federación de ensino de ccoo de

CCOO informa CCOO informa CCOO informa CCOO informa CCOO informa CCOO informa CCOO informa O PECHE DA ES O NO CPI TOMAS DE LEMOS DEIXA 8 DOCENTES DESPRAZADOS

As perdas das aulas de infantil nos CEIP de e Entrimo que condean o peche a estes centros xunto co desproposito organizado pola consellería no CPI Tomas de Lemos o mais destacado do Catálogo de centros para o vindeiro curso 17 -18

A consellería ven de publicar no DOG de 26 de xullo de 2017 o catálogo de centros de infantil e primaria onde veñen recollidas as modificacións de aulas e postos de traballo para o vindeiro curso 17-18. Os datos son os seguintes:

CEIP Os Blancos: Perde a aula de infantil e 1 mestre de infantil.

CEIP Nosa Señora de Xuvencos de Boborás: Aumenta 1 unidade de Infantil e 1 de primaria e aumenta o profesorado con 1 mestre de educación infantil, 2 mestres de educación primaria e 1 mestre de pedagoxía terapéutica.

CEIP Santa Mª Real de Entrimo: Perde 1 unidade de infantil e 1 mestre de educación infantil.

CPI de : Aumenta 1 unidade de infantil e 2 mestres de educación infantil.

CEIP Virxe de Covadonga de : Asignación de 1 Orientador compartido.

CEIP Manuel Sueiro: Perde 1 aula de educación primaria e 1 mestre de Frances.

CPI Jose Garcia Garcia: Aumenta 1 aula de infantil e 2 mestres de infantil.

CPI Tomas de Lemos: Aumenta 1 Orientador o perderse secundaria e pasar a ser desprazado por falta de horario. A consecuencia son 11 docentes da ESO desprazados.

(Evolución alumnado infantil e primaria 2013-2017 mantense estable según datos e cifras do ensino non universita- rio publicado pola consellería de educación )

Un ano mais, Ourense sae especialmente perxudicada. Se temos en conta os datos dende o ano 2013 o balance non pode ser mais desolador, falamos de 17 aulas menos de infantil e primaria e 14 postos de traba llo menos .

A todo iso, este ano temos o peche da secundaria no CPI Tomas de Lemos que nos leva a perda neste centro de postos de traballo, así como 8 docentes desprazados . Un aforro que se traduce nun perxuizo do alumnado do IES O Ribeiro que verá as aulas masificadas a partir do ano que ven e un empeoramento da calidade do ensino na nosa provincia. A este respecto, grazas as reclamacións feitas por CCOO Ensino en Ourense , así como pola presión exercida a través das mobilizacións por toda a comunidade educativa conseguiuse minimizar a perda de recursos que vai levar o peche.

CCOO Ensino, denuncia que a Xunta de Galicia está a deixar morrer os nosos pobos e vi- las. Política que está a afectar gravemente a provincia de Ourense o ser o rural un dos nosos maiores valores. CCOO Ensino lembra que a perda dos colexios nos nosos pobos é o comezo da perda do municipio e solicita que as administracións non teñan unha visión cortoplacista que non vai mais alá das seguintes citas electorais.

CCOO Ensino solicita, que a modificación do catálogo anual se estableza dentro dunha negociación coas OOSS que garanta un ensino de calidade cunha adecuada distribución de aulas e RRHH atendendo a criterios pedagóxicos, socio-económicos e culturais, tendo como punto de partida o acordo de agrupamentos asinado no ano 2009.

CCOO Ensino Ourense NON acepta o catálogo de centros para o curso 17 -18 e seguirá a loitar para intentar minimizar as politicas de recortes feita pola consellería un ano mais.

Daniel Rodríguez Rodríguez 628439444

Borja Campos 652633279