Narradores ocasionais do século XIX (Relato breve) Director do Proxecto Modesto Hermida Edición, introducción e notas Rafael Adán Rodríguez Eulalia Agrelo Costas Mª Teresa Araújo García Alexandra Cabaleiro Carro Xabier Campos Villar Isabel Mociño González Mª Teresa Monteagudo Cabaleiro Mario Romero Triñanes Mª Isabel Soto López Edita XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA CENTRO RAMÓN PIÑEIRO PARA A INVESTIGACIÓN EN HUMANIDADES Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria CELSO CURRÁS FERNÁNDEZ Director Xeral de Política Lingüística XESÚS P. G ONZÁLEZ MOREIRAS Responsables da edición Rafael Adán Rodríguez Eulalia Agrelo Costas Mª Teresa Araújo García Alexandra Cabaleiro Carro Xabier Campos Villar Isabel Mociño González Mª Teresa Monteagudo Cabaleiro Mario Romero Triñanes Mª Isabel Soto López Coordinador Modesto Hermida Coordinador Científico MANUEL GONZÁLEZ GONZÁLEZ Director Técnico de Literatura ANXO TARRÍO VARELA Realización ISBN: 84-453-3736-X Dep. Legal: C. 2.747/2003 Presentación Ó abeiro do proxecto de Narrativa Recuperada que se desenvolve no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, e a xeito de colo- fón do traballo xa realizado nunha representativa serie de títulos, presentamos agora, neste groso volume recompilatorio –Narradores ocasionais do século XIX (Relato breve)– as narracións curtas dunha longa nómina de autores que só ocasionalmente ofreceron algunhas mostras no eido do relato breve. Trátase de textos espallados por páxinas de revistas e xornais e hoxe de difícil acceso, reunidos agora por vez primeira. Considerouse, por parte dos responsables do proxecto, que para a edi- ción deste conxunto de autores –edición para a que aínda era preciso un certo esforzo investigador– viña moi ben a configuración dun equipo suficiente que fose capaz, no menor tempo posible, de levar a bo porto este traballo. De tal maneira, ese equipo, coordinado polo profesor Modesto Hermida, constituíuse con todos os estudiosos que, no seu día, foran responsables da edición dalgún dos títulos xa publicados. O froito deste esforzo é o libro que tes nas mans, lector; un compendio de pezas narrativas breves, de desigual calidade pero de coñecemento impres- cindible para os interesados no tema, así como a información sobre ese ben poboado núcleo de autores, na súa maioría pouco coñecidos, de todo descoñe- cidos nalgún caso, dos que se dá noticia máis ou menos cumprida segundo resultaron os esforzos da investigación. Daqueles escasos personaxes que alcanzaron notoriedade por motivos alleos á súa creatividade como narradores, tan só se facilita unha síntese biobibliográfica. En todo caso, é unha satisfacción para a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria achegar, outra volta, esta nova publicación, chea de minuciosa información, que lle pon vizoso ramallete á primeira xeira do pro- xecto Narrativa Recuperada. Celso Currás Fernández Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria Introducción necesaria O volume que tes nas mans, lector, Narradores ocasionais do século XIX (Relato breve), concibímolo como un traballo de equipo, concepción tan xustificable pola amplitude do mesmo coma polo desexo de lle pór cabo a unha fase do proxecto Narrativa recuperada coa participación de todos aqueles estudiosos que xa nos teñen achegado, para o mesmo proxecto, a edición dou- tros autores da mesma época, pero de maior alento narrativo ca os escolmados para esta colectánea. Esta modalidade un tanto coral na responsabilidade da edición que presentamos, suma dificultades á dificultade de unificar criterios para a presentación de tan diversos personaxes, dos que temos tan diverso nivel de coñecemento, nun mesmo volume. De tal maneira, as diverxencias que se poidan observar, obxectivamente obrigadas ou determinadas pola parti- cular personalidade intelectual de cada un dos participantes neste traballo, de seguro que han semellar excesivas e pouco xustificables. Esa presunta incohe- rencia, que en parte poderá ser achacable á carencia de habilidades, funda- mentalmente ás carencias de coordinación, temos que a explicar dende a xa mencionada diversidade circunstancial dos autores incluídos e dende a plural responsabilidade da edición. Acóllense neste volume toda unha serie de textos narrativos breves, asinados por escritores galegos, xeralmente bilingües, poetas na maioría dos casos, algún deles novelista de certa sona e recoñecido mérito, que teñen en común o seren todos eles, como autores de relato breve, creadores de moi limi- tada proxección, narradores, á fin, ocasionais. Entre todos, á marxe dos que son coñecidos e recoñecidos como poetas, como xornalistas ou como ensaís- tas, en galego ou en castelán, contamos con outras tipoloxías extremas e dis- pares ás que cómpre procurar adecuado acomodo neste compendio: por un lado, posibles autores descoñecidos ou pseudónimos non identificados, así como iniciais para as que non atopamos correspondencia onomástica, case sempre con escasísima obra narrativa pero, en máis dun caso, obra de valores literarios relativos moi superiores á media da súa época; por outro lado, aque- les narradores de amplo alento, máis ou menos coñecidos, con obra novelística editada e a disposición dos actuais lectores que, sen embargo, como autores de relatos non teñen sido nin moi prolíficos nin moi orixinais, velaí os casos de Marcial Valladares Núñez, autor da ben coñecida e estudiada Maxina, e Luís Otero Pimentel, autor da case descoñecida Campaña da Caprecórneca, con moderna edición da nosa responsabilidade, novela que, supoño que por mor deses diaños que andan nas imprentas, saíu, outra volta, co mesmo erro no título ca co que tiña sido divulgada, A campaña da Caprecórneca. Consideramos que a máis oportuna e práctica organización dos autores que presentamos neste volume, a falta de significativa ponderabilidade cuali- tativa ou cuantitativa, é a organización alfabética, pero, debido á existencia das diversas tipoloxías (personaxes máis ou menos coñecidos uns, totalmente des- coñecidos outros, pseudónimos e iniciais sen identificar) semellounos ade- cuado estructurar o volume, por simplificar variantes, en dous desiguais capí- tulos, correspondendo cada un deles a cadanseu dos grandes bloques tipolóxicos ben diferenciados: narradores identificados e narradores totalmente descoñecidos. Desta maneira, no capítulo de personaxes coñecidos ou, cando menos, identificados, a orde alfabética establécese dende o primeiro apelido, namentres que para tódalas sinaturas sen identificar (iniciais e posibles autores descoñecidos ou pseudónimos) esa orde establécese dende a primeira palabra ou dende a primeira inicial que forme parte desas sinaturas. Debido, sen embargo, ó diverso nivel de coñecemento que de cada un dos autores teñamos e debido, tamén, á maior ou menor divulgación que dos mesmos exista, administramos as consideracións biobibliográficas dos autores coñecidos con diversa amplitude e con matizada intensidade, como diferencia- mos, tamén, a estructura do estudio que se lles dedica en cada caso, segundo corresponda a autores do primeiro ou do segundo capítulo: para cada unha das sinaturas que nos resultan de todo descoñecidas, elaborouse un texto unitario, con consideracións máis ou menos fundamentadas dende as sospeitas que poi- damos ter sobre a súa identidade, con noticia doutros textos dos que sexan autores, malia que non fosen recollidos neste volume por non seren textos narrativos en galego, e, en todo caso, denantes de nos pronunciarmos con con- sideracións acerca dos textos narrativos que reproducimos, deuse conta da esterilidade das pescudas realizadas acerca destes protagonistas. Para cada autor identificado, máis ou menos coñecido, máis ou menos divulgado en dic- cionarios e manuais especializados, dedicamos un texto con dobre apartado (“Datos biobibliográficos” e “Comentario dos textos narrativos en galego”) pero con diversa consideración, no apartado biobibliográfico, segundo sexa o nivel de divulgación do personaxe, xa que corresponderá unha moi breve sín- tese biobibliográfica no caso de personaxes ben coñecidos, suficientemente divulgados, e toda a información da que dispoñemos, por insignificante e pouco pertinente que semelle, ante personaxes pouco coñecidos ou escasa- mente divulgados. Cando procede, información da que ás veces tan só queda constancia en nota a pé de páxina, fanse as correccións de erros que se foron transmitindo de estudioso en estudioso, de manual en manual, sen que ata o momento se teña realizado a oportuna revisión. Dende o que se leva dito, ben se pode intuír a carencia de uniformidade nas páxinas deste compendio, unha eiva que vén imposta, máis ca por nada, pola moi diversa circunstancia de cada un dos autores presentados. Con todo, no que nos foi posible, sempre pretendemos evitar, con este simple esquema organizativo que levamos explicado, que agromase a anarquía, para non difi- cultar a captación da información achegada nin a simple lectura ós estudiosos ou ós comúns interesados. Sempre, en todo caso, coa diversidade, que non é froito do abandono, procuramos a utilidade e maila eficacia. Criterios de edición* O criterio básico de edición destes textos narrativos decimonónicos, espallados en revistas e xornais da galeguidade, é o rigoroso respecto polos orixinais. De tal maneira, non se farán correccións léxicas nin morfolóxicas nin sintácticas, malia podérense observar erros filolóxicos ou modismos alleos á linguaxe que temos fixada como estándar na actualidade. A única actuación que nos permitimos nos textos é a unificación
Details
-
File Typepdf
-
Upload Time-
-
Content LanguagesEnglish
-
Upload UserAnonymous/Not logged-in
-
File Pages678 Page
-
File Size-