Concello de

hotma ACTA

Expediente núm.: Órgano colexiado:

PLN/2017/11 O Pleno

DATOS DE DESENVOLVEMENTO DA SESIÓN

Tipo Convocatoria Ordinaria

Data 30 de novembro de 2017

Duración Desde as 19:30 ata as 23:40 horas

Lugar Sala de sesións da Casa Consistorial

Presidida por Regina Polín Rodríguez

Secretario Antía Pena Dorado

ASISTENCIA Á SESIÓN

DNI Nome e Apelidos Asiste

33536341H Antía Pena Dorado SÍ

33860503H Carlos Plácido Buján López SÍ

76580439F Daniel Díaz Méndez SÍ

33852173Z Francisco José Penas Pardo SÍ

33621263R Jesús Veres Vázquez SÍ

35105471L Jordi Blengua Penedo SÍ

76576132R José Manuel Saa Devesa SÍ

79324942N Juan Antonio Rey Rivas SÍ

32822479F Laura Ageitos Miragaya SÍ

33844142X María Manuela Carballeira García SÍ

76577601K Monica Vázquez Lago SÍ

76571390C Pedro Pérez Fanego SÍ

Concello de Guitiriz Rua do Concello nº4, Guitiriz. 27300 (). Tfno. 982370109. Fax: 982372178

Concello de Guitiriz

33803021J Regina Polín Rodríguez SÍ

33826774F Xosé Lois González Souto SÍ

33843554C Xosé María Teixído Nuñez SÍ

Unha vez verificada polo secretario a válida constitución do órgano, o presidente abre a sesión, polo que se procede á deliberación sobre os asuntos incluídos na orde do día

A) PARTE RESOLUTIVA

Aprobación da acta 28/09/2017

Favorable Tipo de votación: Unanimidade/Asentimento

Pola Presidencia pregúntase aos presentes se teñen algo que engadir, non tendo nada que dicir queda aprobada a acta da sesión anterior por unanimidade, con 13 votos a favor(PSOE; PP; BNG; concelleiro non adscrito e BNG)

Expediente 1433/2017. Aprobación do Recoñecemento Extraxudicial de Créditos (Guitiriz).-

Favorable Tipo de votación: Unanimidade/Asen timento

EXPEDIENTE NÚMERO: 1433/2017 PROCEDEMENTO: Aprobación do Recoñecemento Extraxudicial de Créditos (Guitiriz).- Pola Presidencia dase a palabra á Secretaria da Corporación que procede a dar lectura da Proposta de Alcaldía dictaminada favorablemente na Comisión Informativa, que no seu teor literal di:

ASUNTO: PROPOSTA DA ALCALDÍA AO PLENO DA CORPORACIÓN. Consta a esta Alcaldía a existencia de facturas presentadas a través do Rexistro Xeral do Concello e/ou a través da plataforma de facturación electrónica FACE por diversos acreedores municipais, incluídas nas Relacións de facturas n.º 493/2016 e 268/2017 que se relacionarán de seguido e que se atopan pendentes de pago: DATA DATA N.º PROVEDO CONCEPT IMPORT APLICACIÓN REXISTR FACTUR FACTURA R O E ORZAMENTA O A (euros) RIA 27/12/201 26/12/201 16001 M.ª Reportaxe 2.635,38 334.226.09

Concello de Guitiriz Rua do Concello nº4, Guitiriz. 27300 (Lugo). Tfno. 982370109. Fax: 982372178

Concello de Guitiriz

6 6 DOLORES fotográfico e GARCÍA charla e TIRADOS observación astronómica 18/08/201 14/08/201 2017/150 CARLOS Minuta 351,02 920.226.04 7 7 CABO procedemen SILVA to contencioso administrativ o 28/2013

É vontade deste grupo de goberno de efectuar tódolos pagos pendentes aos acreedores municipais, e á vista das consecuencias negativas que poidan derivarse do incumprimento da normativa reguladora da morosidade nas administracións públicas, tanto para o Concello como especialmente para os proveedores municipais. Á vista do anterior, mediante Providencia da Alcaldía, ordenouse á intervención municipal que se efectuase a tramitación oportuna para a aprobación dos gastos derivados das facturas anteriores. Unha vez efectuada a tramitación oportuna, a Intervención municipal emitiu Informe de fiscalización que obra no expediente. Á vista do informe de fiscalización esta Alcaldía considera necesario facer constar que: 1.- A factura correspondente á reportaxe fotográfica e charla e observación astronómica foi presentada a finais do exercicio 2016, polo que non foi posible a súa tramitación de forma que puidese imputarse ao exercicio correspondente no que se executou o gasto. 2.- A factura correspondente ao procedemento contencioso-administrativo 28/2013, aínda que tendo sido rexistrada no exercicio 2017, correspóndese con gastos por servizos prestados en exercicios anteriores, non tendo sido presentada ata a finalización do procedemento. Tendo en conta a regulación contida nos artigos 163 e 176 do Texto refundido da lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, así como o artigo 60.2 do Real decreto 500/1990, do 20 de abril, segundo os cal "[...] Corresponderá al Pleno da la Entidad el reconocimiento extrajudicial de créditos, siempre que no exista dotación presupuestaria, [...]" Considerando que a imputación ao exercicio corrente dos gastos aos que se refire este expediente, en principio non prexudica á atención das necesidades do exercicio corrente, e tendo en conta a efectiva prestación dos servizos por parte dos emisores das facturas nos termos do establecido na Base 20 das de execución do vixente orzamento municipal PROPOÑO ao Pleno da Corporación a adopción do seguinte ACORDO: Primeiro.- Aprobar o recoñecemento extraxudicial dos créditos correspondentes ás facturas indicadas máis arriba polo importe total de 2.986,40 €. Segundo.- Dar traslado do presente acordo á Alcaldía aos efectos de que se proceda á Ordenación de pagos nos termos do artigo 61 do Real Decreto 500/1990.

Ábrese o debate,tendo a palabra o voceiro do PP que comeza dicindo :Lémbrolle señora Alcaldesa que o recoñecemento extraxudicial de crédito debe ter carácter excepcional, máis vostede xa o está collendo por norma, xa que este é o sétimo, repítolle o sétimo. Neste caso, a primeira factura foi presentada no mes de decembro

Concello de Guitiriz Rua do Concello nº4, Guitiriz. 27300 (Lugo). Tfno. 982370109. Fax: 982372178

Concello de Guitiriz do ano pasado e, a segunda correspóndelle a un gasto de exercicios anteriores.

Finalizada a intervención, toma a palabra o Concelleiro non adscrito, Sr Blengua, que indica que este recoñecemento extraxudicial de créditos, o sétimo do 2017, ten o seu obxecto por dúas facturas. A primeira correspondente a unha reportaxe fotográfica, charla e observación astronómica emitida o 26/12/2016 e con data de rexistro 27/12/2016 cun importe de 2.635,38 euros. Polo que non puido imputarse ao exercicio correspondente ao que se executou o gasto. E a segunda factura que consta neste recoñecemento extraxudicial, corresponde á minuta do procedemento contencioso-administrativo 28/2013, que foi emitida o 14/08/2017 e con data de rexistro 18/08/2017 con valor de 351,02 euros, que segundo se redacta na proposta da alcaldía, corresponde a gastos por servizos prestados en exercicios anteriores e non sendo presentada a mesma ata a finalización do procedemento. Entendo que estas obrigacións contraídas en exercicios anteriores e ao non poderse tramitar no exercicio en que se supuxo o compromiso de gasto, e baixo o amparo do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais que recoñece estas excepcionalidades, o meu voto a favor para este recoñecemento extraxudicial de créditos 7/2017.

De seguido, a Sra. Alcaldesa-presidenta da a palabra o voceiro do BNG, que indica que como se comenta na proposta da alcaldía, son dúas facturas unha de 2.635 € correspondente á reportaxe fotográfica e charla e observación astronómica, foi presentada a finais do exercicio 2016, polo que non foi posible a súa tramitación de forma que puidese imputarse ao exercicio anterior que foi cando se fixo esta reportaxe, e a outra que corresponde como non, a un procedemento contencioso-administrativo, aínda que tendo sido rexistrada no exercicio 2017, correspondese con gastos por servicios prestados en exercicios anteriores, non foi presentada ata a finalización do procedemento neste mesmo ano, polo que vamos a votar a favor.

Posteriormente ten a palabrao voceiro do Grupo Independente, Sr Veres, que comenta que parécelle que estes pagos hai que facelos con independencia do seu retraso.

Finalizada a súa intervención, toma a palabra a Presidencia que comeza a súa intervención aclarando que este retraso non é imputable ao Concello, senón que resulta de facer as cousas adecuadamente. Así, respecto da empresa que fixo a reportaxe fotográfica non fixo o traballo en calidade óptima, e non o entregou ata xullo/agosto. Así o interventor fixo o informe para poder meter o pago no mes de setembro , pero non puido formar parte da Comisión informativa en tempo e forma. A segunda factura, aclara a Alcaldesa, deriva dun procedemento contencioso-administrativo que arrastrou o anterior equipo de goberno con unha persoa de protección Civil.

Finalizada a súa intervención, e non sendo necesaria unha segunda rolda de intervencións, sométese a votación, quedando aprobado por unanimidade (PSOE;PP; BNG;concelleiro non adscrito e Grupo Independente).

Concello de Guitiriz Rua do Concello nº4, Guitiriz. 27300 (Lugo). Tfno. 982370109. Fax: 982372178

Concello de Guitiriz

Expediente 258/2017. Modificacion Puntual da Relacion de Postos de Traballo 1/2017

Favorable Tipo de votación: Unanimidade/Asentimento

PROPOSTA PLENO APROBACIÓN INICIAL DA MODIFICACIÓN PUNTUAL DA RPT. Expediente nº: 258/2017 Pola Presidencia dase a palabra á Secretaria da Corporación , que procede a dar lectura á Proposta de Alcaldía dictaminada favorablemente pola Comisión Informativa, que no seu teor literal di:

Por acordo plenario de data 30/05/2013 aprobouse definitivamente Organigrama Municipal e a modificación da Relación de Postos de Traballo (RPT) do persoal funcionario e laboral do Concello de Guitiriz (Anexo I ao acordo que consta de 73 folios). Na xuntanza da Mesa Xeral de Negociación de data 8/09/2014 a alcaldía decidiu deixar en suspenso o procedemento de modificación da RPT á vista da oposición dalgúns representantes dos traballadores á proposta de RPT elaborada pola empresa “J&L Tudó Consulting, S.L.”, para reconsiderar os aspectos más problemáticos sinalados polos representantes dos traballadores. Este expediente pretende continuarse a súa tramitación co asesoramento dos servizos correspondentes da Deputación Provincial de de Lugo. Sen prexuízo do anterior, e paralelamente as negociacións que se poidan realizar cos representantes dos traballadores, o equipo de goberno municipal pretende neste momento facer unha modificación puntual da RPT no relativo á creación de unha nova praza de funcionario por esixencias legais derivadas de sentenza firme Na sesión da Xunta de Goberno Local de data 21/12/2016 adoptouse o seguinte acordo en relación coa sentenza da sala do social do TSXG no Recurso de suplicación nº2284/2016: “Dar conta da Sentenza da sala do social do TSXG no Recurso de suplicación nº2284/2016 “Dase conta Sentenza de data 12-12-16 da sala do social do TSXG no Recurso de suplicación nº2284/2016 (PO 1097/2014), que desestima o recurso de suplicación do Concello contra a sentenza do Xulgado do social nº2 de Lugo (nº 47/2016, de 3/02/2016) sobre declaración da relación laboral indefinida da traballadora do Concello dona Eva Mª. Carro Sánchez, confirmado dita sentenza e impoñendo custas procesuais da letrada da parte impugnante. Contra dita sentenza unicamente cabe interpoñer Recurso de casación para a unificación de doutrina no prazo de 10 días. A Xunta de Goberno Local, por unanimidade, ACORDA: PRIMEIRO.- Non recorrer a citada sentencia para non incorrer en máis gastos xurídicos e costas procesuais, e iniciar os trámites correspondentes para dar cumprimento ao disposto no artigo 28.1 da Lei 2/2015 de emprego público de . SEGUNDO.- Comunicar o presente acordo a intervención municipal e ao servizo de asistencia a municipios da Deputación provincial de Lugo para o seu coñecemento efectos oportunos.”

Concello de Guitiriz Rua do Concello nº4, Guitiriz. 27300 (Lugo). Tfno. 982370109. Fax: 982372178

Concello de Guitiriz

Consta no expediente dilixencia de ordenación do TSXG de data 14/02/2017 no que fai referencia á certificación da sentenza firme con data 27/01/2017. Por providencia de alcaldía de data 23/10/2017 incóase expediente para a modificación puntual da Relación de Postos de Traballo (RPT) vixente do Concello de Guitiriz aprobada por acordo plenario de data 30/05/2013, no relativo exclusivamente ao seguinte:

I. Creación dun novo posto de traballo de funcionario administrativo de administración xeral, adscrito as seccións de urbanismo e secretaría, en execución de sentenza firme da xurisdición social que implica, por non haber na RPT do Concello de Guitiriz ningún posto vacante similar, a creación deste novo posto de traballo na RPT conforme ao disposto no artigo 28 da Lei de emprego público de Galicia, que deberá dotarse orzamentariamente e incorporarse á plantilla municipal para poder adscribir provisionalmente á traballadora dona Eva Mª Carro Sánchez declarada indefinida por sentenza, ata que se aprobe a oferta de emprego público e sexa convocado e realizado o correspondente proceso selectivo. Visto o proxecto explicativo da modificación puntal da RPT de data 25/10/2017. Visto o informe xurídico de secretaría de data 27/10/2017

Ao amparo do establecido no Estatuto Básico do Empregado Público e no Estatuto dos Traballadores, e da cláusula 4 do Acordo Marco Regulador do Persoal Funcionario e do Convenio Colectivo do Persoal Laboral do Concello de Guitiriz, someteuse dito proxecto de modificación puntual da RPT a negociación colectiva no marco da Mesa Xeral de Negociación de data 3/11/2017 convocada en data 30/10/2017, na que se propón a modificación do sistema de acceso, pasando de ser por oposición libre a concurso oposición, quedando recollida a motivación dese cambio na acta da mesa de negociación, que no seu teor literal di : “Pide a palabra Jose Cornide, que propón o sistema de provisión da praza por concurso-oposición baseándose no volume de traballo e na burocracia existente neste momento na administración, xa que si aproba a praza unha persoa sin experiencia no será capaz de facer o traballo e os concellos non se poden permitir o luxo de formar ó persoal. Todo esto ademais sumase as funcións que se lle poñen a ese posto recollidas na ficha nº 5 e que opina que unha persoa que entre de novo non será capaz de realizar ese traballo. A Alcaldía manifesta que está dacordo co anterior e pon como exemplo a persoal contratado que pasou polo concello e que cando terminou o contrato era cando xa empezaba a estar preparada para traballar.” Ademáis do anterior, no caso de que o proceso selectivo por oposición libre fose superado por unha persoa sin ningún tipo de experiencia laboral na administración pública obrigaría a que o resto de persoal municipal, tanto da mesma categoría como doutras (inferiores ou superiores) se vería obrigado de facto á formación da dita persoa, o que inevitablemente conlevaría tamén retrasos no desepeño efectivo destes postos de traballo. Esta situación ineficiente agrávase á vista da tendencia observada nos últimos anos no lexislador estatal de conter e limitar a contratación de persoal no sector público en xeral e no local en particular.

Tendo en conta todo o anterior esta Alcaldía considéra adecuado e oportuno o cambio do sistema de acceso previsto no proxecto de modificación da RPTde 25/10/2017, pasando de ser por oposición libre a concurso –oposición, conforme

Concello de Guitiriz Rua do Concello nº4, Guitiriz. 27300 (Lugo). Tfno. 982370109. Fax: 982372178

Concello de Guitiriz argumentos aportados na mesa de negociación de data 3/11/2017 (recollidos na acta), e que se trata dunha forma de acceso ordinaria prevista no artigo 57.1 da Lei 2/2015, de 29 de abril, de emprego público de Galicia e o artigo 61.6 do RDL 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido do Estatuo Básico de emprego público.

Visto o trámite de audiencia que se lle concedeu a Eva Carro Sánchez para que alegase o que estimase oportuno por un prazo de 10 días, durante o cal non consta ningún tipo de alegación ou suxerencia. Visto o novo proxecto de modificación da RPT de data 15/11/2017. Considerando o disposto no Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, aprobado por RDL 5/2015, de 30 de outubro; a Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, o Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o Texto refundido de disposicións vixentes en materia de réxime local; a Lei 2/2015, do 29 de abril, de Emprego Público de Galicia; o Texto Refundido do Estatuto dos traballadores aprobado por RDL 2/2015, do 23 de outubro, e demais normativa concordante.

Considerando que conforme establece o artigo 22.2.i) da Lei 7/85 de 2 de Abril, corresponde ao Pleno da Corporación a aprobación por maioría simple da Relación de Postos de Traballo.

Propoño ao Pleno da Corporación, previo ditame da Comisión Informativa de asuntos do Pleno, a adopción do seguinte ACORDO:

PRIMEIRO.- Aprobar inicialmente o expediente de modificación puntual da Relación de Postos de Traballo (RPT) vixente do Concello de Guitiriz aprobada por acordo plenario de data 30/05/2013, no relativo exclusivamente ao seguinte: I. Creación dun novo posto de traballo de funcionario administrativo de administración xeral, adscrito as seccións de urbanismo e secretaría, en execución de sentenza firme da xurisdición social que implica, por non haber na RPT do Concello de Guitiriz ningún posto vacante similar, a creación deste novo posto de traballo na RPT conforme ao disposto no artigo 28 da Lei de emprego público de Galicia, que deberá dotarse orzamentariamente e incorporarse á plantilla municipal para poder adscribir provisionalmente á traballadora dona Eva Mª Carro Sánchez declarada indefinida por sentenza, ata que se aprobe a oferta de emprego público e sexa convocado e realizado o correspondente proceso selectivo As características do novo posto son as establecidas na ficha nº 44 equiparándose as dos prazas de administrativo de administración xeral existentes na RPT, e que figuran como anexo a esta proposta.

SEGUNDO.- Conceder un trámite de audiencia aos interesados mediante a publicación dun anuncio de exposición pública do expediente no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, para que durante o prazo de 20 días calquera interesado no expediente poida presentar suxestións ou alegacións.

Finalizado o trámite de audiencia aos interesados e á vista das suxestións ou alegacións presentadas corresponderá ao Pleno a aprobación definitiva do expediente coas modificacións oportunas.

Concello de Guitiriz Rua do Concello nº4, Guitiriz. 27300 (Lugo). Tfno. 982370109. Fax: 982372178

Concello de Guitiriz

TERCEIRO.- De conformidade co establecido no artigo 202 da Lei de emprego público de Galicia a aprobación inicial da modificación da RPT elevarse a definitiva se durante o prazo de información pública non se formularan reclamacións, suxestións ou alegacións. CUARTO.- Unha vez aprobada definitivamente a modificación da Relación de Postos de Traballo publicarase no Boletín Oficial da Provincia de Lugo e remitirase unha copia da mesma á Administración do Estado e ao órgano competente da Comunidade Autónoma.

QUINTO.- Aprobar inicialmente a modificación da plantilla de persoal vinculada ao vixente orzamento municipal, incluíndo a praza correspondente segundo consta no anexo II. SEXTO.- Ordenar a publicación no BOP de Lugo do acordo de aprobación inicial durante un prazo de 15 días contados a partir do seguinte ao da inserción do anuncio correspondente co fin de que os interesados poidan examinalos e presentar reclamacións perante o Pleno da Corporación. A modificación da Plantilla consideraránse definitivamente aprobada se durante o citado prazo non se presentasen reclamacións. En caso contrario, o Pleno disporá dun prazo dun mes para resolvelas.

SÉTIMO. Unha vez entrado en vigor tanto a modificación da RPT como a da plantilla de persoal, a empregada quedará adscrita de xeito automático e de forma provisional a esa nova praza de funcionario.

OITAVO. Comunicar a adopción deste acordó aos departamentos de Intervención, Tesorería e Recursos humanos aos efectos oportunos.

Finalizada a lectura, ten o uso da palabra o voceiro do PP, Sr. Teixido, que indica que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, confirma a relación laboral indefinida da empregada municipal. O non haber na Relación de Postos de Traballo do Concello de Guitiriz (RPT-Concello de Guitiriz) non hai ningún posto vacante similar, por tanto o Partido Popular de Guitiriz, pide que se cumpra o ordenado polo “Alto Tribunal Galego”, e se faga a modificación correspondente de acordo a dereito.

De seguido, ten a palabra o concelleiro non adscrito que explica que a modificación puntual da RPT para a creación dun novo posto de traballo de funcionario administrativo de administración xeral, adscrito ás seccións de urbanismo e secretaría, a raíz da sentenza da sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia con data 12/12/2016 no que o fallo do tribunal declara o dereito da demandante para ser considerada persoal laboral indefinido, con antigüidade profesional de técnica do catastro e urbanismo, con dereito a manter a devandita relación ata que se produza a cobertura, en legal forma, da praza ocupada e condena ao demandado (Concello de Guitiriz) a estar e pasar por esta declaración.

Neste momento atopámonos que para poder adscribir provisionalmente á traballadora declarada indefinida pola sentenza necesítase, segundo a Lei de

Concello de Guitiriz Rua do Concello nº4, Guitiriz. 27300 (Lugo). Tfno. 982370109. Fax: 982372178

Concello de Guitiriz emprego público de Galicia e ao non haber na RPT do Concello ningunha posto vacante ou similar, crear e dotar presupuestariamente para poder adscribir de forma provisional ata que se cubra a praza por concurso-oposición. O concurso oposición que acordaron na Mesa de negociación, ao considerarse que era necesario debido ao volume de traballo e a necesidade de experiencia para o posto en concreto pola carga de traballo.

Este é un caso máis dos que viñeron sucedendo neste mandato, en que todos os contenciosos laborais dos demandantes co Concello fóronse resolvendo a favor dos mesmos e desestimando os Tribunais os recursos presentados polo concello na sua defensa e obrigando desta maneira, como no caso que hoxe nos incumbe, prazas de nova creación na RPT. E isto débenos facer reflexionar, xa que non estamos ante o primeiro nin o último destes procesos contenciosos entre o Concello e os seus traballadores. E que é necesario buscar solucións ponderadas e como indica o art.69 do texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público que versa sobre os obxectivos e instrumentos da planificación dos RRHH. E esa planificación pasaría por unha nova RTP na que se analizaría as dispoñibilidades e necesidades de persoal, desde o punto de vista do número de efectivos, perfís profesionais, cualificación dos mesmos, e ademais, que é o que agora nos interesa por este caso, a modificación de estruturas de traballo e medidas de mobilidade ante novas incorporacións ou por modificacións de estruturas dos postos. Todo o demais serán parches que se deberán ir realizando ante o tsunami de demandas laborais e sentenzas desfavorables para o Concello. Mentres tanto non me queda outra que dar a miña aprobación a esta modificación puntual da RPT.

Por parte do voceiro do BNG, Sr González, indícase que a Xunta de Goberno Local pretende facer unha modificación puntual da RPT (relación de postos de traballo) creando unha novo praza de funcionario, unha vez mais por esixencias legais derivadas de sentenza firme. Non so por esta praza nova se non tamén polas demais que seguen sen cubrir, pedímoslle a Sra. Alcaldesa que nos explique porque están sen cubrir estas prazas que están marcadas na plantilla actual do Concello, hai unha vacante de Técnico de Administración Xeral, hai dúas mais de administrativo (a parte claro está da que se pretende facer), hai unha vacante de policía municipal, hai sete vacantes de auxiliar de axuda no fogar e dúas máis de peóns de SSMM, todo isto arrastrámolo da súa anterior etapa, e o curioso é que o único que nos di e que non ten persoal para facer o traballo, explique os presentes no Pleno este asunto.

Dende o BNG estamos de acordo non so en adecuar este posto a RPT, se non tamén en revisar e actualizar toda a relación de postos de traballo do Concello.

Finalizada a súa intervención, ten a palabra o Sr Veres, voceiro do Grupo Independente que indica que está dacordo coa modificación da RPT aínda que considera máis oportuno facer unha nova RPT que se axuste ás necesidades do Concello e regule novos postos de traballo

De seguido tómase a palabra pola Presidencia que comeza a súa exposición dicindo que a reclamación desta traballadora ven da época do 2011 e 2015, e que a Sentenza sexa do 2016 non implica que reclamara neste momento.

Concello de Guitiriz Rua do Concello nº4, Guitiriz. 27300 (Lugo). Tfno. 982370109. Fax: 982372178

Concello de Guitiriz

Indica que entona o mea culpa por a creación de todos os postos de traballo creados por a asunción dos servizos por parte da administración , que por outra banda considera que é a fórmula máis válida e eficaz, e donde se pode contratar máis xente. Recalca que sigue considerando a fórmula máis válida este tipo de xestión, e que un goberno de esquerdas ten que loitar por os máis necesitados e pola inserción laboral.

Continúa dicindo, que a pesares diso, visto a normativa imposta dende Madrid, esto resulta case imposible, dificultando unha boa xestión do servizo e nalgúns casos os traballadores non colaboran.

Indica que por moito que todos insistan na elaboración dunha nova RPT, no momento que se inicie haberá conflictos. Respecto de cando se sacará a praza, indica que se sacará conforme se cumpla con toda a tramitación administrativa, posto que ademáis é un praza moi necesaria. Reitera que o que impide a normativa actual é crear novos postos de traballos, porque existe o límite da masa salarial e aínda que este Concello ten cartos, está tamén o límite da Regra e teito de gasto por todo coñecida.

Na segunda rolda de intervencións, o voceiro do PP, inicia a súa exposición dicindo que parece que toda a culpa é de Madrid, pero vostede ( en referencia a Alcaldesa) indicou recentemente nun pleno que no seu mandato non se ía facer a RPT. Tamén no anterior mandato criticaba ao equipo de goberno que non se fixera nada, e agora vese que está na mesma situación. Indícalle que os problemas que existen cos traballadores poida que se deban a súa forma de xestión, e por outra banda indica que lle alegra escoitar que hai cartos, e espera que así se manteña ao final do mandato, pero sigo reiterando a elaboración dunha RPT.

De seguido toma a palabra o Concelleiro non adscrito que indica que hoxe mesmo escoitou no parlamento falar da Lei de sostenibilidade e a tasa de reposición. Respecto ó Teito de Gasto indica que él mesmo presentou unha moción no seu día. Con respecto á RPT actual, na mesma existen vacantes non cubertas, como é o caso dos policías locais, e indica que se non se fai a reposición de efectivos, o equipo de goberno saberá os seus motivos.

Por parte do voceiro do BNG indícase que si os traballadores non colaboran a culpa será súa. Ten prazas vacantes,cubraas e no diga despois que non hai persoal.

Por parte do Sr Veres, voceiro do Grupo Independente indícase que si non se poden crear novos postos de traballo , haberá que cubrir as que hai ou amortizalas. Anuncia o seu voto favorable.

Finalizada intervención do voceiro do Grupo Independente, por parte da Presidencia, para pechar o debate, indícase que a culpa é de Madrid, de quen goberna en cada momento. Neste intre é a Lei de sostenibilidade que afoga aos Concellos, pagando o pato do despilfarro dos grandes concellos. E parece que a tónica é seguir aprobando leis que nos sigan afogando, polo que pide que unan esforzos para loitar contra esta

Concello de Guitiriz Rua do Concello nº4, Guitiriz. 27300 (Lugo). Tfno. 982370109. Fax: 982372178

Concello de Guitiriz normativa en vez de estar pelexando aquí.

Con respecto as vacantes na RPT di que como se teña que cubrir o posto de Tesoureiro cun habilitado nacional , si que estamos preparados… (indícase por parte do concelleiro non adscrito que se refería ao posto da contable , que era un A1 e agora é un administrativo). Matiza a alcaldesa que ese posto recoñeceuse a categoría de A1 por setenza xudicail, pero que para esas labores basta un administrativo. Por outra banda a idea era crear dous postos con ese cartos, pero foi inviable. Contestándolle ó Sr. González, indica que ese descontento dos traballadores é xeneralizado, non so no Concello de Guitiriz, senon en todos polo momento de crise social que estamos a vivir. Matiza que existen traballadores que sacan moito traballo, incluso máis do que lles correspondería.

En contestación ao Sr. Veres indica que non sabe ata que punto sería convinte a amortización de esas plazas, sendo quizás a máis urxente de cubrir a do TAX.

Finalizado o debate sométese a votación sendo aprobada por unanimidade, con 13 votos a favor (PSOE,PP, BNG, concelleiro non adscrito e grupo independente).

Expediente 239/2017. RECUPERACION DA POSESION PUBLICA DUN ESPAZO PUBLICO ENTRE AS RUAS CASAS E AMOR DE DEUS

Favorable Tipo de votación: Ordinaria A favor: 9, En contra: 0, Abstencións: 4, Ausentes: 0

PROPOSTA PLENO

Incoación investigación titularidade camiño/vía entre as as rúas Casás (Travesía Coruña) e Amor de Deus (Expte nº 239/2017).

Por parte da Presidencia dase a palabra á Sra. Secretaria da Corporación , que procede a dar lectura da Proposta de Alcaldía dictaminada favorablemente pola Comisión Informativa, que no seu teor literal di:

Don data 14/05/2014 por dona Irene María de Bilbao Bergantiños ponse en coñecemento do Concello a “… existencia dun muro de peche cortando o acceso á vía pública, e recentemente realizáronse obras de colocación de postes atendendo á mesa finalidade…” . A denuncia foi reiterada con data 20 de febrero de 2015.

Pola Policía local a medio de informe de data 2 de marzo de 2015, constátase mediante reportaxe fotográfico a existencia do peche impedindo o acceso desde o “callejón” a rúa dos Casás; así como tamén a colocación de columnas con cadea na parte oposto do mesmo, é dicir, na comunicación coa rúa Amor de Deus.

Concello de Guitiriz Rua do Concello nº4, Guitiriz. 27300 (Lugo). Tfno. 982370109. Fax: 982372178

Concello de Guitiriz

Con data 8 de agosto de 2015, emítese informe urbanístico pola Arquitecta técnica municipal no que se constata: “As obras consisten na execución dun muro de bloque e ladrillo revestido recentemente por unha das súas caras, con malla metálica en coroación dunha altura total aproximada de 1,50 m. Colocáronse tamén dous postes metálicos cunha cadea e executouse unha beirarrúa na zona de acceso da vivenda situada na Praza do Hecce Homo na 14, que ocupa toda a fronte da mesma de aproximadamente 1,00 m. de largo. Neste mesmo inmoble realizouse tamén un chapado de paramentos de fachada a modo de zócalo. Segundo a certificación catastral este inmoble consta a nome de herdeiros de María Josefa Prado Méndez. Consta un informe do axente da Policía Local do concello de 2 de marzo de 2015, onde se aprecia que estas obras estaban nese momento en execución, atopándose no momento da inspección aparentemente rematadas a beirarrúa, os postes e cadea e o chapado do zócalo de paramentos de fachada. O muro atópase aparentemente aínda en execución. Non consta neste servizo de urbanismo existencia de Iicenza de obra outorgada ou solicitada, nin comunicación previa presentada ou verificada para as obras executadas ou en curso de execución, polo que os feitos poden supoñer unha infracción urbanística nos termos que establece o artigo 209° e 210° da LOUG, que establece o seguinte (art. 209°.1)…///… … As obras obxecto deste informe sitúanse en zona clasificada polos NSPM vixentes como Solo Urbano regulado polo Ordenanza de Casco Antigo, polo que segundo o establecido na disposición transitoria primeira, apartado b) da Lei 9/2002 LOUG, a este tipo de solo, toda vez que cumpre as condicións establecidas no artigo 12.0) da Lei, se lle aplicará o disposto na mesma para o solo urbano consolidado, sen prexuízo de respectar a ordenación establecida no planeamento vixente…///… … -A súa aparencia e trazado correspóndese cunha vía pública ou camiño, existindo un portal de acceso ao edificio de vivendas da Rúa Casás nº 6 nese tramo, así como outros inmobles con portas de acceso dende este espazo (ver planos e fotos adxuntas) - No plano de ordenación das NSPM vixentes aparece grafado un camiño con ese mesmo trazado, aínda que non se determinan aliñacións específicas nesa zona. - No plano do rueiro aprobado en sesión plenaria de 30 de setembro de 2004, está grafada como o resto das vías públicas, aínda que non se lIe asigna ningún nome específico. - Na cartografía de catastro non consta a existencia de ningún inmoble no lugar das obras, estando representado gráficamente como vía pública. Consta ademais unha parte dese espazo coa denominación de Travesía da Coruña. - No plano do documento de aprobación inicial do PXOM aprobado o 2 de xullo de 2009, o dito espazo consta como vía pública, co mesmo trazado existente actualmente. - Todo elo con independencia da posibilidade de que algún particular poida acreditar a titularidade do terreo, por medio de algún medio de proba válido en dereito…”

Visto o informe do secretario-interventor asesor do Servizo de Asistencia a Municipios

Concello de Guitiriz Rua do Concello nº4, Guitiriz. 27300 (Lugo). Tfno. 982370109. Fax: 982372178

Concello de Guitiriz da Deputación Provincial de Lugo de data 2/02/2016 no que sinala que no presente suposto tanto o informe da policía local como o informe da Arquitecta técnica municipal, resultan concluíntes:

“1. A súa aparencia e trazado correspóndese cunha vía pública ou camiño, existindo un portal de acceso ao edificio de vivendas da Rúa Casás nº 6 nese tramo, así como outros inmobles con portas de acceso dende este espazo (ver planos e fotos adxuntas) . 2. No plano de ordenación das NSPM vixentes aparece grafado un camiño con ese mesmo trazado, aínda que non se determinan aliñacións específicas nesa zona. 3. No plano do rueiro aprobado en sesión plenaria de 30 de setembro de 2004, está grafada como o resto das vías públicas, aínda que non se lIe asigna ningún nome específico. 4. Na cartografía de catastro non consta a existencia de ningún inmoble no lugar das obras, estando representado gráficamente como vía pública. Consta ademais unha parte dese espazo coa denominación de Travesía da Coruña. 5. No plano do documento de aprobación inicial do PXOM aprobado o 2 de xullo de 2009, o dito espazo consta como vía pública, co mesmo trazado existente actualmente. 6. Todo elo con independencia da posibilidade de que algún particular poida acreditar a titularidade do terreo, por medio de algún medio de proba válido en dereito. D.- A rúa ten un definición clara e precisa, na medida en que está consolidada, en ámbalas dúas marxes, por edificacións que teñen acceso directo desde a mesma, de forma que non sería preciso acudir ao deslinde administrativo da mesma.”

Vistas as conclusións do citado informe xurídico:

“Primeira.- Entendemos que o Concello vén obrigado á recuperación administrativa da posesión pública da rúa obxecto deste informe. Segunda.- A efecto, pola señora Alcaldesa debe proponerse á Xunta de Goberno, se a competencia está delegada, ou ao Pleno, a incoación do correspondente expediente de recuperación de oficio. Terceira.- O procedemento para a recuperación da posesión -artigo 71 do RB- podará iníciarse a través das formas previstas no artigo 46 deste, por denuncia dos particulares como no caso que nos ocupa. A recuperación require acordo previo da Corporación ao que se xuntarán os documentos acreditativos da posesión e que están contidos tanto na denuncia formulada (reportaxe fotográfico) como no informe da policía Local e, especialmente, no informe da Arquitecta técnica municipal. A respecto proponse que se ordene a policía local emita informe sobre o usa da rua polos vecinos tanto para paso de persoas como de vehículos, no seu caso. No mesmo sentido que polo responsable de obras do concello se emita informe sobre a realización de obras de afirmado, reparación etc. da rúa por parte do Concello Cuarta.- Esta prerrogativa da recuperación habilita ás Corporacións Locais para que utilicen todos os medios compulsivos legalmente admitidos, segundo a LRXPA (artigo 96) que relaciona ditos medios de execución forzosa, entre os que se atopa a execucíón subsidiaria e a multa coercitiva. Quinta.- O apartado 3 do citado artigo 96, establece que si fose necesario entrar no

Concello de Guitiriz Rua do Concello nº4, Guitiriz. 27300 (Lugo). Tfno. 982370109. Fax: 982372178

Concello de Guitiriz domicilio do afectado, as Administracións públicas deberán de obter o consentimento do mesmo ou no seu defecto a oportuna autorización xudicial, a teor do exixido polo artigo 18.2 da Constitución.“

Visto o informe da Policía Local de data 17/02/2016 e o informe do arquitecto técnico do Concello de data 21/04/2016.

Por acordo plenario de data 9/06/2016 incouse expediente de recuperación do oficio do ben municipal do seguinte tenor literal:

“PRIMEIRO.- Incoar expediente de recuperación de oficio do vial pechado cun muro de bloques e unha cadea entre as rúas dos Casás (á altura do nº5) e Amor de Deus. Segundo consta no expediente o peche de bloques e ladrillos realizouse nun espazo público e sen licenza municipal de obra, polo que os promotores do mesmo deberá proceder ao seu derrubo deixando libre o espazo público.

SEGUNDO.-Requirir aos herdeiros de dona María Josefa Prado Méndez como titulares catastrais do inmoble que da fronte ao citado espazo pechado para que no prazo dun mes procedan ao derrubo do muro executado sen licenza e deixen libre o espazo público quitando a cadea e demais elementos que impidan o paso de vehículos ou peatóns.

TERCEIRO.-Conceder un trámite de audiencia aos interesados para que no prazo máximo de 15 días aleguen o que estimen oportuno ou aporten a documentación que consideren procedente en defensa dos seus dereitos e intereses lexítimos, tendo durante o citado prazo o expediente a súa disposición na secretaría municipal para a súa consulta.

CUARTO.-Advertir aos interesados que no suposto de non atender ao requirimento municipal o Concello poderá utilizar os medios compulsivos legalmente admitidos segundo proceda para a execución forzosa do acordado, entre elos a execución subsidiaria e a multa coercitiva, sendo os gastos que se xeren ao seu cargo.”

Visto o escrito de alegacións de don Jesús Vázquez Otero e dona Maria del Carmen Vázquez Prado de data 29/06/2016, RE nº 2504, no que aportan unha serie de documentación e solicitan que o Concello declare que dito espazo non é de titularirdade pública e arquive o expediente, que se suspenda a orde de derrubo e que se realice unha proba testifical a 3 vecinos da zona. O Concello tiña previsto, antes de resolver o expediente, aceptar a proba testifical proposta por don Jesús Vázquez Otero e dona Maria del Carmen Vázquez Prado e abrir un periodo de proba no expediente de recuperación de oficio do vial pechado cun muro de bloques e unha cadea entre as rúas dos Casás (á altura do nº5) e Amor de Deus, de conformidade co establecido nos artigos 77 e 78 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, para que durante o prazo de 10 días as partes poderán proponer a vecinos para realizar declaracións testificais no lugar data e hora que se comunicaría con antelación suficiente.

Pero debido ao tempo transcorrido dende a iniciación do expediente en data 9/06/2016, o procedemento podería estar cadudado por non haber suspendido o

Concello de Guitiriz Rua do Concello nº4, Guitiriz. 27300 (Lugo). Tfno. 982370109. Fax: 982372178

Concello de Guitiriz computo de prazos nin ditado resolución expresa no prazo máximo de seis meses de acordo co disposto no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común:

“1. La Administración está obligada a dictar resolución expresa y a notificarla en todos los procedimientos cualquiera que sea su forma de iniciación. En los casos de prescripción, renuncia del derecho, caducidad del procedimiento o desistimiento de la solicitud, así como de desaparición sobrevenida del objeto del procedimiento, la resolución consistirá en la declaración de la circunstancia que concurra en cada caso, con indicación de los hechos producidos y las normas aplicables. (…) 2. El plazo máximo en el que debe notificarse la resolución expresa será el fijado por la norma reguladora del correspondiente procedimiento. Este plazo no podrá exceder de seis meses salvo que una norma con rango de Ley establezca uno mayor o así venga previsto en el Derecho de la Unión Europea. 3. Cuando las normas reguladoras de los procedimientos no fijen el plazo máximo, éste será de tres meses. Este plazo y los previstos en el apartado anterior se contarán: a) En los procedimientos iniciados de oficio, desde la fecha del acuerdo de iniciación. b) En los iniciados a solicitud del interesado, desde la fecha en que la solicitud haya tenido entrada en el registro electrónico de la Administración u Organismo competente para su tramitación.

Proposta ao Pleno do Concello por parte da Alcaldía de data 11 de maio de 2017 dispoñendo declarar a caducidade do procedemento de recuperación de oficio por transcorrer o prazo máximo para resolver.

Tendo en conta o informe xurídico da abogada Dona Patricia Roca Pena en relación á titularidade pública ou privada do camiño entre a rúa os Casás e a rúa Amor de Deus de data 11 de maio de 2017.

Visto o certificado de data 18 de xuño de 2017, da Secretaria do Pleno do Concello, do acordo Plenario tomado en data 25 de maio de 2017.

Visto a notificación aos herdeiros de Josefa Prado Méndez en data 22 de xuño de 2017, do acordo Plenario de data 25 de maio de 2017 dispoñendo declarar a caducidade do procedemento de recuperación de oficio por transcorrer o prazo máximo para resolver.

Visto o escrito presentado ante o rexistro do Concello por D. Jesús Vázquez Otero en data 11 de xullo de 2017, ratificándose nas súas alegacións anteriores e solicitando que se incorporen ao novo expediente de recuperación de oficio, solicitando proba testifical e do recoñecemento do terreo.

Visto o informe do servizo de cooperación de asistencia aos Concellos de data 24/07/2017.

Visto o informe de secretaría de data 20/11/2017.

Concello de Guitiriz Rua do Concello nº4, Guitiriz. 27300 (Lugo). Tfno. 982370109. Fax: 982372178

Concello de Guitiriz

Considerando o disposto na seguinte normativa de aplicación: a) Lei 33/2003, do 3 de novembro, do patrimonio das Administracións Públicas. b) Regulamento da citada Lei, aprobado por Real decreto 1373/2009, do 28 de agosto. c) Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local. d) Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común. e) Ley 5/1997, de administración local de Galicia. f) Real decreto 1372/1986, do 13 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de bens das Entidades Locais.

Considerando o disposto nos artigos 21.1 Lei 7/1985 do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local.

PROPOÑO AO PLENO DA CORPORACIÓN , previo ditame da Comisión Informativa: PRIMEIRO.- Incoar o expediente de investigación da titularidade do camiño público/ vía pública que conecta Travesía Coruña (Rúa Os Casás) coa Rúa Amor de Deus, que da acceso aos portais 12,14 e 16, sobre o cal non consta referencia catastral pero si aparece grafado nos seguintes documentos: - Certificación catastral no cal aparece grafado como vía pública. Unha parte dese espazo aparece ademáis coa denominación de Travesía Coruña. - No plano de ordenación das NSPM vixentes aparece grafado un camiño con ese mesmo trazado,. - No plano do rueiro aprobado en sesión plenaria de 30 de setembro de 2004, está grafada como o resto das vías públicas, aínda que non se lIe asigna ningún nome específico. - No plano do documento de aprobación inicial do PXOM aprobado o 2 de xullo de 2009, o dito espazo consta como vía pública, co mesmo trazado existente actualmente SEGUNDO.- Publicar o o acordo de iniciación no Boletín Oficial da Provincia de Lugo e na sede electrónica do Concello de Guitiriz, e que se expoña no taboleiro de anuncios do Concello de Guitiriz un exemplar dos ditos boletíns durante un prazo de quince días. TERCEIRO.- Que se notifique persoalmente a incoación do procedemento aos que figuran como interesados no mesmo, para que no prazo dun mes aleguen o que estimen oportuno. CUARTO. Que se traslade o acordo de iniciación á Administración Xeral do Estado e á da Comunidade Autónoma para que, de ser o caso, poidan facer valer os seus dereitos e alegar o procedente. QUINTO.- Abrir un trámite de información pública por prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao día en que se deba dar por rematada a publicación dos anuncios no taboleiro da corporación, para que as persoas afectadas polo expediente de investigación poidan alegar por escrito todo o que consideren conveniente para o seu dereito ante a corporación, para o que achegarán todos os documentos en que baseen as súas alegacións. SEXTO. Unha vez finalizado o prazo para presentar alegacións, que se abra un período de proba por un prazo de 15 días hábiles no que serán admisibles os

Concello de Guitiriz Rua do Concello nº4, Guitiriz. 27300 (Lugo). Tfno. 982370109. Fax: 982372178

Concello de Guitiriz seguintes elementos: — Os documentos públicos xudiciais, notariais ou administrativos outorgados de acordo co Dereito. — O recoñecemento e ditame pericial. — A declaración de testemuñas. SÉTIMO. Unha vez practicadas as probas e valoradas polos servizos da corporación, porase de manifesto o expediente ás persoas ás que afecte a investigación e comparecesen nel, para que, durante un prazo de 10 días, aleguen o que crean conveniente para o seu dereito.

Por parte do voceiro do PP, indícase o seguinte: Sra. Alcaldesa-Presidenta queremos que este tipo de cousas queden resoltas dunha vez por todas, xa que a maioría de nós, non estamos preparados para dirimir que ten a razón ou non, sobre todo cando as cousas non están claras.

Sra. Polín, nós somos políticos, políticos de concello, non de altas esferas, podemos entender e comprender o que os tribunais diten, mais non converter este consistorio nun tribunal de dite sentenzas definitivas, sobre a propiedade de cada quen, ou de cada cal.

Repítolle, nós somos políticos e, isto que o ten que dirimir, presentado probas son os xuíces ou maxistrados nos distintos xulgados e tribunais, e unha vez ditada sentenza, nós aprobar no pleno, se procede en dereito, o que esa sentenza diga, non antes pois ao final o que pode ocorrer e que calquera que teña un problema por uns lindes, recorra a nós como medio económico para solucionalo.

Por tanto o Grupo Popular neste concello, abstense no seu voto, xa que non podemos ser árbitros destes casos, e así amosar que somos neutrais nestas lides.

De seguido, polo concelleiro non adscrito indícase que dende o 2015 que se inicia todo este proceso que se abriu cun expediente para a “recuperación dun espazo público entre as rúas Casás e Amor de Deus” e lido todos os informes realizados pola policía local, da arquitecta técnica municipal, de secretaría, e o 25/5/2017 o acordo do pleno no que se declara caducidade do procedemento que fora incoado no pleno do 9/6/2016 para a recuperación de oficio. E por último o informe con data 17/7/2017 do secretario interventor asesor para os concellos da Deputación no que conclúe que a Sra. Alcaldesa propoña ao órgano competente a apertura de expediente de investigación, do mesmo xeito que a secretaría do Concello que neste novo informe considera necesario a incoación do expediente de titularidade da rúa-camiño que conecta as rúas anteriormente citadas. Por tanto apoio a incoación do expediente de investigación, e que desde o meu punto de vista a solución a do órgano xudicial competente.

O voceiro do BNG, no uso da palabra na primeira rolda de intervencións, indica que iniciar ou incoar o expediente de investigación da titularidade do camiño/vía que conecta Travesía Coruña (Rúa Os Casas) coa Rúa Amor de Deus, que da acceso ao portais 12, 14 e 16, sobre o cal non consta referencia catastral, pero si aparece grafado nos seguintes documentos:

Concello de Guitiriz Rua do Concello nº4, Guitiriz. 27300 (Lugo). Tfno. 982370109. Fax: 982372178

Concello de Guitiriz

- Certificación catastral no cal aparece grafado como vía pública. - Unha parte dese espazo aparece ademais coa denominación de Travesía Coruña. - No plano do ordenación das NSPM vixentes aparece grafado un camiño con ese mesmo trazado. - No plano do rueiro aprobado en sesión plenaria de 30 de setembro de 2004, está grafada como o resto das vías públicas, aínda que non se lle asigna ningún nome especifico. - No plano do documento de aprobación inicial do PXOM aprobado o 2 de xullo de 2009, o dito espazo consta como vía pública, co mesmo trazado existente actualmente. No BNG respectamos todos os informes presentados ata o de agora e agardamos que esta investigación que da comezo resolva esta situación.

Por parte do Sr. Veres , voceiro do Grupo Independente, incídese en que se faga unha investigación a fondo, que se vexan todas as probas e que non se chega a un acordo claro de se é dominio público ou privado que sexa o xulgado quen decida.

A Presidencia, facendo uso da súa palabra, indica que nos non somos xuíces, pero creo que esto é o que hai que facer . De todos os informes existentes existen algúns que indican que é dominio público e outros privado Esto debeuse a existencia dunha denuncia por escrito, e a nosa obriga é tramitalo. Logo da tramitaciión haberá unhas conclusións, e aparte que non estea dacordo sempre poderá recurrir ante o xulgado.

Na segunda rolda de intervencións, o Sr Teixido comeza a leer o listaxe de documentos privados aportados pola parte denunciada, polo que indica que non son xuíces e vanse abster na votación.

Finalizado o debate, sométese a votación acadando o seguinte resultado: Votos a favor: 9(PSOE; BNG; concelleiro non adscrito e grupo independente) Votos en contra: 0 Abstencións : 4 (PP). Queda aprobada por maioría absoluta con 9 votos a favor.

Expediente 1572/2017. Aprobación de Ordenanza Municipal Reguladora

Favorable Tipo de votación: Unanimidade/Asentimento

PROPOSTA PLENO

ORDENANZA Pola Presidencia dase a palabra á Sra. Secretaria, que procede á lectura da proposta de Alcaldía dictaminada favorablemente na Comisión Informativa, que no seu teor literal di:

Concello de Guitiriz Rua do Concello nº4, Guitiriz. 27300 (Lugo). Tfno. 982370109. Fax: 982372178

Concello de Guitiriz

Dona Regina Polín Rodríguez, alcaldesa-presidenta do Concello de Guitiriz, en uso das súas atribucións legalmente conferidas.

Por providencia da alcaldía de data 18/10/2017 iniciouse o correspondente expediente para a aprobación da ordenanza de transparencia, acceso á información pública e reutilización de datos do Concello de Guitiriz .

Visto o proxecto de Ordenanza reguladora de transparencia, acceso á información pública e reutilización de datos do Concello de Guitiriz.

Visto o informe xurídico de secretaría de data 23/10/2017.

Visto que se efectuou o trámite de consulta previa entre os días 7/11/2017 e 22/11//2017.

Considerando o disposto nos artigos 4.1 a), 21.1, 22.2 d),25.2, 47.1, 49, 65.2 e 70.2 da Lei 7/1985 do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local.

Esta alcaldía propón ao Pleno da Corporación, previo ditame favorable da comisión informativa de asuntos do Pleno, a adopción do seguinte ACORDO:

PRIMEIRO.- Aprobar inicialmente a Ordenanza de transparencia, acceso á información pública e reutilización de datos do Concello de Guitiriz redactado polo servizos municipais.

SEGUNDO.- Abrir un período de información pública durante un prazo de 30 días mediante a publicación de edictos no Boletín Oficial da Provincia e no Taboleiro de Edictos deste Concello, para que poidan presentarse reclamacións e suxestións. De non producirse alegacións, a ordenanza considerarase definitivamente aprobada.

Ábrese o debate, tendo a palabra o voceiro do PP, Sr. Teixido, que indica que unha vez concluído o procedemento xeral a seguir para a súa aprobación ou modificación deste ordenanza municipal reguladora da transparencia, acceso a información pública e rehutilización dos datos deste concello, como son:

Incoación do expediente pola alcaldía, informe xurídico, consulta na web municipal e redactado o proxecto da ordenanza cunha proposta da alcaldía para o Pleno deste concello, un ditame da Comisión Informativa e habendo aprobación inicial do Pleno e, feita a publicación no BOP e na paxina Web deste Concello.

Unha vez resoltas as reclamacións e suxestións que se houbesen interposto, queda por tanto a aprobación definitiva e, dende logo, tendo o Pleno desta corporación e cumprindo cos principios de boa regulación o Partido Popular de Guitiriz vai apoiar a súa aprobación.

Por parte do concelleiro non adscrito, Sr Blengua, indícase que esta ordenanza, que como di no seu preámbulo, está inspirada na normativa e distintos documentos, ten como eixo central as leis 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á

Concello de Guitiriz Rua do Concello nº4, Guitiriz. 27300 (Lugo). Tfno. 982370109. Fax: 982372178

Concello de Guitiriz información e bo goberno e a 37/2007, do 16 de novembro, a reutilización da información do sector público. E por tanto como di o texto “é un paso máis cara ao chamado goberno aberto”, polo que non podo estar máis de acordo e no que sempre defendín e dei mostras diso nos diferentes Plenos.

Esta ordenanza que na súa art.2 di que será de aplicación non tan só para cargos electos ou persoal eventual, así como organismos ou entidades públicas vinculadas co Concello, da mesma maneira e no seu caso se houbese, para sociedades, fundacións ou asociacións constituídas polo concello. Ademais de calquera persoa física ou xurídica que preste servizos públicos ou exerza competencias de titularidade municipal.

O que se está tratando hoxe coa aprobación desta ordenanza, é un dereito fundamental recoñecido pola nosa Constitución que é o dereito de acceso á información, por suposto dentro dos parámetros marcados pola Lei 19/2013. Como indica o art.3 da ordenanza; os principios xerais de publicidade polo carácter público da información, reutilización da mesma nos termos previstos, accesibilidade universal e inmediata e a calidade da mesma para que sexa veraz, fidedigna, actualizada e comprensible.

Así mesmo como se indica no texto o dereito das persoas ao acceso á información e a ser informados, de forma gratuíta e como di a Constitución a transparencia e a súa consecuencia, que é a participación como principios fundamentais dos estados modernos. Estas obrigacións de transparencia, reutilización e acceso á información pública, cunha publicidade activa da información a través da web do Concello ou a sede electrónica como as ferramentas coas que acceder á información. E que espero que estes medios da e-administración sexan uns instrumentos activos para esta información, actualizándose periodicamente, así como portais da transparencia e publicidade de toda a información pública desexada e demandada polos cidadáns e como indica a lista do anexo 1 desta ordenanza titulado publicación activa de información. Por parte do voceiro do BNG indícase que non necesita a intervención e anuncia o seu voto a favor.

O Sr. Veres manifesta que está dacordo coa proposta de Alcaldía

Non sendo necesaria máis intervencións, a proposta de alcaldía queda aprobada por unanimidade, con 13 votos a favor (PSOE; PP; BNG; concelleiro non adscrito e grupo independente).

Expediente 1661/2017. Aprobación do Recoñecemento Extraxudicial de Créditos (Guitiriz).-

Favorable Tipo de votación: Ordinaria A favor: 12, En contra: 0, Abstencións: 1,

Concello de Guitiriz Rua do Concello nº4, Guitiriz. 27300 (Lugo). Tfno. 982370109. Fax: 982372178

Concello de Guitiriz

Ausentes: 0

EXPEDIENTE NÚMERO: 1661/2017 PROCEDEMENTO: Recoñecemento extraxudicial de créditos 8/2017 (Pleno).

Por parte da Presidencia dase a palabra á Sra. Secretaria, que procede a dar lectura á proposta de alcaldía dictaminada favorablemente na Comisión Informativa, que no seu teor literal di:

ASUNTO: PROPOSTA DA ALCALDÍA AO PLENO DA CORPORACIÓN.

Consta a esta Alcaldía a existencia de facturas presetadas a través do Rexistro Xeral do Concello e/ou a través da plataforma de facturación electrónica FACE por diversos acreedores municipais, incluídas nas Relacións de facturas nº144, e 203 que forman parte dos expedientes cos números 710/2017 e 915/2017 que se relacionarán de seguido e que se atopan pendentes de pago:

Código Relación: Descripción: INFRAESTRUTURAS RE DO 10/04/2017 144

Fec. Nº Fec. Áre Import Dcto Reg Dni/Cif Razón Social I.V.A Reg. Factura Fac. a e s.

10/04/ 28/05/2 B271870 1008 023-15 INIMATEC 01 750,20 0,00 0,00 2017 015 79

Concepto: HONORARIOS PROXECTO REPARACIÓN ALUM. PCO EXTERIOR PARA Operación : Imp. Líquido: 750,20 ADAPTALO Á INSTRUCCIÓN 5/2014 DE 19 DE ADO SETEM

Partidas Presupuestarias

ESTUDIOS Y TRABAJOS 165 22706 750,20 TECNICOS

Total Imp. Presupuesto: Imp. Líquido: I.V.A: 0,00 Dctos: 0,00 Relación… 750,20 750,20

Código Relación: Descripción: PLENO RE DO 29-05 AO 02-06-2017 203

Reg Fec. Nº Fec. Dni/Cif Razón Social Áre Impor I.V.A Dctos. Reg. Factur Fac. a te

Concello de Guitiriz Rua do Concello nº4, Guitiriz. 27300 (Lugo). Tfno. 982370109. Fax: 982372178

Concello de Guitiriz

a

30/05/ 74235 30/04/ A36650 ASCENSORE 177,9 0,0 1315 01 0,00 2017 3 2017 992 S ENOR, S.A. 5 0

Concepto: MANTEMENTO ASCENSOR Operació Imp. Líquido: 177,95 CONCELLO DO MES DE SETEMBRO 20 16 n : ADO

Partidas Presupuestarias

REPARACIÓN, 2120 920 MANTENIMIENTO. 177,95 0 EDIFICIOS

F.E.M.P. RCS/1 02/06/ 05/04/ G28783 FEDERACION 500,0 0,0 1331 1-006 01 0,00 2017 2011 991 MUNICIPIOS Y 0 0 2 PROVINC

Concepto: COTA RED ESPAÑOLA Operació Imp. Líquido: 500,00 CIUDADES SALUDABLES 2011 n : ADO

Partidas Presupuestarias

4880 920 TRASNFERENCIAS 500,00 0

Total Imp. Presupuesto: Dctos: I.V.A: 0,00 Imp. Líquido: 677,95 Relación… 677,95 0,00

É vontade deste grupo de goberno de efectuar tódolos pagos pendentes aos acreedores municipais, e á vista das consecuencias negativas que poidan derivarse do incumprimento da normativa reguladora da morosidade nas administracións públicas, tanto para o Concello como especialmente para os proveedores municipais.

Á vista do anterior, mediante Providencia da Alcaldía, ordenouse á intervención municipal que se efectuase a tramitación oportuna para a aprobación dos gastos derivados das facturas anteriores. Unha vez efectuada a tramitación oportuna, a Intervención municipal emitiu Informe de fiscalización que obra no expediente.

Á vista do informe de fiscalización esta Alcaldía considera necesario facer constar que as facturas, a pesar de corresponderse con gastos de exercicios anteriores, foron presentadas polos acreedores no presente exercicio.

Tendo en conta a regulación contida nos artigos 163 e 176 do Texto refundido da lei

Concello de Guitiriz Rua do Concello nº4, Guitiriz. 27300 (Lugo). Tfno. 982370109. Fax: 982372178

Concello de Guitiriz reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, así como o artigo 60.2 do Real decreto 500/1990, do 20 de abril, segundo os cal "[...] Corresponderá al Pleno da la Entidad el reconocimiento extrajudicial de créditos, siempre que no exista dotación presupuestaria, [...]"

Considerando que a imputación ao exercicio corrente dos gastos aos que se refire este expediente, en principio non prexudica á atención das necesidades do exercicio corrente, e tendo en conta a efectiva prestación dos servizos por parte dos emisores das facturas nos termos do establecido na Base 20 das de execución do vixente orzamento municipal

PROPOÑO ao Pleno da Corporación a adopción do seguinte ACORDO:

Primeiro.- Aprobar o recoñecemento extraxudicial dos créditos correspondentes ás facturas indicadas máis arriba polo importe total de 1.428,15 €.

Segundo.- Dar traslado do presente acordo á Alcaldía aos efectos de que se proceda á Ordenación de pagos nos termos do artigo 61 do Real Decreto 500/1990.

Terceiro.- Dar traslado do presente Decreto ao Departamento de Intervención-Tesorería para o seu coñecemento e efectos oportunos e dar conta ao Pleno da Corporación na primeira sesión que se celebre.

Por parte do voceiro do PP indícase que o Grupo Popular neste concello de Guitiriz, esta de acordo en que hai que pagar as débedas, polo tanto, o que se deba que se pague.

De seguido o concelleiro non adscrito , no uso da palabra, indica que este segundo recoñecemento extraxudicial de créditos de hoxe que corresponde ao oitavo de 2017. No que somete a decisión do pleno a aprobación do mesmo que corresponde a tres facturas. Unha primeira do proxecto de reparación da iluminación pública con data da factura 28/5/2015 e data de rexistro 10/4/2017 cun importe de 750, 20 euros. Unha segunda factura do mantemento do ascensor do Concello do mes de setembro do 2016 con data de a factura de 30/4/2017 e data de rexistro do 30/5/2017 cun importe de 177,95 euros. E a terceira factura corresponde á cota da Rede Española de Cidades Saudables do 2011 con data de facturación 5/4/2011 e data de rexistro 2/6/2017 cun importe de 500 euros. Por tanto son gastos de servizos prestados en exercicios anteriores polo que non son imputables a cargo do presente orzamento polo que se aplica a excepcionalidade como marca o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais unha vez recoñecido o gasto. E conforme á fiscalización realizada por intervención, dou o meu voto a favor deste recoñecemento extraxudicial de créditos 8/2017.

O voceiro do BNG, Sr. González, no uso da palabra na primeria rolda de intervencións indica que a proposta da alcaldía é pagar tres facturas, unha de abril de 2011 de 500 euros dunha cota da Rede Española de Cidades Saudables, outra de maio de 2015 de 750 euros dos honorarios dun proxecto de reparación eléctrica no concello, e outra de abril deste ano por valor de 177 euros de mantemento do ascensor de setembro de 2016.

Concello de Guitiriz Rua do Concello nº4, Guitiriz. 27300 (Lugo). Tfno. 982370109. Fax: 982372178

Concello de Guitiriz

Non son grandes facturas nin van a alterar o orzamento anual, pero si creemos que se poden facer as cousas de outra maneira e non vamos a votar a favor.

Por parte do voceiro do Grupo Independente anuncia o seu voto a favor.

De seguido toma a palabra a Sra. Alcaldesa- presidenta que indica que as primeira factura que entrou en abril do 2017 se corresponde cun traballo feito no 2015, polo que o retraso é imputable ó contratista. A segunda entrou no Concello entrou en maio de 2017, polo que tamén é algo imputable ó contratista Co respecto á factua da Cota de Rede de Cidades Españolas Sostenibles correspóndese co ano 2011, pero este retraso débese por un defecto formal e non se corrixeu ata agora, polo que non é imputable ao equipo de Goberno.

Na segunda rolda de intervencións, o voceiro do PP, indica que a a primeira factura entrou en abril de 2017, a segunda en maio de 2017 e aterceira é de 2011 e correspóndese co seu mandato, polo que non se alabe na súa xestión.

Indica que vai votar a favor porque queren que se paguen as facturas.

O voceiro do BNG indica que no vai votar a favor porque a factura relativa a Cidades Saudables posto que debería haber outra forma

Logo do debate sométese a votación quedando aprobado por maioría absoluta con 12 votos a favor (PSOE; PP; concelleiro non adscrito e Grupo Independente) e unha abstención do BNG

Expediente 1752/2017. .Proposta cesión da Rúa Rosalía de Castro

Favorable Tipo de votación: Unanimidade/Asentimento

A Sra Secretaria procede a dar lectura á proposta de Alcaldía dictaminada favorablemente pola Comisión Informativa, que no seu teor literal di:

PROPOSTA PARA SOLICITAR Á XUNTA DE GALICIA A ESTRADA AUTONÓMICA LU-241

Existe dentro do casco urbano de Guitiriz a estada autonómica LU-241 que une a A-VI coa estación de tren. Mide 210 metros de lonxitude e dende antigo está convertida nunha rúa con todos os servizos, absorbida como trama urbana. Por outra banda non ten na actualidade ningunha función como estrada xa que non da continuiade a ningún itinerario e só supón un anacronismo dentro da rede municipal que, lonxe de aportar servizos, tense convertido nun problema burocrático para os

Concello de Guitiriz Rua do Concello nº4, Guitiriz. 27300 (Lugo). Tfno. 982370109. Fax: 982372178

Concello de Guitiriz veciños e o Concello xa que obriga a pedir autorización autonómica para calquera obra ou actividade dentro da mesma, feito que acarrea atrancos, demoras e custe económico para a veciñanza en xeral. O decreto 308/2003 de 26 de xuño polo que se aproba a relación de estradas de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia inclúe no seu art. 9 a relación de estradas subsceptibles de ser trasferidas. Dentro desa relación figura a LU-241. O procedemento a seguir para o posible cambio de titularidade realizarase dacordo á Lei 4/1999 de 14 de setembro de estradas de Galiza. O proceso terminará nun decreto que, previo convenio, entre a Xunta de Galiza e a corporación local, aprobe o cambio de titularidade da vía. A día de hoxe a estrada figura dentro do rueiro municipal como rúa Rosalía de Castro e nos últimos anos sufriu unha regresiva transformación despois da supresión de pasos a nivel que a convertiu na práctica nun espazo pouco transitado tanto por persoas como por automóviles feito que colaborou no peche de varios establecementos comerciais existentes da mesma. Dado que ten unha situación céntrica e reúne varias construcións que se poderían recuperar: o antigo local de cine de Guitiriz, dous edificios decadentes que se poderían convertir en vivendas para xente nova, a antiga e afamada Casa Tomé, a estación de tren,….e nas proximidades Fonda Bergantiños, edificio que albergou o xulgado,… Ten ademais a peculiaridade de que baixo a actual capa de aglomerado perdura un vello adoquinado que lle podía dar pulo e facela máis atractiva, no caso de ser recuperado. Esto contribuiría a modificar a fisonomía lineal da vila e complementaria a Praza e as rúas que a circundan. Tendo en conta todo o anterior, PROPONSE ó PLENO DA CORPORACIÓN a adopción dos seguines acordos: 1º Solicitar á Xunta de Galicia, nomeadamente á Consellería de Infraestructuras e Vivenda que. -Inicie os trámites para ceder ó Concello a titularidade da estrada LU- 241, para os guitiricenses rúa Rosalía de Castro. - Redacte un proxecto para a posta en valor da mesma recuperando o adoquinado, cambiando as beirarrúas e introducindo un carril-bici ou calquera outro elemento que humanice o espazo. -Busque a fórmula para recuperar algunhas actividades que se desenrolaron nesa rúa e que forman parte importante da historia de Guitiriz. -Execute o proxecto e posteriormente proceda á cesión da rúa. 2º Facultar á Sra. Alcaldesa para levar a cabo os trámites pertinentes.

O voceiro do PP, Sr. Teixido, indica que cando unha administración cede a outra a titularidade de calquera ben, sexa moble ou inmoble, faino coa certeza de que as súas arcas económicas van quedar mais saneadas, e por tanto, non entendemos o que vostede está a pedir, pois cando unha administración fai unha cesión, e para que a administración receptora o arranxe e o manteña.

Sra. Alcaldesa-Presidenta, vostede pide todo o contrario, que redacten un proxecto e,

Concello de Guitiriz Rua do Concello nº4, Guitiriz. 27300 (Lugo). Tfno. 982370109. Fax: 982372178

Concello de Guitiriz ao mesmo tempo, o executen levantando o asfaltado, deixando o antigo adoquinado, se fagan as beirarrúas, claro está, en pedra do pais, facer un carril-bici, neste caso na rúa menos axeitada de toda a vila, para andar nelas, e a maiores, arranxo do cine, arranxo das vivendas para xente nova, etc.

Realmente, estamos alucinando, xa que vostede, que incumpre a maior parte dos acordos, feitos por medio de mocións, e rogos, agora cree co resto das administracións, neste caso a Xunta de Galicia, van facer todo o que vostede lles pida.

Por parte do concelleiro non adscrito, Sr. Blengua, indícase que esta proposta da alcaldía na que se solicita á Xunta a titularidade da estrada LU-241, os 240 metros no centro urbano, coñecida como Rúa Rosalía de Castro, paréceme apropiado e estou de acordo desta e de calquera outro tramo de estrada que estean dentro do rueiro e que se solicite a súa titularidade. Xa que entendo que é unha vantaxe para os veciños á hora de tramitación de permisos, autorizacións ou calquera acto burocrático coa administración. Sempre é máis fácil e máis accesible este tipo de tramitacións ou solicitudes coa propia administración municipal que coa autonómica, aquí e en todas partes. O que nesta proposta créame dúbidas, ou non vexo moi claro é o proxecto que se quere solicitar á Xunta e que deben executar para posteriormente proceda á cesión da rúa. Creo que debería priorizarse antes certas demandas, desde o meu punto de vista, máis urxentes que outras que se solicitan nesta proposta. Como deberían ser a mellora da rede de saneamento da rúa, discriminando augas sucias e augas pluviais, a mellora e ancho das beirarrúas, na explanada diante da estación mellorar a zona de aparcadoiro, por dar algunha idea, antes que volver ao adoquinado por exemplo, sen entrar en máis detalles. Creo que na negociación para o cambio de titularidade non será problema para a Xunta, que seguro que o farán encantados, o tema será que nivel de esixencias reclámense desde o Concello nese cambio, e por iso digo que prioricen non sexa despois un lastre económico para o concello unhas expectativas non cubertas que se solicitan á administración autonómica.

De seguido, o voceiro do BNG, indica que parécenos interesante esta iniciativa, porque recuperar esta rúa das máis antigas de Guitiriz e bo para todos os veciños e moito máis para os residentes da propia rúa. Gustaríanos que se tivera en conta a proposta do BNG de volver a insistir na cesión por parte de Renfe ou Adif da parte axardinada da estación do tren, seria o remate da Rúa Rosalía de Castro, hai que ter en conta que sería o remate ideal para esta rúa.

O Sr. Veres, voceiro do Grupo Independente, indica que xa indicou na Comisión Informativa que o seu voto sería a favor, pero que a parte desta deberían solicitarse todas as rúa que estivesen en casco urbano.

A Presidencia, no uso da palabra , comeza a súa exposición en referencia ao Sr. Teixido indicando que este equipo de goberno non vai recibir a rúa se non hai melloras, posto que eso se fixo en máis sitios, polo que para recibila hai que facer un proxecto de recuperación da rúa.

Concello de Guitiriz Rua do Concello nº4, Guitiriz. 27300 (Lugo). Tfno. 982370109. Fax: 982372178

Concello de Guitiriz

En referencia ao indicando polo Sr. Blengua, indicarlle que respecto do saneamento tería que levar separación de pluviais e fecais, quedando todo novo como quedou no Curro Vello, en Boa Veciña, Mercado e Deputación.

Aínda que non o puxen na proposta a rúa non se vai recibir se non está en condicións, e coincide co concelleiro non adscrito en que favorecerá aos veciños de Guitiriz, posto que cada vez que hai que facer algo na rúa hai que pedir permisos sectoriais, o que retrasa enormemente a tramitación. Indica que pode poñer de exemplo o acondicionamento da Rúa Xermolos, que podería haberse feito no verán pero necesitabase unha autorización sectorial da Xunta, que indicou posteriormente que non era necesaria tres meses despois.

En contestación a Sr. González, negociar con ADIF é imposible, porque xa se intentou de todalas formas posibles.

Continúa dicindo que considera que é algo moi positivo para Guitiriz, podendo recuperar certos edificios como é o antigo Cine no que establecer un miniaditorio ou outro edifico que se podería expropiar para destinalo a aluguer para a xuventude en condicións máis vantaxosas.Asemade beneficiaría o sector do comercio que se vería dinamizado posto que moitos locais están pechados na actualidade.

Repecto do adoquinado, indica que non sabe se é o mellor ou no, e posiblemente se podería facer unha consulta pública.

Na segunda rolda de intervencións o Sr. Teixido indica que está dacordo que se pida a cesiónd a rúa pero que o proxecto sexa consensuado.

Non sendo necesaria unha segunda rolda de intervencións polo resto dos voceiros,logo do debate sométese a votación a proposta de Alcaldía, sendo aprobada por unanimidade (PSOE;PP;: BNG; concelleiro non adscrito e Grupo Independente).

Expediente 1668/2017. .Moción contra os lumes forestais e polo desenvolvemento rural

Desfavorable Tipo de votación: Ordinaria A favor: 3, En contra: 4, Abstencións: 6, Ausentes: 0

Por parte de Alcaldía dase a palabra ó voceiro do BNG, que comeza a lectura moción ,dictaminadad favorablemente pola Comisión Informativa, que no seu teor literal di:

“Xosé Lois González Souto, Portavoz do BNG na Corporación Municipal de Guitiriz, ao abeiro do Regulamento orgánico municipal, presenta a seguinte proposición, para o seu debate en Pleno.

MOCIÓN CONTRA OS LUMES FORESTAIS E POLO DESENVOLVEMENTO

Concello de Guitiriz Rua do Concello nº4, Guitiriz. 27300 (Lugo). Tfno. 982370109. Fax: 982372178

Concello de Guitiriz

RURAL Exposición de motivos A traxedia da vaga de lumes forestais que vén de arrasar Galiza provocou en catro días a morte de catro persoas, puxo en situación de grave risco núcleos urbanos e miles de persoas viron as súas vidas ás portas da morte; deixou vivendas, centos de propiedades e máis de 35.000 hectáreas engulidas polas lapas (máis de 48.000 hectáreas este ano, tanto como nos tres anos pasados). O Goberno galego era consciente de que Galiza atravesaba unha das maiores secas das últimas décadas, que as comarcas de Ourense levaban ardendo durante toda a semana e que os coletazos do furacán Ofelia traería fortes rachas de vento. A pesar diso, a política do Partido Popular (PP) vai no sentido inverso: redución das franxas de protección, despedimento de case medio milleiro de traballadoras e traballadores da empresa pública SEAGA a semana anterior e a non aplicación durante todo o ano das medidas de prevención. Para o PP, unha política forestal que acometa medidas de carácter estrutural, que abranga a posta en valor dos terreos forestais, o aproveitamento diversificado e multifuncional do monte, a aplicación de medidas preventivas e de actualización do propio dispositivo de loita contra os lumes forestais, non existe. En 2007 aprobouse por primeira vez unha lei de prevención e defensa contra os incendios forestais en Galiza. Dita norma sentaba os alicerces para dar prioridade a unha actuación preventiva contra os incendios forestais, combinando medidas de ordenación forestal do territorio, o impulso ao asociacionismo na explotación forestal, a inserción da política forestal na de desenvolvemento rural, deixando de ser unha política sectorial illada doutras actividades no medio rural, e a regulación dunha planificación eficaz dos dispositivos contra o lume. Esta Lei foi derrogada polo PP, sen máis argumento que o desprezo pola súa autoría, sen ningún criterio lóxico, nin dende o punto de vista da prevención e loita contra o lume, nin para propiciar o desenvolvemento do rural e, o que é peor, sen implementar ningún modelo alternativo, acordando a pura e simple eliminación de medidas avanzadas de prevención e a volta á relegación e parálise da política preventiva e de ordenación forestal como principal panca para erradicar os incendios forestais en Galiza. O goberno do PP, desde aquela, abriu a posibilidade de forestar terras agrarias, permitindo as repoboacións forestais en terras adicadas ao labradío, prados ou pasteiros. Deste xeito aumentou o desorde territorial, diminuíu a posibilidade de incrementar as explotacións, propiciou o abandono do mundo rural e aumentou o perigo dos incendios forestais. O goberno do PP, ademais, reduciu na metade a obriga de xestionar a biomasa vexetal nunha faixa de 100 metros arredor de calquera núcleo ou actividade situada a menos de 400 metros do monte. E reduciu de 50 metros a 25, a contar desde a extrema da propiedade, a prohibición de especies que favorezan a propagación do lume (eucalipto, acacia, piñeiro...). Estas reformas só poden ser entendidas, ademais, se con elas se pretende favorecer os intereses de certas industrias como ENCE, ao permitir grandes plantacións de especies de crecemento rápido como o eucalipto.

Concello de Guitiriz Rua do Concello nº4, Guitiriz. 27300 (Lugo). Tfno. 982370109. Fax: 982372178

Concello de Guitiriz

O BNG leva anos denunciando que este é un dos principais problemas estruturais do noso país. E como tal, a resposta tamén debe atacar ao problema de fondo. No mes de xuño, a Portavoz Nacional do BNG, Ana Pontón, após os incendios do Pedrógão en Portugal, fíxolle un ofrecemento ao Presidente da Xunta de Galiza, para chegar a un grande pacto nacional galego en defensa do noso monte, que Feijóo nin se dignou en contestar. Os aspectos a abordar, como a desertización, o abandono de explotacións agrarias, monocultivo do eucalipto ao servizo basicamente de ENCE, a falta dun aproveitamento multifuncional do monte galego que aproveite todo o seu potencial, servizo de prevención e extinción precario, estacionalizado e sen mando único, etc., seguen aínda pendentes. Diante disto o goberno do PP, aplica a política da manipulación informativa e do autobombo, botándolle a culpa ao vento, a Portugal... sen asumir as súas responsabilidades. Mesmo pretende atribuír aos concellos funcións propias da administración forestal, como a contratación das brigadas de extinción ou a realización de labores de limpeza nos límites das masas forestais, cando carecen de financiamento público municipal e son, se nos atemos aos criterios da pretendida 'racionalización da administración local' que impuxo o PP, competencias impropias dos entes locais. Por todo isto, o grupo municipal do BNG solicita do Pleno da Corporación Municipal a adopción do seguinte acordo Instar á Xunta de Galiza á 1. Executar unha política de desenvolvemento rural que reverta o abandono dos núcleos rurais e das explotacións agrarias e forestais. 2. Realizar, de xeito consensuado coas restantes forzas políticas e axentes sectoriais e sociais implicados, as modificacións lexislativas necesarias para a posta en valor do solo forestal e regule adecuadamente os problemas estruturais a nivel de ordenación do espazo rural e de medidas preventivas. 3. Acometer unha política forestal baseada no aproveitamento multifuncional do monte e na reversión do monocultivo de especies pirófitas. 4. Estabelecer un único protocolo de emerxencias a nivel nacional que evite a descoordinación e a dispersión xeográfica e de mandos. 5. Asumir as súas responsabilidades en materia de prevención mediante: .Maior implicación dos Distritos Forestais na colaboración cos concellos en materia de limpeza e vixilancia. .O establecemento e mantemento de faixas de protección. .Incrementar os orzamentos para as liñas de axuda destinadas a limpezas e na primeira parte do ano natural e previamente a entrada no período de risco. 6. Reformular o Servizo de Defensa Contra Incendios Forestais dunha forma integral e baixo un mando único, de xeito que se garanta a súa coordinación, profesionalización e homologación tanto en formación como equipamento e condicións laborais.

O Partido Popular de Guitiriz non quere entrar neste tipo de acusacións gratuítas as que vostedes está a feitos.

Concello de Guitiriz Rua do Concello nº4, Guitiriz. 27300 (Lugo). Tfno. 982370109. Fax: 982372178

Concello de Guitiriz

Isto foi algo extraordinario, non foi o lume novo da véspera de San Xoán, foron moitísimos lumes que se plantaron intencionadamente buscando un dos peores días do ano, cuns ventos afuracanados de máis de 90 quilómetros por hora, nunha terra reseca, debido a seca que padecía e segue a padecer nosa terra galega, cun diagnostico moi difícil a hora de apagar o lume.

Nós non queremos facer destas desgrazas de moitísimos galegos en todos os eidos, xa que algúns se lle queimaron as vides, os pastos, os piñeirales, as fragas e a outros as súas vivendas, as súas lembranzas (cartas persoais, documentación persoal, fotografías dos seus seres queridos, documentación antiga etc.) e incluso houbo xentes que perderon as súas vivendas e, ata a propia vida.

Por tanto, nós puxemos os medios, non só necesarios, se non extraordinarios, como xa lle remarquei antes, foi o maior operativo de loita contra o lume, non só da historia de Galicia, se non de toda España, xa que houbo 350 brigadas, 220 motobombas, 40 pas, 20 avións e helicópteros, bombeiros de toda Galicia, Ges, repítolle, para que se entere, un total de 5600 efectivos e, ademais 600 militares da U.M.E., polo tanto, 6.200 persoas en loita contra o lume e as súas desfeitas.

Como pode dicir que non houbo medios humanos e materiais?

Amén de todo isto, estanse achegando as axudas a todas as persoas que tiveron desgrazas, empezando polas familias dos que perderon algún ser querido, continuando polos que perderon a súa vivenda, polos gandeiros que quedaron sen vacas e sen pastos, e sen maquinaria agrícola, etc.

Está o goberno galego do Presidente Feijóo, atallando os problemas nas fragas, e nos bosques de piñeiros e eucaliptos, etc. Estase espallando palla nas zonas queimadas, e en zonas de montaña estase plantando centeo e trigo, espallando o grao para que xermine e desa maneira evitando a erosión.

Tamén están en contacto coa cofradías, facendo análises nas rías por se afectase ao marisco, as posibles riadas cheas de borra, que queremos rexeitar.

A responsabilidade non é so da Xunta de Galicia, se non de todas as administracións, xa que estas, Estado, CCAA, Deputacións e Concellos, teñen propiedades, e teñen estradas, que teñen a obriga de limpalas, dos donos dos Montes Veciñais en Man Común, e de todos os propietarios de terreos que teñen a obriga de telos limpos e axeitados.

Por tanto non queira vostede ou vostedes facer disto un Prestige para sacarlle réditos a desgrazas alleas, pois o Partido Popular non o imos consentir, e moito menos cando estamos a falar de compatriotas que perderon a súa vida.

En definitiva que imos polo bo camiño, e que a Xunta de Galicia non tivo culpa desta gran desgraza, destes ATENTADOS TERRORISTAS, e repítolle, non confunda vostede responsabilidade con culpabilidade, cas xentes do no País non son parvas e,

Concello de Guitiriz Rua do Concello nº4, Guitiriz. 27300 (Lugo). Tfno. 982370109. Fax: 982372178

Concello de Guitiriz por iso, decatáronse de que todo isto estaba feito con malicia, e buscando o día onde as condicións meteorolóxicas foran as peores, para que o dano puidese ocasionar mais desgrazas, como así aconteceu.

De seguido fai uso da palabra o Concelleiro non adscrito, que expón que hoxe vai ser interesante porque se van ver os dous puntos de vista a favor e en contra, discusión que xa se veu no Parlamento galego e hoxe se traslada aquí, pero recalca que se trata de mocións nas que non temos competencia municipal. Critica a redacción do texto e indica a o problemas dos fogos forestais é unha desgracia que ten Galicia con independencia de quen goberne, e a tal efecto ponlle o exemplo dos lumes forestais que houbo no 2006, no que arderon setenta e pico mil hectáreas. Reitera que non se faga partidismo coas desgrazas e que se lexisle donde haxa que facelo. Está dacordo con todo o que propón no texto, pero donde hai que facelo é donde se ten representación, e parécelle simplemente pre-campaña electoral .De tódolos xeitos o seu voto será a favor.

Por parte do voceiro do Grupo Independente, indícase que está dacordo coa maioría do texto da moción aínda que engadiría que lle devolveran aos Concellos as competencias en materia de plantacións.O Concello de Guitiriz na antiga ordenanza que regulaba as distancias das plantacións ás casas establecía como mínimo 100 metros, distancia que foi reducida pola lei autonómica a 30 metros , distancia que parece ser que agora quere ser aumentada a 50 metros. Aínda que neste lumes incidiron tamén cuestións metereolóxicas é certo que tamén hai que facer cumprir coa obriga de desbrozar as fincas, ben fomentandoo mediante subvención ou ben casitgandoos se non se fai voluntariamente.

Por parte da Presidencia indícase que aínda que están dacordo coa maioría da moción esta non é a canle adecuada. De feito tódolos Concellos están representados na FEGAMP e alí debatiuse este tema nun senso máis interesante que o que se trae hoxe ao pleno. Quere ser imparcial e dicir que non lle hai que achacar todas as culpas ao Goberno actual, posto que sabe que realmente se involucrou. Ë certo que perderon o control, pero é que resultou ser incontolabre, pero si que houbo unha coordinación total, cousa que si que puxen de manifesto na FEGAMP.

Pon o exemplo de que ese día había lume en e en Guitiriz (Pedrafita), e dixéronlle que fora a posto que o lume estaba cerca dunha gasolinera.

É certo que houbo descordinación total, pero indica o difícil que é tomar decisión en determinadas situacións. Tampouco achaca a que todo fora un atentado terrorista, é certo que houbo pirómanos, pero a realidade é que as circunstancias metereolóxicas influíron en gran medida no ocurrido.

Recalca que as administración moitas veces están ás expensas de cando se pode contratar, e no caso da contratación das brigadas existe un tempo determinado para que traballen.

Concello de Guitiriz Rua do Concello nº4, Guitiriz. 27300 (Lugo). Tfno. 982370109. Fax: 982372178

Concello de Guitiriz

Ocurreu que se cesaron un día e ao seguinte apareceron os lumes. Por outra banda é imposible que esas brigadas funcionen ,posto que si unha das tarefas é desbrozar ,e mentres están a desenvolver esa labor os chaman para indicencios, non o poden cumprir. Cree que existen que hai moitos cartos invertidos , pero mal programados, polo que isnta a Xunta se esforce en conseguilo, aínda que esixe colaboración de tódolos veciños limpiando os montes e as súa fincas. Explica que curiosamente que con houbo que loitar foi con fomento por unha zona da autovía A8.

Continúa dicindo que é unha tarefa fundamental as campañas de sensibilización, pero existe outro factor que é a natureza, que é impredicible e contra ela non se pode ir. Respecto a que hoxe veñan dúas mocións coa misma temática e posturas opostas, pensa que o que debería existir realmente é unha unión contra este problema, e non debería haber esta loita fraticida entre partidos políticos, posto que os intereses terían que ser os mesmos, a salvagarda do intereses de Guitiriz.

O voceiro do BNG indica que no ano 1989 Ramón Varela Diaz, biólogo e doutor pola universidade autónoma de Madrid, que en aquel entón era presidente de ADEGA defendía o día 20 de xuño no Parlamento Galego unha ILP, que por certo, era a primeira proposición de lei presentada polo pobo galego da nosa historia, para a “Conservación, mellora e desenvolvemento do patrimonio forestal Galego”, porque xa daquela os lumes eran un grave problema, produto duna errada política forestal que se arrastraba do franquismo e a eucaliptización un grave problema ecolóxico que 29 anos despois segue a ser unha das ameazas mais grandes de Galiza.

Aquela iniciativa foi sometida a votación no Parlamento Galego, e foi rexeitada polos 33 votos en contra do PSOE que gobernaba e os acompañantes do tripartito o PNG e CG e que curiosidade que apoiaron a iniciativa de lei o BNG e o PP que sumaron 31 votos. Digo curiosidade porque dende aquela o PP foi torcendo a súa forma de pensar e de gobernar ata hoxe en día, que e única política que fai é forestal e non fai nada de política de montes. No inventario feito no Plano Forestal, indicaba que no ano 1973 había en Galiza unha extensión de eucaliptos plantado de 131.000 hectáreas, no ano 2009 estendérase a 433.000 hectáreas e hoxe este calculo supera as 500.000 hectáreas.

O goberno galego sempre apostou pola producion de madeira de pouco valor engadido para abastecer a ENCE ou a outras papeleiras, e o que si esta claro é que como non se vire a forma de facer política forestal e se protexa o monte vamos a seguir tendo un novo Prestige esta vez en terra e percorrendo Galicia ano tras ano.

Está é a realidade e Guitiriz non debe quedar a marxe.

De seguido, o voceiro do PP, indica que cada un expuxo ideas coherentes, pero non vai politizar máis sobre o asunto.

O concelleiro non adscrito, na segunda rolda de intervención comeza a súa exposición dicindo que é unha desgracia que existe en Galicia dende fai moitos anos. Nos últimos anos, esa masa forestal aumentou en máis do 30 % e facer rédito político

Concello de Guitiriz Rua do Concello nº4, Guitiriz. 27300 (Lugo). Tfno. 982370109. Fax: 982372178

Concello de Guitiriz dunha degracias non lle gusta.

Por outra banda aproveita para felicitar ao Concello da Pastoriza pola axuda prestada ao Concello de Cervantes.

Por parte do voceiro do Grupo Independente indícase que está a favor da moción, pero que tampouco culpa ao PP, posto que no mandato que gobernou os que agora están na oposición tamén pasou o mesmo. Indica que as competencias dos concellos foron quitadas polo PP, que non exime de que outros as poideran haber quitado, pero o que en ningún caso se pode permitir que se planten eucaliptos ao lado das casas.

Por parte da Alcaldesa-presidenta indícase que o seu voto vai ser a abstención e que non quere politizar máis sobre o tema.

De seguido, o voceiro do BNG, pechando o debate, aclara que é certo que a Lei do 2007 derivou do desastre ocurrido no 2006, pero tamén é certo que eles derogaron a mesma nada máis chegaron ao poder.. Remarca que o PP leva gobernando en Galicia moitos máis anos ( cerca de 35 anos), frente aos tres que estivo o bipartito, e que a culpa do ocurrido é do PP, polo que ten a obriga de dicir as cousas.

Finalizado o debate sometése a votación, acadando o seguinte resultado: Votos a favor:3 (BNG;concelleiro non adscrito e Grupo Independente) Votos en contra: 4 (PP) Abstencións: 6 (PSOE) Polo que a moción queda rechazada por maioría simple de catro votos en contra do PP

Expediente 1703/2017. Moción para reestablecer a política laboral do traballadores do Concello

Desfavorable Tipo de votación: Ordinaria A favor: 2, En contra: 6, Abstencións: 5, Ausentes: 0

Procédese por parte do voceiro do BNG a dar lectura da moción dictaminada favorablemente pola Comisión Informativa.

Xosé Lois González Souto, Portavoz do BNG na Corporación Municpal de Guitiriz, ao abeiro do Regulamento orgánico municipal, presenta a seguinte proposición, para o seu debate en Pleno.

MOCION PARA RESTABLECER A POLITICA LABORAL DOS TRABALLADORES DO CONCELLO

Concello de Guitiriz Rua do Concello nº4, Guitiriz. 27300 (Lugo). Tfno. 982370109. Fax: 982372178

Concello de Guitiriz

Dende o BNG non entendemos a política laboral que se está aplicando en Guitiriz co persoal do Concello violando dereitos laborais básicos e que se estende a tódolos ámbitos laborais do Concello: as traballadoras de axuda no fogar, PAI, escola de música, os GES… case nos atrevemos a afirmar que non hai ningún traballador no Concello de Guitiriz que este a gusto coa labor que está a desempeñar o equipo de goberno capitaneado pola Sra. Polín. O impago de trienios e outros complementos salariais recollidos no convenio, negativa de concesión de días de asuntos propios, negativa de períodos vacaionais, ausencia de calendario laboral, unha diferenza salarial desproporcionada entre o persoal funcionario e o persoal laboral,etc, son prácticas comúns na xestión laboral deste Concello. Chégannos queixas continuas e hai unha autentica avalancha de demandas xudiciais. O Concello está a perdelas todas porque o único que reclaman os traballadores son os seus dereitos laborais, e o resultado é que se están a gastar moitos cartos en indemnizacións e despidos derivadas de contratacións irregulares ou de decisións políticas.

A Sra. Alcaldesa está actuando como si fose a mala xerente de unha empresa privada pero sen ter en conta que os cartos que manexa son de todos e todas, a política laboral que está a levar a cabo no Concello vai camiño de se converter no mais semellante a unha empresa escravista.

Non hai moitos días despediu a un dos traballadores dos GES un día antes de finalizar o período de proba, despois de que este traballador denunciara a concreción das súas vacacións, que lle colocaran as libranzas de xeito que puidera asistir ós cursos de formación que ten a Xunta ou os EPIs que lle corresponden para desempeñar a súa labor. Non o despídeo por que non tivera as capacidades e actitudes necesarias para desempeñar o seu labor, despediuno por capricho, por impoñer o seu criterio e como represalia diante das reclamacións que puxo en diferentes ámbitos.

O ocorrido é un ataque contra os dereitos dos traballadores e contra as súas liberdades, impropio dunha administración pública e dunha alcaldesa que se di socialista”.

Facemos un chamamento á cordura, á responsabilidade e ó sentido común. Facemos un chamamento á negociación como modo de superar as diferenzas laborais, ó respecto polos traballadores e traballadoras e pola labor que realizan e que fan posible que este Concello funcione e siga a prestar servizos á cidadanía.

Concello de Guitiriz Rua do Concello nº4, Guitiriz. 27300 (Lugo). Tfno. 982370109. Fax: 982372178

Concello de Guitiriz

Facemos unha chamada a facer “borrón e conta nova” por parte de tódolos axentes envoltos na realidade laboral do Concello: traballadores e traballadoras, sindicatos e membros do Goberno Municipal para construír entre todos un ambiente laboral axeitado que permita un mellor desenrolo das nosas obrigas para coa cidadanía.

Por todo o exposto o BNG require do Pleno os seguintes acordos :

1º.- O Concello de Guitiriz dará un xiro de 180 graos na política laboral do Concello, que implique o cumprimento das leis e dos convenios e que supoña un cambio de actitude da Alcaldía que pase polo respecto e a consideración debida ós traballadores e traballadoras e ás labores que realizan.

2º.- A readmisión de Roberto Sánchez Rodríguez como traballador dos GES de Guitiriz como primeiro paso para restaurar unhas relacións de ámbito laboral baseadas na confianza, no respecto e na legalidade, así como a reincorporación do traballador do GES que gañou a nulidade no despido, o cal resolvería ademais o problema de persoal do servizo do GES. 3º- O pago de forma urxente dos trienios ao persoal que se lles adebeda, así como a regularización das nóminas, coa aplicación de todos aqueles pluses de convenio que correspondan. 4º- A elaboración dunha RPT que erradique as diferenzas salariais entre o persoal funcionario e o persoal laboral do Concello. 5º.- Que o Concello cubra as prazas de persoal laboral e persoal funcionario que están estipuladas e orzamentadas.

Finalizada a lectura apertúrase o debate, tendo a palabra o voceiro do PP, que unha vez leida a moción presentada polo concelleiro señor González Souto, o Grupo Popular neste concello, acorda votar as propostas da seguinte maneira, e sempre que poida ser. Os puntos 1, 3, 4 e 5 a favor, e no punto 2, abstémonos, xa que isto aínda está na vía xudicial e tense que dirimir fallando por medio dunha sentenza.

Por parte do Concelleiro non adscrito que indica que está totalmente dacordo co contido da moción, incluso o punto 2, pois considera que a solución adoitada polo Concello non foi a axeitada.

Por parte do voceiro do Grupo independente maniféstase a súa intención de abterse na votación , posto que aínda que está sempre a favor dos traballadores, existen puntos non moi claros .

Por parte da Sra. Alcaldesa- Presidenta indícase que en ningún momento por parte de este equipo de goberno se faltou ao respeto aos traballadores ou non se tivera consideración con eles.

Por outra banda para poder prestar servizos á cidadanía non se poden prestar como

Concello de Guitiriz Rua do Concello nº4, Guitiriz. 27300 (Lugo). Tfno. 982370109. Fax: 982372178

Concello de Guitiriz vostede indica na moción.

Se ben existen sentencias como vostede indica, estas tamén poden ser inxustas, e nos últimos casos así o son, porque a estimación da súa pretensión vai afectar a todo un colectivo que se verá perxudicado. Concretamente no que respecta a reducción horaria, eu nunca me opuxen, pero intentouse que fose atendida paulatinamente sen lesionar os intereses dos usuarios (de máis de 90 anos, necesidades especiais..) No primeiro caso de reducción horaria, intetouse por tódolos medios dar cumprimento a súa petición, pero ningún usuario quería que o atenderan as 8.30 da mañá, e soamente exisitíu unha persoa de 70 anos que dixo que se había problema lla puxeran ás 8 ou lla quitaran.

Polo tanto, non creo que estea en contra dos traballadores e de feito ofertei adaptar a súa petición en función de cómo variaran os usuarios. Como non estiveron de acordo , de ahí derivan esas sentenzas que non valoraron a existencia dun colectivo de traballadoras e usuarios bastante complexo. É certo que nalgúns casos esa reducción horaria e máis doada , pere neste caso concreto interactúa en moitas persoas.

Respecto do traballador do Ges xa o aclarou no pleno anterior, posto que estes traballadores teñen dereitos e obrigas,que asinaron nun contrato.

O que lle chama a atención é que digan que esto derive da petición de Epis, posto que todo o mundo ten os Epis, ou están pedidos, o que pasa é tardan 3 meses.

Continúa dicindo que respecto dos trienios do SAF é a primeira interesada en que se paguen, e de feito xa o puxen de manifesto nunha reunión que tiven con estas traballadoras, na que indiquei que existe unha persoa dedicada case exclusivamente a esto. De feito estes días se pagaron os atrasos que se debían polo aumento do 1 % e por suposto que están dacordo en dar os trienios ás traballadoras que cumplan cos requisitos, pero matiza que existen traballadoras que non aportan a documentación que se lles require. Continúa dicindo que é unha tramitación complexa porque existen traballadoras que estiveron nuns casos a xornada parcial,despois completa , e o seu cálculo non é sinxelo.

Con respecto a elaboración da RPT, pon en dúbida que solucione todos estes problemas, e indica que a normativa actual impide as melloras salariais.

De tódolos xeitos , o Concello de Guitiriz conta tamén con xente moi traballadora, é a proba desto é que se gestionaron moitísimos cartos, e non se perderon subvencións.

De seguido o voceiro do BNG indica que como lle comentei na propia moción, e difícil entender como unha alcaldesa socialista pode facer o que vostede está a facer.

Este mesmo mes, acaban de gañar ambas sentenzas dúas traballadoras de Axuda no Fogar pola concreción horaria a que teñen dereito, e que vostede lles negaba, son mulleres Sra. Alcaldesa, son mulleres como vostede, mulleres que desgraciadamente

Concello de Guitiriz Rua do Concello nº4, Guitiriz. 27300 (Lugo). Tfno. 982370109. Fax: 982372178

Concello de Guitiriz a sociedade xa as discrimina, que levan prexudicadas toda a vida polo mero feito de ser mulleres, e vostede sendo muller está incidindo nesa diferenza histórica, da que moitos de nós levamos tantos anos reivindicando para que se equiparen os salarios de todas as persoas. Que é, que vostede se considera inferior a calquera home?

Repítolle é difícil de entender, pero aínda esta a tempo de endereitar, de normalizar, de permitir que cada empregado cobre a final do mes o que lle corresponde, que cada empregado e empregada cobre o seu trienio, que cada empregado/a teña dereito a descansar as horas que lle corresponden.

Vostede ten que deixar de saír na prensa por perder unha sentenza cun empregado do Concello, vostede ten que saír na prensa por traballar por Guitiriz e levar a realidade todo o que prometeu na campaña electoral e non por despedir a un empregado do GES por puro capricho, sabe moi ben que foi unha inxustiza porque este rapaz era un empregado que cumpría co seu traballo, pero que lle reclamaba o que lle pertencía.

A min dáme vergoña que me pregunten polo que está acontecendo en Guitiriz polo que vostede esta facendo, Sra. Alcaldesa, deixe de actuar como si fose esta a súa empresa. Os salarios, os trienios, a concreción horaria etc, esta marcada no convenio laboral que vostede mesma aprobou no ano 2005, na RPT e nos orzamentos, que problema ten vostede Sra. Alcaldesa. Acaso ten medo que lle diga algo a oposición, pero si agora xa saca todo adiante sen ningún problema, ou non é verdade?. Mire Sra. Alcaldesa, na moción facemos un chamamento a cordura e responsabilidade e ao sentido común, facemos unha chamada (aínda estamos a tempo), de facer borrón e conta nova.

De seguido, a Sra. Alcaldesa antes da intervención do PP, indícalle que a súa proposta de votar de forma diferente a moción non é posible, pero si que pode presentar unha enmenda. O Sr. Teixido indica que si a moción non é aprobada neste Pleno o BNG pode volver a traela que eles a votaran a favor se quita o punto dous. Por parte da Presidencia indícase que o PP pode presentar unha enmenda e si é aceptada votarase. O voceiro do PP presenta entón unha enmenda á moción no que solicita que se elimine o punto dous da mesma, ao que o voceiro do BNG responde que non está facultado para rechazala ou acertala, que tería que consultalo co seu partido.

Por parte do voceiro do PP indícase entón que retire a moción e a traia ao vindeiro pleno sen ese punto, ao que o BNG indica que non acepta.

Na segunda rolda de intervencións, o concelleiro non adscrito expón que parece que a xestión de persoal lle ven grande ao equipo de goberno. Respecto das demandas e as recentes sentenzas ocorridas caben dúas posibilidades, ou ben os traballadores realmente tenen dereito ou ben os abogados do Concello son malísimos Insiste que a RPT solucionaría moito e que xa houbo un intento dunha que quedou nun caxón.

Concello de Guitiriz Rua do Concello nº4, Guitiriz. 27300 (Lugo). Tfno. 982370109. Fax: 982372178

Concello de Guitiriz

Por parte da Sra. Polín, alcaldesa-presidenta, por alusións, indica que parece que lesionar os intereses dos usuarios é culpa miña, e por iso imonos poñer a traballar o equipo de goberno os seis días da semana.

Continúa dicindo a que conflictividade laboral está na sociedade en xeral, polo momento que estamos vivindo, e insinua que todo esto deriva do momento no que estamos, xa que están próximas as eleccións sindicais.

Referíndose ao Sr. González, indícalle se está como representante político ou como representante sindical , posto que en ningún momento me pregunto se algún usuario quedou sen cubrir, se había xente necesitada… Indica que sempre defendeu os traballadores e remata dicindo que ela nunca se sentíu inferior a ningún home, senón que sempre me sentín igual e defendín que as mulleres teñamos a autoestima alta e teñamos os nosos dereitos, eso si, dentro dun orde.

Pechando o debate, o voceiro do BNG, indica que él non foi escollido pola cidadanía para gobernar, pero si para fiscalizar o que está facendo.

O que non entende a cidadanía e por qué aforra ese diñeiro que lles debe as traballadoras ou por qué maltrata as traballadoras do SAF, e para eso non fai falta ser sindicalista. De feito cos trienios meteu a pata, pos reoñeceu que os tenen que recalamar. Rematando a súa intervención solicítalle á Alcaldesa que dea o seu brazo a torcer, posto que a opinión que tenen dela non é nada boa. Por parte do voceiro do PP quérese facer constar que se a moción non resulta aprobada, que se traiga ao vindeiro pleno sen o punto 2. Logo do debate sométese a votación, acadando o seguinte resultado: Votos a favor: 2 (BNG e concelleiro non adscrito) Votos en contra:6 (PSOE Abstencións:5 (PP e Grupo Independente) A moción queda rexeitada por maioría simple de 6 votos a favor.

Expediente 1736/2017. Moción para aumentar la seguridad peatonal y reducir la velocidad en areas urbanas del Ayuntamiento de Guitiriz

Favorable Tipo de votación: Unanimidade/Asentimento

Por parte do concelleiro non adscrito dase lectura á moción dictaminada favorablemente na Comisión Informativa:

Jordi Blengua Pendo como concelleiro non adscrito do Concello de Guitiriz, ao amparo da lexislación vixente, presenta ao Pleno a seguinte moción:

Moción para aumentar a seguridade peonil e reducir a velocidade en áreas urbanas

Concello de Guitiriz Rua do Concello nº4, Guitiriz. 27300 (Lugo). Tfno. 982370109. Fax: 982372178

Concello de Guitiriz no Concello de Guitiriz.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Diminuír a velocidade de circulación en áreas urbanas e unha ferramenta moi efectiva e pouco complicada en termos técnicos, para conseguir diminuír considerablemente o numero de atropelos vinculados ao trafico de vehículos. Aplicar estas medidas non so posibilita un aumento da calidade de vida, si non que tamén permite aso peóns recuperar seguridade en espazos que adoitaban ser exclusivos do trafico rodado.

A creación de zonas limitadas a un máximo de 30 km/h e unha medida que aumenta a seguridade para os viandantes, reduce severamente o risco de accidentes e permite descensos substanciais da contaminación acústica e do aire. A unión destes tres efectos fan que as persoas se atopen cómodas na rúa e que sexa percibido como un lugar de transito compartido cos peóns e non como unha zona hostil e perigosa para os viandantes.

Este ano 2017 producíronse varios atropelos a peóns con resultados de diferente gravidade e estes datos son preocupantes no que incumbe a este problema. A maior parte dos accidentes prodúcense en pasos de peóns, xeralmente por imprudencias do condutor ou por exceso de velocidade. A perigosidade aumenta cando estes pasos se atopan en localizacións inapropiadas pola falta de visibilidade debida a vehículos estacionados, mala sinalización, falta de iluminación ou mantemento da pintura, etc. E de sentido común que mentres coexistan nun mesmo espazo peóns e vehículos sempre haberá risco de accidentes, pero hai medidas concretas e demostradas para diminuír o perigo nesta convivencia vial.

Segundo un estudo realizado pola Asociación Española de la Carretera a probabilidade de que un peón morra atropelado multiplicase por oito cando a velocidade pasa de 30 a 50 Km/h. Os peóns teñen un 90% de posibilidades maiores de sobrevivir a un impacto a 30 Km/h mentres que as posibilidades redúcense a menos do 50% si a velocidade e de 50 Km/h, e no caso dos ocupantes dun vehículo a dita velocidade a probabilidade de morte é vinte veces maior cun impacto a 30 Km/h.

Nas cidades e poboacións europeas onde se implantou a velocidade máxima de 30 Km/h nas súas rúas, exceptuando as vías de gran capacidade, os resultados indican unha significativa redución dos accidentes e sobre todo a gravidade dos mesmos. Os accidentes con feridos graves reducíronse en máis dun 25% e os atropelos de peóns reducíronse nun 20% ademais da diminución de ruídos e contaminación.

En España, cada vez son mais os concellos con esta limitación de velocidade nos seus centros urbanos e zonas residenciais. Pontevedra foi a primeira cidade en facelo no 2010, o que lle valeu moitos recoñecementos en materia de seguridade vial, incluso pola DGT.

Tanto peóns como condutores deben ser conscientes do perigo e actuar con prudencia para evitar accidentes. Non obstante noso concello debe avanzar cara un modelo de mobilidade que favoreza aos viandantes, sobre todo en emprazamentos

Concello de Guitiriz Rua do Concello nº4, Guitiriz. 27300 (Lugo). Tfno. 982370109. Fax: 982372178

Concello de Guitiriz nos que se da un alto índice de circulación de vehículos ou nos que haxa unha alta afluencia de persoas, enténdase colexios, centros de saúde, mercados, zonas comerciais, etc.

Polo exposto, co obxectivo de facer un municipio mais habitable e seguro, presento os seguintes acordos ao Pleno.

ACORDOS

1.- Que dende a alcaldía iníciense os trámites oportunos para implantar a velocidade máxima de 30 Km/h nas zonas máis sensibles de circulación de vehículos e peóns no casco urbano do concello e travesías de núcleos rurais.

2.- Que a concellaría ou departamento correspondente elabore un informe do actual estado dos pasos de peóns do concello de Guitiriz, para no seu caso realizar as melloras oportunas en aqueles casos que o precisen como poden ser en temas como desgaste da pintura do pavimento, pouca visibilidade, necesidade da mellora de sinalización, obstáculos para persoas con mobilidade reducida, falta de iluminación, etc.

3.- Que se estudie o cambio ou mellora da localización de aqueles pasos de peóns que se atopen mal situados pola súa localización. Enténdase ao lado de paradas de autobuses, localizacións próximas a curvas ou cambios de rasante, proximidade con zoas de carga e descarga e de vehículos estacionados en xeral.

No uso da súa palabra, o voceiro do PP, indica que estamos de acordo con esta moción en gran parte, mais non con todos os puntos, e plantexamos o seguinte, non a modo de ir contra a moción presentada, si con animo de completala, se así o tivesen a ben, o Sr. Blengua, en primeiro lugar, e o resto dos concelleiros en segundo lugar.

Por tanto expoñemos os nosos puntos.

Primeiro: a redución da velocidade pode facer que xentes que veñan a vila de Guitiriz a facer as súas compras, ou ben a pasar o día, ou a tarde en varios sitios hostaleiros da vila, non volvan por que os sancionaron por ir, por exemplo, a 35 ou 38 por hora, e isto ocórrelle a máis xente e córrase a bola, co cal, a xente se desprace a outras vilas próximas.

Segundo: a redución da velocidade pode traer cousas negativas a vila de Guitiriz. Pódese arranxar varias cousas, xa que a seguridade pode ser maior nos pasos de peóns, ao ir a menor velocidade os automóbiles, mais ao reducir a velocidade pode dar pé, a que os peóns crucen por calquera sitio, como xa está ocorrendo en cidades como Lugo, pois a cidadanía perde o medo ao ver cos coches achéganse mais lentamente, creen que lles da tempo a cruzar as rúas, e a confianza fai que haxa máis accidentes.

Concello de Guitiriz Rua do Concello nº4, Guitiriz. 27300 (Lugo). Tfno. 982370109. Fax: 982372178

Concello de Guitiriz

Nós propoñemos o seguinte para completar esta moción:

Que se poñan en todos os pasos de peóns sinais luminosas, que se acedan durante as 24 horas do día, xa que en Guitiriz, hai días en que hai moita brétema, e por outra banda, cando cae o día, a tardiña, co sol cega de tal modo, que non deixa ver o que acontece a dous palmos.

Tamén se poden pintar os pasos de cebra, ou de peóns, en dous cores, vermello e branco, para que así se ollen mellor, e nalgúns países do norte de Europa xa os empeza a haber en tres dimensións, e isto fai que xurda un efecto óptico no condutor, e este intente reducir a velocidade moito antes de achegarse ao paso de peóns.

Por último, e para rematar, dicir o seguinte, que é fundamental a educación vial na nosa sociedade, que lle botamos case sempre a culpa aos condutores e que moitas veces isto non é certo, por iso pedimos que haxa unhas xornadas nas escolas, nos colexios e asociacións culturais e sociais para explicarlles cales son os dereitos e as normas que temos que cumprir como peóns.

Por parte do voceiro do BNG indícase que alegrámonos de que alguén valore o ben feito polo BNG e traslade a Guitiriz estas iniciativas que xa se teñen materializado en outras vila e cidades.

O modelo de Pontevedra e exemplar en todo o mundo, priorizando as persoas e as bicicletas, neste orde sobre os turismos. Os residentes e os comerciantes da cidade están encantados coa política levada a cabo en Pontevedra polo BNG.

As persoas de fora que coñecían Pontevedra dende hai 20 anos, notaron un cambio para ben das persoas de 180 graos, e iso que non está permitido entrar co vehículo e estacionalo no centro, é un modelo que foi premiado en múltiples lugares e está sendo copiado por moitísimos pobos e cidades.

En Lugo tamén foi grazas o BNG e aposta pola mobilidade, e de paso reducir a contaminación e o trafico rodado a carón da muralla, en Guitiriz a contaminación non nos amola moito pero si o trafico rodado da N-VI que ben pola escasa visibilidade nos pasos de peóns como apuntaba eu mesmo nun rogo no Pleno anterior.

Creemos que é esencial que se faga un estudo en profundidade dos pasos de peóns na N-VI e cambialos posiblemente da súa posición actual, ninguén se explica que se fixera un paso de peóns diante da florería do Sr. Teixido coa pouca visibilidade que teñen os condutores, e preciso un estudo profundo de todos os pasos de peóns.

Son precisas máis sinalizacións luminosas indicando estes pasos, como tamén son precisos os dous municipais que temos orzamentados no Concello, da pena ver os atascos diarios que hai na zona do GADIS por culpa de estacionamentos puntuais que non permiten as visibilidade dos peóns nin dos condutores.

Somos conscientes que unha cousa e unha moción coma esta nun Pleno e outra levar a cabo a transformación adiante dun xeito efectivo como fixo o BNG en Pontevedra.

Concello de Guitiriz Rua do Concello nº4, Guitiriz. 27300 (Lugo). Tfno. 982370109. Fax: 982372178

Concello de Guitiriz

Vamos a votar a favor porque estamos convencidos de que está moción si se leva a cabo no casco urbano de Guitiriz e para mellorar a vida diaria das persoas, como vimos apostando dende hai tempo no BNG.

No turno da súa palabra, o Sr Veres, voceiro do Grupo Independente explica que está claro que non é o mesmo circular a 50 km hora que a 30 km hora. Indica que cando non había pasos de peóns había menos accidentes que agora mesmo que os hai, polo que habería que estudar as causas desta situación, pintar ben os pasos,...

Antes de manifestar a miña opinión vou preguntar ao propoñente da moción se vai aceptar as enmendas presentadas polo PP, ao que o concelleiro non adscrito responde que non entendeu o sentido da súa proposta. Logo dun pequeno debate intentado explicar o sentido das súas suxerencias (PP) acórdase que a proposta vaise votar tal como está.

Pola a alcaldesa aclárase que esta labor levará tempo e necesitará concienciación por parte da cidadanía. Por outra banda aclara que con respecto a un comentario que falaba de que se fixo un paso de peóns diante do negocio de Teixido, indica que eso non se lle pode achacar pois existía antes do seu mandato, e ten todo o sentido posto que está diante dun tanatorio onde hai moita xente.

Antes de dar a palabra ao concelleiro non adscrito para o peche da moción, o voeiro do PP quere indicar que a maior parte dos accidentes de Guitiriz son de persoas de fora do pobo, polo que falta concienciación e educación vial.Habería que sinalizar que existen pasos de peóns durante x metros no casco urbán de Gutiriz.

Como peche da súa moción, o concelleiro non adscrito indica que se refire a zonas sensibles como poden ser o casco urbano ou travesías rurais, e pon de exemplo a avda de Ramón Ferreiro en Lugo, que se reduciu a velocidade a 30 km hora por a multiplicidade de atropellos, así como os Rosales na Coruña. Finaliza dicindo que o Concello de Pontevedra e un bo exemplo de cambio de mentalidade .

Logo do debate sométese a votación, quedando aprobada por unanimidade (PSOE;PP;BNG;concelleiro non adscrito e Grupo Independente)

Expediente 1735/2017.Moción para la actualización de la RPT del Concello de GUitiriz

Favorable Tipo de votación: Ordinaria A favor: 7, En contra: 0, Abstencións: 6, Ausentes: 0

Pola presidencia daselle a palabra ao concelleiro no adscrito, que procede a dar lectura da moción dictaminada favorablemente na Comisión Informativa: Jordi Blengua Pendo como concelleiro non adscrito do Concello de Guitiriz, ao amparo da lexislación vixente, presenta ao Pleno a seguinte moción:

Concello de Guitiriz Rua do Concello nº4, Guitiriz. 27300 (Lugo). Tfno. 982370109. Fax: 982372178

Concello de Guitiriz

Moción para actualización da Relación de Postos de Traballo do Concello de Guitiriz.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

A relación de postos de traballo é o instrumento técnico a través do cal se realiza a ordenación do persoal, de acordo coas necesidades dos servizos e se concretan os requisitos para o desempeño do posto, indicando y clasificando os postos de traballo pola súa denominación, ademais da unidade do servizo no que se integran, no centro de traballo especifico, o nivel de responsabilidade, condicións especificas ou especiais, a xornada laboral, etc.

Esta RPT, será obxecto de publicación e incluirá os postos de traballo, tanto saen funcionarios, persoal laboral fixo ou eventual da administración municipal para que funcione correctamente e deben coñecerse en todo momento os recursos postos a disposición desta. Iso supón dispor dun inventario de devanditos recursos, sendo aplicable tamén no caso dos RRHH.

Como di o Real Decreto Lei 5/2015, de 30 de outubro, texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, na súa Exposición de motivos, que “as administracións e entidades públicas de todo tipo deben contar cos factores organizativos que lles permitan satisfacer o dereito dos cidadáns a unha boa administración, que se vai consolidando no espazo europeo, e contribuír ao desenvolvemento económico e social. Entre eses factores o máis importante e, sen dubida, o persoal ao servizo da Administración.

O sistema de emprego público que permite afrontar estes retos é aquel que fai posible atraer os profesionais que a Administración necesita, que estimula aos empregados para o cumprimento eficiente das súas funcións e responsabilidades, proporciónalles a formación adecuada e bríndalles suficientes oportunidades de promoción profesional, ao tempo que facilita unha xestión racional, obxectiva, áxil e flexible de persoal, atendendo ao continuo desenvolvemento das novas tecnoloxías.

Así como toda a lexislación vixente nesta materia para a confección da RPT como é a Lei 30/1984, de 2 de agosto de medidas de reforma da función pública, a Lei 2/2015, de 29 de abril de emprego público de Galicia, a Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, etc.

No citado RDL 5/2015 no seu artigo 74, dedicado a ordenación dos postos de traballo, establece que “as Administracións Públicas estruturarán a súa organización a través de relacións de postos de traballo u outros instrumentos organizativos similares que comprenderán, polo menos, a denominación dos postos, os grupos de clasificación profesional, os corpos ou escalas, no seu caso a que estean adscritos, os sistemas de provisión e as retribucións complementarias. Ditos instrumentos serán públicos.”

O elemento fundamental desta regulación aprobada no 2015, é a avaliación do desempeño dos empregados públicos cas Administracións Públicas deberán

Concello de Guitiriz Rua do Concello nº4, Guitiriz. 27300 (Lugo). Tfno. 982370109. Fax: 982372178

Concello de Guitiriz establecer a través de procedementos fundados de igualdade, obxectividade e transparencia. A avaliación periódica deberá terse en conta a efectos da promoción na carreira, a provisión e o mantemento dos postos de traballo e para a determinación dunha parte das retribucións complementarias, vinculadas precisamente a produtividade ou rendemento. Diso deriva que a permanencia do persoal laboral ao servizo da administración ou no seu posto de traballo faise depender da avaliación positiva do seu desempeño.

Actualmente no concello de Guitiriz, conta cunha RPT obsoleta e xa desfasada para poder utilizala como instrumento técnico, a través do cal se poida ordenar as funcións reais do persoal, funcionario, laboral ou eventual da nosa administración local, atendendo as actuais necesidades reais do municipio.

A actualización e reforma da RPT, dará resposta aos problemas organizativos e de funcionamento que actualmente e reiteradamente ten este concello. Atenderase, por tanto, a necesidade estrutural e conforme a iso determinar que postos son realmente necesarios en cada área ou departamento.

Por tanto, a reforma e actualización da RPT que se propón debera incluír a denominación e características esenciais dos postos, as retribucións complementarias que correspondan a cada un deles e os requisitos esixidos para o seu desempeño, así como o nivel de complemento de destino e o complemento especifico que se fixe en atención as condicións particulares do posto, a súa especial dificultade técnica, dedicación, incompatibilidade, responsabilidade ou perigosidade. Así mesmo, deberá especificar en relación ao persoal laboral, a categoría profesional e o réxime xurídico aplicable. Deberá comprender, en consecuencia, a todo o persoal do concello, sexa funcionario ou laboral, excepto o sometido a subvencións, para dar cumprimento aos principios de racionalidade, economía e eficiencia aos que se refire o artigo 901.1 da LBRL.

Por todo elo, propoño ao Pleno os seguintes acordos:

ACORDOS:

1.- Establecer unha mesa de traballo xunto cos representantes das organizacións sindicais, representantes do comité de empresa, o delegado de persoal dos funcionarios, grupos políticos e representación da alcaldía e equipo de goberno, a partir da determinación da formula máis vantaxosa e económica, para iniciar o análises, descrición, clasificación, ordenación e valoración dos postos de traballo e a confección da RPT do persoal adscrito ao Concello de Guitiriz.

2.- Elaboración nun prazo de 8 meses esta RPT, para a súa aprobación no cuarto pleno ordinario do 2018.

De seguido apertúrase o debate, e o voceiro do PP, no uso da palabra expón que a relación de postos de traballo (RPT), e o medio polo cal se realiza a ordenación do persoal, e a clasificación dos postos de traballo.

A reforma e actualización da RPT é para solventar os problemas organizativos e de

Concello de Guitiriz Rua do Concello nº4, Guitiriz. 27300 (Lugo). Tfno. 982370109. Fax: 982372178

Concello de Guitiriz funcionamento a través do cal se poidan ordenar as funcións reais do persoal funcionario, laboral e eventual desta Administración Local, incluíndo as características dos postos, as retribucións, os complementos específicos, etc.

Por todo isto, o Grupo Popular no Concello de Guitiriz, está de acordo en que se faga esa nova RPT, que haxa consenso entre todas as partes, e para iso, pide que todas as forzas políticas teñan representación a hora de elaborala, ademais dos representantes sindicais e os seus sindicatos, xa cunha vez feita, temos que votala entre todos os políticos que conformamos este concello, e así evitar que nos vindeiros anos podan xurdir problemas. Por parte do voceiro do BNG, Sr. González, indícase que non necesita facer uso da palabra. Por parte do voceiro do Grupo Independente, indícase que aquí no Concello de Guitiriz houbo un intento de elaboración dunha nova RPT na que aínda en principio había moitas discrepancias , despois de moitas reunión por parte dos traballadores e representantes sindicais parecía que iba encamiñada. Sen embargo ao final non se chegou a aprobar porque non había máis tempo.Considera necesaria esa nova RPT. Por parte da Alcaldesa-presidenta indícase que está dacordo coa moción pero non pode prometer que se cumpla ese prazo de 8 meses, pois nestes casos nunca se sabe… Respecto da que está en vigor é do 2013 e a outra non se chegou a aprobar polas discrepancias existentes. Saben que é necesaria pero non poden votar a favor porque non se poden comprometer a cumprir eses prazos.Así respecto da reunión convocarase en canto sexa posible, pero adiantan que o seu voto será abstención. Dase a palabra o concelleiro non adscrito que indica que coa elaboración da RPT, trátase de garantir a eficacia e a eficiencia dos servizos públicos que presta o noso Concello. Necesítase unha xestión municipal acorde coas necesidades que ten o municipio, cuxos principios se centran na sustentabilidade e a transparencia para garantir un modelo municipal integrador.

A elaboración da RPT non vai contra ninguén, senón todo o contrario vai a favor de todos, por unha banda cada un dos veciños que queremos que o noso Concello se suxeite sobre os pilares básicos, sólidos e consistentes do servizo público. E doutra banda a favor dos propios empregados desta administración para que se atopen tratados na súa xusta medida tanto economicamente como no labor que desempeñan.

Emprazo aos demais grupos políticos que están aquí representados, a traballar por un acordo en positivo, deixando de lado as estratexias partidistas e buscar a solución obxectiva para realizar unha RPT acorde ao momento actual. Trátase de atender a necesidade estrutural que ten o Concello en canto á xestión dos RRHH e conforme a iso, determinar os postos que son realmente necesarios en cada área. Desde a entrada en vigor da actual RPT fóronse incorporando ao longo destes anos novos empregados, por razóns obvias do aumento de servizos e novas competencias asumidas, ademais de novos dereitos consolidados polo persoal laboral e sen

Concello de Guitiriz Rua do Concello nº4, Guitiriz. 27300 (Lugo). Tfno. 982370109. Fax: 982372178

Concello de Guitiriz esquecer as sentenzas xudiciais nos diferentes contenciosos que son, evidentemente, de obrigado cumprimento. Con iso quero dicir que toda esta nova situación laboral e de servizos, que debe soportar o Concello como calquera outra administración, debe estar reflectida no novo documento, porque a RPT non é un documento pechado, senón que está aberto a todas estas novidades que vaian xurdindo e ten a capacidade de absorber toda esta cantidade de novas situacións que se producen na xestión de persoal, sempre e cando o seu deseño estrutural fágase acorde desde a base cara á punta da pirámide, é dicir de abaixo cara arriba segundo as características, responsabilidade e cualificación dos postos. Toda a problemática xurdida no organigrama do persoal, como no calendario de servizos, emendaríase cunha reformulación do rexistro de persoal, a mobilidade do mesmo segundo as necesidades e cualificación en diferentes áreas así como as coberturas provisionais de vacantes, a posible acumulación de funcións, a creación de novas comisións de servizos, reflectir no novo documento claramente a denominación, funcións e contidos dos postos de traballo e por su posto a situación na estrutura e requisitos para desempeñar o seu labor de cada un deles, e así estar regulado no novo documento, permitindo a adaptación ás necesidades de cada momento e todo iso facilitaría a xestión dos RRHH de todo o persoal laboral de acordo coa oferta de servizos municipais e mediante a racionalización de recursos, previsión de eventualidades que xurdan, e a modificación ou supresión de postos en función das necesidades reais que aparezan, e doutra banda regularizando situacións especiais garantindo os dereitos e a estabilidade do posto de traballo. Resumindo e para finalizar a elaboración dunha RPT de forma consensuada e tecnicamente correcta que permita a reestruturación e optimización de recursos, que teña a capacidade de ser un documento que permita ao concello traballar de fronte ao futuro sen sobresaltos, que marque as directrices de como queremos que sexa este Concello a nivel de persoal e servizos, xa que é unha iniciativa longamente reivindicada desde todas as partes e moi necesaria, non apoiala sería dar outro paso atrás na modernización e o progreso deste concello.

Por parte do PP, BNG e Grupo Independente maniféstase que non necesitan unha nova intervención. A Sra. Alcaldesa , no uso da súa palabra comeza dicindo que a teoría é moi bonita pero a práctica en moitos casos é diferente. De feito no vai mellorar absolutamente nada, e de mostra está que no anterior goberno non se puido aprobar porque non houbo ese consenso. Tamén hai que recordar que non so ten que haber vontade de igualar aos traballadores salarialemente, pero a masa salarial é a que é. Indica que o equipo de goberno vaise abster porque non se pode comprometer a realizalo neses plazos.

Pechando a moción,o concelleiro non adscrito dice que despois de varias preguntas sobre a RPT primeiro respondeu que a elaboración estaba a facer a Deputación e despois case que se desmarcaba.Pon de exemplo o caso de Mondoñedo , na que a súa elaboración foi en dous meses.Recórdalle á Sra. Alcaldesa que esto iba no seu programa político. Logo do debate sométese a votación, acadando o seguinte resultado:

Concello de Guitiriz Rua do Concello nº4, Guitiriz. 27300 (Lugo). Tfno. 982370109. Fax: 982372178

Concello de Guitiriz

A favor: PP, BNG, Concelleiro non adscrito e Grupo Independente En contra:0 Abstencións: 6 (PSOE) Polo que queda aprobado por maioría absoluta con 7 votos a favor.

Expediente 1762/2017. Mocion en relación a vaga lumes en Galicia

Favorable Tipo de votación: Ordinaria A favor: 4, En contra: 1, Abstencións: 8, Ausentes: 0

En primerio lugar sométese a votación a urxencia da súas inclusión na orde do día, que foi ratificada por unanimidade .

De seguido ten a palabra o voceiro do PP, que procede a dar lectura da súa moción:

MOCIÓN QUE PRESENTA O GRUPO MUNICIPAL POPULAR DO CONCELLO DE GUITIRIZ EN RELACIÓN Á VAGA DE LUMES QUE SUFRIU GALICIA

O Grupo Municipal no Concello de Guitiriz, conforme ao previsto no Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico da Entidades Locais, desexa elevar ao Pleno Municipal a seguinte Moción.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Galicia sufriu entre o 12 e o 17 de outubro un vaga de lumes sen precedentes, un episodio de actividade incendiaria que supuxo un atentado contra o rural, o medio ambiente, a economía, a vida animal e o mais importante puxo en risco a vidas das persoas, producíndose un fatal desenlace co falecemento de catro persoas que lamentamos en profundidade.

Galicia non arde soa. A Galicia quéimana. O acontecido tratase dunha verdadeira afronta e unha aldraxe, que se fixo partindo de dous condicionantes excepcionais, unhas condicións meteorolóxicas extremas, con fortes ventos, altas temperaturas e moi baixa humidade e unha actividade incendiaria desaforada. Mesmo houbo que facer fronte a incendios que procedentes de Portugal se propagaron en Galicia.

Estes elementos conformaron un ataque inxente que forzou ata o límite o dispositivo despregado pola Xunta de Galicia e que estaba composto por 350 brigadas, 220 motobombas, 40 pas e unha vintena de medios áreos, ademais de bombeiros de toda Galicia e Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES), uns 5600 efectivos en total que xa estaban incorporados durante a fin de semana, incluíndo os mais de 600 efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME), apoiados con 18 auto bombas e 6 nodrizas e mesmo, dentro dos medios aéreos, helicópteros procedentes de bases situadas en Murcia, Toledo ou Guadalaxara.

Tratase do maior operativo despregado nesta época do ano e dun dos maiores da

Concello de Guitiriz Rua do Concello nº4, Guitiriz. 27300 (Lugo). Tfno. 982370109. Fax: 982372178

Concello de Guitiriz historia. Xunto á inestimable colaboración de voluntarios de Protección Civil e de veciños dos lugares afectados, fixéronse fronte a focos que se sucedían continuada e simultaneamente, e que se multiplicaban en cuestión de minutos.

Todos temos responsabilidades na prevención dos incendios forestais, incluíndo os propietarios dos terreos e os concellos e demais administracións, xa que tamén teñen as súas obrigas en relación coas súas propiedades e vías de titularidade municipal.

Esta vaga de lumes afectou indistintamente a áreas de monte raso, arborado e ordenado, a zonas de pasto, a explotacións gandeiras, a viñedos, e mesmo tamén a núcleos rurais e áreas urbanos con afección a bens inmobles e mobles. En poucas horas activáronse uns 264 incendios que puxeron a proba ao operativo coordinado pola Xunta de Galicia.

Os cidadáns en xeral e cada administración, no marco das súas competencias, debemos actuar para facer fronte a este problema, que é un problema de todos.

O repunte dos incendios en determinadas épocas do ano, máis aló do verán, é algo habitual nos últimos anos, rexistrándose unha considerable actividade incendiaria en primavera, e como ocorreu este ano de xeito moi marcado, ao longo do mes de outubro. Por iso, e dadas as condicións climatolóxicas adversas que estamos a vivir, a Xunta prorrogou o período de perigo alto de incendios ata o 31 de outubro, manténdose a prohibición das queimas de restos agrícolas e forestais ata nova orde.

En todo caso, o dispositivo galego é potente e flexible, o que permite adaptalo ás circunstancias de cada momento, por iso se puido reforzar o operativo de loita contra os incendios tanto de medios materiais como humanos declarando a emerxencia e prolongando o período alto risco por incendios forestais.

A mellor forma de parar un lume é que non comece, e nesa batalla contra os incendiarios temos que estar todos, medios policiais, fiscalía, administracións e toda a sociedade.

Por outra parte, no Concello da Xunta do pasado xoves 19 de outubro aprobouse un decreto de medidas urxentes para tentar paliar e reparar os danos provocados polos lumes. A prioridade é atender ás familias das vítimas mortais, neste sentido incrementáronse as indemnizacións para os seus familiares destes falecidos como consecuencia do terrorismo incendiario.

En relación ás persoas que sufriron perdas materiais, especialmente aquelas que viron como o lume afectaba ás súas casas, disporán tanto de asesoramento como de axudas. Daranse tamén axudas para aloxamento ata a reparación das vivendas, ademais de avaliar as naves industriais afectadas que non teñan póliza de seguro.

Tamén se está a traballar na análise dos ríos e das costas co obxectivo de minimizar o risco de que as precipitacións provoquen riadas, planificar a reforestación da superficie afectada, cando sexa preciso, e rexenerar así o patrimonio natural. E a Xunta tamén está a traballar coas confrarías para identificar aqueles terreos danados polos incendios que poidan supoñer un risco para os bancos marisqueiros.

Concello de Guitiriz Rua do Concello nº4, Guitiriz. 27300 (Lugo). Tfno. 982370109. Fax: 982372178

Concello de Guitiriz

E necesario que nese proceso de apoio aos afectados se involucren todas as administracións. As Deputacións Provinciais, que son os organismos mais achegados aos concellos, e o Estado, deben colaborar tamén para que os danos provocados polos incendios sexan reparados coa maior brevidade posible.

Por todo isto, o grupo municipal do PP solicita ao Pleno da corporación municipal a adopción dos seguintes

ACORDOS

 Trasladar o agradecemento e apoio a tódolos profesionais que forman parte do operativo de extinción de incendios que coa súa actuación evitaron que a traxedia fora maior; así como as Forzas e Corpos de Seguridade, que coa imprescindible colaboración cidadá, están levando a cabo as súas investigacións para tentar esclarecer a autoría dos incendios.  Instar a todas as administracións públicas a asumir as súas responsabilidades en materia de prevención cumprindo coa normativa vixente.  Solicitar a todas as administracións a adopción de medidas urxentes co fin de rexenerar as zonas danada, restablecer os servizos esenciais, compensar aos afectados e atender as necesidades derivadas desta situación, entre elas a minimización do risco de que as precipitacións poidan causar riadas ou danos aos bancos marisqueiros.  Instar ao Estado e as Deputacións Provinciais (estas ultimas como principais organismos encargados de dar apoio aos concellos) para que se unan a Xunta de Galicia e participen na concesión de axudas destinadas a paliar os efectos dos lumes. En particular, ínstanse ás Deputacións, en virtude das obrigas que a estes efectos establece o artigo 38 da Lei de Emerxencias de Galicia, a implicarse no cofinanciamento das actuacións de reparación de danos producidos nos bens e instalacións de titularidade municipal

Finalizada a súa lectura, ten a palabra o concelleiro non adscrito comeza dicindo que visto que está moción está redactada en Santiago a podía haber presentado en tempo e forma para que entrara na Comisión Informativa. Considera que o contido de esta moción e unha letanía de disculpas polos fallos ocurridos e a falta de coordinación ou falla de previsión. Continúa dicindo que as causa do ocurrdio non se deben a o que eles chaman terrorismo, se non que existen interses económicos e noutros casos demencia. Por outra banda o Sr. Rueda ( na prensainsta aos poderes locais a poñerse as pilas en materia de emerxencias, cousa que non procede , o que procede é que por parte da Xunta o apliquen directamente.

Por parte do voceiro do BNG dise que Parécenos un insulto a cidadanía que despois de case 35 anos gobernando na Xunta de Galicia nos veñan dicindo que a política de montes e a política que fixeron no medio rural foi a correcta e acertada. Todos podemos apreciar como están os montes, ou tamén quérenos convencer de

Concello de Guitiriz Rua do Concello nº4, Guitiriz. 27300 (Lugo). Tfno. 982370109. Fax: 982372178

Concello de Guitiriz que o vemos non e verdade. O estado de abandono do noso rural e do monte, é de tal magnitude que canto mais tempo se tarde en revirar as políticas levadas a cabo durante estes anos mais tempo levara amañar todo o que nos rodea. Vostedes dende a Xunta a única política que fixeron foi favorecer a política forestal fomentando o abandono das terras produtivas e permitindo as plantacións de eucaliptos e piñeiros de crecemento rápido de pouco valor engadido para ter contentas as industrias que vostedes mesmos rexentan, esa é a única política que vostedes coñecen. O único que pretenden con esta moción é culpabilizar as deputacións e concellos dunha responsabilidade en canto os lumes que non lles corresponden, facendo de parapeto da súa mala xestión na Xunta ante a evidencia da súa política forestal de prevención e extinción de incendios que non funciona. O Sr. Feijóo acosou de terroristas incendiarios a dúas persoas que tiveron a imprudencia de prender unhas fogueiras para asar uns chourizos ou queimar uns rastréxoos o día equivocado, e que desgraciadamente fóiselles das mans, aínda así estes lumes foron de escasa importancia, pero usáronnos de cabezas de turco para xustificar o inxustificable ante a opinión publica, como fan con todo, manipulación tras manipulación a través dos medios públicos que tamén vostedes manexan.

Sres/as. do Partido Popular existen dúas clases de política de cara o rural galego, a política forestal que vostedes están a levar a cabo dende hai moitos anos e a política de montes e do medio rural que propoñemos os nacionalistas para dar un xiro en Galiza apostando por un monte vivo e con futuro para ir ano tras ano deshipotecando o que foron vostedes construíndo para manter empresas contaminadoras como ENCE.

Por parte do voceiro do Grupo independente agradece a axuda do Goberno galego pola vaga de lumes, que por outra banda é obriga deles, xa que son cartos públicos, pero non entende a parte da moción que di agradecerlles a labor feita, posto que en todo caso é a súa obriga.

De seguido toma a palabra a Presidencia que comeza dicindo que esta moción se sae do que debía ser, e que é rizar o rizo. Indica que dende a nosas conciencias houbo xente que non fixo o que tiña que facer aínda que outra moita xente si que colaborou, e aínda que a intención do equipo do goberno era absterse, neste intre ten as súa dúbidas.

No seu segundo turno, o voceiro do PP indica é que o que se pide é unha axuda aos Concellos , Deputacións e a propia xente, que todo o mundo poida colaborar neste intre.

Existe uns datos que se repiten constantemente e é que os incendios se producen sempre cando remata a campaña de prevención de incendio, e non no propio verán, polo que se insta é a colaboración de todas as administracións así como a axuda a aquelas persoas que sufriron directamente esas desgracias.

Por parte do concelleiro non adscrito insístese na mala coordinación que houbo con razón dos incendios, e que realmente non se actuou como se debería.

Concello de Guitiriz Rua do Concello nº4, Guitiriz. 27300 (Lugo). Tfno. 982370109. Fax: 982372178

Concello de Guitiriz

Continúa dicindo que a queima do monte en Galicia é unha auténtica desgracia, e o que os políticos debeberíamos facer sería lexilar, actuar e coordinarnos para paliar estes efectos na maior medida do posible. Remata dicindo que esta moción non deixa de ser unha lista de desculpa.

Polo concelleiro do grupo independente se dice que independentemente das condiciós metereolóxicas e de que os incendios sexa unha auténtica desgracia, é obriga de todos os partidos políticos actuar en conxunto, que limpien e que se lexisle para aumentar as distancias das plantacións.

Por parte do voceiro do BNG, no uso da palabra na segunda rolda de intervencións, exponse que o Sr. Teixido repítese e intenta culpabilizar aos Concellos do ocurrido, pero o certo é que os 500 brigadistas que votaron o día anterior tiñan que estar traballando na prevención deses lumes. Remata a intervención pedindo un non á prórroga de Ence.

Por parte da Presidencia insístese en que non lle parece que o contido desta moción sexa obxecto do Pleno de Guitiriz, e que se debería estar a facer é tomar conclusións, buscar solucións e adoptar medidas correspondentes.

Non sendo necesaria unha nova intervención polo voceiro do PP,logo do debate sométese a votación,acadando o seguinte resultado: Votos a favor:4 (PP) Votos en contra: 1 (BNG) Abstencións:8 (PSOE; concelleiro non adscrito e Grupo Independente). Quedando aprobada a moción por maioría simple con catro votos a favor.

Expediente 1759/2017. Moción sobre rogos, preguntas e mocions

Favorable Tipo de votación: Unanimidade/Asentimento

Procédese en primeiro lugar a ratificar a urxencia da inclusión da moción na orde do día, sendo aprobada por unanimidade. De seguido procédese a dar lectura da moción, co seguinte teor literal: Don Xosé María Teixido Nuñez, voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Guitiriz, ao abeiro do establecido pola Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e o artigo 97 do R.D. 2568/1986, de 29 de novembro, presenta para o seu debate e aprobación no Pleno, a seguinte MOCIÓN

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Levamos xa unha grande parte de esta lexislatura consumida no tempo, e moitas das preguntas e rogos que se lle expresaron nos plenos anteriores non se cumpriron, mais o que é grave, é que moitas mocións que foron presentadas polo noso grupo e por os outros grupos políticos que conforman politicamente este concello non se cumpriron, pero o que máis nos chama a atención é que non se cumpriron mocións que foron votadas por unanimidade de todos os grupos políticos, e paradoxos da

Concello de Guitiriz Rua do Concello nº4, Guitiriz. 27300 (Lugo). Tfno. 982370109. Fax: 982372178

Concello de Guitiriz vida, co voto favorable do PSOE, incluído a da nosa Alcaldesa-Presidenta dona Regina Polín.

Tamén chámanos moitísimo a atención, que dona Regina Polin, dende fai varios meses non convoque esa Comisión de Seguimento de Mocións, que foi votada no pleno por unanimidade, e a única razón que lle atopamos, é que non se convocan, case nunca, xa que case nada do aprobado, foi executado.

Por todo elo, elevase ao Pleno esta MOCIÓN, na que se propoñen os seguintes ACORDOS.

 Que se convoque a Comisión de Seguimentos das Mocións presentadas por todos os grupos.  Que as Mocións aprobadas por maioría, ou por unanimidade, do Pleno deste concello sexan levadas a cabo nun prazo non superior a tres meses.  Solicitamos ao Goberno municipal deixe de escudarse na súa dificultade a hora de cumprir o aprobado no Pleno, xa que todos os grupos políticos que conformamos este concello, somos conscientes das dificultades que temos para aprobar ou rexeitar unha moción, polo tanto non valen subterfuxios, desculpas o evasivas, a hora do seu cumprimento.

Para finalizar, dicirlle que está é unha moción das chamadas históricas, xa que é a primeira vez cun grupo político, neste caso o Grupo Popular presenta unha moción para que se cumpran as mocións.

Por parte do concelleiro non adscrito indícase que non pode estar máis a favor porque nos último mese o comisión de seguemento das mocións perdeu a súa razón de ser dado que leva meses sen convocarse, é sería conveniente saber en que punto están.

Por parte do voceiro do BNG indícase que non lle fai falta engadir nada e que votará a favor. Por parte do voceiro do Grupo Independente adiántase que o seu voto será a favor.

Por parte da Sra Alcaldesa indícase que é gracioso e histórico que o PP diga esto, e pregúntalle onde estaba a transparencia non seu mandato, onde as mocións se rexeitaban de forma sistemática

Por outra banda, a pesar de todo, vai votar a favor, aínda que aclara que non é verdade que se leven moitos meses sen convocar senon que leva dous meses agosto e outubro, e a razón non deixa de ser outra que a falta de persoal, posto que esta comsión dura como media tres horas, tres horas que se quitan as administrativas do seu traballo ordinario, e xusto neses meses houbo moita carga de traballo( subvencións, contratos, etc..) De tódolos xeitos en decembro convocarase.

Logo do debate sométese a votación, sendo aprobada por unanimidade

Concello de Guitiriz Rua do Concello nº4, Guitiriz. 27300 (Lugo). Tfno. 982370109. Fax: 982372178

Concello de Guitiriz

B) ACTIVIDADE DE CONTROL

Completada a Orde do día, ábrese o turno dos rogos e preguntas:

ROGOS DO PP

1º.- Rogamos o arranxo das losetas e bolardos da Rúa do Mercado. 2º.- Rogamos se toma algunha determinación coas fiestras e a cuberta da Casa da Botica, dada a súa peligrosidade. 3º.- Rogamos poña en coñecemento do titular da estrada que une Guitiriz cos Vilares para que no cruce de Cibreiro-Cal, na mesma curva os vehículos foron destruíndo as sinais, quedando os pivotes cortantes que cortan as rodas dos coches. 4º.- Dado que se solicite a Xunta de Galicia a titularidade da Rúa Rosalía de Castro, propoñemos que se faga o mesmo na Rúa do Mercado, solicitándollo a Deputacion Provincial de Lugo. 5º.- Rogamos lle comuniquen as autoridades pertinentes, que se leven a cabo traballos de limpeza e mantemento dos ríos e contornas, aproveitando que estes levan pouco caudal. 6º.- Rogamos se arranxe a pontella medieval en Saa, Santa Locaia de Parga, e se acondicione o camiño. 7º.- Rogamos se desbroce o antigo camiño entre a e a Raposería e tamén se arranxe a pontella que hai nese tramo. 8º.- Rogamos se arranxe a fochanca que se atopa diante da marquesiña onde se resgardan os nenos de Saa, Santa Leocadia de Parga. 9º.- Rogamos se merquen e substitúan as bandeiras que hai no exterior da casa consistorial pois atópanse deterioradas e se coloquen segundo o que establece o protocolo.

ROGOS DO CONCELLEIRO NON ADSCRITO: 1- Rogo para que se empeze a estudar un plan para a auga do Concello, non tan só pola escaseza senón tamén pola calidade da mesma. Tanto no centro urbano de Parga como no de Guitiriz a auga sae turbia, e hai numerosas queixas, e non é unha cuestión de que os veciños mesturen a auga da traída coa dos pozos como dixo a Sra. Alcaldesa no Pleno pasado, no caso de Parga. É un dereito dos veciños para ter unha auga de calidade que ademais pagan por ela. Un plan que asegure a subministración e a calidade, e hai que empezar a traballar xa con estudos de obras hidráulicas, almacenaxe, distribución, depuración e filtraxe para intentar resolver este problema que se repite cada vez máis. 2- Rogo que se informe nos Plenos sobre as demandas, propostas, suxestións ou preguntas que fan os veciños nesta rolda de visitas ás parroquias que parece ser que teñen programado facer o equipo de goberno, xa que se fai a titulo de Alcaldesa e de Concelleiros. Xa que é unha información válida para todos e desde logo non se debe utilizar nin de forma unilateral ou partidista.

ROGOS DO BNG 1º.- Este rogo é para que vostede Sra. Alcaldesa, se ten a ben conteste cun si ou non a posibilidade de realizalos cando se lle expoñan os rogos.

Concello de Guitiriz Rua do Concello nº4, Guitiriz. 27300 (Lugo). Tfno. 982370109. Fax: 982372178

Concello de Guitiriz

2º.- Rogo para que se repare unha arqueta do colector de saneamento na rúa dos Vales. 3º. Este rogo e para volver a insistir na necesidade de sacar as humidades e pintar o pavillón de deportes, así como volver a insistir en cambiar o método de limpeza que se está a levar nas gradas e vestiarios. 4º.- Rogo para que revisen e fiscalicen o traballo feito na Ruta da Auga pola empresa Xardinor, non nos parece que investiran eses 31.647 euros que se orzamentaron para esta obra, despois de recorrela dende San Alberte ata Guitiriz o sábado dia 25 atopamos o seguinte: faltan sinalizacións, entre a ponte da depuradora e o cruce na N-VI as persoas que non coñezan Guitiriz pérdense, o mesmo pasa na ponte de Moeiro, segue habendo madeiras podres nas pontes, non se cambiaron a maioría das cordas, algunhas ata quedaron soltas, outras amarradas os arbores, e Sra. Alcaldesa a ponte que vai a Ferreira segue co mesmo furado que hai 6 ou 7 anos, aínda que cunha gran chapuza feita.

Finalizados os rogos, ábrese o turno das preguntas:

PREGUNTAS DO PP:

En primer lugar preguntan por o gasto da Festa da Torta de Millo que quedara sin responder do pleno anterior, ao que Sra. Alcaldesa responde que foron 17.845 €, considerado polo voceiro do PP como un despilfarro.

1ª.- Pagóuselle a un ex- traballador do Concello os honorarios que se lle debían, e que el reclamou varias veces? Sra. Alcaldesa: pregunta a alcaldesa a que traballador ser refire, ante a negativa do voceiro a contestar argumentando a protección de datos, continúa a alcaldesa dicindo que ese traballador alude sempre a un compromiso con o anterior alcalde de Guitiriz, pero non existe proba ou documentos que o xustifiquen, e simplemente por un compromiso verbal non se pode pagar. 2ª.- Díganos se ten pensado amañar a Rúa do Mercado, si ou non? Sra. Alcaldesa: SI, e despois pedirase a entrega á Deputación 3ª.- Cantas demandas ten agora o concello dos traballadores? Sra. Alcaldesa: 5 ou 6 . 4ª.- Canto persoal hai de baixa nestes momentos? Sra. Alcaldesa: do SAF haberá 7, 1 do Ges, a aparelladora. 5ª.- Canto se paga de aluguer polo local do baile? Sra. Alcaldesa: neste momento estase casi sen pagar nada e a partir de xaneiro 200 euros, local que será para o baile e máis actividades. 6ª.- Que actividades hai no local do SENPA? Sra. Alcaldesa: A escola de música,dous sábados ao mes os bloquiños de Xermolos.

PREGUNTAS DO CONCELLEIRO NON ADSCRITO

1- A primeira pregunta é sobre os obradoiros de emprego que promove e subvenciona a Xunta, participa ou hai algún tipo de convenio co Concello de Guitiriz? Recordo que na Terra Chá participan os concellos de Pol, , A Pastoriza, Ribeira de Piquín, Abadín, , , Castro de Rei, Outerio de Rei e Muras. Outra vez quedámonos fora? Sra.

Concello de Guitiriz Rua do Concello nº4, Guitiriz. 27300 (Lugo). Tfno. 982370109. Fax: 982372178

Concello de Guitiriz

Alcaldesa:agora mesmo non temos porque non temos socios, xa que tenen que ser limítrofes e tenen que querer os socios. 2- Poderíame explicar que lle motivou a crear un grupo de voluntarios contra incendios? Pensa crear unha asociación para iso? Sra. Alcaldesa:corrixe que son voluntarios medioambientales. Indica que vai haber unha xornada formativa e despois eles decidirán como crear ou constituírse 3- Que conclusións sacáronse na reunión coas persoas interesadas que acudiron á cita? Sra. Alcaldesa: a primeira de todas é que se estaba a actuar de xeito inmediato sen estar formados para eso,polo que o primeiro que se quere conseguir e que estean capacitados. 4- A psicóloga que ten dalgunha maneira relación contractual co concello Que tipo de cursos ou terapias dá? Que importe teñen? Canta xente acode aos cursos ou ás terapias? Xa que supoño que está subvencionado polo Concello. Sra. Alcaldesa: están colgados na páxina web do Concello, e pensa que venen a substituír eses que se daban no marco do convenio de drogodependencia que non se puido renovar porque a persoa que os impartia podía ter a condición de indefinida non fixa se acudía ao xulgado, e están subvencionados polo Concello. 5- Nos exames de oposición libre que se están realizando no Concello para cubrir certas prazas volven haber fenómenos paranormais, un dos opositores que gañou a praza sacou un 9 e no anterior exame en que tamén gañou a praza sacou un 10, parécelle normal estes sucesos? Creo que xa están a chamar desde a universidade de estranxeiras para estudar estes casos de súper intelixencia en Guitiriz. Sra. Alcaldesa:toda persoa pode ter formación para sacar un 9, un 10 ou un 7. 6- Ten coñecemento a alcaldesa de xa hai reclamacións de opositores polo sistema de puntuación para cubrir as prazas? Sra. Alcaldesa: sempre hai reclamacións, sempre ocorre. 7- Na puntuación final valórase ter algún familiar que xa é persoal laboral ou funcionarial do Concello? Sra. Alcaldesa:por suposto que non 8- O novo Centro de día que está proxectado na antiga casa de peóns camineros no Perexil. Que problemas hai de execución ou de proxecto de obra? Sra. Alcaldesa: estase a facer, e que eu sepa non existe ningún problema, de feito a primeira parte está feita e valorada de forma positiva. 9- Como xa se desdixo da súa palabra en que na futura residencia estarían centralizados os servizos sociais; residencia, centro de día, SAF, etc que era o lóxico e óptimo por múltiples razóns entre elas económicas, e como o da residencia vai para longo. Ten pensado arranxar o teito da casa da botica ou esperamos que xa caia e declárese edificio en ruínas? Sra. Alcaldesa:temos pensando que se convirta en residencia. 10- Seguindo co tema da residencia o Sr. Martinez, entre outros cargos presidente de Suplusa e compañeiro seu de partido vai reclamar 1,5 millóns de euros aos Concellos polas residencias de maiores, curiosamente a Guitiriz que non a posto nin a primeira pedra reclámalle 200.000. A que se debe todo isto?. Suplusa xa enviou a carta reclamando esta cantidade? Sra. Alcaldesa:A Guitiriz non lle reclamou nada nin lle vai enviar ningunha carta. 11- No pleno pasado contestoume á pregunta de se tiña intención de externalizar o PAI, contestoume que sí, e á mesma pregunta sobre o SAF contestoume que posiblemente. Volvo insistir para aclarar os termos, é externalizar ou é

Concello de Guitiriz Rua do Concello nº4, Guitiriz. 27300 (Lugo). Tfno. 982370109. Fax: 982372178

Concello de Guitiriz

privatizar?, porque non é o mesmo un proceso que outro, e as consecuencias son moi diferentes. Sra. Alcaldesa: vaise externalizar o persoal, PAI e dependencia 12- Que ocorreu cos servizos que creou baixo o seu mandato, e que agora intenta sacalos de encima con alto nivel de confrontación co persoal? Sra. Alcaldesa: está equivocado, non é posible levalo dende o Concello, porque non se pode reclamar máis e por todas as reclamación para conseguir a condicións de indefenido non fixo. Indica que esas persoa que reclaman teran que pasar un proceso selectivo. 13- Está vostede contenta co labor que realizan os servizos xurídicos que defenden os intereses do Concello en todos estes contenciosos laborais?. Porque non gañan nin un só xuízo ou, é que é difícil defender os casos porque incumpríronse os dereitos laborais dos traballadores? Sra. Alcaldesa:creo que algún gañamos 14- Ten pensado cambiar de estratexia en canto á xestión do persoal e de RRHH ante o problema de conflitividade e que ten un custo para as arcas municipais e por tanto de todos? Sra. Alcaldesa:expliqueino antes todo 15- Cando se vai a realizar a compra de camión do lixo? Porque o que está en servizo cada vez está peor, ensucia as rúas, perde líquidos, etc. Sra. Alcaldesa:sabemos o estado do camión, pero tereille que mandar unha relación das cousas que se fixeron este ano, no que se sacou moito traballo. 16- Que pasa co PXOM? Cales son as últimas novidades? Sra. Alcaldesa: Si, hai un informe de Confederación e a partir de ahí farase unha nova reunión, pero non sabemos se a Xunta o vai aceptar. 17- Decidiu renunciar ao posto policía local para que asuma a competencia outra administración? Sra. Alcaldesa: non, creemos que en xaneiro volver Igor. PREGUNTAS DO BNG

1ª.- Pregunta do pleno anterior. Pódenos dicir canto leva gastado o concello, e dicir, todos so cidadáns do concello, en despidos improcedentes no que vai de lexislatura. Sra. Alcaldesa: sobre tres mil e pico euros 2ª.- dixo vostede no anterior pleno que estaba facendo un estudo para saber se estaban funcionando as placas solares da nave do SEMPA e dos Sete Muiños, está feito ese estudo? Sra. Alcaldesa: está en marcha xunto co das placas da piscina

3ª.- Levamos contabilizados 5.948 euros de facturas da feira de Callos de Parga e 22.316 euros da festa da Torta de Millo, non cree vostede, que se lle foi o asunto das mans e que gastou máis do que nós dixo aquí en Pleno. Sra. Alcaldesa: esta errado, e o voceiro indica que o volverá a repasar. 4ª.- Hai unha demanda de Bernardo Rodriguez Paz ao Concello, pódenos explicar que é o que demanda. Sra. Alcaldesa:a demanda interposta contra Bernardo tamén se extende ao Concello de Guitiriz, e cando teña que ir a declarar irei. 5ª.- Dende o mes de xullo ata outubro houbo no concello unha brigada contra incendios, pódenos dicir de cantos operarios estaba formada e cales foron os traballos de prevención que fixeron? Sra. Alcaldesa: a maior parte das veces desbrozaron cunetas e sobre 6 operarios.(4 de brigadas e 2 de motobombas) 6ª.- Hai un decreto cunha autorización de rehabilitación do centro de interpretación do Vilariño por un valor de 197 euros, pódenos explicar que é o que se vai a rehabilitar? Sra. Alcaldesa: sería de dotación pero agora mesmo non recordo a qué se

Concello de Guitiriz Rua do Concello nº4, Guitiriz. 27300 (Lugo). Tfno. 982370109. Fax: 982372178

Concello de Guitiriz corresponde 7ª.- Os traballadores do GES teñen formación en produtos fitosanitarios? Sra. Alcaldesa:fixeron varios cursos, e supón que o que fan na AGAPS é exhaustiva, pero concretamente en fitosanitarios non o sabe. 8ª.- Onde depositan os envases de veleno usados conta as avespas velutinas, leva o concello algún rexistro deste produtos tóxicos? Sra. Alcaldesa:cree que si, pero tamén eso ten que respondelo o responsable técnico 9ª.- Pódenos dicir cantas prazas para usuarios leva o novo centro de ? Sra. Alcaldesa: 18 prazas. 10ª.- Canto se está pagando de aluguer polo baixo de fronte o cuartel da garda civil? Sra. Alcaldesa: van a ser 200, e recalca que foi alugado para actividades deportivas. Por parte do voceiro do Grupo Independente faise a seguinte pregunta: 1. Porqué tardaron en abrir Ponte Bustelo?Sra. Alcaldesa: tardouse tanto en abrir por tempos técnicos,primeiro hai que tirar o formigón, despois meter a terra de recheo e despois esperar a que eso asente. Indica o voceiro que lle pareceu moito tempo. A sra. Alcaldesa dia que loitou para que se fixera antes pero a empresa e técnicos indicaban que hai que esperar eses tempos.

Non habendo máis preguntas levántase a sesión ás 23.38

C) ROLDA DE INTERVENCIÓNS LIBRES

Non hai asuntos

DOCUMENTO ASINADO ELECTRONICAMENTE

Concello de Guitiriz Rua do Concello nº4, Guitiriz. 27300 (Lugo). Tfno. 982370109. Fax: 982372178