Produto interior bruto municipal Resumo de resultados 19/12/2018

Índice Introdución ...... 1 Datos por concello ...... 2 Distribución do produto interior bruto total ...... 2 Produto interior bruto por habitante ...... 3 Estrutura produtiva dos concellos de máis de 20.000 habitantes ...... 6 Datos por comarca ...... 7 Distribución do produto interior bruto total ...... 7 Produto interior bruto por habitante ...... 8 Especialización produtiva por comarca ...... 10 Datos por provincia ...... 12

Introdución O obxectivo da operación Produto Interior Bruto municipal é obter estimacións municipais do Produto Interior Bruto (PIB). O PIB é unha macromagnitude económica que resume o volume de actividade produtiva nun espazo económico nun período de tempo determinado. É o resultado dos procesos de produción de diversos axentes que operan en cada concello (empresas, fogares, administracións públicas, etc.) producindo bens e servizos finais. O PIB vai depender do emprazamento das unidades produtivas nun concello pero o desenvolvemento da súa actividade pode non ter reflexo claro na renda dos fogares. O punto de partida para as estimacións do PIB municipal é a información dispoñible nas Contas Económicas Anuais, nas que se estiman as contas de produción e explotación para 72 ramas de actividade. Para cada unha das 72 ramas desagrégase o Valor Engadido Bruto (VEB) por concello utilizando diversos métodos de estimación en función das distintas fontes estatísticas dispoñibles. Non obstante, aínda que internamente se calcula, non se difunde a desagregación por ramas de actividade dos concellos por criterios de segredo estatístico. Só para os concellos de máis de 20.000 habitantes publícase unha desagregación do PIB en 4 sectores de actividade. Así mesmo, para as comarcas realízase unha desagregación maior do PIB, en 12 sectores produtivos, o que permite identificar 1

en que sectores están especializadas as comarcas en termos relativos con respecto a . Na difusión de resultados inclúense, así mesmo, datos do produto interior bruto por habitante. A poboación utilizada neste cálculo é a poboación a 1 de xullo de cada ano t, estimada como promedio da poboación a 1 de xaneiro do ano t e a 1 de xaneiro do ano t+1, a partir das Cifras poboacionais de referencia que elabora o IGE. Nota: Os datos de 2016 son provisionais.

Datos por concello Distribución do produto interior bruto total

Os sete grandes concellos concentran o 42,1% do Produto Interior Bruto de Galicia

Vigo é o concello con maior nivel de actividade produtiva, cun PIB de 7.215 millóns de euros, seguido do concello da Coruña que xerou 6.527 millóns de euros en 2016. Entre ambos concellos achegan o 23,3% do PIB de Galicia. O concello de Arteixo, con 4.104 millóns de euros, é o terceiro concello en xeración de valor engadido e presenta un incremento do 32% da súa actividade produtiva con respecto a 2014. Tras Arteixo sitúanse os concellos de de Compostela, , , e . En todos eles, o PIB medrou con respecto a 2014. Os concellos do Porriño e As Pontes de García Rodríguez completan a táboa dos dez primeiros concellos por volume de actividade económica.

Os dez concellos de Galicia con maior Produto interior bruto (PIB) municipal no ano 2016 Unidade: miles de euros

Concello 2010 2012 2014 2016 36057 7.438.199 7.037.821 7.035.644 7.215.147 15030 Coruña, A 6.303.274 6.141.919 6.013.831 6.526.579 15005 Arteixo 2.165.008 2.185.613 3.111.474 4.104.184 15078 Santiago de Compostela 3.569.581 3.356.617 3.136.522 3.395.128

2

Concello 2010 2012 2014 2016 27028 Lugo 2.264.735 2.172.203 2.119.638 2.249.020 32054 Ourense 2.322.866 2.187.455 2.056.327 2.124.096 36038 Pontevedra 1.894.233 1.839.312 1.744.544 1.888.980 15036 Ferrol 1.567.460 1.417.460 1.403.000 1.445.185 36039 Porriño, O 814.246 753.937 778.857 864.356 15070 Pontes de García Rodríguez, As 510.529 836.900 695.066 652.468

Fonte: IGE. Produto interior bruto municipal (descarga da táboa)

Produto interior bruto por habitante

Arteixo é o concello con maior PIB por habitante no ano 2016 Os concellos con maior PIB por habitante caracterízanse por ter uns niveis de actividade moi relevantes no seu concello pero non se atopan entre os máis poboados de Galicia. Arteixo, cunha poboación de máis de 30.000 habitantes, é a excepción entre os que teñen máis PIB por habitante. Os concellos cun maior nivel de PIB por habitante presentan cando menos unha das seguintes características: • Son concellos que contan cun tecido industrial consolidado, están próximos aos grandes núcleos de poboación e teñen acceso a vías de comunicación de alta capacidade. Neste grupo podemos clasificar ao concello de Arteixo, San Cibrao das Viñas, Pereiro de Aguiar, Rábade, O Porriño ou Bergondo. • Son concellos nos que o emprazamento dun grupo empresarial elevou os niveis de actividade económica: Arteixo é o principal exemplo, pero As Pontes de García Rodríguez, Cervo, As Somozas ou Cerceda tamén se atopan neste grupo. • Son concellos nos que se xera un valor engadido moi elevado pola explotación dun recurso natural –mineiro ou enerxético fundamentalmente – como ocorre nos casos de Carballeda de , Muras, Manzaneda, As Pontes de García Rodríguez, Cerceda, Vilariño de Conso ou Nogueira de Ramuín.

3

Os quince concellos de Galicia con maior Produto interior bruto (PIB) por habitante. Ano 2016 Unidade: euros por persoa, persoas

Concello PIB por habitante Poboacion 15005 Arteixo 129.519 31.688 32017 Carballeda de Valdeorras 112.040 1.635 27013 Cervo 86.707 4.297 15081 Somozas, As 85.910 1.185 32075 San Cibrao das Viñas 80.586 5.168 27033 Muras 75.150 722 32044 Manzaneda 65.316 949 15070 Pontes de García Rodríguez, As 63.383 10.294 27056 Rábade 62.880 1.564 15024 Cerceda 55.743 5.072 32092 Vilariño de Conso 53.138 715 32052 Nogueira de Ramuín 50.973 2.056 32058 Pereiro de Aguiar 50.879 6.177 36039 Porriño, O 46.831 18.457 15008 Bergondo 39.278 6.699

Fonte: IGE. Produto interior bruto municipal (descarga da táboa)

4

Índice do PIB municipal por habitante (Galicia=100). Ano 2016

Fonte: IGE. Produto interior bruto municipal

5

Estrutura produtiva dos concellos de máis de 20.000 habitantes

Naqueles concellos de máis de 20.000 habitantes preséntase unha desagregación do PIB municipal en catro grandes sectores económicos, máis os impostos netos sobre os produtos. Para o conxunto da economía galega do ano 2016 o sector primario achegou o 4,8% do PIB, a Industria e enerxía o 16,6%, a construción o 6,3%, o sector servizos o 63,1% e os impostos sobre os produtos representan o 9,1% restante. Tomando como referencia estes datos, e á vista da estrutura produtiva dos concellos de máis de 20.000 habitantes, podemos destacar os seguintes trazos deste grupo de concellos: • Vigo destaca pola contribución do seu sector industrial (achegou un 19,9% ao seu PIB), porén o seu sector primario e da construción pesan menos que en Galicia. • No concello da Coruña destaca a achega do sector servizos, que representa un 73,1% do PIB, isto é, dez puntos máis que no conxunto da comunidade autónoma. • Nos concellos de Ribeira e Lalín o sector primario achega o 15 e o 13,3% do seu PIB respectivamente. Pola contra, en ambos concellos o sector servizos presenta achegas que rondan o 50% do seu PIB. • En Narón, Redondela e Ribeira o peso do sector industrial no PIB supera o 20%. • Nos concellos de Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo, Ourense e Pontevedra o sector servizos supera o 70%. • O sector da construción achega máis do 10% do PIB nos concellos de Culleredo, Oleiros, Cangas, A Estrada, Lalín, Carballo e Ames

6

Estrutura do Produto Interior bruto (PIB) dos concellos de máis de 20.000 habitantes. Ano 2016 Unidade: porcentaxe sobre o PIB

Fonte: IGE. Produto interior bruto municipal (descarga da táboa)

Datos por comarca Distribución do produto interior bruto total

A comarca da Coruña é a principal de Galicia en termos de actividade económica. En 2016 xerou un PIB de 12.848 millóns de euros, o que representa o 21,8% do total de Galicia. Con respecto ao 2014 medrou un 15%. A este crecemento contribuíu especialmente o incremento do valor engadido xerado no sector servizos, en particular na rama de actividade “Comercio, transporte e hostalería”. A comarca de Vigo tivo un PIB de 9.801 millóns de euros, que representa un 16,6% do total galego e entre 2014 e 2016 medrou un 4,6%. 7

As seguintes comarcas, en orde de magnitude, son as de Santiago, Ourense, Ferrol, Lugo e Pontevedra. Estas sete comarcas achegan o 65,1% do PIB de Galicia e todas elas presentan crecemento dende o ano 2014. Fóra das comarcas cuxa cabeceira é unha gran cidade, destacan as comarcas do Salnés, Barbanza e O Morrazo. A suma destas tres comarcas representan un 7,2% do PIB galego Cómpre destacar a evolución do PIB das comarcas de , Tabeirós-Terra de Montes e , con crecementos superiores ao 10%.

As dez comarcas de Galicia con maior Produto interior bruto (PIB). Ano 2016 Unidade: miles de euros, taxa de variación interanual e achega ao PIB en %

Comarca PIB Achega ao PIB de Galicia Taxa de variación 2014-2016 1506 A Coruña 12.847.720 21,8 15,0 3610 Vigo 9.801.114 16,6 4,6 1514 Santiago 4.365.625 7,4 9,1 3205 Ourense 3.267.947 5,5 4,1 1508 Ferrol 2.840.316 4,8 4,8 2704 Lugo 2.773.373 4,7 6,7 3607 Pontevedra 2.507.720 4,3 7,3 3608 O Salnés 1.885.770 3,2 4,5 1502 Barbanza 1.183.214 2,0 7,5 3605 O Morrazo 1.157.570 2,0 4,0 Fonte: IGE. Produto interior bruto municipal (descarga da táboa)

Produto interior bruto por habitante

Ao igual que pasaba no caso dos concellos, se falamos de PIB por habitante a situación das comarcas é diferente. A comarca do Eume presenta un PIB por habitante de 35.227 euros, é dicir, un 62% superior á media de Galicia. A comarca da Coruña rexistra a segunda cifra de PIB por habitante con case 32.500 euros. A comarcas da Mariña Occidental e da sitúanse en terceiro e cuarto lugar respectivamente, mentres a comarca de Santiago é a quinta cun PIB por habitante que supera os 26.000 euros. A Comarca de Valdeorras, sexta neste baremo, rexistrou unha subida do PIB por habitante dun 12% consecuencia dun crecemento da actividade produtiva positiva (o seu PIB total medrou un 9,4% entre 2014 e 2016) e un comportamento demográfico negativo (a poboación caeu un 2,3% nese período).

8

A Paradanta, , , e están entre as comarcas con menor actividade produtiva por habitante. En todas elas o PIB por habitante é inferior ao 60% da media de Galicia.

As dez comarcas de Galicia con maior Produto interior bruto (PIB) por habitante. Ano 2016 Unidade: euros por persoa Comarca PIB por habitante 1507 Eume 35.227 1506 A Coruña 32.499 2706 A Mariña Occidental 31.110 3209 Terra de Trives 29.286 1514 Santiago 26.193 3210 Valdeorras 23.987 3610 Vigo 23.590 2704 Lugo 23.416 3205 Ourense 23.114 2702 22.885 Fonte: IGE. Produto interior bruto municipal (descarga da táboa)

As dez comarcas de Galicia con menor Produto interior bruto (PIB) por habitante. Ano 2016 Unidade: euros por persoa Comarca PIB por habitante 3606 10.939 1510 Muros 11.839 3603 O Condado 12.052 3202 Baixa Limia 12.815 3208 Terra de Celanova 12.821 1503 A Barcala 13.178 3211 Verín 13.557 3602 Caldas 13.991 1517 14.035 3601 O Baixo Miño 14.075 Fonte: IGE. Produto interior bruto municipal (descarga da táboa)

9

Especialización produtiva por comarca

As estimacións publicadas polo IGE achegan información da estrutura produtiva das comarcas cun nivel de desagregación de 12 ramas de actividade. Este detalle permite construír uns índices de especialización relativa, que comparan a estrutura produtiva de cada comarca coa de Galicia, identificando aqueles sectores máis predominantes, en termos relativos, nas comarcas galegas. Dezaoito comarcas teñen especialización produtiva no sector primario (inclúe agricultura, gandaría, pesca e silvicultura) e once comarcas teñen especialización produtiva no sector enerxético (Eume, , , Chantada, Baixa Limia, , , Terra de Celanova, Terra de Trives, e A Paradanta). A presenza industrial é sobranceira en varias comarcas: • Especialización produtiva no sector da extracción e fabricación doutros minerais non metálicos: comarcas de , , , , Valdeorras e O Baixo Miño. O 45,6% do valor engadido galego deste sector xérase nestas comarcas. A importancia do sector na comarca de Valdeorras queda reflectida polo seguinte dato: o 26% do PIB comarcal provén deste tipo de actividades produtivas. • Especialización produtiva no sector da madeira (inclúe a industria da madeira, do papel e fabricación de mobles): comarcas de , Ferrol, Santiago, O Sar, Lugo, Pontevedra e Tabeirós-Terra de Montes. O número de comarcas que presenta este tipo de especialización incrementouse desde 2014, consecuencia dunha evolución positiva no sector (para o conxunto de Galicia do VEB xerado por este sector medrou un 27%). • Especialización produtiva no sector industrial agroalimentario: comarcas do Barbanza, O Condado e O Morrazo. No Barbanza esta industria, fundamentalmente conserveira e de conxelado de pescado, achega o 16,7% do seu Produto Interior Bruto. • A comarca de Vigo presenta especialización produtiva no sector de fabricación de material de transporte e grandes reparacións (inclúe a fabricación de automóbiles e a construción naval, entre outras). Na comarca de Vigo o sector é o responsable do 12,3% do PIB comarcal. • Especialización produtiva no sector da metalurxia, produtos metálicos, electrónicos, eléctricos e maquinaria: comarcas de , A Mariña Occidental, Caldas e O Salnés. Na Mariña Occidental este sector é o responsable do 24,3% da actividade produtiva comarcal. A Comarca da Coruña é a única que presenta especialización relativa no sector do Comercio, transporte e hostalería. Dúas comarcas, Bergantiños e o Carballiño, teñen especialización produtiva no sector da Construción e ningunha das

10

comarcas galegas na Administración pública, sanidade, educación e outros servizos. Especialización produtiva por comarca. Ano 2016

Fonte: IGE. Produto interior bruto municipal NOTA: calcúlase un índice de especialización para cada comarca e sector como o cociente entre o peso do VEB do sector na comarca e o peso do VEB do sector na economía galega. En cada comarca defínese o sector de especialización como aquel que presenta o maior valor dos índices anteriores.

11

Datos por provincia Nas provincias da Coruña e Pontevedra xérase o 77,5% da produción final de Galicia Por agregación dos datos municipais obtéñense os datos provinciais. A provincia da Coruña é a responsable do 46,3% da produción final e ten un PIB por habitante superior nun 12% á media de Galicia. A provincia de Pontevedra ten un PIB de 18.433 millóns de euros, pero o PIB por habitante é inferior ao de Galicia. Ourense achega o 10,3% da xeración de valor na nosa comunidade e é a provincia cun PIB por habitante inferior.

Produto interior bruto (PIB), achega ao PIB de Galicia e PIB por habitante. Galicia e provincias. Ano 2016 Unidade: PIB en miles de euros, PIB por habitante en euros, achega ao PIB en porcentaxes PIB por habitante Achega ao PIB PIB por Espazo PIB sobre a media de Galicia habitante galega 12 Galicia 58.994.431 100,0 21.727 100,0 15 A Coruña 27.319.915 46,3 24.328 112,0 27 Lugo 7.139.104 12,1 21.318 98,1 32 Ourense 6.102.599 10,3 19.489 89,7 36 Pontevedra 18.432.813 31,2 19.521 89,8 Fonte: IGE. Produto interior bruto municipal (descarga da táboa)

Por grandes sectores económicos nas catro provincias o sector servizos é o máis destacado pola súa achega ao PIB provincial, porén cómpre destacar algúns aspectos significativos de cada provincia: • En Ourense destaca o peso da industria e enerxía: supón o 22,8% do PIB, mentres no conxunto de Galicia supón o 16,6% • En Lugo o sector primario pesa un 12,8% do PIB da provincia, mentres en Galicia supón o 4,8%. • A Coruña é a provincia na que o sector servizos ten maior presenza na actividade produtiva: un 67,7% no ano 2016 • Pontevedra presenta un sector industrial que achega ao PIB un 18,6%, case dous puntos máis que no conxunto de Galicia, e un sector primario cunha contribución baixa (un 3,5%, máis dun punto menos que no total da Comunidade autónoma).

12

Estrutura do Produto Interior bruto (PIB) de Galicia e as súas provincias. Ano 2016 Unidade: porcentaxe sobre o PIB

Fonte: IGE. Produto interior bruto municipal (descarga da táboa)

Pode consultarse a metodoloxía desta estatística na seguinte ligazón: Metodoloxía Acceso á aplicación gráfica na seguinte ligazón: Aplicación pib municipal

13

Para máis información: Instituto Galego de Estatística Complexo Administrativo San Lázaro s/n 15703 Santiago de Compostela (A Coruña) Contacto: http://www.ige.eu/web/peticioninfo.jsp?paxina=005006001&idioma=gl Teléfono de información: 981 54 15 89 (de 9 a 15:00 h.) Fax: 981 54 13 23

14