Excma. Deputación Provincial De Lugo Xunta De Galicia

Excma. Deputación Provincial De Lugo Xunta De Galicia

MÉRCORES, 9 DE XUÑO DE 2021 N.º 129 EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO ÁREA DE ECONOMÍA, RECADACIÓN E FACENDA. SERVIZO DE XESTIÓN, RECADACIÓN E INSPECCIÓN TRIBUTARIA Anuncio EXPOSICIÓN MATRÍCULA IAE-2021 De conformidade co establecido no artigo 3 e 4 do Real decreto 243/1995, de 17 de febreiro, polo que se dictan normas para a xestión do Imposto sobre Actividades Económicas e se regula a delegación de competencias en materia de xestión censal do dito Imposto, ponse a disposición dos interesados a matrícula do ano 2021 correspondente as cotas municipais dos concellos que se relacionan, a fin de que os contribuíntes poidan consultar os seus datos. A matrícula estará a súa disposición nas oficinas dos concellos respectivos e nas oficinas do Servizo de Xestión Tributaria e Recadación da Deputación Provincial de Lugo (sitas na Rúa Tui, núm 5-baixo, 27004 Lugo) durante o prazo de QUINCE DÍAS contados a partir da publicación no Boletín Oficial da Provincia. Contra os actos de inclusión, exclusión ou alteración dos datos censais poderase interpoñer, no prazo dun mes, recurso de reposición ante a Axencia Tributaria ou reclamación económico-administrativo ante o Tribunal Administrativo Rexional, en ambos casos, a contar dende o día seguinte ao término da exposición da matrícula. Concellos: Abadin, Alfoz, Antas de Ulla, Baleira, Baralla, Barreiros, Becerreá, Begonte, Bóveda, Burela, Carballedo, Castro de Rei, Castroverde, Cervantes, Cervo, O Corgo, Cospeito, Chantada, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, Foz, Friol, Guitiriz, Guntín, O Incio, Láncara, Lourenzá, Meira, Mondoñedo, Monterroso, Muras, Navia de Suarna, As Nogais, Ourol, Palas de Rei, Pantón, Paradela, O Páramo, A Pastoriza, Pedrafita do Cebreiro, A Pobra de Brollón, Pol, A Pontenova, Portomarin, Quiroga, Rábade, Ribadeo, Ribas de Sil, Ribeira de Piquín, Riotorto, Samos, Sarria, O Saviñao, Sober, Taboada, Trabada, Triacastela, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro, Vilalba, Xermade e Xove. Lugo, 3 de xuño de 2021.- O Presidente,P. D. Decreto, de data 24/07/2019, A Deputada Delegada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, Mayra García Bermúdez. R. 1663 XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE. AUGAS DE GALICIA. SERVIZO TERRITORIAL DE LUGO Anuncio INFORMACIÓN PÚBLICA Anuncio publicado en: Num BOP 129 año 2021 (08/06/2021 13:41:39) (09/06/2021 08:00:00) O Concello de Mondoñedo solicita de Augas de Galicia a autorización de obras en zona de policía. O presente anuncio ten por obxecto abrir a regulamentaria información pública que prescribe o art. 52 do Regulamento do dominio público hidráulico. Expediente: DH.W27.72072 As obras solicitadas consisten na execución do proxecto técnico modificado II corrixido “Obras de reparación y mejora de viales. Núcleos de Seivane, Estelo, Zoñán, Pumariño y Combarro. Mondoñedo (Lugo)”; con afección a zona de policía do rego de Cesuras e de varios regos innominados, nas parroquias dos Remedios e Trigás. As obras no núcleo de Seivane (parroquia dos Remedios) inclúen o incremento do largo dun camiño con terreos dos predios con referencias catastrais 2511401PJ3121S, 2511403PJ3121S e 2511404PJ3121S, reorganización das augas do rego innominado que discorre pola cuneta, mellora da rede eléctrica e de saneamento e demolición e restitución dun muro. O que se fai público para xeral coñecemento, por un prazo de vinte (20) días a partir do seguinte á data de publicación no Boletín Oficial da Provincia, co fin de que os que se sintan prexudicados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, no Concello de Mondoñedo ou nas oficinas deste servizo, situadas na 2 Núm. 129 – mércores, 9 de xuño de 2021 BOP Lugo Ronda da Muralla, 70, 2º, onde estará exposto o expediente de que se trata, para que poida ser examinado por quen o desexe. Lugo, 4 de xuño de 2021.- A xefa do servizo territorial, Rocío Carreira Carral. R. 1678 CONCELLOS O CORGO Anuncio BASES QUE REXERÁN O PROCEDEMENTO SELECTIVO PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL E FORMACIÓN DE BOLSAS DE EMPREGO Ó ABEIRO DO CONVENIO DE COLABORACIÓN QUE SE SUSCRIBIRÁ EN BREVES DATAS ENTRE A CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL E DO MAR E A ENTIDADE LOCAL PARA PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS MEDIANTE A ACTUACIÓN DUN VEHÍCULO MOTOBOMBA DURANTE A VIXENCIA DO CONVENIO QUE SE SUBCRIBIRÁ COA CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL PRIMEIRO. NORMATIVA APLICABLE E OBXECTO DA CONVOCATORIA. A. NORMATIVA APLICABLE. PRIMEIRA.- NORMAS XERAIS Normas de aplicación: As probas selectivas regularanse polo previsto nas presentes bases e no non previsto nelas polo establecido na Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local; no Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, aprobado por Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 13 de xuño; no Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outono, polo que se aproba o Texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público (TREBEB); na Lei 5/1997, de 22 de xullo, da Administración Local de Galicia; na Lei 2/2015, de 29 de abril, de Emprego Público de Galicia (LEPG); na Lei 2/2007, do 28 de marzo, do Traballo en Igualdade das Mulleres de Galicia; no Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e os programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección dos funcionarios da Administración Local; con carácter supletorio tamén se aplicará o Decreto 95/91, de 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia no que non se opoña á Lei 2/2015, de 29 de abril, de emprego público de Galicia, e no no previsto nel, no Real Decreto 364/1995, de 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de ingreso do persoal ó servizo da Administración do Estado e demáis disposicións aplicables. OBXECTO A presente convocatoria ten por obxecto a selección de TRES candidatos/as para o desempeño do posto de traballo de ENCARGADO DO MANEXO DUN VEHÍCULO MOTOBOMBA durante a vixencia do convenio para a prevención e defensa contra incendios forestais. Nesta mesma liña, e co fin de non interromper a prestación deste concreto servizo de duración temporal, aqueles candidatos que superen o proceso selectivo pero que non acaden a puntuación precisa para ser propostos para a contratación por esta entidade, pasarán a formar parte dunha lista para posibles baixas ou substitucións. Así mesmo, o presente procedemento selectivo servirá de bolsa de emprego válida para os anos 2021 e 2022, que se constituirá con todos os candidatos que superen o proceso selectivo ordenados pola puntuación obtida. No suposto de que o candidato seleccionado non desexe suscribir o contrato laboral temporal ou unha vez suscrito, dimita ou se extinga a relación laboral de mutuo acordo, o concello notificará ó seguinte candidato que tivese superado a puntuación esixida no proceso selectivo se éste non quixese formalizar o contrato Anuncio publicado en: Num BOP 129 año 2021 (08/06/2021 13:41:39) (09/06/2021 08:00:00) procederáse da mesma maneira cos seguintes candidatos. SEGUNDO.- FUNCIÓNS. O persoal encargado do manexo do VMB realizará labores de prevención, extinción e defensa contra incendios forestais. Dentro das labores preventivas poderán realizar obras de construcción, mantemento de infraestructuras de defensa contra incendios forestais que disminua a propagación e minoren os danos dos incendios, no caso de producirse. Estes labores desenvolveranse sempre dentro do ámbito territorial do concello. O VMB colaborará na extinción de incendios forestais integrándose no dispositivo de emerxencias do Distrito Forestal onde se sitúe o concello. Así mesmo, cando concorran razóns extraordinarias, poderán colaborar na defensa de incendios declarados noutros ámbitos territoriais, dentro da Comunidade Autónoma de Galicia. 3 Núm. 129 – mércores, 9 de xuño de 2021 BOP Lugo Outras funcións que poida fixar a Consellería do Medio Rural no Convenio. O persoal encargado do manexo do VMB deberá ter plena dispoñibilidade horaria, incluíndo domingos e festivos, así como as quendas de noite necesarias e o vehículo deberá estar operativo alomenos 16 horas ao día. TERCEIRA.- REQUISITOS DOS ASPIRANTES Para participar nas probas selectivas, os aspirantes deberán reunir os requisitos que a continuación se indican segundo o establecido no artigo 56 do EBEP e Art 50 e 52 da LEPG, referidos todos e cada un deles á data de remate do prazo de presentación de solicitudes e deberán manterse durante todo o proceso selectivo: a) Nacionalidade: a.1) Ter a nacionalidade española. a.2) As persoas que posúan a nacionalidade doutros estados membros da Unión Europea. a.3) As persoas, calquera que sexa a súa nacionalidade, que sexan cónxuxes de persoas que posúan a nacionalidade española ou doutros estados membros de la Unión Europea, sempre que no estean separadas de dereito. a.4) As persoas, calquera que sexa súa nacionalidade, descendentes de persoas que posúan a nacionalidade española ou doutros estados membros da Unión Europea, sempre que sexan menores de vinteún anos ou maiores de dita idade dependentes. a.5) As persoas, calquera que sexa a súa nacionalidade, descendentes do cónxuxe non separado de dereito de persoas que posúan a nacionalidade española ou doutros estados membros da Unión Europea, sempre que sexan menores de vinteún anos ou maiores de dita idade dependentes. a.6) As persoas incluidas no ámbito de aplicación dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España nos que sexa de aplicación a libre circulación de traballadores. a.7) Estar en posesión do carnet de conducir tipo C. a.9) Posuir aptitude física para a o desempeño dos traballos, acreditándose a mesma mediante certificado médico. Son excluintes as lesións de corazón, pulmón ou intestinais, os transtornos psicolóxicos, as incapacidades do aparato locomotor, as enfermidades contaxiosas e a obesidade. Nas mulleres tamén será excluinte o embarazo. A cegueira e a sordeira son igualmente causas de exclusión.

View Full Text

Details

  • File Type
    pdf
  • Upload Time
    -
  • Content Languages
    English
  • Upload User
    Anonymous/Not logged-in
  • File Pages
    52 Page
  • File Size
    -

Download

Channel Download Status
Express Download Enable

Copyright

We respect the copyrights and intellectual property rights of all users. All uploaded documents are either original works of the uploader or authorized works of the rightful owners.

  • Not to be reproduced or distributed without explicit permission.
  • Not used for commercial purposes outside of approved use cases.
  • Not used to infringe on the rights of the original creators.
  • If you believe any content infringes your copyright, please contact us immediately.

Support

For help with questions, suggestions, or problems, please contact us