Proxeccións de fogares. 2018-2033 Resumo de resultados 21/12/2018 Índice Introdución .................................................................................................... 1 Número de fogares ....................................................................................... 1 Tamaño dos fogares ..................................................................................... 4 Composición dos fogares ............................................................................. 7 Anexo ........................................................................................................... 8 Introdución As proxeccións de fogares fan posible anticipar os cambios que se producirán no seu número, tamaño e composición, e repercuten nos estudos derivados que se poidan obter, por exemplo, no ámbito das políticas públicas de planeamento e toma de decisións. O IGE elabora cada dous anos a operación estatística Proxeccións de fogares, que proporciona unha estimación da evolución futura dos fogares galegos, en base ás condicións demográficas observadas no momento actual. Número de fogares Segundo os resultados desta operación, vinculada ás Proxeccións de poboación do IGE, Galicia presentaría nos próximos anos unha evolución positiva do número de fogares ata o ano 2023; así, entre o 2018 e o 2023, esta variable incrementaríase un 0,26%.Con posterioridade a este último ano, e ata o final do período de proxección (o 2033), o número de fogares tendería, pola contra, a decrecer. A diminución experimentada entre o 2024 e o 2033 é, de feito, superior ao incremento experimentado entre 2018 e 2023, xa que no conxunto do período de proxección, o número de fogares de Galicia diminuirá un 0,7%(taxa de variación no período 2018-2033). Non obstante, a evolución do número de fogares nas provincias da Coruña e Pontevedra é diferente á do conxunto da Comunidade Autónoma, xa que ambas provincias rexistran un incremento desta variable no período de proxección: en Pontevedra, o número de fogares increméntase un 2,30%no período 2018- 2033,mentres que o da Coruña faino nun 0,11%. 1 Número de fogares. Galicia e provincias Unidade: fogares, % Espazo 2018 2033 Taxa de variación Galicia 1.061.681 1.054.219 -0,70 - A Coruña 444.382 444.854 0,11 - Lugo 131.796 123.694 -6,15 - Ourense 128.959 120.915 -6,24 - Pontevedra 356.545 364.757 2,30 Fonte: IGE. Proxeccións de fogares (descarga da táboa) Nota: datos referidos ao 1 de xaneiro de cada ano Taxa de variación anual do número de fogares. Galicia e provincias Unidade: % Fonte: IGE. Proxeccións de fogares (descarga da táboa) Nota: datos referidos ao 1 de xaneiro de cada ano Das 20 áreas (agrupacións de comarcas) galegas consideradas, increméntase o número de fogares no período 2018-2033 en 6: Área da Coruña (4,76%), Área de Santiago (4,63%), Caldas-O Salnés (4,45%), Área de Vigo (4,39%), Área de Pontevedra (3,99%) e Área de Ourense (1,53%). O maior decrecemento no 2 número de fogares no período 2018-2033 dáse nas áreas de Ourense sur, cun descenso do 14,59%, na de O Carballiño-O Ribeiro, cun decrecemento do 13,29%, e na de Lugo oriental, cunha diminución do 11,29% en todo o período considerado. Número de fogares. Áreas xeográficas Unidade: fogares, % Espazo 2018 2033 Taxa de variación A Coruña suroriental 23.506 21.527 -8,42 Ferrol-Eume-Ortegal 78.661 74.076 -5,83 Área da Costa da morte 50.027 45.869 -8,31 A Barbanza-Noia 35.859 34.951 -2,53 Área da Coruña 181.758 190.404 4,76 Área de Santiago 74.570 78.026 4,63 Lugo sur 20.203 18.361 -9,12 Lugo oriental 14.370 12.747 -11,29 Lugo central 68.922 65.726 -4,64 A Mariña 28.301 26.860 -5,09 O Carballiño-O Ribeiro 18.065 15.665 -13,29 Ourense central 19.576 17.936 -8,38 Ourense sur 33.499 28.612 -14,59 Área de Ourense 57.818 58.701 1,53 Pontevedra nororiental 25.011 23.782 -4,91 Pontevedra sur 40.967 39.376 -3,88 Caldas-O Salnés 51.894 54.204 4,45 O Morrazo 30.346 30.104 -0,80 Área de Pontevedra 47.387 49.279 3,99 Área de Vigo 160.940 168.012 4,39 Fonte: IGE. Proxeccións de fogares (descarga da táboa) Nota: datos referidos ao 1 de xaneiro de cada ano 3 Tamaño dos fogares En canto á evolución dos fogares segundo o seu tamaño, no período 2018-2033 estímase un incremento do número de fogares de maior tamaño (6 ou máis persoas) do 3,81%, e tamén do número de fogares de menor tamaño, os de unha e dúas persoas, que se incrementarían un 2,96% e 4,91% respectivamente; pola contra, diminuiría o número de fogares de 3, de 4 e de 5 persoas, nun 6,52% en total. Distribución dos fogares segundo seu tamaño. Galicia. Ano 2018 Unidade: porcentaxe (%) Fonte: IGE. Proxeccións de fogares (descarga da táboa) Nota: datos referidos ao 1 de xaneiro de cada ano 4 Distribución dos fogares segundo seu tamaño. Galicia. Ano 2033 Unidade: porcentaxe (%) Fonte: IGE. Proxeccións de fogares (descarga da táboa) Nota: datos referidos ao 1 de xaneiro de cada ano Número de fogares segundo o seu tamaño. Galicia e provincias. Ano 2018 Unidade: fogares 2 3 4 5 6 ou máis Espazo Total 1 persoa persoas persoas persoas persoas persoas Galicia 1.061.681 236.551 318.927 245.116 177.502 55.907 27.678 - A Coruña 444.382 102.222 133.258 102.566 72.410 22.747 11.179 - Lugo 131.796 31.072 41.477 29.715 19.154 7.106 3.272 - Ourense 128.959 32.639 43.296 28.524 17.622 4.917 1.961 - Pontevedra 356.545 70.618 100.897 84.312 68.316 21.137 11.266 Fonte: IGE. Proxeccións de fogares (descarga da táboa) Nota: datos referidos ao 1 de xaneiro de cada ano 5 Número de fogares segundo o seu tamaño. Galicia e provincias. Ano 2033 Unidade: fogares 2 3 4 5 6 ou máis Espazo Total 1 persoa persoas persoas persoas persoas persoas Galicia 1.054.219 243.545 334.595 233.819 158.972 54.554 28.733 - A Coruña 444.854 106.855 140.748 98.298 65.126 22.293 11.533 - Lugo 123.694 29.640 40.849 26.794 16.557 6.589 3.264 - Ourense 120.915 31.721 42.396 25.718 14.972 4.342 1.765 - Pontevedra 364.757 75.329 110.601 83.009 62.317 21.330 12.171 Fonte: IGE. Proxeccións de fogares (descarga da táboa) Nota: datos referidos ao 1 de xaneiro de cada ano O tamaño medio dos fogares galegos experimentará un crecemento no período 2018-2033, pasando de 2,60 a 2,64; incrementarase en todas as provincias, agás na de Pontevedra, onde diminuirá 0,04 puntos. Tamaño medio dos fogares. Galicia e provincias Unidade: persoas Espazo 2018 2033 Galicia 2,60 2,64 - A Coruña 2,56 2,58 - Lugo 2,64 2,82 - Ourense 2,54 2,71 - Pontevedra 2,67 2,63 Fonte: IGE. Proxeccións de fogares (descarga da táboa) Nota: datos referidos ao 1 de xaneiro de cada ano 6 Composición dos fogares Segundo a clasificación utilizada nestas proxeccións, no período 2018-2033 os fogares unipersoais aumentarían un 2,96% e os formados por unha parella sen fillos un 4,91%; por outra banda, diminuirían as parellas con fillos un 5,89%, as unidades monoparentais un 1,78% e o resto de fogares un 2,05%. Número de fogares segundo a súa estrutura. Galicia e provincias. Ano 2018 Unidade: fogares Parellas Parellas Unidades Espazo Total Unipersoais Outros sen fillos con fillos monoparentais Galicia 1.061.681 236.551 229.211 358.470 100.375 137.075 - A Coruña 444.382 102.222 96.386 149.187 41.750 54.837 - Lugo 131.796 31.072 29.287 38.088 12.480 20.868 - Ourense 128.959 32.639 31.472 37.754 11.784 15.309 - Pontevedra 356.545 70.618 72.067 133.440 34.360 46.060 Fonte: IGE. Proxeccións de fogares (descarga da táboa) Nota: datos referidos ao 1 de xaneiro de cada ano Número de fogares segundo a súa estrutura. Galicia e provincias. Ano 2033 Unidade: fogares Parellas Parellas Unidades Espazo Total Unipersoais Outros sen fillos con fillos monoparentais Galicia 1.054.219 243.545 240.463 337.357 98.590 134.264 - A Coruña 444.854 106.855 101.804 140.866 41.242 54.087 - Lugo 123.694 29.640 28.843 34.204 11.654 19.353 - Ourense 120.915 31.721 30.818 33.321 10.913 14.143 - Pontevedra 364.757 75.329 78.999 128.966 34.781 46.682 Fonte: IGE. Proxeccións de fogares (descarga da táboa) Nota: datos referidos ao 1 de xaneiro de cada ano 7 Anexo Comarcas que compoñen cada área xeográfica considerada: • A Coruña suroriental: comprende as comarcas de Arzúa, Ordes e Terra de Melide • Ferrol-Eume-Ortegal: comprende as comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal • Área da Costa da morte: comprende as comarcas de Bergantiños, Fisterra, Muros, Terra de Soneira e Xallas • A Barbanza-Noia: comprende as comarcas da Barbanza e Noia • Área da Coruña: comprende as comarcas da Coruña e Betanzos • Área de Santiago: comprende as comarcas da Barcala, O Sar e Santiago • Lugo sur: comprende as comarcas de Chantada, Quiroga e Terra de Lemos • Lugo oriental: comprende as comarcas da Fonsagrada, Os Ancares e Sarria • Lugo central: comprende as comarcas da Ulloa, Lugo, Meira e A Terra Chá • A Mariña: comprende as comarcas da Mariña Central, A Mariña Oriental e A Mariña Occidental • O Carballiño-O Ribeiro: comprende as comarcas do Carballiño e O Ribeiro • Ourense central: comprende as comarcas de Allariz e Maceda, Terra de Caldelas, Terra de Trives e Valdeorras • Ourense sur: comprende as comarcas da Limia, Baixa Limia, Terra de Celanova, Verín e Viana • Área de Ourense: comprende a comarca de Ourense • Pontevedra nororiental: comprende as comarcas do Deza e Tabeirós-Terra de Montes • Pontevedra sur: comprende as comarcas da Paradanta, O Baixo Miño e O Condado • Caldas-O Salnés: comprende as comarcas de Caldas e O Salnés • O Morrazo: comprende a comarca do Morrazo • Área de Pontevedra: comprende a comarca de Pontevedra • Área de Vigo: comprende a comarca de Vigo 8 Pode consultarse a metodoloxía desta estatística na seguinte ligazón: http://www.ige.eu/estatico/pdfs/s3/metodoloxias/met_prox_fog_2018_2033_gl.pdf Para máis información: Instituto Galego de Estatística Complexo Administrativo San Lázaro s/n 15703 Santiago de Compostela (A Coruña) Contacto: http://www.ige.eu/web/peticioninfo.jsp?paxina=005006001&idioma=gl Teléfono de información: 981 54 15 89 (de 9 a 15:00 h.) Fax: 981 54 13 23 Sitio web: http://www.ige.eu 9 .
Details
-
File Typepdf
-
Upload Time-
-
Content LanguagesEnglish
-
Upload UserAnonymous/Not logged-in
-
File Pages9 Page
-
File Size-