CMUS Profesional De Viveiro

CMUS Profesional De Viveiro

CMUS Profesional de Viveiro CONCELLO DE VIVEIRO PROGRAMACIÓN NOVAS TECNOLOXÍAS CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE VIVEIRO - PROGRAMACIÓN DE NOVAS TECNOLOXÍAS ÍNDICE INTRODUCIÓN ...................................................................................................................................... 3 1. METODOLOXÍA ............................................................................................................................. 4 2. ATENCIÓN Á DIVERSIDADE .......................................................................................................... 5 3. TEMAS TRANSVERSAIS ................................................................................................................. 6 3.1. EDUCACIÓN EN VALORES ..................................................................................................... 6 3.2. TRATAMENTO DAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN (TIC´S) .......... 7 4. ACTIVIDADES CULTURAIS E DE PROMOCIÓN DAS ENSINANZAS ................................................. 8 5. SECUENCIACIÓN DO CURSO......................................................................................................... 9 5.1. CURSO: 3º DE GRAO PROFESIONAL .................................................................................. 9 5.1.1. Obxectivos ........................................................................................................................ 9 5.1.2. Contidos............................................................................................................................ 9 5.1.3. Avaliación ......................................................................................................................... 9 5.1.4. Medidas de recuperación ............................................................................................... 11 5.1.5. Recursos didácticos ........................................................................................................ 12 6. PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN E SEGUIMENTO DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA ............ 13 7. PROCEDEMENTOS PARA REALIZAR A AVALIACIÓN INTERNA DO DEPARTAMENTO ................. 14 8. ANEXOS ...................................................................................................................................... 15 8.1. PROBAS DE ACCESO ............................................................................................................ 15 Travesía da Mariña s/n - 27850 Viveiro - Tel: 982560486 - email: [email protected] - web: http://www.edu.xunta.gal/centros/cmusprofesionalviveiro/ 2 CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE VIVEIRO - PROGRAMACIÓN DE NOVAS TECNOLOXÍAS INTRODUCIÓN As ensinanzas artísticas reguladas pola Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, ten por finalidade promocionarlle ao alumnado unha formación artística de calidade, así como a de garantir a cualificación dos futuros profesionais da música. A Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, no seu artigo 6.2 atribúe ao Goberno fixar as ensinanzas mínimas, que constitúen os aspectos básicos do currículo, co fin de garantir unha formación común a todos os alumnos e a validez dos títulos correspondentes. Así mesmo, o artigo 6.4 determina que as administracións educativas competentes establecerán o currículo das distintas ensinanzas reguladas pola mesma, que deberá incluír os aspectos básicos relativos aos obxectivos, contidos e criterios de avaliación que constitúen as ensinanzas mínimas. O Real Decreto 1577/2006, do 22 de decembro, fixa os aspectos básicos do currículo das ensinanzas profesionais de música reguladas pola LOE. O Decreto 198/2007, do 27 de setembro, establece a ordenación do grao elemental das ensinanzas de réxime especial de música, e o seu currículo para o ámbito de competencia da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria na Comunidade Autónoma de Galicia. Neste decreto establécese que a finalidade do grao elemental das ensinanzas de réxime especial de música é promover a autonomía do alumnado para que a súa capacidade de expresión musical adquira a calidade artística necesaria que permita acceder ao grao profesional. O Decreto 203/2007, do 27 de setembro, establece o currículo das ensinanzas profesionais de réxime especial de música na Comunidade Autónoma de Galicia. Neste decreto establécese que a finalidade das ensinanzas profesionais de música é a de proporcionarlle ao alumnado unha formación artística de calidade e garantir a cualificación dos futuros profesionais da música, e ordénase en catro funcións básicas: formativa, orientadora, profesionalizadora e preparatoria para estudos posteriores. A presente programación da concreción aos anteriores decretos a nivel de centro, e será o documento polo que se desenvolvan os diversos parámetros do traballo de aula dos docentes deste departamento. Travesía da Mariña s/n - 27850 Viveiro - Tel: 982560486 - email: [email protected] - web: http://www.edu.xunta.gal/centros/cmusprofesionalviveiro/ 3 CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE VIVEIRO - PROGRAMACIÓN DE NOVAS TECNOLOXÍAS 1. METODOLOXÍA O ensino da materia de Novas Tecnoloxías aínda que colectivo, vai ter un marcado carácter individual. Ao poder dispor dun ordenador por alumno cada alumno vai levar o seu propio ritmo de aprendizaxe, sempre dentro da unidade didáctica correspondente. Como un só curso non é dabondo para dominar un tema moi amplo, o obxectivo principal vai ser fomentar a autonomía do alumno e espertar o seu interese. Todo isto vai ser levado a cabo a través de actividades feitas en clase relacionadas coas unidades didácticas, realizadas de xeito persoal sen desdeñar a axuda doutros compañeiros. O enfoque vai ser eminentemente práctico. A metodoloxía apoiarase nos seguintes principios metodolóxicos: Actividade: Moitos dos contidos da materia teñen un carácter procedimental, polo que o principio de que as cousas se aprenden facéndoas vai implícito na nosa ensinanza. Autonomía: Cada alumno ou alumna aprenderá a traballar de forma independente e a tomar decisións por si mesmo, aportando a súa visión individual cando forme parte dun grupo. Creatividade: Na materia concíbense as ferramentas tecnolóxicas como un medio artísitico (do mesmo xeito que un instrumento musical) polo que calquera actividade que realicemos tratará de estimular o pensamento e a imaxinación, buscando conseguir que as nosas alumnas non repitan soamente o que decimos e pedimos. Individualización: Mesmo se a materia ten unha disposición grupal será preciso ter en conta a dimensión persoal e afectivo social de cada alumno ou alumna. Flexibilidade e diversidade de estratexias didácticas: Co fin de conseguir os obxectivos propostos poderemos realizar as adecuacións que fosen precisas na temporalización dos contidos. Convivencia: As diferentes actividades grupais realizadas na aula fomentarán en todo momento un clima de cordialidade e respecto entre o alumnado. Significación: Esta será unha das vías de motivación que empregaremos, presentando o que se aprende como algo que será útil noutras situacións, que terá aplicación reais. Interdisciplinariedade: Buscaremos relacionar os contidos da nosa materia cos das outras materias do currículo que cursa o noso alumnado para dotalos dunha maior significación. Travesía da Mariña s/n - 27850 Viveiro - Tel: 982560486 - email: [email protected] - web: http://www.edu.xunta.gal/centros/cmusprofesionalviveiro/ 4 CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE VIVEIRO - PROGRAMACIÓN DE NOVAS TECNOLOXÍAS 2. ATENCIÓN Á DIVERSIDADE A vía para o tratamento da diversidade é a adaptación curricular. Conxunto de accións dirixidas a adecuar o currículo ás necesidades dun alumno ou grupo determinado. Dependendo das circunstancias que se presenten no aula, o profesor poderá expor as seguintes estratexias: Adaptación do material didáctico. Variacións na metodoloxía, para adaptala ás necesidades de cada alumno. Actividades de traballo diferenciadas. O profesor faría unha análise dos contidos da materia e prepara actividades con distinto nivel de dificultade que permitan tratar estes mesmos contidos con esixencias distintas. Organizar o traballo de forma flexible e con ritmos distintos de aprendizaxe. Acelerar ou frear o ritmo de introdución de novos contidos adaptándose individualmente ao alumno. A adaptación de obxectivos e contidos terá que respectar os mínimos exixibles fixados na programación. Travesía da Mariña s/n - 27850 Viveiro - Tel: 982560486 - email: [email protected] - web: http://www.edu.xunta.gal/centros/cmusprofesionalviveiro/ 5 CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE VIVEIRO - PROGRAMACIÓN DE NOVAS TECNOLOXÍAS 3. TEMAS TRANSVERSAIS 3.1. EDUCACIÓN EN VALORES O desenvolvemento integral do alumno non debe estar limitado á adquisición de conceptos e coñecementos académicos vinculados exclusivamente a cada unha das súas áreas, senón que debe formar aos alumnos para integrarse na sociedade actual, sabendo responder de maneira adecuada aos problemas que esta sociedade implica. Esta formación, que non está definida en ningunha das áreas, debe estar presente na aula de forma permanente, e maniféstase a través do que coñecemos como temas transversais. A forma na que entendemos o tratamento destes temas transversais fica reflectida nos obxectivos seguintes: Educación para a paz. - Adestrarse para a solución dialogada de conflitos no ámbito escolar. Educación moral e cívica. - Participar en tarefas comúns, mostrando actitudes de colaboración e

View Full Text

Details

  • File Type
    pdf
  • Upload Time
    -
  • Content Languages
    English
  • Upload User
    Anonymous/Not logged-in
  • File Pages
    15 Page
  • File Size
    -

Download

Channel Download Status
Express Download Enable

Copyright

We respect the copyrights and intellectual property rights of all users. All uploaded documents are either original works of the uploader or authorized works of the rightful owners.

  • Not to be reproduced or distributed without explicit permission.
  • Not used for commercial purposes outside of approved use cases.
  • Not used to infringe on the rights of the original creators.
  • If you believe any content infringes your copyright, please contact us immediately.

Support

For help with questions, suggestions, or problems, please contact us