VAL DO DUBRA – A CORUÑA PLAN COMPLEMENTARIO DO PLAN UNICO DE CONCELLOS "POS+ 2019" PROXECTO DE: ACONDICIONAMENTO PARCELA MUNICIPAL NA BRAÑA DOS ALLOS E OUTRO AUTOR: Pablo Blanco Ferreiro Enxeñeiro de Camiños, C. e P. Col. Nº.: 22.992 DATA: XANEIRO DE 2019 POLÍGONO DEL TAMBRE - VÍA LA CIERVA Nº 15 15890 - SANTIAGO DE COMPOSTELA Teléfono:(981)57 07 70 - Fax:(981) 57 01 11 ESTUDIO TÉCNICO GALLEGO, S.A. e-mail: [email protected] Ref: 03VD19004 MEMORIA ESTUDIO TÉCNICO GALLEGO S. A. MEMORIA PROXECTO DE: ACONDICIONAMENTO PARCELA MUNICIPAL NA BRAÑA DOS ALLOS E OUTRO (VAL DO DUBRA - A CORUÑA) I.- ANTECEDENTES Redáctase o presente Proxecto a petición do Excmo. Concello de VAL DO DUBRA, coa finalidade de presentar ante A Excma. Deputación Provincial da Coruña, ó obxecto de solicitar a súa inclusión no PLAN COMPLEMENTARIO DO PLAN UNICO DE CONCELLOS "POS+ 2019". II.- DESCRICIÓN DAS OBRAS E XUSTIFICACIÓN DA SOLUCIÓN ADOPTADA 1.- ACONDICIONAMENTO PARCELA MUNICIPAL NA BRAÑA DOS ALLOS.- Nunha superficie total de 10.650 m² preténdese o acondicionamento da parcela municipal mediante o despexe e desbroce previo e a creación dun sendeiro de 270 m con 2,5 m de ancho e dun area de 80 m² formados por 15 cm de zahorra estabilizada con cemento confinada lateralmente con dous rolizos de madeira de pino e asentada sobre 35 cm de material seleccionado. Así mesmo, tamén se contempla a mellora do camiño principal de 355 m de longo e 3 m de ancho con 12 cm de zahorra estabilizada, previa limpeza de gabias, e a colocación dunha pasarela de madeira de 2x2 m na conexión do camiño co sendeiro. Complétase a actuación ca colocación dun valado de madeira de piñeiro nos 600 m de perímetro da parcela e de 3 bancos. 2.- ACONDICIONAMENTO PARCELA MUNICIPAL NA RÚA MUIÑOS (BEMBIBRE).- Nunha superficie de 120 m², pretendese a mellora da parcela actualmente en abandono. Para elo proponse o desbroce previo e a formación dun área de 20 m² en formigón de 15 cm de espesor sobre 20 cm de zahorra na que se disporá un banco. No resto da parcela estenderanse 30 cm de terra vexetal con céspede delimitados por un bordo prefabricado de formigón. Complétase a actuación ca delimitación da parcela con 30 m de varanda de madeira postes rectangulares e ca implantación de dúas árbores con alcorque. ESTUDIO TÉCNICO GALLEGO S. A. MEMORIA Nos planos, cadros de medicións e presupostos especifícanse as unidades de obra a realizar, así como as características, dotacións e dimensións dos materiais propostos. En función das necesidades e pretensións municipais, dispoñibilidades orzamentarias, estado das obras e resposta de actuacións similares na zona considérase que as unidades presupostadas representan a solución máis acorde co fin a acadar. III.- CONDICIÓNS DOS MATERIAIS O Prego prescribe as condicións que han de cumprir os materiais. Cando para a súa descrición se utilicen marcas comerciais, enténdese que poden ser substituídas, en todo caso, por outras de características semellantes ou superiores, aínda que non figure así na descrición incluída nalgún dos apartados deste Proxecto. IV.- NORMAS CONSTRUTIVAS Esixiranse as normas construtivas que aparecen no Prego de Condicións, ademais das incluídas nas normas de carácter xeral vixentes. Nos prezos unitarios entenderanse incluídos os medios auxiliares, ferramentas e dispositivos necesarios para a completa terminación da obra. As unidades de obra deben estar totalmente terminadas aínda que algúns elementos non aparezan taxativamente determinados nos Cadros de Prezos e Presupostos. V.- PREZOS O cálculo dos prezos das distintas unidades de obra realizase considerando custes directos e indirectos precisos para a súa execución. Os prezos nomeados en letra no apartado de Cadro de Prezos, coa rebaixa que resulte na subasta ou concurso, son os que serven de base ó contrato, e o contratista non poderá reclamar que se introduza modificación algunha neles baixo ningún pretexto de error ou omisión. Nos custes da man de obra e rendementos tense en conta o determinado no vixente Convenio da Construción da Provincia. Os custes dos materiais son os habituais da zona. VI.- PRAZO DE EXECUCIÓN Dadas as características das obras considérase necesario e suficiente un prazo de SEIS (6) meses para a correcta terminación das mesmas. ESTUDIO TÉCNICO GALLEGO S. A. MEMORIA VII.- CLASIFICACIÓN DO CONTRATISTA Dado que o Presuposto da obra é inferior a 500.000,00 euros, non é precisa a esixencia de clasificación para licitar a obra. Non obstante indícase que a clasificación que corresponde o presente Proxecto é: Grupo G, Subgrupo 6, Categoría 1 VIII.- DISPOÑIBILIDADE DOS TERREOS As obras obxecto do presente Proxecto contan cos terreos necesarios postos a disposición polo Concello. IX.- REVISIÓN DE PREZOS De acordo co disposto no artigo 103 da Lei 9/2017 de Contratos do Sector Público, considérase que non procede a revisión de prezos para este proxecto. X.- ESTUDO BÁSICO DE SEGURIDADE E SAÚDE Tal e como se indica no Anexo 2, inclúese no presente proxecto un Estudo Básico de Seguridade e Saúde nas Obras de Construción, xustificando a súa aplicación en base aos seguintes condicionantes: • O presuposto de execución por contrata incluído no proxecto é inferior a 450.759,08 euros (75.000.000 pesetas). • En ningún momento se empregan máis de 20 traballadores simultaneamente. • O volume de man de obra sumando todas as partidas incluídas na descomposición de prezos alcanza a cantidade de 171 días de traballo (1.362,12 h). • O proxecto non se refire a obras de túneles, galerías, conducións soterradas nin presas. Por tanto non é necesario o Estudo de Seguridade e Saúde, sendo necesario o Estudo Básico de Seguridade e Saúde segundo o indicado no apartado 2) Artigo 4 do Real Decreto 1627/1997, do 24 de outubro. XI.- CUMPRIMENTO NORMATIVA ACCESIBILIDADE O presente Proxecto cumpre coa normativa de accesibilidade vixente e que se relaciona a continuación: • Lei 10/2014, do 3 de decembro de accesibilidade de Galicia. • Lei 8/1997, do 20 de agosto, de accesibilidade e supresión de barreiras de Galicia, derogada con carácter xeral (agás o establecido no parágrafo primeiro do apartado 1 do artigo 40 e no apartado 1 do artigo 44 de dita Lei), pola Lei 10/2014, de 3 de decembro, de accesibilidade de Galicia. ESTUDIO TÉCNICO GALLEGO S. A. MEMORIA • Decreto 35/2000, do 28 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento de desenvolvemento e execución da Lei de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia • Orden VIV/561/2010, de 1 de febreiro, por la que se desenvolve o documento técnico de condicións básicas de accesibilidade e non discriminación para o acceso e utilización dos espazos públicos urbanizados. Neste aspecto, a obra conta cun ancho superior a 1,80 m. e con pendentes inferiores ó 6% nos seus itinerarios peonís, polo que se axusta á normativa aplicable. XII.- DECLARACIÓN DE OBRA COMPLETA Faise mención expresa de que o presente Proxecto refírese a obra completa e por tanto susceptible de utilización ou aproveitamento separado e constitúe unha unidade funcional, sen prexuízo de ulteriores ampliacións de que poida ser obxecto, e comprende todos e cada un dos elementos precisos para la utilización da obra. XIII.- DOCUMENTOS DE QUE CONSTA O PRESENTE PROXECTO - MEMORIA ANEXOS - PLANOS - PREGO DE CONDICIÓNS - PRESUPOSTO MEDICIÓNS CADRO DE PREZOS Nº 1 CADRO DE PREZOS Nº 2 PRESUPOSTO XIV.- PRESUPOSTO Ascende o Presuposto Base de Licitación (sen IVE) á cantidade de CINCUENTA E TRES MIL DOUSCENTOS SESENTA E UN EUROS con TRECE CÉNTIMOS (53.261,13 €). Ascende o Presuposto Base de Licitación (IVE incluído) á cantidade de SESENTA E CATRO MIL CATROCENTOS CORENTA E CINCO EUROS con NOVENTA E SETE CÉNTIMOS (64.445,97 €). Val do Dubra, xaneiro 2019 O Enxeñeiro de Camiños, C. e P. Asdo.: Pablo Blanco Ferreiro ESTUDIO TÉCNICO GALLEGO S. A. ANEXOS ESTUDIO TÉCNICO GALLEGO S. A. ANEXO Nº 1 XUSTIFICACIÓN DE PREZOS ESTUDIO TÉCNICO GALLEGO S. A. PREZOS UNITARIOS ESTUDIO TÉCNICO GALLEGO S. A. PREZOS UNITARIOS - MAQUINARIA Ref.: 03VD19S12 Código Ud Descripción Prezo € M05EN020 h Escav.hidráulica neumáticos 84 CV................................... 48,30 M08CN010 h Cisterna nodriza cemento 25 tm ........................................ 47,52 M08NP020 h Equipo integral estab.in situ 530CV ................................... 180,89 M08RN040 h. Rodillo vibrante autopropuls.mixto 15 t. ............................. 60,83 M08W040 h Distribuidora material pulverulento.................................... 75,34 MAGUJA H. Vibrador agulla................................................................... 2,06 MBZER H. Bulldozer............................................................................ 42,65 MC12 H. Camión basculante 12 Tm. ................................................ 20,64 MC8 h Camión basculante de 8 tn. ............................................... 13,78 MCH H. Camión formigoneira 4.500 l.............................................. 27,52 MCIST h Camión cisterna................................................................. 22,01 MCOMP H. Compresor móvil................................................................ 13,76 MDUMPER h. Camión dumper 15 Tm. ..................................................... 26,15 MMOTO H. Motoniveladora. ................................................................. 23,73 MMTP.03a h Vehículo todo terreo 86/110 cv, s/ m.o. 5 ( desplaz 10,18 medio 300km) .................................................................... MMTP.04a h Remolque lixero carga máxima 750 kg.............................. 0,84 MORG h Pa s/orugas.......................................................................
Details
-
File Typepdf
-
Upload Time-
-
Content LanguagesEnglish
-
Upload UserAnonymous/Not logged-in
-
File Pages199 Page
-
File Size-