Memoria Kilómetros De Solidariedade

Memoria Kilómetros De Solidariedade

MEMORIA KILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE XII Edición a prol dos Dereitos dos Nenos 2015-2016 1 © Katie Drew/Save the Children 12 anos xuntos educando en valores e facendo realidade os dereitos dos cativos e das cativas. A XII edición de Kilómetros de Solidariedade chega a súa meta co remate do curso escolar. Xuntos conseguimos facer realidade os dereitos dos cativos educando en valores como a cooperación, a empatía e a solidariedade. Entre todos axudamos para que se escoitase a voz dos cativos e cativas máis vulnerábeis, os que sofren desnutrición nunha das rexións onde a vida é máis difícil: O Sahel. Burkina Faso é apenas un exemplo destes países que viven sempre ás portas dunha crise humanitaria. Países onde a posibilidade de que os menores sobrevivan depende das choivas, as reservas de comida da familia e os prezos do mercado. Grazas por axudármonos a facermos realidade os dereitos dos cativos e cativas máis vulnerábeis. Grazas por recollerdes fondos que nos permiten asegurar a vida dos milleiros de cativos e cativas desprotexidos. Grazas por pertencerdes a un colectivo que ten como prioridade a solidariedade diaria e continuada. Grazas por sacardes tempo entre o estudo dos contidos da vosa materia e dedicalo a traballar o concepto dos dereitos humanos cos vosos alumnos. En definitiva, grazas á vosa comunidade educativa polo esforzo. Os centros educativos realizaron carreiras en todo o país, marchas, xincanas e xogos en días tan significativos coma o 20 de novembro ou o 30 de xaneiro. Podemos dicir que a XII carreira Kilómetros de Solidariedade foi todo un éxito de participación, sensibilización e compromiso cos cativos e cativas máis vulnerábeis. Estamos seguros de que coa vosa axuda, a participación na próxima edición aínda será meirande. Agardamos que se incorporen máis centros educativos a esta iniciativa e que a educación en valores de solidariedade, cooperación e dereitos da infancia siga a ser unha prioridade para toda a comunidade educativa. 2 OBXECTIVOS DE KILÓMETROS SOLIDARIEDADE A carreira Kilómetros de Solidariedade ten un obxectivo primordial: educar en valores mediante o traballo na aula e o deporte. Educar en valores como: A solidariedade, cos que nos rodean e con outros que temos lonxe. A empatía, O compañeirismo, poñéndose no lugar do outro actuando xuntos para e cavilando sobre como obteren os mellores axudar a mellorar a súa vida. resultados. O respecto A xustiza, e a tolerancia, aprendendo a defender coñecendo outras realidades os dereitos da infancia en e culturas. calquera sitio, condición e situación. A aprendizaxe destes valores require compromiso, esforzo e traballo para acadar o éxito. Os participantes de Kilómetros de Solidariedade lógrano e apréndeno de xeito significativo a través da acción, obtendo a recompensa que supón saber que as túas accións teñen unha repercusión positiva na vida de milleiros de cativos e cativas que viven en situacións vulnerábeis. A través da busca de patrocinadores transforman o esforzo en fondos para facer realidade os programas que nos permiten contribuír a que a vida deses cativos e cativas sexa máis doada. Ao esforzo físico únese ao entusiasmo e compromiso con outros para acadar o obxectivo común: a solidariedade cos cativos e cativas máis vulnerábeis. Ayuntamiento de Cabrerizos, Salamanca. 3 ORGANIZAR O ESFORZO, CREAR ENTUSIASMO, OBTER RESULTADOS A actividade de Kilómetros de Solidariedade ten carácter anual e lévase a cabo en centros escolares de todo o país nas distintas etapas educativas. O proceso seguido para as persoas que se inscriben e participan é o seguinte: 1. Inscrición do centro na carreira Kilómetros de Solidariedade co obxectivo de recibir o material didáctico e de apoio que axudan a levar a cabo a actividade deportiva (dorsais, diplomas e carné do corredor). 2. Unha vez recollidos os materiais, o profesor traballa nas titorías apoiándose nas nosas propostas didácticas. Explícalles aos alumnos e alumnas as necesidades dos cativos e cativas doutras partes do mundo que non teñen cubertos os seus dereitos fundamentais principalmente por mor da fame e da pobreza extrema. 3. Os alumnos, a partires deste momento asumen durante un tempo o papel dunha ONG tratando de sensibilizar ós seus coñecidos. Conseguen que os seus familiares e amigos reflexionen sobre estas condicións de desigualdade que afectan á infancia máis desfavorecida e espertan o interese por actuar de xeito activo como patrocinadores dos seus Kilómetros solidarios. 4. O día elixido polo centro realízase a actividade deportiva, que consiste na maioría dos casos nunha carreira polo patio, no ximnasio ou preto do centro. Se ben hai centros que realizan tamén maratóns, xincanas ou calquera outra actividade de carácter lúdico e deportivo. (1) Escola Rosella en Viladecavalls, Barcelona. (2) CEIP Maestro Gabriel Arenas, San Roque, Cádiz. (3) Colegio Corazón de María, Mahón, Illes Baleares. (4) EI Barajas, Berja, Almería. 4 5. Unha vez recollidos os cartos que achegan os patrocinadores dos alumnos e alumnas, ingrésanse na conta de Save the Children para esta campaña. O centro recibe un diploma de agradecemento, extensivo a todos os colaboradores que participaron e apoiaron a actividade. 6. Os alumnos e alumnas participantes na carreira reciben a revista “A Mocidade + Solidaria” no mes de xuño, onde se lles informa sobre o resultado da campaña e recóllense experiencias de éxito. É unha revista pensada para os alumnos e alumnas, eles fixeron un grande esforzo e merecen o seu agradecemento. Podedes ver moitas das imaxes que nos fixestes chegar ao longo deste curso na nosa web (www.savethechildren.es/revistaKM2016). Convidámosvos a que as vexades e comprobedes as caras de felicidade dos participantes nesta carreira. 7. Por último, cando finaliza o curso os centros educativos participantes reciben esta memoria final co gallo de que poidan comprobar como forman parte dunha marea solidaria e comprometida cos dereitos da infancia. CEIP Sor María de Jesus, Ágreda, Soria. 5 A SUPERVIVENCIA INFANTIL: O NOSO RETO 16.000 nenas e nenos menores 5 anos morren cada día por mor de doenzas que se poderían atallar e tratar como a desnutrición, a diarrea, o xarampón ou a malaria. Case que 3,6 millóns de mortes ao ano teñen lugar principalmente nos países máis pobres. CAUSAS DA DESNUTRICIÓN INFANTIL Un cativo que sofre desnutrición ve comprometida a súa supervivencia e desenvolvemento, tanto físico coma cognitivo e intelectual. O consumo insuficiente de alimentos (en calidade e cantidade) non só provoca desnutrición, mais tamén afecta á atención e favorece a aparición de doenzas infecciosas. Acceso limitado a agua potábel e saneamentos seguros Pobreza, desigualdade Doenzas e exclusión Causas Causas Causas Directas Intermedias Ubxacentes Alimentación Estados fráxiles e atención insuficiente e conflitos Sistemas de saúde febles CONSECUENCIAS DA DESNUTRICIÓN INFANTIL A insuficiente alimentación dun cativo ou cativa ten consecuencias inmediatas e a longo prazo. A consecuencia máis visíbel da desnutrición infantil é o atraso do crecemento normal para unha idade concreta. Isto reflíctese directamente no peso e no tamaño do cativo. Mais se esta desnutrición é crónica, como ocorre en moitos países empobrecidos, as cativas e cativos sofren as consecuencias a máis longo prazo. Deterioran a súa capacidade física, intelectual, emocional e social. Tamén aumenta o risco de contraer doenzas por infección e mesmo o risco de morte. 6 APOIEMOS A SUPERVIVENCIA INFANTIL As nosas prioridades: • Salvar a vida das cativas e cativos en risco de desnutrición. • Conseguir que as familias afectadas polas crises humanitarias recorrentes poidan manter ás súas fillas e fillos. • Xerar nas comunidades unha capacidade de resistencia perante as crises a longo prazo a fin de evitar consecuencias máis dramáticas. Como acadalo: Prevención e tratamento da desnutrición mediante axuda aos servizos de saúde e ás comunidades. Mellorar o acceso á auga potábel, o saneamento e a hixiene. Prevención e atención da saúde mediante intervencións eficaces e de baixo custo. • Formación e actuación de traballadores sanitarios. • Detectar axiña os casos máis graves con tan só medir o perímetro do brazo a través da cinta métrica braquial e o peso contribúe a que se poidan comezar un tratamento sinxelo sen necesidade de hospitalización. • Tratamento axeitado segundo a súa idade e circunstancias. A alternativa máis recente son os alimentos terapéuticos prontos para seren empregados. Non precisan refrixeración, non hai que engadirlles auga para consumilos e grazas ao illamento do seu envoltorio poden empregarse mesmo que as condicións hixiénicas non sexan as mellores. Unha pasta de manteiga de cacahuete, leite e vitaminas, con alto valor enerxético e nutritivo. Os cativos menores de seis meses reciben leite terapéutico. • Distribución axeitada da auga potábel e do saneamento. Este déficit, unido ás prácticas de hixiene inaxeitadas, ten como consecuencia directa o aumento das doenzas infecciosas como a diarrea e contribúe directamente á desnutrición crónica que sofren moitos menores. • Utilización de transferencias monetarias no canto das tradicionais distribucións en especie. Os cartos entregados serven para cubrir as necesidades básicas ou para desenvolver actividades produtivas (unha cabra supón unha fonte de alimentos e ingresos para unha familia). 7 BURKINA FASO: EXEMPLO DUN PAÍS VULNERÁBEL Save the Children leva desde 1982 a traballar en Burkina Faso e na actualidade opera en seis das trece rexións do país. As áreas temáticas dos nosos programas son: a nutrición, a saúde,

View Full Text

Details

  • File Type
    pdf
  • Upload Time
    -
  • Content Languages
    English
  • Upload User
    Anonymous/Not logged-in
  • File Pages
    20 Page
  • File Size
    -

Download

Channel Download Status
Express Download Enable

Copyright

We respect the copyrights and intellectual property rights of all users. All uploaded documents are either original works of the uploader or authorized works of the rightful owners.

  • Not to be reproduced or distributed without explicit permission.
  • Not used for commercial purposes outside of approved use cases.
  • Not used to infringe on the rights of the original creators.
  • If you believe any content infringes your copyright, please contact us immediately.

Support

For help with questions, suggestions, or problems, please contact us