obra galega. Normalización dunha cultura emerxente? ........................................................................................................ 265 7 Limiar Este volume recolle os textos que as persoas participantes nas IX Xornadas sobre Lingua e Usos. Lingua e Tradución tiveron a ben expor no seu desenvolvemento aló polo mes de novembro de 2012 no salón de actos da Facultade de Filoloxía da Uni- versidade da Coruña, e que contaron, máis unha vez, coa colaboración da Real Acade- mia Galega e co patrocinio económico da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Logo de realizarmos as máis das edicións anteriores no acubillo que supón o edificio da Reitoría (fóra dunha única incursión no campus de Oza cando as xornadas do ano 2010 de temática sanitaria), o Servizo de Normalización Lingüística decidiu saír novamente á procura do que se entendía sería o público máis directamente interesado na temática proposta e coa peculiaridade de ser esta unha ocasión en que se abordaba un ámbito de traballo e estudo cosubstancial a todas as linguas como é a tradución. Quen se aproximar a este cento longo de páxinas atopará nelas unha completa e actual radiografía sobre o panorama tradutivo galego e non só: para alén das políticas leva- das a cabo e a evolución ao longo do tempo das traducións feitas ao galego e desde o galego, hai espazo nelas para lles dar voz ao mundo editorial, aos e ás profesionais da tradución e interpretación de Galicia e de fóra de Galicia, ben como a temas xa reco- rrentes (caso das traducións ao/do portugués) xunto a outros que, pola contra, non sempre adoitan estar presentes nas monografías ao uso. Cremos, pois, que a pluralida- de da obra que agora presentamos, tanto pola orixe das voces como tamén pola súa adscrición profesional, é outro valor para destacar deste volume de actas. Agardemos que así sexa valorado e que poida ser base e xerme de futuros traballos. XESÚS M. MOSQUERA CARREGAL 7 8 9 Presentación XOSÉ LUÍS ARMESTO BARBEITO Reitor Como reitor da Universidade da Coruña quero comprometer, de maneira expresa, o apoio do meu equipo de goberno a estas xornadas e a todas cantas iniciativas se poidan afrontar a prol da normalización do uso do galego, o idioma propio de Galicia. Entre esas iniciativas salienta, desde hai xa nove anos, a convocatoria das Xornadas sobre Lingua e Usos, da man da profesora Goretti Sanmartín, a quen cómpre felicitar. Estou certo de que sen o seu traballo xeneroso e sen a súa contaxiosa paixón pola lingua galega esta iniciativa non tería callado (ou cando menos non o faría coa mesma altura e rigor). Os temarios e o propio desenvolvemento das xornadas en todas as súas convocatorias demostra que, desde un punto de partida realista e achegado ao tempo e ás circunstan- cias en que nos movemos, pódense formular propostas audaces, viables e eficaces para estenderen o uso do galego en calquera ámbito social, profesional ou científico. Calquera persoa que coñeza minimamente o porqué da minorización do galego enten- derá a superación de atrancos e estereotipos como unha carreira de fondo, un obxectivo de longo percorrido que require sortear moitos obstáculos. Saberá tamén que para dar pasos adiante cómpre un traballo sostido no tempo e alentado por un compromiso veraz con Galicia e coa súa lingua. Compromiso individual e compromiso colectivo de institucións e entidades públicas e privadas. Ese compromiso co país e co idioma propio forma parte dos sinais de identidade da Universidade da Coruña desde o seu nacemento. Os nosos Estatutos establéceno con clareza desde os seus primeiros artigos: prestarase especial atención ao estudo e desenvolvemento da identidade cultural de Galicia e uso do galego como vehículo 9 10 normal de expresión. Por se non abondaba a obriga ética e cívica de todo galego para co seu país, temos a obriga legal de fomentar o uso do galego en todas as nosas actividades, algo en que, podo aseguralo, este reitor ten un especial empeño. As tres universidades do país conforman o sistema universitario galego. En nós está depositada a responsabilidade do servizo público do ensino superior e, daquela, a esixencia de atender o dereito dos galegos e das galegas a cursaren estudos universi- tarios en condicións de igualdade, e penso que esa igualdade de oportunidades alcan- za tamén, por suposto, os dereitos lingüísticos. Temos a obriga de potenciar o uso do galego, de lles reclamar ás administracións públicas a aplicación e o desenvolvemento, sen complexos, do Plan xeral de normali- zación lingüística. Non só que non se dean pasos atrás, senón que se collan novos impulsos e novos folgos con valentía, mais tamén precisamos procurar o aprecio dos propios galegos polo seu idioma, dignificándoo e adaptándoo para o seu uso con normalidade en todos os ámbitos da vida da Galicia do século XXI. O galego como lingua moderna, práctica e evolucionada ao compás da propia sociedade, coas súas novas configuracións urbanas, profesionais ou tecnolóxicas. Un idioma capaz de se manter como o principal signo da nosa identidade cultural neste océano,

View Full Text

Details

  • File Type
    pdf
  • Upload Time
    -
  • Content Languages
    English
  • Upload User
    Anonymous/Not logged-in
  • File Pages
    292 Page
  • File Size
    -

Download

Channel Download Status
Express Download Enable

Copyright

We respect the copyrights and intellectual property rights of all users. All uploaded documents are either original works of the uploader or authorized works of the rightful owners.

  • Not to be reproduced or distributed without explicit permission.
  • Not used for commercial purposes outside of approved use cases.
  • Not used to infringe on the rights of the original creators.
  • If you believe any content infringes your copyright, please contact us immediately.

Support

For help with questions, suggestions, or problems, please contact us