ONSELLO DA CULTURA GALEGA DA CULTURA ONSELLO C ETNICIDADE E NACIONALISMO CULTURAL Simposio Internacional de Antropoloxía Coordinador X. M. González Reboredo ÓN DE ANTROPOLOXÍA SECCI CONSELLO DA CULTURA GALEGA ETNICIDADE E NACIONALISMO Actas do Simposio Internacional de Antropoloxía Santiago de Compostela, 17-19 de abril de 2000 Coordinador Xosé Manuel González Reboredo Consello da Cultura Galega Sección de Antropoloxía Cultural Santiago de Compostela, 2001 Simposio Internacional de Antropoloxía (2000. Santiago de Compostela) Etnicidade e nacionalismo : actas do Simposio Internacional de Antropoloxía : Santiago de Compostela, 17-19 de abril de 2000 / coordinador, Xosé Manuel González Reboredo. — Santiago de Compostela : Consello da Cultura Galega, Sección de Antropoloxía Cultural, 2001.— 586 p. ; 24 cm. D.L. — ISBN 84-95415-34-8 1. Antropoloxía social e cultural-Congresos e asembleas. 2. Nacionalismo-Congresos e asembleas. I. González Reboredo, Xosé Manuel. II. Título EDITA © Consello da Cultura Galega Pazo de Raxoi, 2º andar Praza do Obradoiro 15705 Santiago de Compostela Teléf.: 981 569 020 Fax: 981 588 699 Enderezo electrónico: [email protected] Realización: Táktika Comunicación Vigo ISBN 84-95415-34-8 D. L. VG-000-2001 4 ÍNDICE PRESENTACIÓN ............................................................................................... 7 PRESENTATION ............................................................................................... 27 HOW HISTORIC ARE HISTORIC RIGHTS? COMPETING HISTORIOGRAPHIES AND THE STRUGGLE FOR POLITICAL LEGITIMACY Michael Keating .............................................................................................. 45 NATIONALISM AND POLITICAL MOBILIZATION: A MULTIDIMENSIONAL ANALYSIS OF NATION-BUILDING Ramón Máiz ................................................................................................... 83 LA CONSTRUCCIÓN DEL IMAGINARIO NACIONAL Ángel Aguirre Baztán ...................................................................................... 133 ETNICIDAD Y NACIONALISMO EN EL SIGLO XXI Josep Martí...................................................................................................... 159 THE CONCEPT OF EUROPE AS AN IDÉE-FORCE Josep R. Llobera.............................................................................................. 173 A CONSTRUCCIÓN DE REFERENTES DE IDENTIDADE ETNO-NACIONAL. ALGUNHAS MOSTRAS SOBRE GALICIA Xosé Manuel González Reboredo.................................................................... 201 MÚSICA E GALEGUISMO: ESTRATEXIAS DE CONSTRUCCIÓN DUNHA CULTURA NACIONAL GALEGA A TRAVÉS DO FEITO MUSICAL Luis Costa Vázquez ......................................................................................... 249 OS USOS IDEOLÓXICOS DA ETNICIDADE. COMPARACIÓN DOS NACIONALISMOS GALEGO E ESPAÑOL Justo G. Beramendi......................................................................................... 285 CASTILLA Y LEÓN: LA CONSTRUCCIÓN DE UNA IDENTIDAD PLURAL José Luis Alonso Ponga ................................................................................... 313 5 LOS SÍMBOLOS RELIGIOSOS EN LA CONSTRUCCIÓN DE IDENTIDADES LOCALES: EL CASO DE ANDÚJAR (JAÉN) Salvador Rodríguez Becerra............................................................................. 333 ANDORRA: EL PROCESO DE CONSTRUCCIÓN NACIONAL DE UN MICROESTADO PIRENAICO Joan J. Pujadas ................................................................................................ 353 ETNICIDAD Y NACIONALISMO EN UN MUNDO GLOBALIZADO: MINORÍAS ÉTNICAS Y MIGRACIONES Tomás Calvo Buezas ....................................................................................... 375 NATIONALISM, EGALITARIANISM AND IMMIGRATION Marianne Gullestad......................................................................................... 409 LE MOUVEMENT BRETON: LA CULTURE AU CŒUR DU POLITIQUE Michel Nicolas ............................................................................................... 453 ESTRATEGIAS FLAMENCAS PARA BRUSELAS: ¿UNA BATALLA PERDIDA? Christiane Stallaert......................................................................................... 475 “COLÓNIAS”, “METRÓPOLE” E REPRESENTAÇÃO ETNOGRÁFICA NA 1ª EXPOSIÇÃO COLONIAL PORTUGUESA António Medeiros .......................................................................................... 505 O PATRIMONIO CULTURAL E OS MUSEOS, INSTRUMENTOS PARA A CONSTRUCCIÓN E A REPRESENTACIÓN DAS IDENTIDADES. NOTAS SOBRE (E DENDE) GALICIA Xosé C. Sierra Rodríguez .............................................................................. 527 PROPOSTA FINAL DOS PARTICIPANTES NO SIMPOSIO DE ANTROPOLOXÍA “ETNICIDADE E NACIONALISMO” ....................... 571 6 PRESENTACIÓN Os obxectivos xerais A Sección de Antropoloxía Cultural do Consello da Cultura Galega trata de levar a cabo, dende hai doce anos, a tarefa de convocar simposios nos que se abordasen temas de especial interese para Galicia e para as terras do noso ámbito espacial e cultural. Froito desta arela foi a realización, ata o presente, dun total de nove encontros, sendo este que estamos presentando o último da serie, celebrado en Compostela no mes de abril de 2000. Como vén sendo habitual, o encontro estivo dedicado a unha figura galega destacada no campo temático proposto, neste caso a don Manuel Murguía, sen dúbida o máis venerable dos nosos devanceiros decimonónicos no que se refire ó estudio da etnicidade galega e á reivindicación da identidade diferencial da nosa terra. En efecto, don Manuel deixounos en obras como a Historia de Galicia, no libro Galicia e en moitos outros exemplos da súa producción un bo feixe de páxinas en que aspirou a interpretar un pasado e un presente diferencial que debía reclamar un trato específico no concerto das nacións de Europa. É evidente que moitas das aseveracións deste persoeiro deben ser hoxe matizadas, e mesmo corrixidas, á luz de novos datos e de novos ache- gamentos. Mais o seu esforzo será sempre un guieiro para quen queira saber sobre o proceso de construcción étnica e nacional de Galicia. 7 O tema proposto como centro dos debates é un que ten candente actua- lidade, o da etnicidade e o nacionalismo. Nun mundo sometido a procesos de globalización crecentes, e nunha Europa que tende a unha unión, resulta salientable a actualidade, nuns casos tráxica e noutros esperanzadora, de fenómenos como a identidade étnica ou a identidade nacional. Como ben teñen sinalado estudiosos do fenómeno, o nacionalismo e a etnicidade non son fósiles dun pasado que debe ser soterrado, senón realidades con plena vixencia dentro dun mundo que está a piques de entrar nun século XXI situado máis alá da posmodernidade. Os movementos de poboación que acaban debuxando mapas de multietnicidade e multiculturalismo na vella Europa, ou as reivindicacións de nacións-sen-estado fronte ós estados- nación constituídos nos últimos douscentos anos, conforman un campo de confrontación ó que non podemos ser alleos, pois a futura configuración do noso contorno de civilización depende en grande parte das suxestións que xurdan dunha análise demorada dos feitos e das conseguintes estratexias que cómpre desenvolver no futuro. Unha sinxela ollada á prensa diaria, ou ós noticiarios e reportaxes televi- sivos, deixa ben ás claras a existencia dunha problemática arredor deses dous grandes conceptos de etnicidade e nacionalismo. A análise neles presente está dominada, as máis das veces, polo que, de acordo con Bourdieu, pode- riamos denominar uns campos de acción social, o da prensa e o da política especialmente; pero tamén, a xeito de pano de fondo, o dos grandes pode- res fácticos, como o representado por un neocapitalismo que, non sen certa incorrección, é definido como multinacional. E estes campos están intensa- mente condicionados por un feito que, crecentemente, afecta de maneira intensa a toda a nosa civilización: a présa. O político ou os boss das chama- das multinacionais deben apresurarse para dar satisfacción a unhas deman- das que xorden, pola súa vez, dunhas aspiracións marcadas tamén pola urxencia. O reporteiro de televisión está condicionado, así mesmo, por esa présa, pola necesidade de roubarlle audiencia á competencia, polas limita- cións no tempo e, con máis frecuencia da que sería de desexar, por unhas sutís formas de censura ou de autocensura. O resultado de toda esta carreira, baseada na aceleración crecente, é que se acaba instaurando unha cultura do fast thought, correlato rigoroso do que, no ámbito da alimentación, é o fast food. Medios técnicos, que permiten apura-la provisión de documentación e os intercambios de información, son privilexiadas ferramentas para reducir en tempo e esforzo os procesos de construcción de teorías e da súa posterior 8 aplicación práctica. Mais, en calquera caso, o pensamento profundo, refle- xivo e analítico, propio tanto das ciencias chamadas “duras” como desoutras aparentemente máis “brandas”, require dun discurso amplo e cheo de casuís- tica, da mesma maneira que, por volver á imaxe gastronómica, un bo prato de peixe, ou de carne, personalizado pola man dunha veterana cociñeira, esixe dunha individualización e dun tempo que están rifados coa homoxe- neidade e as aceleracións que acompañan ó proceso de producción do citado fast food. A disquisición anterior está feita en función de advertir que as reflexións sobre temas tan importantes como os aquí propostos -importantes en tanto que arredor deles xira o porvir de culturas, crenzas, linguas, formas de con- vivencia, pero tamén
Details
-
File Typepdf
-
Upload Time-
-
Content LanguagesEnglish
-
Upload UserAnonymous/Not logged-in
-
File Pages588 Page
-
File Size-