16122019 Doazon No Nadal.Pdf

16122019 Doazon No Nadal.Pdf

INFORMACIÓN AOS MEDIOS A AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE CONVIDA Á CIDADANÍA Á SUMARSE AO SEU EQUIPO E PARTICIPAR NA CAMPAÑA “NADAL 2019” • As unidades móbiles de ADOS visitarán a presente semana medio cento de concellos galegos co obxectivo de garantir o axeitado abastecemento de compoñentes sanguíneos aos nosos hospitais Santiago, luns 16 de decembro de 2019.- A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) convida a todos os cidadáns a doar na campaña “Nadal 2019” e, deste xeito, “sumarse ao noso equipo”, tal e como di o lema desta iniciativa especial. ADOS salienta que, nestes momentos, precísase incrementar o volume de doazóns dos tipos A Negativo, A Positivo e Cero Negativo. Os períodos vacacionais, como o Nadal e as pontes festivas precisan dun reforzo no chamamento á participación dos cidadáns xa que, nestes períodos, pode baixar o número de doazóns pero non sucede o mesmo coa demanda de compoñentes sanguíneos por parte dos hospitais. Neste sentido, lembrar que, todos os días, precisamos entre 400 e 500 doazóns para garantir a axeitada cobertura de compoñentes sanguíneos aos hospitais. Desprazamentos As dez unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue, visitarán ata o vindeiro 21 de decembro, ao redor de medio cento de concellos galegos para acadar a participación necesaria para garantir o desenvolvemento do intenso labor asistencial dos centros sanitarios galegos. ADOS agarda, nesta oportunidade, contar de novo coa solidariedade e colaboración dos cidadáns e efectuará os seguintes desprazamentos: DATA CONCELLOS Luns 16 de Bº San Valentín (Fene), Arteixo, Cesuras, Bembibre (Val do Dubra), O decembro Valadouro, A Gudiña, O Grove, Moraña e Salceda de Caselas Martes 17 de Monfero, Arteixo, Zona Cuatro Caminos (A Coruña), Tordoia, Forte- decembro Camporrapado (Boqueixón), Castro de Rei, Castro Riberas de Lea, Trasmirás, Cualedro, Gondomar, Illa de Arousa e O Grove Mércores 18 Mugardos, Sada, Polígono de Icaria (Oleiros), Muros, Vimianzo, Forte- de decembro Camporrapado (Boqueixón), Mondoñedo, Rúa do Paseo (Ourense), Chapela (Redondela), Silleda e Vilanova de Arousa Xoves 19 de Praza de España (Ferrol), Polígono de Icaria (Oleiros), Cambre, Camariñas, decembro CRTVG (Santiago), Urb. Os Tilos (Teo), Lestedo (Boqueixón), Sarria, A Merca, Taboadela, Maceda, Bueu, Cambados e Ponteareas. Venres 20 de Praza de España (Ferrol), Bº Novo Mesoiro (A Coruña), Noia, Padrón, Rois, decembro Zas, Praza Maior (Lugo), Pobra de Trives, Ramirás, Cambados e Ponteareas Sábado 19 de Baio (Zas), Neda, Noia, Padrón, Becerreá e Ponteareas decembro Gabinete de Comunicación Axencia de Doazón de Órganos e Sangue Rúa Xoaquín Díaz de Rábago 2-6 15705- Santiago de Compostela Teléfono: 881 546900- Fax: 981 5931 51 Correo : doadoressangue.ados @ sergas.es INFORMACIÓN AOS MEDIOS Ademais, tamén existe a posibilidade de doar sangue nos puntos fixos de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas. LUGAR HORARIO COMPLEXO HOSPITALARIO Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas UNIVERSITARIO DE SANTIAGO (Santiago) Sábados das 8.00 ás 15.00 horas COMPLEXO HOSPITALARIO Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas UNIVERSITARIO DA CORUÑA (A Coruña) Sábados das 8.00 ás 15.00 horas HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE Luns e venres das 8.00 ás 22.00 horas (Ferrol) Martes, mércores e xoves das 08:00 ás 15.00 horas HOSPITAL LUCUS AUGUSTI (Lugo) Luns e venres das 8.00 ás 22.00 horas Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas COMPLEXO HOSPITALARIO Luns das 08.00 ás 22.00 horas UNIVERSITARIO DE OURENSE (Ourense) Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas Venres das 15.00 ás 22.00 horas HOSPITAL PROVINCIAL (Pontevedra) Luns e venres das 08.00 ás 15.00 horas Martes, mércores e xoves das 15.00 ás 22.00 horas HOSPITAL NICOLÁS PEÑA (Vigo) Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas Sábados das 8.00 ás 15.00 horas Como colaborar Pode doar sangue calquera persoa de máis de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue. A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e, mesmo, salvar a súa vida. Para máis información, a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue dispón de páxinas nas principais redes sociais (Facebook, Instagram e Twitter), unha páxina web: ados.sergas.es e tamén é posible chamar ao teléfono gratuíto de información para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles: 900 100 828 SAÚDOS GABINETE DE COMUNICACIÓN DA AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE Gabinete de Comunicación Axencia de Doazón de Órganos e Sangue Rúa Xoaquín Díaz de Rábago 2-6 15705- Santiago de Compostela Teléfono: 881 546900- Fax: 981 5931 51 Correo : doadoressangue.ados @ sergas.es .

View Full Text

Details

  • File Type
    pdf
  • Upload Time
    -
  • Content Languages
    English
  • Upload User
    Anonymous/Not logged-in
  • File Pages
    2 Page
  • File Size
    -

Download

Channel Download Status
Express Download Enable

Copyright

We respect the copyrights and intellectual property rights of all users. All uploaded documents are either original works of the uploader or authorized works of the rightful owners.

  • Not to be reproduced or distributed without explicit permission.
  • Not used for commercial purposes outside of approved use cases.
  • Not used to infringe on the rights of the original creators.
  • If you believe any content infringes your copyright, please contact us immediately.

Support

For help with questions, suggestions, or problems, please contact us