Escolas 2020 – 2021 'Moaña'

Escolas 2020 – 2021 'Moaña'

ESCOLAS 2020 – 2021 ‘MOAÑA’ ÍNDICE Sobre nós Protocolo COVID-19 Descripción Metodoloxía Novidades Normas de réxime interno Asistencia sanitaria Programación e Calendario Cotas Equipamentos Mais vantaxes Festa fin de curso Inscricións Xornada de portas abertas PRESENTACIÓN A Fundación Celta creouse en 1996 cunha misión principal: ‘Achegar o deporte e os seus valores á sociedade’ Como? · Desenvolvendo diferentes actividades lúdico-deportivas para a promoción da práctica do DEPORTE entre as persoas de todas as idades (nenos e adultos), tales como ‘Invasión celes- te’, ‘Campus de verán’, ‘Escolas de futbol’, ‘ Clinics’, etc. · Utilizando o deporte tanto entre nenos como entre adultos como instrumento capaz de construír e reforzar VALORES así como de consolidar HABITOS SAUDABLES (alimentación, hixiene,…), tan importantes para o desenvolvemento da persoa. · Fomentando a participación cidadá en actividades de CARÁCTER SOCIAL desde as que potenciar accións de igualdade, integración, solidariedade e desenvolvemento, tales como ‘Celeste solidario’, ‘Sangue celeste’, ‘Celta Integra’ etc. OBXECTIVOS · Dar a oportunidade a todos os nenos e familiares de formar parte do RC Celta: crear CEL- TISMO e ser exemplo de sentimento RC Celta. · Colaborar na formación futbolística de xogadores que non pertencen ás categorías infe- riores do RC Celta. · Propagar a metodoloxía da Canteira do RC Celta: mesmos medios e mesmos métodos para formar xogadores. · Seguimento e captación de xogadores: posibilidade de poder incorporarse a categorías inferiores do RC Celta. · Colaborar na formación de persoas para a sociedade: transmisión de condutas non depor- tivas como comportamentos en valores, habitos saudables, formación académica, integración social,… Ser exemplo de comportamento RC Celta. DESCRIPCIÓN ESCOLA DE TECNIFICACIÓN. Para nenos/as de 6-16 anos e SI federados noutros clubs (PREBENXAMIN, BENXAMIN, ALEVIN e INFANTIL) · Perfeccionamento das habilidades técnicas como ferramenta básica para poder alcanzar mellor rendemento futbolístico. · Desenvolvemento de contidos técnicos planificados anualmente, tanto ofensivos como defensivos. · Incorporar matices tácticos aos contidos técnicos levados a cabo. · Realizar tarefas específicas segundo posicións habituais no campo. · Nivel avanzado referente ao desenvolvemento psicomotriz e habilidades coordinativas. · Tratamento específico da optimización do movemento Estrutura básica da sesión (5 tarefas): • Activación psicomotriz/ coordinativa, aprox.10’ • Contido técnico planificado sen oposición, aprox.15’ • Contido técnico planificado con oposición, aprox.15’ • Contido técnico planificado con finalización, aprox.15’ • Volta á calma a través de estiramentos, aprox.5 MESMOS CONTIDOS QUE OS TRABALLADOS NOS EQUIPOS DE CATEGORIAS IN- FERIORES DO REAL CLUB CELTA PAUTAS METODOLÓXICAS Grupos reducidos por monitor que permita un trato mais individualizado: máximo 8 nenos por monitor. Grupos por ano de nacemento ou nivel evolutivo (máxima diferenza de 2 anos). Mesmo tipo de tarefas que as desenvolvidas por CCII. Continuo contacto co balón e moitas repeticións das accións para realizar (xesto técnico, habilidades motrices…) Utilización das dúas pernas. Consignas adecuadas: reforzar as condutas positivas e corrixir as condutas negativas Seguimento e avaliación da evolución individualizada COVID - 19 Aplicaremos unha serie de medidas de seguridade dacordo co PROTOCOLO FISICOVID-DXTGALEGO REAL FEDERACION GALEGA DE FUTBOL creado da mán da Xunta de Galicia, o Deporte Galego e a Fe- deracion Galega de Fútbol: PROTOCOLO DE SEGURIDADE COVID-19 ESCOLAS Describiremos as medidas de seguridade en 5 momentos diferentes relacionados coa actividade: ANTES DE CHEGAR AS INSTALACIÓNS · Realizar autotest previo: control de febre, tose ou dificultade para respirar. · Desplazamento con convivintes · Mans desinfectadas · Uso de máscara (levar tamén portamáscaras). Obligatorio desde 6 anos e recomendable de 3 a 5 anos. · Acudir coa uniformidade de adestramento e calzado posto, e desinfectado · Levar a súa propia botella de agua para hidratarse e personalizar a botella para evitar confusiones. ENTRADA NAS INSTALACIÓNS ··Chegar ás instalación de xeito escalonado. · Só se permitirá o acceso aos alumnos das escolas. · Recepción na entrada por parte dun adestrador · Control de temperatura · Desinfección de mans e calzado · Uso de máscara obrigatorio desde 6 anos e recomendable de 3 a 5 anos · O uso de vestuarios dependerá das medidas dispostas polos responsables das instalacións e sempre cum- prindo as medidas de seguridade pertinentes: en calqueira caso sempre disporemos dunha zona habilitada para deixar mochilas e máscaras ADESTRAMENTO · Grupos de adestramento reducidos e pechados (máximo 10 nenos/-as) · Control da distancia de seguridade (mínimo 1,5 metros): non habrá contacto entre xogadores/as · Uso opcional da máscara · Desinfección de mans o remate de cada unha das tarefas · Non se comparte material de adestramento entre grupos SAIDA DAS INSTALACIÓNS · Control da saida por parte dun adestrador · Desinfección de mans e calzado · Uso de máscara obrigatorio desde 6 anos e recomendable de 3 a 5 anos · O uso dos vestiarios dependerá das medidas dispostas polos responsables das instalacións e sempre cum- prindo as medidas de seguridade pertinentes: en calqueira caso sempre disporemos dunha zona habilitada para recoller as mochilaas e máscaras · Saida por grupos de adestramento DESPOIS DE SAIR DAS INSTALACIÓNS · Desplazamento con convivintes · Desinfección de mans · Uso de máscara obrigatorio desde 6 anos e recomendable de 3 a 5 anos · Ducharse · Desinfección da uniformidade de adestramento e calzado · Realizar autotest posterior: control de febre, tose ou dificultade para respirar. METODOLOXÍA TÉCNICOS Os adestradores que traballan coa Fundación Celta están debidamente cualificados, sendo licenciados en Ciencias da Actividade Fisica e o Deporte, diplomados en Educación Física e/ou adestradores titulados pola Federación de Futbol ou outros organismos competentes. Todos eles con ampla experiencia na educación e formación de equipos de futbol base, así como con expe- riencia en corpo técnico de categorías inferiores do RC Celta. Todos os adestradores reciben unha formación específica da metodoloxía desenvolvida nas categorías infe- riores do RC Celta tanto no referente á formación de xogadores do futbol como no desenvolvemento de as- pectos sociais e educativos claves no desenvolvemento de menores (valores, hábitos saudables, educación,…). Desta forma a aprendizaxe do futbol utilízase como vehículo educativo e integrador. METODOLOXÍA DO CELTA As nosas escolas de futbol susténtanse baixo a metodoloxía utilizada pola Canteira do RC Celta: esta me- todoloxía conta cun gran prestixio tanto a nivel nacional como internacional. Claro exemplo diso é a par- ticipación de equipos de categorías inferiores en torneos de primeiro nivel cos mellores equipos nacionais e internacionais, a continua presenza da marca CELTA en importantes conferencias dentro e fóra das nosas fronteiras, o desenvolvemento de numerosos campus de futbol desde Vigo ata lugares como Xapón ou Miami, etc… Esta metodoloxía reflíctese nos hábitos de adestramento, importancia da aprendizaxe das habilidades técni- cas, transmisión de valores e condutas saudables, preparación dos adestradores, organización de sesións e tipos de tarefas, feedbacks de calidade e adaptados a cada idade, etc… EDUCACIÓN INTEGRAL: PROGRAMA DOC No RC Celta cremos que ademais da formación futbolística dos nenos/ as, debemos tamén prestarlle aten- ción a outros aspectos como son a educación en valores, os hábitos saudables, o rendemento académico, os comportamentos no día a día... Buscando esta educación integrada creamos o programa DOC (Denominación Orixe Celta) para controlar e avaliar que esta formación vaise levando a cabo a través dun divertido xogo. Este programa tamén se está levando a cabo con gran éxito nas categorías inferiores do Real Club Celta. Trátase de propoñer durante a tempada un calendario de accións e comportamentos planificados, que os nenos deben ir cumprindo e os adestradores irán valorando: será moi importante a colaboración das familias para que o programa póidase levar a cabo con éxito. Este programa DOC o que procura é unicamente ir da man coas familias dos nosos nenos/ as valorando favorablemente aquelas cousas que se fan ben e penalizando o que non se debe facer. Ademais das accións e comportamentos propostos, tamén se valorará aqueles xestos (condutas) extraordi- narios que se dean durante a tempada, que denominamos ‘Xestos Denominación de Orixe’: de igual maneira, se se dese o caso, penalizaríanse aqueles xestos ou condutas inadecuadas. Esta avaliación levarémola a cabo desde un punto de vista individual (de cada neno/a) e desde un punto de vista colectivo (do grupo ao que pertence). Ao final do ano todos os nenos recibirán un premio como recoñecemento do cumprimento. NOVIDADE TORNEO ESCOLAS DE FUTBOL FUNDACION CELTA Esta tempada organizaremos un torneo onde xuntaremos na Madroa a todas as escolas de fútbol da Fundación Celta re- partidas polas diferentes sedes da nosa comunidade: Coia e A Madroa en Vigo, Cambados, O Grove, Velle en Ourense, A Estrada, Ribeira,… Será unha forma de achegar a todos os nenos/ as das escolas ás instalacións deportivas onde adestra o primeiro equipo do Real Club Celta e as súas categorías inferiores. Ademáis de disfrutar xogando ao futbol trátase de pasar unha xornada de convivencia con nenos e nenas de outras zonas e outros clubs e que nos poda servir como

View Full Text

Details

  • File Type
    pdf
  • Upload Time
    -
  • Content Languages
    English
  • Upload User
    Anonymous/Not logged-in
  • File Pages
    32 Page
  • File Size
    -

Download

Channel Download Status
Express Download Enable

Copyright

We respect the copyrights and intellectual property rights of all users. All uploaded documents are either original works of the uploader or authorized works of the rightful owners.

  • Not to be reproduced or distributed without explicit permission.
  • Not used for commercial purposes outside of approved use cases.
  • Not used to infringe on the rights of the original creators.
  • If you believe any content infringes your copyright, please contact us immediately.

Support

For help with questions, suggestions, or problems, please contact us