MODIFICACIÓN DAS BASES DO “CERTAME INTERRITMOS”

Primeiro: Considerando que o proxecto de cooperación “INTERRITMOS: Ritmos y Pueblos”, pretende a valorización do patrimonio cultural dos territorios participantes a través da recuperación da música tradicional dos mesmos; e que entre os seus obxectivos fundamentais está o de difundir e promocionar a música tradicional, para o que se celebran estes Certames.

Segundo: Considerando que inicialmente existía unha audición no Concello de para os grupos e/ou solistas rexistrados nos Concellos de Riveira, Pobra do Caramiñal, e Rianxo, que foi suprimida e derivados ditos participantes á Audición do Concello de Padrón, a fin de garantir a participación do maior número de grupos e/ou solistas, permitirase que os grupos e/ou solistas rexistrados nos Concellos de Riveira, Pobra do Caramiñal, Boiro e Rianxo, participen na audición de Porto do Son.

É por elo que, sobre a base dos anteriores Considerandos e a fin de garantir a maior promoción e participación de grupos e solistas no “Certame Interritmos” convocado pola Asociación de Desarrollo Local DELOA, cuxas bases foron publicadas na páxina web da Asociación de Desarrollo Local Deloa www.deloa.es e na do proxecto Interritmos www.interritmos.com, o día 15 de maio de 2013, a Organización procede a realizar as oportunas modificacións ao amparo do disposto no Apartado XIV de ditas bases:

Primeira.- Modificación do Apartado II (Participantes). O parágrafo terceiro do Apartado II – Participantes - queda redactado da seguinte maneira:

“Debido a que, o certame se celebrará en dúas audicións, os participantes distribuiranse da seguinte forma:

 Os grupos e/ou solistas rexistrados nos Concellos de Muros, , , e Porto do Son, poderán participar unicamente na audición que se celebrará no Concello de Porto do Son.  Os grupos e/ou solistas rexistrados nos Concellos de , Rois e Padrón, poderán participar unicamente na audición que se celebrará no Concello de Padrón.  Os grupos e/ou solistas rexistrados nos Concellos de Riveira, Pobra do Caramiñal, Boiro e Rianxo poderán participar indistintamente nas audicións que se celebren no Concello de Porto do Son ou de Padrón; nunha delas á súa libre elección.” Segunda.- Modificación do Apartado IV (Prazo e Forma de Inscrición). O parágrafo cuarto do Apartado IV– Prazo e Forma de Inscrición – queda redactado da seguinte maneira:

“Cada un dos técnicos designados recollerá a solicitude e remitiraa aos técnicos do Concello organizador que corresponda. Así, as solicitudes recollidas a través dos técnicos de Muros, Noia, Lousame, Outes e Porto do Son serán remitidas ao Concello de Porto do Son; e as recollidas polos técnicos de Dodro, Rois e Padrón serán remitidas ao Concello de Padrón; e as recollidas polos técnicos de Riveira, Pobra do Caramiñal, Boiro e Rianxo, serán remitidas ao Concello de Padrón ou ao Concello de Porto do Son; segundo a elección do grupo ou solista de participar nunha ou outra audición.”

1