Convocatoria Para a Elección De Hospital Estudantes De 6º Curso Do Grao En Medicina No Curso 2018-2019

Convocatoria Para a Elección De Hospital Estudantes De 6º Curso Do Grao En Medicina No Curso 2018-2019

u seUNIVlRSID/\OE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA FACULTADE DE MEDICINA E ODONTOLOXÍA Convocatoria para a elección de hospital Estudantes de 6º curso do Grao en Medicina no curso 2018-2019 Sexto curso do Grao en Medicina cursase ademais de no Hospital Clínico Universitario de Santiago nos Hospitais Universitarios de A Coruña, Vigo, Lugo, Ourense, Pontevedra e Ferrol. Co fin de que os alumnos poidan planificar con tempo o seu aloxamento, o Decanato da Facultade de Medicina e Odontoloxía abre o prazo para solicitar hospital para cursar 6° curso do Grao en Medicina no curso académico 2018-2019. Todo o alumnado que vaia cursar todas ou algunha materia de 6° curso do Grao en Medicina no ano académico 2018-2019, debe obrigatoriamente participar neste proceso de elección de hospital. Ao estudantado que non participe asignaráselle hospital de oficio. l. Número de prazas ofertadas por hospital: A distribución de prazas por hospital é a seguinte: - 100 prazas nos Complexos Hospitalarios Universitarios de A Coruña, Santiago e Vigo. - 30 prazas no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, no Hospital Universitario Lucus Augusti e no Complexo Hospitalario de Pontevedra. - 15 prazas no Complexo Hospitalario de Ferrol. 2. Solicitudes e prazo de presentación O estudantado deberá formalizar a súa solicitude en liña no seguinte formulario: https://forms.office.com/Pages/ResponsePage.aspx?id=LEUNj6S3ZEm4Elw5c3RHe ceiwkPvMtLrEuxs3 MMPXhUMFFTVjcyNONFUlkwVTdWV1ZXMUdlN1VHQy4u no que fará constar os datos persoais e a orde de preferencia dos sete hospitais. Este formulario tamén está a disposición do alumnado na Web do Centro. O prazo de presentación de solicitudes iníciase ao día seguinte da publicación da presente convocatoria na páxina Web do Centro e terá unha duración de 10 días hábiles. Unha vez pechado o prazo para a presentación das solicitudes, publicarase a listaxe de persoas que solicitaron a descentralización. Contra esta resolución caberá interpoñer reclamación ante a Comisión de Título no Decanato da Facultade ou no enderezo electrónico [email protected] no prazo de tres días hábiles. A Comisión de Título estará presidida polo Decano e asistirán os delegados de 5° curso. Resoltas as recl~acións presentadas e nun prazo máximo de tres días hábiles publicarase a listaxe definitiva de estudantes que solicitaron a descentralización. Página 114 u seUNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTrLA FACULTADE DE MEDICINA E ODONTOLOXÍA 3. Criterios para a asignación de hospital O criterio que se aplicará para a distribución do alumnado nos diferentes hospitais é a nota media do expediente académico ata o curso 2016-2017. A esta nota media, sempre e cando o estudante o indique e para a primeira opción solicitada, se lle sumará: 1 punto: ao estudantado con domicilio familiar en Galicia e solicite un hospital próximo ao dito domicilio. Considerase que un domicilio é próximo a un hospital se o concello ao que pertence forma pare da área sanitaria do hospital (Anexo 1). - 0,5 puntos: ao estudantado con domicilio familiar fora de Galicia. Tomarase como domicilio familiar o enderezo que figura na ficha do estudante o primeiro ano que ingresou na universidade. O alumnado que no curso 2018-2019 se matricule en 5° curso pero necesite incluír na matrícula algunha materia de 6º curso para completar os créditos necesarios para a bolsa, solicitarao no prazo que se abrirá posteriormente. 4. Asignación provisoria de hospital e reclamacións O Decanato fará a asignación provisoria de hospital a cada estudante de acordo coa puntuación obtida e a preferencia manifestada. Unha vez realizada a asignación, publicarase na páxina Web da Facultade a listaxe provisional de adxudicación de hospital. Contra esta listaxe o alumnado poderá presentar as reclamacións que estime pertinentes ante a Comisión de Título no Decanato ou no enderezo electrónico [email protected] no prazo de dez días hábiles, contados desde a data da súa publicación. As reclamacións notificaranse aos reclamantes por correo electrónico. 5. Asignación definitiva de hospital Transcorrido o prazo para presentar reclamacións ou resaltas as reclamacións recibidas, o Decanato publicará a listaxe definitiva de adxudicación de hospital na páxina Web da Facultade. Esta listaxe comunicarase ao hospital correspondente. Contra a presente resolución, poderá interpoñer recurso de alzada ante este órgano ou directamente ante o Reitor no prazo dun mes, a contar desde o día seguinte a súa recepción, de conformidade cos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015. Santiago de Compostela, 4 de abril de 2018 O Decano Página 214 u seUNIVERSIDAD[ DE SANTIAGO DE COMPOSTELA FACULTADE DE MEDICINA E ODONTOLOXÍA ANEXO 1: Estrutura de Xestión Integrada de A Coruña: xestiona todos os servizos sanitarios dos seguintes concellos: Abegondo, Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos,Cabana,Camariñas Cambre, Carballo, Carral,Cee Cerceda,Cesuras, Corcubión Coirós, Coristanco, A Coruña, Culleredo, Curtis, Dumbría, Fisterra, Irixoa, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños, Miño, Muxía, Oleiros, Oza dos Ríos, Paderne, Ponteceso, Sada, Sobrado, Vilarmaior, Vilasantar, Vimianzo e Zas. Estrutura de Xestión Integrada de Santiago de Compostela: xestiona todos os serv1zos sanitarios dos seguintes concellos: Ames, Arzúa, A Baña, Boimorto, Boira, Boqueixón, Brión, Camota, Dodro, Dozón, A Estrada, Frades, Agolada, Lalín, Lousame, Mazaricos, Melide, Mesía, Muros, Negreira, Noia, Ordes, Oroso, Outes, Padrón, O Pino, Pontecesures, Porto do Son, A Pobra do Caramiñal, Rianxo, Ribeira, Rois, Rodeiro, Santa Comba, Santiago de Compostela, Santiso, Silleda, Teo, Toques, Tordoia, Tauro, Trazo, Val do Dubra, Valga, Yedra e Vila de Cruces. Estrutura de Xestión Integrada de Ferrol: xestiona todos os servizos sanitarios dos seguintes concellos: Ares, Cabanas, A Capela, Cariño, Cedeira, Cerdido,Fene, Ferrol, Mañón, Moeche, Monfero, Mugardos, Narón, Neda, Ortigueira, As Pontes, Pontedeume, San Sadurniño, As Somozas e Valdoviño. Estrutura de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras: xestiona todos os servizos sanitarios dos seguintes concellos: Allariz, Amoeiro, Amoia, Avión, Baltar, Bande, Baños de Molgas, Barbadás, O Barco de Valdeorras, Beade, Beariz, Os Blancos, Boborás, A Bola, O Bolo, Calvos de Randín, Carballeda de A via, Carballeda de Valdeorras, O Carballiño, Cartelle, Castrelo de Miño, Castrelo de Val, Castro Caldelas, Celanova, Cenlle, Chandrexa de Queixa, Coles, Cortegada, Cualedro, Entrimo, Esgos, A Gudiña, Gomesende, O Irixo, Larouco, Laza, Leiro, Lobeira, Labios, Maceda, Manzaneda, Maside, Melón, A Merca, A Mezquita, Montederramo, Monterrei, Muíños, Nogueira de Ramuín, Oimbra, Ourense, Paderne de Allariz, Padrenda, Parada do Sil, Pereiro de Aguiar, A Peroxa, Petín, Piñor, Pontedeva, A Pobra de Trives, Porqueira, Punxín, Quintela de Leirado, Rairiz de Veiga, Ramirás, Ribadavia, Riós, A Rúa, Rubiá, San Amaro, San Cibrao das Viñas, San Cristovo de Cea, Sandiás, San Xoán de Río, Sarreaus, Taboadela, A Teixeira, Toén, Trasmiras, A Veiga, Verea, Verín, Viana do Bolo, Vilamarín, Vilardevós, Vilariño de Canso, Vilarmartin de Valdeorras, Vilar de Barrio, Vilar de Santos, Xinzo de Limia, Xunqueira de Ambía e Xunqueira de Espadañedo. Página 3 14 u seUNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA FACULTADE DE MEDICINA E ODONTOLOXÍA Estrutura de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés: xestiona todos os servizos sanitarios dos seguintes concellos: Barro, Bueu, Caldas de Reis, Cambados, Campo Lameiro,Catoira, Cerdedo, Cotobade, Cuntis, Forcarei, Illa de Arousa,O Grove, A Lama, Marín, "tv!eaño, Meis, Moraña, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra, Portas, Ribadumia, Sanxenxo, Soutomaior e Vilaboa, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa. Estrutura de Xestión Integrada de Vigo: xestiona todos os servizos sanitarios dos seguintes concellos: Arbo, Baiona, A Cañiza, Cangas, Covelo, Crecente, Pomelos de Montes, Gondomar, A Guarda, Moaña, Mondariz-Balneario, Mos, As Neves, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, O Porriño, Ponteareas, Redondela, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Tomiño, Tui e Vigo. Estrutura de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos: xestiona todos os servizos sanitarios dos seguintes concellos: Abadín, Alfoz, Antas de Ulla, Baleira, Baralla, Barreiros , Becerreá, Begonte, Bóveda, Burela, Carballedo, Castro de Rei, Castroverde, Cervantes, Cervo, O Corgo, Cospeito, Chantada, A Fonsagrada, Folgoso do Caurel, Foz, Friol, Guitiriz, Guntín, O Incio, Láncara, Lourenzá, Lugo, Meira, Mondoñedo, Monforte de Lemos, Monterroso, Muras, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, Nogais (As), Pobra do Brollón (A), Ourol, Outeiro de Rei, Palas de Rei, Paradela ,O Páramo, A Pastoriza, Pedrafita do Cebreiro, Pantón, Pol, A Pontenova, Portomarín, Quiroga, Rábade, Ribadeo, Ribas do Sil, Ribeira de Piquín, Riotorto, Sabiñao (O), Samos, Sarria, Sober, Taboada, Trabada, Triacastela, O Valadouro, O Vicedo, Vilalba, Viveiro, Xermade e Xove. Página 414 .

View Full Text

Details

  • File Type
    pdf
  • Upload Time
    -
  • Content Languages
    English
  • Upload User
    Anonymous/Not logged-in
  • File Pages
    4 Page
  • File Size
    -

Download

Channel Download Status
Express Download Enable

Copyright

We respect the copyrights and intellectual property rights of all users. All uploaded documents are either original works of the uploader or authorized works of the rightful owners.

  • Not to be reproduced or distributed without explicit permission.
  • Not used for commercial purposes outside of approved use cases.
  • Not used to infringe on the rights of the original creators.
  • If you believe any content infringes your copyright, please contact us immediately.

Support

For help with questions, suggestions, or problems, please contact us