Lorenzo Varela En Revistas Culturais De México E Bos Aires

Lorenzo Varela En Revistas Culturais De México E Bos Aires

LORENZO VARELA EN REVISTAS CULTURAIS DE MÉXICO E BOS AIRES LORENZO VARELA EN REVISTAS CULTURAIS DE MÉXICO E BOS AIRES TALLER, ROMANCE, LETRAS DE MÉXICO, DE MAR A MAR, CORREO LITERARIO, CABALGATA, SUR Coordinadores XOSÉ LÓPEZ GARCÍA E ROSA ANEIROS DÍAZ Recompilación e clasificación de textos e de ilustracións e estudo introdutorio M.ª ANTONIA PÉREZ RODRÍGUEZ CONSELLO DA CULTURA GALEGA S ECCIÓN DE C OMUNICACIÓN LORENZO VARELA, XESÚS Lorenzo Varela en revistas culturais de México e Bos Aires : Taller, Romance, Letras de México, De Mar a Mar, Correo Literario, Cabalgata, Sur / coordinación Xosé López García e Rosa Aneiros Díaz ; recompilación e clasificación de textos e ilustracións e estudo introdutorio, M.ª Antonia Pérez Rodríguez. — Santiago de Compostela : Consello da Cultura Galega, Sección de Comunicación, 2005. — 558 p. : il. ; 23 cm. — (Colección Base) DL C-1077-05. — ISBN 84-95415-03-8 I. López García, Xosé. II. Aneiros Díaz, Rosa. III. Pérez Rodríguez, M.ª Antonia. IV. Consello da Cultura Galega. Sección de Comunicación. IV. Título © CONSELLO DA CULTURA GALEGA Pazo de Raxoi, 2º andar Praza do Obradoiro, s/n 15705 Santiago de Compostela Tel. 981 957202 Fax 981 957205 [email protected] Proxecto gráfico e deseño de cubertas MANUEL JANEIRO ISBN 84-95415-03-8 Depósito legal C-1077-05 Realización Lúdica 7 Á miña filla Sabela ÍNDICE xeral PRESENTACIÓN Alfonso Zulueta de Haz . 11 ESTUDO INTRODUTORIO Lorenzo Varela en revistas culturais de México e Bos Aires: Taller, Romance, Letras de México, De Mar a Mar, Correo Literario, Cabalgata, Sur M.ª Antonia Pérez Rodríguez . 13 ARTIGOS DE LORENZO VARELA Taller . 139 Romance . 179 Letras de México . 233 De Mar a Mar . 245 Correo Literario . 277 Cabalgata . 429 Sur . 461 CLASIFICACIÓN DOS ARTIGOS DE LORENZO VARELA Por lugar de publicación . 489 Por ano . 499 Por revistas . 509 ILUSTRACIÓNS Debuxos de Manuel Colmeiro en De Mar a Mar . 515 Debuxos de Luís Seoane en De Mar a Mar . 523 Debuxos de Luís Seoane en Cabalgata . 535 PRESENTACIÓN UNHA VOZ DESDE O EXILIO A reivindicación da cultura e da lingua, a recuperación da memoria e a aposta polo diálogo intercultural veñen caracterizan- do desde hai xa corenta e tres anos a conmemoración do Día das Letras Galegas, convertido asemade en celebración festiva e en rea- firmación galeguista. Instituída pola Real Academia Galega en 1963, e con Rosalía de Castro inaugurando ese fermoso e evocador percorrido de homenaxe e recoñecemento á palabra e á creación literaria, a conmemoración proponnos este ano o reencontro cunha das per- sonalidades do exilio, logo da fractura e do desenlace da Guerra Civil (1936-1939). O xornalista e poeta Xesús Lorenzo Varela Vázquez “Lorenzo Varela” (1916-1978), fillo de emigrantes orixinarios de Monterroso (Lugo), resume na súa peripecia vital algúns dos trazos determinantes das xentes que, comprometidas co país e coa cultu- ra, coa República e coas Letras, houberon de percorrer os duros camiños do desterro e do exilio. Derrotados no campo de batalla, non no pensamento nin na acción, os exiliados galegos foron capaces de impulsar proxec- tos e iniciativas ao servizo dunha terra vivida desde o soño do retorno imposible para moitos. Foi así como o optimismo da von- tade puido sobrepoñerse ao pesimismo da intelixencia e no outro lado do océano, na América convertida en terra de promisión e acollida, xurdiron libros e revistas, propostas radiofónicas e xorna- lísticas, iniciativas solidarias e compromisos mutualistas. Lorenzo Varela estivo sempre na primeira liña da acción e do compromiso a prol de Galicia, en todas as etapas da súa vida e na súa militancia política no Partido Comunista. A poesía e o xor- nalismo foron as canles que acolleron as súas creacións, as palabras e os proxectos compartidos estreita e intensamente con figuras sen- lleiras como Luís Seoane ou Arturo Cuadrado. Este libro, Lorenzo Varela en revistas culturais de México e Bos Aires, dá testemuño dese esforzo dos exiliados galegos e, nomeada- mente, das tarefas de Lorenzo Varela, a quen Galicia honra neste Día das Letras Galegas 2005. A obra reflicte o seu alento, a súa capacidade para sobrepoñerse ás dificultades, a súa valía intelec- tual, manifestada a través dos textos sobre arte, literatura ou cine, e o seu compromiso político. O Consello da Cultura Galega súmase con esta publicación á conmemoración das Letras Galegas e ao recoñecemento e á homenaxe que, desde a persoa e a obra de Lorenzo Varela, supón coa obra de exiliados e emigrantes, parte integrante e actuante da memoria e da esperanza nun futuro de solidariedade, progreso, paz e liberdade. Alfonso Zulueta de Haz Presidente do Consello da Cultura Galega ESTUDO INTRODUTORIO LORENZO VARELA EN REVISTAS CULTURAIS DE MÉXICO E BOS AIRES: TALLER, ROMANCE, LETRAS DE MÉXICO, DE MAR A MAR, CORREO LITERARIO, CABALGATA, SUR As revistas culturais dos nosos exiliados en América cum- priron unha misión capital como elementos de identitarios e aglu- tinantes dos grupos que as sacaban adiante, pois incluso as diver- xencias que se manifestaron no seo dalgunhas delas estableceron vínculos e espazos de encontro e debate. Ademais, serviron para fomentar a ilusión de que a derrota era momentánea e para soster o espírito de loita, unhas premisas que contribúen a explicar que maiormente vexan a luz na década dos corenta e a comezos da dos cincuenta, durante un período de máis ou menos quince anos, no cal os nosos trasterrados situaban as súas esperanzas en que os alia- dos derrocasen o franquismo para así volver á Península e instau- rar de novo a República. Todas as que saen da man de Xesús Lorenzo Varela Vázquez, Lorenzo Varela (1916 – Madrid, 1978), débense entender como unha contribución a este fin xa que nelas atopamos a per- soeiros de esquerdas que non deslindaban a cultura da política e todas se encamiñan dentro das pautas comúns ás revistas dos exi- liados; unhas constantes ás que nos referimos a continuación. Unicamente se desmarcan desas peculiaridades en que, a que menos, chegou aos sete números, mentres que moi poucas das publicacións dos refuxiados conseguiron unha permanencia supe- rior aos dez, sendo abundantes as que non acadaron superar os tres números. Por tanto, constitúen unha excepción todas aquelas revistas en que o poeta, nado no transatlántico La Navarrete cando os seus pais emigraban á Habana, participou, fundou ou dirixiu, ou desenvolveu estas tres funcións. No peche das revistas dos desterrados influíron cuestións internas e externas. Entre as primeiras citamos como básicas as 14 Estudo introdutorio financeiras, as disensións ideolóxicas entre os promotores, os malen- tendidos dos propios redactores entre si ou as discrepancias que aconteceron entre ambos; tamén que dentro de América unha parte dos membros de grupos de exiliados máis ou menos cohesionados se fosen paulatinamente dispersando por varios países. Entre as segundas mencionamos o escaso número de lectores entre a poboa- ción nativa e entre os nosos emigrantes, o auxe dos suplementos cul- turais e dos especiais dos grandes xornais xa que cubrían as expec- tativas de boa parte do público e, despois dos acordos de Yalta, a desilusión ao sentírense os nosos emigrados políticos abandonados polos aliados na loita para derribar o franquismo. As revistas dos republicanos deron cabida a textos inéditos ou comprometidos e a algún innovador, que non terían acollida noutras publicacións. Estimularon e divulgaron a produción de intelectuais silenciados no Estado español ou relegados por estran- xeiros dentro do sistema cultural das nacións onde se instalaron. Paliaron a falta de facilidades para editar neles libros e constituíron un medio de promoción para a cultura española do século XX, que cremos que era bastante descoñecida nas nacións que con tanta xenerosidade os recibiron. Nos seus contidos gardan a tónica das revistas culturais de esquerdas non pensadas para especialistas, que, a partir de 1920, abranguen a información cultural en xeral. Están imbuídas de certo talante pedagóxico e divulgativo, priman os eidos da literatura, arte, música e cine, decántanse por dar a coñecer textos de crea- ción (preferiblemente de poesía e relato curto) e pequenos ensaios e destinan espazos fixos, amplos en proporción ao total das súas páxinas, para a crítica e recensións de libros, comentarios de expo- sicións, de películas, concertos, representacións de teatro, etc. Ao principio, non resultou de todo doado a compatibilidade dos exiliados co sistema cultural dos países hispanoamericanos, un sistema pola súa vez dividido entre unha tendencia de carácter indi- xenista e outra cosmopolita, con considerable predilección por Francia, menos por Inglaterra, e ignorante en demasía da cultura his- pana dos séculos XIX e XX. As revistas dos nosos trasterrados, malia Lorenzo Varela en revistas culturais… 15 os contratempos e controversias, actuaron de ponte, comportáronse a modo dun reactivo que descargou tensións e dun precipitante que xerou a conformación de novas esferas de entendemento e inter- cambio. Para conseguilo foi fundamental que, por imposición das circunstancias, ou por convicción da negatividade do illamento, as revistas abrisen o espectro dos seus receptores e colaboradores. Así, co transcorrer do tempo, trataron de expandir o seu marco fóra do reducido ámbito de onde emanaron nun principio, ampliando o seu destinatario aos cidadáns con preparación e inquietudes dos países onde se editaban ou, con dificultades, se distribuían. Catro das estudadas (Romance, De Mar a Mar, Correo Literario e Cabalgata) non sairían ao mercado sen o empeño e tei- mosía de Lorenzo Varela e na súa traxectoria foi decisiva a súa inquebrantable dedicación, á que no caso de Correo Literario (e en menor medida en Cabalgata) se uniu a de Luís Seoane. As catro víronse suxeitas aos tres condicionantes máis comúns a todas as revistas dos nosos emigrantes políticos e non lograron vencer a carencia de cartos, os atrancos postos polos gobernos ou as varia- cións nos escenarios políticos dos países onde se editaban, nin superar a escaseza de lectores.

View Full Text

Details

  • File Type
    pdf
  • Upload Time
    -
  • Content Languages
    English
  • Upload User
    Anonymous/Not logged-in
  • File Pages
    512 Page
  • File Size
    -

Download

Channel Download Status
Express Download Enable

Copyright

We respect the copyrights and intellectual property rights of all users. All uploaded documents are either original works of the uploader or authorized works of the rightful owners.

  • Not to be reproduced or distributed without explicit permission.
  • Not used for commercial purposes outside of approved use cases.
  • Not used to infringe on the rights of the original creators.
  • If you believe any content infringes your copyright, please contact us immediately.

Support

For help with questions, suggestions, or problems, please contact us