Proxecto Miniresidencia E Centro

Proxecto Miniresidencia E Centro

Memoria Iniciativa Pública Actividade Económica. Miniresidencia e Centro de Día Abril 2011 Concello de Boimorto 1 Memoria Miniresidencia e Centro de día - Concello de Boimorto INDICE 1.- PRESENTACIÓN Páx. 5 1.1.- Fundamentación Páx. 6 1.2.- Metodoloxía Páx. 7 2 .- ANÁLISE DA ZONA E CARACTERÍSTICAS DO INMOBLE Páx. 8 2.1.- Localización Xeográfica Páx. 9 2.2.- Descrición da Comarca Páx. 10 2.3.- Actividade económica Páx. 10 2.4.- Características dos Asentamentos Páx. 11 2.5.- Accesos Páx. 12 2.6.- Servizos e instalacións Páx. 13 2.7.- Descrición do Edificio Páx. 14 3.- ESTUDIO DE MARKETING Páx. 21 3.1.- Presentación Páx. 22 3.2.- Produto Páx. 22 3.3.- Promoción Páx. 25 3.4.- Distribución Páx. 25 4.-ASPECTOS SOCIAIS DO SERVIZO Páx. 27 4.1.- Presentación Páx. 28 4.2.- Introdución. O envellecemento da poboación Páx. 29 4.3.- Necesidades das persoas maiores Páx. 34 4.4.- Estrutura dos ingresos da poboación maior de 65 Páx. 35 anos en Galicia 4.5.- O sector de servizos á terceira idade Páx. 44 4.6.- Servizos Páx. 46 4.7.- Residencia Páx. 48 4.8.- Centro de día Páx. 53 4.9.- Normativa Páx. 59 5.- ASPECTOS TÉCNICOS Páx. 62 5.1.- DEFINICIÓN E CARACTERÍSTICAS Páx. 63 5.2.- USUARIOS/AS DA MINIRESIDENCIA E Páx. 64 CENTRO DE DÍA. 5.3.- ORGANIGRAMA DE PERSOAL Páx. 65 5.4.- DESCRIPCIÓN DOS SERVIZOS DO CENTRO Páx. 76 5.5.- MODELO DE ATENCIÓN ÁS PERSOAS MAIORES NA MINIRESIDENCIA E CENTRO Páx. 80 DE DÍA 5.6.- PROCESO DE ADAPTACIÓN DA PERSOA Páx. 82 USUARIA 2 Memoria Miniresidencia e Centro de día - Concello de Boimorto 5.7.- O PLAN PERSONALIZADO DE ATENCIÓN Páx. 84 5.8.- PROCESO DO PLAN PERSOAL DE ATENCIÓN Páx. 90 (PPA) 5.9.- PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES Páx. 92 5.10.- PARTICIPACIÓN DAS PERSOAS USUARIAS Páx. 95 5.11.- PROTOCOLOS E REXISTROS PARA O FUNCIONAMENTO DA MINIRESIDENCIA E Páx. 98 CENTRO DE DÍA 6.- PROXECTOS DE REGULAMENTOS DE Páx. 104 FUNCIONAMENTO E PREZOS PÚBLICOS 6.1.- PROXECTO REGULAMENTO DE FUNCIONAMENTO DA MINIRESIDENCIA Páx. 105 DO CONCELLO DE BOIMORTO. 6.2.- PROXECTO REGULAMENTO DE FUNCIONAMENTO DO CENTRO DE DÍA DO Páx. 140 CONCELLO DE BOIMORTO . 7.- ANÁLISE ECONÓMICO FINANCEIRA Páx. 176 7.1.- PREVISIÓN GASTOS Páx. 177 7.2.- PREVISIÓN DE INGRESOS Páx. 185 7.3.- PREVISIÓN CONTA DE RESULTADOS 2011- Páx. 189 2015 8.- ASPECTOS XURÍDICOS: FORMAS DE XESTIÓN Páx. 198 8.1.- INTRODUCIÓN Páx. 199 8.2.- ASPECTOS COMÚNS Páx. 199 8.3.- TIPOLOXÍA XERAL DAS FORMAS DE Páx. 201 XESTIÓN O SEU CARÁCTER ABERTO 8.4.- XESTIÓN DIRECTA Páx. 203 8.5.- XESTIÓN INDIRECTA Páx. 210 8.6.- CONSORCIOS E OUTRAS FÓRMULAS ATÍPICAS DE XESTIÓN DOS SERVIZOS Páx. 212 LOCAIS, CONVENIOS E ASOCIACIÓNS PÚBLICAS 8.7.- FUNDACIÓNS Páx. 212 9.- PROPOSTA DE FORMULA DE XESTIÓN DO SERVIZO Páx. 249 3 Memoria Miniresidencia e Centro de día - Concello de Boimorto 4 Memoria Miniresidencia e Centro de día - Concello de Boimorto 1.- PRESENTACIÓN 5 Memoria Miniresidencia e Centro de día - Concello de Boimorto 1.1.- Fundamentación En España, segundo o Instituto Nacional de Estatística ( INE), para o ano 2026 espérase un crecemento bruto dos maiores de 65 anos dun 39% o que suporá 8,6 millóns de persoas. É neste grupo de poboación onde se concentra unha alta presenza de procesos médicos que tenden á incapacidade e o deterioro funcional da persoa maior, polo tanto, espérase un forte incremento asociado de persoas en situación de dependencia. Son moitos os estudos e informes gobernamentais publicados que fan referencia á comorbilidade dos anciáns ingresados nos medios hospitalarios e dos problemas que presentan coa alta ( inmobilidades, deterioro funcional, desnutrición etc..) que fan difícil a volta do anciá o seu domicilio. Vemos que os baixos índices de cobertura actuais no sistema de atención da persoa maior en Galicia non ofrece as circunstancias necesarias para dar unha resposta adecuada e precoz ás necesidades da poboación maior. A progresión e aumento desta poboación maior de 65 anos en Galicia supón unha perspectiva de maior demanda dos recursos sociais coa consecuente maior sobrecarga da rede socio-sanitaria. A falta de recursos agrávase pola diminución da composición dos fogares Galegos, actualmente debúxase unha tendencia de aumento do número de persoas maiores que viven soas. Esta realidade supón unha consecuente limitación dos apoios informais a unha poboación de risco cada vez máis envellecida. A Organización Mundial da Saúde ( OMS) establece que un aproveitamento eficaz da atención o anciá só e posible cando existen estruturas intermedias que permiten manter o anciá nunha situación clínica funcional óptima para a súa volta o domicilio. Esta memoria de iniciativa pública na actividade económica para explotación da Minirresidencia e Centro de día de Boimorto pretende establecer as bases do funcionamento deste/s servizo/s, así como analizar e propor a súa forma de xestión deseñando un servizo con vocación de apertura á sociedade para a que serve, e capaz de evolucionar e ofertar a dita sociedade os servizos que esta demanda en relación coa Terceira Idade, baixo os principios de eficacia e eficiencia que deben rexer a xestión pública. Iníciase esta memoria con esta presentación, posteriormente descríbese a Comarca e Concello no que se sitúa o Centro, así, como a análise sociodemográfica e actividade económica deste termo municipal e deseño do centro, brevemente contémplase un plan de márketing. 6 Memoria Miniresidencia e Centro de día - Concello de Boimorto A continuación analízase o mercado e descríbense o/s servizo/s a ofertar pola Minirresidencia e Centro de día de Boimorto, defínense factores necesarios para o seu funcionamento persoal, programas, servizos …e acompáñanse cos regulamentos internos de funcionamento e os seus Anexos que recollen os prezos públicos . Finalmente, a memoria contén unha análise económica e de viabilidade así como unha análise das formas de xestión dos servizos públicos cunha proposta final de xestión do centro, primeiro para a súa posta en marcha directa sen órgano especial e nun futuro por Fundación Privada de padroado público local. 1.2Metodoloxía Procurouse realizar unha completa recompilación e análise dos datos sobre o colectivo de persoas maiores, niveis de cobertura das súas necesidades, así como estudo de acceso, financiación, funcionamento e calidade dos recursos. Para este fin realizouse a busca de fontes bibliográficas, tanto en Internet como outras publicacións impresas dispoñibles, consultando contidos, traballados pola Xunta de Galicia e, ademais, realizáronse visitas e entrevistas a profesionais doutros centros xeriátricos, tanto pertencentes a entidades públicas como privadas, dedicados á atención de persoas maiores. Esta memoria foi redactada pola Comisión de Estudio nomeada polo Pleno Municipal en sesión de data 28 de outubro de 2010 e integrada polos seguintes membros: A) En representación da corporación : O Alcalde Presidente que será tamén Presidente da Comisión B) Como técnicos: B.1)-Dª Mª Esther Vidal Pandelo ( Asistenta Social do Concello) B.2)-Dª Mª Teresa Gómez Cea ( Técnico en intervención familiar Psicóloga do Concello) B.3)-Dª Ana Mª Vallo Camba ( Axente de emprego do Concello ) C) Secretaría Dª Rebeca Vázquez Vázquez ( Secretaria Interventora do Concello ) será membro da Comisión con voz e voto. 7 Memoria Miniresidencia e Centro de día - Concello de Boimorto 2.- ANÁLISE DA ZONA E CARACTERÍSTICAS DO INMOBLE 8 Memoria Miniresidencia e Centro de día - Concello de Boimorto 2.1.- Localización Xeográfica Boimorto é un concello situado no sueste da provincia da Coruña, e limita cos Concellos de Vilasantar e Mesía polo norte, ao sur con Arzúa e Melide, polo leste con Sobrado e ao oeste con Frades, Arzúa e Mesía. Xeograficamente o río Tambre, co que conflúe o Tamarela, cingue os contornos do concello, mentres que as augas do río Iso, que nace na ladeira occidental do monte Bocelo, configuran unha serie de vales frondosos que conforman o eixo regulador de todo o relevo de Boimorto. A rede hidrográfica complétase co río Ribadiso, de gran renome pola calidade das troitas que se crían nel, o río Batán e os regatos Brufe, Areas, Candeira e Seixo que van desembocar ao río Pequeno. As terras de Boimorto pertencen ao que en Galicia se chaman terras de “montaña”. Son terras de releve ondulado, sen chegar a constituír verdadeiras serras nin altos cumes. A altitude oscila entre os 614 metros do Coto de Salgueiros, ó sur do Concello, e as ribeiras do Tambre, ó norte, que discorre a pouco máis de 400 metros. Unha excepción encontrámola na esquina oriental que sobe polas ladeiras dos montes do Bocelo ata alcanzar os 733 metros no Coto das Amieiras. As estradas AC-840 e AC- 234 comunícano coa Coruña e Santiago de Compostela e as CP-1004 e CP-0603 van cara a Mesía e A Mota (Arzúa), respectivamente. A principal vía de comunicación é a AC-840 que atravesa o concello de Boimorto no cruce das Corredoiras e enlaza coas estradas que van a Sobrado e á capital de Boimorto. Precisamente, cerca da capital (Os Asentos), a 36 Km. de Betanzos e a 9 de Sobrado dos Monxes, divídese esta estrada en dous ramais, un dos cales conduce a Arzúa (14 Km.) e o outro a Melide (16 Km.). A situación de Boimorto pódese dicir que é privilexiada pois atópase no Centro do triángulo imaxinairo que forman as tres grandes cidades do Norte de Galicia, A Coruña, Lugo e Santiago de Compostela. Esta localización fai que os desprazamentos dende calquera delas sexan moi curtos, uns 30 minutos no caso de Santiago, 40 dende A Coruña e pouco máis de 45 no caso da capital Lucense. 9 Memoria Miniresidencia e Centro de día - Concello de Boimorto 2.2.- Descrición da Comarca A superficie do Concello de Boimorto é de 82,6 quilómetros cadrados, e dende o punto de vista topográfico atópase sobre unha serie de lombas divisorias das concas do Tambre e o Ulla.

View Full Text

Details

  • File Type
    pdf
  • Upload Time
    -
  • Content Languages
    English
  • Upload User
    Anonymous/Not logged-in
  • File Pages
    250 Page
  • File Size
    -

Download

Channel Download Status
Express Download Enable

Copyright

We respect the copyrights and intellectual property rights of all users. All uploaded documents are either original works of the uploader or authorized works of the rightful owners.

  • Not to be reproduced or distributed without explicit permission.
  • Not used for commercial purposes outside of approved use cases.
  • Not used to infringe on the rights of the original creators.
  • If you believe any content infringes your copyright, please contact us immediately.

Support

For help with questions, suggestions, or problems, please contact us