O ORAL infórmalle que, segundo dispón a Resolución da Presidencia da Deputación núm. 2020002798 de data 13 de marzo de 2020, queda suspendida con carácter xeral a atención ao público en todas as áreas, servizos e unidades, coas excepcións que se determinen para o mantemento dos servizos esenciais coas seguintes indicacións: 1. Todo o persoal da Deputación que poida desempeñar o seu posto de traballo a distancia no seu domicilio, realizará as súas funcións mediante a modalidade de traballo non presencial. 2. No ámbito funcional do ORAL declaráronse como servizos esenciais os seguintes: Call Center, O.P. de Lalín, O.P. de A Estrada, O.P. de , O.P. de , O.P. de Porriño, O.P. de , O.P. de Vilanova, O.P. de , O.P. de Moaña, O.P. de Cangas e O.P. de Nigrán, ademais de varios postos nos servizos de xestión e recadación e os xefes dos distintos servizos do ORAL. 3. O ORAL reforzou as canles de atención telefónica e da Oficina Virtual Tributaria, que traballan a pleno rendemento. 4. Interrompéronse os prazos de pagamento:

 PRORRÓGASE ATA NOVO AVISO O PERÍODO DE PAGAMENTO EN VOLUNTARIA DAS TAXAS ACTUALMENTE AO COBRO CORRESPONDENTES AOS CONCELLOS DE: ARBO, BARRO, CALDAS DE REIS, CAMBADOS, A CAÑIZA, , -, COVELO, , DOZÓN, A ESTRADA, , LALÍN, MEIS, MOAÑA, , MORAÑA, , OIA, PAZOS DE BORBÉN, O PORRIÑO, , PONTEAREAS, , , , SANXENXO, , , TUI, VALGA, .

 PRORRÓGASE ATA NOVO AVISO O CALENDARIO FISCAL APROBADO, UNHA VEZ FINALIZADO O ESTADO DE ALARMA PROCEDERASE A PUBLICAR UN NOVO CALENDARIO FISCAL PARA O PRESENTE EXERCICIO.

5. A pesar destas medidas de carácter excepcional, a Deputación garante aos concellos a liña de anticipos mensuais ordinarios cos prazos establecidos regulamentariamente, así como a integridade dos ingresos derivados da recadación definitiva das liquidacións directas e do período executivo realizada ata o mes de marzo.

6. Por último, e ante o posible atraso nas recadacións, a Deputación está a elaborar, en función da duración do estado de alarma, a posta en MARCHA DUNHA NOVA LIÑA DE ANTICIPOS EXTRAORDINARIOS MÁIS ALÓ DOS ESTABLECIDOS NA ACTUALIDADE, que garantan aos concellos a integridade da recadación máxima realizada efectivamente por conta dos mesmos no ano anterior.

Pontevedra, 19 de marzo de 2020 Atte.: A directora do ORAL, SR./SRA ALCALDE/ALCALDESA