Álvarez, X.C.; Caride, M.J.; González, X.M. A xestión do servicio de recollida de lixo...

A XESTIÓN DO SERVICIO DE RECOLLIDA DE LIXO NOS CONCELLOS GALEGOS 1

XOSÉ C. ÁLVAREZ VILLAMARÍN / MARÍA JOSÉ CARIDE ESTÉVEZ XOSÉ M. GONZÁLEZ MARTÍNEZ Departamento de Economía Aplicada Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais Universidade de Vigo

Recibido: 28 de abril de 2003 Aceptado: 4 de decembro de 2003

Resumo: Neste traballo realízase unha avaliación económica da xestión do servicio de recollida e tratamento de residuos sólidos urbanos nos principais municipios de . Así, a partir da análise da dispoñibilidade da información por parte dos centros xestores das principais varia- bles asociadas ó servicio, realízase unha valoración dos niveis de prestación a través dun conxunto de indicadores para os distintos planos de interese −volume do servicio prestado, fac- tores empregados e estructura e cobertura de custos−. Os resultados obtidos permiten coñecer e comparar os niveis de prestación, estudiar en profundidade nos problemas de financiamento e ofrecer unha aproximación á eficiencia da prestación que debe servir de marco de referencia para orientar decisións cara a unha mellora da súa xestión. Palabras clave: Servicios públicos / Residuos sólidos urbanos / Eficiencia.

MANAGEMENT OF GARBAGE COLLECTION SYSTEMS IN GALICIAN CITY COUNCILS Abstract: This paper presents an economic evaluation of public services on collection and processing of urban solid waste using information on a large sample of relevant councils in Galicia. Using a battery of indicators (e.g. volume of waste collected and processed, inputs, costs, etc.) we are able to classify councils in different levels of service. Results provide empiri- cal evidence on the comparison of public service levels and constitute a first approach to the measurement of efficiency in order to help focus decisions on public service management. Keywords: Public services / Urban solid waste / Efficiency.

1. INTRODUCCIÓN A recollida do lixo é unha das competencias obrigatorias dos concellos que ten como finalidade manter o contorno en condicións hixiénicas e estéticas axeitadas. Para cumprir con ese cometido os concellos gozan de amplas facultades normati- vas2 para decidir as formas organizativas, técnicas, financeiras e fiscais baixo as que poder prestar un servicio que nos últimos anos foi gañando en dimensión debi- do ós fortes cambios experimentados nos hábitos de consumo da poboación (Bel e

1 Este artigo é resultado dun proxecto de investigación financiado polo Consello de Contas de Galicia. Os autores agradecen os comentarios realizados por dous avaliadores anónimos. 2 Na Lei 42/1975 xa aparece recollida a obriga dos concellos de facerse cargo dos residuos xerados no seu territorio. Esta obriga vaise reforzando paulatinamente coa Lei 7/1985 do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local e coa Lei 39/1988 do 28 de decembro, reguladora das facendas locais. No caso da Comunidade Autónoma de Galicia o marco legal complétase coa Lei 1/1995 do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia, coa Lei 10/1997 do 22 de agosto, de residuos sólidos urbanos de Galicia e coa Lei 10/1998 do 21 de abril, que regula o réxime legal dos residuos.

Revista Galega de Economía, vol. 12, núm. 2 (2003), pp. 29-66 29 ISSN 1132-2799 Álvarez, X.C.; Caride, M.J.; González, X.M. A xestión do servicio de recollida de lixo...

Miralles, 2003; Beede e Bloom, 1995). Estes cambios, que produciron unha altera- ción no volume e na composición do lixo xerado, forzan necesariamente a unha maior dotación de recursos cara a este servicio para modernizar as infraestructuras de recollida e tratamento (Buclet, 2002). Por outra banda, cómpre sinalar que hoxe en día o funcionamento dos servicios públicos, sobre todo no ámbito local, proxéctase nun marco orzamentario restricti- vo. Este acomodo a un contexto de maior disciplina orzamentaria, aínda que nal- gúns casos pode ter unha lectura preocupante polo que pode implicar a curto prazo en termos de deterioro na cantidade e na calidade dos servicios, tamén pode ter unha interpretación diferente que consiste en poñer de manifesto ós xestores públi- cos a importancia dunha asignación racional dos factores utilizados na prestación dun servicio e dunha avaliación dos seus resultados. É dicir, dado que esta presión financeira acentúa o custo de oportunidade dos recursos, xa que malgastar recursos escasos implica deixar desatendidas outras necesidades, cobra cada vez máis im- portancia a posta en marcha de procesos de control interno que informen sobre o grao de eficacia e eficiencia na actuación productiva dos servicios públicos (Álva- rez Corbacho, 1992). Pois ben, esta chamada de atención referida ós aspectos e prácticas de xestión dun servicio concreto, como é o servicio de recollida e tratamento de residuos sóli- dos urbanos nos principais municipios de Galicia, constitúe o núcleo central do no- so traballo. A motivación última do estudio debe entenderse, polo tanto, baixo a clave de considerar que a administración local galega pode e debe mellorar os seus procesos tanto de prestación de servicios como de producción de bens, e que unha xestión axeitada destes pode crear os estímulos e incentivos necesarios para conse- guilo e aumentar así o nivel de benestar dos cidadáns. A avaliación do servicio realízase a partir dun conxunto de datos ofrecidos po- los diferentes municipios mediante a cobertura dunha enquisa, que xera unha fonte informativa destinada a perfilar para o ano 2000 os seguintes obxectivos parciais:

• En primeiro lugar, coñecer a calidade da xestión municipal con respecto a este servicio. Isto significa, entre outras cuestións, valorar o grao de resposta que ofre- cen os concellos ós requirimentos informativos realizados, e valorar a cantidade e a calidade da información dispoñible nos diferentes concellos sobre variables bá- sicas deste servicio. • En segundo lugar, este estudio trata de dar a coñecer para cada concello o nivel de prestación do servicio, a súa estructura de custos e as posibilidades de finan- ciamento. Isto leva a precisar a cantidade de residuos recollidos, o volume de tra- ballo utilizado, o grao de cobertura dos custos, etc. • En terceiro lugar, o estudio busca comparar resultados dos diferentes concellos, de xeito que esa comparación ofreza un marco de referencia que permita orientar decisións dalgúns concellos cara a unha mellora na prestación do servicio.

30 Revista Galega de Economía, vol. 12, núm. 2 (2003), pp. 29-66 ISSN 1132-2799 Álvarez, X.C.; Caride, M.J.; González, X.M. A xestión do servicio de recollida de lixo...

O proceso de recollida de información determina algunhas limitacións do traba- llo xa que os datos proporcionados nas enquisas no datos fiscalizados e, polo tanto, non se pode asegurar a súa exactitude. En calquera caso, esta limitación non invalida, nin tan sequera rebaixa, o alcance do estudio, senón que debe interpretar- se con cautela á hora de tirar conclusións, para ter presente que os resultados sem- pre estarán en función da veracidade dos datos facilitados. Ademais, á marxe da certeza dos datos, un dos activos deste traballo é facer visible a importancia de dis- por deste tipo de información na meirande parte dos servicios locais para, a partir dela, encarar unha xestión máis eficiente. Con estes obxectivos, o traballo estructúrase en catro apartados. Logo da intro- ducción, o apartado segundo presenta a metodoloxía empregada e a composición da mostra. O epígrafe terceiro realiza unha valoración dos niveis de prestación do servicio nos concellos da mostra obtida, formulando un conxunto de indicadores que permiten avaliar distintos planos de interese: volume do servicio prestado, fac- tores empregados, estructura e cobertura de custos e relación entre recursos empre- gados e o volume do servicio, o que permite ofrecer unha aproximación á eficien- cia da prestación. Finalmente, o cuarto apartado realiza algunhas consideracións a modo de conclusións.

2. METODOLOXÍA DO TRABALLO E COMPOSICIÓN DA MOSTRA O artigo analiza a xestión do servicio de recollida e tratamento do lixo nos prin- cipais municipios galegos no exercicio 2000 mediante unha enquisa remitida a un conxunto de concellos para que facilitasen os principais datos económicos e físicos do servicio3. Este proceso de enquisa escrita foi completado cunha segunda fase de entrevista telefónica cos responsables do servicio para corrixir as carencias ou defi- ciencias da información inicialmente facilitada. A mostra de concellos seleccionados conformouse inicialmente, tal e como se constata nos cadros 1 e 2, polos 62 municipios de maior poboación de Galicia4. Así, para as provincias da Coruña e de Pontevedra seleccionáronse, respectivamen- te, 25 e 23 concellos que superaban ós 10.000 habitantes. Para as provincias de Ou- rense e de Lugo, 5 e 9 municipios, respectivamente, que superaban os 8.000 habi- tantes. Tendo en conta as características socioeconómicas dos municipios que integran a mostra e dado que estes representan o 67,6% da poboación total dos 315 conce- llos galegos, pódese asumir que os resultados obtidos dunha mostra como a pro-

3 Os datos son referenciados ó ano 2000, xa que no momento de enviar a enquisa ese era o último ano con datos económicos liquidados e con datos físicos dispoñibles do servicio. 4 Construímos a mostra cos municipios máis importantes, entendendo que son os que máis posibilidades teñen, por teren persoal máis cualificado, de compilar a información necesaria para facer unha mínima análise da xestión do servicio.

Revista Galega de Economía, vol. 12, núm. 2 (2003), pp. 29-66 31 ISSN 1132-2799 Álvarez, X.C.; Caride, M.J.; González, X.M. A xestión do servicio de recollida de lixo... posta ofrecen unha panorámica relativamente completa sobre a situación actual do conxunto de concellos galegos con respecto á provisión, xestión e financiamento do servicio de recollida de lixo.

Cadro 1.- Mostra de municipios. Provincias da Coruña e de Pontevedra PROVINCIA DA CORUÑA PROVINCIA DE PONTEVEDRA A Coruña Vigo Santiago Pontevedra Ferrol

• > 15.000 hab. : • < 15.000 hab. : • > 15.000 hab. : • < 15.000 hab. : Narón Fene Vilagarcía Poio Teo Redondela Mos Ribeira Marín Cambados Oleiros As Pontes de G.R. Cangas Bueu A Estrada Gondomar Lalín O Grove Ponteareas Tomiño Sada Moaña Baiona Ames Santa Comba Sanxenxo Vilanova Laracha O Porriño Muros Tui Porto Son Nigrán Pobra do Caramiñal Total poboación: 779.245 Total poboación: 723.395 FONTE: Fundación La Caixa: Anuario Social 2001. (Datos do INE).

Cadro 2.- Mostra de municipios. Provincias de Lugo e de Ourense PROVINCIA DE LUGO PROVINCIA DE OURENSE Lugo Ourense

• > 15.000 hab. : • < 15.000 hab. : • > 15.000 hab. : • < 15.000 hab. : Monforte Sarria --- Verín Vilalba Chantada O Barco Viveiro Foz O Carballiño Ribadeo Xinzo de Limia Burela Total poboación: 188.580 Total poboación: 156.480 FONTE: Fundación La Caixa: Anuario Social 2001. (Datos do INE).

O cuestionario remitido inicialmente ós concellos está estructurado en 4 bloques diferenciados. No bloque 1 solicítase información con respecto a variables básicas do concello que teñen unha forte influencia nos resultados dos servicios de limpeza como son a poboación empadroada, as variacións de poboación por afluencias tu- rísticas, a concentración da poboación no casco urbano, os datos de superficie, o número de vivendas ou de locais comerciais, etc. No bloque 2 acumúlase información sobre os datos físicos dos distintos compo- ñentes nos que pode desagregarse o servicio de limpeza. Así, para os servicios de recollida e tratamento de residuos de vivendas e locais, recollida selectiva, limpeza viaria e limpeza de parques e praias, procúrase identificar, por unha banda, os prin- cipais factores que interveñen na prestación do servicio (número de puntos e

32 Revista Galega de Economía, vol. 12, núm. 2 (2003), pp. 29-66 ISSN 1132-2799 Álvarez, X.C.; Caride, M.J.; González, X.M. A xestión do servicio de recollida de lixo... colectores de recollida, número de vehículos e estimación dos quilómetros perco- rridos, ou número de traballadores adscritos e a súa dedicación) e, por outra banda, identifícanse os datos máis importantes dos resultados na prestación dos servicios en forma de toneladas de residuos e periodicidade da recollida. Finalmente, neste bloque recóllense as particularidades relativas á xestión dos servicios identificando, naqueles casos onde haxa xestión indirecta, a empresa que presta o servicio e a du- ración do contrato. O bloque 3 dedícase a reflectir a información relativa ós custos dos servicios, desagregando para cada un os referidos á recollida e os relativos ó tratamento, e identificando as principais partidas, como son o gasto de persoal, os gastos por ve- hículos e outros gastos. A enquisa complétase cun bloque 4 dedicado a reunir a información relativa á taxa de recollida do lixo, principal ingreso municipal vinculado ós servicios de limpeza. Trátase aquí de coñecer os datos globais do tributo (número de contribuín- tes, dereitos recoñecidos e recadación líquida), así como a desagregación destas magnitudes entre vivendas e locais comerciais e industriais. Unha vez obtida a información das enquisas, un primeiro resultado de interese que trata de derivar este traballo é a valoración global que pode facerse da calidade da xestión municipal respecto dos servicios de recollida de lixo nos municipios de Galicia. Unha resposta positiva pasa necesariamente por atoparnos con concellos que coñecen as principais variables relacionadas co servicio e identifican as súas magnitudes físicas e económicas con precisión e, deste xeito, responden ó cuestio- nario e completan a información de cada un dos bloques. ¿É este o comportamento xeneralizado? Ou, pola contra, ¿abundan os casos que presentan carencias informa- tivas acusadas? Neste sentido, como pode apreciarse no cadro 3, dos 62 municipios ós que se lles remitiu a enquisa, 22 non contestaron ós dous requirimentos realizados. Entre eles destacan algúns que, pola poboación á que se lle subministra o servicio, máis de 20.000 habitantes, deberían estar en condicións de ofrecer unha información bá- sica sobre as variables representativas do servicio5. O cadro 3 recolle tamén aqueles concellos que participaron no estudio. Como pode observarse, trátase de 40 conce- llos dos que 16 pertencen á provincia da Coruña, 12 á provincia de Pontevedra, 7 á provincia de Lugo e 5 á provincia de Ourense. Con esta mostra de municipios pó- dese analizar o servicio subministrado ó 54,3% da poboación galega. Ademais, xunto á ratio de resposta á enquisa, a valoración da xestión municipal pode nutrirse tamén da contía e calidade da información facilitada. Nos 40 conce- llos que responderon, a información facilitada foi maioritariamente incompleta e

5 É difícil admitir que concellos como Narón, Carballo e Culleredo (na provincia da Coruña) ou Redondela, Ma- rín e Cangas (na provincia de Pontevedra) non teñan elaborado un estudio propio sobre o servicio e non dispoñan de información periódica sobre a prestación dun servicio de provisión obrigatoria e de considerable dimensión orzamentaria que, como comprobaremos máis adiante, representa unha media do 8,34% do gasto corrente municipal.

Revista Galega de Economía, vol. 12, núm. 2 (2003), pp. 29-66 33 ISSN 1132-2799 Álvarez, X.C.; Caride, M.J.; González, X.M. A xestión do servicio de recollida de lixo... insuficiente, o que motivou a apertura dunha segunda fase de entrevista telefónica cos responsables do servicio de duración variable pero, polo xeral, bastante ampla. Nesta fase comprobouse que agás contadas excepcións os concellos non dispuñan previamente de moitos dos datos solicitados (dende os relativos a variables físicas como toneladas recollidas ou factores empregados como ós de desagregación dos custos por servicios, etc.) o que reflicte a inexistencia xeneralizada de estudios pro- pios ou, cando menos, de interese pola acumulación centralizada de información relativa a un dos principais servicios provistos.

Cadro 3.- Grao de resposta á enquisa CONCELLOS QUE RESPONDERON CONCELLOS QUE NON RESPONDERON Provincia da Coruña Provincia de Pontevedra Provincia da Coruña Provincia de Pontevedra A Coruña Pontevedra A Coruña Pontevedra A Coruña Vigo Santiago Pontevedra Ferrol • > 15.000 hab. • > 15.000 hab. Ribeira Vilagarcía Narón Redondela Oleiros A Estrada Carballo Marín Arteixo Lalín Culleredo Cangas Boiro Ponteareas Moaña Cambre O Porriño Sanxenxo Ames Tui Nigrán • < 15.000 hab. • < 15.000 hab. Teo Bueu Fene Poio Noia O Grove Betanzos Mos As Pontes G.R. Tomiño Sada Cambados Ordes Vilanova Santa Comba Gondomar Rianxo Muros Baiona Laracha A Pobra do C. Provincia de Lugo Provincia de Ourense Provincia de Lugo Provincia de Ourense Lugo Ourense • > 15.000 hab. • > 15.000 hab. Monforte de L. Viveiro --- Vilalba • < 15.000 hab. • < 15.000 hab. Sarria O Barco de V. Ribadeo --- Chantada O Carballiño Foz Xinzo de Limia Burela FONTE: Elaboración propia.

Contando coa colaboración dos responsables municipais, nesta fase de entrevis- ta telefónica conseguiuse completar un conxunto mínimo común de información que permitise caracterizar e avaliar o servicio de limpeza en 39 dos concellos pro- postos, tendo que ser excluído finalmente o concello de Bueu, pois o conxunto de información da que dispuña inicialmente xunto á que puido reunir con posteriori- dade non permite extraer un coñecemento mínimo e fiable do servicio prestado.

34 Revista Galega de Economía, vol. 12, núm. 2 (2003), pp. 29-66 ISSN 1132-2799 Álvarez, X.C.; Caride, M.J.; González, X.M. A xestión do servicio de recollida de lixo...

3. VALORACIÓN DA PRESTACIÓN DO SERVICIO As características do servicio de limpeza poden variar de xeito considerable de- bido a que os niveis de prestación do servicio son tamén diferentes. Nesta diferen- cia desenvolven un papel relevante distintos aspectos como a frecuencia da recolli- da, a cantidade de factores ou recursos utilizados, a extensión da recollida selectiva ou as posibilidades financeiras. Este epígrafe trata de aproximarse ó coñecemento da prestación do servicio na mostra de 39 concellos galegos mediante a informa- ción obtida nas fases de enquisa e entrevista telefónica. Para este cometido acódese a un conxunto de indicadores6 que informan, en primeiro lugar, sobre o volume de servicio prestado; en segundo lugar, sobre a contía dos factores empregados; e, en terceiro lugar, sobre a estructura de custos e o seu grao de cobertura. Finalmente, a combinación entre indicadores de inputs e indicadores de outputs permite construír novos indicadores que ofrecen unha aproximación á eficiencia do servicio, ó rela- cionar recursos humanos, materiais e financeiros co volume do servicio prestado (Cave et al., 1990; Domberger et al., 1988; Vilardell, 1989).

3.1. INDICADORES SOBRE O VOLUME DO SERVICIO PRESTADO En xeral, cando se pretende coñecer o volume do servicio prestado nos servicios de limpeza dun concello, dous son os indicadores máis utilizados: as toneladas de residuos recollidas e o número de usuarios atendidos. Como se pode constatar no cadro 4, os 39 concellos analizados xeraron no exercicio 2000 un total de 705.617 toneladas de residuos procedentes dos catro tipos de servicios considerados (resi- duos sólidos urbanos, recollida selectiva, limpeza viaria e limpeza de praias). Isto supón que, de media, cada cidadán xera diariamente 1,1 kg de residuos e, ó cabo do ano, 0,4 tm. Evidentemente, a maior cantidade de residuos xéranse nas sete cidades de Galicia, destacando Vigo e A Coruña, que supoñen o 41,35% do total. Nos mu- nicipios de máis de 15.000 habitantes xeráronse unha media de 9.163 toneladas mentres que nos de menos de 15.000 habitantes producíronse unha media de 4.598 toneladas de lixo. A meirande parte dos residuos derivan do servicio de recollida das vivendas e locais comerciais e industriais, que de media representan un 90,4%, mentres que a limpeza viaria e a recollida selectiva supoñen, respectivamente, un 3,4 e un 5,9% do total. Do conxunto de datos asociados ó volume de residuos aparecen algunhas situacións que chaman a atención. Así, resalta a escasa cantidade de residuos reco- llidos no concello do Carballiño e incluso a súa distribución por tipo de residuos, onde a recollida selectiva ten unha proporción anormalmente alta. Estas distribu-

6 Os indicadores utilizados son similares ós recomendados en varios países. Por exemplo, en Estados Unidos o informe do Governmental Accouting Standards Board recomenda os chamados indicadores SEA (Service Efforts and Accomplishment) para avaliar servicios das entidades locais. En Inglaterra a Audit Commission publica perio- dicamente un informe cunha batería de indicadores sobre servicios nos concellos. No caso español, a Sindicatura de Comptes de Catalunya elaborou un informe de contido similar para o exercicio 1994 (Bosch, Pedraja e Suárez, 1998).

Revista Galega de Economía, vol. 12, núm. 2 (2003), pp. 29-66 35 ISSN 1132-2799 Álvarez, X.C.; Caride, M.J.; González, X.M. A xestión do servicio de recollida de lixo... cións atípicas tamén aparecen no caso de Oleiros e no caso de Xinzo de Limia, on- de a información subministrada das toneladas recollidas na limpeza viaria semella pouco precisa.

Cadro 4.- Volume de residuos e poboación atendida TOTAL PESO RELATIVO POR SERVICIOS POBOACIÓN POBOACIÓN POBOACIÓN CONCELLOS RESIDUOS (en % sobre total residuos) TOTAL CUBERTA URBANA (en tm) (1) RSU R sel. (2) L. viaria Praias (s/total) (s/total) Vigo 158.634,0 94,4 3,3 2,2 0,2 322.410 100,0 51,9 A Coruña 133.171,0 87,6 10,0 1,7 0,7 280.000 100,0 98,0 Ourense 39.694,0 98,0 0,0 2,0 0,0 125.000 100,0 95,0 Santiago 54.589,0 96,4 3,2 0,4 0,0 117.310 97,3 86,8 Lugo 44.780,4 89,3 8,7 2,0 0,0 88.603 100,0 89,7 Ferrol 32.500,0 95,3 4,3 0,1 0,3 83.000 100,0 88,0 Pontevedra 31.188,1 95,5 3,2 1,2 0,0 85.520 100,0 51,8 • > 15.000 hab. Vilagarcía 15.662,0 84,9 7,6 6,0 1,5 34.500 100,0 44,2 Ribeira 13.065,0 96,4 0,0 3,1 0,4 26.798 100,0 40,0 Oleiros 19.186,0 67,7 28,7 1,2 2,4 26.016 100,0 70,0 A Estrada 6.502,8 95,3 4,2 0,5 0,0 22.369 100,0 35,0 Arteixo 10.546,0 93,6 5,1 0,9 0,3 23.212 98,0 65,4 Lalín 6.726,0 92,5 3,7 3,9 0,0 21.000 75,0 47,0 Monforte 6.504,0 94,1 4,9 1,0 0,0 20.350 100,0 75,0 Ponteareas 13.543,0 97,3 1,1 1,5 0,1 19.500 100,0 40,0 Boiro 5.038,3 84,4 8,3 7,2 0,1 18.286 94,7 36,9 Cambre 7.349,0 87,1 8,8 4,1 0,0 18.800 100,0 60,5 Ames 8.010,0 93,6 5,8 0,3 0,2 20.000 100,0 51,6 O Porriño 5.760,0 99,4 0,0 0,6 0,0 18.000 100,0 34,7 Tui 5.728,6 98,3 1,6 0,0 0,0 18.000 33,0 41,7 Vilalba 4.665,5 99,7 0,0 0,3 0,0 16.200 90,0 29,0 • < 15.000 hab. Teo 4.843,0 92,8 2,5 4,6 0,0 17.000 100,0 35,3 Noia 6.643,6 90,3 2,1 7,5 0,0 14.525 100,0 49,7 Verín 4.160,7 94,0 3,5 2,5 0,0 13.033 100,0 66,7 Sarria 7.557,8 87,4 4,0 8,6 0,0 14.500 100,0 65,0 O Barco 4.130,0 92,4 6,7 1,0 0,0 14.552 100,0 72,3 As Pontes 2.856,3 80,5 15,1 4,4 0,0 13.000 90,0 82,3 O Carballiño 895,0 61,5 36,3 2,2 0,0 12.449 95,0 61,0 Ordes 3.722,2 81,6 17,8 0,5 0,0 12.093 100,0 46,2 Rianxo 4.717,5 97,5 2,5 ND ND 13.500 100,0 31,9 O Grove 5.421,5 92,2 4,0 0,9 2,9 12.000 100,0 33,3 Tomiño 5.635,6 97,2 1,9 0,9 0,0 11.250 100,0 10,0 Laracha 3.466,0 86,6 4,8 7,2 1,4 10.700 100,0 32,7 Vilanova 4.432,4 90,5 2,0 4,1 3,4 10.452 98,0 26,5 Porto do Son 7.001,0 97,9 1,2 0,3 0,6 10.293 98,0 26,1 Chantada 4.000,0 90,0 0,0 10,0 0,0 9.735 100,0 50,0 Xinzo 4.130,7 77,0 2,4 20,6 0,0 10.300 100,0 60,0 Foz 4.404,2 88,6 5,5 4,5 1,4 11.667 100,0 54,9 Burela 4.757,0 87,3 4,5 8,0 0,2 10.000 100,0 100,0 Media 18.092,7 90,4 5,9 3,4 0,4 41.690 96,6 54,8 Media 7 cidades 70.650,9 93,8 4,7 1,4 0,2 157.406 99,6 80,2 Media + 15.000 9.163,3 91,7 5,7 2,2 0,4 21.645 92,2 47,9 Media (-)15.000 4.598,6 88,1 6,5 5,2 0,6 12.281 98,9 50,2 (1): O concello de Rianxo non facilita dato para limpeza viaria e praias. Tómase dato 0 no total; (2): Algúns con- cellos non facilitan dato para algún tipo de recollida selectiva, polo que se toma dato 0 : Porto do Son para plásti- cos e Lalín e Vilanova para vidro. FONTE: Elaboración propia.

36 Revista Galega de Economía, vol. 12, núm. 2 (2003), pp. 29-66 ISSN 1132-2799 Álvarez, X.C.; Caride, M.J.; González, X.M. A xestión do servicio de recollida de lixo...

Para seleccionar un indicador que recolla o número de usuarios que reciben a prestación deste servicio nun determinado concello deben considerarse certas cau- telas. En principio, podería tomarse a poboación empadroada como unha aproxi- mación inicial; sen embargo, dous factores limitan a achega desta variable: por unha banda, a poboación residente non empadroada que recibe o servicio e, por ou- tra, nos concellos máis turísticos, a poboación visitante que tamén fai uso do servi- cio. Por iso, solicitáronse ós concellos estimacións sobre poboación non empadroa- da e sobre variacións estacionais. De novo aquí se constatan serias dificultades para facilitar información, sendo máis acusadas as carencias de datos sobre variacións estacionais. Con tal motivo, semella máis prudente empregar como indicador o da- to facilitado polos concellos referido á poboación total, que inclúe a poboación empadroada máis a estimación de poboación non empadroada7. En todo caso, este dato debe ser posteriormente ponderado pola porcentaxe de poboación realmente cuberta polo servicio cando se trate de poñela en relación con algún indicador dos inputs empregados. Aínda que a meirande parte dos concellos afirman que esta co- bertura é do 100%, este dato non parece demasiado crible, sobre todo naqueles concellos cun volume importante de poboación rural, como así o indican os casos de Lalín e de Tui, onde se manifesta que só está cuberta polo servicio o 75% e o 33% da poboación, respectivamente. Aínda que as toneladas de residuos recollidas ou o número de usuarios atendi- dos dan unha idea do volume de servicio prestado en cada concello, cando se com- paran os distintos concellos hai que relativizar estes indicadores. Deste xeito, no cadro 5 propóñense unha serie de ratios que, por unha banda, indican o volume de traballo ou o esforzo que se necesita para afrontar o servicio e, por outra, ofrecen indicios do grao de eficiencia do factor traballo e do factor capital empregado. En- tre os primeiros están as toneladas recollidas por habitante ou os quilogramos dia- rios por habitante (entendendo que a maior número de toneladas ou de quilos/día por habitante, maior é o grao de actividade que debe asumir o servicio); e para os segundos, aparecen as ratios de toneladas de residuos por operario e por vehículo para un servicio concreto, como é o de recollida e tratamento de residuos sólidos urbanos (entendendo que a maior contía de toneladas por vehículo ou por operario, maior é o rendemento que proporciona cada factor). Para facer unha comparación na que se manteña unha certa homoxeneidade en- tre municipios, neste apartado óptase por establecela por grupos de municipios, di- vidindo a mostra dos 39 concellos nos tres grupos xa propostos segundo o tamaño da poboación. Isto é, as sete cidades, os restantes municipios de máis de 15.000 habitantes e os municipios de menos de 15.000 habitantes.

7 Esta variable supón un incremento dun 8,9% sobre o dato global facilitado como poboación empadroada e, no caso das sete cidades, dun 11,6%.

Revista Galega de Economía, vol. 12, núm. 2 (2003), pp. 29-66 37 ISSN 1132-2799 Álvarez, X.C.; Caride, M.J.; González, X.M. A xestión do servicio de recollida de lixo...

Cadro 5.- Indicadores de actividade EN RESIDUOS SÓLIDOS tm/hab. kg día/hab. CONCELLOS URBANOS (s/pob.tot.) (s/pob. tot.) tm/vehículo (1) tm/operario Vigo 0,49 1,3 5.988,2 1.996,1 A Coruña 0,48 1,3 3.536,2 964,4 Ourense 0,32 0,9 3.536,4 1.111,4 Santiago 0,47 1,3 4.783,6 1.422,2 Lugo 0,51 1,4 3.333,3 941,2 Ferrol 0,39 1,1 3.097,5 945,2 Pontevedra 0,36 1,0 2.483,2 1.295,6 • > 15.000 hab. Vilagarcía 0,45 1,2 2.658,8 1.477,1 Ribeira 0,49 1,3 1.800,0 787,5 Oleiros 0,74 2,0 1.855,4 683,6 A Estrada 0,29 0,8 688,9 688,9 Arteixo 0,45 1,2 3.292,0 658,4 Lalín 0,32 0,9 2.073,3 691,1 Monforte 0,32 0,9 2.040,0 765,0 Ponteareas 0,69 1,9 6.591,0 2.636,4 Boiro 0,28 0,8 2.125,5 708,5 Cambre 0,39 1,1 2.133,7 533,4 Ames 0,40 1,1 3.750,0 1.500,0 O Porriño 0,32 0,9 2.861,5 953,8 Tui 0,32 0,9 2.817,0 626,0 Vilalba 0,29 0,8 1.162,5 775,0 • < 15.000 hab. Teo 0,28 0,8 2.247,5 899,0 Noia 0,46 1,3 2.000,0 1.000,0 Verín 0,32 0,9 1.303,7 782,2 Sarria 0,52 1,4 1.651,0 660,4 O Barco 0,28 0,8 1.907,5 763,0 As Pontes 0,22 0,6 1.150,0 287,5 O Carballiño 0,07 0,2 275,0 91,7 Ordes 0,31 0,8 3.039,0 1.519,5 Rianxo 0,35 1,0 2.300,0 1.150,0 O Grove 0,45 1,2 1.250,0 800,0 Tomiño 0,50 1,4 2.737,5 958,8 Laracha 0,32 0,9 1.500,0 1.067,6 Vilanova 0,42 1,2 2.006,6 573,3 Porto do Son 0,68 1,9 6.856,0 2.285,3 Chantada 0,41 1,1 1.200,0 1.800,0 Xinzo 0,40 1,1 3.181,2 530,2 Foz 0,38 1,0 1.950,0 557,1 Burela 0,48 1,3 4.154,0 1.038,5 Media 0,40 1,1 2.649,2 998,1 Media 7 cidades 0,43 1,2 3.822,6 1.239,4 Media + 15.000 0,41 1,1 2.560,7 963,2 Media (-) 15.000 0,38 1,0 2.261,6 931,3 (1): Algúns concellos non facilitan dato para a variable “outros vehículos”, polo que se toma 0 : Porto do Son, Vilanova, Xinzo, Rianxo e Boiro. FONTE: Elaboración propia.

Se consideramos a cantidade de residuos por habitante e comparamos as sete ci- dades de Galicia, verifícase, tal e como reflicte a gráfica 1a, onde se ordenan estes concellos de maior a menor actividade, que o maior nivel de servicio se realiza

38 Revista Galega de Economía, vol. 12, núm. 2 (2003), pp. 29-66 ISSN 1132-2799 Álvarez, X.C.; Caride, M.J.; González, X.M. A xestión do servicio de recollida de lixo... nos concellos de Lugo, Vigo e A Coruña, con datos que oscilan entre as 0,51 e as 0,48 toneladas por habitante. No extremo contrario aparece Ourense con 0,32 tone- ladas por habitante ou 0,9 kg por habitante e día, cando o volume medio para este grupo de municipios é de 0,43 toneladas por habitante/ano ou 1,2 kg por habitan- te/día. Pola súa banda, a gráfica 1b ordena de maior a menor actividade os municipios de máis de 15.000 habitantes. Neste caso destaca o elevado nivel de actividade que prestan os concellos de Oleiros e de Ponteareas, que deben recoller e tratar 0,74 e 0,69 toneladas por habitante, respectivamente, mentres que A Estrada, Boiro e Vi- lalba non superan as 0,30 toneladas por habitante. Finalmente, no grupo de municipios de menos de 15.000 habitantes as situa- cións máis extremas en canto ó nivel de actividade atópanse nos casos de Porto do Son, con 0,68 toneladas por habitante ou 1,9 quilos por habitante e día e, se non consideramos o concello do Carballiño, As Pontes con 0,22 toneladas por habitan- te/ano. No que atinxe ás ratios de eficiencia no uso do factor traballo e do factor capital no servicio de recollida de residuos sólidos urbanos (RSU), as diferencias son máis acusadas. Se observamos os datos dos valores medios recollidos no cadro 5, parece claro que os niveis de eficiencia destes factores productivos melloran co tamaño da poboación do municipio, o que invita a pensar que detrás da prestación dese servi- cio se dan as condicións para que se produzan rendementos crecentes a escala que, de confirmarse, reforzarían a argumentación para favorecer unha prestación man- comunada8 (Callan e Thomas, 2001).

Gráfica 1a.- tm residuos hab./ano sete cidades

0,8 0,7 tm/hab. Media 0,6 0,5 0,4 0,3 0,2 0,1 0,0

Lugo Vigo Ferrol Ourense A Coruña Santiago Pontevedra

8 Un aspecto que cabe resaltar da mostra de concellos analizados é a escasa prestación mancomunada do servi- cio. Así, dos 39 concellos da mostra, só 3 (Verín, O Carballiño e Xinzo de Limia) indican que a prestación do ser- vicio de recollida de RSU é realizada por unha mancomunidade.

Revista Galega de Economía, vol. 12, núm. 2 (2003), pp. 29-66 39 ISSN 1132-2799 Álvarez, X.C.; Caride, M.J.; González, X.M. A xestión do servicio de recollida de lixo...

Gráfica 1b.- tm residuos hab./ano concellos > 15.000 hab. 0,8 0,7 tm/hab. Media 0,6 0,5 0,4 0,3 0,2 0,1 0,0 Tui Ames Lalín Boiro Oleiros RiveiraArteixo Cambre Vilalba Monforte Ponteareas Vilagarcía O Porriño A Estrada

Gráfica 1c.- tm residuos hab/ano concellos < 15.000 hab. 0,8 0,7 tm/hab. Media 0,6 0,5 0,4 0,3 0,2 0,1 0,0 Foz Teo Noia Verín Sarria Burela Xinzo Rianxo Ordes Tomiño O Grove Laracha O Barco VilanovaChantada As Pontes Porto do Son O Carballiño

Se nos fixamos nas gráficas 2a e 3a observamos que entre as sete cidades o me- llor rendemento dos factores productivos se atopa en Vigo e en Santiago, con 5.988 e 4.783 toneladas/ano por vehículo, respectivamente, e 1.996 e 1.422 toneladas/ano por operario. O resto das cidades alternan as súas posicións segundo se avalíe o rendemento dun ou doutro factor, figurando Pontevedra nas posicións relativamen- te máis baixas para a avaliación da productividade do capital e Lugo para a do tra- ballo. No grupo dos municipios de máis de 15.000 habitantes destaca a estraña dife- rencia que se observa entre os datos dos demais municipios e o de Ponteareas que, coa información facilitada sobre toneladas recollidas, sitúase en ratios de uso de factores sorprendentemente elevados, o que fai dubidar seriamente sobre a súa fia- bilidade. Para os restantes concellos destaca favorablemente a situación de Ames, ocupando as peores posicións relativas os concellos de Vilalba e A Estrada no caso do factor capital e deTui e Cambre no caso do factor traballo. No grupo de municipios de menos de 15.000 habitantes, tamén resalta a estraña diferencia observada entre Porto do Son e os demais concellos e a baixa contía das ratios que presenta o concello do Carballiño. Nestes casos, ó igual que acontece con Ponteareas, o cruzamento entre a información relativa ás toneladas recollidas e

40 Revista Galega de Economía, vol. 12, núm. 2 (2003), pp. 29-66 ISSN 1132-2799 Álvarez, X.C.; Caride, M.J.; González, X.M. A xestión do servicio de recollida de lixo...

ós inputs empregados no servicio cuestiona claramente a fiabilidade da informa- ción facilitada sobre as toneladas recollidas. Evidentemente, a sobrevaloración ma- nifesta nos casos de Porto do Son e de Ponteareas e a infravaloración detectable no caso do Carballiño inflúen na comparación entre eses concellos e os demais, de tal xeito que a súa posición relativa debe contemplarse con bastantes reservas.

Gráfica 2a.- tm. RSU veh./ano sete cidades 8.000 7.000 tm/veh. Media 6.000 5.000 4.000 3.000 2.000 1.000 0

Vigo Lugo Ferrol Santiago Ourense A Coruña Pontevedra

Gráfica 2b.- tm. RSU veh./ano concellos > 15.000 hab. 8.000 7.000 tm/veh. Media 6.000 5.000 4.000 3.000 2.000 1.000 0 Tui Ames Boiro Lalín Arteixo Cambre OleirosRiveiraVilalba Monforte A Estrada Ponteareas O Porriño Vilagarcía

Gráfica 2c.- tm. RSU veh./ano concellos < 15.000 hab. 8.000 7.000 tm/veh. Media 6.000 5.000 4.000 3.000 2.000 1.000 0 Teo Foz Noia Verín BurelaXinzoOrdes Rianxo Sarria Tomiño O Barco Laracha O Grove Vilanova ChantadaAs Pontes Porto do Son O Carballiño

Revista Galega de Economía, vol. 12, núm. 2 (2003), pp. 29-66 41 ISSN 1132-2799 Álvarez, X.C.; Caride, M.J.; González, X.M. A xestión do servicio de recollida de lixo...

Gráfica 3a.- tm. RSU op./ano sete cidades 3.000 tm/operario 2.500 Media

2.000

1.500

1.000

500

0

Vigo Lugo Ferrol Ourense Santiago A Coruña Pontevedra

Gráfica 3b.- tm. RSU op./ano concellos > 15.000 hab. 3.000 tm/operario 2.500 Media

2.000

1.500

1.000

500

0 Tui Ames Boiro Lalín RiveiraVilalba OleirosArteixo Cambre Monforte A Estrada Ponteareas VilagarcíaO Porriño

Gráfica 3c.- tm. RSU op./ano concellos < 15.000 hab. 3.000 tm/operario 2.500 Media

2.000

1.500

1.000

500

0 Teo Foz Noia Verín OrdesRianxo Burela Sarria Xinzo Laracha Tomiño O Grove O Barco Chantada Vilanova As Pontes Porto do Son O Carballiño

3.2. INDICADORES SOBRE OS FACTORES EMPREGADOS Outro dos aspectos que permiten caracterizar a prestación dun servicio é o vo- lume de factores productivos empregados. No caso do servicio de limpeza os prin-

42 Revista Galega de Economía, vol. 12, núm. 2 (2003), pp. 29-66 ISSN 1132-2799 Álvarez, X.C.; Caride, M.J.; González, X.M. A xestión do servicio de recollida de lixo... cipais inputs que interveñen na actividade son catro: asociado ó factor traballo apa- rece o número de operarios, que debe ser ponderado en función da duración da xornada; e asociados ó factor capital aparecen o número de vehículos, o número de colectores e o número de papeleiras instaladas. Ó igual que se fixo na análise dos indicadores do volume de servicio prestado, neste apartado considérase para cada concello o volume de factores empregados no conxunto dos servicios asociados á limpeza (RSU, recollida selectiva, limpeza via- ria e de praias)9. O cadro 6 recolle os datos destes catro indicadores para os 39 con- cellos da mostra. De novo, para establecer comparacións entre os concellos que informen sobre a situación relativa dos recursos empregados na prestación dos servicios, é necesario relativizar os datos construíndo indicadores homoxéneos. Neste caso, o cadro 7 amosa as ratios de número de operarios, vehículos, colectores e papeleiras por cada 1.000 habitantes de poboación cuberta, así como o número de colectores por qui- lómetro cadrado de superficie no termo municipal. Se comparamos a dimensión relativa dos cadros de persoal distinguindo os tres grupos de concellos, comprobamos nas gráficas 4 (a, b e c) como no caso das sete cidades son os concellos de Lugo e da Coruña os que maior número de operarios presentan por cada 1.000 habitantes, mentres que Vigo e Ourense levan a cabo os servicios cunha menor dotación relativa de persoal. No segundo grupo de conce- llos, destaca a importante dimensión dos cadros de persoal empregados no concello de Tui, con 2,4 operarios por cada 1.000 habitantes10, mentres que O Porriño reali- za os servicios mediante unha dotación relativa de 0,56 operarios cando a media para este grupo de concellos é de 1,05. No segmento de concellos de menos de 15.000 habitantes a maior dotación de persoal por cada 1.000 habitantes corres- ponde a Burela e O Carballiño, mentres que coas dotacións máis reducidas apare- cen os concellos de Laracha e de Teo. Para este grupo de concellos a dotación rela- tiva media sitúase en 0,92 operarios.

9 Esta análise global, que sería razoable cando se pretende caracterizar o servicio no seu conxunto, presenta al- gunhas dificultades debido ás deficiencias informativas dos concellos relacionadas fundamentalmente coa dedica- ción do persoal e coa determinación de vehículos na recollida selectiva, na limpeza viaria e na limpeza de praias. Isto obriga, nalgúns casos, a reconstruír determinada información mediante o uso de criterios de imputación: • Así, respecto á dedicación do persoal, o criterio empregado ten sido o de imputar en persoas/ano o número de servicios na recollida selectiva e a temporada na limpeza de praias (na que se tivo en conta a duración da tem- porada). • Respecto ós vehículos, cando dentro dun mesmo concello se empregan para prestar distintos tipos de recollida selectiva, só se teñen considerado unha vez. Sen embargo, non se puido resolver o problema derivado do em- prego simultáneo dun mesmo vehículo en distintos concellos pola mesma empresa de recollida selectiva. Ademais, respecto á limpeza viaria non se recolleu no indicador global de vehículos o número de carros de re- collida empregados pois, malia a ser un input característico deste servicio, a súa inclusión distorsiona o indi- cador. 10 Esta situación do concello de Tui ven condicionada pola resposta dada á pregunta da poboación cuberta polo servicio de limpeza que era do 33% fronte ó 100% que facilitan a práctica totalidade dos concellos.

Revista Galega de Economía, vol. 12, núm. 2 (2003), pp. 29-66 43 ISSN 1132-2799 Álvarez, X.C.; Caride, M.J.; González, X.M. A xestión do servicio de recollida de lixo...

Cadro 6.- Factores productivos OPERARIOS VEHÍCULOS COLECTORES CONCELLOS PAPELEIRAS (Total) (1) (Total) (1) (2) (RSU e R. sel.) Vigo 231 45 9.732 4.350 A Coruña 346 68 13.693 5.860 Ourense 85 21 4.100 1.482 Santiago 125 22 4.746 1.080 Lugo 110 30 2.545 900 Ferrol 73 24 2.438 450 Pontevedra 68 40 1.373 400 • > 15.000 hab. Vilagarcía 47 28 1.727 510 Ribeira 29 11 620 305 Oleiros 28 14 1.782 1.581 A Estrada 17 12 1.525 70 Arteixo 25 7 2.035 109 Lalín 18 4 928 200 Monforte 16 9 1.608 220 Ponteareas 13 5 364 25 Boiro 18 6 371 310 Cambre 20 8 1.664 70 Ames 14 7 719 400 O Porriño 10 2 640 166 Tui 14 3 661 160 Vilalba 15 4 1.050 200 • < 15.000 hab. Teo 6 3 1.392 200 Noia 15 6 311 107 Verín 13 5 740 200 Sarria 17 11 927 500 O Barco 8 7 459 200 As Pontes 14 5 792 30 O Carballiño 16 5 505 300 Ordes 7 3 627 150 Rianxo 16 7 448 76 O Grove 13 9 519 250 Tomiño 6 5 241 40 Laracha 5 6 946 250 Vilanova 13 4 732 82 Porto do Son 8 2 369 116 Chantada 5 4 520 125 Xinzo 11 1 273 90 Foz 13 6 1.001 75 Burela 13 7 628 319 Media 39 12 1.686 563 Media 7 cidades 148 36 5.518 2.075 Media + 15.000 20 9 1.121 309 Media (-) 15.000 11 5 635 173 (1): Algúns concellos non facilitan datos de inputs para a “recollida selectiva”, polo que se toma 0 : Porto do Son, Xinzo, Vilanova; (2): Algúns concellos non facilitan dato para a variable “outros vehículos”, polo que se toma 0 : Porto do Son, Vilanova, Xinzo, Rianxo e Boiro. FONTE: Elaboración propia.

44 Revista Galega de Economía, vol. 12, núm. 2 (2003), pp. 29-66 ISSN 1132-2799 Álvarez, X.C.; Caride, M.J.; González, X.M. A xestión do servicio de recollida de lixo...

Cadro 7.- Indicadores de inputs NÚM. TOTAL NÚM. TOTAL NÚM. NÚM. NÚM. OPERARIOS VEHÍCULOS COLECTORES COLECTORES PAPELEIRAS CONCELLOS POR 1.000 HAB. POR 1.000 HAB. POR 1.000 HAB. POR km2 POR 1.000 HAB. (1) (3) (1) (3) (4) (1) (2) (1) Vigo 0,72 0,14 30,19 88,96 13,49 A Coruña 1,24 0,24 48,90 356,59 20,93 Ourense 0,68 0,17 32,80 48,52 11,86 Santiago 1,09 0,19 41,57 21,28 9,46 Lugo 1,24 0,34 28,72 8,16 10,16 Ferrol 0,88 0,29 29,37 29,77 5,42 Pontevedra 0,80 0,47 16,05 11,61 4,68 • > 15.000 hab. Vilagarcía 1,36 0,81 50,06 36,67 14,78 Ribeira 1,08 0,41 23,14 9,52 11,38 Oleiros 1,08 0,54 68,50 41,25 60,77 A Estrada 0,74 0,54 68,17 5,22 3,13 Arteixo 1,08 0,31 89,46 21,51 4,79 Lalín 1,14 0,25 58,92 2,84 12,70 Monforte 0,77 0,44 79,02 7,96 10,81 Ponteareas 0,67 0,26 18,67 2,89 1,28 Boiro 1,04 0,35 21,42 4,26 17,90 Cambre 1,05 0,43 88,51 40,88 3,72 Ames 0,68 0,35 35,95 8,89 20,00 O Porriño 0,56 0,11 35,56 10,44 9,22 Tui 2,40 0,51 111,28 9,93 26,94 Vilalba 1,03 0,27 72,02 2,73 13,72 • < 15.000 hab. Teo 0,36 0,18 81,88 17,42 11,76 Noia 1,05 0,41 21,41 8,36 7,37 Verín 1,01 0,38 56,78 7,88 15,35 Sarria 1,18 0,76 63,93 5,01 34,48 O Barco 0,57 0,48 31,54 5,33 13,74 As Pontes 1,22 0,43 67,69 2,89 2,56 O Carballiño 1,31 0,42 42,70 9,35 25,37 Ordes 0,59 0,25 51,85 3,97 12,40 Rianxo 1,17 0,52 33,19 7,59 5,63 O Grove 1,05 0,71 43,25 23,59 20,83 Tomiño 0,54 0,44 21,42 2,34 3,56 Laracha 0,42 0,56 88,41 7,51 23,36 Vilanova 1,27 0,39 71,46 22,18 8,01 Porto do Son 0,83 0,20 36,58 3,80 11,50 Chantada 0,51 0,41 53,42 2,92 12,84 Xinzo 1,07 0,10 26,50 2,01 8,74 Foz 1,13 0,51 85,80 9,91 6,43 Burela 1,31 0,70 62,80 76,59 31,90 Media 0,97 0,39 51,00 25,35 13,92 Media 7 cidades 0,95 0,26 32,52 80,70 10,86 Media + 15.000 1,05 0,40 58,62 14,64 15,08 Media (-) 15.000 0,92 0,44 52,26 12,15 14,21 (1): Sobre poboación cuberta polo servicio; (2): Sobre superficie total; (3): Algúns concellos non facilitan datos de inputs para a “r. selectiva”, polo que se toma 0 : Porto do Son, Xinzo, Vilanova; (4): Algúns concellos non facilitan dato para a variable “outros vehículos”, polo que se toma 0 : Porto do Son, Vilanova, Xinzo, Rianxo e Boiro. FONTE: Elaboración propia.

Revista Galega de Economía, vol. 12, núm. 2 (2003), pp. 29-66 45 ISSN 1132-2799 Álvarez, X.C.; Caride, M.J.; González, X.M. A xestión do servicio de recollida de lixo...

Gráfica 4a.- Núm. de op./1.000 hab. sete cidades 3,0 Operarios/1.000 hab. 2,5 Media

2,0

1,5

1,0

0,5 0,0

Lugo Vigo Ferrol Ourense A Coruña Santiago Pontevedra

Gráfica 4b.- Núm. de op./1.000 hab. concellos > 15.000 hab. 3,0 Operarios/1.000 hab. 2,5 Media

2,0

1,5

1,0

0,5 0,0 Tui Lalín Boiro Ames ArteixoRiveiraOleirosCambre Vilalba Monforte Vilagarcía A Estrada PonteareasO Porriño

Gráfica 4c.- Núm. de op./1.000 hab. concellos < 15.000 hab. 3,0 Operarios/1.000 hab. 2,5 Media

2,0

1,5

1,0

0,5 0,0 Foz Teo NoiaVerín Burela SarriaRianxo Xinzo Ordes Vilanova O Grove O BarcoTomiño Laracha As Pontes Chantada O Carballiño Porto do Son

En dotación de vehículos a ordenación dos municipios é diferente. Para o grupo das cidades, tal e como se observa na gráfica 5a son os concellos de Pontevedra e de Lugo os que presentan un mellor equipamento, mentres que Ourense e Vigo te- ñen unha dotación relativa de vehículos máis reducida. Na ordenación dos munici-

46 Revista Galega de Economía, vol. 12, núm. 2 (2003), pp. 29-66 ISSN 1132-2799 Álvarez, X.C.; Caride, M.J.; González, X.M. A xestión do servicio de recollida de lixo... pios de máis de 15.000 habitantes é Vilagarcía a que dispón dun maior parque mó- bil, volvendo a ter O Porriño a peor dotación. Os cambios de posición relativa repí- tense tamén nos concellos de menos de 15.000 habitantes onde, respecto a unha media de 0,44 vehículos por cada 1.000 habitantes, Sarria, O Grove e Burela presentan os mellores valores, mentres que Teo e Xinzo de Limia se sitúan na cola da distribución. O terceiro input básico do servicio é a dotación relativa de colectores para RSU e recollida selectiva. É esta unha variable relevante do servicio porque, xunto coa periodicidade da recollida, probablemente sexa a referencia fundamental que os ci- dadáns toman para valorar a calidade da prestación. Por iso, á marxe do maior ou menor esforzo de dotación que un concello faga, é necesario resaltar que aqueles concellos cunha maior dimensión do seu termo municipal ou cunha maior disper- sión da poboación, se ven obrigados a asumir unha maior dotación para un mesmo nivel de prestación. Con tal motivo, a valoración desta dotación faise con dous in- dicadores: número de colectores por cada 1.000 habitantes e número de colectores por quilómetro cadrado.

Gráfica 5a.- Núm. veh./1.000 hab. sete cidades 0,9 0,8 Vehículos/1.000 hab. Media 0,7 0,6 0,5 0,4 0,3 0,2 0,1 0,0

Lugo Vigo Ferrol A Coruña Santiago Ourense Pontevedra

Gráfica 5b.- Núm. veh./1.000 hab. concellos > 15.000 hab. 0,9 0,8 Vehículos/1.000 hab. Media 0,7 0,6 0,5 0,4 0,3 0,2 0,1 0,0 Tui Ames Boiro Lalín Oleiros CambreRiveira ArteixoVilalba Monforte Vilagarcía A Estrada Ponteareas O Porriño

Revista Galega de Economía, vol. 12, núm. 2 (2003), pp. 29-66 47 ISSN 1132-2799 Álvarez, X.C.; Caride, M.J.; González, X.M. A xestión do servicio de recollida de lixo...

Gráfica 5c.- Núm. veh./1.000 hab. concellos < 15.000 hab. 0,9 0,8 Vehículos/1.000 hab. Media 0,7 0,6 0,5 0,4 0,3 0,2 0,1 0,0 Foz Teo Sarria Noia VerínOrdes Xinzo Burela Rianxo Tomiño O Grove Laracha O Barco Vilanova As Pontes Chantada O Carballiño Porto do Son

Así, cando se observa o primeiro dos indicadores, compróbase na gráfica 6a, como no caso das cidades a maior dotación corresponde ó concello da Coruña, con 49 colectores por cada 1.000 habitantes cubertos polos servicios, mentres que Pon- tevedra para atender o mesmo número de habitantes dispón de 16. Esta mellor si- tuación da Coruña vese reforzada cando se observa o seu número de colectores por quilómetro cadrado, pois a súa dotación triplica á de Vigo aproveitando a menor dimensión do concello e a maior concentración da poboación. Na segunda agrupación de concellos as dotacións son moi dispares e as diferen- cias entre os que presentan a maior e a menor dotación, Tui e Ponteareas respecti- vamente, son moi acusadas, ó pasar de 111 colectores por 1.000 habitantes cuber- tos no primeiro caso a 19 no segundo. Este mesmo escenario de forte variabilidade obsérvase tamén no caso dos municipios con menos de 15.000 habitantes, onde a dotación media se sitúa en 52 colectores por 1.000 habitantes, variando entre os 88 de Laracha e os 21 de Tomiño e de Noia.

Gráfica 6a.- Núm. colectores/1.000 hab sete cidades 120 Colectores/1.000 hab. 100 Media

80

60

40

20

0

Vigo Lugo Ferrol Ourense A Coruña Santiago Pontevedra

48 Revista Galega de Economía, vol. 12, núm. 2 (2003), pp. 29-66 ISSN 1132-2799 Álvarez, X.C.; Caride, M.J.; González, X.M. A xestión do servicio de recollida de lixo...

Gráfica 6b.- Núm. colectores/1.000 hab concellos > 15.000 hab. 120 Colectores/1.000 hab. 100 Media

80

60

40

20

0 Tui Lalín Ames Boiro ArteixoCambre VilalbaOleiros Riveira Monforte A Estrada Vilagarcía O Porriño Ponteareas

Gráfica 6c.- Núm. colectores/1.000 hab concellos < 15.000 hab. 120 Colectores/1.000 hab. 100 Media

80

60

40

20

0 Foz Teo Verín Noia SarriaBurela Ordes Rianxo Xinzo Laracha Vilanova O Grove O Barco Tomiño As Pontes Chantada O CarballiñoPorto do Son

3.3. INDICADORES SOBRE CUSTOS E INGRESOS DO SERVICIO Unha vez feita a comparación entre concellos das variables físicas máis repre- sentativas dos servicios que permitiron, entre outras cousas, ordenar os concellos segundo o volume de servicio prestado, segundo a dotación de recursos empregada ou segundo o rendemento obtido deses recursos, neste apartado afróntase a análise e a relación de variables financeiras asociadas á prestación do servicio. Isto signifi- ca coñecer os datos relativos ós gastos que causa a prestación do servicio e a reca- dación destinada a cubrir o seu financiamento. Os custos dun servicio como o que analizamos deberan incluír tanto os custos directos como os indirectos. Dentro dos custos directos, se o servicio é prestado po- lo concello, deberían figurar todos os gastos orzamentados para levar a cabo o ser- vicio que inclúen, entre outros, os custo de persoal (retribucións e cotizacións á se- guridade social), o custo asociado á utilización de vehículos (combustibles, segu- ros, amortizacións, reparacións, etc.) e outros gastos (entre eles, gastos de verte-

Revista Galega de Economía, vol. 12, núm. 2 (2003), pp. 29-66 49 ISSN 1132-2799 Álvarez, X.C.; Caride, M.J.; González, X.M. A xestión do servicio de recollida de lixo... doiro11, gastos financeiros, alugueiros, etc.). Entre os custos indirectos sería necesa- rio considerar a imputación dalgúns gastos de persoal e doutros gastos correntes que asume o concello e que en xeral están vinculados a labores organizativos ou administrativos do servicio. Na alternativa de prestación indirecta en concesión, os custos deben recoller os custos indirectos máis a facturación da(s) empresa(s) (que debería ser a agrupación dunha desagregación similar á proposta para os custos directos máis a propia marxe da empresa). Lamentablemente, a realidade da información económica subministrada polos concellos non se achega a este propósito inicial. Agás algúns casos que amosan un esforzo por seguir unha lóxica como a proposta, a meirande parte dos concellos ofrecen un dato de custo global ou cunha desagregación mínima entre servicios, tampouco especifican se se incorporan amortizacións ou custos indirectos. Por iso, tratando de unificar e homoxeneizar a información financeira, adoptáronse os se- guintes criterios:

a) Computar entre os custos as contías da amortización que foron identificadas. b) Non considerar, cando o dato foi desagregado, a contía dos investimentos reali- zados no exercicio. c) Ratear, cando os datos facilitados integrasen varios servicios, os custos de reco- llida en función do persoal adscrito a cada servicio e os custos de tratamento en función das toneladas12. Naqueles casos en que o dato facilitado era global, sen distinción entre recollida e tratamento, imputouse en función do persoal.

Con estes criterios, máis as aclaracións e incorporacións conseguidas na fase de entrevista telefónica, foi asignado un custo para cada un dos servicios, a partir do cal se constrúe a información subministrada no cadro 8. Neste cadro detállase o custo total no que incorren cada un dos 39 concellos para prestar estes servicios no exercicio 2000, o seu peso no conxunto do orzamento do concello e cómo se distri- búe este custo entre cada un dos catro servicios prestados. Desta forma, pódese constatar que o percorrido da variable custo total vai dende os 3.400 millóns de pe- setas de Vigo ós 14 millóns de Laracha, e supón no caso das sete cidades o 12,37% do total dos gastos correntes e o 9,57% do gasto total, mentres que para os conce- llos de máis de 15.000 habitantes a importancia relativa xa diminúe, situándose no 7,36% do gasto corrente e no 5,24% do gasto total. A principal partida destes cus-

11 Neste caso concreto unha correcta imputación debería considerar os custos correntes de funcionamento e a fracción correspondente ó exercicio dos previsibles custos de selado e rexeneración. Adicionalmente, para a valo- ración social sería necesario dispoñer dunha imputación dos custos externos xerados. 12 O rateo do custo de recollida realizouse en función do persoal porque se entende que esta é a principal partida de gasto nesta tarefa. O custo xeral de tratamento foi imputado en función das toneladas porque, excluída a recolli- da selectiva (para a cal ningún concello aboa ningún gasto de tratamento), se entende que o custo por tonelada de- be ser similar con independencia da súa orixe.

50 Revista Galega de Economía, vol. 12, núm. 2 (2003), pp. 29-66 ISSN 1132-2799 Álvarez, X.C.; Caride, M.J.; González, X.M. A xestión do servicio de recollida de lixo... tos vai destinada á recollida e tratamento dos residuos sólidos urbanos, que de me- dia absorbe o 59,76%, seguida da limpeza viaria cun 34,13%.

Cadro 8.- Custos dos servicios PESO SOBRE PESO RELATIVO CUSTO ORZAMENTO POR SERVICIOS TOTAL (en %) (en % sobre custo total) CONCELLOS s/g. corrente s/g. total RSU R. sel. L. viaria Praias Vigo 3.418.126.711 18,83 14,92 69,67 2,74 26,71 0,88 A Coruña 2.436.538.687 15,22 10,46 54,26 2,38 41,85 1,51 Ourense 597.183.933 8,12 6,55 40,51 -- 59,49 -- Santiago 936.018.942 10,04 7,67 48,98 9,12 41,90 -- Lugo 730.047.065 12,33 8,75 47,97 4,87 47,16 -- Ferrol 436.911.893 9,99 7,67 53,98 1,57 43,20 1,26 Pontevedra 490.545.315 12,06 10,96 46,66 9,68 43,66 -- • > 15.000 hab. Vilagarcía 270.997.517 11,76 11,16 38,62 0,84 57,22 3,32 Ribeira 126.067.282 9,84 7,05 48,72 -- 41,96 9,32 Oleiros 137.645.982 10,73 5,97 78,29 0,87 9,09 11,74 A Estrada 48.228.000 5,05 3,52 57,08 1,89 41,03 -- Arteixo 103.863.740 5,98 4,26 68,58 8,99 19,32 3,10 Lalín 55.706.754 6,31 5,08 59,96 3,72 32,61 --- Monforte 97.486.325 11,57 7,66 64,25 0,00 35,75 --- Ponteareas 44.058.864 4,78 3,93 25,06 1,77 64,09 9,08 Boiro 48.640.276 6,02 3,23 32,71 5,28 49,06 12,95 Cambre 73.242.107 8,02 5,44 84,03 1,34 14,63 --- Ames 51.707.786 7,85 4,72 49,09 2,47 26,95 18,28 O Porriño 29.604.541 2,29 1,83 60,00 --- 40,00 --- Tui 40.244.686 5,94 4,14 69,41 0,66 29,93 --- Vilalba 55.891.397 6,94 5,40 40,00 --- 60,00 --- • < 15.000 hab. Teo 50.052.382 8,30 5,60 93,32 1,26 5,42 --- Noia 61.168.396 8,52 6,74 49,49 1,98 42,09 6,44 Verín 38.915.462 5,42 3,52 44,78 0,73 53,60 0,89 Sarria 37.715.973 5,89 4,61 67,82 1,63 30,55 --- O Barco 65.380.863 9,82 7,98 64,35 0,00 35,65 --- As Pontes 43.324.975 3,97 3,44 72,04 5,38 22,58 --- O Carballiño 51.400.730 6,56 5,59 59,58 2,55 37,88 --- Ordes 31.099.281 6,81 5,71 51,73 3,19 45,08 --- Rianxo 27.173.193 6,44 2,44 68,62 2,56 22,19 6,62 O Grove 94.558.255 13,02 10,85 74,43 1,67 15,06 8,84 Tomiño 25.770.755 6,68 4,14 94,99 1,26 3,75 -- Laracha 14.010.732 4,08 2,44 83,19 0,00 11,94 4,87 Vilanova 54.831.135 9,47 7,43 73,38 0,86 10,71 14,68 Porto do Son 38.828.711 11,51 11,42 64,88 1,74 22,89 10,49 Chantada 24.144.384 4,88 3,41 52,53 --- 47,47 --- Xinzo 32.626.282 6,68 5,00 65,69 0,00 34,31 --- Foz 64.814.304 13,65 9,77 76,48 0,00 20,12 3,40 Burela 19.353.301 3,96 2,99 35,44 1,55 44,30 18,32 Media 282.151.972 8,34 6,24 59,76 2,49 34,13 7,68 Media 7 cidades 1.292.196.078 12,37 9,57 51,72 5,06 43,42 1,22 Media + 15.000 84.527.518 7,36 5,24 55,41 2,53 37,26 9,69 Media (-) 15.000 43.064.951 7,54 5,73 66,26 1,55 28,09 8,28 (---): Non dispoñen de servicio de recollida selectiva e/ou de limpeza de praias. FONTE: Elaboración propia.

Revista Galega de Economía, vol. 12, núm. 2 (2003), pp. 29-66 51 ISSN 1132-2799 Álvarez, X.C.; Caride, M.J.; González, X.M. A xestión do servicio de recollida de lixo...

Para facilitar unha comparación entre concellos que permita coñecer en qué me- dida é máis ou menos custosa a prestación do servicio, achéganse dúas ratios: o custo total por tonelada recollida e o custo total por habitante cuberto polo servicio. Estas ratios permiten facer unha aproximación á eficiencia en termos de custo, no sentido de que canto menor sexa o custo por tonelada ou por habitante máis efi- ciente é o servicio. En todo caso, os datos destas ratios, recollidos no cadro 9, van depender significativamente do contexto e das condicións nas que se presta o servi- cio, polo que a súa información debe tomarse con cautela relacionándoa con aspec- tos cualitativos da prestación (como a frecuencia da recollida, a existencia de servi- cios asociados como o lavado de colectores, etc.) ou a configuración do municipio (concentración da poboación en zonas urbanas, extensión da zona rural, número de entidades de poboación, etc.). As gráficas 7 e 8 permiten ordenar a situación dos distintos concellos respecto os datos relativos de custo13. As cidades que teñen os servicios relativamente máis custosos son Vigo e A Coruña, con 21.547 e 18.296 ptas. por tonelada, respectiva- mente, e 10.602 e 8.702 por habitante, mentres que Ferrol e Ourense prestan os servicios con menor custo relativo. No caso de Vigo o alto custo relativo do servi- cio resulta curioso sobre todo se se contrapón cos datos de eficiencia dos factores productivos. É dicir, estamos diante dun concello que, en termos relativos, fronte ó resto das cidades, presta o servicio con menor número de operarios e de vehículos pero resulta ser o máis custoso. Entre os concellos de máis de 15.000 habitantes é Vilagarcía o que presenta un servicio máis custoso, mentres que en Ponteareas e no Porriño o servicio resulta menos gravoso. Finalmente, dentro do segmento de municipios de menos de 15.000 habitantes, o concello que ten o custo relativo máis elevado é O Grove, mentres que Burela e Laracha ocupan as posicións de menor custo. Nesta análise do custo relativo dos distintos servicios merecen unha mención especial a recollida selectiva e a limpeza viaria. No cadro 8 ofrécense os datos de custo por tonelada de ámbolos dous tipos de servicios para os 39 concellos da mos- tra. Como pode constatarse, no caso da recollida selectiva, a variabilidade de custo relativo é extrema, oscilando entre as situacións de Monforte, O Barco, Laracha, Xinzo de Limia e Foz, que afirman prestar este servicio a custo nulo, e os casos de Santiago e de Pontevedra, con custos por tonelada que superan as 47.000 pesetas. Varias razóns poden explicar esta situación. Entre elas citaremos os posibles pro- blemas na cuantificación das toneladas recollidas ou as desigualdades na intensida- de e na calidade do servicio prestado (prestación total ou parcial da recollida de pa- pel, vidro e envases, máis ou menos puntos de recollida ou maior ou menor fre- cuencia). Sen embargo, aínda aceptando que o tipo de prestación pode ser diferen- te, o que parece claro é que na prestación deste servicio existe un certo descontrol organizativo e de xestión. O servicio implántase porque é unha demanda social de

13 Na gráfica 7c excluíuse o dato do Carballiño, pois as 55.677 ptas. por tonelada que derivan dos datos facilita- dos distorsionan totalmente a escala, ó supor unha diferencia esaxerada cos demais concellos.

52 Revista Galega de Economía, vol. 12, núm. 2 (2003), pp. 29-66 ISSN 1132-2799 Álvarez, X.C.; Caride, M.J.; González, X.M. A xestión do servicio de recollida de lixo... crecente importancia (Junquera et al., 1998; Franco et al., 1996), pero nesa implan- tación a racionalidade e o control non parecen ser variables relevantes: nalgúns ca- sos os responsables acaban descoñecendo a empresa que presta o servicio, os con- tratos non se fan ou non se negocian desde o control económico, as empresas espe- cializadas negocian por separado con concellos ós que logo prestan o servicio conxuntamente con custos moi diferenciados, etc.

Gráfica 7a.- Custo total/tm sete cidades 25.000 CT (ptas)/tm 20.000 Media

15.000

10.000

5.000

0

Vigo Lugo Ferrol A Coruña Santiago Ourense Pontevedra Gráfica 7b.- Custo total/tm concellos > 15.000 hab. 25.000 CT (ptas)/tm 20.000 Media

15.000

10.000

5.000

0 Tui Boiro Lalín Ames VilalbaCambreArteixo Riveira Oleiros Monforte Vilagarcía A Estrada O PorriñoPonteareas Gráfica 7c.- Custo total/tm concellos < 15.000 hab. 25.000 CT (ptas)/tm 20.000 Media

15.000

10.000

5.000

0 Foz Teo Verín Noia OrdesXinzo Rianxo Sarria Burela O GroveO Barco Tomiño Laracha As Pontes Vilanova Chantada O Carballiño Porto do Son

Revista Galega de Economía, vol. 12, núm. 2 (2003), pp. 29-66 53 ISSN 1132-2799 Álvarez, X.C.; Caride, M.J.; González, X.M. A xestión do servicio de recollida de lixo...

Gráfica 8a.- Custo total/hab. sete cidades 12.000 CT (ptas)/hab. 10.000 Media

8.000

6.000

4.000

2.000

0

Vigo Lugo Ferrol Ourense A Coruña Santiago Pontevedra

Gráfica 8b.- Custo total/hab. concellos > 15.000 hab. 12.000 CT (ptas)/hab. 10.000 Media

8.000

6.000

4.000

2.000

0 Tui Lalín BoiroAmes Oleiros RiveiraArteixoCambreVilalba Monforte Vilagarcía PonteareasA EstradaO Porriño

Gráfica 8c.- Custo total/hab. concellos < 15.000 hab. 12.000 CT (ptas)/hab. 10.000 Media

8.000

6.000

4.000

2.000

0 Foz Teo Noia Verín Sarria Xinzo Ordes RianxoBurela O Grove O Barco Tomiño Laracha Vilanova As Pontes Chantada O CarballiñoPorto do Son

54 Revista Galega de Economía, vol. 12, núm. 2 (2003), pp. 29-66 ISSN 1132-2799 Álvarez, X.C.; Caride, M.J.; González, X.M. A xestión do servicio de recollida de lixo...

Cadro 9.- Indicadores de custos CUSTO DE CADA SERVICIO CUSTO DE CADA CUSTO CUSTO Ct. LV POR tm SERVICIO POR HAB. Total R. select. L.viaria Total R. L. Por km LV CONCELLOS RSU RSU por tm (1) (2) por hab. select. viaria (2) Vigo 21.547 15.908 18.108 260.838 10.602 7.386 291 2.832 2.608.376 A Coruña 18.296 11.329 4.355 460.794 8.702 4.722 207 3.642 3.540.752 Ourense 15.045 6.219 -- 447.448 4.777 1.935 --- 2.842 2.262.892 Santiago 17.147 8.713 48.149 1.990.988 8.198 4.016 747 3.435 2.498.247 Lugo 16.303 8.755 9.135 388.830 8.240 3.953 402 3.885 4.303.184 Ferrol 13.443 7.614 4.882 5.719.324 5.264 2.842 82 2.274 2.220.443 Pontevedra 15.729 7.681 47.383 553.426 5.736 2.676 555 2.504 1.529.827 • > 15.000 hab. Vilagarcía 17.303 7.873 1.900 165.660 7.855 3.034 66 4.494 ND Ribeira 9.649 4.874 -- 129.021 4.704 2.292 --- 1.974 2.644.924 Oleiros 7.174 8.298 218 54.403 5.291 4.142 46 481 403.639 A Estrada 7.416 4.440 3.372 603.290 2.156 1.231 41 885 989.396 Arteixo 9.849 7.213 17.291 200.694 4.566 3.131 410 882 2.069.015 Lalín 8.282 5.370 8.417 69.871 3.537 2.121 131 1.153 1.068.615 Monforte 14.989 10.234 0 536.239 4.790 3.078 0 1.713 1.584.341 Ponteareas 3.253 838 5.166 141.186 2.259 566 40 1.448 941.240 Boiro 9.654 3.742 6.169 65.379 2.809 919 148 1.378 681.810 Cambre 9.966 9.615 1.516 35.724 3.896 3.274 52 570 595.400 Ames 6.455 3.385 2.750 557.329 2.585 1.269 64 697 1.302.171 O Porriño 5.140 3.104 --- 320.049 1.645 987 --- 658 563.896 Tui 7.025 4.958 2.888 4.817.995 6.775 4.703 45 2.028 1.505.624 Vilalba 11.980 4.808 --- 2.163.538 3.833 1.533 --- 2.300 3.353.484 • < 15.000 hab. Teo 10.335 10.392 5.113 12.065 2.944 2.748 37 160 542.303 Noia 9.207 5.046 8.574 51.496 4.211 2.084 83 1.773 1.287.390 Verín 9.353 4.455 1.973 201.950 2.986 1.337 22 1.601 695.315 Sarria 4.990 3.873 2.024 17.726 2.601 1.764 42 795 320.050 O Barco 15.831 11.028 0 582.685 4.493 2.891 0 1.602 1.942.284 As Pontes 15.168 13.570 5.406 78.258 3.703 2.668 199 836 279.491 O Carballiño 57.431 55.677 4.031 973.408 4.346 2.589 111 1.646 973.408 Ordes 8.355 5.294 1.491 737.926 2.572 1.330 82 1.159 1.402.060 Rianxo 5.760 4.054 5.926 ND 2.013 1.381 52 447 927.753 O Grove 17.441 14.075 7.332 284.823 7.880 5.865 132 1.187 1.424.115 Tomiño 4.573 4.471 2.986 18.579 2.291 2.176 29 86 120.764 Laracha 4.042 3.885 0 6.693 1.309 1.089 0 156 139.435 Vilanova 12.370 10.026 5.281 32.638 5.353 3.928 46 574 217.589 Porto do Son 5.546 3.674 7.847 465.865 3.849 2.497 67 881 1.111.087 Chantada 6.036 3.523 --- 28.656 2.480 1.303 --- 1.177 358.197 Xinzo 7.898 6.737 0 13.171 3.168 2.081 0 1.087 508.887 Foz 14.716 12.711 0 65.199 5.555 4.249 0 1.118 1.599.986 Burela 4.068 1.651 1.402 22.503 1.935 686 30 857 522.786 Media 11.763 8.182 7.091 612.518 4.408 2.628 125 1.518 1.343.162 Media 7 cidades 16.787 9.460 22.002 1.403.093 7.360 3.933 381 3.059 2.709.103 Media + 15.000 9.153 5.625 4.517 704.313 4.050 2.306 95 1.476 1.361.812 Media (-) 15.000 11.840 9.675 3.493 211.391 3.538 2.370 55 952 798.494 (---): Non dispoñen de servicio de recollida selectiva; (1): Algúns concellos non facilitan dato para o tipo de reco- llida selectiva, polo que se toma dato 0 : Porto do Son para plásticos e Lalín e Vilanova para vidro; (2): Rianxo non da estimación de toneladas para limpeza viaria, Vilagarcía non dá ningún dato de km de limpeza viaria. FONTE: Elaboración propia.

Revista Galega de Economía, vol. 12, núm. 2 (2003), pp. 29-66 55 ISSN 1132-2799 Álvarez, X.C.; Caride, M.J.; González, X.M. A xestión do servicio de recollida de lixo...

Respecto ó servicio de limpeza viaria, a variabilidade de custo relativo por tone- lada é tamén moi acusada. Neste caso, á parte das posibles diferencias na cantidade e na calidade do servicio, as fortes variacións de custo relativo parecen deberse máis ben ás deficiencias nas estimacións facilitadas sobre as toneladas recollidas. De feito, cando se compara a situación dos concellos mediante a ratio de custo por quilómetro de vías cubertas polo servicio, obsérvase que a ordenación relativa pasa a ser máis razoable, oscilando entre os 2.709.000 ptas./km de media nas sete cida- des e as 798.000 ptas./km dos municipios menores de 15.000 habitantes. O financiamento do servicio municipal de recollida e transporte de lixo realíza- se normalmente mediante o dereito de cobramento dunha taxa ós usuarios do servi- cio. Como é sabido, a lexislación vixente obriga a que o cálculo desa taxa se faga de xeito que, co seu cobramento, como máximo se cubra o custo do servicio, é di- cir, da súa aplicación non poden derivarse beneficios para as entidades locais. Ten- do presente este contexto normativo, resulta de interese coñecer para esta mostra de municipios cuestións relevantes como son o volume de financiamento acadado ou o grao de cobertura de custos que conseguen mediante a taxa. No cadro 10 detállanse para os 39 municipios os dereitos recoñecidos que xerou a taxa para o exercicio 2000. Os datos oscilan entre os 1.461 millóns de pesetas de Vigo e os 5 millóns de Teo. Nese recorrido chama negativamente a atención o caso do Porriño, onde para o exercicio analizado foi suprimida a aplicación do tributo por supostos problemas censais. A maior parte dos dereitos corresponden as taxas que deben aboar as vivendas, que de media para o conxunto de concellos supoñen o 71% dos dereitos recoñecidos totais. A información subministrada polos concellos respecto ó volume de dereitos re- coñecidos e a súa posterior recadación revela nalgúns casos diferencias importantes entrámbolos dous conceptos. O concellos galegos analizados recadan, de media, o 90% dos dereitos postos ó cobramento. Sen embargo, por baixo desta media de ca- pacidade recadatoria sitúanse concellos como os de Ourense (83%) ou Ferrol (87%) entre as grandes cidades, ou os de Lalín (78%), Sarria (74%), O Barco (70%) ou Tomiño (55%) entre os restantes municipios. Unha boa parte destas limi- tacións na capacidade recadatoria derivan dos problemas que arrastran os concellos na elaboración dos censos de contribuíntes. A experiencia da fase de entrevista te- lefónica revela que a meirande parte dos concellos analizados non dispoñen de cen- sos actualizados, se atopan con múltiples reclamacións e non amosan unha vontade decidida para poñer remedio a esas carencias14.

14 Unha boa mostra das limitacións informativas e censais que os concellos teñen sobre o tributo de lixo son as xa mencionadas dificultades para indicar a desagregación entre contribuíntes domésticos e comerciais e industriais ou, incluso máis sorprendentemente, as dificultades para sinalar un número aproximado de ámbolos dous tipos de inmobles.

56 Revista Galega de Economía, vol. 12, núm. 2 (2003), pp. 29-66 ISSN 1132-2799 Álvarez, X.C.; Caride, M.J.; González, X.M. A xestión do servicio de recollida de lixo...

Cadro 10.- Os dereitos e a recadación do tributo de lixo DEREITOS DER. VIV. TOTAL RECADACIÓN TRIBUTO MEDIO (1) Der. loc. Recoñecidos s/D.T. Recadación s/dereitos Der. viv. CONCELLOS s/núm. totais (A) (en %) (1) (B) % (A) / (B) s/núm. viv. loc. Vigo 1.461.377.000 62,16 1.333.149.000 91,23 8.207 36.698 A Coruña 1.232.915.353 66,41 1.159.539.481 94,05 7.971 34.526 Ourense 454.713.715 ND 376.883.990 82,88 ND ND Santiago 613.455.000 61,69 575.893.000 93,88 9.786 52.226 Lugo 360.263.632 70,06 346.622.832 96,21 6.438 22.121 Ferrol 294.695.297 62,37 256.297.534 86,97 6.618 29.835 Pontevedra 312.032.717 73,46 292.059.559 93,60 10.680 31.084 • > 15.000 hab. Vilagarcía 190.052.597 77,96 182.458.061 96,00 10.040 36.111 Ribeira 67.538.859 86,66 60.342.896 89,35 5.920 11.460 Oleiros 109.743.370 80,87 106.906.213 97,41 7.433 23.506 A Estrada 14.305.772 72,66 11.540.275 80,67 3.300 7.822 Arteixo 43.694.525 67,51 34.455.415 78,86 3.998 19.995 Lalín 60.042.320 46,88 47.013.320 78,30 6.663 40.575 Monforte 36.223.040 72,14 33.915.985 93,63 3.680 5.625 Ponteareas 17.486.930 90,11 16.186.840 92,57 4.508 3.977 Boiro 26.134.766 71,00 25.562.869 97,81 3.348 8.794 Cambre 66.887.840 80,89 66.085.651 98,80 7.800 18.683 Ames 22.389.525 85,14 21.823.998 97,47 3.464 8.847 O Porriño ------Tui 34.588.835 53,73 28.674.596 82,90 3.626 31.075 Vilalba 13.244.886 66,22 13.176.084 99,48 3.323 9.264 • < 15.000 hab. Teo 5.184.268 71,28 4.994.938 96,35 2.075 1.847 Noia 41.058.035 80,83 39.929.065 97,25 5.947 14.967 Verín 22.738.829 62,86 20.415.594 89,78 2.256 11.230 Sarria 22.705.760 67,18 16.990.837 74,83 3.500 9.691 O Barco 47.355.384 60,03 33.148.768 70,00 5.804 28.507 As Pontes 18.183.361 61,95 17.687.896 97,28 3.173 14.783 O Carballiño 32.095.000 66,18 25.960.000 80,88 2.998 17.620 Ordes 13.169.550 55,77 12.343.410 93,73 1.819 12.581 Rianxo 13.834.171 76,33 12.995.932 93,94 3.194 9.716 O Grove 40.000.000 79,15 38.520.000 96,30 5.107 23.291 Tomiño 6.919.200 93,76 3.824.385 55,27 1.501 3.789 Laracha 25.094.949 76,35 23.421.195 93,33 5.415 17.155 Vilanova 33.654.200 71,37 33.087.200 98,32 7.185 31.801 Porto do Son 19.476.045 87,35 18.499.460 94,99 4.953 12.259 Chantada 5.869.208 68,61 5.810.150 98,99 2.256 4.264 Xinzo 11.656.667 78,36 11.111.273 95,32 2.000 6.006 Foz 46.545.610 79,15 45.686.710 98,15 7.389 44.723 Burela 18.372.692 63,01 18.337.002 99,81 3.394 13.223 Media 154.097.340 71,55 141.351.353 90,70 5.048 19.181 Media 7 cidades 675.636.102 66,03 620.063.628 91,26 8.283 34.415 Media + 15.000 54.025.636 73,21 49.857.093 91,02 5.162 17.364 Media (-) 15.000 23.550.718 72,20 21.264.656 90,25 3.887 15.414 (---): O concello do Porriño non aplicou tributo de lixo no exercicio 2000; (1): O concello de Ourense non desagrega os dereitos recoñecidos nin a recadación entre vivendas e locais FONTE: Elaboración propia.

A partir das estimacións que finalmente acaban facilitando os concellos sobre número de contribuíntes domésticos e comerciais e industriais, as gráficas 9 e 10 ofrecen unha visión panorámica das ordenacións das ratios de taxa media por vi- venda e por local comercial para o conxunto dos 39 municipios analizados. Eviden-

Revista Galega de Economía, vol. 12, núm. 2 (2003), pp. 29-66 57 ISSN 1132-2799 Álvarez, X.C.; Caride, M.J.; González, X.M. A xestión do servicio de recollida de lixo... temente, unha análise comparativa máis precisa do financiamento do servicio re- quiriría dispor de maior información (no caso de vivendas, tarifas diferenciadas en- tre rural e urbano; no caso de actividades industriais e comerciais, desagregación por tipos de actividade...); sen embargo, ese nivel de detalle non é factible neste estudio debido á ausencia de información, polo que acudimos a este tipo de ratios que permiten realizar unha caracterización global do financiamento do servicio por tipo de contribuínte.

Gráfica 9a.- Dereitos/Vivenda sete cidades 12.000 Dereitos recoñecidos (ptas)/Viv. 10.000 Media

8.000

6.000

4.000

2.000

0

Vigo Lugo Ferrol Ourense Santiago A Coruña Pontevedra

Gráfica 9b.- Dereitos/Vivenda concellos > 15.000 hab. 12.000 Dereitos recoñecidos (ptas)/Viv. 10.000 Media

8.000

6.000

4.000

2.000

0 Tui Lalín Ames Boiro CambreOleiros Riveira Arteixo Vilalba Monforte Vilagarcía Ponteareas A EstradaO Porriño

Gráfica 9c.- Dereitos/Vivenda concellos < 15.000 hab. 12.000 Dereitos recoñecidos (ptas)/Viv. 10.000 Media

8.000

6.000

4.000

2.000

0 Foz Teo Noia Verín SarriaBurelaRianxo XinzoOrdes O BarcoLarachaO Grove Tomiño Vilanova As Pontes Chantada Porto do Son O Carballiño

58 Revista Galega de Economía, vol. 12, núm. 2 (2003), pp. 29-66 ISSN 1132-2799 Álvarez, X.C.; Caride, M.J.; González, X.M. A xestión do servicio de recollida de lixo...

Gráfica 10a.- Dereitos/Local sete cidades

50.000 Dereitos recoñecidos (ptas)/Loc. Media 40.000

30.000

20.000

10.000

0

Vigo Lugo Ferrol Ourense Santiago A Coruña Pontevedra

Gráfica 10b.- Dereitos/Local concellos > 15.000 hab.

50.000 Dereitos recoñecidos (ptas)/Loc. Media 40.000

30.000

20.000

10.000

0 Tui Lalín Ames Boiro OleirosArteixoCambreRiveiraVilalba Monforte Vilagarcía A Estrada PonteareasO Porriño

Gráfica 10c.- Dereitos/Local concellos < 15.000 hab.

50.000 Dereitos recoñecidos (ptas)/Loc. Media 40.000

30.000

20.000

10.000

0 Foz Teo Noia Verín BurelaOrdes RianxoSarriaXinzo O BarcoO Grove Laracha Tomiño Vilanova As Pontes Chantada O Carballiño Porto do Son

No grupo das sete cidades as vivendas que soportan maior carga tributaria me- dia son as de Pontevedra e de Santiago con 10.680 e 9.786 ptas. por vivenda, res- pectivamente, mentres que Lugo con 6.438 ptas. se sitúa no nivel máis baixo. No caso das actividades industriais e comerciais, Lugo volve a reflectir a menor carga media con 22.121 ptas. fronte ás 52.226 ptas. de Santiago. Nos outros dous grupos

Revista Galega de Economía, vol. 12, núm. 2 (2003), pp. 29-66 59 ISSN 1132-2799 Álvarez, X.C.; Caride, M.J.; González, X.M. A xestión do servicio de recollida de lixo... de municipios a media aboada por vivendas e locais descende de xeito importante: para o caso das vivendas, se a media das cidades é de 8.283 ptas., nos restantes municipios de máis de 15.000 habitantes descende a 5.162 ptas. e nos municipios de menos de 15.000 habitantes se sitúa nas 3.887 ptas. Pola súa parte, a media da taxa para contribuíntes non domésticos é de 34.415 ptas. nas sete cidades, 17.364 ptas. no segundo grupo de concellos e 15.414 ptas. no terceiro. Unha vez analizados os planos dos custos e dos ingresos directos asociables ós servicios de limpeza, o cadro 11 ofrece distintos indicadores que informan sobre o grao de cobertura dos custos que presentan os distintos concellos. A primeira aproximación a esta análise pode darse mediante a ratio que relaciona os dereitos recoñecidos e os custos totais do conxunto de servicios de limpeza. Como é coñe- cido, os dereitos do tributo gardan relación só cunha parte dos servicios de limpeza, polo que a relación entre eses dereitos e o custo global informa sobre as necesida- des financeiras adicionais para a prestación global dos servicios. Como se observa cos datos de media, a prestación global destes servicios supón unha considerable carga orzamentaria para os concellos pois deben financiar boa parte da actividade con cargo ós recursos xerais, xa que os ingresos directamente vinculados só acadan o 58,6% do custo total. Sen embargo, no percorrido polos distintos concellos apa- recen situacións máis extremas como os casos de Teo, Vilalba, Chantada, Tomiño ou A Estrada onde a cobertura financeira específica do servicio non acada o 30%. Outras casos salientables neste indicador de cobertura global son os de Lalín e Laracha que sorprendentemente cobren os custos de todos os servicios agrupados no epígrafe de limpeza só co tributo de recollida de lixo. Evidentemente, esta situa- ción reborda a previsión legal que establece que o tributo cubra como máximo, non os custos totais, senón os custos do servicio de recollida e tratamento de lixo, o cal fai albergar serias dúbidas sobre a información subministrada ou ben sobre o pro- ceso de deseño das tarifas. Axustando máis esta análise sobre a cobertura financeira dos custos, a segunda columna do cadro 11 presenta a relación entre os dereitos recoñecidos en cada con- cello e os custos asignados á recollida e tratamento nos servicios individualizables (residuos sólidos urbanos e recollida selectiva). Como se pode comprobar, dous es- cenarios extremos identifícanse na busca do obxectivo de acadar a suficiencia fi- nanceira do servicio. En primeiro lugar, aparece un número considerable de conce- llos cunha baixa ratio de cobertura, entre os que cabe sinalar aqueles que non aca- dan o 60% como son os de Vigo, A Estrada, Arteixo, Monforte, Vilalba, Teo, As Pontes, O Grove, Tomiño, Chantada e Xinzo. En segundo lugar, aparece un núme- ro de concellos cunha ratio de cobertura superior ó 100%. Nesta situación, ademais dos casos xa mencionados de Lalín e de Laracha, están Ourense, Santiago, Ferrol, Pontevedra, Vilagarcía, Ribeira, Oleiros, Ponteareas, Boiro, Cambre, Tui, Noia, Verín, O Barco, O Carballiño e Burela.

60 Revista Galega de Economía, vol. 12, núm. 2 (2003), pp. 29-66 ISSN 1132-2799 Álvarez, X.C.; Caride, M.J.; González, X.M. A xestión do servicio de recollida de lixo...

Cadro 11.- Cobertura do custo DEREITOS REC. TOTAL DEREITOS REC. RECADACIÓN S/CUSTO CONTRIBUÍNTES CONCELLOS S/CUSTO RSU E RS S/CUSTO RSU E RS TOTAL S/TOT. VIV.-LOC. (en %) (en %) (en %) (en %) Vigo 42,75 59,04 53,86 85,20 A Coruña 50,60 89,35 84,03 71,03 Ourense 76,14 187,97 155,80 97,97 Santiago 65,54 112,81 105,90 60,17 Lugo 49,35 93,38 89,85 76,28 Ferrol 67,45 121,43 105,61 77,46 Pontevedra 63,61 112,90 105,68 82,38 • > 15.000 hab. Vilagarcía 70,13 177,72 170,62 88,53 Ribeira 53,57 109,97 98,26 90,95 Oleiros 79,73 100,71 98,11 93,71 A Estrada 29,66 50,30 40,58 97,07 Arteixo 42,07 54,23 42,76 99,99 Lalín 107,78 169,28 132,55 58,27 Monforte 37,16 57,84 54,15 100,00 Ponteareas 39,69 147,92 136,93 52,65 Boiro 53,73 141,45 138,35 66,20 Cambre 91,32 106,98 105,69 84,86 Ames 43,30 83,97 81,85 60,58 O Porriño ------Tui 85,95 122,66 101,68 100,00 Vilalba 23,70 59,24 58,94 23,66 • < 15.000 hab. Teo 10,36 10,95 10,55 50,67 Noia 67,12 130,41 126,82 81,57 Verín 58,43 128,39 115,28 90,31 Sarria 60,20 86,68 64,86 99,48 O Barco 72,43 112,55 78,79 72,04 As Pontes 41,97 54,21 52,73 65,87 O Carballiño 62,44 100,51 81,30 87,25 Ordes 42,35 77,11 72,27 100,00 Rianxo 50,91 71,52 67,19 62,86 O Grove 42,30 55,59 53,53 90,11 Tomiño 26,85 27,89 15,42 100,00 Laracha 179,11 215,30 200,94 90,33 Vilanova 61,38 82,67 81,28 69,21 Porto do Son 50,16 75,30 71,52 65,11 Chantada 24,31 46,28 45,81 51,45 Xinzo 35,73 54,39 51,85 136,63 Foz 71,81 93,89 92,16 64,07 Burela 94,93 256,64 256,14 97,08 Media 58,58 101,04 92,10 80,03 Media 7 cidades 59,35 110,98 100,10 78,64 Media + 15.000 58,29 106,33 96,96 78,19 Media (-) 15.000 58,49 93,35 85,47 81,89 (---): O concello do Porriño non aplicou tributo de lixo no exercicio 2000. FONTE: Elaboración propia.

Este escenario de sobre-recadación debe interpretarse con cautela e esixe algun- has matizacións. Así, como xa se ten indicado, a construcción desta ratio non foi inmediata, pois para algúns municipios que non identificaban separadamente os custos do servicio e daban cifras globais, rateáronse os custos entre o servicio de

Revista Galega de Economía, vol. 12, núm. 2 (2003), pp. 29-66 61 ISSN 1132-2799 Álvarez, X.C.; Caride, M.J.; González, X.M. A xestión do servicio de recollida de lixo...

RSU e a limpeza viaria en función do persoal, para a recollida e o transporte, e en función das toneladas, para o tratamento. Isto pode facer que para algúns dos con- cellos sinalados o dato da ratio non sexa demasiado preciso como ocorre con Vila- garcía, Lalín, Boiro e Burela, nos que se imputaron rateados os custos de recollida, e Santiago, Pontevedra e Cambre, nos que se imputou rateado o custo de tratamen- to. Os restantes once concellos, coa información que eles mesmos facilitan, presen- tan unha situación de clara sobre-recadación. Esta situación pode agachar unha de- ficiente consideración de certos custos reais asociados ó servicio como as amorti- zacións, os custos indirectos ou, xa no extremo, a non inclusión dos custos de tra- tamento, como acontece no caso de Ourense. En definitiva, estes dous contextos extremos non fan máis que poñer de novo en evidencia o caótico proceso de fixación de tarifas, onde semella que non se teñen en conta nin consideracións de carácter legal nin criterios económicos e ambientais que intenten vincular o importe desas tarifas co custo real do servicio, situación que cualifica por si mesma a planificación e xestión do servicio15.

4. CONCLUSIÓNS As administracións locais veñen asumindo un maior papel protagonista na pres- tación de servicios básicos para os cidadáns, entre eles a recollida e tratamento dos residuos sólidos urbanos. A prestación deste servicio foi gañando peso nas derra- deiras décadas ó impulso dos fortes cambios experimentados nos hábitos de con- sumo da poboación. No caso concreto de Galicia, podemos constatar que, de me- dia, cada cidadán xera diariamente 1,1 kg de residuos e, ó cabo do ano, 0,4 tonela- das. A meirande parte dos residuos, un 90,4%, prodúcense nas vivendas e nas acti- vidades económicas e os cidadáns reclaman cada vez máis atención á súa recollida e tratamento. Nas sociedades avanzadas esta maior preocupación por este servicio vai acom- pañada da necesidade de promover unha xestión orientada ó cidadán, a fin de que estes teñan cada vez máis e mellor información sobre os seus custos, as vantaxes e os inconvenientes das diferentes modalidades na súa prestación ou a relación entre os logros acadados e os recursos empregados. Neste traballo constatamos que a realidade da xestión pública do servicio de re- collida de lixo presenta en Galicia na actualidade un pobre panorama. Os concellos e os responsables do servicio descoñecen aspectos substantivos da súa prestación e

15 Un caso revelador da situación descrita é unha nota aclaratoria feita no cuestionario do concello de Vilagar- cía. Logo de proporcionar unha contía única para o custo da recollida e o transporte de lixo de RSU, da limpeza viaria e da limpeza de praias exponse que : “o servicio de recollida e de transporte de residuos urbanos así como a limpeza viaria e de praias e parques están adxudicados a unha empresa e, polo tanto, a facturación é conxunta, polo que non se pode desagregar”. A pregunta inmediata que cabe facer diante desta situación é ¿quen e como de- termina a tarifa do tributo de lixo?

62 Revista Galega de Economía, vol. 12, núm. 2 (2003), pp. 29-66 ISSN 1132-2799 Álvarez, X.C.; Caride, M.J.; González, X.M. A xestión do servicio de recollida de lixo... non fan un seguimento da evolución das variables básicas que caracterizan a cada unha das actividades que integran o servicio de limpeza. Este traballo pon en evi- dencia que o 35% dos concellos requiridos non facilita ningunha información res- pecto ó funcionamento do servicio e o 65% restante facilita un conxunto de infor- mación incompleto e insuficiente por non dispor dunha acumulación centralizada de información sobre a xestión dos servicios municipais. Con esas limitacións in- formativas dificilmente pode haber unha xestión e unha planificación correctas, que permitan definir obxectivos e avaliar o seu grao de cumprimento. Unha información desagregada e fiable é imprescindible tanto para levar a cabo unha xestión ordenada dun servicio como para realizar comparacións dos servicios entre concellos. Este traballo salienta este último aspecto e presenta distintas ratios que permiten realizar esa comparación establecendo tres grupos de municipios: as sete grandes cidades, os restantes municipios con poboación superior a 15.000 habitantes e aqueloutros de poboación inferior. Cada concello pode comprobar co- mo queda situado respecto ós demais en termos de volume do servicio, factores empregados, custos relativos e cobertura de custos. Evidentemente, os resultados obtidos deben interpretarse con cautela en función do grao de fiabilidade da infor- mación proporcionada polos responsables municipais. Así, por exemplo, no caso das sete cidades, cando analizamos a dimensión rela- tiva dos cadros de persoal obtemos que Lugo e A Coruña son as que presentan o maior número de operarios por habitante, mentres que na dotación de vehículos son Pontevedra e Lugo as que dispoñen dun equipamento relativo máis amplo. Pola súa banda, cando avaliamos o custo do servicio, observamos que as cidades que teñen o servicio relativamente máis custoso son Vigo e A Coruña con 21.547 e 18.296 ptas. por tonelada, respectivamente, e 10.602 e 8.702 por habitante. O indicador que mellor revela o descontrol organizativo do servicio nos conce- llos galegos é o de cobertura financeira de custos que xera a taxa de lixo. Aquí ato- pámonos un considerable número de concellos cunha ratio de cobertura que non acada o 60% mentres que alomenos 11 municipios da mostra amosan sorprenden- temente, a partir da información que subministran, unha situación de sobre- recadación. Feito o balance sobre a xestión do servicio, as autoridades competentes poden adoptar unha actitude pesimista e considerar que isto ten difícil arranxo ou alterna- tivamente poden tomar esta realidade como un punto de partida que se pode trans- formar e mellorar. Evidentemente, para que esa transformación sexa efectiva é ne- cesaria vontade política e unha cultura de xestión na que participen e se involucren os axentes responsables. Nesta liña, e á vista dos resultados da análise, cabe propo- ñer as seguintes recomendacións:

1) Tendo en conta as carencias informativas de variables básicas do servicio, a primeira recomendación pasa necesariamente pola necesidade urxente de que os concellos poñan en marcha sistemas de recollida de información de datos rele-

Revista Galega de Economía, vol. 12, núm. 2 (2003), pp. 29-66 63 ISSN 1132-2799 Álvarez, X.C.; Caride, M.J.; González, X.M. A xestión do servicio de recollida de lixo...

vantes dos servicios públicos. Estes datos deberían ser homoxéneos para todas as entidades locais. Por iso, debería oficializarse para cada concello a cobertura dunha enquisa parecida a utilizada neste informe e publicar periodicamente os seus resultados. Esta publicación pode facerse dentro da memoria anual da enti- dade local ou, se se fose máis ambicioso, nun informe elaborado por un ente competente que recollese os datos de todas as entidades para este e para outros servicios16. 2) Debería favorecerse e incentivarse a formación de persoal municipal para ou- torgarlle responsabilidades de xestión nos servicios. Este aspecto debería acompañarse dunha dotación de recursos, tanto materiais como de persoal, que permitise mellorar a elaboración do orzamento17 e o sistema de contabilización de custos, de tal xeito que fose posible dispor separadamente dos custos impu- tables a recollida, transporte e tratamento dos residuos. Unha boa información sobre custos, que incorpore custos directos de funcionamento e de capital e custos indirectos, resulta imprescindible para valorar e tomar decisións sobre cuestións tan importantes como se se concerta ou non a prestación do servicio, cál é a mellor alternativa para o tratamento dos residuos ou cál debe ser o importe da taxa que financia o servicio. 3) As características demográficas e territoriais de cada zona inflúen nos custos da prestación do servicio de recollida domiciliaria de lixo. Neste sentido, sería re- comendable analizar con máis detalle as economías de escala xeradas en torno á recollida e tratamento do lixo así como propoñer estratexias para mancomunar o servicio naqueles casos onde se verifiquen as súas vantaxes. 4) A taxa da recollida do lixo debería axustarse ós custos directos e indirectos do servicio, tanto de recollida como de tratamento. Este deseño permitiría equili- brar o nivel de ingresos co nivel de gastos e, ó mesmo tempo, faría visible ó usuario o custo real do servicio que debe aboarse para retirar e tratar os desper- dicios que xera. Esta actuación a través do prezo combinada cun labor divulga- tivo dos custos e do volume de residuos xerados contribuirían a activar unha maior concienciación cidadán cara a afrontar o obxectivo de reducir o nivel de residuos. 5) Complementariamente, á implantación dun sistema de indicadores como os que se foron propoñendo neste informe, deberíase avanzar tratando de incorporar no proceso de avaliación algún tipo de referencia á calidade do servicio, para o cal sería necesario realizar un cuestionario que permitise detectar o grao de satis- facción dos usuarios respecto ó servicio recibido.

16 Hoxe en día cos medios informáticos dispoñibles sería relativamente sinxelo e non produciría un excesivo custo crear para cada servicio un programa básico con indicadores de xestión en cada concello e posteriormente centralizar toda a información xerada. 17 Mellorar a desagregación da clasificación funcional do orzamento de gastos e contabilizar os diferentes gas- tos dentro da partida orzamentaria correcta son aspectos ós que se lle debería prestar máis atención.

64 Revista Galega de Economía, vol. 12, núm. 2 (2003), pp. 29-66 ISSN 1132-2799 Álvarez, X.C.; Caride, M.J.; González, X.M. A xestión do servicio de recollida de lixo...

BIBLIOGRAFÍA

ALBI, E.; GONZÁLEZ PÁRAMO, J.M.; LÓPEZ CASASNOVAS, G. (1997): Gestión pública. Fun- damentos, técnicas y casos. Barcelona: Ariel. ÁLVAREZ CORBACHO, X. (1992): “Eficiencia económica y provisión de bienes públicos lo- cales”, Revista de Hacienda Autonómica y Local, vol. XXII (66), pp. 361-380. BEEDE, D.N.; BLOOM, D.E. (1995): Economics of the Generation and Management of Mu- nicipal Solid Waste. (Working Paper, núm. 5116). National Bureau of Economic Re- search. BEL, G.; MIRALLES, A. (2003): “Factors Influencing the Privatisation of Urban Solid waste Collection in ”, Urban Studies, vol. 40 (7), pp. 1323-1334. BOSCH, N.; PEDRAJA, F.; SUÁREZ PANDIELLO, J. (1998): La medición de la eficiencia en la prestación de los servicios públicos locales. El caso del servicio de recogida de basuras. (Documento de Trabajo). Fundación BBV. BUCLET, N. [ed.] (2002): “Municipal Waste Management in Europe: European Policy bet- ween Harmonisation and Subsidiarity”, Environment and Management, vol. 11. Dor- drecht, Boston, Londres: Kluwer Academic. CAVE, M.; KOGAN, M.; SMITH, R. [ed.] (1990): Output and Performance Measurement in Government. The State of the Art. Londres: Jessica Kingsley Publishers. CALLAN, S.J.; THOMAS, J.M. (2001): “Economies of Scale and Scope: A Cost Analysis of Municipal Solid Waste Services”, Land Economics, vol. 77 (4), pp. 548-560. DOMBERGER, S.; MEADOWCROFT, S.A.; THOMPSON, D.J (1988): “Competitive Tendering and Efficiency in Refuse Collection: A Reply”, Fiscal Studies, vol. 9 (1), pp. 86-90. FRANCO, J.F.; HUERTA, E. (1996): “Determinantes de la participación ciudadana en pro- gramas de reciclaje de residuos sólidos urbanos”, Investigaciones Económicas, vol. 20 (2), pp. 271-280. JUNQUERA, B.; MUÑIZ, M. (1998): “Disposición de los ciudadanos a la reutilización de los residuos sólidos urbanos: una aplicación a Gijón (Asturias)”, Economía Industrial, vol. 0 (2), pp. 117-123. VILARDELL I RIERA, I. (1989): “La evaluación de la eficiencia de las actividades de la ad- ministración”, D. Economía Pública, núm. 2.

Revista Galega de Economía, vol. 12, núm. 2 (2003), pp. 29-66 65 ISSN 1132-2799