MARTES, 29 DE XANEIRO DE 2019 N.º 024

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE CONSORCIO PROVINCIAL DE LUGO PARA A PRESTACIÓN DO SERVIZO CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO Anuncio

Aprobado definitivamente o Orzamento do Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento para o exercicio 2019 xunto coa plantilla de persoal e relación-catálogo de postos de traballo en cumprimento do disposto no artigo 169.3 do Texto refundido da lei reguladora das facendas locais aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004 do 5 de marzo e demáis disposicións concordantes, fanse públicos os seguintes extremos: resumo por capítulos do orzamento para 2019 (I), o cadro de persoal (II) e o réxime de aplicación e recursos (III):. I. ORZAMENTO 2019

INGRESOS CAPÍTULO IMPORTE EUROS I IMPOSTOS DIRECTOS 0,00 II IMPOSTOS INDIRECTOS 0,00

III TAXAS, PREZOS PÚBLICOS E OUTROS INGRESOS 890.100,00 IV TRANSFERENCIAS CORRENTES 4.909.500,20 V INGRESOS PATRIMONIAIS 100,00

VI ENAXENACIÓN DE INVESTIMENTOS REAIS 0,00 VII TRANSFERENCIAS DE CAPITAL 0,00 VIII ACTIVOS FINANCEIROS 0,00 IX PASIVOS FINANCEIROS 0,00 TOTAL ESTADO DE INGRESOS 5.799.700,20

GASTOS CAPÍTULO IMPORTE EUROS Anuncio publicado en: Num BOP 24 año 2019 (28/01/2019 10:26:13) (29/01/2019 08:00:00) I GASTOS DE PERSOAL 76.960,37 II GASTOS EN BENS CORRENTES E SERVIZOS 5.720.523,42

III GASTOS FINANCEIROS 100,00 IV TRANSFERENCIAS CORRENTES 0,00 V FONDO DE CONTINXENCIA 2.116,41

VI INVESTIMENTOS REAIS 0,00 VII TRANSFERENCIAS DE CAPITAL 0,00 VIII ACTIVOS FINANCEIROS 0,00 2 Núm. 024 – martes, 29 de xaneiro de 2019 BOP de Lugo

IX PASIVOS FINANCEIROS 0,00 TOTAL ESTADO DE GASTOS 5.799.700,20

II. CADRO DE PERSOAL E RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO No citado acordo plenario, aprobáronse todos os documentos e anexos que comprenden o dito Orzamento, entre os que se inclúe o Anexo do Persoal, este último comprende tamén o cadro de persoal e relación de postos de traballo, polo que de conformidade co art. 127 do Texto refundido aprobado polo Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril e disposicións concordantes, reprodúcese a continuación de acordo co que se indica:

1. Funcionarios de carreira

SUBESCALA DENOMINACIÓN DOTACIÓN ESCALA GRUPO NÍVEL CATEGORÍA

Secretaría- A Habilitación Intervención Secretaría- Intervención (*) 1 26 estatal Terceira A1

Técnico de xestión económica 1 Acumula DPL A1

Técnico de xestión administrativa 1 Acumula DPL A2

(*) Desempeñado en acumulación por Secretario Xeral Adxunto da Deputación Provincial de Lugo

2. Persoal laboral fixo

XORNADA FORMA DE DENOMINACIÓN PRAZA DOTACIÓN GRUPO SITUACIÓN SEMANAL PROVISIÓN

Xerente 1 1 VD 40 horas Nomeamento

TOTAL 1

III. ENTRADA EN VIGOR DO ORZAMENTO E RÉXIME DE RECURSOS: O Orzamento de 2019 desta Entidade, entrará en vigor, para a súa aplicación, unha vez producida a presente publicación consonte prevé a estes efectos o art. 169.5 do citado Texto Refundido da lei reguladora das Facendas Locais. Contra a aprobación definitiva do dito Orzamento poderá interpoñerse directamente o recurso contencioso- administrativo perante o Tribunal e na forma e prazos que establece a estes efectos a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen que dita interposición implique, por si mesma, a suspensión do orzamento definitivamente aprobado ou a súa inexecución, así mesmo, poderán interpoñerse cantos outros recursos ou accións procedan en Dereito. Lugo, 15 de xaneiro de 2019.- O SECRETARIO-INTERVENTOR DO CONSORCIO, José Antonio Mourelle Cillero. R. 0215 Anuncio publicado en: Num BOP 24 año 2019 (28/01/2019 10:26:13) (29/01/2019 08:00:00)

CONCELLOS CERVO Anuncio

CREACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO NO CONCELO DE CERVO PARA POSTOS DE TRABALLO DE AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR. De conformidade co decreto de Alcaldía número 2019-0060 de data 22 de xaneiro de 2019, faise pública a convocatoria para a creación dunha bolsa de emprego no Concello de Cervo para postos de traballo de auxiliar de axuda no fogar. A convocatoria e as bases aprobadas están a disposición dos interesados no Rexistro Xeral do Concello de Cervo e na súa páxina web www.concellodecervo.com 3 Núm. 024 – martes, 29 de xaneiro de 2019 BOP de Lugo

O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles a partir da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Cervo, 22 de xaneiro de 2019.- O alcalde, Alfonso Villares Bermúdez. R. 0240

COSPEITO Anuncio

Detectado un erro no anuncio publicado no Boletín Oficial da Provincia número 260, de data 13 de novembro de 2018, relativo ao expediente de investigación de camiño número 1212/2018, pola presente procédese á súa corrección, quedando redactado nos seguintes termos: Iniciado expediente por acordo do Pleno da Corporación de data 25 de outubro de 2018 para investigar a titularidade do camiño nos tramos que a continuación se especifican: - Camiño con referencia catastral número 27015A055090030000 ST, parcela 9003, polígono 55. Tramo comprendido entre a estrada municipal Lamas- e a Estrada Provincial LU- P-1706 de Feira do Monte a Castro Ribeiras de Lea. A superficie do camiño de acordo á ficha catastral é de de 1.523 m2. e o seu perímetro de 1.013,41 m. - Camiño con referencia catastral número 27015A056090060000 SQ, parcela 9006, polígono 56. Tramo comprendido entre a Estrada Provincial LU- P-1706 de Feira do Monte a Castro Ribeiras de Lea e a Estrada Provincial LU- P-1701 de Feira do Monte a Muimenta. A superficie do camiño de acordo á referencia catastral é de 1.603 m2. e o seu perímetro de 842.05 m Cabe sinalar que só se considera necesario proceder ao estudo e deslinde do tramo de camiño comprendido entre as parcelas catastrais 593, 38, 60 e 63 do polígono 56, ata a intersección coa vía que provén de "A Fonte Dá Virxe" De conformidade co artigo 49 do Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais, sométese novamente a información pública polo prazo de quince días hábiles a contar dende o día seguinte ao de publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia . Durante o devandito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se estimen pertinentes. Cospeito, 25 de xaneiro de 2019.- O Alcalde, Armando Castosa Alvariño R. 0268

LUGO Anuncio

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real Decreto Lexislativo 3/2011 de 14 de novembro polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público faise público: 1.- Entidade adxudicadora. a) Organismo: Excmo. Concello de Lugo. b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación, Patrimonio e Fomento. c) Número de expediente: 48-2017 Anuncio publicado en: Num BOP 24 año 2019 (28/01/2019 10:26:13) (29/01/2019 08:00:00) d) Dirección de Internet do perfil do contratante : www.lugo.gal 2.- Obxecto do contrato. a) Tipo: subministros b) Descrición: servizo de comidas os usuarios do Centro de Dia Antonio Gandoy. c) Lotes: NON. d) CPV: CPV: 2008:55300000-3Servicio de restaurante e suministro de comidas e) Acordo marco : NON f) Medio de publicación do anuncio de licitación: BOP e perfil do contratante. g) Data de publicacion do anuncio de licitación: BOP de 29/12/2017

4 Núm. 024 – martes, 29 de xaneiro de 2019 BOP de Lugo

3.- Tramitación e procedemento . a) Tramitación: ordinaria b) Procedemento: aberto 4.- Valor estimado do contrato: O valor estimado do contrato ascende á cantidade de 292.692,07 euros, IVE excluído. 5.- Orzamento base de licitación (primeira anualidade) .- O prezo do contrato é de 67.075,28 euros, IVE incluído. 6.- Formalización do contrato a) Data de adxudicación: 04-04-2017 b) Data de formalización: 04-05-2018 b) Contratista e N.I.F.: CALIDUS CATERING SERVICES S.L. B-94111366 d) Importe da adxudicación: 65.339,64 euros, IVE incluído. Lugo, 3 de novembro de 2017.- A ALCALDESA, P.D. TENENTE-ALCALDE DA ÁREA, Ana Prieto Nieto. R. 0206

Anuncio

A Xunta de Goberno Local en sesión celebrada o día 05 de decembro de 2018, adoptou entre outros o acordo 14/706 DELEGACIÓN DE COMPETENCIA NA TENENTA DE ALCALDE E CONCELLEIRA DELEGADA DA ÁREA DE BENESTAR SOCIAL, IGUALDADE E INCLUSIÓN PARA A APROBACIÓN DA REVISIÓN DE PREZOS DE ALUGUEIROS REALIZADOS DENDE A ÁREA DE BENESTAR SOCIAL. Por todo o cal e con base no sinalado no artigo 9 da Lei 40/15 do 1 de outubro, do réxime xurídico do Sector Público expónse ó público no Boletín Oficial da Provincia para xeral coñecemento. Lugo, 17 de xaneiro de 2019.- A ALCALDESA, P.D. A TENENTA DE ALCALDE DELEGADA DA ÁREADE ECONOMÍA, EMPREGO E DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO, Ana Prieto Nieto. R. 0207

Anuncio

A Xunta de Goberno Local en sesión celebrada o día 12 de decembro de 2018,adoptou entre outros o acordo 26/734 DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS NOS TENENTES DELEGADOS DA ÁREA CORRESPONDENTE Á UNIDADE XESTORA PROPOÑENTE DO CONTRATO,PARA A RESOLUCIÓN DE TÓDOLOS ACTOS DE TRÁMITE E RESOLUTIVOS DOS EXPEDIENTES DECONTRATACIÓN QUE SE ADOPTEN NO MES DE DECEMBRO DE 2018. Por todo o cal e con base no sinalado no artigo 9 da Lei 40/15 do 1 de outubro, do réxime xurídico do Sector Público expónse ó público no Boletín Oficial da Provincia para xeral coñecemento. Lugo, 17 de xaneiro de 2019.- A ALCALDESA, P.D. A TENENTA DE ALCALDE DELEGADA DA ÁREADE ECONOMÍA, EMPREGO E DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO, Ana Prieto Nieto. R. 0208

Anuncio publicado en: Num BOP 24 año 2019 (28/01/2019 10:26:13) (29/01/2019 08:00:00)

OUROL Anuncio

DON JOSE LUIS PAJON CAMBA, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE , PROVINCIA DE LUGO. Dando cumplimento ao establecido no artigo 63 da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, en relación cos artigos 43 e seguintes do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime xuridico das entidades locais, aprobado por ReaL Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, tendo que ausentarme deste termo municipal, e para que poidan ser exercidas as competencias desta alcaldía nos termos da lexislación vixente, comprendendo a facultade de dirixir os servizos correspondentes como a de xestionalos en xeral, incluindo a facultade de resolver mediante actos administrativos que afecte a terceiros, veño en resolver expresamente a miña sustitución na primeira tenente de alcalde, dona Maria Begoña Moreiras Sánchez, dende o día 21 de xaneiro de 2019 ata o día 25 de xaneiro de 2019, ambos inclusive. 5 Núm. 024 – martes, 29 de xaneiro de 2019 BOP de Lugo

Notifíquese á interesada, publíquese no Boletín Oficial da Provincia e dar conta do presente ao Pleno da Corporación. Ourol 18 de xaneiro de 2019. R. 0209

OUTEIRO DE REI Anuncio

José Pardo Lombao, Alcalde do Concello de Outeiro de Rei, no exercicio das competencias que me atribúe o artigo 21.1 da Lei 7/1985, de 2 de abril, expoño: Na sesión plenaria celebrada o día 22 de novembro de 2018, acordouse aprobar provisionalmente a ordenanza reguladora do servizo de conciliación e respiro familiar a domicilio do concello de Outeiro de Rei, así coma a ordenanza fiscal reguladora do prezo público pola prestación do servizo de conciliación e respiro familiar a domicilio do concello de Outeiro de Rei. O día 17 de decembro de 2018, no BOP publicouse o anuncio de aprobación inicial iniciándose un período de exposición pública de trinta días. Unha vez transcurrido dito prazo, constatouse que non se presentou alegación ou reclamación algunha, polo que se en consontes co disposto no artigo 49 da Lei 7/1985, de 2 de abril, elévase a definitiva a aprobación da seguinte “ORDENANZA MUNICIPAL DO SERVIZO DE CONCILIACIÓN E RESPIRO FAMILIAR A DOMICILIO DO CONCELLO DE OUTEIRO DE REI EXPOSICIÓN DE MOTIVOS A Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de Réxime Local (BOE nº 80, do 3 de abril de 1985), establece no seu artigo 25.2 k) que os concellos exercerán, en todo caso, competencias nos termos da lexislación do Estado e das Comunidades Autónomas en materia de prestación de servizos sociais e de promoción e reinserción social. A Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, regula o dereito de todas as persoas aos servizos sociais, correspondéndolles aos poderes públicos garantir este dereito, posibilitando así que as liberdades e igualdades entre individuos sexan reais e efectivas, tal e como consagra a propia Constitución Española. En consecuencia e coa finalidade de garantir unha equidade, calidade e intensidade homoxéneas nos tipos de atención, o Concello de Outeiro de Rei, de conformidade co marco normativo referenciado que confire aos concellos a potestade regulamentaria e de autoorganización dentro da esfera das súas competencias, regula os requisitos e condicións da prestación do servizo de conciliación e respiro familiar a domicilio municipal a través da presente ordenanza. Artigo 1.- OBXECTO: É obxecto desta ordenanza a regulación do servizo de conciliación e respiro familiar a domicilio desenvolvido polo concello de Outeiro de Rei.

Este servizo poderá prestarse de forma indirecta por entidades debidamente autorizadas ou ben directamente polo propio Concello. Artigo 2.- ÁMBITO DE APLICACIÓN O establecido nesta ordenanza municipal é de aplicación ao servizo de conciliación e respiro familiar a domicilio que se desenvolva no ámbito municipal de Outeiro de Rei. Anuncio publicado en: Num BOP 24 año 2019 (28/01/2019 10:26:13) (29/01/2019 08:00:00) Artigo 3.- DEFINICIÓN DO SERVIZO: O servizo de conciliación e respiro familiar a domicilio é un servizo público complementario do servizo de axuda no fogar de carácter local consistente en ofrecer un conxunto de atención a persoas ou unidades de convivencia no propio domicilio dende unha perspectiva integral e normalizadora, naquelas situacións en que teñan limitada a súa autonomía persoal. Este servizo ofrecerá a posibilidade de que o coidador ou coidadora habitual dunha persoa que teña recoñecida unha gran dependencia poida durante unas horas ao mes ter empo, un respiro, para afrontar ás súas propias necesidades, ó poder contar cun profesional que se desprazará ao domicilio familiar para atender á persoa gran dependente, que non pode quedar soa. O Servizo referido non exime á familia das súas responsabilidades. A súa planificación, coordinación e control correspóndenlle aos servizos sociais comunitarios do Concello.

6 Núm. 024 – martes, 29 de xaneiro de 2019 BOP de Lugo

Artigo 4º.- PERSOAS BENEFICIARIAS E REQUISITOS: Poderán ser beneficiarios deste servizo, as persoas que teñan recoñecido unha gran dependencia ( grao III) que non sexan usuarias do recurso de servizo de atención diúrna ou servizo de atención residencial, e que ademais cumpran as seguintes condicións: -Ter residencia efectiva no Concello de Outeiro de Rei -Non padecer enfermidade infecto-contaxiosa activa, trastornos mentais ou condutuais graves que poidan alterar a convivencia. -Ter recoñecido o servizo de axuda no fogar, ou libranza vinculada a coidados no contorno familiar Artigo 5º.DEREITOS DAS PERSOAS USUARIAS : As persoas usuarias do servizo de conciliación e respiro familia a domicilio terán dereito: a) A seren tratadas co respecto debido á súa dignidade, intimidade e autonomía. b) A accederen e utilizaren os servizos en condicións de igualdade e non discriminación. c) A recibiren unha atención individualiza e adaptada ás súas necesidades, coa calidade e duración determinadas en cada caso. d) A coñeceren a organización e o regulamento do servizo. e) Ao tratamento confidencial dos seus datos, de acordo co disposto na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter pe rsoal. f) A calidade do servizo recibido e a presentaren queixas e suxestións á persoa coordinadora do servizo. Artigo 6.- FORMAS DE PRESTACIÓN DO SERVIZO: O servizo de conciliación e respiro familiar a domicilio será prestado polo concello de Outeiro de Rei ben mediante xestión directa da propia entidade local, ou ben a través de entidades privadas debidamente autorizadas. Artigo 7.- DURACIÓN DO SERVIZO: O servizo prestarase do seguinte xeito: -Como máximo 8 h ao mes, ben en xornada:  En xornada completa de 8 h  Ou en 2 xornadas de catro horas Sempre dentro da seguinte franxa horaria: de 8:00 a 21:00 horas . Artigo 8.- ACHEGA DA PERSOA BENEFICIARIA: As achegas das persoas beneficiarias se materializará nos termos definidos na ordenaza reguladora do prezo público correspondente. Artigo 9º.- PROCEDEMENTO DE ACCESO AO SERVIZO: 1.- O acceso ao servizo de conciliación e respiro familia a domicilio é para persoas que, tendo recoñecida a situación de Gran dependencia, e teñan asignado o servizo de axuda no fogar, e a libranza para coidados no entorno familiar na correspondente resolución de Programa Individual de Atención, e consonte a aplicación do programa de asignación de recursos establecido no título II do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual Anuncio publicado en: Num BOP 24 año 2019 (28/01/2019 10:26:13) (29/01/2019 08:00:00) de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes. Segundo o seguinte procedemento : presentación da solicitude, segundo o anexo I desta ordenanza, dirixida ao Alcalde no Rexistro Municipal do Concello, acompañada da seguinte documentación: -Solicitude formulada polo titor/a, representante legal ou coidador habitual da persoa gran dependente ao seu cargo. Formularase no modelo ( Anexo I) -Resolución de grao de dependencia -Fotocopia do DNI da persoa beneficiaria do servizo e da persoa solicitante. -Fotocopia da tarxeta sanitaria da persoa beneficiaria -Calquera outra documentación que sexa requirida polo traballador/a social para a valoración do expediente.

A dita solicitude presentarase no rexistro do concello cun mes de antelación o servizo solicitado. 7 Núm. 024 – martes, 29 de xaneiro de 2019 BOP de Lugo

O tratamento da información contida nos expedientes individuais, realizarase de acordo coa normativa vixente en materia de protección de datos de carácter persoal.

2.- Abrirase un prazo de 15 días para formalizar a solicitude correspondente na que se fará constar qué nº ordinal de cada mes se solicita. Artigo 10.-CRITERIOS PARA ADXUDICACIÓN DE PRAZOS: Se o número de solicitudes para unha data en concreto é superior ao número de prazas dispoñibles ou a dotación económica non permite atender a todas as solicitudes, o Concello aplicará o seguinte criterio: Si coincide que varias familias solicitan para o mesmo día de semana, establecerase a orde de adxudicación por maior grao de dependencia, no suposto de igualdade en relación co criterio anterior, terase en conta a menor capacidade económica, si persiste a igualdade. valorarase a idade do beneficiario, por último terase en conta a prestación da solicitude do servizo. Artigo 11.-TIPO DE ATENCIÓN A PRESTAR: De conformidade coa valoración técnica realizada polos técnicos dos servizos sociais no servizo de conciliación e respiro familiar a domicilio poderán prestarse os seguintes tipos de atención: 1.- Atencións de carácter persoal na realización das actividades básicas da vida diaria:

Mobilización:

 Levantar e deitar  Incorporar cama/cadeira  Transferencias Hixiene persoal:  Aseo  Cambio cueiros  Axuda a vestir/espir

Medicación:  Administrar a medicación 2.-Atencións de carácter doméstico:

Limpeza e mantemento do fogar:

 Facer cama  Fregar louza Alimentación:  Facer comida  Administrar comida DISPOSICIÓN ADICIONAIS PRIMEIRA Anuncio publicado en: Num BOP 24 año 2019 (28/01/2019 10:26:13) (29/01/2019 08:00:00) Facúltase ao Alcalde-Presidente ou Concelleiro responsable da área de servizos sociais para a aprobación mediante Decreto de todos aqueles modelos de documentos que sexa necesario empregar para o correcto funcionamento do servizo. DISPOSICIÓN DERRADEIRA Esta ordenanza entrará en vigor segundo o establecido nos artigos 65.2 e 70.2 da Lei 7/85 de Bases do Réxime Local permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa. Outeiro de Rei, 21 setembro 2018

8 Núm. 024 – martes, 29 de xaneiro de 2019 BOP de Lugo

ANEXO I SOLICITUDE DO SERVIZO DE CONCILIACIÓN E RESPIRO FAMILIAR A DOMICILIO

DATOS PERSONAIS DO/A SOLICITANTE

D/Dª

DNI/NIE: Data de nacemento: Estado Civil:

Enderezo: Tfno:

DATOS DO REPRESENTANTE LEGAL/GARDADOR DE FEITO ( Si é o caso )

D/Dª DNI/NIE:

Enderezo:

Relación de parentesco co solicitante: Tfno:

SOLICITA a participación no servizo de conciliación e respiro familiar a domicilio, conforme á normativa municipal que regula este servizo. XORNADA QUE SOLICITA:

Xornada completa de 8 horas

2 xornadas de 4 horas

ATENCIÓNS QUE SOLICITA:

ATENCIÓNS DE CARÁCTER PERSOAL

Aseo Persoal/cambio de cueiros

Axuda para vestirse, espir/levantar e deitar

Axuda para administración de medicación

Apoio na mobilidade, transferencias

ATENCIÓNS DE CARÁCTER DOMÉSTICO

Facer cama

Fregar louza Anuncio publicado en: Num BOP 24 año 2019 (28/01/2019 10:26:13) (29/01/2019 08:00:00) Preparación da comida

Administrar comida

Así mesmo autoriza ó departamento Municipal de Servizos Sociais do Concello de Outeiro de Rei ao uso dos seus datos personais e familiares, conforme ós artigos 5 e 6 da Lei Orgánica 15/1999 de protección de datos de carácter persoal, así como requirir documentación que precise a realizar as visitas domiciliarias que foran necesarias tal e como se recolle no regulamento do servizo. En Outeiro de Rei a de de Asdo:

9 Núm. 024 – martes, 29 de xaneiro de 2019 BOP de Lugo

DOCUMENTACIÓN QUE ACOMPAÑA A SOLICITUDE: Resolución de grao de dependencia Copia, compulsada, do D.N.I./NIE do solicitante e da persoa beneficiaria. Sr. Alcalde do Concello de Outeiro de Rei Outeiro de Rei, 21 de enero de 2019.- O Alcalde, José Pardo Lombao. R. 0210

Anuncio

José Pardo Lombao, Alcalde do Concello de Outeiro de Rei, no exercicio das competencias que me atribúe o artigo 21.1 da Lei 7/1985, de 2 de abril, expoño: Na sesión plenaria celebrada o día 22 de novembro de 2018, acordouse aprobar provisionalmente a ordenanza reguladora do servizo de conciliación e respiro familiar a domicilio do concello de Outeiro de Rei, así coma a ordenanza fiscal reguladora do prezo público pola prestación do servizo de conciliación e respiro familiar a domicilio do concello de Outeiro de Rei. O día 17 de decembro de 2018, no BOP publicouse o anuncio de aprobación inicial iniciándose un período de exposición pública de trinta días. Unha vez transcurrido dito prazo, constatouse que non se presentou alegación ou reclamación algunha, polo que se en consontes co disposto no artigo 17 do TRLHL elévase a definitiva a aprobación da seguinte ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE CONCILIACIÓN E RESPIRO FAMILIAR A DOMICILIO DO CONCELLO DE OUTEIRO DE REI Artigo. 1.- FUNDAMENTO E NATUREZA No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 41 e seguintes do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 marzo, este Concello establece o prezo público pola prestación do servizo de conciliación e respiro familiar a domicilio, que constitúe un servizo público municipal que se presta de acordo co establecido na Lei 13/2008 do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia. Artigo 2. FEITO IMPOÑIBLE Constitúe o feito impoñible desta a prestación do servizo conciliación e respiro familiar a domicilio como respiro complementario de outro recurso e/ou prestación. Artigo 3. OBRIGADO AO PAGO Estarán obrigados ao pago do prezo regulado na presente ordenanza os beneficiarios do servicio de respiro familiar a domicilio. Artigo 4º COTA TRIBUTARIA. As persoas usuarias do servizo de conciliación e respiro familiar a domicilio contribuíran ao financiamento do custo do servizo na medida da intensidade dos servizos recibidos ( 8 h, ou 4 horas). A fixación da cota tributaria realizarase pola Xunta de Goberno Local e expresarase en euros/hora. Para o cálculo da cota tributaria considerarse a totalidade dos gastos imputables ao servizo, expresándose en euros/hora. Atendendo ás especiais características sociais e económicas dos beneficiarios, a Xunta de Goberno poderá fixar prezos inferiores aos prezos de custe do servizo. Anuncio publicado en: Num BOP 24 año 2019 (28/01/2019 10:26:13) (29/01/2019 08:00:00) Artigo 5. NACEMENTO DA OBRIGA DE PAGAMENTO E PERÍODO IMPOSITIVO. A obriga de pagamento do prezo público regulado nesta ordenanza, nace dende o día en que se recoñeza o dereito á prestación do servizo. As liquidacións practicaranse por meses naturais en función do servizo prestado durante os dez primeiros días do mes seguinte Art. 6.-NORMAS DE XESTIÓN. 1. O devengo do prezo público regulado nesta ordenanza xurde o día en que se recoñeza o dereito á prestación do servizo, debéndose facer efectivo con periodicidade mensual durante os primeiros dez días do mes seguinte. 2. A forma de pago será mediante domiciliación bancaria, previa autorización do beneficiario por escrito. 3. O concello formulará mensualmente un padrón no que reflectirá o prezo correspondente a cada usuario en función das horas de servizo efectivamente prestadas. 10 Núm. 024 – martes, 29 de xaneiro de 2019 BOP de Lugo

4. A primeira liquidación será notificada ao interesado, as sucesivas liquidacións serán entregadas na entidade bancaria en onde se atope domiciliado o pago durante os primeiros dez días do mes seguinte. 6. As débedas do prezo público regulado nesta ordenanza poderanse esixir polo procedemento administrativo de constrinximento Artigo 7º. INFRACCIÓNS E SANCIÓNS. As infraccións e sancións rexeranse, no relativo aos pagos, pola Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria e polo Real Decreto 939/2005, do 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Recadación, e no resto das materias, polo disposto na Lei 13/2008, de 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia. DISPOSICIÓN DERRADEIRA. A presente ordenanza entrará en vigor e será de aplicación a partir da data da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia de Lugo e logo de transcorrer o prazo ao que se refire o artigo 65.2 da Lei 7/1985, do 02 de abril, reguladora das bases de réxime local, e manterá a súa vixencia ata que se aprobe a súa modificación ou derrogación”. Outeiro de Rei, 21 de xaneiro de 2019.- O Alcalde: José Pardo Lombao. R. 0211

PORTOMARÍN Anuncio

Aprobados por Resolución da Alcaldía, os padróns de: - Taxa Padrón LIXO NO RURAL AGOSTO – DECEMBRO/2018. Expoñense o público polo prazo de quince días hábiles contados dende o seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo. Recursos: Contra o acordo da aprobación do padrón poderase interpor recurso de reposición no prazo de un mes contado dende o día seguinte ó da publicación desta información pública no BOP de Lugo ante a Alcaldía do Concello de Portomarín. Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición que no seu caso se formule, poderase interpor recurso contencioso-administrativo na forma e prazos que a tal efecto se establecen na Lei Reguladora da referida xurisdición. A publicación do padrón no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, surtirá os efectos de notificación da liquidación tributaria a cada un dos suxeitos pasivos. ANUNCIO DE COBRANZA: De conformidade co disposto no artigo 62.3 da Lei Xeral Tributaria e no 68.1 b) do Regulamento Xeral de Recadación, fíxase como prazo de pago en período voluntario, desde o 14/01/2019 ata o 14/03/2019. Para o cobro dos mesmos, os contribuíntes que teñan domiciliados os recibos, seranlles cargados nas costas bancarias respectivas. O resto dos contribuíntes deberán acudir ás oficinas de Abanca de Portomarín. Advírtese que transcorrido o prazo de ingreso voluntario, as débedas serán esixidas polo procedemento de apremio e devengarán os correspondentes recargos do período executivo, os intereses de demora e, no seu

caso, as costas que se produzan. Anuncio publicado en: Num BOP 24 año 2019 (28/01/2019 10:26:13) (29/01/2019 08:00:00) Portomarín, 4 de xaneiro de 2019.- O Alcalde, Juan Carlos Serrano López. R. 0213

Anuncio

Aprobados por Resolución da Alcaldía, os padróns de: - Taxa Padrón AUGA – LIXO OUTUBRO - DECEMBRO/2018. - Taxa Padrón CANON XUNTA DE GALICIA OUTUBRO - DECEMBRO /2018. Expoñense o público polo prazo de quince días hábiles contados dende o seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo. 11 Núm. 024 – martes, 29 de xaneiro de 2019 BOP de Lugo

Recursos: Contra o acordo da aprobación do padrón poderase interpor recurso de reposición no prazo de un mes contado dende o día seguinte ó da publicación desta información pública no BOP de Lugo ante a Alcaldía do Concello de Portomarín. Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición que no seu caso se formule, poderase interpor recurso contencioso-administrativo na forma e prazos que a tal efecto se establecen na Lei Reguladora da referida xurisdición. A publicación do padrón no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, surtirá os efectos de notificación da liquidación tributaria a cada un dos suxeitos pasivos. ANUNCIO DE COBRANZA: De conformidade co disposto no artigo 62.3 da Lei Xeral Tributaria e no 68.1 b) do Regulamento Xeral de Recadación, fíxase como prazo de pago en período voluntario, desde o 14/01/2019 ata o 15/03/2019. Para o cobro dos mesmos, os contribuíntes que teñan domiciliados os recibos, seranlles cargados nas contas bancarias respectivas. O resto dos contribuíntes deberán acudir ás oficinas de Abanca de Portomarín. Advírtese que transcorrido o prazo de ingreso voluntario, as débedas serán esixidas polo procedemento de apremio e devengarán os correspondentes recargos do período executivo, os intereses de demora e, no seu caso, as costas que se produzan. Advírtese que a falta de pago do Canon de Auga no período voluntario sinalado suporá a esixencia do canon da auga directamente ao contribuinte pola vía de constrinximento pola conselleria competente en materia de facenda da Xunta de Galicia e, asi mesmo, deberá indicarse que a repercusión do canon da auga poderá ser obxecto de reclamación económico-administrativa ante o órgano económico-administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia no prazo de un mes dende que se entenda producida a notificación. Portomarín, 3 de xaneiro de 2019.- O Alcalde, Juan Carlos Serrano López. R. 0214

SAMOS Anuncio

OFERTA EMPREGO PÚBLICO 2018 En cumprimento do artigo 70.2 do Real Decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, faise público que de acordo co artigo citado e co artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, mediante Decreto de alcaldía nº 2019-0007 de data 25 de xaneiro de 2019 aprobouse a oferta de emprego público do Concello da Samos para o exercicio 2018, que conta coas seguintes prazas: ACCESO LIBRE: RÉXIME XURÍDICO LABORAL Axente de Desenvolvemento Local: Unha praza Auxiliar de axuda no fogar: Unha praza. Coidadora de Vivenda Comunitaria: Unha praza. Capataz: Unha praza.

RÉXIME XURÍDICO FUNCIONARIAL Anuncio publicado en: Num BOP 24 año 2019 (28/01/2019 10:26:13) (29/01/2019 08:00:00) Traballadora Social: Unha praza a media xornada. Contra a presente acordo, que esgota a vía administrativa, poderase interpor un recurso contencioso- administrativo ante o Xulgado do contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 46 e concordantes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (LRXCA). Malia o anterior, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que o ditou. Neste caso non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se adopte acordo expreso ou presunto do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

12 Núm. 024 – martes, 29 de xaneiro de 2019 BOP de Lugo

Todo elo sen perxuizo de calquera outro recurso que se estime oportuno. Samos, 25 de xaneiro de 2019.- O alcalde, Julio Gallego Moure R. 0269

O VICEDO Anuncio

Dona Cristina Prieto Vale, veciña do Vicedo, con domicilio no lugar de Chao, 13, parroquia de Riobarba, solicitou nestas oficinas licenza municipal para substitución e cambio de fosa séptica de vivenda unifamiliar, sita no lugar de Chao, parroquia de Riobarba, requirindo as actuacións previstas o cruzamento dunha vía de titularidade municipal. De conformidade co preceptuado no artigo 83 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ábrese un prazo de información pública de 20 días hábiles a efectos de que tódalas persoas interesadas poidan examinar o expediente na oficina técnica municipal e formular as alegacións e/ou reclamacións que estimen pertinentes. , 23 de xaneiro de 2019.- O Alcalde, José Jesús Novo Martínez R. 0242

Anuncio publicado en: Num BOP 24 año 2019 (28/01/2019 10:26:13) (29/01/2019 08:00:00)

Powered by TCPDF (www.tcpdf.org)